11:30 rúa maría soliña, santa cruz (oleiros) xxiv edición da … · 2018. 5. 24. · a homenaxe...
TRANSCRIPT
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIV edición recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Nacho Taibo, que será homenaxeado en Oleiros, terra na que residiu a maior parte da súa vida.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebra-ción na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Alejandra Sampedro), a plantación dunha árbore simbólica (un carballo elixido polo propio autor) e a colocación dun monólito conmemorativo.
11:30 Rúa María Soliña, Santa Cruz (Oleiros)Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólica do escritor)Interveñen:
• Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros• Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG• Nacho Taibo
12:30 Salón de actos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros)Acto de entrega da “Letra E”Interveñen:
• Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG• Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG• Inmaculada Otero Varela: Laudatio
Entrega da peza escultórica da artista Alejandra Sampedro
Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Nacho TaiboIntervención: Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros
14.30 Hotel As Galeras (Rúa Antonio J. de Sucre, 17)Xantar de confraternidade. Aberto aos/ás socios/as da AELG, á veciñanza de Oleiros e demais persoas interesadas.
fotografía: cortesía de Inés Lobato
Concello de Oleiros, 16 de xuño de 2018
Nacho Taibo é esoutro Ulises que triangula polo ángulo case recto da Galiza os recantos lendarios de Grecia e Irlanda, para abrir logo, en xeometría libertaria, as arestas cara os espazos atemporais de Brasil, Italia e outros mares. As cartas de navegación trazan o itinerario da súa biografía rica en experien-cias e vizosa no fabular porque, á fin, a ficción é tamén vivencia, un modo de transitar espazos reais e subxectivos no que sempre fica lugar para o compro-miso cunha xustiza que asenta os pés na terra que pisan os homes e mulleres de ningures. As boas familias que mercan a súa posición con cartos manchados polo po da explotación non poden coutar a loita dos seres pacíficos, a memoria dos que pairan nas augas dos perdedores, aqueles aos que se converte en vencidos das guerras, dos conatos de democracia, das ilusións do progreso económico ou das colonizacións. Posto que a fantasía da historia non sempre é utopía, como viaxar polo tempo non sempre é invención, os relatos que apalpan os acontecementos do pasado precisan a seguranza de experimentar co discurso e a vangarda no pensar. Precisan de Ulises que fondeen as illas nas que a verdade é soño e o soño, un acto real.
I EdiciónANTÓN AVILÉS DE TARAMAN-COS1995 • Boa, Taramancos
II EdiciónBERNARDINO GRAÑA1996 • Cangas do Morrazo
III EdiciónMANUEL MARÍA1997 • Outeiro de Rei
IV EdiciónMARÍA XOSÉ QUEIZÁN1998 • Vigo
V EdiciónXOSÉ NEIRA VILAS1999 • Gres, Vila de Cruces
VI EdiciónUXÍO NOVONEYRA (póstumo)2000 • Parada do Courel
VII EdiciónLUZ POZO GARZA2001 • Ribadeo
VIII EdiciónXOSÉ CHAO REGO2002 • Vilalba
IX EdiciónXOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO2003 • Nogueira de Ramuín
X EdiciónSALVADOR GARCÍA-BODAÑOZUNZUNEGUI2004 • Teis, Vigo
XI EdiciónPURA E DORA VÁZQUEZ2005 • Ourense
XII EdiciónMARÍA DO CARMEKRUCKENBERG2006 • Vigo
XIII EdiciónMANUEL LOURENZO2007 • O Valadouro
XIV EdiciónXOSÉ VÁZQUEZ PINTOR2008 • Melide
XV EdiciónAGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ2009 • Vilalba
XVI EdiciónMARILAR ALEIXANDRE2010 • Santiagode Compostela
XVII EdiciónPACO MARTÍN2011 • Lugo
XVIII EdiciónXAVIER RODRÍGUEZBAIXERAS2012 • Ribadeo
XIX EdiciónMARICA CAMPO2013 • O Incio
XX EdiciónXABIER P. DOCAMPO2014 • Castro Ribeirasde Lea
XXI EdiciónXOSÉ Mª ÁLVAREZCÁCCAMO2015 • Vilaboa
XXII EdiciónHELENA VILLAR JANEIRO2016 • Rianxo
XXIII EdiciónMARÍA PILAR GARCÍANEGRO2017 • Lugo
O traxecto do Parqueda rúa María Soliña aoCastelo de Santa Cruze ao Hotel As Galerasleva 18 minutos a pé.
NACHO
TAIBO
NACHO
TAIBO
Concello de Oleiros16 de xuño de 2018
NACHO
TAIBO
NACHO
TAIBO
Concello de Oleiros16 de xuño de 2018
XXIV edición da homenaxe
“O escritorna súa terra - Letra E”
NACHO
TAIBO
NACHO
TAIBO