15 set 2010 - nº 18

17
Número: 18 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 15 de setembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Os amantes do stick gozaron do Open Ourense de Hoquei e Open de Veteráns durante dúas fins de semana OPEN HOQUEI páx.8 e 9 Artigo: Vantaxes da formación para a terceira idade, por Alfonso Vilachá páx. 14 Fútbol: C.D. Ourense nos postos de arriba na liga páx. 6 O Xacobeo Lobelle conquista a I Copa “Barrios Deportivo” Venceu ao Burela por 6-3 nun vibrante partido no Pavillón de Os Remedios. [Páx. 2] ATLETISMO páx. 10 e 12 V Penedos do Lobo e I Carreira Popular Casa da Xuventude, citas deste mes para os atletas ourensáns Baloncesto: O COB comeza a carburar páx. 13

Upload: barrios-deportivo

Post on 23-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Baloncesto: Venceu ao Burela por 6-3 nun vibrante partido no Pavillón de Os Remedios. [Páx. 2] Fútbol: OPEN HOQUEI páx.8 e 9 ATLETISMO páx. 10 e 12 Vilachá BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] páx. 13 páx. 14 páx. 6 Número: 18 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 15 de setembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

TRANSCRIPT

Page 1: 15 Set 2010 - Nº 18

Número: 18 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 15 de setembro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Os amantes do stick gozaron do Open Ourense de Hoquei e Open de Veteráns durante dúas fins de semana

OPEN HOQUEI páx.8 e 9

Artigo:Vantaxes da formación para a terceira idade, por Alfonso Vilachá páx. 14

Fútbol:C.D. Ourense nos postos de arriba na liga páx. 6

O Xacobeo Lobelle conquista a I Copa “Barrios Deportivo”Venceu ao Burela por 6-3 nun vibrante partido no Pavillón de Os Remedios. [Páx. 2]

ATLETISMO páx. 10 e 12

V Penedos do Lobo e I Carreira Popular Casa da Xuventude, citas deste mes para os atletas ourensáns

Baloncesto:O COB comeza a carburar páx. 13

Page 2: 15 Set 2010 - Nº 18

2 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

COPA BARRIOS DEPORTIVO

O Xacobeo Lobelle acaba de gañar o seu primeiro título oficial da tempada, a Supercopa de España

O Xacobeo Lobelle logra a I Copa “Barrios Deportivo” 20104 Impúxose por 6-3 ao Burela.R. Torres

O Xacobeo Lobelle des-mostrou a súa categoría alzándose coa vitoria na primeira edición da Copa “Barrios Deportivo” de fút-bol sala ao impoñerse por seis goles a tres ao equipo lucense do Burela.

Tras unha primeira aproximación de Purao, con balón ao poste, o equi-po compostelán espertou e comezou a dominar o en-contro co premio do gol, obra de David. De seguido, o Burela, puxo as táboas no

marcador con gol de Este-ller. Co empate os da Ma-riña dominaron a posesión do esférico sen inquedar o marco santiagués. De novo David marcaría dous tantos máis para o Lobelle poñen-do terra de por medio, pui-dendo ser recortada a dife-renza se non fora por unha parada de Frois e un tiro desde os 10 metros que saiu desviado por pouco.

Trala reanudación, Raúl Campos incrementou aín-da máis a vantaxe nos pri-meiros intres de segundo tempo. O Burela, lonxe de

amilanarse, non lle deu as costas ao partido e por me-diación de Gaona recortou distancias. No ecuador do segundo tempo o Lobelle faría a quinta falta, pero o Burela non aproveitou dous dos tres dobres penaltis dos que dispuxo -marcaría Minu despois do quinto gol do equipo de división de honra-; remataría a con-ta goleadora do Xacobeo Lobelle e do encontro Ai-cardo.

O encontro foi presencia-do por unhas 300 persoas no pavillón municipal dos

4 Ficha do partido- Burela FS: Edu, Adri, Esteller, Juanma, Purao (cin-co inicial), André, Cachón, Paleta, Giménez, Christian, Minu.- Xacobeo Lobelle: Marcos Vara, Aicardo, Lucho, Rubi y Raúl Campos (cinco inicial), Alemao, Rubi, David, Alex, Frois, Palmas, Diego, Pola.- Goles: 1-0 David (min 8), 1-1 Esteller (min 8), 2-1 David (min 11), 3-1 David (min 19), 4-1 Raúl Campos (min 20), 4-2 Adri Gaona (min 27), 5-2 Diego (min 32), 5-3 Minu (min 34), 6-3 Aicardo (min 35)- Árbitros: Francisco Feliz e Pablo Pérez.- Amonestacións: Amarilla a Aicardo, Alemao e David por parte do Xacobeo Lobelle e a Gaona e Minuesa por parte do Burela.- Incidencias: partido disputado no Pavillón dos Reme-dios de Ourense ante unas 300 persoas.

Remedios de Ourense.

Fútbol Sala no camiñoO Xacobeo Lobelle en

cada encontro que disputa nesta tempada fai un clí-nic para rapazas e rapaces horas antes do partido. En Ourense achégaronse ao clínic principalmente ra-pazas da canteira do Ci-dade de As Burgas. A ac-tividade foi impartida pola nova fichaxe do Lobelle, o internacional por España “Charly”, que quedou so-prendido pola canteira do clube ourensán.

Paula Lodeiro, da organización, entrega a copa de sub-campión ao capitán do Burela. /RAMSÉS

Un xogador do Lobelle preparado para disparar a porte-ría. /RAMSÉS

Miguel Rejo, da organización, entrega a copa de campión ao capitán do Lobelle. /RAMSÉS

Page 3: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

3SUPERCOPA FÚTBOL SALA

A Corna - Concello de Irixo lévase a Supercopa 4 Vencendo por 6-4 ao Sobrado.

R. Torres

A Corna foi o vencedor da Supercopa de Ourense de fútbol sala. Despois de moitos anos sen disputar-se, volveuse retomar esta competición, que reunía ao campión de Copa Deputa-ción contra o campión da Liga Provincial 2009-2010. Nesta ocasión era o Sobra-do, campión da Copa De-putación, contra A Corna, segundo clasificado en Pro-vincial. Este último equipo substituiu ao Feás que era quen tiña que disputar a Su-

percopa por ser campión de Provincial, ao comunicar na Delegación de Fútbol Sala que non tiñan xente para presentarse ao encon-tro. Por iso seleccionouse ao segundo clasificado da máxima categoría ourensá.

O Sobrado viña dun fi-nal de tempada apabullan-te, sendo incontestables os seus triunfos tanto na Copa Deputación como no recen-temente inaugurado Torneo Barrios Deportivo e deixan-do moi boas sensacións no tramo final da competición doméstica. A Corna viña co

aval de ter feito unha boa campaña na Provincial ocu-pando a segunda praza ao final do campionato.

Durante o encontro no-touse a inactividade de ambos os dous conxuntos durante o período estival e o xogo carecía de rapidez e fluidez. Aínda así, o Sobra-do empezou a coller a ma-nixa do encontro e púxose por diante pero sen a con-tundencia que tiña no tramo final da pasada tempada e ante a falta de ideas de A Corna.

Na reanudación, as cou-

sas viraron, e a A Corna empezoulle a funcionar a maquinaria e logrou darlle volta ao marcador. Ao fi-nal, 6-4 para os de O Irixo e a Supercopa para as súas vitrinas. Esta partido pode ser a antesala do que nos agarda na Liga Provincial 2010-2011, xa que estes dous conxuntos veránse as facia-nas novamente durante a tempada, no que se presenta como unha liga, a Provincial, moi apaixoante e igualada, sen un claro favorito pero si moitos equipos con aspira-cións de ser os campións.

4 Comezo ligueiroTodo apunta a que o próximo 25 de setembro co-

mecen as ligas ourensás de fútbol sala, sendo unha semana antes o inicio da Liga Provincial.O equipo de A Corna - Concello de Irixo celebra a súa I Supercopa de fútbol sala na central dos Remedios. /RAMSÉS

Arriba e abaixo, dous momentos do encontro da Superco-pa 2010 entre A Corna e Sobrado. /RAMSÉS

Page 4: 15 Set 2010 - Nº 18

4 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

FÚTBOL SALA

Ponte Ourense cae na final da Copa Galicia de fútbol sala feminino ante o Burela4 Perdeu na final contra o Burela por cero goles a dous. As semifinais e a final disputáronse no pavillón municipal de Celanova.

Redacción

Ponte Ourense non fai valer os prognósticos e cae na final da Copa Galicia de fútbol sala feminino ante o Burela Pescados Rubén. Desta maneira, o Burela Pescados Rubén consegue para as súas vitrinas a Copa Galicia de fútbol sala femi-nino por segundo ano con-

secutivo despois de vencer na semifinal ao Valdetires Ferrol, 9-4, e na final ao Ponte Ourense, 0-2.

Ponte - CidadeA primeira das semifinais

tiña cor ourensán, xa que Cidade e Ponte enfrontá-banse por un posto na final. O inicio da contenda foi de claro dominio pontino e os

4 Ponte Ourense - Cidade As BurgasGoles: 1-0, m.8: Ana2-0, m.11: Ampi3-0, m.26: Sara3-1, m.32: Vanessa4-1, m.32: Bea4-2, m.33: Sonia4-3, m.38: Iria

nervios das pabellonistas impedíanlles depregar o seu xogo. Resultado deste dominio foi o 2-0 co que se chegou ao final da primeira parte. No segundo período, as de Manolo Codeso co-mezaron a manexar mellor a pelota e aínda que volvera a marcar o Ponte, o Cidade estivo no partido en todo momento. A falta de seis

Bea Seijas recollendo o trofeo de subcampioas.

minutos, Peke substituiu a Nati para xogar as accións ofensivas con cinco xoga-doras o que fixo que o par-tido gañara en intensidade ata o final. Proba diso foi o resultado apretade co que se rematou (4-3) e tendo o Cidade unha clara ocasión de empatar nas prostimerías do encontro. Ao final, 4-3 e boas sensacións para os dous conxuntos ourensáns.

R. Torres

Na final o medo de am-bos conxuntos de perder fixo que apenas houbera ocasións nun o noutro mar-co, chegándose ao descan-so con empate sen goles. Na reanudación, Lara poría en vantaxe ás laranxas tras un saque de banda. A partir dese intre, as pontinas saca-ron a casta pero nada pui-deron facer para remontar o encontro; e na primeira xogada das ourensás con cinco xogadoras de campo, Lucía ampliaría a vantaxe das lucenses para pór o dous a cero no electrónico, resultado co que se chega-ría ao final dos 40 minutos. Duro revés para as de Ma-nuel Castillo que perden así o primeiro título que dispu-taban esta tempada, na que están chamadas a ser unha das escadras animadoras da liga de División de Honra.

PretempadaManuel Castillo mos-

trouse satisfeito pola pre-tempada que leva a realizar o cadro pontino a pesar da derrota na final da Copa Galicia contra o Burela, na que pode ser unha pedra de toque ao equipo do que se vai encontrar durante o campionato con conxuntos que estarán moi repregados esperando a súa oportuni-dade. Castillo tiña claro o motivo da derrota “xoga-mos contra un bo equipo

O Burela ben asentado na cancha puido co Ponte na final

que esperou atrás, ademais as novas xogadoras teñen que acoplarse ao equipo”.

O adestrador agarda po-der contar con Marta, xoga-dora que se resentiu da súa lesión durante a Copa Ga-licia, o próximo sábado 18 de setembro, data na que comeza a liga.

O primeiro encontro das pontinas disputarase en casa, ás 17 horas contra o Valladolid no pavillón dos Remedios, no que será o de-but ligueiro na 2010-2011.

4 Ponte Ourense - Burela Pescados RubénGoles:0-1, m.28: Lara0-2, m.32: Lucía

O sábado, 18 de outubro comenza a División de Honra onde as de Manuel Castillo están chamadas a ser unhas das animadoras da competición. O primeiro partido será en casa ás 17 horas contra o Valladolid.Marta, que se resentiu da súa lesión na Copa Galicia será dúbida ata último momento para o primeiro encontro de liga

Un bo posicionado Burela fixo que a Copa fora a terras lucenses

Page 5: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

5FÚTBOL SALA

A plantilla do Burela Pescados Rubén coa Copa Galicia de fútbol sala feminino.

Chega a hora da verdade4 O Cidade As Burgas debuta este fin de se-mana na máxima categoría do fútbol sala na-cional.R. Torres

Chegou o momento. Esta fin de semana o Cidade de As Burgas comeza unha nova aventura no fútbol sala feminino; nesta ocasión enfrontarase aos mellores equipos nacionais despois de ascender, por méritos propios, a pasada campaña á División de Honra.

O traballo xa está feito, máis dun mes de pretem-pada, e agora só falta sair a cancha e gozar competindo coas mellores xogadoras nacionais e internacionais.

Para Codeso, o ades-trador, a Copa Galicia foi unha boa proba para as súas pupilas pero con dúas facia-nas ben diferenciadas; unha primeira parte que non lle gustou nada e unha segunda na que melloraron. “Na pri-meira parte as nenas esta-ban tensas e non desprega-ron o seu xogo mentres que na segunda metade viuse o verdadeiro potencial deste conxunto no que case logra-mos empatar o encontro”. O adestrador teno claro para a liga “teñen que xogar como na segunda metade contra o Ponte e así poderase ver a calidade técnica que teñen as xogadoras”, explicaba Codeso, que para o primei-ro partido de liga case que con toda probabilidade non poderá contar con Carmen que leva 20 días lesionada, “para min é un pilar moi

importante no noso equipo, con ela gañamos unha pívo-te pura e ten moita persona-lidade no campo”, senten-ciaba o adestrador.

O Cidade de As Burgas estréase na División de Honra o domingo 19, ás 18 horas, no campo do At. de Madrid Navalcarnero. O primeiro partido en casa será na segunda xornada, 25 de setembro, contra o Córdoba.

O Cidade debuta en Madrid fronte o Navalcarnero o domingo 19, ás 18 horasCarmen, que leva 20 días lesionada, é seria dúbida para este encontro

Codeso, adestrador do Cidade. /ARQUIVO

Page 6: 15 Set 2010 - Nº 18

6 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

FÚTBOL

Comezan con forza nesta liga4 Tras tres partidos, Club Deportivo Ourense ocupa a segunda praza na Terceira División de fútbol con seis puntos a tres do primeiro, o Cerceda.R. Torres

O Club Deportivo Ouren-se, a pesar do traspés da primeira xornada contra o Santa Comba (perderon 2-1), comeza con forza nesta Terceira División do fútbol nacional. Ademais do xa mencionado partido contra o Santa Comba, o equipo de

Fonsi Valverde estivo nos dous seguintes encontros á altura do que se espera nesta tempada. Na xornada dúas o rival era o filial do Pontevedra, e o equipo “ro-jillo” nunha primeira parte memorable pasou como un rolo aos pontevedreses. 6-1 para o Ourense e tres puntos no saco. Na terceira

xornada o desprazamento era a Portonovo e, despois de ir perdendo por un a cero, conseguiron resarcir-se e lograron darlle a volta ao marcador para finalizar o encontro cun claro 1-4.

Agora toca, na xornada catro, enfrontarse en casa contra o Somozas, antepe-núltimo clasificado. Pero

antes teñen disputar a Copa Federación, este mércores ante o Coruxo.

ValoraciónsO adestrador, Fonsi Val-

verde, ten claro que a pesar das dúas vitorias abultadas “non é momento de gran-des valoracións” xa que “levamos poucos partidos

disputados”. Tamén con-sidera que o xogo foi moi irregular nestes encontros: “o primeiro partido foi moi malo, non estivemos finos, parecía que non estabamos preparados para comezar a tempada; nos outros dous houbo momentos de nivel con momentos novamen-te irregulares, xogamos de forma impulsiva”, explica-ba Fonsi. Sobre o inicio go-leador do equipo Fonsi sabe que “esto non vai durar toda a liga, se ben é certo temos goleadores tanto na diantei-ra como na segunda liña”.

De cara ao encontro da Copa Federación contra o Coruxo, Fonsi contará con xogadores non habituais os domingos pero coa idea de ir avanzando na competi-ción “tentaremos pasar a eliminatoria aínda que res-pectamos moito ao contra-rio, para eso entraran non once xogadores non habi-tuais os domingo pero cun-ha calidade moi parexa con respecto aos que sí xogan os domingos”. O adestrador do equipo das Burgas sabe que o importante está na liga e por eso, aínda que se centra no partido contra o Coruxo, non quere perder a ocasión de sumar tres pun-tos o próximo domingo en o Couto contra o Somozas, “para nós o importante é o partido do domingo que te-Fonsi Valverde dando instruccións durante un adestramento en Oira. /IÑAKI OSORIO

A eliminatoria da Copa Federación contra o Coruxo xógase o mércores 15 de setembro a partir das 20.30 horas

O vindeiro partido de liga será no estadio de O Couto contra o Somozas ás 17.30 horas

mos a necesidade de ir su-mando de tres en tres, por iso o prepararemos o en-contro da cuarta xornada o xoves, para o cal teremos tres días para preparar o encontro.

O adestradorFonsi Valverde colleu

a CD Ourense a pasada campaña xa comezada a liga sustituíndo a Rome-ro e metendo ao equipo no fase de ascenso na que perdeu na primeira ronda contra o Constancia.

Page 7: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

7HOQUEI

Na corda floxa4 Os equipos sénior de Tito Piñeiro non saben se competirán no hoquei nacional.R. Torres

Desmoralizado. Así é como se encontra Tito Pi-ñeiro, alma mater dos equi-pos de hoquei, Xacobeo Deporte Galego e Após-tol Ourense. O adestrador móstrase totalmente des-moralizado por como están marchando as cousas nestas datas antes de que comecen as competicións “non sei se poderemos xogar esta tem-pada, non temos fichaxes, temos que xogar coas nenas de aquí e así ano tras ano; o hoquei cada vez está máis profesionalizado e temos que fichar para poder com-petir con algunha garantía”, lamentábase Piñeiro. Para o adestrador a culpa desta situación tena o Consello

Municipal de Deportes que, segundo palabras del “non nos axudan o que deberían. O equipo feminino ten case a mesma subvención que un equipo de 1ª División de Ourense necesitando nós dez veces máis presuposto que o outro conxunto xa que temos moitos máis gas-tos. Só en deprazamentos necesitamos 40.000 euros xa que viaxamos por toda España mentres que os de Primeira fano soamente por Galicia”. Tamén considera que esta situación pola que está atravesando o club é por unha cuestión de perse-cución contra a súa persoa “é unha persecución cons-tante, é a mesma situación ano tras ano”.

Outro dos motivos de

queixa do club son o reparto de horas de adestramento, mentres ao Xacobeo e Após-tol teñen sete e seis horas respectivamente, o Barro-cás ten dez horas á semana, “non quero ir en contra do Barrocás, porque eles teñen que pedir coma nós, e canto máis lle dean mellor para eles, pero é unha resolución inxusta a do reparto de ho-ras do único campo para a práctica de hoquei que ten a cidade”. Ese é outro tema do que se queixan todos os clubs, a falta de instalacións en Ourense para a práctica deste deporte.

Así, o equipo feminino está a menos dun mes para que comece a competición e non sabe se participará na División de Honra do

Hoquei nacional, participa-ción que gañou no terreo de xogo certificando o ascenso tras unha brillante campa-ña. Agora, sen fichaxes e cunhas poucas xogadoras adestrando tentarán que nestes días torne a dinámi-ca e poidan sair a xogar o vindeiro 10 de outubro no campo do Polo, primeiro ri-val das ourensás nesta tem-pada 2010-2011.

Apóstol OurenseO equipo sénior mascu-

lino de hoquei, o Apóstol Santiago, está case na mes-ma situación que as súas homónimas, sen saber aín-da onde van xogar esta tem-pada; dicir, que o equipo ascenderá pero o Universi-dade de Sevilla reclamara unha aliñación indebida e despois de darlles a razón teñen que esperar porque a Real Federación recurriu a sentencia, polo que haberá que agardar uns días para

Tito Piñeiro: “non sei se poderemos xogar esta tempada, non temos fichaxes, temos que xogar coas nenas de aquí e así ano tras ano; o hoquei cada vez está máis profesionalizado e temos que fichar para poder competir con algunha garantía”

Tito Piñeiro, adestrador de Xacobeo Galego e Apóstol Ourense. /RAMSÉS

saber se xogarán na Divi-sión de Honra B ou na Pri-meira División como xa o fixeran o ano anterior.

Tito Piñeiro a este res-pecto teno claro “por orgu-llo queremos que nos dean a razón” e despois “xa ve-remos en que categoría po-deremos xogar”.

As súas queixas tamén van polas instalacións que teñen para a práctica do hockei en Ourense “hai equipos que teñen dous e ata tres campos e aquí en Ourense todos os equipos teñen que utilizar un só-campo” e apuntilla que “é un desastre”.

As xogadoras do Xacobeo Deporte Galego celebrando o ascenso á División de Honra. /ARQUIVO

Page 8: 15 Set 2010 - Nº 18

8 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

OPEN HOQUEI

O CD Open Ourense vence no seu torneo de veteráns4 Mentres que os barrocos do “Schalke 04” fan o propio no IX Open Ourense vencendo na final aos apóstolos do Código.

Redacción

Club Deportivo Open im-púxose no seu propio trofeo por segunda vez nos seus cinco anos de existencia.

O Open Internacional de Veterán de Hoquei congre-gou a seis equipos mas-culinos e dous femininos. En categoría masculina os seis equipos xogaban todos contra todos a unha soa vol-ta durante os tres días que durou a competición. Na primeira xornada o Athe-til Terrasa vencía por dous goles a cero ao equipo ho-landés do TGV e o Polo era o verdugo do CD Open por idéntico resultado.

Na segunda xornada, as cousas comenzarían a es-clarecerse, e o TGV per-dería dous encontros e em-

pataría un polo que as súas opcións de vitoria diluían-se; igual que o CD Open de Vigo, que remataría con catro puntos a xornada e os portugueses do Vilano-vense que remataban o se-gundo día de competición con cero puntos; Polo, CD Ourense e At. Terrasa dis-putaríanse o triunfo final na última xornada á que che-gaban con 10, 9 e 7 puntos respectivamente.

Na última xornada, a emoción estaba servida e, o CD Open vencía ao seu ho-mónimo de Vigo por dous goles a cero, mentres que Polo e At. Terrassa firma-rían un empate a un tanto que daba o triunfo final do Open de Veteráns ao equi-po anfitrión do CD Open Ourense. Detrás do Open,

12 puntos, quedaría o Polo, 11 puntos, seguido do At. Terrassa con 8 puntos; pe-charían a clasificación o CD Open Vigo con 7 pun-tos, o TGV holandés con 4 e o Vilanovense sen estrear o seu casilleiro. Con esta vitoria, levan dous torneos conquistados nos cinco anos de existencia que leva o Torneo ourensán.

Torneo femininoNo torneo feminino, o tí-

tulo caeu do lado novamen-te das anfitrionas, vencendo nos dous encontros disputa-dos ao combinado de xoga-doras de Vigo e A Coruña por idéntico resultado, 1-1.

Abaixo a esquerda e á de-reita imaxes do Open. /O. BLANCO

Page 9: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

9OPEN HOQUEI

O IX Open Ourense de Hoquei o gaña o “Schalke 04”R. Torres

O campo de Mariña-mansa recibiu novamente, como cada ano desde fai nove, a finais do verán, o Open Ourense de Hoquei, reunindo a máis de 100 xo-gadores de toda Galicia en 10 equipos que competiron para levarse o Open. Nesta ocasión había dous grupos de cinco equipos cada un; o primeiro de cada grupo dis-putaba a final; os segundos, o terceiro e cuarto posto; os terceiros loitarían pola quinta e sexta praza; os cuartos, pola sétima e oita-va e os quintos pola novena e décima.

Nos primeiros partidos os favoritos xa se postulaban para ocupar as primeiras prazas dos seus grupos para disputar a final do Open. Así, Código e Schalke 04 demostraron por que eran os favoritos e accederon á final sendo os primeiros dos

seus respectivos grupos.Para o terceiro e cuarto

posto xogaron o Maraca-tú (xogadores do Pabellón Ourense) contra o Club de Cámping (maioría do At-lántico de Vigo). Durante o encontro a igualdade foi máxima e a emoción re-flectiuse nas bancadas do campo de hoquei de Mari-ñamansa na que gozaron os afeccionados. A emoción foi tal que se sucedían as xogadas de perigo en unha e outra portería chegando a estrelarse a bola nos mar-cos das porterías ata en seis ocasións. Dita igualdade e emoción, só tiña un final posible, a tanda de penaltis, e, tras chegar ao final do en-contro con empate a tres, a pena máxima decidiría quen ocupaba a terceira posición final no Open. Nesta oca-sión a sorte estivo de lado do equipo vigués do Club de Cámping para levarse o terceiro posto.

Vista a final de consola-cion, presumíase unha final apaixoante entre o Código (ex-xogadores do Apóstol) e o Schalke 04 (a nova xe-ración emerxente do Barro-cás). Durante os primeiros compases, a experiencia do Código facíalle ter a pose-sión da bola pero sen in-quedar a portería contraria. Nembargantes, a potencia física e velocidad dos xoga-dores do Schalke 04 puña en serios apretos ao seu ri-val adiantándose no marca-dor polo que o Código iría a remolque en todo o parti-do tentando frustradamente igualar a contenda. Nos in-tres finais de encontro, can-do o Código ía a polas tá-boas, dous erros en defensa propiciaron que o Schalke 04 anotara un tanto para por distancia contra o seu rival. Un gol máis despois poría o 5-2 definitivo e vitoria con-tundente para o Schalke 04 o que se pode definir coma

un cambio xeracional no hoquei ourensán. Esta é a primeira vitoria destes xoves xogadores do Barrocás neste Open Ourense de Hoquei.

4 Edición de transiciónPara os organizadores do Open, esta edición foi de

transición de cara ao vindeiro ano no que se celebrará a décima edición e na que pretenden soprender e celebrar como se merece os 10 anos deste torneo. Os organiza-dores tentarán que tanto o Open Ourense como o de ve-teráns celébrese en setembro.

Abaixo imaxes do Open Ourense Hoquei. /RAMSÉS

Page 10: 15 Set 2010 - Nº 18

10 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

CARREIRAS

Todo listo para Penedos do

Lobo

R. Torres

O domingo 19 de setem-bro terá lugar na estación de Montaña de Manzane-da, a quinta edición de Pe-nedos do Lobo, proba que entra dentro do circuíto al-pino nacional, organizado polo Club Desafía 2000 de Ourense, xunto con outras tres probas, Maratón Al-pino Madrileño, Galarleiz Mendi Maratoia (Vizcaia) -estás dúas xa celebradas este ano- e o Maratón de Ja-rapalos (Málaga), polo que pode considerarse a Pene-dos ademais do único ma-ratón de montaña galego, un dos máis duros de toda a Península Ibérica, proba diso son os 3.133 metros de desnivel acumulados.

Penedos do Lobo consta de tres probas: unha andai-na de 24 quilómetros, un cross coa mesma distancia -24 quilómetros- e o mara-tón. O maratón será o que

Carreira popular Casa da Xuventude4 O club Casa da Xuventude organiza unha popular nas instalacións deportivas do Campus de Ourense para o domingo 26 de setembro.R. Torres

O club Casa da Xuven-tude organiza unha carrei-ra popular pola zona do campus de Ourense. Deste xeito o club xunto coa co-laboración da Concellería de Deportes e da Deputa-ción Provincial de Ouren-se, organiza a I Carreira Popular Casa da Xuventu-de de Ourense. Ás 11 da mañá comezarán as pro-bas de categorías inferio-res e a partir das 12 horas o turno será para a catego-ría absoluta. Na categoría absoluta completaranse dúas voltas a un circuíto de 4.000 metros para facer unha distancia total duns 8.000 metros aproximada-mente. Os pre-benxamíns e benxamíns (11 horas) correrán 850 metros; os alevíns e infantís (11.15 horas), 1.700 metros e os cadetes e xuvenís (11.30 horas), 4.000 metros.

InscriciónsA inscrición realizara-

se a través da web www.championchipnorte.com ata o xoves 23 de setem-bro ás 20 horas e non se admitirán inscricións o

mesmo día da proba.

Casa da XuventudeO Club Casa da Xuventu-

de, de recente aparición no atletismo ourensán (naceu na tempada 2008-2009), mostra a súa inquedanza con este deporte unha vez máis e organiza este even-to sendo o segundo na súa curta existencia. O primei-ro deles foi o campionato provincial dos 10.000 me-tros en pista celebrado nas instalacións deportivas de Monterrei o pasado 27 de marzo.

máis cedo comece, ás oito da maña, a andaina ás 8.15 horas e o cross dará a súa saída ás nove da mañá.

Desde a organización puxeron un tope de 200 participantes por proba e, o maratón completou o cupo, mentres que na andaina e no cross foron máis de 100 os inscritos por proba chegan-do aos 450 participantes no total das tres modalidades.

O maratón mantén o percorrido de anteriores edicións mentres que a an-daina e o cross cambian de itinerario e collen a segun-da parte da proba dos 42 quilómetros pasando por Penedos do Lobo pero sen enfrontarse á sempre difícil devasa.

Todos os participantes polo feito de rematar reci-birán medalla e camiseta conmemorativa así como obsequios donados polos patrocinadores. Unha vez rematada a entrega de tro-

feos, sobre as 14.30 horas, haberá sorteo de agasallos como reloxios, GPS, viaxes, material deportivo, etc.

Atletas destacados dos maratóns de montaña que participarán no 5º Mara-tón Penedos do Lobo

Juan Antonio Alegre Mu-ñoz: único español que fixo o Grand Slam Marathon (Maratóns en todos os con-tinentes) como o TH Ever-est marathon, o Antarctica Marathon, o North Pole Marathon, o six foot track Marathon (Australia) e su-biu en máis de 20 ocasións en bici por encima de 5.000 metros.

Mónica Aguilera: Gaña-dora en Marrocos do Mara-thon Des Sables (Maratón das areas) este ano sobre unha distancia de 250 qui-lómetros.

Aurelio Olivar: Gañador de Penedos do Lobo en tres ocasións.

José Antonio Pérez Fer-nández (Ourense): fará o seu maratón número 200 en Penedos xunto con Mónica Aguilera e Aure-lio Olivar recén chegados da Gore-Tex Trans Alpine Run.

Carlos Sa: O portugués que este ano batiu o récord do maratón Alpino madri-leño, no que se prevé unha dura pugna co asturiano Santiago Obaya e o ga-lego Arca Casal, no que pode ser unha boa ocasión para que se bata o mellor tempo da proba.

En total son 450 participantes os que tomarán a saída nesta V Penedos do Lobo no maratón, andaina e cross

4 O domingo 19 de setembro na estación de montaña de Manzaneda, a partir das 8:00 horas.

Cartel da I carreira popu-lar Casa da Xuventude.

Page 11: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

11PUBLICIDADE

Page 12: 15 Set 2010 - Nº 18

12 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

NOVAS

IV MArAtón dO MIñO

Fernando Varela: “Cos seus catro anos, o Maratón do Miño é unha actividade totalmente consolidada”4 A cuarta edición desta proba deportiva de referenzia cele-brarase na cidade das Burgas o 3 de outubro, co obxectivo de dar a coñecer ademais a cultura ourensá.R. Torres

Con saída ás 9 da mañá da Praza Maior e chegada con peche de control ás 3 da tarde na Ponte Romana, a cuarta edición do Mara-tón do Miño repite distan-cia e percorrido, xa que os participantes deberán facer fronte aos 42 quilómetros e 195 metros que transcorren polo casco antigo da cidade e as beiras do río Miño.

Pero unha vez máis, esta cita deportiva traspasa lí-mites e quere converterse en toda unha celebración que dea a coñecer tamén a cultura ourensá. Termalis-mo, gastronomía, natureza, ocio, tradición e historia da nosa provincia sentan as ba-ses dun gran número de ac-tividades complementarias que se celebrarán o mesmo

día da proba en diversos puntos da cidade polos que discorre o circuito.

Modalidades e premiosCarreira e andaina (indi-

viduais e por relevos) son as catro modalidades que compoñen esta edición do Maratón do Miño. Obtendo os mellores participantes de cada unha delas os se-guintes galardóns: premio económico para os dous primeiros clasificados da carreira (tanto da categoría masculina como feminina); trofeo e inscrición gratuita na vindeira edición para o equipo gañador desta mo-dalidade e tamén inscrición de balde para os primeiros andaríns (individuais e por relevos) que crucen a meta. Ademais, este ano a organi-zación pon en marcha dous

novos premios: ao partici-pante mellor caracterizado e un recoñecemento espe-cial en memoria do recen-temente falecido Manuel Rodríguez de la Fuente.

Apoio incodicional das institucións

Son poucas as ocasións nas que unha iniciativa pri-vada conta co apoio unáni-me de institucións públicas de distintas cores políticas, pero este é o caso do Ma-ratón do Miño, unha proba posta en marcha pola Con-federación Empresarial de Ourense que Concello e Deputación Provincial res-paldaron e respaldan de xeito incondicional. Así o demostraron as verbas dos representantes de ambas entidades durante o acto de presentación desta cuarta edición. Por unha banda, o Concelleiro de Deportes, Fernando Varela, resaltou que “aos seus catro anos o maratón xa vai ao colexio e é unha actividade totalmen-te consolidada. Pero per-soalmente xa dende a súa primeira edición pareceu-me unha idea moi válida, que ademais de recoñecer o esforzo dos deportistas participantes pon en valor a nosa cidade”. Por outra, o presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, cre que “é unha magnífica proba, que ten moita repercusión para Ourense non só a ni-vel deportivo senón tamén

cultural. Por iso, me gus-taría convidar a participar na mesma a deportistas de toda España”.

Padriño de excepciónEsta cuarta edición con-

ta co mellor dos padriños, Javier Conde Pujana, atle-ta paralímpico que acadou ao longo da súa ampla ca-rreira éxitos tan importan-tes como a primeira posi-ción no mundial de 1994 e no campionato de Europa do 97; sete medaias de ouro e dúas de prata nas Olimpiadas de Barcelona ´92, así como o ouro nos maratóns de Atlanta ´96 e Sydney 2000, e a prata no de Atenas 2004. Todo un exemplo que este ouren-sán de nacemento, resi-dente no País Vasco, quere trasladar aos máis novos sendo a imaxe e partici-pando persoalmente nesta nova edición do Maratón do Miño.

Forma e prazo de ins-crición

Todos os interesados están a tempo de inscri-birse ata o vindeiro 28 de setembro, cun custo de 12 euros se o fan ata o día 20 e de 15 euros a partir de entón. Poden facelo a tra-vés da web maraton.ceo.es, do teléfono 988 39 11 10 ou na propia sede da Confederación Empresa-rial de Ourense, sita na Praza das Damas.

O Ourense - Baixa Limia en outubro4 na primeira fin de semana.Redacción

A sétima edición do Rali Ourense-Baixa Limia está previsto este ano que sexa o 1 e 2 de outubro. Esta proba automobilística que transcurre pola provincia de Ourense forma parte do Campionato Galego de ra-lis que vén, nesta ocasión, con varias novidades. A primeira delas é a realiza-ción das verificacións téc-nicas na zona monumen-tal das Burgas ourensás. A segunda das novidades é a de centralizar a zona de asistencia e reagrupamen-tos na vila de Celanova. Deste xeito, o centro neu-rálxico será na Alameda de Ourense e en Celanova o reagrupamento será na súa Praza Maior, para que o espectáculo sexa maior para os afeccionados e se lle posibilite o traballo aos pilotos, os protagonistas do rali. Este Rali Ourense - Baixa Limia é unha boa ocasión para que depor-tistas ourensáns poidan competir nunha proba das catro rodas na súa provin-cia.

Dos pilotos que están a

disputar o campionato ga-lego de ralis a presenza xa confirmada é a de Javier Paz, pero case seguro que este rali contará con todos os de arriba, e posiblemen-te chegará a superar os 100 inscritos esta sétima edición da proba ourensá.

O rali, que ten un coefi-ciente de seis puntos, é pun-tuable para o Campionato de Galicia de Ralis sobre asfalto (Grupos N, A e X), a Copa Galicia de Ralis para pilotos (Grupos N, A e X), a Copa Galicia para nave-gantes (Grupos N, A e X), para escuderías da Copa Galicia (Grupos N, A e X) e para marcas (Grupos N, A e X), ademais do volan-te RACC-Galicia 2010, a Copa Kumho 2010 e as que designe a Federación Gale-ga de Automobilismo.

TramosCatro son as seccións que

se disputarán nesta sétima edición do Baixa Limia, dúas pola mañá, repetindo os tramos de Quintela e Ve-rea nas dúas pasadas e dúas pola tarde, sendo os tramos de Muiños e Bande os que se pasarán dúas veces.

Participantes nos relevos da terceira edición do maratón do Miño pasándose o chip. /ARQUIVO

Imaxe dunha edición anterior do Baixa Limia. /ARQUIVO

Page 13: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

13BALONCESTO

Empeza a carburar4 As baixas no COB e no ABO no encontro da Copa Galicia fixe-ron que non se puidera ver o todo o potencial dos dous conxun-tos ourensáns para a próxima campaña.R. Torres

O primeiro encontro de pretempada do COB foi o disputado no pavillón dos Remedios contra o ABO nos oitavos de final da Copa Galicia de baloncesto. O re-sultado era o de menos (68-84 para os cobistas), se ben era unha boa oportunidade de ver as novas faciana (non todas, faltaban por chegar a Ourense Kale e Onyekwe) do Club Ourense Balonces-to que xa están ás ordes de Paco García, agás Eham-be que foi baixa de última

hora. O visto no parqué dos Remedios foi a Arco e a Lucho á altura da tempada pasada, 15 e 17 puntos res-pectivamente, a Sony e Vila con máis minutos dos que contarán na liga e un xogo interior coas carencias do ano pasado. Por parte dos novos, Mokongo levou a batuta do COB mostrando por momentos a súa cali-dade mentres que Cárdenas mostrou un xogo rápido e fluido; Pantín achegou oito puntos e algún movemento na zona digna dun gran pí-vot.

Cuartos de finalNa segunda ronda da

Copa Galicia, o COB visi-taba a cancha do Chantada, equipo que milita na Liga EBA. A superioridade no-touse desde o bocinazo de inicio e o cadro ourensán superou en todas as facetas do xogo ao equipo lucense para chegar ao descanso cunha clara vantaxe de 28 puntos (18-46). No segun-do tempo, os de Paco Gar-cía aumentarían a diferenza e remataría cun claro 32-77 final. Neste encontro debu-tou Jonathan Kale, sendo o

mellor xogador do parqué con 12 puntos e 10 rebotes. Antonio Pantín mostrou as súas credenciais con nove puntos e nove rebotes, de-mostrando que pode facer un rol importante nas rota-cións dos encontros liguei-ros. Tamén destacaron no cadro ourensán Fran Cárde-nas e Rubén Vila.

Con esta vitoria, o COB clasifícase para a fase final da Copa Galicia de balon-cesto que se disputará no pavillón Municipal de La-lín os días 24 e 25 de set-embro.

Ehambe e Kale, no COB

4 Jonathan KaleJonathan Kale xa está baixo as ordes de Paco García

despois de rematar o seu periplo no Mundial de Tur-quia con Costa de Marfil. Na presentación do pívot, este mostrábase moi ambicioso e con moitas ganas de gañar e meter ao COB nos play offs. O propio Kale definíase a sí mesmo como moi competitivo e intenso en defensa. Para o adestrador esta é unha fichaxe que engade “pe-digree” a plantilla do COB, é mundialista, e pensa que lle aportará agresividade en defense e con movementos rápidos en ataque. Ademais para García o COB pode ser un bo escaparate para que Kale se faga un nome no baloncesto español.

Mokongo penetra á zona ante a oposición de De la Casa. /RAMSÉS

4 Moses EhambeAlero con pasaporte congoleño nado o 22/05/1986, e

de 198 cm de altura. Ehambe, formado na universidade de ORU que debutará en Europa da man do COB, pro-cede do Tulsa 66ers da D-League estadounidense, onde nas dúas últimas tempadas promediou 12,3 puntos con porcentaxes superiores ao 40% en tiros de tres.

Page 14: 15 Set 2010 - Nº 18

14 BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

DEPORTE E SAÚDE

4O rInCón dO MEStrE

- Contribúe a estar activo intelectualmente.

- Sentir unha satisfacción persoal.

- Mellorar a autoestima.- Favorece a interrelación

coas persoas da mesma ida-de.

- Esperta inquietudes.- Manterse activos,

deixando de lado o illamen-to.

- Axuda a superar a de-presión.

- Posibilita o achegamen-to cos mozos, mantendo conversacións sobre infor-mática, literatura, etc. e in-tercambio de saberes.

- Mellora do aspecto físi-co xa que en moitos centros tamén se imparten clases de educación física especia-lizada e baixo supervisión médica.

Cursos en centros locais Os concellos e asocia-

cións culturais preparan cursos de formación e entre-temento para as persoas que dispoñen de tempo para de-dicarse aos mesmos. Estes programas están subvencio-nados, dependendo da cali-dade e cantidade de cursos que imparten. Habitualmen-te os contidos a impartir son programas de restauración, informática, pintura, crea-ción literaria ou actividades máis dinámicas como nata-ción, ximnasia, bailes que se desenvolven de forma ininterrompida todo o ano, de maneira gratuíta ou a prezos alcanzables.

A felicidade nos mozos maiores

A dicha ou felicidade é algo que se aprende des-

de que nacemos e que se garda no noso interior. Temos que descubrila en nós mesmos. Non debe-mos esquecer que é algo que se conquista día a día. Mañá seremos o que deci-damos hoxe. A clave da felicidade radica no noso modo de percibir a reali-dade. O mozo feliz tende a ser un mozo maior feliz. A imaxe dos mozos maiores, insatisfeitos, intolerantes, non adoita ser unha imaxe realista das persoas maio-res. Estas características e outras foron posiblemente características da moci-dade.

O que se é claro que a medida que entramos nunha idade avanzada, os problemas derivados da autoestima, a falta de autonomía e as situacións derivadas polo pobre in-greso económico, pola xubilación, diminúen a satisfacción da vida. Rojas Marcos, na súa dilatada experiencia americana, insiste que “en España as persoas maiores viven mellor, xa que é un colec-tivo que convive cos seus familiares e moito mellor nun núcleo urbano” e en-gade que “ademais de ser máis accesible a relación cos demais, na cidade disponse de máis servizos para lograr a satisfacción persoal”. Marta Morales engade que “a felicidade das mozas maiores depen-de máis dunha actitude positiva que do estado de saúde”.

Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

Vantaxes da formación para a terceira idade

PrOGrAMA lúdICO-EdUCAtIVO

“Baket & English” amplía horario e instalacións de cara ao novo curso4 200 alumnos de educación Primaria dun total de 4 centros de ensino ourensáns beneficiaranse desta iniciativa, agora ta-mén durante as fins de semana.R. Torres

Fomentar nos máis pe-quenos a aprendizaxe do baloncesto e o in-glés conxuntamente é o obxectivo co que naceu o programa “Basket and English”, que este novo curso ve como se amplía o horario das súas clases e os centros nos que se im-parte.

Como resposta á deman-da de numerosas familias de toda a cidade, a Conce-llería de Educación ouren-sá decidiu sumar, de cara a este curso 2010-2011, os centros Irmáns Villar e A Ponte, os de O Couto e Curros Enríquez, para que este programa sexa impartido tamén aos seus alumnos de Primaria que así o desexen; así como ampliar en dúas horas du-rante as fins de semana o horario de clases ante as peticións dos rapaces xa participantes nel.

Deste xeito, un total de 200 nenos de diver-sos puntos da cidade de Ourense practicarán ao longo de toda a semana, en horario non lectivo, unha pronuncia axeitada da lingua inglesa á vez

que se forman tecnicamente en baloncesto, e todo dunha forma divertida e amena.

Expansión por toda Es-paña

Pero o interese por esta iniciativa traspasa as fron-teiras da nosa comunidade e como explicou o director da mesma, e ex xogador profe-sional de baloncesto, Willie Ladson, “en 2011 prevese pór en marcha Basket & English como mínimo en centros de Madrid, Catalu-ña e Valencia. Non estamos preocupados por expandir o programa rapidamente, pero hai moitas familias de toda España interesadas nel e iso é o que nos move a di-

fundilo sen présa pero sen pausa”.

Ourense foi o berce desta idea, polo que a demanda xerada enorgullece tanto ao propio xogador, coma ás institucións políticas que a sustentan.

Dous anos de historiaEste programa vía a luz en

abril de 2008, con dúas horas de clase semanais que Lad-son impartía en Salesianos para 18 alumnos. Pero a acti-vidade foi gañando presenza en toda a provincia e en ape-nas un par de meses rapaces, de entre 5 e 18 anos, de cen-tros educativos de Ourense, Xinzo e Verín comezaban a beneficiarse desta iniciativa

lúdico-educativa. Na actualidade, preto de

500 nenos galegos apren-den no seu tempo de lecer “baloncesto e inglés” a tra-vés desta actividade.

Coffe Talk con profeso-res

Unha vez comprobado o éxito deste programa nos seus alumnos, moitos pro-fesores de inglés solicitá-ronlle a Ladson axuda para mellorar a súa pronuncia e, consecuentemente, a súa docencia. Así nacían as clases de Coffe Talk, que consisten en sentarse a to-mar un café conversando integramente en lingua in-glesa.

Na presentación de B&E deste curso, o alcalde de Ourense, Garrido e Ladson. /RAMSÉS

Page 15: 15 Set 2010 - Nº 18

BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº18 - Ano: II - 15 de setembro 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

A PREGUNTA DO MES

Que equipo de Ourense cres que vai dar a sorpresa este ano?

Adrian e Alexandra:“O CD Ourense polo que sei e tamén o COB”. Manuel Vidal:

“Pola publicidade que lle dan debe ser o COB”.

Eva Leites:“O Ponte Ourense de fútbol sala feminino polos fichaxes que fixo esta tempada, seguro que vai estar arriba”.

Claudia Losada:“Carmelitas que fi-chou boas xogadoras e vai ser a súa tem-pada”.

Fernando Reino:“O COB pola planti-lla que xa tiña o ano pasado máis os fi-chexes deste ano”.

Javier e Alejandro:“O CD Ourense pola base que ten do ano pasado que case conseguiu o ascenso”.

Alberto Pérez:“O COB porque xa lle vai tocando”.

José e Mateo:“O COB ten boa pinta polos fichaxes que fixo”.

Page 16: 15 Set 2010 - Nº 18

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO15 de setembro de 2010

Page 17: 15 Set 2010 - Nº 18