1. introdución

17
1

Upload: traci

Post on 11-Jan-2016

71 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

1. 1. Introdución. O Proxecto DINAMO persegue contribuír a alcanzar os obxectivos estratéxicos do MENR recollidos na Resolución de 7 de novembro, da Secretaría de Estado e Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2007 de axudas do FEDER: - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: 1. Introdución

1

Page 2: 1. Introdución

2

O Proxecto DINAMO persegue contribuír a alcanzar os obxectivos estratéxicos do MENR recollidos na Resolución de 7 de novembro, da Secretaría de Estado e Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2007 de axudas do FEDER:

a) “Cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural destinados aos municipios pequenos e medianos”.

b) “Reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e a mellora dos servizos locais”.

DINAMO ten como obxectivo xeral rexenerar a área de actuación, aproveitando as sinerxías ambientais, sociais e económicas que conflúen na zona para motivar un desenvolvemento urbano sostible que potencie o desenvolvemento local e a participación cidadá no mesmo.

O proxecto estructúrase entorno aos seguintes programas de actuacións:1. Mellora do contorno natural e calidade ambiental:

2. Mellora da accesibilidade e mobilidade:

3. Protección e preservación do patrimonio cultural:

4. Promoción da conciliación familiar e cohesión social

1. Introdución

Page 3: 1. Introdución

3

ACTUACIÓNS DO PROXECTO

Page 4: 1. Introdución

4

PROGRAMAS

Actuación Medioambiental MobilidadeConservación do

patrimonioDinamización social

- Descontaminación dos solos da fábrica Cros.

- Acondicionamiento e mellora do río Trabe.

- Pasarela peatonal sobre o ferrocarril.

- Plan de Accesibilidade sobre o entorno urbano do Burgo e Vilaboa.

- Estudio de Viabilidade dun transporte ecolóxico

- Recuperación del entorno y del atrio de de Santiago de O Burgo.

- Equipamientos sobre o paseo pola ría do Burgo.

- Equipamientos Sociais.

Centro Cultural As Brañas.

Ludoteca.

Centro Multifuncional.

(Ademais, desde o inicio hasta o final do Proxecto DINAMO se porá en marcha)

PROGRAMA DE XESTIÓN

Promoción e Difusión XestiónEvaluación externa do

proxecto Auditoría externa do proxecto

Esquema xeral de actuaciónsOrzamento total: 3.496.566,26 € (75% FEDER + 25% Fondos do Concello)

Page 5: 1. Introdución

5

ACTUACIÓN 1. Descontaminación dos solos da fábrica de Cros

Con esta actuación preténdese, en primeiro lugar, descontaminar os chans onde está situada esta fábrica, no corazón do paseo pola ría do Burgo. Unha vez que este espazo estea descontaminado, preténdese aprobar, tanto no chan como nas estruturas fabrís que aínda existen, a realización dunha serie de equipamentos sociais e culturais dos que carece o Concello.

En breve resolverase a contratación para que a empresa adxudicataria empezo as obras.

Orzamento do Proxecto: 1.472.924,31 €. Ademais contarase con financiamento aparte da Xunta.

Page 6: 1. Introdución

6

ACTUACIÓN 2. Acondicionamiento e mellora da zona verde do río Trabe

Con esta actuación perséguese preservar, protexer e recuperar ambientalmente un tramo do río Trabe, así como a súa contorna, á vez que se ordena unha zona de espazos libres de recreo e expansión. A actuación complétase o acceso peonil ao longo do río, a súa posta en valor e complementa unha rede de paseo peonil e bicicleta de 8 Km de percorrido ao longo da Ría, do Río Trabe e Río da Coba.

Esta actuación xa finalizou.

Orzamento do Proxecto: 290.761,95 €. Ademais contouse con financiamento da Xunta.

Page 7: 1. Introdución

7

ACTUACIÓN 3. Pasarela peatonal sobre o ferrocarril

Con esta actuación procúrase construír unha pasarela peonil sobre o ferrocarril para facilitar a permeabilidade entre o paseo pola ría do Burgo e o centro urbano. A pasarela sobre o ferrocarril facilitará o paso dos veciños das vivendas dun e outro lado da vía férrea en condicións de seguridade e pensando na eliminación de barreiras de mobilidade.

Demorouse ao precisar dos correspondentes permisos para a actuación. Xa está en marcha.

Orzamento do Proxecto: 107.780,00 €. Aparte tamén se vai a contar con financiamento da Xunta.

Page 8: 1. Introdución

8

ACTUACIÓN 4. Plan de accesibilidade sobre o entorno urbano do Burgo e Vilaboa

A accesibilidade está condicionada polos elementos de urbanización que existen na zona. Estes elementos pódense agrupar en tres grupos principais: mobiliario urbano, accesibilidade e vaos peonís. Co Plan de Accesibilidade da contorna urbana do Burgo e Vilaboa preténdese garantir o acceso dos cidadáns a todos os espazos onde se desenvolve a súa vida diaria. Os obxectivos son os seguintes: Facilitar a accesibilidade, mellorar a mobilidade, optimizar a seguridade e comodidade aos peóns. Aplicarase o Plan de Accesibilidade de Culleredo na zona urbana de Vilaboa, Fonteculler, As Brañas, Acea de Ama e O Burgo. En canto á execución da actividade estase contratando por fases para executar os plans por distintas áreas.

Orzamento do Proxecto: 400.000,00 €. Aparte tamén se vai a contar con financiamento da Xunta

Page 9: 1. Introdución

9

ACTUACIÓN 5. Estudio de viabilidade dun transporte ecolóxico

Con esta actuación perséguese elaborar un estudo para analizar a viabilidade de implantación dun transporte ecolóxico. A implantación deste transporte ecolóxico posibilitaría reducir o tempo de desprazamento dos cullerdenses que se trasladan a pé na parroquia do Burgo, pero tamén pode animar aos que se desprazan nos seus vehículos a utilizar esta alternativa pública e respectuosa co medioambiente

Realizarase durante o próximo ano.

Orzamento do Proxecto: 38.680,00 €.

Page 10: 1. Introdución

10

ACTUACIÓN 6. Recuperación do atrio da iglesia de Santiago de O Burgo

Nesta actuación realizarase a limpeza da contorna da Igrexa de Santiago do Burgo e a colocación do pavimento do atrio das Igrexa. As actuacións proporcionarán a esta obra arquitectónica un valor engadido. As tarefas necesarias para a execución desta actuación son as seguintes: Estudo arquitectónico e de accesiblidade; recuperación da contorna da igrexa; colocación do pavimento do atrio

Solicitouse permiso a Patrimonio para poder iniciar a obra. O proxecto xa está redactado. En breve inícianse as obras.

Orzamento do Proxecto: 420.000,00 €.

Page 11: 1. Introdución

11

ACTUACIÓN 7. Equipamientos sobre o paseo pola ría do Burgo

Coa realización desta actuación dotarase ao paseo pola ría do Burgo dos equipamentos necesarios para convertelo nun lugar de lecer e esparcimento dos cidadáns. A lonxitude do paseo, duns 5 km., fai imprescindible a sinalización do paseo, para indicar, por exemplo, os lugares próximos que se poden visitar. Tamén é necesario dotar a este paseo de mobiliario urbano, como farolas que proporcionen unha boa iluminación, papeleiras para poder mantelo limpo ou bancos para poder sentar a descansar e a contemplar a paisaxe.

Esta actuación arrincará para o ano que vén Orzamento do Proxecto: 139.248,00 €.

Page 12: 1. Introdución

12

ACTUACIÓN 8. Equipamientos sociaies: Centro Cultural As Brañas, Ludoteca e Centro Multifuncional

Con esta actuación preténdese dotar ao municipio de Culleredo de diferentes equipamentos sociais. O Centro Cultural actuará como centro focalizador do encontro de todos os cullerdenses. No mesmo, programaranse actividades culturais como exposicións, conferencias ou debates que susciten interese entre a poboación. A ludoteca posibilitará que os nenos aprendan xogando, que se divirtan á vez que desenvolven a súa imaxinación e creatividade. O centro multifuncional situarase sobre o paseo da ría do Burgo. Ofrecerá servizos diversos, como unha pequena cafetería, unha zona de descanso e unha zona de xogos. Ademais, instalarase o sistema de conexión por Internet WIFI que daría servizo a todo o paseo.

Xa redactado o proxecto darase paso á licitación das obras para que comecen o ano que vén. Orzamento do Proxecto: 477.360,00 €

Page 13: 1. Introdución

13

ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN

Page 14: 1. Introdución

14

Actividades de difusión previstas

Elaboración da imaxe do proxecto.

Información en Internet sobre o proxecto

Organización de xornadas informativas

Participación en Redes con outros concellos

Edición de materiais: tríptico e cartelería

Instalación de placas e vallas informativas nas obras

Novas e aparicións en prensa

Page 15: 1. Introdución

15

CALENDARIO DE EXECUCIÓN

Page 16: 1. Introdución

16

Calendario de execución

O proxecto comenzou trala a aprobación definitiva en xullo de 2008.

A finalización do mesmo está prevista inicialmente para o 7 de xullo de 2011.

Page 17: 1. Introdución

17