11 xaneiro 2012 - bd nº48

24
Número: 48- Ano: IV - 13 de xaneiro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Entrevista a Ampi, xogadora do Ponte Ourense [páx. 22] BALONCESTO: David Gómez vence no Aninovo [páx.4-5] Chega o primeiro derbi ourensán de LF 2: Pabellón - Carmelitas, sábado 14, 20 h., nos Remedios [páx. 16]

Upload: barrios-deportivo

Post on 07-Mar-2016

253 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Con el nuevo año llega el número 48 del Barrios Deportivo que centra su atención en el 27 Torneo de Ajedrez Aninovo -II Memorial Manuel Villar-, edición conquistada por el joven David Diéguez. Otra de las noticias de portada es el derbi ourensano de LF2 entre Pabellón y Carmelitas, después de perder los dos equipos la jornada pasada. En la sección "Defendendo as nosas cores", la jugadora del Ponte Ourense Amparo Jiménez "Ampi" es la protagonista en esta ocasión, en donde la conoceremos un poco más y descubriremos su desparpajo andaluz.

TRANSCRIPT

Page 1: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

Número: 48- Ano: IV - 13 de xaneiro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Entrevista a Ampi, xogadora

do Ponte Ourense [páx. 22]

BALONCESTO:

David Gómez vence no Aninovo[páx.4-5]

Chega o primeiro derbi ourensán de LF 2: Pabellón - Carmelitas, sábado 14, 20 h., nos Remedios [páx. 16]

Page 2: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

2 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

AXENDA - ATLETISMO - BILLAR

4 Axenda deportivaFútbol- Día 14. Estadio do Couto. CD Ourense B - Barbadás.- Día 15. Estadio José Arjiz (Verín). Verin - Cruceiro do Hío.- Día 15. O Barco. Barco - Tomiño.- Día 22. Estadio do Couto. CD Ourense - Somozas.- Día 22. O Barco. Barco - Gran Peña.- Día 22. Ourense. CD Ourense B - Céltiga.- Día 22. Estadio José Arjiz (Verín). Verin - Arousa.- Día 22. Estadio Miguel Ángel (pavillón). Pabellón Ourense - Rácing de Ferrol.

Fútbol sala feminino- Día 14. Os Remedios -17.00 horas-. Cidade As Burgas - Femesala Elche.- Día 21. Os Remedios -17.00 horas-. Ponte Ourense - Móstoles.

Baloncesto- Día 13. Paco Paz -21.00 horas-. COB - Aurteneche.- Día 14. Os Remedios -20.00 horas-. Pabellón Ourense - Codigalco Carmelitas.- Día 21. Polideportivo Vedruna -19.15 horas-. Codigal-co Carmelitas - Cortegada.

Atletismo- Día 15. Monterrei. Campionato galego de campo a través nas categorías cadete e xuvenís, e o campionato galego de cross curto.- Días 13 e 20. Os Remedios (Módulo). Xornada Copa Deputación - Modulo Cuberto.

Tenis de mesa- Día 21. Paco Paz -17.00 horas-. Galmédica Tenis de Mesa “A” - Cafetería Lareka.

Balonmán- Día 14. Anexo dos Remedios -16.30 horas-. Pabellón Balonmán - S.A.R. 1ª Autonómica feminina.- Día 22. Os Remedios. Pabellón Balonmán - Salnés. 2ª Autonómica masculina.

Tenis- Ata o 14 de xaneiro. I Torneo de Tenis San Raimundo de Peñafort no campus.

Voleibol- Día 15. Os Remedios -10.30 horas-. Dompa Gestión B - CV Ourense B. 2ª División B feminina.

- Día 15. Os Remedios -12.00 horas-. Dompa Gestión - Conxo. 2ª División A feminina. - Día 21. Ourense. CV Ourense B - Veintisiete Seiscien-tos Sarria Volei. 2ª División B feminina. - Día 21. Ourense. Voleyourense.es - Autos Rico UDC A. 2ª División A feminina. - Día 22. Ourense. CV Ourense B - Redesyl Boiro Vo-leibol. 2ª División A masculina.

TiroDía 15 - 5ª Copa Cidade das Burgas de carabina lixei-

ra tendido, carabina match e pistola libre - Club de Tiro Eiroás

Día 22 - Tirada San Sebastián de aire comprimido - Club de Tiro Eiroás

Día 29 - Campionato Autonómico Oficial de pistola 9 mm. - Club de Tiro Eiroás

Toda a información do deporte ourensán en www.barriosdeportivo.com

Participantes do escolar de Cross./C. QUIROGA

Redacción

Numerosos foron os eventos neste Nadal nos que houbo participación do Ourense Atletismo Academia Postal, ademais con moi bos resultados.

Campo a través esco-lar de Cross

Monterrei acolleu no mes de decembro a es-trea oficial da tempada de campo a través escolar coa xornada previa de cross escolar. O escolares do Academia Postal tiveron unha máis que destacada actuación sendo os domi-nadores da xornada aca-dando a vitoria parcial en seis das oito probas dispu-tadas. Alexandre Álvarez foi o vencedor na catego-ría benxamín dominando durante os 800 metros da carreira. En alevín, Da-vid Rodríguez foi o máis rápido. Natasha Penrose-Stevens e Abraham Rodrí-guez en infantís e Cielos Caderno e Francisco José Miranda en cadetes foron os mellores. En infantil feminino Laura González foi segunda clasificada, e en masculino Ángel Váz-quez logrou o terceiro posto. En cadete, Uxía Calleja foi a segunda cla-sificada.

Campionato Norte de Pista Cuberta

Ata a localidade por-tuguesa de Braga des-prazáronse varios repre-sentantes do Ourense Atletismo Academia Pos-tal na procura das súas mellores marcas da tem-

A todo correr en Nadal4 O Academia Postal non parou nas datas na-videñas e foron moitos os eventos que tiveron participación dalgún dos atletas académicos.

pada. Así, Leticia Fernán-dez logrou nos 1.500 metros a vitoria parcial da proba cun tempo de 4:40.99, nos 3.000 metros, a mesma at-leta logrou parar o crono en 10:06.36 nos 3.000 me-tros. Alejandro Fernández venceu nos 3.000 metros con 8:31.13, e Álvaro de la Fuente, fixo a boa marca de 8:43.45.

Carreira do Nadal-Ca-rreira do Pavo

Hassan Lekhili demos-trou unha vez máis o seu fantástico estado de forma, nesta ocasión na Carreira do Nadal-Carreira do Pavo sendo o vencedor por unha marxe de 3 segundos sobre o portugués Carlos Costa. Elías Domínguez logrou o undécimo posto.

Cross Internacional de Venta de Baños

En categoría xuvenil, Mi-

guel Otero foi quinto neste cross internacional, e en júnior, Hugo Loureiro foi sexto. E Cristina González, 12ª na proba xuvenil.

Outras novasNas instalacións cuber-

tas do Consello Superior de Deportes de Madrid, a RFEA organizou un con-trol de velocidade e vala-dos, onde tomaron parte Shannon García (unha das últimas fichaxes do Acade-mia), que lograba o segun-do posto na final con 7.85, mentras Guillermo Arrese era cuarto na súa con 7.20. José Antonio Panera non

puido superar os 4,60 ini-ciais do salto con pértiga, marca que esta temporada xa posúe.

En Vigo, tivo lugar a celebración da primeira xornada do Torneo de In-verno en Pista sobresaíndo os ourensáns Miguel Otero, que participou nos 800 e 3.000 metros, quedando a escaso marxe das mínimas nacionais, e logrando a vi-toria na primeira, e segundo nos 3.000 metros. Os 800 femininos tamén foron do-minados por Iria Castro, cun rexistro de 2:17.74, seguida pola xoven Laura Rosende. Aitana Leguiça-no venceu nos 60 valados da súa categoría, logrando tamén a vitoria parcial na súa serie de 200 metros. Hugo Loureiro foi terceiro nos 3.000 metros, mesma posición que ocupou Lidia Fernández no lanzamento de peso.

4 Costiña de CanedoUn ano máis, Saturnino González organizou para o primeiro día do ano a subida á

Costiña de Canedo. A proba consiste en subir devandita costa que ten tramos de ata o 21% de desnivel. Cada ano esta proba conta con máis adeptos que se animan o un de xaneiro a subir os 3 quilómetros ben sexa correndo ou en bici.

Atletas e ciclistas na subida da Costiña de Canedo./O. DEL CAMPO

Movilla, un do ránking nacional de snookerRedacción

Empeza ben o ano para os representantes do Club de Billar Ourense na dis-ciplina de snooker, xa que varios dos seus xogadores atópanse na parte alta da

clasificación nacional, des-tacando sobre todo Fran-cisco Movilla, que alcanza por primeira vez para un xogador ourensán o núme-ro un do ránking nacional, despois de imporse nas dúas primeiras probas do circuíto.

Outro xogador de Club de Billar Ourense destaca-do na clasificación é José Manuel Rivero que ocupa o oitavo posto, con moi se-rias opcións por parte dos

dous, de meterse na final nacional que se celebrará no mes de xuño en Madrid e de onde sairán os xoga-dores que representarán ao noso país no Campionato de Europa.

Circuíto Nacional de Bi-llar Pool

Tamén se celebrou nas instalacións do Café Rojo de Ourense, a terceira proba do circuíto Tourespaña de billar pool, onde se impuxo

José Manuel Rivero na final a Óscar Yañez.

Os dous cales consegui-ron a praza para partici-par xunto con Movilla na primeira proba do circuíto nacional de pool que se celebra en Aranxuez, os próximos días 21 e 22 de xaneiro, onde todos eles teñen moitas opcións de fa-cerse cunha das prazas que clasifica para o Mundial das Vegas (EE.UU.) que se dis-puta en maio.

Page 3: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

3ATLETISMO

R. Torres

Desde fai tempo esta-se preparando a primeira edición da Media Maratón Viña Costeira. Ribeiro So-lidario que terá lugar o 19 de febreiro de 2012 (Do-mingo de Entroido) coa cooperativa como organi-zador on evento.

A proba que ten un ca-racter solidario tense pre-visto que se repita anual-mente na mesma data facendoa, así coincidir cada ano coa época fes-tiva tan popular na nosa

R.T.

A décima edición da carreira popular pedes-tre de San Cibrao, ce-lebrada o 18 de decem-bro, tivo na categoría absoluta masculina un final de infarto. Chega-ban aos derradeiros me-tros da proba, Alejandro Fernández (Academia Postal) e Robertas Ge-ralavicius (S.G. Ponte-vedra) moi igualados entraron os dous no mesmo tempo en liña de meta (26.04), pero foi o académico o primeiro en superala; na terceira posición entraría Pepe Márquez (27.27), sendo ademais o primeiro dos

Media maratón solidaria4 Viña Costeira organiza a primeira media maratón do Ribeiro.

provincia, concretamente co Domingo de Entroido.

PercorridoO percorrido está pen-

diente de homologación pero terá a súa saída e che-gada na Cooperativa Viña Costeira. Todo apunta a que se chegará ata Leiro pola estrada de Exposende, e desde alí, regresarase á Cooperativa pola estrada de Ribadavia ata o cruzamento con Beade que se retoma-ría a estrada anterior para chegar á meta despois de 21.097 metros.

4 Logo dun duro e igualado remate de proba con Robertas Geralavicius.

Fernández conquista a pedestre de San Cibrao

veteráns. Na categoría feminina,

Leticia Fernández (Aca-demia Postal) non tivo tantos problemas para facerse co triunfo cun tempo de 31 minutos, e aventaxou en 14 segun-dos á súa máis inmediata perseguidora, Deirdre Mc Dermot (31.14). Pola súa banda, pechou o podio fe-minino María Jesús Ges-tido Rodríguez, que re-matou a proba en 31.37.

Categorías inferioresA proba das categorías

inferiores contou con preto de 40 atletas parti-cipantes. Deles, Maxine Antao (entre os homes) e Aida Martínez (das mu-

lleres) foron os primeiros en percorrer os 3.000 me-tros dos que constaba a súa carreira.

Aforo completoEsta décima edición da

carreira pedestre de Na-dal de San Cibrao contou cun total de 400 atletas na proba absoluta, cifra tope que puxo a organización e que unha semana antes da proba xa estaba completa a nómina de inscritos.

Carácter solidarioO caracter solidario fai

que se pague unha inscri-ción que irá destinada Afaor (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Ourense).

Unha semana antes da proba xa estaba completa a nómina de inscritos

Redacción

A 13ª edición da San Sil-vestre de Castrelo de Miño contou con máis de 300 par-ticipantes que despediron o ano zancada tras zancada.

Na proba escolar, Jona-than Alvear foi o primeiro en completar o percorri-do, sendo Aida Martínez a primeira das féminas. Na carreira absoluta, Iván Do-campo (SG Pontevedra) cun tempo de 23.38 foi o primeiro clasificado por diante dos atletas do Aca-demia Postal Alejandro Cid (24.42) e Mario Pérez (25.02). A primeira muller en completar os máis de sete quilómetros de per-corrido foi Sonia Teijeiro (31.51) do Veteráns Pabe-llón; Ana Isabel Soutullo rematou segunda (32.46) e na terceira posición, Renny Mazaira (34.13) completou o podio.

Derradeira de AllarizAllariz tamén acolleu a

Docampo vence na San Silvestre de Castrelo4 Sonia Teijeiro foi a primeira muller.

súa particular San Silves-tre, a Derradeira de Allariz que congregou nas rúas alaricanas a preto de 400 participantes. Na proba escolar, Álvaro de Luis e Lucía Rodríguez foron os

máis rápidos; mentres que na categoría abso-luta, Alberto González (24.42) foi primeiro, Víc-tor Conde (25.20), segun-do e José Manuel Casado (25.34), terceiro.

Participantes da proba escolar. /S. TORRES

Un participante da proba absoluta. /S. TORRES

Prevese que neste mes se presente a media maratón Viña Costeira

Os 21.097 metros están pendentes de homologación

Page 4: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

4 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

TORNEO ANINOVO XADREZ

David Gómez, campión do XXVII Torneo de xadrez Ani-novo./RAMSÉS

R.T.

Sete días de intenso xa-drez depararon un novo campión do XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Vi-llar”, o sub-16, David Gó-mez Diéguez, recentemente subcampión de España de clubs sub-16 xunto cos seus

David Gómez faise maior no Aninovo4 O xadrecista sub-16 vence no XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”, nunha edición moi igualada.

compañeiros do Club Casa da Xuventude.

David Gómez Diéguez (Club Xadrez Ourense) proclámase vencedor (con seis puntos sobre sete posi-bles) do Aninovo Barrocás 2012 “II Memorial Ma-nuel Villar” tralo empate na derraderia rolda frente ao campión da pasada edi-

ción e compañeiro de club, Alejandro de León Justo. Devandito empate foi sufi-ciente para que David Gó-mez proclamárase vencedor a pesar de que o seu com-pañeiro de Club, Alfonso Agra Torres, finalmente subcampión, conquerira 6 puntos, os mesmos que Da-vid, pero quedando relega-do á segunda posición por peor coeficiente.

A victoria sub-2000 foise para as vitrinas de Breixo Gómez Domínguez do club Peña Recreativa (6º da xe-ral), o triunfo xuvenil para Javier Martínez Vecillas do Xadrez Ourense (4º da xeral) que foi seguido de Samuel Cruz Guerra e Ser-gio Blázquez Criado, que fixeron excelentes papeles e completaron o pódio xu-venil.

O ouro cadete foise para Brais Gerpe Vilas (Casa da Xuventude) e Adrián Gó-mez Diéguez e David Váz-quez Gómez (ambos de Xa-drez Ourense) conqueriron a prata e o bronce.

Os premios de Beleza e Galeón Pirata foron para Joaquín Bello e para Gus-tavo Hernández, respecti-vamente.

A participación total en-tre todas as categorías foi de 191 xadrecistas dos ca-les máis de 50 dispuñan de ránking internacional, dan-do este dato unha idea da excelente participación e da calidade dos participantes.

Torneo por categoríasO venres día 30 de de-

cembro tivo lugar nos lo-cais da A.VV. de Barrocás o torneo para as categorías

dos máis novos, un evento que reuniu a 131 participan-tes das 4 provincias galegas e que supuxo un novo éxito de participación e de orga-nización baixo a dirección técnica do Club Xadrez Ourense.

Numerosos premios e regalos foron entregados entre os participantes así como 30 balóns asinados polo subcampión do mun-do sub-18, Iván Salgado López. Os primeiros clasi-ficados da categoría Sub-8 foron Xurxo Gerpe, César Pérez e Pablo Fernández. En categoría Sub-10 o ga-ñador foi Martín Fernández seguido de Rodrigo Fer-nández e Iván González. E na categoría alevín os tres primeiros foron Angel Do-minguez, Alberto Iglesias e Pablo Vidal.

Xa na máis importante das categorías inferiores, a Infantil, hai que salientar o excelente triunfo de Miguel Ferreiro que ratifica unha boa progresión nos últimos tempos, seguido do Bronce Galego e membro da selec-ción galega Adrián Gómez, e de Jacobo José Freire que fixo bronce (todos eles membros do Club Xadrez Ourense).

O podio do Aninovo estivo formado por Agra (esquerda), Gómez (centro) e de León (dereita)./RAMSÉS

David Gómez Diéguez acadou seis dos sete puntos en dis-puta para con-querir o Torneo de Aninovo de Xadrez 2012

Page 5: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

5II MEMORIAL MANUEL VILLAR

A concentración dos participantes no Aninovo é máxima, mostra delo a dan de esquerda a dereita: Saavedra, Gómez e de León.

XXVII Aberto Aninovo Barrocás 2012, “II Memorial Manuel Villar”

- Un Aninovo en imaxes-

Á esquerda, Gustavo Hernández recibiu o premio Galeón Pirata.Á dereita, unha xogada nunha das me-sas do Memorial Manuel Villar.Abaixo, participantes do Aninovo na última xornada.

Page 6: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

6 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

FÚTBOL SALA

Nati dispútalle un balón a unha xogadora do Zaragoza./RAMSÉS

4 Xornada 13 - 14 de xaneiroMóstoles - Soto del RealU. de Alacante - Ponte OurenseRubi - Deportivo CórdobaValladolid - BurelaDiamante Logroño - ZaragozaLacturale Orvina - GironellaCidade As Burgas -Femesala ElcheMajadahonda - Futsi Navalcarnero

4 Xornada 14 - 21 de xaneiroMajadahonda - Soto del RealPonte Ourense - MóstolesDeportivo Córdoba - U. de AlacanteBurela - RubiZaragoza - ValladolidGironella - Diamante LogroñoFemesala Elche - Lacturale OrvinaFutsi Navalcarnero - Cidade As Burgas

Primeira División FSF 12ª xornadaPosto Equipo Puntos1º Córdoba - 312º Móstoles - 303º Gironella - 284º At. Madrid - 275º Ponte Ourense -236º Femesala Elche - 237º U. de Alacante - 218º Burela - 199º Soto del Real - 1610º Orvina -13 11º Rubí - 1312º Cidade As Burgas 1113º Diamante Logroño- 9 14º Valladolid - 715º Majadahonda - 616º Zaragoza - 4

R. Torres

Tempada dura a que lle resta ao Cidade As Burgas se quere acadar o seu obxec-tivo de manter a categoría ao final da liga, e continuar o ano que vén (por terceiro consecutivo) na elite do fút-bol sala feminino. O Cidade despedía o ano con vitoria pola mínima ante o Zara-goza e comezaba o ano con derrota diante do Gironella.

Cidade As Burgas - Za-ragoza

Presentábase o partido contra o Zaragoza como unha grande oportunidade para o Cidade de cambiar a tendencia negativa que atravesa desde fai xa varías xornadas. O partido estivo vibrante na súa primeira metade, onde se lograron todos os goles do partido; as ourensás aos nove mi-nutos de encontro xa domi-naban por 2-0 con goles de Iria, diferenza que recorta-ría Paula (minuto 12) para as mañas.

Na reanudación as visi-tantes foron na procura do empate, pero este non che-garía, en parte polo bo facer das xogadoras do Cidade, e en parte pola mala fortuna do Zaragoza cara ao mar-co contrario (con balón ao pao incluído). Esta vitoria permitía ás ourensás pór un pouco máis de terra por me-dio con respecto á zona de descenso.

Gironella - CidadeSe a sorte acompañou ao

Cidade no derradeiro en-contro do ano, esa mesma sorte lle estivo esquiva no primeiro de 2012. Enfron-tábase ao Gironella, inex-pugnable na súa cancha du-rante toda a tempada. As de Codeso lonxe de amilanarse déronlle a cara ao encontro ata o pitido final. O primei-ro gol catalán non subiría ao luminoso ata o minuto 18 da primeira metade, obra de Sandra. No segundo tempo, Anna Bosch marcaría en propia porta o empate para o Cidade. A partir dese mo-

Cara e cruz para o Cidade As Burgas4 As de Manolo Codeso venceron ao Zaragoza e caeron ante o Gironella.

mento o Gironella arreme-tía contra a porta rival pero a defensa ourensá repelía todo perigo, ata que, a falta de cinco minutos, Miriam facía o 2-1. O Cidade nese momento comezou a xogar de cinco dispoñendo dunha clara ocasión de devolver as táboas, sen embargo o Gironella era quen marca-ba no derradeiro minuto, deixando o 3-1 final para as locais e volvendo a casa de baleiro o Cidade.

Con esta derrota o Cida-de mantén os catro puntos de vantaxe coa zona de des-censo.

Recibe ao ElcheO Cidade recibe este sá-

bado a partir das 17 horas na cancha central dos Re-medios ao Femesala Elche. O equipo ilicitán ocupa a sexta posición con 23 pun-tos.

DebutHelena del Río debutou

neste encontro co Cidade As Burgas formando xa

parte da primeira plantilla ourensá.

O Cidade das Burgas recibe ao Elche este sábado 14 de xaneiro, ás 17 horas, na cancha central dos Remedios

A xogadora do Cidade, Sonia Pacios, doese no chan logo dun balonazo na cara do que se recuperou de inmediato, no partido contra o Zaragoza./RAMSÉS.

O Cidade mantén os catro puntos de vantaxe coa zona de descenso

Page 7: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

7FÚTBOL SALA

R. Torres

O Ponte Ourense non puido rematar mellor o 2011 e comezar este 2012. Na derradeira xornada de 2011 a vítima foi o Vallado-lid a quen derrotou por 2-5, mentres que na primeira xornada do 2012 endosou un 11-4 ao Rubí.

Valladolid - Ponte Ourense

As de Óscar Vivián des-prazábanse ata Valladolid para despedirse do 2011 cunha vitoria, e as cousas non lle puideron ir mellor. No ecuador da primeira metade as locais adiantá-banse no marcador, pero un gol de Sarita antes do des-

canso devolvía as táboas ao electrónico. No segundo tempo as pontinas foron a polo partido e en dous mi-nutos (no 29 e 30), Ampi e Marta facía o segundo e terceiro gol visitante res-pectivamente. Cunha xoga-dora de máis sobre a cancha (por man na área de Paula), Souza facía o 1-4 segundos despois de marrar un dobre penalti. Laura recortaba distancias para as pucelás no 34, pero sería de novo Sarita ao borde do pitido fi-nal quen redondearía a go-leada para as de Vivián e as mantería na quinta posición da táboa clasificatoria para rematar o ano.

Ponte Ourense - Rubí

Pintaba todo ben cando no primeiro minuto de en-contro co Rubí, Bea per-foraba a meta rival, pero acto seguido Anna faría o un a un en apenas dous minutos disputados. Logo duns minutos máis tranqui-los, Vanessa no minuto 8 e Souza no 9 distanciaban ás locais no marcador. De aquí ao final da primeira parte Arancha recortaría distan-cias, Souza lograba o 4-2 e de novo Arancha facía 4-3 para rematar esta primeira metade e coas dúbidas no bando local pola súa fraxi-lidade á hora de encaixar tanto en cada xogada de perigo.

No segundo tempo, o panorama foi ben distinto.

Vitorias para despedir o vello e saudar o aninovo4 Ponte Ourense venceu na derradeira xornada de 2011 ao Valladolid e fixo o propio contra o Rubí na primeira de 2012.

Laura Fernández voltou xogar un partido co Ponte logo de varios meses lesionada./RAMSÉS.

Ampi saiu a escea para pór as cousas no seu sitio, e tres goles da andaluza en seis minutos traía a tranquili-dade aos afeccionados que se xuntaron nos Remedios; Vanessa (con dous goles máis), o cuarto de Ampi e Cristina redondearían a go-leada pontina deixando un resultado final de 11-4.

Esta vitoria permite ás ourensás manter a quinta posición aínda que só lle pudo recortar puntos ao Futsi Navalcarnero, xa que Córdoba, Móstoles e Gi-ronella venceron nos seus compromisos nesta 12º xor-nada. Así o Ponte Ourense manten os 8 puntos de des-vantaxe sobre o líder, Cór-doba, que a piques estivo de perder contra o Valladolid, a falta de cinco minutos perdía por un gol a cero.

Regreso de LauraA nota positiva, ademais

da vitoria, foi a volta ás canchas de Laura Fernán-dez logo de pasarse os úl-timos meses no dique seco por mor dunha lesión de xeonllo.

Se esa foi a nota positi-va, a negativa veu da man de Drica, máis concreta-mente do seu ombreiro; na primeira parte a xogadora brasileira tivo que ser reti-rada do terreo por un golpe nesa articulación; as pro-bas determinaron que tiña

unha tendinite polo que a súa presenza no próximo encontro é dúbida, xa que ten que estar unha semana en repouso.

Vindeiro encontroEste sábado péchase a

primeira volta na Primei-ra División de fútbol sala feminino. O Ponte Ouren-se desprázase ata Valencia para disputar o encontro

O Ponte viaxa a Valencia o sábado 14 para enfrontarse ao Universidade de Alacante

contra o Universidade de Alacante; as alacantinas son sétimas con dous pun-tos menos cas ourensás.

Chiqui defende o balón ante tres xogadores do Rubí./RAMSÉS.

Page 8: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

8 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

FÚTBOL

Momento do partido entre o Ourense e o Ávila no Couto./I.OSORIO

Luís Míguez, novo adestrador do Ourense./RAMSÉS

R. Torres

Despois de varias sema-nas nas que Manuel Seoane tentou deixar a presidencia de CD Ourense nas mans de Manuel Rois, por fin o culebrón chegou ao seu fin. Rois deu o “non que-ro” ao Ourense por diver-sos motivos: o económico é un deles, xa que non lle aseguraban a cantidade de diñeiro que pedira para porse ao fronte do club con garantías económicas nesta tempada; o segundo dos motivos foi a saúde, e é que nestes días de tira e afrouxa para decidirse a dar o paso adiante, ao estar

Luisito sí, Rois non4 Seoane seguirá como presidente de CD Ourense mentres que Luís Míguez “Luisito” colle a manixa do equipo.

de novo en boca de todos creoulle unha certa ansie-dade que afectou a súa saú-de. Descartada a opción do ex presidente, o actual ten decidido -salvo que alguén veña con gañas de asumir a presidencia- continuar ata final de tempada, “xa non podemos andar con máis historias de andar buscan-do a un presidente, agora temos que centrarnos en outras cousas”, aseguraba Seoane.

Pero o club tiña outro fronte aberto. Antonio Da-costa (adestrador do filial) estaba a ocupar o banco do primeiro equipo de forma interina polo que o substi-

tuto non se podía demorar. Así, unha vez coa negati-va de Rois sobre a mesa, a Seoane non lle quedou outra que buscar a un novo adestrador. O nome que se barruntaba desde fai tempo, o de Luís Míguez “Luisito”, foi o que final-mente ocupará o banco do líder da Terceira División con 45 puntos. Luisito co-lle ao equipo nunha difícil situación institucional pero deportivamente da mellor maneira posible. O ex xo-gador de Verín, entre outros equipos, mostrábase na súa presentación exultante e con gañas de afrontar este reto que se lle presenta na

vella Auria, “vimos con moita ilusión. Gustaríanos ter vido unhas semanas an-tes”, lamentábase Luisito na súa presentación.

O novo técnico ‘rojillo’ espera que o club faga un esforzo para poder traer a un defensa para este tramo final de tempada; nese sen-tido o club estase a mover, primeiro deron a baixa a Lucho, esta mesma sema-na foi o porteiro Laviana, e agora contan con rescin-dirlle o contrato ao gales Crowe, para, cos cartos que se aforren, poder afrontar a contratación dun defensa e así complacer a petición de Luisito. O substituto de Sa-linas e Dacosta, na súa pre-sentación deixou claro que quere “a máxima implica-ción” dos seus novos xoga-dores, e que xogará aquel “que realmente o mereza”, advertía Luisito.

Chamamento aos so-cios

O presidente da entidade aproveita a presentación do novo adestrador para facer un chamamento aos socios do ano pasado que non pasaron este a renovar os seus carnés (son un total de 450 os que non renova-ron), a que se animen neste tramo final de liga para que continúen como socios e axuden ao equipo a lograr os obxectivos marcados.

Adeus a DacostaAntonio Dacosta voltará

ao banco do equipo filial deixando un bo sabor de boca. En dúas xornadas es-tivo ao fronte do primeiro equipo e as cousas foron inmellorables. No primeiro dos partidos que dirixía, o conxunto ourensán ven-cía por 3-1 a un dos seus máximos rivais nesta liga, o Deportivo B, despregan-do o mellor xogo de toda a tempada. Logo do Nadal volvía a sentarse no banco ‘rojillo’ e os tres puntos quedaron en casa pero o xogo foi o doutras xorna-das, un a cero e a sufrir, so-bre todo na segunda meta-de, cando o Betanzos tivos claras ocasións de sacar algo positivo do Couto.

Dous partidos, dúas vi-torias, non foron suficiente para que Dacosta continua-ra ata final de tempada no primeiro equipo do Ouren-se.

Este domingo Luisito xa estará no banco de CD Ourense, que se enfronta ao Sanxenxo en terras pon-tevedresas.

“Luisito” estrearase como adestrador do CDO este domingo no partido contra o Sanxenxo

Page 9: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

9TENIS

Redacción

A xogadora ourensá Va-leria López comezou a tem-pada gañando o pasado 18 de decembro o prestixioso Torneo da Universidade de Vigo en categoría infantil, impóndose a todos os seus rivais con total autorida-de. Pero o máis importante desta cita foi que en cate-goría absoluta chegou até as semifinais perdendo coa número 2 de Galicia en ca-tegoría sénior nun partido moi disputado. Antes, en cuartos de final venceu á quinta clasificada do rán-king galego absoluto, Gise-la Amor, por 6/2 e 6/0.

Valeria segue así coa súa imparable progresión, que a levou a colocarse entre as mellores de Galicia na tem-pada que empeza.

Próximas citasA actividade continúa

para Valeria López en vin-deiras datas. A tenista des-prazarase a Ponferrada o día 27 para disputar uns dos torneos en indoor máis importantes de categoría infantil e cadete de Espa-ña. A continuación, xogará o Máster Absoluto das 16 mellores xogadoras galegas en Santiago, e despois os Internacionais de Ponteve-dra júniors.

Redacción

Os dous equipos do Galmédica Tenis de Mesa regresan á competición logo de vencer nos seus últimos enfrontamentos de 2011.

Galmédica AO equipo de Segunda

División Nacional despra-zouse na última xornada do ano pasado ata Gon-domar para enfrontarse ao Vincios C. Dantas. O resultado non puido ser mellor e tras un grande plantexamente táctico dos ourensáns desde o inicio lograron traer os dous puntos a terras ourensás, tralo resultado final de 1 a 5; os puntos ourensáns acadáronnos Ramón Be-cerra (2), Juan Ángel Fe-

rreiro (2) e Emilio Diéguez (1). Con esta vitoria o Gal-médica A sobe ata a terceira praza da clasificación con 12 puntos. Este domingo visitan ao Monte Porreiro que é cuarto cos mesmos puntos que os ourensáns.

Galmédica BO filial, que milita na

Segunda División Galega, recibía na última xornada de 2011 no Paco Paz ao Vincios C. Tapia logrando a vitoria por 5 a 2. Os pun-

Valeria López, vencedora infantil do Torneo da UVigo 4 Ademais foi subcampioa da categoría ab-soluta.

Regresa o tenis de mesa4 Depois do parón polo Nadal.

tos do Galmédica foron de Lalo Pérez (2’5), Antonio Gómez (1), Antonio López (1) e Diego Gómez (0’5).

Esta nova vitoria mantén líder ao Galmédica B na 2ª División Galega cos mes-mos puntos que o Mercan-til de Vigo B (18). A com-petición reanúdase para o Galmédica este domingo en Gondomar contra o A.D. Vincios - Mat. Const. J. Quintas, equipo que ocupa a décima posición con seis puntos.Valeria López.

Partido do Galmédica tenis de mesa .

Page 10: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

10 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

O 15 de xa-neiro, 5ª Copa Cidade das Bur-gas de carabina lixeira tendido, carabina match e pistola libre

TIRO

Comezou a nova tempada no Club de Tiro Eiroás4 A Copa Deputación de armas neumáticas abriu o ano nas instalacións do club ourensán.Paula Lodeiro

Coa participación de 20 tiradores deu inicio na pri-meira fin de semana de xa-neiro a Copa Deputación de Ourense de pistola e carabi-na neumáticas no Club de Tiro Eiroás. Esta competi-ción en forma de liga anual é unha das máis concorri-das do club ourensán e a de maior historia, chegando á súa 24ª edición. Trátase dunha modalidade na que os tiradores realizan 60 dis-paros a unha diana situada a unha distancia de 10 me-tros, nunha hora e tres cuar-tos de tempo. A dinámica é a de sempre: hai tiradas todos as primeiras fins de semana de mes (agás en agosto) e os deportistas cla-sificaranse pola suma dos tres mellores resultados do ano. Nesta primeira cita de xaneiro volveron copar os primeiros postos os gaña-dores da Copa na edición do ano pasado: Miguel Col-menares e Nuria Mera en pistola e Jorge Encinas en carabina.

A actividade en Eiroás é contínua durante case todo o ano, e para o que queda de mes, o calendario está com-pleto: o día 15 a 5ª Copa Ci-dade das Burgas de carabi-na lixeira tendido, carabina match e pistola libre, o día 22 é a Tirada San Sebastián de aire comprimido, e o día 29 comeza o Campionato Autonómico Oficial de pis-tola 9 mm.

Tiro prácticoOs practicantes de tiro

práctico (IPSC) terán que agardar a febreiro para disputar unha proba nos

Resultados Copa DeputaciónCategoría PuntosPistola sénior Miguel Colmenares 563Ginés Trenza 559Juan Carlos Ferreño 551Miguel Jácome 526Damas sénior Nuria Mera 364Carmen Casal 322Veteráns sénior Enrique do Río 551Veteráns másterManuel Somoza 482Discapacitados Emilio Álvarez 422Víctor J. Álvarez 402Arbey Ramos 341Víctor Rivo 336Ángel Bolaño 332Yago de Juana 305Esteban Leis 235JúniorYeray Turrado 532Carabina séniorJorge Encinas 578Jesús Martínez 569Luis Iglesias 557Francisco Vilas 556

stages de Eiroás; a primei-ra delas, correspondente á Copa Ourense será o 25 de febreiro. Nesta modalidade, o club organizará tamén o Campionato Galego, para o que agardan obter a ho-mologación de Proba N3 de Categoría Internacional e contar coa presenza de ti-radores estranxeiros.

Novidades da tempadaCompeticións de ámbito

galego ou nacional volve-ranse celebrar este ano nas instalacións de Eiroás. Así, dúas fases do Open Astur-Galaico de IPSC virán para Ourense, en datas aínda por determinar, así como o Campionato Galego de Aire Comprimido.

Como novidade, Ourense será sede do Campionato de España da Garda Civil no mes de abril, e do Cam-pionato de España Militar (Armada, Exército de Terra, Exército de aire e Garda Ci-vil) en setembro; en ambos os dous eventos o club cola-borará na súa organización. “O club ten capacidade organizativa para eventos nacionais”, resaltaba o seu presidente, Celso Parga, a quen lle gustaría poder organizar tamén na cidade algunha competición na-cional de tiro ao prato. Para iso sería preciso ampliar as instalacións actuais de foso universal a foso olímpico, un proxecto no que traballa a directiva do club, e para o que teñen solicitada xa a cesión por parte do Conce-llo de parte dos terreos do antigo vertedoiro.

Aumentar a afección a este deporte

Ademais, o club ourensán

comeza esta nova tempa-da coa intención de seguir aumentando o número de practicantes desta modali-dade deportiva e de inte-grarse máis coa cidade. Un dos exemplos é a través da recente creación dun equipo de discapacitados formado por rapaces de Aixiña, que acuden todos os venres a entrenarse á galería de aire comprimido, que agora dis-pón de postos adaptados ás súas necesidades e aos practicantes máis novos.

Miguel Colmenares, Nuria Mera e Jorge Encinas volveron quedar de primeiros na pri-meira tirada da Copa Deputación de armas neumáticas, en pistola sénior, pistola damas, e carabina, respectivamente./ARQUIVO.

“Para que tamén os nenos que queiran podan practicar o noso deporte, cos valores olímpicos que leva consi-go”, apuntaba Celso Parga.

Expectativas dos tira-dores

Polo que respecta ao de-portista con maior proxec-ción do club, Jorge Encinas, que practica a modalida-de de carabina, analizou para este periódico como se presenta a nova campa-ña. “Tendo en conta que o

Na modalidade de tiro práctico, este 2012 disputaranse en Ourense dúas fases do Open Astur-Galaico, o Campionato Galego e tres probas da Copa Deputación. /ARQUIVO.

ano pasado quedei sexto no Campionato de Espa-ña, que é un bo resultado, e batín o récord galego de 3x40 (1.131 puntos), es-pero como todo deportista superar eses resultados en 2012”, afirma. Participar no maior número de competi-cións, batir o récord galego de aire comprimido, fixa-do en 582 puntos en 2002 por el mesmo, e loitar por un podio nun campionato nacional son os seus retos para esta tempada.

Eiroás será sede este ano dun Campiona-to Nacional de Tiro da Garda Civil e doutro interexércitos

Page 11: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

11PADEL

Redacción

As novas instalacións do P21 Pádel Club acolleron do 2 ao 6 de xaneiro o pri-meiro torneo de Nadal de Pádel. O éxito nesta primei-ra edición foi tal que preto de cen persoas participaron no evento, sendo 47 as pa-rellas entre as dúas catego-rías (homes e mulleres) as que loitaron por alzarse co título.

O día da final, o P21 con-gregou nas súas instalacións (polígono industrial do 21) un gran número de público que non se quixo perder de primeira man quenes alza-rían o título deste primeiro torneo.

Torneo de Nadal de pádel no P214 47 parellas participaron no evento.

Arriba. Fernanda Domínguez e Lucía Santana (no centro) campioas na categoría feminina. Abaixo. Héctor Pérez e Enrique Conde (no centro), campións masculinos do Torneo de Nadal P21. /RAMSÉS

Na final da categoría masculina, Héctor Pérez Rodríguez e Enrique Conde Iglesias desfacíanse en dous sets de Luis Gómez Muñiz e José María Troncoso Bazo; na final de consolación Mi-guel Aragón Fitera e César Fernández Mosquera supe-raban a José Luis González Moreiras e Antonio Bercia-no Lobato. Antes, Fernanda Domínguez Nieto e Lucía Santana Santana acadaban o torneo tras superar en tres sets na final a Belén Iglesias Diéguez e María Victoria Fernández Carballo.

PremiosAs dúas parellas fina-

listas de cada categoría

Héctor Pérez e Enrique Conde, en homes, e Fernanda Domínguez e Lucía Santana, en mulleres, foron os campións deste I Torneo de Nadal de Pádel

terían un trofeo en vidro ademais de agasallos dos patrocinadores; e para os gañadores tamén houbo premios en material de-portivo por valor de máis de 400 euros.

Os xogadores aplicáronse durante todo o encontro. /RAMSÉS

Page 12: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

12 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012 DEPORTE NO NADAL

Page 13: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

13DEPORTE NO NADAL

Page 14: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

14 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

NOVAS

Redacción

O Campus Ourense Rugbi viviu un momento histórico o 7 de xaneiro cando os seus represen-tantes infantís fixéronse coa súa primeira vitoria do ano, nun emocionante partido contra os Ingleses de Vilagarcía que non lles puxeron as cousas sinxe-las en ningún momento. Os dous equipos presen-taron un 15 sen suplentes despois do parón invernal, polo que o partido conver-teuse nunha bonita batalla onde o malgasto de forzas podía pasar factura.

O encontro foi moi di-námico, comezando co dominio dos ourensáns

que conseguiron unha van-taxe de dous ensaios no marcador, que rapidamente reduciron os de Villagarcia con outro ensaio. Nembar-gantes, o Campus Ourense soubo sacar vantaxe da po-tencia dos seus dianteiros e foise ao descanso con tres ensaios baixo o brazo.

Na segunda metade os Ingleses pecharon ao Cam-pus mediante unha xogada que se alargou aproximada-mente 10 minutos e coa que conseguiron outro ensaio que igualaba o choque, pero a reacción ourensá non se fixo agardar e contestaron con outros dous ensaios que decantaron o partido cara o lado local. “Foi un gran par-tido de todo o equipo que

amosa o esforzo que están realizando os xogadores para mellorar, un esforzo que está facendo ao equipo moito máis competitivo”, salienta Javier Conde, res-ponsable de relacións insti-tucionais do club.

DerrotasEn canto ao conxunto

sénior masculino, rematou 2011 con derrota, ao perder o 18 de decembro ante o Lalín. O equipo estrea com-petición este ano o sábado 14 de xaneiro.

Pola súa banda, o Campus Ourense feminino perdeu a pasada xornada en casa ante o IVECO Rugbi Vigo por 3-51. A próxima xorna-da Zalaeta será o rival.

Primeira vitoria dos infantís do Campus Ourense Rugbi4 Venceron por 34-17 aos Ingleses de Vilagarcía.

Redacción

A Facultade de Dereito patrocina esta semana a celebración nas canchas do campus ourensán do I Torneo de Tenis San Rai-mundo de Peñafort, que se celebra entre o 9 e o 14 de xaneiro.

A competición réxese polas normas da Real Federación Española de Tenis, podendo partici-par todos os membros da comunidade universitaria non federados previa ins-crición gratuíta. Concreta-mente celébranse encon-tros das categorías sénior masculina e feminina e

os cadros serán abertos. Os partidos constan de dous sets e un super tie-break decisivo a dez puntos en caso de empate. Os premios consisten en trofeos para o campión, para o finalista e para os semifinalistas.

BaloncestoAdemais desta compe-

tición de tenis, a próxima-fin de semana retomarán a competición os equipos de baloncesto universitarios nun segundo tramo de liga no que os seus adestradores agardan consolidar os re-sultados logrados ata o mo-mento e continuar creando canteira.

I Torneo de Tenis San Raimundo de Peñafort no campus

24 horas de fútbol sala en AmencerA Comisión de Promoción deportiva "Deportes para todos" da Asociación Xuvenil

Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organizou para estas vaca-cións escolares de Nadal as 24 horas de futbol sala. O torneo disputouse en varias fases, nunha primeira na que os 15 equipos participantes dividíanse en tres grupos de cinco equipos cada un. De aí, os dous primeiros accedían a unha segunda fase, na que tan só quedaban seis equipos, que volvían dividirse en dous grupos de tres equipos. Unha vez rematada esta fase, os primeiros de cada grupo disputarían a final. Nesta ocasión os fina-listas foron Full e Levaime, facéndose co triunfo o Levaime.

Xornadas de convivenciaSe a primeira xornada de convivencia de barrios facíase en Vistafermosa, no mes de decembro tocoulle o turno ao

Vinteún. O Sexto Instituto vía como o seu campo de xogo o ocupaban xogadores de todos os barrios da cidade acom-pañados polos seus pais, que encheron as bancadas durante toda a xornada. Para este tramo final de curso realizaranse máis xornadas de convivencia, co futbito e os rapaces como protagonistas. Este evento esta organizado pola Concellería de Educación de Ourense.

Page 15: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

15PUBLICIDADE

Page 16: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

16 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012 BALONCESTO

O sábado 14 de xaneiro, ás 20 horas, o pavillón dos Remedios acollerá o primero derbi desta tempada entre o Pabellón Ourense e o Codigalco CarmelitasUnha xogadora do Bembibre bloquea un pase da colexiala Zuleira Atíes./RAMSÉS

As súas respec-tivas derrotas manteñen ao Codigalco de quinto e ao Pabellón de décimo

Redacción

Non sabemos se as xo-gadoras ourensás de Liga Feminina 2 de baloncesto se portaron “mal” o pasa-do ano, pero os Magos de Oriente non lles deixaron dentro dos seus zapatos, ou neste caso seguro que zapatillas, o regalo que máis ansiaban, a vitoria no seu primeiro encontro tra-lo descanso de Nadal. Así, o Codigalco Carmelitas foi derrotado no Vedru-na ante un dos líderes da categoría, o Coelbi Bem-bibre, mentras o Pabellón Ourense caeu como visi-tante ante o Aros León.

Derrotas que merman o ánimo de ambos conxun-tos xusto unha semana antes de que se vexan as caras no primeiro der-bi ourensán da tempada 2011/2012.

León 2- Ourense 04 Codigalco e Pabellón caen ante os dous conxuntos leoneses, Bembibre e Aros.

O líder sentenciaO Bembibre chegou a

Ourense o pasado 7 de xa-neiro cun claro obxectivo, non dar opción ao mello-rado Carmelitas. E así foi. O encontro arrancou cun primeiro cuarto inclinado claramente cara o lado vi-sitante (29-41), que unido á pésima actuación dunha das xogadoras chave do Codigalco -Simmons- e ás numerosas (e imper-doables) perdass de balón de todo o grupo, fóronlle permitindo ás leonesas despegarse no luminoso, chegando ao minuto 25 con dez cómodos puntos de ventaxa (42-52). Pero que un dos vértices do triángulo máxico do Car-melitas no estivese a vivir o seu mellor día non sig-nificou que os outros dous (Oliva e Atíes), coa axuda de Méndez, non lle plan-

tasen cara ao duro Bem-bibre, e grazas á súa boa labor anotadora no minu-to 35 (cando ían 61-65) permitíronse por un intre tratar de “ti a ti” ao líder. Pero, coma sempre, trala cal chega a area, e Zuleira Atíes foi expulsada a con-tinuación por cometer a súa quinta falta persoal.

Todo apuntaba a que non era a xornada das de Juan Rodríguez e que a sorte as abandonara, pero esta vez Klein sustituiu á cubana para, xunto a Oliva e Mén-dez, levar a cabo o último impulso das locais na pro-cura de non defraudar aos seus incondicionais sea-reiros e a só tres minutos do remate colocábanse a un triple (65-68) do poten-te xigante leonés.

Nembargantes, o mal día de Simmons rematou pasándolle aínda máis fac-

tura ao Codigalco e dúas xogadas falladas pola norteamericana a poucos segundos do pitido fi-nal non só fulminaron as posibilidades de empate das colexialas, senón que sentenciaron o encontro a favor das leonesas(71-78).

O Aros vence ao Pabe-llón

A mesma sorte correron as pavillonistas nesta pri-meira xornada de 2012, que caeron en León ante

o Aros (por 75-69) nun encontro que, a priori, se decantaba do lado das de Lisardo Rodríguez, xa que ocupan na xeral un posto por enriba do seu verdugo (e antes do sábado conta-ban cunha vitoria máis). Comezaron o choque por diante, rematando o pri-meiro cuarto con catro puntos de vantaxe (17-21) e acadando o descanso a tan só un (37-38).

O terceiro período con-verteuse nun recital das leonesas (que lograron un parcial de 19-8), o que obrigou ás visitantes a apretar os dentes durante os determinantes 10 últi-mos minutos de encontro,

nos que a pesar de lograr 23 puntos (fronte aos 19 do Aros), grazas á brillan-te actuación de Geehan, Bolonio e Pallardo, non foron quenes de traer a vitoria para a cidade das Burgas.

E chega o derbiO próximo 14 de xanei-

ro chega o turno do derbi ourensán de baloncesto feminino, de que ambas afeccións se vexan de novo as caras, de pasar de veciños a rivais. Ás 20 horas o pavillón municipal dos Remedios acollerá o enfrontamento entre Pabe-llón e Codigalco.

Que gañe o mellor!

A pavillonista Scott en carreira cara a canastra./RAMSÉS

Page 17: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

17BALONCESTO

R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto regresa ao calor do seu público, onde se mostra máis forte que nos seus des-prazamentos, este venres contra o Aurteneche.

Despois da derrota da pa-sada xornada contra o Ávi-la, o Club Ourense Balon-cesto non se pode permitir máis erros se quere seguir mantendo as opción de as-cender a LEB Ouro pola vía rápida (quedando primeiro na liga regular que dá o as-censo direto).

Nesta ocasión xogan en casa, onde o equipo de Rubén Domínguez é máis forte que cando xoga lonxe do Paco Paz, como ben o demostra os tres partidos

perdidos como visitante. Como a pasada xornada, que tocaba desprazarse ata Ávila e o conxunto ouren-sán caía derrotado despois dun último cuarto no que tan só anotou cinco puntos, deixando unha mala imaxe e lonxe de parecer un equi-po que aspira ao máximo nesta tempada.

Ante a mala racha de re-sultados fóra de casa, Do-mínguez é claro: "temos o obxectivo de ascender, e para iso hai dúas formas distintas, ou ben quedando de primeiros e lograr o as-censo direto, ou xogando o play off". O técnico recor-dou que "estamos na LEB Prata e a categoría é moi difícil. Non temos o presu-posto que ten Andorra que

Ao calor da casa4 Club Ourense Baloncesto recibe a Aurtene-che no Paco Paz sen marxe para o erro.

se marcha primeiro será por algo", e advertiu que o máis importante "é ascen-der pero hai que coñecer a realidade".

Chega o segundoEste venres, desde as

21 horas, o Paco Paz terá unha nova posta en escea do COB, que nesta ocasión recibe ao segundo clasifica-do, o Aurteneche de Álava coa intención de manter a boa racha no seu feudo e despexar dúbidas ante os seus afeccionados que se-guro encherán as bancadas. O adestrador cobista des-granou as virtudes do equi-po rival destacando a dous xogadores interiores e a súa liña exterior, na que contri-búen todos os xogadores.

Pantín será baixa esta xornada debido a unha fractura na falanxe distal do primeiro dedo da man dereita, devandita lesión o terá afastado das canchas durante 15 días. A pesar deste contratempo, o club non baralla a contratación doutro xogador, pero sií que

é certo que andan oteando o mercado por se chegara unha boa oferta á que o club puidera facer fronte. "Se en marzo se lesiona alguén de gravidade non poderíamos fichar a ninguén, por iso temos que coñecer como está o mercado", apuntaba Rubén Domínguez.

O venres 13 de xaneiro, ás 21 horas, no Paco Paz: Club Ourense Baloncesto - Aurteneche

Último partido en casa do COB antes do parón navideño. Rubén Domínguez./R.T

Page 18: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

18 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012 XIMNASIA

Ximnasta executando un equilibrio /RAMSÉS

No torneo ourensán puideron verse chamativas coreografías./RAMSÉS As noveles foron das ximnastas máis aplaudidas./RAMSÉS

Redacción

O domingo 18 de de-cembro desde as 10:30 horas tivo lugar na can-cha central do pavillón municipal ourensán dos Remedios a gran festa da ximnasica galega: o quin-to Torneo Nadal Ourense Termal, que congregou na cidade das Burgas a máis de 300 ximnastas de tóda-las modalidade e máis dun millar de espectadores.

Esta cita, non compe-

Máis de 300 ximnastas participaron no Torneo de Nadal Ourense Termal4 Realizaron probas de trampolín, ximnasia xeral, rítmica e acrobática.

titiva, contou coa parti-cipación de varios clubs galegos, entre os que se atoparon o Club Ximna-sia Pontevedra, As Tris-cas, Xiada, Esquío, Escola Municipal de Fene, Es-cola Municipal de Xinzo de Limia, Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón; cuxos deportisas deron mostras do seu bo facer nas súas respectivas modalidades (trampolín, ximnasia xe-ral, rítmica e acrobática).

Entre os ximnastas que acudiron ao torneo puide-mos ver aos ourensáns que recentemente participaron no mundial de Birming-ham, Carlos Trigo, Yael Campelo e Daniel Pérez. Así mesmo tampouco faltaron á cita ourensá os conxuntos de rítmica que veñen de representar á nosa cidade nos campio-natos nacionais de San-tander e Zaragoza, todos eles pertencentes ao Club Ximnasia Pavillón.

A nota entrañablePero sen dúbida o mo-

mento máis entrañable da xornada e da competi-ción foron as respectivas actuacións dos ximnastas máis noveles -de tres e cuatro anos- que compo-ñen o grupo de iniciación do Club Ximnasia Escola Pavillón. Para os que foi todo un exemplo o exce-lente ambiente de com-pañeirismo que se viviu na cita entre ximnastas e adestradores, precisamen-te o obxectivo principal da mesma.

Patrocinadores e auto-ridades

Organizado polo Club Ximnasia Escola Pavi-llón e subvencionado polo Consello Municipal de Deportes, a concellería de Cultura e a Deputación Provincial de Ourense, o V Torneo Nadal Ourense Termal de ximnasia contou tamén coa colaboración de empresas privadas da cida-de, como Industrias Rebo-llo, Aceites Abril, AGS11,

TuriniSport e Bouso Inte-resport; e foi apadriñado por diversas autoridades ourensás, como Francisco Rodríguez, Fernando Va-rela, Isabel Pérez, Rogelio Martínez, Mario Guede e Bernardino González.

O 18 de decem-bro acudiron a Ourense repre-sentantes de oito clubs de toda Galicia

Por parte do Ximnasia Pavi-llón participa-ron ximnastas que veñen de disputar probas nacionais e mundiais

Page 19: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

19ACSM / BTT

Redacción

Os ciclistas do Acade-mia Postal Actyon-Mérida durante este Nadal partici-paron en varios eventos con resultados para todos os gustos.

Campionato de Espa-ña de CX

En Gandía celebrouse o Campionato de España de CX e a sorte non acompa-ñou aos catro integrantes do Actyon que se despra-zaron ata a localidade va-lenciana. Xiana Conde en cadetes rematou na oitava posición; en cadetes mas-culinos, Iván Conde, por mor dunha caída e dun pinchazo quedou relegado á 25ª posición; en Sub23, Saúl López era o 22º e o representante en Máster 40, Xulio era o 18º.

Carreira en MacedaEn Maceda disputouse

unha proba ciclista o últi-mo día de 2011 coa vitoria

R. Torres

Acaba de rematar o ano 2011 e toca a hora de fa-cer os balances deporti-vos. En canto ao ACSM Rallye Team as cousas non lle puideron ir me-llor no ano que acabamos de despedir. Campións no Campionato de Galicia de Ralis en asfalto na catego-ría de producción Grupo N, campións da Copa Top-Ten Pirelli de Galicia e o subcampionato de Galicia de Ralis en asfalto.

Na última das citas do campionato galego (o rali do Botafumeiro) decidíase todo para o ACSM, se lo-graban os obxectivos mar-cados ou ben quedábanse ás portas deles. Todo o ti-ñan de cara, pero para elo debería rematar o Botafu-

Un gran 2011 para o ACSM Rallye Team4 Quedaron segundos no Campionato de Ga-licia de Ralis de asfalto, líderes do Grupo N do mesmo e campións da Copa Top-Ten Pirelli.

meiro para ser campións da Top Ten Pirelli.

O Mitsubishi Lancer Evo X na proba santiaguesa deu problemas desde o princi-pio, unha amortiguación rota facía complicada a conducción; sen embargo, e a falta dunha peza que a substituíra, Álex Pais mo-dificaba a forma de condu-cir a pesar do esbaradizo do terreo. Ese inconvinte non foi tara para que logra-ran nalgúns tramos cronos moi bos que fixeron que os irmáns Pais (Álex e San-ti) lograran facerse final-mente coa Copa Top-Ten Pirelli de Galicia, ademais do campionato Galicia de Ralis no Grupo N e o sub-campionato da categoría absoluta, e así lograr unha fantástica tempada nos ra-lis galegos e incluso facer

un bo papel nalgunha proba do nacional.

Retos para o 2012Para o 2012, os ir-

máns Pais, xunto aos seus patrocinadores, es-tán remando na mesma dirección para poder le-var adiante un proxecto moito máis ambicioso e no que esperan acadar o mesmo éxito que na xa extinta tempada.

Rematando a última proba do campionato galego (o rali do Botafumeiro) os irmáns Pais fixéronse coa Top Ten Pirelli

O Mitsubishi Lancer Evo X de Álex e Santi Pais.

Nadal sobre rodas4 Os integrantes do Academia Postal Actyon-Mérida tiveron un Nadal con moita actividade.

de Saúl López en Sub23 e de Xiana Conde en cadetes e terceira na clasificación xeral; a primeira en chegar á meta foi a portuguesa, Marisa Morgado. Os cade-tes Iván Conde e Raúl Gon-zález remataron segundo e cuarto respectivamente, sendo a vitoria para o ac-tual campión galego, Raúl Fernández. En Máster 40, Xulio Conde era segundo, entrando como vencedor o corredor de Muros, Jose Vi-cente Formoso. En Máster 30 vencía José Rodríguez do Vigo Master. E Elite Sub 23, Mauro González era o dominador absoluto da pro-ba.

Campionato galego de ciclocross

O día de Noiteboa ce-lebrouse en Santiago o Campionato galego de ci-clocross con catro podios para os do Academia Postal Actyon-Mérida. O cadete Iván Conde era segundo tras unha dura pugna con

Raúl Fernández polo pri-meiro posto; Xiana Conde remataría subcampioa gale-ga en cadetes; o júnior Da-vid Rodríguez foi terceiro logo dunha gran remontada tras un pinchazo; mesmo resultado que David acado-uno Saúl López en Sub 23. Estes logros tiveron unha dedicatoria especial para o compañeiro de equipo Mar-cos Villar, quen se rompera o fémur hai poucas datas.

Vila de PorriñoNo ciclocross Vila de

Porriño, o ciclista David Rodríguez rematou nunha meritoria terceira posición. Xiana Conde foi a primeira cadete en superar a liña de meta.

Iván Conde e Xiana Conde acadaron o subcampionato galego cadete

Xiana Conde está a colleitar unha grande tempada.

Page 20: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

20 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012 NATACIÓN / REMO

Os pavillonistas lograron 18 ouros, 23 pratas e 8 bronces, así como outras destacadas posicións

R.T.

O CN Pabellón partici-pou no XLIV Campionato Galego Júnior e Absoluto de Natación en piscina de 25 metros que tivo lugar no complexo deportivo Javier Gómez Noya de Ferrol no que acadaron un total de 49 medallas (18 ouros, 23 pratas e 8 bronces), pro-clamándose campións ga-legos na categoría júnior masculina e na conxunta. Ademais tamén trouxeron para Ourense o subcam-pionato en categoría abso-luta feminina e o terceiro posto na absoluta masculi-na e na conxunta absoluta. E iso que tiveron as baixas de Daniel Caamaño Gó-mez e José Manuel Gon-zález Regueiro ademais da nadadora Iria Álvarez Liz que causou baixa nalgun-ha das probas.

En categoría absolu-ta acadaron 8 medallas de ouro, 14 de prata e 3 de bronce para lograr a terceira posición conxun-ta por detrás tan só de CN Coruña e o CN Ferrol-Elinco. Na categoría jú-nior 10 foron as medallas conquistadas de ouro, 9 de prata e 5 de bronce o que lles levou a ser campións galegos masculino e na conxunta.

LIV Campeonato de España absoluto

No mes de decembro disputouse en Madrid os LIV Campeonato de Espa-ña absoluto, ata alí despra-zouse unha expedición do Club Natación Pabellón tendo en Laura Pimentel á súa mellor participante. Pimentel logrou a nove-na mellor marca nos 800 libres quedando por de-trás de nadadoras como Melanie Costa, Erika Vi-llaecija, Maria Vilas e Claudia Dasca, cun tem-po de 8.52.23, o que lle supón unha mellor marca de idade provincial de 18 anos; tamén participou

Redacción

Iniciouse a tempada de competición para o Club Naútico Castrelo de Miño coa participación de Anna Yuchenko na Regata Miño Internacional-VIII Copa Presidente Deputación de Pontevedra disputada o 8 de xaneiro en Tui. Nela, Anna conseguiu a vitoria formando parte dun 4x, xa que esta é a única moda-lidade na que pode remar mentres non obteña a na-cionalidade española. tal e como marca o regulamen-to da Federación Española de Remo.

Ás 12 da mañá dábase a saída para a 1ª quenda de 4x ABF na que saía pola rúa 1 o bote de Yuchenko, que desde o primeiro mo-mento tomou a cabeza e aumentou progresivamente a distancia cos outros botes ao longo dos 6 quilómetros de percorrido. De feito, nin

49 medallas máis para finalizar o ano para o CN Pabellón4 Proclamáronse campións galegos na categoría júnior e na conxunta.

nos 1.500 sendo undécima cun tempo de 17.02.55, nos 400 estilos en 19º po-sición con 5:00.68 e 400 libres onde rematou en 14ª posición con 4.19.50 re-sultando outra nova mar-ca provincial de 18 anos. Alberto Taboada Vila que disputou as probas de 100 estilos alcanzando a 14ª posición cun tempo de

58.69, 200 braza cun tem-po de 2.20.87 quedando en 22ª posición, 200 cos-tas cun tempo de 2.06.05 e 200 estilos con 2.07.97.

Pola súa banda, a nada-dadora Sandra Presas Pé-rez en 50 costas realizou un tempo de 31.21.

2ª xornada da liga lo-cal Alevín

Yuchenko, vencedora en 4x na Miño Internacional de Tui

sequera os botes que saíron na seguinte quenda foron capaces de mellorar a súa marca.

Próximas citasAnna voltará competir

nesta modalidade (en lu-gar na de 1x, que é na que adestra) nos próximos cam-pionatos galego e de Espa-ña de remo ergómetro que terán lugar os días 15 e 28 de xaneiro, respectivamen-te. Xunto a ela, en categoría alevín acudirán a Ferrol Lu-cas Hermida e Joel Fernán-dez; en cadetes, Adrián Her-mida, Lucas Tabares-Costa e Borja Desaá ;e en séniors feminino Verónica Reguei-ro acompañará a Anna. O club acudirá a esta cita coa expectativa de conseguir unha medalla en cada cate-goría, ademais de probar o seu estado de forma de cara a participar no campionato de España que será 15 días máis tarde en Madrid.

Os deportistas do CN Pabellón cun dos trofeos.

Anna Yuchenko segue agardando pola nacionalidade.

A 2ª xornada da liga Alevín de natacion de carácter local trouxo para Héctor Álvarez a vitoria nos 200 costas por diante de David González e Ja-cobo Caride.

En 13 anos foi Marcos García Otero seguido de José Moure Doval e Antón Rodríguez os que coparon o podio. En 12 anos feminino, o terceiro posto alcanzouno Lau-ra Rodríguez Parada, mentres que en 100 li-bres masculino 13 anos, a vitoria foi para Antón Rodríguez. Nos 1.500 li-bre foi terceiro Marcos García Otero. Nos rele-vos del 4x50 costas, o primeiro posto recaeu no CN Pabellón no masculi-no e o segundo posto no feminino.

Equipo júnior feminino do CN Pabellón.

Anna Yuchenko en Castrelo de Miño.

Page 21: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

21BALONCESTO

Á proba galega accederon os catro mellores clubes infantís da comunidade: Celta, Peletei-ro, Junquera e Carmelitas

Redacción

O 17 de decembro a par-tir das 10.30 horas o poli-deportivo Vedruna acolleu a fase final da Copa Galicia Infantil Feminina, que en-frontou aos primeiros cla-sificados de cada grupo: o ADM Peleteiro de Santiago de Compostela (campión do Grupo A), o Junquera de Cortegada (subcampión do Grupo A), o Carmelitas Ingatel ourensán (líder do Grupo B), e o Celta Maris-tas de Vigo (subcampión do Grupo B).

Os primeiros en enfron-tarse foron o Celta Maristas e o Peleteiro, converténdo-se en gañador e pasando á gran final este último ao sentenciar o encontro no último, cuarto por un re-sultado final de 65-47. No choque destacaron sobre as demais a alero Blanca Mi-llán do conxunto santiagués e a escolta Candela Hermi-da por parte do de Vigo.

Pola súa banda, na se-gunda semifinal víronse as caras o anfitrión, Carmeli-tas Ingatel, e o Grupo Jun-quera, nun partido domina-do en todo momento polas ourensás, que o senteciaron

O Carmelitas Ingatel cae na final da Copa Galicia Infantil 4 O seu verdugo foi o Peleteiro de Santiago, que se fixo co torneo a través dunha vitoria pola mínima (67-66).

finalmente por 71-53, gra-zas ao bo facer de, entre outras, Sandra Lanzós, que protagonizou un vistoso duelo coa xogadora de Cor-tegada Nuria Choren.

Gran finalA gran final celebrouse

ás 19.30 horas enfrontando aos dous gañadores anterio-res, Carmelitas e Peleteiro, nun partido intenso que otorgou a vitoria pola mí-nima (67-66) ao conxunto compostelán.

Nun primeiro momento as ourensás lograron porse por diante no casilleiro lo-grando unha distancia de ata 14 puntos á volta do descanso, pero de seguido o Peleteiro apostou pola súa sempre resultona zona 2-3, que cambiou o rumbo do encontro e a só 20 segundos para o remate adiantouse no luminoso, como se mantivo ata o final, ao non ser quen as colexialas de completar con éxito a súa derradeira e decisiva xogada.

Así o Peleteiro conver-teuse no xusto gañador da Copa galega con Blanca Millán á cabeza, quen foi galardoada como a mellor xogadora da fase final desta competición.

Dúas xogadoras do Carmelitas e unha do Peleteiro disputándose o balón./RAMSÉS A número 4 do Carmelitas a piques de sacar de banda./RAMSÉS

Page 22: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

22 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012 ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores4Internacional coa Selección Española de fútbol sala feminino, unha das máximas golea-doras do noso país e todo un referente para as vindeiras xeracións, así é a nosa seguinte mundourensá, a ala-pívot do Ponte Ourense Ampi.

4 Máis persoal- Amparo Jiménez López naceu o 12 de marzo de

1986 en Arahal (Sevilla) onde comezou a xogar ao fút-bol sala con tan só 7 anos.

- Logo de militar no equipo do seu pobo natal, Ampi pasou ás filas do Cajasur Córdoba durante 7 tempadas ao longo das cales festexou co equipo nada menos que dúas ligas, unha Supercopa, unha Copa Ibérica, unha Copa de Andalucía e a medaia de prata na Copa da Raí-ña. A continuación, veu a Ourense para nun só curso axudar ao Ponte a conseguir a liga, a Supercopa e a Copa Ibérica.

- Con estas cifras parece estamos ante todo un talis-mán do fútbol sala, que fóra da pista segue botando de menos a comida da súa nai, gústalle a Coca-cola light, a súa cor é o verde (“do Betis”, aclara) e escaparíase agora mesmo, como non, á súa terra, Sevilla.

Amparo Jiménez “Ampi”, nun adestramento./M.REJO..

R. Torres

Amparo Jiménez Ló-pez, máis coñecida como “Ampi” é unha sevillana in-conformista e valente, que non dubidou en cruzar Es-paña para seguir progresan-do no fútbol sala feminino nas filas do Ponte Ourense. Xa totalmente integrada, este prodixio do balón que ten tan só 25 anos confesa que logo de ser pichichi en varias ocasións e interna-cional coa “roja” só pide que o deporte que tanto ama adquira recoñecemen-to olímpico.

Que te motivou a aceptar a oferta do Ponte Ourense o ano pasado?

Amparo Jiménez: “Mo-tivoume principalmente o cambio de experiencia, porque levaba moito tempo en Córdoba e quería seguir progresando tanto académi-ca como deportivamente”.

Como viviches o ano pa-sado tan exitosa tempada?

A.J.: “A verdade é que se realizaron moitas fichaxes, foron novas e boas incor-poracións. Foi unha expe-riencia bonita porque em-pezamos a coñecernos e a traballar xuntas, e grazas ao esforzo e profesionalidade de todos logramos numero-sos títulos”.

Este ano a tempada pa-rece máis difícil, como en-focades esta segunda parte de curso?

A.J.: “Este ano a liga está máis interesante porque hai máis equipos pelexando polos postos altos. Non me gusta a posición na que es-tamos, pero si que me gusta

que haxa máis rivalidade en-tre varios equipos. O princi-pio de tempada non foi bo, pero o xogo que temos é mellor. É cuestión de traba-llar o sistema novo co noso adestrador e seguro que vi-rán os bos resultados”.

Cales cres que serán os rivais máis fortes?

A.J.: “Coñecendo ao Cór-doba e vendo que encabeza a clasificación sempre o tra-tei como un rival especial e dos máis complicados para bater. Tamén o Móstoles é outro equipo a ter en con-ta, xa que aínda que, ao meu parecer, ten peor equipo que o ano pasado non nos porá as cousas sinxelas”.

Cales son os teus obxec-tivos persoais para este ano?

A.J.: “Os meus obxec-tivos estou a cumprilos, é dicir, cando viñen a Ouren-se as expectativas que tiña eran seguir mellorando e co-ñecendo o fútbol sala, e con este adestrador e o sistema de xogo que expón estou a aprender fútbol sala”.

Es neste momento a máxima goleadora da liga, cres que é posible que sexas pichichi a final de tempada?

A.J.: “É unha cousa que nunca me preocupa por-que teño refachos, nalgun-has épocas marco moito e noutras nada. Penso máis no que poida achegar ao equi-po. Evidentemente nestes últimos anos sempre desta-quei por marcar moitos go-les, polo que espero manter-me aí arriba, pero se non o logro non pasa nada”.

Ademais es internacional

coa Selección Española, que máis se pode pedir?

A.J.: (Sorrí) “Home, con-tinuar estando aí e lograr que o fútbol sala siga a medrar a nivel nacional porque estaría moi ben que fose considera-do deporte olímpico”.

Como viviches a túa pri-meira convocatoria?

A.J.: “Non mo cría. Foi por unha baixa doutra xo-gadora, polo que foi algo totalmente inesperado. Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible. Eu creo que a miña progresión na Selec-ción Española foi boa, xa que primeiro fun convocada sen xogar e pouco a pouco fun collendo peso dentro do equipo. Iso si, para toda xogadora o simple feito de ser convocada xa é un soño feito realidade e toda unha honra”.

Como ves o fútbol sala

feminino a nivel nacional e en Galicia?

A.J.: “A nivel de España véxoo ben porque hai moi-tas xogadoras estranxeiras na nosa liga e iso é bo, xa que fai que o fútbol sala medre. E o de Galicia, máis concretamente o de Ouren-se, pódoo comparar co de Andalucía e non o vexo do todo evolucionado a nivel de infraestruturas, pero está claro que a nivel de equipos sí, xa que Ourense conta con dous equipos en División de Honra, que xunto ao Burela completan a representación galega. E que Galicia teña tres equipos na máxima cate-goría do fútbol sala feminino di moito da comunidade”.

E que opinas da afección ourensá?

A.J.: “Vexo que a afec-ción é moi silenciosa. Qui-zais critica máis que anima e

iso bótoo en falta. Unha boa voz por parte da bancada animando ás súas xogadoras e dicindo algo construtivo sempre vén ben”.

A pesar da túa xuven-tude es todo un referen-te neste deporte, que lles dirías a esas nenas que te admiran?

A.J.: “O primeiro é que medren como persoas, non como xogadoras de fútbol sala. Deben sempre com-paxinar os estudos co de-porte, que fagan o que lles guste, que se esforcen e tra-ballen, que collan os valores do deporte e que loiten polo seu soño, que seguro que al-gún día se fará realidade”.

Como leva unha sevilla-na como ti estar en Ouren-se?

A.J.: “Este ano moito mellor. Cando cheguei cus-toume adaptarme ao clima, pero este ano estou máis asentada e tranquila, o que se reflicte a nivel futbolístico”.

Que cres que é o mellor e

o peor de vir?A.J.: “A verdade é que

nunca o pensei, pero o me-llor é que estou a vivir unha experiencia moi positiva. E o peor diría que é que me gusta máis o clima e o am-biente sevillano, pero está claro que é porque son de alí” (ri).

Como foi a túa adapta-ción ao Ponte e a Ouren-se?

A.J.: “Boa. Coñecía a xo-gadoras do equipo e aínda que me custou entrarlles ás benxaminas por cuestión do idioma, agora xa estou total-mente integrada e cada vez síntome máis partícipe do equipo e do club”.

E que foi o que máis che chamou a atención de Ourense á túa chegada?

A.J.: “Está claro que as termas. Ver auga quente á beira do río e a un prezo tan asequible paréceme incri-ble. De feito cando veñen visitarme é o primeiro que ensino”.

Page 23: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012

23OPINIÓN

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Colaboracións: Al-fonso Vilachá, Saudeter.

Nº48- Ano: IV - 13 de xaneiro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O BLOG DE SAUDETER

4SABÍAS QUE?

O máis saudable para manternos no noso peso óptimo é levar unha dieta equilibrada conxu-gada con activida-de física diaria

4A PREGUNTA

Resultado da pregunta anterior

4 Quen cres que acadará mellor posición na LF2, o Pabellón Ourense ou o Codigalco Carmelitas?

- O 84,6% apostou polo CODIGALCO.- O 15,4% confía no PABELLÓN.

É complicado fixar un-has normas nutricionais que se adapten a todos os seres humanos, posto que cada persoa ten unhas ca-racterísticas fisiolóxicas e morfolóxicas específicas; ademais de levar estilos de vida diferentes onde a actividade física, a ca-lidade dos alimentos e o estilo de vida xogan un importantísimo papel.

No que coinciden todos os expertos e é máis que evidente é que unha dieta equilibrada debe conter todos os alimentos nece-sarios para conseguir un estado nutricional óptimo, achegando unha cantida-de de nutrientes suficiente para levar a cabo os pro-cesos metabólicos e o tra-ballo físico diario.

O máis axeitado e sau-dable para manternos no noso peso óptimo é levar unha dieta equilibrada conxugada con actividade física diaria. Unha razón importante para realizar actividade física nun pro-grama para manternos no noso peso óptimo ou adel-gazar é o incremento do gasto de enerxía diario, creando un balance ener-xético negativo que nos permita consumir a ener-xía que inxerimos.

Pero ademais dos cam-bios a nivel físico, a ali-mentación e o exercicio achégannos grandes be-neficios para a nosa saú-

Alteracións percibidas que poden obrigar a deter o exercicio:- Dor ou presión torácica.- Alteracións anómalas do pulso.- Falta de diminución do pulso ou da respiración cara a valores normais aos poucos

minutos de finalizar a actividade. - Palpitaciones, debilidade, palidez ou cionosis na cara.- Visión borrosa, mareos ou perda da orientación. - Persistencia de fatiga transcorridas 24 horas postesfuerzo. - Dor aguda nunha parte do corpo.

de física, mental e social. Conseguindo unha mellor resposta a enfermidades como a obesidade, diabete, colesterol ou hipertensión; reforzando o noso sistema inmunolóxico; aliviando dores óseo-musculares; mellorando o noso estado de ánimo, autoestima, rela-cións sociais, etc.

Beneficios do exercicio na perda de peso

Por que o exercicio é fundamental nos progra-mas para baixar de peso?

Ademais de aumentar o gasto de enerxía e axudar a crear un balance enerxé-tico negativo para baixar de peso, realizar exercicio xunto cunha dieta equili-brada contribúe a eliminar graxa almacenada. Ade-mais, en resposta ao exer-cicio aeróbico e ao ade-stramento de resistencia, aumentan os niveis de hor-monas que estimulan a mo-bilización e degradación de graxa almacenada. Outra razón para realizar exerci-cio é o efecto positivo que

A mellor receita para perder peso: nutrición equilibrada e actividade física

ten sobre a taxa metabólica en repouso; a cal aumenta aínda despois de realizar exercicio.

Que exercicio é adecua-do para baixar de peso?

Tanto o exercicio aeró-bico como o de resistencia ou forza son eficaces para eliminar graxa e baixar de peso, sempre combinados cunha dieta equilibrada. Pero está comprobado que o exercicio de resistencia é máis efectivo para conser-var e aumentar a masa libre de graxa (músculo) e a taxa metabólica en repouso.

Canto peso se pode per-der ao mes?

Nun mes pódense chegar a perder moitos quilos con forza de vontade, pero non se enganen: as perdas drás-ticas de peso son debidas á eliminación de glucóxeno e sobre todo auga. Elimi-nar o tecido graxo, que é o que realmente nos interesa, é un proceso máis lento; o normal é eliminar uns gra-mos ao mes, obtendo gran-

des resultados aos meses de iniciar un programa combinado de exercicio e dieta.

Cal é o peso ideal?O peso ideal dunha per-

soa é moi subxectivo; pois son moitos os factores de-terminantes: altura, com-plexión, tecido muscular, tecido óseo, sexo, etnia...

Para calcular o noso peso ideal debemos de ter en conta o noso biotipo (complexión pequena, mediana, grande), a nosa talla en centímetros e o noso sexo.

Tamén podemos calcu-lar o IMC (relación peso- altura), pero este cálculo non ten en conta a nosa constitución, nin a por-centaxe de masa muscular / graxa.

4 Cres que se manterá en Primeira División de fútbol sala feminino o Cidade das Burgas?

Vota en facebook (mundourense)e en www.mundourense.com

Si. O equipo creceu como tal, e as xogadoras están máis experimentadas co ano pasado, que era o ano do seu debut na máxima categoría do fútbol sala feminino. Tres son os equipos que descenderán de categoría ao final de campaña e as de Codeso teñen máis nivel que varios equipos da liga, como poden ser o Soto del Real, o Rubí ou Zaragoza entre outros. Con facer unha decente segun-da volta a permanencia está máis que asegurada.

Non. Este ano coa baixa de Vanessa o equipo ten me-nos gol e iso notouse na primeira metade da tempada. Ademais os outros equipos non coñecían o ano pasado ao Cidade e, pensando que eran as cincentas da competi-ción, víronse sorprendidas polo cadro ourensá cousa que este ano non está a pasar. Difícil papeleta para o Cidade se quere manter a categoría.

Unha xogadora do Cidade nun encontro nos Remedios.

Page 24: 11 Xaneiro 2012 - BD Nº48

24 BARRIOS DEPORTIVO13 de xaneiro de 2012