1º eso l.g

of 136 /136
Proxecto Os Camiños do Saber AVANZA Lingua e Literatura 1 ESO O libro Lingua e Literatura para 1.º de ESO é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L., / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Henrique Juan Redal e Ana María Guerra Cañizo. Na súa realización participou o seguinte equipo: Daniel Asorey Vidal Ánxela Carril Caldelas Luz Cures Vázquez Luís Gómez Aldegunde Manuel González Alvarellos Xoán L. Bendaña Sagrario Luna Rodríguez Afonso Toimil Castro EDICIÓN Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Afonso Toimil Castro

Upload: nomenterodelapataca

Post on 28-Nov-2014

11.549 views

Category:

Documents


11 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: 1º eso l.g

Proxecto Os Camiños do Saber

AVANZA

Lingua e Literatura 1ESO

O libro Lingua e Literatura para 1.º de ESO é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L., / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Henrique Juan Redal e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa realización participou o seguinte equipo:

Daniel Asorey Vidal Ánxela Carril Caldelas Luz Cures Vázquez Luís Gómez Aldegunde Manuel González Alvarellos Xoán L. Bendaña Sagrario Luna Rodríguez Afonso Toimil Castro

EDICIÓNAfonso Toimil Castro

DIRECCIÓN DO PROXECTOAfonso Toimil Castro

301828 _ 0001-0015.indd 1 23/09/11 12:35

Page 2: 1º eso l.g

2

COMUNICACIÓN ESTUDO DA LINGUALITERATURA

LECTURA E COMPRENSIÓN TIPOS DE TEXTOS VOCABULARIO ORTOGRAFÍA GRAMÁTICA

11• Xabier P. Docampo

A caída de Silvano

Páx. 4

• Os textos e os seus tipos

Páx. 6

• A saúde• O dicionario

Páx. 8

• O alfabeto. Os dígrafos

Páx. 9

• A comunicación• A lingua e a súa

organizaciónPáx. 10

• A literatura. A linguaxe literaria

Páx. 14

12• Gonzalo Navaza

Sesión de voo

Páx. 16

• A narración

Páx. 18

• A enfermidade• Tipos de dicionario

Páx. 20

• Uso de r e rr.O son G

Páx. 21

• A palabra. Clases e constituíntes

Páx. 22

• Literatura populare literatura culta

Páx. 24

13• Malba Tahan

As matemáticas do máis forte

Páx. 26

• A narración. Elementos e estrutura

Páx. 28

• Os alimentos• As palabras

no dicionarioPáx. 30

• O son Z.O son K

Páx. 31

• O enunciado. Suxeito e predicado

• O predicado. Complementos Páx. 32

• A prosa e o verso

Páx. 36

14• Anisia Miranda

Aracné

Páx. 38

• A lenda

Páx. 40

• Os empregos…• A información

no dicionarioPáx. 42

• O son B. A grafía b

Páx. 43

• O verbo: raíze desinencias

Páx. 44

• A versificación

Páx. 46

15• Álvaro Cunqueiro

A orella de Leivas

Páx. 48

• A descrición I

Páx. 50

• As partes do corpo• Sinónimos e antónimos

Páx. 52

• O son B. A grafía v

Páx. 53

• A conxugación verbal I

Páx. 54

• A rima

Páx. 56

16• Castelao

Pedriño e Rañolas

Páx. 58

• A descrición II. O retrato

Páx. 60

• As calidades persoais• Familia de palabras

Páx. 62

• A grafía h

Páx. 63

• A conxugación verbal II

Páx. 64

• A estrofa

Páx. 66

17• Manuel María

Os catro ríos de Outeiro de Rei

Páx. 68

• A descrición III. A guía e o catálogo

Páx. 70

• O exterior da vivenda• Campos léxicos

Páx. 72

• A grafía x. O dígrafo ll

Páx. 73

• O adverbio. Os enlaces

Páx. 74

• O poema

Páx. 76

18• Paco Martín

O episodio da escaleira

Páx. 78

• O diálogo I. A conversa

Páx. 80

• O interior da vivenda• Os prefixos

Páx. 82

• A acentuación

Páx. 83

• O substantivo. O artigo

Páx. 84

• Os recursos literarios

Páx. 88

19• Silvestre Gómez Xurxo

Déixao medrar

Páx. 90

• O diálogo II. O debate

Páx. 92

• O lecer e as afeccións• Os sufixos

Páx. 94

• O acento diacrítico

Páx. 95

• O adxectivo cualificativo

Páx. 96

• A poesía

Páx. 98

10• Agustín Fernández Paz

Un máxico negocio

Páx. 100

• O diálogo III. A entrevista

Páx. 102

• Os sentimentos• Palabras primitivas

e derivadasPáx. 104

• Signos que limitan enunciados

Páx. 105

• Os determinantes

Páx. 106

• As narracións cultas

Páx. 108

11• A desaparición dos informantes

rompe a tradición oral galega

Páx. 110

• Os medios de comunicación. A estrutura dun xornal

Páx. 112

• As crenzas• Palabras compostas

Páx. 114

• O punto. A coma

Páx. 115

• Os pronomes persoais I

Páx. 116

• As narracións tradicionais

Páx. 118

12• A carreira empezou. Morre de fame

para adelgazar. Toma só iogur e caldo

Páx. 120

• Os xéneros xornalísticos: a noticia e a crónica

Páx. 122

• A vestimenta• Palabras parasintéticas

Páx. 124

• O punto e coma. Os dous puntos

Páx. 125

• Os pronomes persoais II

Páx. 126

• O teatro

Páx. 128

Apéndice: Conxugación verbal

301828 _ 0001-0015.indd 2 23/09/11 12:35

Page 3: 1º eso l.g

3

COMUNICACIÓN ESTUDO DA LINGUALITERATURA

LECTURA E COMPRENSIÓN TIPOS DE TEXTOS VOCABULARIO ORTOGRAFÍA GRAMÁTICA

11• Xabier P. Docampo

A caída de Silvano

Páx. 4

• Os textos e os seus tipos

Páx. 6

• A saúde• O dicionario

Páx. 8

• O alfabeto. Os dígrafos

Páx. 9

• A comunicación• A lingua e a súa

organizaciónPáx. 10

• A literatura. A linguaxe literaria

Páx. 14

12• Gonzalo Navaza

Sesión de voo

Páx. 16

• A narración

Páx. 18

• A enfermidade• Tipos de dicionario

Páx. 20

• Uso de r e rr.O son G

Páx. 21

• A palabra. Clases e constituíntes

Páx. 22

• Literatura populare literatura culta

Páx. 24

13• Malba Tahan

As matemáticas do máis forte

Páx. 26

• A narración. Elementos e estrutura

Páx. 28

• Os alimentos• As palabras

no dicionarioPáx. 30

• O son Z.O son K

Páx. 31

• O enunciado. Suxeito e predicado

• O predicado. Complementos Páx. 32

• A prosa e o verso

Páx. 36

14• Anisia Miranda

Aracné

Páx. 38

• A lenda

Páx. 40

• Os empregos…• A información

no dicionarioPáx. 42

• O son B. A grafía b

Páx. 43

• O verbo: raíze desinencias

Páx. 44

• A versificación

Páx. 46

15• Álvaro Cunqueiro

A orella de Leivas

Páx. 48

• A descrición I

Páx. 50

• As partes do corpo• Sinónimos e antónimos

Páx. 52

• O son B. A grafía v

Páx. 53

• A conxugación verbal I

Páx. 54

• A rima

Páx. 56

16• Castelao

Pedriño e Rañolas

Páx. 58

• A descrición II. O retrato

Páx. 60

• As calidades persoais• Familia de palabras

Páx. 62

• A grafía h

Páx. 63

• A conxugación verbal II

Páx. 64

• A estrofa

Páx. 66

17• Manuel María

Os catro ríos de Outeiro de Rei

Páx. 68

• A descrición III. A guía e o catálogo

Páx. 70

• O exterior da vivenda• Campos léxicos

Páx. 72

• A grafía x. O dígrafo ll

Páx. 73

• O adverbio. Os enlaces

Páx. 74

• O poema

Páx. 76

18• Paco Martín

O episodio da escaleira

Páx. 78

• O diálogo I. A conversa

Páx. 80

• O interior da vivenda• Os prefixos

Páx. 82

• A acentuación

Páx. 83

• O substantivo. O artigo

Páx. 84

• Os recursos literarios

Páx. 88

19• Silvestre Gómez Xurxo

Déixao medrar

Páx. 90

• O diálogo II. O debate

Páx. 92

• O lecer e as afeccións• Os sufixos

Páx. 94

• O acento diacrítico

Páx. 95

• O adxectivo cualificativo

Páx. 96

• A poesía

Páx. 98

10• Agustín Fernández Paz

Un máxico negocio

Páx. 100

• O diálogo III. A entrevista

Páx. 102

• Os sentimentos• Palabras primitivas

e derivadasPáx. 104

• Signos que limitan enunciados

Páx. 105

• Os determinantes

Páx. 106

• As narracións cultas

Páx. 108

11• A desaparición dos informantes

rompe a tradición oral galega

Páx. 110

• Os medios de comunicación. A estrutura dun xornal

Páx. 112

• As crenzas• Palabras compostas

Páx. 114

• O punto. A coma

Páx. 115

• Os pronomes persoais I

Páx. 116

• As narracións tradicionais

Páx. 118

12• A carreira empezou. Morre de fame

para adelgazar. Toma só iogur e caldo

Páx. 120

• Os xéneros xornalísticos: a noticia e a crónica

Páx. 122

• A vestimenta• Palabras parasintéticas

Páx. 124

• O punto e coma. Os dous puntos

Páx. 125

• Os pronomes persoais II

Páx. 126

• O teatro

Páx. 128

301828 _ 0001-0015.indd 3 23/09/11 12:35

Page 4: 1º eso l.g

4

A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira. Non fai falta dicir que o rapaz era o mesmo demo. O caso é que a póla na que estaba dacabalo esgazou pola galla e aló foi o rapaz levado pola forza da gravidade (que caer do curuto dunha cerdeira é sempre accidente de gravida-de). E… pataplaf!, petou no chan cun peto xordo e seco.

–Ai, condenado de rapaz… –berrou a nai desde a ventá da cociña cando o viu pasar.

A muller botouse a correr dando berros cara a onde estaba o corpo inerte do seu fillo.

–Ai, meu Silvaniño querido –dicía axeonllada ao pé del–. Volve en ti, queridiño!

Como a boa muller seguía a dar uns berros que fen-dían as pedras, logo chegaron o pai e algúns veciños. Meteron a Silvano nun automóbil e arrearon para o hospital a todo meter.

No hospital puxeron o rapaz nunha padiola e leváro-no. Os pais tiveron que agardar na sala de espera, on-de rifaron un co outro por mor de quen tiña a culpa de que Silvano subise á cerdeira. E nestas estaban aín-da cando chamaron por eles para lles dar información

sobre do estado do rapaz. Acom-pañáronos ao cuarto onde estaba Silvano coa cabeza vendada. Dixé-ronlles que non lle falasen moito porque aínda estaba conmocio-nado do golpe, polo que non pui-deron ceibarlle a rosmadeira que levaban preparada por subir á cer-deira.

Ao entraren, Silvano abriu un pouco os ollos, reparou neles e fa-lou baixiño:

–uosap em euq ogol E

Os pais olláronse entre si sen com-prender nada. Despois viraron ca-

ra á enfermeira.

–Aínda está conmocionado e non se lle entende ben o que di.

Para o outro día pola mañá cediño entraron outra vez os pais no cuarto onde estaba o rapaz, que os recibiu moi ledo e dando brincos na cama:

–adan iof non ,neb uotse aX

–Son vostedes os pais? –preguntou o médico.

–Somos –comezou a dicir o pai… desconcertado de oír o fillo falando nun idioma raro.

–Xa vexo que me entenden ben. A ver se nos poden traducir o que di o seu fillo.

Pero xa ían tres días daquel xeito raro de falar de Sil-vano sen que ninguén dese comprendido o que dicía nin atopase explicación á causa que lle virara a fala ao rapaz, cando levaron a velo a súa avoa Elvira.

–rev seseñiv em euq ed uotse otnetnoc euq ,añíova iA

–E logo non había vir, meu rei?

–nednetne em non euq nid siameda ,rías naxied em non e odarrecne íuqa emneñéT

–E será que aínda non estás ben de todo.

Os pais de Silvano asistían á conversa entre neto e avoa coa boca aberta. Falaban coma se se entendesen.

–Pero logo ti entendes o que fala o rapaz? –preguntou o pai.

–E non hei entender. Non é, meu rei, que nos enten-demos coma sempre?

–erpmes amoC –respondeu Silvano.

A enfermeira saíu a correr e non tardou en regresar acompañada dunha médica, dous psicólogos, outra enfermeira e un celador.

–Pero vostedes non saben o que lle pasa ao meu neto? Meu santiño, estes non se decatan de que polo golpe che deu un desfalar.

–Un desfalar? –preguntou un dos psicólogos que nun-ca tal oíra.

–O desfalar é cando cun golpe se che revi-ra a fala. Iso é o que lle pasou ao meu ne-to. Que agora fala do revés.

Xabier P. DocamPo, Historias para calquera lugar.

(Adaptación)

A caída de Silvano

U N I D A D E

1

301828 _ 0001-0015.indd 4 23/09/11 12:35

Page 5: 1º eso l.g

5

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Ordena as viñetas de xeito que reproduzan a orde en que sucederon os feitos no texto.

2. Indica se as seguintes afirmacións son (V) verdadeiras ou (F) falsas e corrixe as falsas.

Silvano caeu do tellado da casa.

A nai de Silvano botouse a correr dando berros cara a onde estaba o corpo do fillo.

Silvano foi ao hospital en ambulancia e alí os pais ceibáronlle unha rosmadeira.

Os médicos pensaron que Silvano e seus pais falaban noutro idioma.

A avoa entendía o rapaz porque tamén falaba alemán.

3. Explica o que queren dicir os enunciados «Silvano era o mesmo demo» e «arrearon para o hospital a todo meter».

4. Cres que Silvano foi un irresponsable? Explícao.

ACTIVIDADES

O texto A caída de Silvano pertence á obra His-torias para calquera lugar de Xabier P. Do-campo.

Neste texto, o protagonista, Silvano, cae dunha póla, o que lle provoca un desfalar. Pero nin-gún dos médicos do hospital é quen de diag-nosticarllo, ata que o visita a súa avoa Elvira e lles explica a todos o que sucede.

esgazou: rachou, partiu. galla: póla pequena dunha árbore despois de separada do tronco. padiola: pequena cama portátil que se usa pa-ra transportar enfermos ou feridos.conmocionar: producir unha grande impresión ou alteración.rosmadeira: rifa.

Claves da lectura Vocabulario

1

301828 _ 0001-0015.indd 5 23/09/11 12:35

Page 6: 1º eso l.g

6

Dialogados

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

Os textos e os seus tipos1. Os textos

Os textos son mensaxes completas que se transmiten oralmente ou por escrito nun acto de comunicación. Os textos teñen unha extensión variable.

2. Tipos de textos

Os textos pódense clasificar segundo diferentes criterios: a intención con que se crean, a forma que adopta a mensaxe, a estrutura...

2.1. Tipos de textos segundo a intención comunicativa

Os textos poden presentar distintas intencións por parte do falante. Ese feito permítenos distinguir catro tipos de textos:

• Os textos informativos, que teñen por finalidade informar de algo ao receptor.

• Os textos persuasivos, que buscan convencer a alguén dunha idea.

• Os textos prescritivos, que teñen por obxecto darlle indicacións ao receptor de como debe actuar.

• Os textos literarios, que intentan crear unha impresión estética no receptor.

2.2. Tipos de textos segundo a forma do discurso

Tradicionalmente distínguense cinco formas do discurso; segundo o que pre-domine en cada texto, falaremos de textos narrativos, descritivos, dialogados, expositivos e argumentativos.

• Textos narrativos. Serven para contar a evolución duns feitos –reais ou imaxinarios– que lles ocorren a uns personaxes nun lugar e nun tempo de-terminados.

• Textos descritivos. Empréganse para indicar detalladamente como son as persoas, os lugares, os obxectos ou os sentimentos.

• Textos dialogados. Empréganse cando dous ou máis interlocutores mante-ñen unha conversa.

• Textos expositivos. Serven para explicar un tema de forma ordenada e obxectiva.

• Textos argumentativos. Utilízanse cando se quere defender unha opinión ou influír no receptor para que pense ou actúe coma o emisor.

TIPOS DE TEXTOS SEGUNDO A SÚA INTENCIÓN

Informativos Persuasivos Prescritivos Literarios

TIPOS DE TEXTOS SEGUNDO A FORMA DO DISCURSO

Narrativos Descritivos Expositivos Argumentativos

TEN EN CONTA

Cando falamos ou escri- bimos estamos empre-gando distintos tipos de textos.

301828 _ 0001-0015.indd 6 23/09/11 12:35

Page 7: 1º eso l.g

7

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

EMISOR

1. Relaciona o tipo de texto coa forma de discurso que predomina en cada un.

lenda • • diálogo conversa • • exposición entrada do dicionario • • narración retrato dun personaxe • • descrición debate • • argumentación

2. Localiza no texto «A caída de Silvano» un fragmento narrativo e outro dialogado e escríbeo.

• Narrativo F

• Dialogado F

3. Relaciona cada texto coa intención que ten.

Noticia • • Crear impresión estética no receptor. Anuncio publicitario • • Dar indicacións ao receptor de como debe actuar. Poema • • Informar e facilitar novos coñecementos ao receptor. Instrucións de uso dun electrodoméstico • • Convencer ao receptor dalgunha idea.

4. Di que tipo de textos son os anteriores segundo a intención comunicativa.

• Noticia F

• Anuncio publicitario F

• Poema F

• Instrucións de uso F dun electrodoméstico

5. Escribe un slogan para as seguintes campañas publicitarias.

Campaña para adoptar animais

abandonados.

Campaña de recollida

de xoguetes usados.

I I

ACTIVIDADES

1

301828 _ 0001-0015.indd 7 23/09/11 12:35

Page 8: 1º eso l.g

8

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

A saúde

1. Completa as oracións coas palabras da familia de inmune.

inmunizar - inmune - inmunizado - inmunolóxico

• Unha boa alimentación fainos contra algunhas enfermidades.

• As vacinas pódennos contra moitas enfermidades.

• Hai virus, coma o da sida, que danan o sistema .

• O meu can está contra a rabia.

2. Risca a palabra que non sexa da mesma familia ca as do recadro.

saúde - saudar - saudita - saudable - salubre - insalubre

san - sanidade - sanitario - sanear - sandar - santuario

3. Elixe a expresión axeitada para as seguintes situacións.

• Que lle dirías a quen non lle gusta traballar?

Tendo saúde e comendo ben, o traballo non mata a ninguén.

Máis vale padecer ca morrer.

• Que lle dirías a alguén que non se coida?

Como te procuras, duras.

Estás coma un buxo.

4. Escribe ao lado de cada frase feita B ou M segundo o código.

Botar a alma pola boca. Ter bos aceiros.

Estar coma un buxo. Estar sen gonzos.

Estar coma un carballo. Ter unha saúde de ferro.

Non andar moi católico. Estar consumido.

5. Elixe catro frases das anteriores e escribe unha oración con cada unha.

BOA SAÚDEB MALA SAÚDE M

O DICIONARIO

É o libro onde se reco-lle o léxico du nha lin-gua e o sig ni ficado das palabras que o for man. Nel, os termos apa re-cen or de nados al fabe-ti ca mente.

Os dicionarios consi -de ran o ch e o ll co mo dúas letras e, xa que lo go, clasifi can as pa-la bras que co mezan

por ch (cha­ve) dentro da letra c e as pala bras que co me zan por ll (lle) dentro da letra l.

301828 _ 0001-0015.indd 8 23/09/11 12:35

Page 9: 1º eso l.g

9

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O alfabeto galego consta de 23 letras ou grafías (cinco vogais e dezaoito consoantes). Pero ademais, ao escribir-mos, debemos ter en conta a existencia de 6 dígrafos. Un dígrafo é a combinación de dúas letras que se empre-gan para representar, na escrita, un único son. A nosa lin-gua usa os seguintes dígrafos: ch, gu, ll, nh, qu, rr.Os dígrafos non se poden separar ao final da liña. Exemplo: esca-char, fo-guete, algu-nha, trapa-lleiro, in-quieto, cata-rreira.

O alfabeto. Os dígrafos

ch gu ll nh qu rr

ce hache gue u ele dobre ene hache que u erre dobre

Dígrafo Nome

���

1. Arrodea os dígrafos presentes nestas palabras e escribe os seus nomes.

• ningunha F • bronquite F

• espantallo F • escachar F

• arrefriado F • preguiza F

2. Escribe dous exemplos máis en cada caso.

O dígrafo qu representa o son K ante e, i.

O dígrafo gu representa o son G ante e, i.

O dígrafo rr representa o son R forte entre vogais.

I I I

achaque arreguizo espirro

3. Completa este texto coas seguintes palabras con nh.

algunha - dunha - cunha - unhas - ningunha

Para gozar vida sa, cómpre seguir normas sinxelas:

contar alimentación equilibrada e practicar actividade

física. Non hai dúbida de que isto é moi importante.

ACTIVIDADES

1

�� �

301828 _ 0001-0015.indd 9 29/09/11 16:46

Page 10: 1º eso l.g

10

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A comunicación1. A comunicación

A comunicación é o proceso mediante o cal un emisor transmite unha men-saxe a un receptor.

Neste exemplo tirado da lectura, Silvano é o emisor, e transmite unha mensaxe á súa avoa, que é a receptora.

2. O código

A linguaxe é a capacidade innata que temos os seres humanos para comunicar-nos mediante signos. Os signos agrúpanse en códigos. A lingua é o principal código na comunicación humana.

3. Lingua oral e lingua escrita

A lingua oral e a lingua escrita son sistemas distintos que empregamos en pro-cesos de comunicación diferentes.Unha conversa ou unha entrevista radiofónica son exemplos de comunicación oral; en cambio, unha carta ou unha novela son exemplos de comunicación escrita.

4. Comunicación oral e comunicación escrita

Entre a comunicación oral e a escrita hai algunhas diferenzas. Podes comparar as súas características neste esquema:

É inmediata e permite a interacción do emisor e o receptor.

A mensaxe é efémera: non se conserva.

Ten moita importancia a linguaxe non verbal.

Ten pouca importancia a linguaxe non verbal.

Predomina a improvisación.

É diferida: a mensaxe recíbese un tempo despois de ser emitida.

A mensaxe consérvase no tempo.

Predomina a planificación previa.

COMUNICACIÓN ORAL COMUNICACIÓN ESCRITA

TEN EN CONTA

Os xestos que tilizamos ao falar cos demais ta- mén son signos e for-man un código.

Ai, AvoíñA! que contento estou

de que me viñeses ver.

RECEPTORFF FFEMISOR MENSAXE

301828 _ 0001-0015.indd 10 23/09/11 12:35

Page 11: 1º eso l.g

11

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Di quen son o emisor e o receptor desta mensaxe tirada da lectura.

2. Localiza na lectura mensaxes que respondan a esta estrutura.

• Emisor: o médico; receptor: os pais de Silvano

• Emisor: os pais; receptor: a enfermeira

3. Identifiçca, nesta situación, o emisor, o receptor e a mensaxe que se transmite.

• Situación: un mozo quere saber a que hora sae o autobús para a súa vila.

EmisorI

ReceptorI

MensaxeI

4. Di se os seguintes enunciados son V (verdadeiros) ou F (falsos).

Lingua oral e lingua escrita son dous sistemas de comunicación distintos.

Unha conferencia é un exemplo de comunicación oral e unha mensaxe de móbil, de comunicación escrita.

Na lingua oral, a linguaxe non verbal é moi importante.

Un código é un sistema de signos que nos permite comunicarnos.

5. Relaciona cada característica coa comunicación oral ou escrita, segundo corresponda.

• A mensaxe recíbese tempo despois de ser emitida.

• A mensaxe é efémera, é dicir, non se conserva no tempo.

• Predomina a planificación; non se improvisa.

• Ten moita importancia a linguaxe non verbal.

6. Pon un exemplo de comunicación oral e outro de comunicación escrita.

ACTIVIDADES

Meu santiño, estes non se decatan de que polo golpe che deu un desfalar.

MENSAXEEMISOR F RECEPTORF

COMUNICACIÓN ORAL

COMUNICACIÓN ESCRITA

1

301828 _ 0001-0015.indd 11 23/09/11 12:35

Page 12: 1º eso l.g

12

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A lingua e a súa organización

1. As linguas

Para comunicármonos, os seres humanos utilizamos diferentes conxuntos de signos que constitúen códigos. O código que máis utilizamos os seres humanos é a lingua. Cada lingua é un código diferente, cos seus signos e coas súas regras de funcionamento.

2. A organización da lingua

As linguas son como xogos de construción: están formadas por un número re-ducido de pezas que van combinándose. Os sons son as pezas máis pequenas. Ao combinar os sons fórmanse palabras. Ao combinar as palabras fórmanse enunciados. E ao combinar enunciados constrúense textos.

3. A sílaba

Os sons agrúpanse en conxuntos que chamamos sílabas. Por exemplo, a pala-bra novela ten tres sílabas: no-ve-la. Todas as sílabas deben ter polo menos unha vogal.

O ditongo é a unión de dúas vogais nunha mesma sílaba. Por exemplo: cer-dei-ra. O hiato é a combinación de dúas vogais seguidas que se pronuncian en sílabas distintas. Por exemplo: ra-í-ña.

4. Sílaba tónica e sílabas átonas

Na maioría das palabras hai unha sílaba que se pronuncia con máis intensida-de ca as demais: é a sílaba tónica. As outras sílabas da palabra son sílabas áto-nas. Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras poden ser agudas (teñen tónica a última sílaba), graves (teñen tónica a penúltima sílaba) ou esdrúxulas (teñen tónica a antepenúltima sílaba).

c i s l a d no e t p r

IF

SonsSon as unidades máis pequenas da lingua. Carecen de significado.

A caída de Silvano.FI

EnunciadosSon conxuntos de palabras que nos permiten expresar ideas.

NovelaA Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira.

Xavier P. DocamPo

F

TextosSon conxuntos de enunciados que forman unha mensaxe completa.

caída SilvanoFI

Palabras

Son conxuntos de sons dotados de significado.

Ditongo

Rei

Hiato

Ra-í-ña

TEN EN CONTA

Os sinais de tráfico ou as bandeiras das praias tamén forman códigos.

301828 _ 0001-0015.indd 12 23/09/11 12:35

Page 13: 1º eso l.g

13

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Escribe os nomes de cinco linguas.

2. Completa o crebacabezas coas palabras do recadro na orde en que deben ir.

son - texto - enunciado - palabra

3. Marca a afirmación verdadeira de cada par.

As palabras son conxuntos de enunciados que expresan ideas.

As palabras son conxuntos de sons que teñen significado.

Todas as sílabas teñen que ter como mínimo dous sons.

Todas as sílabas teñen que ter polo menos unha vogal.

4. Marca cal é a separación correcta en sílabas de cada unha das seguintes palabras.

• comedia F co-me-dia co-me-di-a • eucalipto F eu-ca-lip-to e-u-ca-lip-to • muíño F muí-ño mu-í-ño

5. Identifica entre as palabras do exercicio anterior cales son ditongos e cales hiatos e escríbeas na seguinte táboa. Despois, marca a sílaba tónica de cada palabra.

DITONGO(cando nunha mesma sílaba

hai dúas vogais)I

HIATO(cando aparecen dúas vogais seguidas

que pertencen a sílabas distintas)I

6. Risca as palabras intrusas de cada grupo.

• AGUDAS F cartón - orixe - capataz - réptil - parasol

• GRAVES F débil - cortina - estética - parasito - cárcere

• ESDRÚXULAS F corazón - rótulo - fórmula - mármore - fácil

ACTIVIDADES

• saúde F saú-de sa-ú-de• aire F ai-re a-i-re• trofeo F tro-fe-o tro-feo

1

301828 _ 0001-0015.indd 13 23/09/11 12:35

Page 14: 1º eso l.g

14

A literatura. A linguaxe literaria

1. Que é a literatura

A literatura é a arte que utiliza as palabras como medio de expresión. Grazas á literatura, podemos gozar de novelas, poemas, contos… O conxunto de todas estas obras son os textos literarios.

A diferenza doutros tipos de textos (xornalísticos, científicos…), os textos litera-rios adoitan falarnos de mundos e personaxes ficticios que son froito da fantasía e da imaxinación dun autor. Este tipo de textos acostuman estar escritos cunha linguaxe especial: a linguaxe literaria.

2. A linguaxe literaria

A linguaxe literaria é a que se utiliza nos textos literarios. Co seu uso, os escri-tores conseguen que os lectores se interesen polas historias que lles contan e que gocen con elas.

A linguaxe literaria adoita utilizar unha serie de recursos cos que se logra unha expresión moito máis fermosa da que é habitual na linguaxe cotiá. Por exemplo:

Terra Chá…A Terra Chá somentes é:un pobo aquí, outro acolá,mil árbores, monte raso,un ceo de chumbo e tráxicono que andan as aves a voar.O resto é soedá.

MANUEL MARÍA, Terra Chá

Terra Chá: comarca de tipo rural situada no norte da provincia de Lugo. Limita ao norte coas comarcas da Mariña Occidental e a Mari-ña Central, ao leste coa de Meira, ao sur coa de Lugo e ao oeste coas do Eume e Betanzos. Abrangue unha superficie de 1.788 km2, cunha poboación de 47.752 hab., distribuída nos concellos de Abadín, Be-gonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

Dicionario Enciclopédico Galego Universal

3. Xéneros literarios

As obras literarias son moi diferentes unhas doutras, pero, a pesar diso, clasifí-canse en grandes grupos, que son os xéneros literarios. Os principais xéneros literarios son a poesía, a narrativa e o teatro.

• Poesía. É o xénero literario que engloba todas as obras escritas en verso en que un poeta expresa o que pensa ou o que sente.

• Narrativa. Pertencen a este xénero literario as obras escritas en prosa que contan feitos, reais ou fantásticos, que lles suceden a uns personaxes.

• Teatro. É o xénero a que pertencen as obras dramáticas. Entre elas destacan as comedias e as traxedias.

Tres exemplos de destacados libros da literatura galega representativos do teatro, da poesía e da narrativa, respectivamente.

LITERATURA

301828 _ 0001-0015.indd 14 23/09/11 12:35

Page 15: 1º eso l.g

15

LITERATURA

1. Le este texto de Mario Pereira e responde.

Eran estes, contos para nadar na chuvia. Pero veu Manuela e quedaron para ela. Ma-nuela chegou cando Decembro se adobiaba para o Nadal.Decembro é un cabaleiro frío e distante ao que Manuela lle puxo un sorriso. Manuela conquistou Decembro e conquistará os seus once irmáns. Someteraos á súa vontade e servirana. Traeranlle frío e calor, sol e xeadas, días e noites e, con todo o que lle traian, Manuela deixará de ser pequerrechiña.Pero non lle será fácil domealos e, para logralo, Manuela necesitará historias e contos. Eu non quero que lle falten e por iso lle regalo estes que van no libro.

• A que xénero literario pertence este texto? Por que?

• Que quere dicir o autor coa frase «Decembro adobiábase para o Nadal»?

• Quen son os once irmáns de Decembro?

2. Le este texto de Celso Emilio Ferreiro e contesta.

Celanova ten un vento,Celanova un vento ten,un vento peregrinante,un vento que vai e vén.

Un vento que máis ca ventoé un teimoso roncónfungando polos telladoscon grave e tristeiro son.

• A que xénero literario pertence este texto? Por que?

• Por que este texto é literario? Explícao.

• Con que se compara o vento na segunda estrofa? A que instrumento musical se refire?

• Explica se o poema se pode considerar unha canción de berce e ponlle un título.

ACTIVIDADES

Este vento vagabundovai coa lúa, vén co sol,vai cos mozos, vén cos vellos,vai coa neve, vén coa flor.

Vai coas nubes viaxeiraspor camiños de romaxe.Vén co pandeiro da chuviarepenicando a paisaxe.

De día vai cos paxarose anda a brincar polas hortas.De noite vén cos morcegose anda a petar polas portas.

Meu neno, non teñas medo,que este vento é meu amigo,e anque rosma polas rúasnon te levará consigo.

1

301828 _ 0001-0015.indd 15 23/09/11 12:35

Page 16: 1º eso l.g

16

Non digo que non o coñeza. Si que o coñezo. Somos veciños. O que pasa é que non temos moito trato. Sau-dámonos, ola Charli, como che vai Cuco..., e punto. De nenos si, temos xogado xuntos. El ao baloncesto non tiña rival. Chega a medir dúas cuartas máis e esta-ba hoxe na NBA. Pero logo quedou pequeno e perdeu-se unha estrela do deporte. E de aí disque xa se meteu na droga. Vamos, despois dese tempo; non digo que se metese por quedar pequeno. Nin sei se se meteu ou non. Iso é o que contan, eu falo de oídas. O certo é que desde hai tres ou catro anos non se deixa ver moito polo barrio e non sei con certeza a que se dedica.

Este xoves cadroulle de vir por alí e achegóuseme. Ola, Cuco, xa te vin o outro día polos aires; a ver can-do me deixas probar o parapente. Eu qué lle ía dicir. Cando queiras, Charli. E entón di que me toma a pa-labra e que conte con el o sábado, é dicir, hoxe. E hoxe, cando saio da casa, alí o vexo diante do portal, agardando por min. Non tiven escapatoria.

Leveino ao miradoiro de Couso, que cando venta do su-roeste é moi bo sitio. Ao chegarmos andaba por alí un fulano facendo fotos, pero apenas reparamos nel. Eu ex-pliqueille a Charli cada detalle do mecanismo e dis-púxenme a botarme. Na primeira tentativa, por mor de virarme para que vise ben a postura do corpo no salto, escoreime tanto que capotei de babor e esfragueime polo barranco abaixo dando tombos, nunha caída es-trepitosa que acabou por escacholarme contra un casti-ñeiro. Vin literalmente as estrelas. O Charli baixou co-rrendo, preguntándome se estaba ben. Estaba ben; algo amolado, pero ben. E o aparello tamén parecía intacto. Vaia primeira lección, queixábamelle eu mentres gabea-bamos polo barranco arriba turrando do parapente.

Para a miña sorpresa, ao chegarmos de novo ao mira-doiro, Charli zafouse de min e encarouse a berros co fotógrafo: Que pasa, mamalón, dáche a risa? E se par-te a crisma que, anaco de bosta! O outro, na distancia, fixo que non oía, meteuse no coche e liscou.Despois boteime outra vez, xa sen problemas, e logo animouse el, e fíxoo coma se levase toda a vida voan-do. E aínda se botou catro ou cinco veces máis, e só parou ao cabo de tres horas, cando lle dixen que ha-bía que deixalo, que empezaba a escurecer. Realmen-te, eu estaba farto de agardar no miradoiro coma un parvo mentres el gozaba voando co meu parapente.No camiño de volta viña todo contento, dicindo que ía comprar un, e ao pasarmos pola de Amador mandou-me parar; quería convidarme a un cubata para cele-brarmos o seu bautismo de voo. Ao entrar, vimos nu-nha mesa da esquina o mesmo fotógrafo de antes, agora cunha moza, e o Charli mirouno cun ollar retorto.Xa estabamos bebendo os cubatas cando a parella da esquina botou unhas risas, e entón vai o Charli e vírase cara a eles sen erguerse do asento: Que, anaco de bosta, vou ter que par tirche a cara para que pares de rir? Tivo que repe tirllo porque o outro non se daba por aludido, pero ao cabo respondeu provocador: Atré vete! O Charli non o pensou dúas veces. Ergueuse, sacou unha pistola e ferroulle dous tiros na cara. Eu non daba creto. A mo-za púxose a gritar histérica. O Charli, berrándolle que calase dunha vez, meteulle outro ti ro a ela e alí queda-ron ao pé da mesa no medio dun charco de sangue. Nis-to sae o Amador da tras tenda bo tando as mans á cabeza, e o Charli férralle outro tiro e déixao por terra, retorcén-dose. Charli, tolea ches ou que, dígolle eu alucinado. Se o deixo é capaz de chamar á policía, dixo.

Aquilo era unha carnizaría. Eu xa non sabía onde estaba. Sen- tín que me fallaban as pernas e caín redondo no chan. Non

sei canto tempo botei in cons- ciente, pero de alí a unha miga

empecei a re cu perarme. Cando qui- xen erguerme e abrín os ollos, vin as ca-

ras do Charli e do fotógrafo debruzados sobremin, todos alarmados. Estaba no fondo do barranco de Couso, ao pé do castiñeiro. A cabeza parecía que me ía estoupar.Tranquilo, Cuco, parece que non foi nada, dime o Charli. En dez minutos está aquí unha ambulancia.

Gonzalo navaza

Sesión de voo

U N I D A D E

2

301828 _ 0016-0025.indd 16 23/09/11 12:35

Page 17: 1º eso l.g

17

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Responde.

• Que relación teñen Charli e Cuco?

• Segundo o texto, cantas veces se botou Charli en parapente? E Cuco?

• Onde se atopa o protagonista cando comeza a se recuperar da caída?

2. Di cal é a historia real e cal a inventada. Despois relaciona cada personaxe coa historia en que aparece.

3. Di coas túas palabras como é cada un destes personaxes.

ACTIVIDADES

O texto Sesión de voo foi escrito por Gonzalo Navaza. O protagonista do relato, Cuco, vai fa-cer parapente cun antigo coñecido, o Charli.

Cando o Cuco se bota en parapente no mira-doiro do Couso, sofre un accidente e durante a súa inconsciencia, debido aos prexuízos que ten sobre a vida do Charli, soña que este anda a tiros nun bar e mata tres persoas.

escoreime: inclineime.capotei: inclinei ou quedei coa boca para abai-xo. estrepitosa: moi ruidosa. turrando: facendo forza sobre algo para movelo.zafouse: librouse; librar ou librarse dunha cousa ou dunha persoa. debruzados: inclinados cara adiante.

Claves da lectura Vocabulario

Historia : Cuco e Charli van facer parapen-te ao miradoiro do Couso. Alí está un fotógrafo facendo fo-tos. Cuco bótase unha vez en parapente e ten un accidente.

Historia : Charli bótase moitas veces en pa-rapente, e logo, vai con Cuco ao bar de Amador, onde mata ao fotógrafo, a unha moza que está con este e ao propio Amador.

• Charli

• Amador

• Fotógrafo

• Moza

• Cuco

2

301828 _ 0016-0025.indd 17 23/09/11 12:35

Page 18: 1º eso l.g

18

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A narración1. Que é narrar?

Narrar consiste en contar uns feitos –reais ou imaxinarios– que lle ocorren a alguén nun lugar e durante un tempo. É o tipo de texto máis frecuente na co-municación –xunto co diálogo–, porque o habitual na vida diaria é contarmos cousas. O texto da lectura é unha narración de Gonzalo Navaza.

2. Narración oral e narración escrita

A narración oral axúdase coa linguaxe non verbal (movemento corporal, expre-sión da cara) e, normalmente, non está planificada. Daquela, se contamos un mesmo acontecemento en varias ocasións, o máis probable é que non o fagamos exactamente igual e que poida sufrir variacións.A narración escrita é un tipo de texto planificado, coidado, cunha forma fixa e cunha estrutura definida.

3. Narración literaria e xornalística

A narración literaria ten unha finalidade estética e un carácter ficcional (conta feitos que poden ser inventados). Fai uso duns recursos expresivos específicos da literatura. Neste tipo de narración importa tanto o que se conta coma o xei-to de facelo. O conto e a novela son os dous principais exemplos.A narración xornalística ten unha finalidade informativa e podémola atopar en noticias, crónicas ou reportaxes. Outras formas de narrar son o cine e o cómic.

4. Verbos e adverbios na narración

Cando narramos un feito, o habitual é referírmonos a algo xa pasado. Por esta razón, os tempos verbais máis empregados son o pretérito perfecto e o pretéri-to imperfecto. Hai, ademais, outras palabras que nos axudan a situar os aconte-cementos no tempo, como os adverbios (antes, despois, primeiramente, logo, etc.).

1. Realizade esta actividade en grupo. Facédeo así:

• Un alumno lelle a un compañeiro o seguinte texto de Álvaro Cunqueiro.

• Este, á súa vez, contarallo a outro rapaz, así ata un máximo de cinco alumnos.

• Finalmente, o último alumno escribirá a súa versión do conto, compararédelo co de Cunqueiro e observaredes o que ocorreu.

O Velagullas é un trasno dos máis pequenos. Está sen traballo desque foi inventado o agulleiro. Buscaba as agullas perdidas nos panos e no chan. Non cobraba nada, pero os xastres facíanlle monteiras e as costureiras, camisas. Marchaba polo San Xoán e non volvía ata o outono. Por onde andará agora?

ACTIVIDADES

TEN EN CONTA

As lendas populares e os contos tradicionais transmitíronse oralmen-te de xeración en xera-ción. Por iso hai varias versións de moitos de-les.

301828 _ 0016-0025.indd 18 23/09/11 12:35

Page 19: 1º eso l.g

19

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. A partir do que observaches na actividade anterior, explica coas túas palabras as diferenzas entre narración oral e narración escrita.

3. Le a seguinte historia e subliña os verbos que aparecen nela.

Un dragón especial

Na cova dun afastado bosque vivía un dragón que ficara orfo nada máis nacer.

O pequeno foi ben coidado polos dragóns da veciñanza e pasou unha in-fancia feliz. Pero, cando o dragonciño fixo os doce anos, non comezou a botar lume como adoitaban facer os seres da súa especie, senón que só expelía aire cun certo cheiro a xofre. Isto provocaba constantes burlas entre os demais e o dragonciño foise po-ñendo cada vez máis triste ata caer doente.

Un día recibiu a visita dunha menciñeira que lle explicou ao enfermo como solucionar o seu problema.

• En que tempo verbal están os verbos que subliñaches? Por que?

4. Escribe un final para a historia anterior.

5. Escribe un titular xonalístico e un título para un conto. Inspírate nesta ilustración.

Titular xornalístico

I

Título do conto

I

2

301828 _ 0016-0025.indd 19 23/09/11 12:35

Page 20: 1º eso l.g

20

A enfermidade

1. Busca no dicionario as palabras dos recadros e despois relaciónaas coa parte do corpo que se ve afectada.

tuberculose - bronquite - pneumonía

cirrose - hepatite

afonía - amigdalite

gastroenterite - apendicite

conxuntivite - catarata - astigmatismo

2. Completa as oracións coa palabra que cumpra.

otite miopía bronquite pneumonía hematoma

• Non respiraba moi ben e diagnosticáronlle .

• Doeume toda a noite o oído dereito. Seguro que teño unha .

• Meu avó tiña , que é unha afección nos bronquios.

• Marcos caeu da bicicleta e ten a perna chea de .

• Levo lentes porque teño .

3. Une con frechas os especialistas médicos coa área que lles corresponda. Utiliza o dicionario se che cómpre.

cardiólogo traumatólogo dermatólogo odontólogo oftalmólogo

ollos pel dentes ósos corazón

4. Relaciona cada frase feita co seu significado.

Moi delgado e enfermo.

Gripe, catarro.

Afonía.

Dor causada por unha mala postura que dificulta xirar a cabeza.

5. Escribe unha oración con cada unha das frases feitas anteriores.

1. Ter un cabalo no pescozo.

2. Ter a voz tomada.

3. Coller un trancazo.

4. Estar consumido.

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

• aparello dixestivo

• gorxa

• pulmón

• ollos

• fígado

TIPOS DE DICIONARIO

Destacan os seguin tes:

• O dicionario bilin güe dá a equivalencia du -nha palabra noutra lin gua.

• O dicionario enci clo ­pé dico reúne to dos os coñecemen tos hu- ma nos.

• O dicionario de fra ­seoloxía ofrece infor-mación das expre-sións dunha lingua.

• O dicionario de si ­nónimos e antóni ­mos indícanos ter-mos afíns e contra-rios da palabra que consultamos.

301828 _ 0016-0025.indd 20 23/09/11 12:35

Page 21: 1º eso l.g

21

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

A grafía r pode representar dous sons diferentes, segundo a súa posición na pala-bra: o son R forte ou o R suave. Escríbese r, indicando son r forte, no inicio da palabra e despois de consoante de diferente sílaba. Escríbese r, indicando son r suave, entre vogais, despois de calquera consoante na mesma sílaba, ao final da sílaba e ao final da palabra. O dígrafo rr representa sempre o son R forte e só aparece entre vogais. O son G pode representarse coa grafía g ou co dígrafo gu. Escríbese g ante a, o, u. Exemplos: gana, gota, gusto. Escríbese gu ante i, e. Exemplos: guía, guedella. Se na secuencia gue, gui o u soa, hai que escribir unha diérese sobre el. Exem-plos: pingüín, lingüeta.

Uso de r e rr. O son G

ACTIVIDADES

risoenredocatarro

caraabraiar

R forte R suave

g + a, o, ugu + e, i

son G

1. Arrodea de diferente cor a grafía r e o dígrafo rr en cada palabra segundo a súa pronuncia.

• catarreira • xarope • enfermeira • arrefriado • rabuñar • honrado

2. Forma palabras compostas relacionando unha de cada cadro e despois escríbeas.

para - beira - auto - mono - garda raíl - retrato - roupa - rúa - raios

3. Completa estas palabras con gu ou con g, segundo corresponda e escríbeas.

• san e F • acou o F • indastre F

• usto F • se inte F • re ar F

4. Completa a norma empregando as palabras anteriores.

• Escríbese g ante , e : , e .

• Escríbese gu ante e : e .

5. Forma palabras rematadas en -eira e explica o cambio ortográfico que se produciu.

• manga F • figo F • pinga F

• ortiga F • cego F • trigo F

Soa R forte Soa R suave

2�

301828 _ 0016-0025.indd 21 29/09/11 16:46

Page 22: 1º eso l.g

22

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A palabra. Clases e constituíntes

1. A palabra e as súas clases

As palabras son conxuntos de sons dotados de significado. Lembramos no se-guinte cadro as clases de palabras máis importantes:

As palabras que admiten formas distintas son palabras variables (alto-alta-altos-altas; leo, lin, lerei). As palabras que non admiten ningunha variación son palabras invariables (adrede, onte).

2. Formación de palabras novas

Podemos formar palabras novas engadindo partículas a palabras que xa exis-ten. Se as colocamos diante falamos de prefixos. Se as colocamos detrás, te-mos os sufixos. Exemplo:

subprefixo

-

terrpalabra

-

áneosufixo

Tamén se poden formar palabras unindo dúas ou máis palabras. Desa unión obtemos unha palabra composta. Exemplo:

ollopalabra 1

molpalabra

F

ollomolpalabra composta

O conxunto de palabras que se formaron a partir dunha mesma palabra consti-túe unha familia de palabras. Exemplo:

mar: mariñeiro, marítimo, marisco, marea...

Substantivos

Adxectivos cualificativos

Son palabras variables que nomean as persoas, os animais, as cousas, os sentimentos e as ideas. Exemplos: Roi, vaca, ordenador, esperanza.

Son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos. Exemplos: frío, fermosa.

Determinantes

Son palabras variables que acompañan o substantivo concretando o seu significado. Segundo o xeito en como o concreten, distingui-mos entre artigos (o, a, os, as); demostrativos (este, esa, aquela…); posesivos (meu, teu, seu…); indefinidos (algún, bastantes, moi-tos…); e numerais (catro, vinte e un, sétimo, oitavo…).

Verbos Son palabras variables que expresan accións, estados ou procesos situados nun tempo determinado. Exemplos: comer, estar, ferver.

AdverbiosSon palabras invariables que nomean circunstancias de lugar, tem-po, modo ou cantidade, ou expresan afirmación, negación ou dúbi-da. Exemplos: tampouco, abaixo, case.

Pronomes persoais

Elementos de enlace

Son palabras invariables que serven para relacionar entre si outras palabras. As preposicións (a, agás, en, perante…) e as conxuncións (e, porque, pero…) son elementos de enlace.

Son palabras variables que empregamos para nomearnos a nós mesmos (1.ª persoa), aos que nos escoitan (2.ª persoa) ou os seres dos que falamos (3.ª persoa), sen empregar un nome. Exemplos: eu, ti, ela.

CLASES DE PALABRAS

TEN EN CONTA

As palabras teñen dúas partes relacionadas:

• A forma, é dicir, os sons que compoñen a palabra. Exemplo:

t-e-l-é-f-o-n-o

• O significado, isto é, a idea á cal fai refe- rencia a palabra.

FÍXATE

Unha palabra pode con- ter á vez un prefixo e un sufixo. Exemplos:

reprefixo

-

novraíz

-

adosufixo

subprefixo

-

marraíz

-

inosufixo

301828 _ 0016-0025.indd 22 23/09/11 12:35

Page 23: 1º eso l.g

23

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Di a que clase de palabras pertencen estas.

• bolboreta F • alegre F • aquela F

• daquela F • agás F • vinte F

• cedo F • tamén F • fuxiu F

2. Clasifica as palabras anteriores en variables e invariables.

• variables:

• invariables:

3. Escribe un exemplo de cada unha destas clases de palabras.

• substantivo: • verbo: • adverbio:

• preposición: • adxectivo: • conxunción:

4. Risca as palabras que non forman parte de cada familia léxica. Podes utilizar o dicionario, se che cómpre.

5. Di se o destacado en cada palabra é un sufixo ou un prefixo e explica o seu significado.

• ferreiro: • prehistoria: • froitaría:

• refacer: • traballador: • subterráneo:

6. Forma substantivos con estas palabras de xeito que designen o contido de cada imaxe.

sol

noz

vento

lapis

ACTIVIDADES

F

F

F

F

mariño mariñeiro marisco marítimo marea amarsubmarino marte maremoto marciano marmelo ultramar

mar

terreo terrestre territorio terror terráqueo terremotosubterráneo terrícola desterrar enterrar turrón terreal

terra

2

301828 _ 0016-0025.indd 23 23/09/11 12:35

Page 24: 1º eso l.g

24

LITERATURA

Literatura popular e literatura cultaCando pensamos en literatura tendemos a fixarnos só nas obras creadas por escritores concretos e esquecemos aqueloutras manifestacións literarias realiza-das directamente polo pobo, é dicir, a literatura popular. Con todo, debemos ter claro que as dúas son valiosas manifestacións artísticas.

1. Diferenzas entre literatura popular e literatura culta

Entre a literatura popular e a literatura culta existen diferenzas que se relacionan co emisor, co xeito de transmisión e coa linguaxe de cada unha delas.

2. Manifestacións da literatura popular

As cántigas son poemas que o pobo cantaba e que se relacionaban cos traba-llos que houbese, coas festas populares en que se interpretasen, co coidado dos nenos pequenos... Elas transmitían o modo de ver o mundo das clases popu-lares.

Catro vellos mariñeiros, Os mariñeiros traballan todos metidos nun bote. de noite coa luz da lúa.Voga, voga, mariñeiro, Dá gusto velos chegarimos pra Viveiro, pola mañá cedoxa se ve San Roque. cheirando a frescura.

Tampouco debemos esquecer os romances, semellantes a crónicas en verso. Por eles o pobo coñecía os feitos que aconteceran. Tamén son manifestacións da literatura popular as lendas e os contos que narraban os maiores para en-treter e transmitirlles saberes a outros membros da comunidade.

Alá polo tempo da sega, ía tía Xoana levarlles o xantar aos seus segadores e, ao pasar un carreiro, encontrou unha lebre durmi-da. En vez de pousar a cesta e botarlle a gadoupa, púxose a imaxinar a que compadre lla había regalar. Mentres tan-to, a lebre espertou e chamoulles aos pés compañeiros. Á boa da muller aínda non se lle foi a carraxe e está re-cordando decote que non se poden botar as contas sen a taberneira.

Grupos de música actuais ins píranse na literatura popular.

Literatura popular Literatura culta

AutoríaNon ten un autor concreto, é di-cir, os textos populares son anó-nimos.

Adoita estar escrita por alguén concreto, que é quen asina a obra.

Xeito de transmisión

Transmítese oralmente a través dos séculos. Iso fai que dun mes-mo texto existan variacións.

Adoita estar escrita, o que impi-de que o texto vaia cambiando cos séculos.

Linguaxe

A súa linguaxe adoita ser sinxe-la. Nela abundan as repeticións, as chamadas de atención e todos os recursos que favorecen que o texto se transmita facilmente de xeito oral.

A súa linguaxe é máis difícil e artificiosa, pero como está es-crita podemos recorrer á axu- da de dicionarios e deternos máis tempo na comprensión do texto.

301828 _ 0016-0025.indd 24 23/09/11 12:35

Page 25: 1º eso l.g

25

LITERATURA

ACTIVIDADESLiteratura popular e literatura culta1. Le os seguintes poemas e responde.

Na tabernaOs mozos mariñeiros da fiadalémbranse rindo alleos de coidados;cheira a aceite e pementos requeimadosrustido de xurés en caldeirada.

Conta o patrón nun corro a treboadado ano setenta –historia de afogados–e empuxándose, inando, entran molladosos homes dunha «lancha de enviada».

Pasa de man en man a xerra roibade albariño, e namentres cae a choivae o vento fai tremer a casa enteira,

detrás do mostrador clarexa o ceonas trenzas de ouro, no mirar sereo,no sorriso de luz da taberneira.

RAMóN CABANILAS, No desterro. (Adaptación)

• Cal destes poemas pertence á literatura popular e cal á literatura culta? Xustifica a resposta.

• É unha cántiga algún dos poemas anteriores? Se a resposta é afirmativa, indica o tema que trata.

• Resume o contido de cada un dos poemas anteriores.

2. Le o conto da páxina anterior e contesta.

• Cres que o texto segue as características da literatura popular? Por que?

• Cres que con el se quere transmitir algún valor ou ensinanza? Cal sería?

MuiñeiraHas de cantar á beira do río,ao son das ondiñas de campo florido.Has de cantar á beira do mar,ao son das ondiñas que soben e van.Has de cantar á beira da fonte,que che hei de dar peros cocidos no pote.Ai! has de cantar, meniña solteira,ai! has de cantar alá na ribeira.

2

301828 _ 0016-0025.indd 25 23/09/11 12:35

Page 26: 1º eso l.g

26

No medio dun val achábanse descoidados tres pací-ficos animais: unha ovella, un porco e un coello. Ao albiscar a fácil presa, o león sacudiu a abundante melena nun movemento de satisfacción. E cos ollos brillantes de gula, volveuse cara a un tigre e un cha-cal alí presentes e gruñiu, con ton posiblemente amigable:

–Oh, tigre admirable! Vexo alí tres fermosos e saboro-sos manxares: unha ovella, un porco e un coello. Ti, que es listo e experto, debes saber dividir con talento tres entre tres. Fai, pois, con xustiza e equidade, esa operación: dividir tres entre tres cazadores.

Adulado con semellante proposición, o vaidoso tigre, despois de expresar con aires de falsa modestia a súa incompetencia e o seu pouco valor, respondeu:

–A división que xenerosamente acabades de propo-ñer, oh rei!, é moi simple e pódese facer con bastante facilidade. A ovella, que é o maior dos tres bocados, e o máis saboroso, tócavos por dereito. Aquel porco fra-co, sucio e pestilente, que non vale unha perna da fer-mosa ovella, será para min, que son modesto e con ben pouco me conformo. E, finalmente, aquel minús-culo e desprezable coello, de reducidas carnes, indig-no do padal refinado dun rei, corresponderalle ao no-so compañeiro o chacal.

–Estúpido egoísta! –ruxiu, enfurecido, o león, cheo de indescritible furia–. Quen che ensinou a facer divi-sións dese xeito? Onde viches unha división de tres entre tres feita dese modo?

E, levantando a súa pesada pata, descar-gou sobre a cabeza do desprevido tigre tan violento golpe que o deixou morto a algúns pasos de distancia.

Enseguida se volveu cara ao chacal, que asistira aterrado a aquel tráxico final da división de tres entre tres, e faloulle así:

–Meu querido chacal. Sempre tiven da túa intelixencia o máis alto con-cepto. Sei que es o máis enxeñoso e brillante dos animais da foresta, e non coñezo outro que te poida avantaxar na habilidade con que sabes resolver os máis intricados problemas. Encomén-doche, pois, facer esa simple división, que o estúpido tigre non soubo efectuar satisfactoriamente. ¿Ves, amigo chacal,

aqueles tres apetitosos animais: a ovella, o porco e o coello? Pois ben: dividirás as tres pezas entre nós os dous. Nada máis sinxelo ca dividir tres entre dous! Fai os cálculos, pois desexo saber qué cociente exacto me corresponde.–Non son máis ca un humilde e rudo servo da Vosa Maxestade –dixo o chacal en ton de humildísimo res-pecto–. Debo, pois, obedecer cegamente a orde que acabo de recibir. Vou dividir, coma se fose un sabio xeómetra, aquelas tres pezas entre nós os dous. A di-visión matematicamente exacta é a seguinte:»A admirable ovella, manxar digno dun soberano, é para os vosos reais cairos, pois é indiscutible que so-des o rei dos animais; o fermoso porco, do cal oio os harmoniosos gruñidos, debe ser tamén para o voso real padal, pois, segundo din os entendidos, a carne de porco dálles máis forza e enerxía aos leóns; e o in-quedo coello, coas súas longas orellas, debe ser sabo-reado por vós, como sobremesa, xa que aos reis, por lei tradicional entre os pobos, perténcenlles, dos opí-paros banquetes, os manxares máis finos e delicados.–Chacal incomparable! –exclamou o león, encantado coa repartición–. Que agradables e sabias son as túas palabras! ¿Quen che ensinou ese artificio marabilloso para dividir, con tanta perfección e acerto, tres entre dous?–A gadoupada con que a vosa xustiza castigou, hai un intre, o tigre arrogante e ambicioso, ensinoume a divi-dir con certeza tres entre dous, cando deses dous un é un león e outro un chacal. Nas matemáticas do máis

forte, o cociente é sempre exacto, e ao máis débil nin o resto lle debe tocar.

MALBA TAHAN, O home que calculaba. (Adaptación)

As matemáticas do máis forte

U N I D A D E

3

301828 _ 0026-0037.indd 26 23/09/11 12:38

Page 27: 1º eso l.g

27

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Describe en poucas palabras o carácter de cada un dos animais da historia.

león F

tigre F

chacal F

2. Contesta.

• Queda o león contento coa repartición que fai o tigre? Por que?

• E coa que fai o chacal? Por que?

3. Le o texto dos globos e responde.

• Por que cres que o tigre lle chama fraco, sucio e pestilente ao porco e o chacal se refire a el como fermoso?

4. No texto critícase o abuso de poder e a imposición das propias ideas pola forza.

Cres ti que se deben impoñer as cousas pola autoridade ou pola forza? Razóao.

ACTIVIDADES

Nesta fábula atopamos tres animais con ca-racteres moi humanos e que podemos reco-ñecer. O león, autoritario, expresa un sinxe-lo problema aos outros dous, simplemente para presumir da súa superioridade. O con-fiado tigre cae na trampa, mentres que o as-tuto chacal dá a resposta axeitada para o león. Con isto vemos que ata as regras máis precisas poden chegar a ser manipuladas polos poderosos abusando da súa posición.

Albiscar: chegar a ver, aínda que con dificultade, algo que está lonxe. Manxares: alimentos delicados e exquisitos.Equidade: modo de actuar consistente en dar a cada un o que lle corresponde e merece.Vaidoso: presumido, que intenta facerse notar.Intricados: complicados, difíciles de resolver.Cairos: dentes agudos, entre os incisivos e os mo-lares.Opíparos: moi bos e abundantes.

Claves da lectura Vocabulario

3

Aquel porco frAco, sucio e pestilente,

que non vAle…

o fermoso porco, do cAl oio os

hArmoniosos gruñidos…

301828 _ 0026-0037.indd 27 23/09/11 12:38

Page 28: 1º eso l.g

28

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A narración. Elementos e estrutura1. Elementos da narración

Unha narración responde a estas preguntas: que ocorre?, quen nolo conta?, quen intervén nesa historia?, onde e cando ocorre? As respostas a estas pre-guntas son os elementos da narración: a historia, o narrador, os personaxes, o espazo e o tempo.

• A historia é a sucesión de feitos que se contan.

• O narrador é a voz que conta os acontecementos relatados. Nunca debemos confundir o narrador e o autor real dunha narración de ficción. O narrador é a voz que o autor escolle para contar os feitos.

• Os personaxes son os seres, animais ou obxectos que interveñen nunha narra-ción e a fan posible. Segundo a súa importancia, poden ser principais ou se-cundarios. Entre os primeiros destaca o protagonista, que é quen leva o peso da acción, e o antagonista, que se opón a el.

• O espazo é o lugar e os ambientes onde ocorren os feitos que se contan.

• O tempo é o momento en que se sitúa a acción.

2. Estrutura da narración

Na maioría das narracións, a historia adoita ter unha estrutura clásica, con tres partes diferenciadas: presentación, nó e desenlace.

TEN EN CONTA

Tipos de narrador

Segundo participe ou non na historia, o na- rrador pode ser interno ou externo.

• Se o narrador é un pesonaxe que partici- pa na historia, trátase dun narrador interno que se expresa en pri-meira persoa.

• Se o narrador é alguén que coñece a historia pero non forma parte dela, trátase dun na-rrador externo que se expresa en terceira persoa.

1. Le o seguinte texto e contesta.

O que teño que contar ocorreu a primeiros de decembro. Lémbroo ben, porque había unha ponte de catro días e iso motivou que a Casa Grande se enchese de hóspedes e recuperase a animación das súas mellores tempadas. Ademais doutros clientes que eu non coñecía, alí reuníronse de novo a maioría dos habituais.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, Aire negro. (Adaptación)

• Como é o narrador desta historia? Marca.

Narrador en primeira persoa. Narrador en segunda persoa.

ACTIVIDADES

PresentaciónÉ a situación inicial de que parte a historia, os elementos necesarios para entendela. Nesta parte preséntanse algúns personaxes e as cir-cunstancias xerais da historia.

NóÉ a parte central onde se conta o que sucede e se presenta un feito novo ou unha situación problemática, que rompe o equilibrio inicial e desencadea a acción que desenvolven os personaxes.

Desenlace

É a consecuencia lóxica dos feitos sucedidos, a solución ao conflito pre-sentado ou situación final da historia. Un final que pode ser:• Pechado, cando todo queda resolto.• Aberto, cando hai que imaxinar algo do final porque quedan aspec-

tos sen resolver.

301828 _ 0026-0037.indd 28 23/09/11 12:38

Page 29: 1º eso l.g

29

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

• En que momento se sitúa a acción? Indica a principal referencia temporal.

• En que espazo ocorren os feitos?

2. Completa co nome correspondente de cada parte da narración.

• A é a situación inicial da que parte a historia.

• O é a parte central onde se conta o que sucede.

• O é a consecuencia lóxica dos feitos sucedidos, a situación final da historia.

3. Le a seguinte historia e responde.

Patacas, por fin!

Unha muller e o seu fillo tiñan a ilusión de traballar no campo. Así que un día aban-donaron a cidade e foron vivir a unha tranquila vila.Alí, no eido de arredor da casa, plantaron árbores froiteiras de todas as clases. Pero, malia os seus coidados, as arboriñas morreron en pouco tempo.Un vello do lugar díxolles entón:–Esa non é terra de froiteiras. É boa terra para horta. Boten patacas, leitugas, millo…E así o fixeron.Uns meses máis tarde, nai e fillo tiveron a primeira colleita: unhas patacas que foron a envexa de todos os veciños.

• Sinala a presentación, nó e desenlace no lugar correspondente da historia anterior.

• Quen son os personaxes principais? E o secundario?

• Que acontece ao final? É un final pechado ou aberto?

4. Inventa ti un conto baseándote nalgún destes debuxos.

3

*

*

*

301828 _ 0026-0037.indd 29 23/09/11 12:38

Page 30: 1º eso l.g

30

Os alimentos

1. Sitúa o nome de cada alimento no seu lugar correspondente.

Froitas e vexetais

cabaciña cogombro

cogomelo chícharo

ravo feixón

ananás ou piña ameixa

amorodo

Peixes e mariscos

lura pescada

peixe sapo ameixa

troita percebe

raia

2. Escribe os nomes das plantas ou das árbores das que proveñan estas froitas valéndote dos sufixos -eiro e -eira.

• grosella F groselleira • cereixa F

• pera F • mazá F

• limón F • castaña F

• amora F • noz F

3. Completa a receita cos verbos que cumpran.

repousar bater frita mesturar servir

Filloas de leite

Ingredientes:

1/4 litro de leite, 1/4 litro de auga, 4 ovos, 1 culleradiña de canela, toda a fariña que colla, sal e azucre. Touciño ou manteiga para untar.

Preparación: os ovos cun chisco de sal e despois co leite e coa auga. Pouco e pouco, incorporar a fariña

ata ter unha pasta disolta. Deixar un pouco e desfacer todos os gromos. Despois engraxe a tixola e a masa. Podemos as filloas con azucre.

4. Busca no dicionario estas palabras e indica que frases feitas incorporan.

• beber • cachón • faba • pera

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

1

2

3

4

5

6

7

3

1

2

4

5

6

7

8

9

AS PALABRAS NO DICIONARIO

As palabras invaria-bles, como os adver-bios, preposicións e con xuncións, apare cen con esa única for ma. As palabras va ria bles, como os ver bos, ad xec-tivos, etc., recó llen se só por unha das súas formas. Dos ver bos re-cóllese o infini ti vo, dos adxectivos e dos subs-tantivos a for ma mas-culina singu lar. Cada unha desas palabras chámase en tra da ou lema.

301828 _ 0026-0037.indd 30 23/09/11 12:38

Page 31: 1º eso l.g

31

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O son Z represéntase en galego con dúas grafías diferentes: coa grafía c,coma en cereixa, ou coa grafía z coma en zume. Escríbese z ante a, o, u. Ex.: mazá, zorza, azucre. Escríbese c ante e, i. Ex.: cenoria, touciño.

O son K represéntase tamén con dúas grafías: coa grafía c, coma en cana, ou co dígrafo qu, coma en queixo. Escríbese c ante a, o, u. Ex.: cacao, comiño, cume. Escríbese qu ante e, i. Ex.: queixo, quilo.Aínda que non pertence ao noso alfabeto, tamén se emprega a grafía k nalgunhas palabras de orixe estranxeira. Ex.: kiwi.

O son Z. O son K

ACTIVIDADES

1. Forma o plural das seguintes palabras.

• noz F • xiz F • rapaz F

• cruz F • feroz F • perdiz F

• feliz F • albornoz F • nariz F

2. Completa agora a norma.

No plural, o son non varía pero debemos escribir a letra diante da vogal e.

3. Completa as oracións conxugando os verbos que se indican.

• Eu sempre unha boa cunca de leite con torradas. (almorzar)

• Eu non ningunha froita de cor azul. E ti? (coñecer)

• Eu sempre que eles xantan máis cedo ca nós. (esquecer)

4. Escribe tres palabras que conteñan o son K representado coa letra c e outras tres en que ese son apareza representado co dígrafo qu.

Z > c F cadro

K> qu F quecer

5. Escribe agora outras tres palabras que conteñan o son Z representado coa letra c e outras tres en que ese son apareza representado coa letra z.

Z > c F cea

Z > z F zarandear

3

z + a, o, uc + e, i

son Z

c + a, o, uqu + e, i

son K

� ��

301828 _ 0026-0037.indd 31 29/09/11 16:51

Page 32: 1º eso l.g

32

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O enunciado. Suxeito e predicado

1. O enunciado

Os enunciados son conxuntos de palabras que expresan unha idea. Cada enuncia-do pronúnciase cunha entoación independente da dos outros enunciados. Ade-mais, ao final de cada enunciado hai unha pausa longa, que se corresponde na es-crita cun punto ou cun signo de peche de interrogación ou admiración. Exemplos:

Quen che ensinou a facer divisións dese xeito? F Interrogación

Que agradables e sabias son as túas palabras! F Exclamación

Ti sabes dividir con talento tres entre tres. F Afirmación

2. Clases de enunciados

Os enunciados poden ser de dúas clases: oracións e frases.

• Son oracións os enunciados que conteñen un verbo. As oracións estrutúranse en dúas partes, ás que lles chamamos suxeito e predicado:

Suxeito Predicado

O león sacudiu a abundante melena.

• Son frases os enunciados que non teñen ningún verbo:

As matemáticas do máis forte.

3. As palabras no enunciado. Os sintagmas

Nos enunciados, as palabras agrúpanse en sintagmas. En cada sintagma hai unha palabra que é o núcleo (N), e pode haber outras, os complementos (Compl.):

Sintagma Sintagma

O arrogante león N

encargouN

ao chacalCompl.

a nova división.Compl.

• Se o núcleo é un substantivo, dicimos que ese grupo é un sintagma nominal (SN). O grupo o arrogante león é un sintagma nominal.

• Se o núcleo é un verbo, dicimos que ese grupo é un sintagma verbal (SV). O grupo encargou ao chacal a nova división é un sintagma verbal.

4. O suxeito

Chamámoslle suxeito da oración ao sintagma que nomea a persoa, animal ou cousa de quen dicimos algo. Exemplo: O león (suxeito) dominaba a situación. Po-lo xeral, as palabras que varían de número co verbo forman parte do suxeito. Exemplo: Os leóns dominaban a situación. F O león dominaba a situación.

5. O predicado

Chamámoslle predicado ao sintagma que expresa o que se di do suxeito. Exemplo: O león dominaba a situación (predicado). O verbo é a palabra máis importante do predicado; se non hai verbo, non hai predicado.

Cando transmitimos mensaxes con sentido completo, empregamos os enunciados.

301828 _ 0026-0037.indd 32 23/09/11 12:38

Page 33: 1º eso l.g

33

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Separa os cinco enunciados que hai no seguinte texto.

Que sabias matemáticas as do chacal! Non eran moi exactas, pero si moi prácticas. Que impru-dente foi o tigre! E que abusón era o león! Que medo!

2. Di agora cales destes enunciados son frases e cales oracións.

Recorda: as oracións son os enunciados que conteñen un verbo.

I I

• Que sorte! • Cantos anos tes?

• Canta xente! • Que difícil llo puxeches!

• Deica logo. • Non tardes moito.

3. Completa estas secuencias engadindo un predicado, de xeito que completes unha oración.

• Meu irmán

• Eles mesmos

• Vós os dous

• Xaquín e mais eu

4. Indica o suxeito e o predicado dos seguintes enunciados.

• Os alumnos de 1.º son os mellores do instituto. • A min gústame o deporte. Suxeito Predicado

• Os operarios volveron aos seus postos de traballo. • O goberno decidiu incrementar os impostos.

5. Escribe unha oración cos verbos seguintes como núcleos do predicado.

espertar F

presumir F

mover F

entender F

ACTIVIDADES

3

301828 _ 0026-0037.indd 33 23/09/11 12:38

Page 34: 1º eso l.g

34

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O predicado. Complementos

1. Clases de predicados

Hai dúas clases de predicados: predicado nominal e predicado verbal.• O predicado nominal expresa como é, como está ou que é o suxeito. Contén

os verbos ser, estar e parecer. Exemplos:Xavier é alto. O can está enfermo. Teu irmán parece moi listo.

• O predicado verbal expresa unha acción ou un proceso que lle afecta ao suxeito. Ten como núcleo un verbo distinto de ser, estar ou parecer. Exemplo:

Xacobe xoga ao fútbol co seu curmán.

2. Estrutura do predicado

O predicado verbal dunha oración pode estar formado unicamente polo núcleo (N), que é un verbo. Por exemplo: Sabela saíu. Non obstante, o máis habitual é que o verbo apareza acompañado de complementos (Compl.). Por exemplo:

O avó contouN

aos netosCompl.

un contoCompl.

onte pola tarde.Compl.

2.1. O complemento directo

O complemento directo (CD) nomea o obxecto ou o ser sobre o que recae a acción do verbo. Por exemplo: O avó contou un conto (CD).

A función de complemento directo desempéñaa un sintagma nominal. Se o sin-tagma nominal en función de complemento directo nomea unha persoa, adoita levar diante a preposición a. Exemplo: Coñecín a María.Xeralmente, o sintagma nominal que funciona como complemento directo pó-dese substituír polos pronomes o, a, os, as. Exemplo:

Coñecín a María. F Coñecina.

2.2. O complemento indirecto

O complemento indirecto (CI) nomea o ser ou obxecto sobre o que recae de for-ma indirecta a acción do verbo. Por exemplo: O avó contou un conto aos netos (CI).

O sintagma nominal en función de complemento indirecto sempre leva diante a preposición a. Xeralmente, ese sintagma nominal pódese substituír polos pro-nomes de complemento indirecto que tes no cadro. Exemplo:

O avó contou un conto aos netos. F O avó contoulles un conto.

2.3. O complemento circunstancial

O complemento circunstancial (CC) expresa circunstancias da acción verbal: lu-gar, tempo, modo... Exemplos: Vivo en Lugo. O curso comeza mañá. Falou ben.

Hai diferentes complementos circunstanciais. Velaquí algúns:

Lugar Antía e Aldara van ao teatro. Cantidade Túa irmá traballa moito.Tempo Ana chegou tarde. Causa Iria chegou tarde pola túa culpa.Modo Xiana canta ben. Instrumento O avó pechou a porta coa chave.

Nominal Verbal

Clases de predicados

C. Directo C. Indirecto

Complementos verbais

C. Circunstancial

FÍXATE

Pronomes de CD e de CI

CD CI

1.ª pers. me

2.ª pers. te che

3.ª pers. o, a lle

1.ª pers. nos

2.ª pers. vos

3.ª pers. os, as lles

Sin

gu

lar

Plu

ral

301828 _ 0026-0037.indd 34 29/09/11 16:51

Page 35: 1º eso l.g

35

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA 3

1. Escribe dúas oracións de predicado nominal e dúas de predicado verbal con estes verbos.

ser F

parecer F

comprobar F

retroceder F

2. Subliña o predicado das seguintes oracións, arrodea o verbo e di se son oracións de predicado nominal ou verbal.

• O tren non chegará ata as doce da noite. • Os cubertos están no caixón. Predicado verbal

• Os axentes rexistraron a todos os viaxeiros. • A miña curmá é profesora.

3. Escribe un complemento directo para completar as seguintes secuencias.

• Todas as mozas mercaron

• Xusto naquel momento recordou

• A súa cara tiña

• O cociñeiro prepara

4. Subliña en cada oración o complemento indirecto e despois substitúeo por lle ou lles segundo corresponda.

• Trae o xarope á avoa. F Tráelle o xarope.

• Preparei o cuarto aos invitados. F

• Contou aquela historia ao público da sala. F

• Trouxo da viaxe uns agasallos aos pais. F

• Levei unhas lambetadas aos amigos. F

5. Constrúe unha oración na que integres o complemento circunstancial que se facilita.

ao aeroporto F

moi amodiño F

o próximo venres F

de moitos países F

ACTIVIDADESP

redi

cado

no

min

al

*

Pre

dica

do

nom

inal

*

301828 _ 0026-0037.indd 35 23/09/11 12:38

Page 36: 1º eso l.g

36

LITERATURA

A prosa e o verso

1. Formas de expresión da lingua literaria

A lingua literaria non é exactamente igual ca a que empregamos habitualmente cando falamos ou cando escribimos, senón que adoita ser unha linguaxe ela-borada. De calquera xeito, a lingua literaria, teña unha orixe culta ou popular, pode estar escrita usando dúas formas básicas de expresión: a prosa ou o verso.

2. A prosa

Entre as características que nos permiten distinguir un texto en prosa destacan:

3. O verso

Entre as características que nos permiten identificar un texto en verso destacan:

Verso

• O texto divídese en unidades máis pequenas que se denominan versos:Vilalba, rosa florida,na Terra Chá silandeira,busco a cantiga perdidapola rúa da Roxeira...! MANUEL MARÍA, Terra Chá

• Perséguese a musicalidade e o ritmo. Para iso adóitanse empregar procedemen-tos coma estes:

• – Empréganse versos que teñen o mesmo número de sílabas:Vi-lal-ba, - ro-sa - flo-ri-da, 8 sílabasna - Te-rra - Chá - si-lan-dei-ra 8 sílabas

• – Búscanse versos que coincidan na súa terminación. Esta coincidencia é a rima:florida / silandeira; perdida / Roxeira

• A linguaxe está máis afastada da cotiá porque coida moito a cuestión estética.

Prosa

• O texto escríbese ocupando toda a liña dunha páxina. • A agrupación de diferentes liñas chámase parágrafo. Cada parágrafo está se-

parado por un punto e á parte.

• Non hai unha preocupación especial por conseguir un ritmo determinado ou por marcar unha rima entre cada unha das liñas que compoñen os parágrafos.

• Normalmente, adoita semellarse á linguaxe cotiá.

Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casais estaban lonxe, os arboredos tamén e por alí non había máis ca toxos e pedras.No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o petru-cio que cabalgaba de par do meu cabalo contoume:–Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bo-nita coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e despois de per-der o xuízo tívolle un fillo e contan que foi do demo...

CASTELAO, Cousas

301828 _ 0026-0037.indd 36 23/09/11 12:38

Page 37: 1º eso l.g

37

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le atentamente os seguintes textos e responde.

A árboreA árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galicia.A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos oídos, por-que nela cantan os paxaros; é un arrolador do espírito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.A árbore dános a froita, que é un manxar composto polo mesmo Creador, para re-galía do noso padal; o derradeiro ben que nos quedou do Paraíso perdido.A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.A árbore dános as trabes, o sobrado e as portas da casa. Dános a cama, o armario das sabas e a artesa do pan. Dános o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.A árbore dános o papel barato que trae acotío as novas do que pasa no mundo.Vale máis unha Terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos.Na nosa Terra danse as mellores árbores.O día que saibamos o que vale unha árbore, aquel día non teremos necesidade de emigrar.

CASTELAO, Narracións e outras prosas. (Adaptación)

Teoría da árboreO berce foi antes árbore.Berce da árbore é o vento.A árbore filla da terra,dános sombra e alimento.Árbore, a porta da casa,árbore, o estrado e o teito,árbore, o carro e a mesa, árbore, a chuvia no vento,

• Cal dos textos está en prosa e cal en verso?

En prosa En verso

• Di cales destes versos riman entre si. Subliña a rima.

A árbore dános de todo:barca, teito, enterramento.O mundo semella unha árboreplantada no firmamento.

• Cal dos textos se asemella máis á linguaxe cotiá?

• Explica o que pensas que quere dicir Castelao con esta frase:

Vale máis unha Terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos.

A árbore dános de todo:barca, teito, enterramento.O mundo semella unha árboreplantada no firmamento.A vida parece unha árbore,no medio tan só o vento.

CELSO EMILIO FERREIRO, Viaxe ao país dos ananos. (Adaptación)

3

árbore, a caixa do morto,árbore, a fiestra e o asento. Árbore, o bosque e a barca,no medio só silencio.A nosa casa é unha árbore.Casa da árbore é o ventoque pasa peregrinandocon ledos paxaros dentro.

301828 _ 0026-0037.indd 37 23/09/11 12:38

Page 38: 1º eso l.g

38

Nunha pequena aldea vivía unha fermosa doncela chamada Aracné. Seu pai traballaba na cidade, e a rapaza moraba soa nunha cativa palloza, no cabo da aldea, preto do bosque.Desde pequena Aracné aprendera a fiar e a tecer e conseguira tanta lixeireza nas mans e tiña tan bo gus-to, que o seu nome colleu sona en toda a comarca.A popularidade de Aracné foise facendo cada vez maior, e de moitas aldeas viña xente para vela fiar e tecer. A tecedora non se gababa da súa habilidade, pero achábase segura de si mes-ma e recibía os alaudos como cousa natural.No inverno tiña o seu tear dentro da palloza. Na pri-mavera poñía no xardín o seu tear e á sombra dunha vella oliveira tecía desde o amencer ata que o sol se poñía no horizonte, sen descanso e sen perder a súa axilidade. Era nesta época do ano cando máis visitan-tes tiña, os cales se marabillaban véndoa traballar e quedaban engaiolados coas obras acabadas. Non falta-ban comentarios, aos que a moza non lles facía caso.Pero un día alguén dixo:–Isto é cousa do Olimpo. A mesma deusa Atenea de-beulle de ensinar a tecer!Aracné contestou ao eloxio.–Non foi Atenea quen me ensinou; ensinoume meu pai cando eu era meniña.Pero foi inútil. Desde entón todos dicían que as mans prodixiosas da tecedora foran adestradas por Atenea.Isto anoxaba tanto a Aracné que unha tarde dixo:–Non quero que se rumoree máis que Atenea me axu-dou ou me axuda. Non é certo. Ademais, sei que po-do tecer mellor ca a deusa. Se viñese aquí, podería de-mostrarllo.Chegaron as palabras do reto ao Olimpo, e a mesma Atenea, poucos días despois, convertida en velliña, presentouse onda a tecedora:–Rapaza –dixo a suposta velliña–, escoitei as túas pa-labras e podo dicirche que Atenea podería facer ese labor con máis axilidade ca ti.Aracné ergueu os ollos do traballo que facía, mirou a muller e contestou:–Señora, estou disposta a manter o que dixen. Que veña Atenea para demostrarllo.–Pois velaquí a tes –dixo Atenea mentres se despoxa-ba do seu disfrace–. Demóstramo.Aracné non se perturbou pola presenza da filla de Zeus. Sentía respecto pola deusa, pero estaba segura

de si, da súa habilidade. Así que preparou o seu tear. E, preto do dela, dispuxo o seu Atenea e comezaron a tecer.Atenea representou no seu tapiz as doce divindades do Olimpo. Zeus estaba no centro sentado nun gran trono. Arredor aparecían os outros deuses nos intres máis culminantes das súas aventuras. Remataba o ta-piz cunha grilanda de oliveira.Aracné fixo outro tanto. Representou os doce deuses, pero ridiculizándoos. Os episodios en que padeceran algunha desfeita foron aproveitados por Aracné para fixar as súas imaxes no tapiz. No remate rodeouno dun marco de hedra.Satisfeita quedou Atenea coa obra creada polos seus dedos, mais cando viu a de Aracné, toda a carraxe que collía nos intres máis terribles apoderouse da súa cara e das súas mans. Os ollos relucíanlle coa xenreira e dun saque rachou o tapiz de Aracné.Endexamais a tecelá fora aldraxada desa maneira. Desesperada, a moza botou a correr cara ao bosque e na súa fuxida caeu por un barranco e quedou enlea-da nas matogueiras e gravemente ferida.Atenea, que non agardaba tal reacción da tecedora, foi onda ela e díxolle:–Non morrerás, rapaza, pero tampouco has vivir coa túa vida anterior. Condenareite a tecer por toda a eter-nidade.De súpeto, os brazos e as pernas de Aracné foron de-formándose. A súa cabeza e o seu corpo pequerrecho cubríronse dunha pelaxe visguenta. Atenea transfor-mouna en araña. E desde entón Aracné tece os seus encaixes nas pólas das árbores.

ANISIA MIRANDA, Mitos e lendas da vella Grecia. (Adaptación)

Aracné

U N I D A D E

4

301828 _ 0038-0047.indd 38 23/09/11 12:38

Page 39: 1º eso l.g

39

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. No texto faise referencia aos deuses do Olimpo e aparece unha deusa, Atenea.Marca. Quen cres ti que eran os deuses do Olimpo?

Os deuses da antiga Escandinavia. Os deuses da antiga Grecia. Os deuses da cultura hindú.

2. Responde.

• Que facía Aracné na primavera?

• Quen lle ensinou a tecer a Aracné?

• Como reacciona Aracné cando lle din que tiña que ser Atenea quen lle ensinou a tecer?

3. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras (V) ou falsas (F) e explícao.

Aracné era unha moza moi humilde. Aracné tiña moita confianza nas súas habilidades.

Atenea foi piadosa coa rapaza. Atenea non tiña moito sentido do humor.

4. Contesta.

• Que representou Aracné no seu tapiz?

• Cal foi o castigo que lle impuxeron a Aracné?

• Cres que o castigo foi merecido ou que foi desproporcionado? Razóao.

ACTIVIDADES

Nesta lenda clásica cóntasenos como unha deusa castiga a conduta dunha moza convertén-doa nun animal desagradable. Este castigo apa-rece xustificado pola soberbia da moza, que non acepta que ninguén poida ser superior a ela na arte de tecer. Pero tamén se dá conta do carácter vingativo dos antigos deuses gregos, que eran representados sempre como persoas, coas mes-mas paixóns, virtudes e defectos dos humanos.

Gababa: loaba, presumía de algo. Alaudos: loas, felicitacións, cumprimentos.Tapiz: peza de tea grosa, que serve para cubrir chans ou paredes e que adoita ir decorada de xeito artístico.Grilanda: tira de adorno feita con flores e follas.Xenreira: odio ou antipatía por algo ou alguén.Enleada: atrapada, presa por algo.

Claves da lectura Vocabulario

4

301828 _ 0038-0047.indd 39 23/09/11 12:38

Page 40: 1º eso l.g

40

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A lenda1. A lenda. Concepto

As lendas son narracións breves de feitos prodixiosos en que adoitan aparecer seres fantásticos con facultades sobrehumanas (mouras e mouros, xigantes, ana-nos...). Ás veces, as lendas aséntanse en sucesos reais que foron transformados pola imaxinación. Pero, xeralmente, baséanse en feitos ficticios que se presentan como reais.

A lenda é un tipo de texto narrativo que posúe unhas características diferenciais:

• É de autor descoñecido porque se trata dunha creación dunha comunidade que o pobo foi elaborando ao longo do tempo.

• Pertence á literatura popular de tradición oral. Non obstante, moitas delas non chegarían ata nós se alguén non se ocupase de poñelas por escrito.

• Está vencellada a un lugar concreto.

• Debido ao seu carácter oral, podemos atopar variacións dunha mesma lenda feitas sobre un esquema fixo.

• Trata de lle transmitir saberes, modos de comportarse ou explicacións dun determinado feito á comunidade en que aparece.

2. De que falan as lendas?

Nas lendas podemos atopar cidades asolagadas, tesouros agochados e seres ma-rabillosos que os gardan, mulleres encantadas, mouros que viven en covas, lobis-homes, etc. Ademais, segundo o tema que traten, poden clasificarse como segue:

• De mouros e tesouros, nas que aparece ese pobo imaxinario –os mouros– que viven en covas, castros ou montañas.

• Haxiográficas, que transmiten un feito relacionado coa Virxe ou cos santos.

• Etiolóxicas, as que explican a orixe ou o nome dun lugar.

• Históricas, as que aluden a un suceso histórico.

1. Le a seguinte lenda e marca a continuación o grupo temático ao que pertence.

Ardemil e XanardeOs avós dun amigo meu contaban que nestas dúas parroquias próximas ao concello de Ordes hoube-ra, cando aínda os lugares todos non tiñan nome, un grande incendio que se estendía polos montes que á vista estaban. Tal era o lume e o espectáculo arrepiante, tal a perda e a desolación, que as xen-tes mirando ao lonxe repetidamente exclamaban:

–Arden mil montes! Arden mil!

Así se chamou desde entón aquel lugar: Ardemil, e séguese a chamar así en recordo daquel lume.

Non lonxe de alí hai outro lugar que ten por no-me a nova feliz de que acabou o incendio. Pasa-dos uns días alguén anunciou:

–Xa non arde! Xanarde! E así lle quedou.X. L. RIVAS E BALDOMERO IGLESIAS,

Somos lenda viva. (Adaptación)

De mouros e tesouros. Haxiográfica. Etiolóxica. Histórica.

ACTIVIDADES

As lendas transmitíronse oralmente de xeración en xeración.

301828 _ 0038-0047.indd 40 23/09/11 12:38

Page 41: 1º eso l.g

41

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Contesta sobre a lenda anterior.

• Di a que lugar ou lugares concretos está vencellada.

• Atopas algunha referencia á época en que aconteceron os feitos? Indica cal.

• Que trata de explicarnos esta lenda?

• Pensas que nos conta feitos ficticios ou reais?

3. Indica a que tipo de lenda pertencería algunha das seguintes.

• Lenda sobre a orixe dunha lagoa F

• Lenda sobre un cabaleiro medieval F

• Lenda sobre un tesouro agochado F

4. Di en cal dos tipos de lenda anteriores integrarías esta que segue.

Mámoa de FerroedoNo lugar de Ferroedo, parroquia de Abuíme, concello do Saviñao (Lu-go), hai unha mámoa na que está enterrado un mouro cun grande haber. Cando uns homes foron cavar para sacar o tesouro, as almas dos mouros baixaron das nubes con moito estrondo de tronos e raios.

galiciaencantada.com

5. Localiza no texto da lectura Aracné exemplos destes elementos propios das lendas.

• Personaxes fantásticos F

• Feitos sobrenaturais F

• Personaxes que poderían ser reais F

6. Escribe unha lenda inventada por ti sobre a orixe dalgún destes lugares: Vilachá / Boimorto / Penamaior.

4

Tipo de Lenda

I

301828 _ 0038-0047.indd 41 23/09/11 12:38

Page 42: 1º eso l.g

42

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

Os empregos e as profesións

1. Relaciona cada un dos nomes de oficios e profesións coa ilustración que lle corresponda.

1. albanel2. carpinteiro3. ourive4. cirurxiá5. oleira6. xuíza7. peiteadora8. varredor

2. Forma a partir das seguintes palabras os nomes de profesións empregando as terminacións -dor e -ista.

• ilustrar F ilustrador • contratar F contratista

• vernizar F • administrar F

• máquina F • telefonar F

• soldar F • transportar F

3. Di que oficio ou profesión desempeña a persoa que se dedica ás seguintes actividades. Indícao en masculino e en feminino.

Masculino Feminino Masculino Feminino

tecer tecelán tecelá xudicatura

botica cirurxía

deseño conducir

ensino carpintaría

edición alcaldía

4. Busca estas palabras no dicionario e escribe dúas acepcións distintas de cada unha.

*

*

*

actor

bedel

gobernante

A INFORMACIÓN NO DICIONARIO

Ademais do significa-do da palabra, no dicio-nario podemos atopar: • Información etimo-

lóxica, é dicir, infor-mación so bre a orixe da palabra.

• Información grama-tical, especialmente sobre a categoría á que pertence a pala-bra.

• Información sobre o uso da palabra: que valor ten (despectivo, afectivo, irónico...), a que nivel correspon-de (vulgar, culto...).

• Información sobre si-nónimos, antónimos, familias de palabras...

301828 _ 0038-0047.indd 42 23/09/11 12:38

Page 43: 1º eso l.g

43

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O son B ten dúas representacións gráficas: o b e o v. Escríbense coa grafía b:• As desinencias do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos da 1.ª conxugación:

-ba, -abas, -aba, -abamos, -abades, -aban. Exemplos: calzaba, calzabas, calzaba...• Os verbos acabados en -buír e en -bir (agás servir, vivir e vir). Exemplos: escribir, atribuír.• Os verbos caber, deber, beber, haber, lamber e saber.• Diante de consoante (agás acivro e ávrego). Exemplos: obter, blusa, obstáculo...• As palabras que comezan por bu-, bur-, bus-. Exemplos: bufar, burbulla, buscar.• Os prefixos bi-, bis-, bio-, sub-. Exemplos: bifocal, bisavó, biografía, suburbano...Tamén se escriben con b moitas outras palabras que non seguen unha regra concreta e os seus compostos e derivados.

O son B. A grafía b

ACTIVIDADES

1. Une os prefixos co termo co que poidan formar unha nova palabra e escríbeas.

2. Escribe unha palabra derivada das seguintes.

• ribeira F ribeirense • trobar F • baleiro F

• móbil F • marabilla F • rebelde F

3. Completa os seguintes tempos verbais.

• bebo, , bebe, , bebedes, .

• cabía, cabías, , cabiamos, , .

• , , debe, debemos, , deben.

• saberei, , , , saberedes, saberán.

4. Completa as seguintes palabras.

• o staculizar • a razo • su traer • a sorber

• ama le • o riga • a stracto • posi le

4

abelá,

automóbil,

bolboreta,

baleiro,

gabián,

marabilla,

rebentar,

ribeira,

trobador...

Escríbensecon B

bio- bi- bis- sub-

sílaba neto grafía director título

bisílaba,

301828 _ 0038-0047.indd 43 29/09/11 16:51

Page 44: 1º eso l.g

44

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O verbo: raíz e desinencias

1. O verbo: raíz e desinencias

Os verbos son palabras variables que expresan accións, estados ou procesos si-tuados nun tempo pasado, presente ou futuro. Exemplo: andaches, ferve, partirá.

Cada verbo admite moitas formas distintas, que son resultado de sumar dous elementos: unha raíz (and-) e unhas desinencias (-aches, -aría, -e, -ases).

• A raíz é a parte do verbo que nos informa da acción, do estado ou do proceso ao que o verbo se refire.

• As desinencias son as terminacións que se lle engaden á raíz para construír as distintas formas verbais. Exemplo de análise dunha forma verbal:

Forma verbal 5 Raíz 1 Desinencias F Información das desinencias

andaredes and- -aredes

persoa: segunda número: plural tempo: futuro modo: indicativo

*

2. Número e persoa dos verbos

• As desinencias verbais informan sobre o número de seres que realizan a ac-ción: un (formas de singular) ou varios (formas de plural).

• A maior parte das formas verbais expresan a persoa gramatical que realiza a acción: eu/nós (1.ª persoa), ti/vós (2.ª persoa) ou el, ela/eles, elas (3.ª persoa).

3. O tempo dos verbos

As formas verbais expresan a noción gramatical de tempo situando a acción no pasado, no presente ou no futuro. Exemplos:

De pasado (antes)

teceuDe presente (agora)

tece

De futuro (despois)

tecerá

4. O modo dos verbos

Hai tres modos verbais: o indicativo, o subxuntivo e o imperativo.

• Empréganse formas do modo indicativo cando o falante concibe a acción co-ma se fose real, aínda que non se producise. Exemplos:

Aracné preparaba o fío no inverno. A deusa gañará a aposta.

• Empréganse formas do modo subxuntivo cando o falante concibe a acción como algo posible, desexable ou dubidoso, ou quere dar unha orde negativa. Exemplos:

Oxalá Aracné gañe a aposta. Quizais non merecese tanto castigo.

• Empréganse formas do modo imperativo cando o falante quere dar unha or-de afirmativa. Exemplo. Demóstramo.

Modo verbal

Subxuntivo

(quero que) recollas

ImperativoIndicativo

(eu) recollo recolle (ti)

TEN EN CONTA

Infinitivo, xerundio e participio

Algunhas formas ver-bais non expresan a persoa gramatical que realiza a acción. Son o infinitivo (andar, ba-ter, partir), o xerundio (andando, batendo, par-tindo) e o participio (andado, batido, parti-do).

301828 _ 0038-0047.indd 44 23/09/11 12:38

Page 45: 1º eso l.g

45

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Subliña os verbos que haxa nos seguintes enunciados.

• Se chegades primeiro, agardade por nós. • Creo que ela che dixo que non a acompañases.

• Preguntou cando marchaban seus pais. • Vin que teu irmán saía do cine antes do final.

2. Clasifica estas formas verbais segundo o verbo ao que pertenzan.

• andabades • sairedes • convertera

• convertas • sairían • andase

3. Constrúe con cada raíz cinco formas verbais.

• • •

• • •

cant- • aprend- • viv- •

• • •

• • •

4. Completa cada secuencia escribindo tres accións máis.

• Os domingos comemos fóra, vemos o fútbol pola tele, durmimos a sesta e deitámonos cedo.

• Onte pasearon pola praia,

• Mañá estudaremos matemáticas,

• Todos os días vou ao instituto,

5. Transforma estes enunciados en negativos e indica en que modo está o verbo de cada grupo.

• Recolle a mesa. F Non

• Marcha para a casa. F Non

• Abre a neveira. F Non

I I

Modo Modo

ACTIVIDADES

4

andar converter saír

* * *

301828 _ 0038-0047.indd 45 23/09/11 12:38

Page 46: 1º eso l.g

46

LITERATURA

A versificación

1. A versificación. Concepto

A versificación baséase na reiteración de elementos para dar sensación de rit-mo. Entre estes elementos destacan a medida dos versos, a distribución dos acentos e a rima. Todos eles constitúen a métrica do poema.

2. A medida dos versos

A medida dun verso vén dada polo número de sílabas que ese verso contén, pola posición do acento na última palabra do verso e por algúns recursos aos que lles chamamos licenzas métricas.

A posición do acento na última palabra do verso aféctalle ao cómputo silábico do seguinte xeito:

• Se o verso remata en palabra esdrúxula, cóntase unha sílaba menos:

que brúa con son de órgano 9-1 = 8 sílabas

• Se o verso remata en palabra grave, o número de sílabas non varía:

no sagrado segredo 7 sílabas

• Se o verso remata en palabra aguda, cóntase unha sílaba máis:

un vento que vai e vén 7+1 = 8 sílabas

As principais licenzas métricas que lle afectan ao cómputo silábico son a sina-lefa e a diérese:

• A sinalefa é un recurso que consiste en pronunciar nunha soa sílaba a sílaba final dunha palabra e a inicial da seguinte. Prodúcese cando unha palabra re-mata en vogal e a seguinte empeza tamén por vogal ou por h. Nestes casos, as dúas vogais pronúncianse xuntas e cóntase unha soa sílaba. Exemplo:

en - frau-ta - de - ver-de o-li-vo 8 sílabas C

• A diérese consiste en pronunciar en dúas sílabas (a-i-re) as vogais dun diton-go (ai-re). Exemplo:

El vai cal vai nubrado vagabundo (11)que empuxa impetuoso cerzo xeado (11)cal vai en busca de máis doce clima (11)

3. Clasificación dos versos segundo a súa medida

Segundo a súa medida, os versos poden ser de arte menor ou de arte maior.

• Versos de arte menor. Son os que posúen de dúas a oito sílabas métricas:– bisílabo: 2 sílabas – pentasílabo: 5 sílabas – octosílabo: 8 sílabas – trisílabo: 3 sílabas – hexasílabo: 6 sílabas – tetrasílabo: 4 sílabas – heptasílabo: 7 sílabas

• Versos de arte maior. Son os que posúen nove ou máis sílabas métricas:– enneasílabo: 9 sílabas – hendecasílabo: 11 sílabas – tridecasílabo: 13 sílabas– decasílabo: 10 sílabas – dodecasílabo: 12 sílabas – alexandrino: 14 sílabas

301828 _ 0038-0047.indd 46 23/09/11 12:38

Page 47: 1º eso l.g

47

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le os seguintes poemas populares e contesta.

Sílabas Sílabas

1 Non quero nada contigo 2 Montañesa, montañesa, que es bravo como as xestas anque che son da montaña e negro como un chamizo. anque che son, non me pesa.

3 Todo o día na taberna 4 Guapo que tanto soubeches, seica tanto como o viño, se é que sabes o camiño, seica, seica a taberneira. volve por onde viñeches.

• Mide os versos de cada poema tendo en conta as sinalefas marcadas e indica o número de sílabas.

•Como se chaman os versos desta medida?

•Son de arte maior ou menor? Explícao.

2. Relaciona cada poema anterior co seu contido.

Un home está sempre na taberna por quedar coa taberneira.

Unha moza rexeita un mozo por bruto e por ter a pel escura.

Un que semella ser moi sabido e presumido é rexeitado pola moza.

Unha moza móstrase orgullosa de ser de onde é.

3. Intenta escribir un poema de tres versos que teñan o mesmo número de sílabas.

4. Le o poema de Curros Enríquez e contesta.

Ben chegado Sílabas

Que doce e deleitoso é dun pai o desvelo, cando á beira do seu leito de esposo vai oír, pracenteira, do seu primeiro fillo a voz primeira.

• Cal é o tema principal deste poema?

• Indica o número de sílabas que teñen os versos e o seu nomes. Marca as sinalefas.

4

C

C

C

C

C

C

301828 _ 0038-0047.indd 47 23/09/11 12:38

Page 48: 1º eso l.g

48

Antón de Leivas vivía cos seus pais e irmáns en Vilare-lle, na casa que está mesmo á beira da fraga de Unces. Era un mozo de vinte e catro anos, de mediana estatu-ra e arroibado, como adoitan ser os de Vilarelle. Os Leivas tiñan unha boa labranza, e era seu o bosque de Portela, que por derriba do camiño todo é un faial. Un domingo calquera, ao saír da misa, un amigo seu chamou a Antón de Leivas á parte e díxolle:–Estiven detrás de ti na misa e non me cansaba de mi-rarche a cachola… Tes a orella dereita moito máis grande ca a esquerda. Antes non a tiñas así!–Pois nunca ninguén me dixo nada –replicou Antón, levando a man á orella dereita.Xa na casa, consultou coa nai e os irmáns e todos ato-paron que a orella dereita lle medrara máis do debido; e tamén lle engordara embaixo. A orella, segundo o parecer da familia e dos veciños, seguíalle medrando a Antón. Leivas andaba cismando no choio, e decidiu ir ao menciñeiro, a un que había en Liñares, que se cha-maba Secundino. Este sempre comentaba que se adiantaba en dar as doenzas de Xan ou de Pedro aos mellores médicos de Lugo.O señor Secundino estudoulle as orellas a Antón, me-diullas e, logo de pensalo un pouco, comentou:–De boa te libraches! Ías ter unha bostela inchada nos interiores e, nun descoido, pasouche á orella, on-de está benigna.

Antón volveu a Vilarelle máis tran-quilo. A orella deixara de medrar, segundo os que acudían a mirarlla.Un día, unha veciña súa, moi bran-ca de pel, admirando a orella de An-

tón, preguntou se se escoitaría algo dentro dela, e acaroando a súa orella esquerda á famosa de Antón, e a súa meixela á meixela do mozo, exclamou:–O mar! Escóitase o mar coma nas buguinas mariñas!E desde entón moita xente, especialmente nenos, que-rían escoitar o mar na orella de Antón de Leivas. In-cluso quixo María de Don, unha moza moi garrida, que nunca lle fixera caso a Antón. María agora pasaba as horas escoitando o mar na orella de Antón, e sorría. E tal foi a cousa que se fixeron noivos e casaron.María díxolle a Antón que non quería que ningunha outra muller volvese endexamais escoitar na súa orella o mar do Orzán. Pero nenos, os que quixesen.María tiña un irmán en Venezuela, e ao verán seguinte ao maio da súa voda con Antón, chegou a Vilarelle de vacacións. Moreno, moi elegante, con zapatos brancos e fumando rubio, e con gran variedade de gravatas e sombreiros. Abrazou ao seu cuñado Antón, mirouno e remirouno, comparou as orellas ambas, e levouno a carón do palleiro para falaren sen seren ouvidos.–Oye, chico, esto es una vaina! Tienes las dos orejas iguales!–Pois todo o mundo me ve a dereita máis grande ca a esquerda… Ademais, escóitase nela o mar.–Eso es lo que los periodistas científicos de Caracas llaman «un caso de sugestión colectiva» y nada más.–Non llo dirás a ninguén? –inquiría Antón, entristecido.–Que vaina, cuñado! Yo, como muerto!Antón respirou, porque lle estaba sacando algúns car-tos á orella dereita. As nais traían os fillos raquíticos

ou que non medraban e fre-taban as súas cacholiñas contra a orella dereita de An-tón. Este cobraba tres pesos por sesión e as nais, agrade-cidas, deixábanlle de regalo un queixo ou un pito. Antón estaba desexando que o cu-ñado se volvese para Vene-

zuela. Porque en canto estaban sós, non facía máis ca comentarlle:

–Un caso célebre de sugestión colec-tiva!

ÁLVARO CUNQUEIRO, Os outros feirantes. (Adaptación)

A orella de Leivas

U N I D A D E

5

301828 _ 0048-0057.indd 48 23/09/11 12:41

Page 49: 1º eso l.g

49

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Fai un breve resumo do texto a partir da ilustración.

2. No texto faise referencia a un menciñeiro, ao que vai consultar Antón.Marca o que é un menciñeiro.

Un farmacéutico. Un curandeiro. Un médico retirado que consulta na casa.

3. Responde.

• Acudiches ou acudirías ti a un menciñeiro? Xustifica se o farías ou non.

• En verdade ten Antón unha orella moito máis grande ca a outra? Explícao.

• Por que di seu cuñado que se trata dun caso de «sugestión colectiva»?

Porque é produto da imaxinación de todos. Porque é un caso interesante.

4. Marca os beneficios que lle sacou Antón á súa orella.

Casou con María de Don. Cobraba tres pesos por sesión.

Oía conversas a un quilómetro de distancia. As nais dos nenos deixábanlle un regalo.

ACTIVIDADES

Neste texto de Álvaro Cunqueiro, coma en moi-tos outros do autor, aparece un personaxe co-mún, Antón de Leivas, ao que de repente lle acontece un suceso extraordinario que o fai dife-rente e para o que ninguén lle atopa unha expli-cación lóxica. Ao personaxe central, a partir do estraño agrandamento dunha das súas orellas, todo lle vai moito mellor e ata se beneficia eco-nomicamente. Deste xeito, resultaralle incómo-do que o seu cuñado descubra que en realidade non hai nada diferente na súa orella dereita.

Arroibado: avermellado, de cor encarnada.Faial: bosque de faias, árbores altas de codia lisa e cor abrancazada.Bostela: pústula ou cotra que recobre as feridas.Benigna: que non é maligna ou perigosa.Acaroando: poñendo ao carón, ao lado.Buguinas: cunchas de caracois mariños.Raquíticos: que padecen raquitismo, que non medran e están moi febles.Fretaban: fregaban, rozaban.

Claves da lectura Vocabulario

5

301828 _ 0048-0057.indd 49 23/09/11 12:41

Page 50: 1º eso l.g

50

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A descrición I1. A descrición

Describir é coma pintar un cadro ou facer unha fotografía, pero con palabras. A descrición consiste en presentar as partes ou os trazos característicos de seres, lugares, obxectos ou fenómenos, co fin de que o receptor poida formar unha imaxe fiel deles. Podemos atopar descricións nos textos literarios, nos manuais de instrucións, nos folletos turísticos, nas guías, nos catálogos...

A descrición pode ser obxectiva ou subxectiva:

• Cando o emisor se limita a reflectir o que ve sen manifestar os seus sentimentos e empregando unha linguaxe rigorosa e precisa, realiza unha descrición obxectiva.

• Cando o emisor reflicte as opinións e as emocións que lle produce a realidade que describe, falamos de descrición subxectiva.

2. Como se fai unha descrición?

Para elaborar unha descrición debemos seguir estes pasos:

• Observar con atención a realidade que imos describir (aínda que tamén se po-de describir algo imaxinario).

• Seleccionar o máis importante e descartar o que non ofreza interese.

• Ordenar dun xeito lóxico os elementos que previamente seleccionamos, por exemplo, do xeral ao particular ou viceversa; desde o exterior cara ao interior; de arriba a abaixo...

• Redactar a descrición utilizando un vocabulario axeitado e preciso, e empre-gando recursos expresivos que destaquen máis as características do que se que-re describir.

3. A lingua das descricións

O adxectivo é unha categoría gramatical esencial nos textos descritivos porque é o que expresa as características e os detalles do que describimos (cores, formas, tamaños). Tamén son importantes as comparacións porque, ao describir, pode-mos relacionar esa realidade con outra coñecida por todos. As enumeracións e as referencias espaciais (detrás, onda, ao outro lado, etc.) tamén son moi frecuentes neste tipo de textos. A coma é o signo de puntuación máis empregado.

1. Le con atención o seguinte texto e despois contesta.

A Berenguela é a máis alta das tres torres da catedral de Santiago, con 72 metros de altura. Na parte alta ten unha fermosa cúpula, onde se sitúa a campá de dous metros e medio de diámetro, considerada unha das mellores do mundo.

Na parte central da torre hai un reloxo, por iso tamén se chama a Torre do Reloxo. Na parte baixa ten por dentro unha escaleira, que vai dar á balaustrada.

ACTIVIDADES

301828 _ 0048-0057.indd 50 23/09/11 12:41

Page 51: 1º eso l.g

51

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

• Que se describe no texto?

• Que hai na parte alta?

• Por que se lle chama Torre do Reloxo?

• Como se ordenan os elementos que se describen? De arriba abaixo. De abaixo arriba.

• Que tipo de descrición é? Obxectiva Subxectiva

2. Le o seguinte texto e marca os datos que contén.

A gaita galegaA gaita galega é un antigo instrumento musical de vento, moi impor-tante na nosa música tradicional e mesmo na nosa música actual.

As partes principais da gaita son o fol, a bolsa que se enche de aire a través do soprete, e os tubos con buratos que producen o son ao saír o aire por eles. Estes tubos son o punteiro, de forma cónica, que serve para dar as notas; o roncón, o máis longo, que se apoia sobre o ombro do gaiteiro; e a ronqueta, que se apoia sobre o antebrazo.

Nun principio, os foles eran de coiro e os diferentes tubos, de madeira.

Na actualidade fanse tamén doutros materiais.

As gaitas adoitan levar, pendurando do roncón, algúns adornos: son os farrapos e as borlas.

• Marca os datos presentes no texto.

Clase de instrumento musical. Afinación das gaitas. Partes das gaitas.

Data exacta de aparición das gaitas. Materiais utilizados nas gaitas. Adornos das gaitas.

3. Describe ti unha gaita a un estranxeiro que non coñece este instrumento.

4. Relaciona cada personaxe da lecturacoa descrición que se fai del e di quen é.

1. Mozo de mediana estatura e arroibado.

2. Moi branca de pel.

3. Moreno e elegante.

4. Moza moi garrida.

• Engade un adxectivo máis para completar a descrición de cada un deles.

5

PunteiroRonqueta

Fol

Roncón Soprete

301828 _ 0048-0057.indd 51 23/09/11 12:41

Page 52: 1º eso l.g

52

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As partes do corpo

1. Pon ao lado de cada palabra o número correspondente.

queixo meixela

cella pómulo

meniña (do ollo) beizo

sen cabelo

cello orella

nariz testa

2. Completa as seguintes frases feitas coa palabra que cumpra.

• Con el non se pode contar, porque nunca bota unha .

• Non botes a a pacer, que é moi feo!

• Non llo dixen berrando, díxenllo coa pequena.

• Eu xa non vou opinar, porque a min tenme de .

• Cando me viu a moto, caéronlle os todos.

3. Completa cada serie con outra palabra relacionada coa mesma parte do corpo.

dedas, nocello, pé, coxa,

maimiño, corazón, furabolos, anular,

antebrazo, ombreiro, man, pulso,

nariz, orella, boca, fazula,

4. Emparella cada termo co seu sinónimo.

fazula barbela fronte tempa labio

sen meixela beizo testa queixo

5. Escribe dous adxectivos antónimos para cada unha destas palabras.

• pelo F longo / curto • nariz F

• día F • auga F

• uña F • pé F

11211

10

98

7

23

4

5

6

ollo

man

dentes

boca

lingua

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS

Dous termos son sinó­nimos cando teñen o mesmo significado, isto é, cando se pode subs tituír un polo outro.

acender-prender

Dous termos son an­tó ni mos cando un signi fi ca o contrario do outro.

acender apagar

301828 _ 0048-0057.indd 52 23/09/11 12:41

Page 53: 1º eso l.g

53

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

Escríbense coa grafía v:• As formas dos verbos que levan o son B e non teñen nin b nin v no seu

infinitivo. Exemplos: vou, tiven, estiven, estivera, tivera, estivese...Exceptúanse as terminacións -aba, -abas... do pretérito imperfecto da 1.ª conxugación.

• Os verbos vir, servir e vivir e os seus derivados. Exemplos: previr, convivir...• Os verbos acabados en -servar. Exemplos: conservar, observar...• Despois de b, d. Exemplos: advertir, subvención...• Os adxectivos rematados en -ivo/a. Exemplos: deportivo, positivo...Tamén se escriben con v moitas outras palabras que non atenden a unha regra fixa.

O son B. A grafía v

ACTIVIDADES

1. Escribe ao lado de cada verbo a palabra da que provén.

• vernizar F • conversar F • valorar F

• avermellar F • acovardar F • avultar F

2. Completa as palabras seguintes.

• ad erbio • ob iamente • acti o • sub ención

• progresi o • ad ertencia • vengati o • ad erso

3. Completa os seguintes tempos verbais.

conservo, , conserva, , conservades, .

vivo, vives, , vivimos, , .

, , observa, observamos, , observan.

vou, , , imos, ides, .

, vés, vén, , vides, .

4. Completa con b ou v as formas verbais das seguintes oracións.

• De e ter uns oitenta anos pero consér ase moi ben.

• Esti en con el e ti emos unha longa charla.

• Cando i iamos na aldea sempre esta amos xogando ao aire libre.

• Esti o moi entretida a película, pero agora ou marchar para a casa.

5

avó, verza, avogado, covarde, esvelto, trevo, vulto, vasoira, voda, varrer, verniz, vermello...

Escríbensecon V

301828 _ 0048-0057.indd 53 29/09/11 16:53

Page 54: 1º eso l.g

54

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A conxugación verbal I

1. A conxugación

En galego, os verbos agrúpanse en tres conxugacións (conxunto de formas dun mesmo verbo), segundo a terminación do infinitivo: a primeira conxugación, formada polos verbos cun infinitivo acabado en -ar: cantar, andar, estudar…; a segunda conxugación, formada polos verbos cun infinitivo acabado en -er: co-mer, beber, bater…; e a terceira conxugación, formada polos verbos cun infiniti-vo acabado en -ir: partir, vivir, ferir, fuxir…

2. Os tempos verbais

Chamámoslle tempo verbal ao conxunto de formas verbais que si-túan a acción no mesmo tempo, que a presentan do mesmo xeito e varían só no número e na persoa.

Os tempos verbais refírense ao tem-po e tamén ao modo en que se sitúa a acción: o presente (de indicativo, subxuntivo e imperativo), os tem-pos de pasado –aos que lles chama-mos pretéritos– (de indicativo e de subxuntivo); o futuro (de indicativo e de subxuntivo) e o condicional.

3. Verbos regulares e verbos irregulares

• Son verbos regulares os que manteñen a raíz igual en todas as súas formas e toman as desinencias do verbo que lle serve de modelo: andar para a primeira conxugación, bater para a segunda e partir para a terceira. Exemplo:

• Son verbos irregulares os que non manteñen a raíz igual en todas as súas for-mas ou teñen distintas desinencias ca o verbo modelo. Exemplo:

TEMPOS VERBAIS

Modo indicativo

Presente falo

Pretérito imperfecto falaba

Pretérito perfecto falei

Pret. pluscuamperf. falara

Futuro falarei

Condicional falaría

Modo subxuntivo

Presente fales

Pretérito imperfecto falase

Futuro falar

Modo imperativo Presente fala

Presente Pretérito perfecto Futuro

andar (modelo) and-o and-ei and-arei

estar est-ou estiv-en est-arei

bater (modelo) bat-o bat-ín bat-erei

facer fag-o fix-en fa-rei

partir (modelo) part-o part-ín part-irei

dicir dig-o dix-en di-rei

Presente Pretérito perfecto Futuro

andar (modelo) and-o and-ei and-arei

bailar bail-o bail-ei bail-arei

301828 _ 0048-0057.indd 54 23/09/11 12:41

Page 55: 1º eso l.g

55

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Indica a que conxugación pertencen os seguintes verbos e engade un máis de cada poñendo ao lado a conxugación.

• ferver ( conx.) • desexar ( conx.) • bater ( conx.)

• tusir ( conx.) • rir ( conx.) • preguntar ( conx.)

• ( conx.) • ( conx.) • ( conx.)

2. Escribe cada forma verbal onde corresponda.

• vou • fago • fun

• sei • souben • saberei

• farei • irei • fixen

3. Completa o cadro coa primeira persoa dos seguintes verbos nos tempos verbais indicados e di se son regulares ou irregulares.

Podes empregar o apéndice verbal das páxinas 130­135.

Presente Pret. Perfecto Futuro REGULAR IRREGULAR

responder respondo respondín responderei SI NON

confundir

dicir

andar

facer

estar

4. Completa as oracións co condicional dos verbos indicados entre parénteses.

• Non sei se chegarían os paquetes cos agasallos! (chegar)

• Pensamos se nos de portal. (confundir)

• Carmela xa da súa excursión? (regresar)

• Dese xeito demasiado sinxelo. (parecer)

5. Cambia as seguintes oracións ao subxuntivo comezando por Poida que.

• El volve cedo para a casa. F Poida que el volva cedo para a casa.

• Non atendedes cando vos falo. F

• Ti marcha de aquí. F

• Nós reducimos a velocidade. F

• Eu escoito ben as explicacións. F

ACTIVIDADES

5

facer ir saber

301828 _ 0048-0057.indd 55 23/09/11 12:41

Page 56: 1º eso l.g

56

LITERATURA

A rima

1. A rima. Concepto

Dúas palabras riman entre si cando coinciden os sons situados a partir da vogal acentuada. Exemplos:

axeitado e adecuado botella e mesa.A rima é a igualdade total ou parcial dos sons que dúas ou máis palabras teñen a partir da vogal acentuada. Se o acento da palabra recae nun ditongo, só conta para os efectos da rima a vogal forte do ditongo. Exemplo:

paciente e semente

Hai moitas composicións que non teñen rima. Os versos destas composicións denomínanse versos libres, cando son versos de distintas medidas, ou versos brancos, cando teñen unha medida uniforme.

2. Rima consonante e rima asonante

Dicimos que dous versos riman entre si cando a última palabra dun verso rima coa última palabra doutro verso.

Hai dous tipos de rima: a rima consonante e a rima asonante.

• Na rima consonante repítense todos os sons da última palabra de cada verso a partir da vogal acentuada. Exemplo:

Dendes o Lérez lixeiro, aás veigas que o Miño esmalta, bnon houbo no mundo enteiro, amáis arrogante gaiteiro aque o gaiteiro de Penalta. b

CURROS ENRÍQUEZ

• Na rima asonante repítense os sons vocálicos da última palabra de cada verso a partir da vogal acentuada. Exemplo:

Chove, chove na casa do pobree no meu corazón tamén chove.

CELSO EMILIO FERREIRO

3. A análise métrica

A análise métrica consiste en especificar a medida dos versos e a rima dun poe-ma. A rima indícase asignándolles unha letra aos versos que riman entre si, co-mezando polo a: cando os versos son de arte maior, escríbese unha letra maiús-cula; cando son de arte menor, escríbese unha minúscula. Os versos que non riman con ningún outro chámanse versos soltos, e represéntanse cunha raia. Exemplo.

Coma un paxariño morto 8–nas mans morréuseme o día, 8aarrechegueino ao meu peito 8–por ver se lle daba vida. 8b

LUÍS AMADO CARBALLO

301828 _ 0048-0057.indd 56 23/09/11 12:41

Page 57: 1º eso l.g

57

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte poema e responde.

A RosalíaDo mar pola orelamireina pasar:na fronte unha estrelano bico un cantar.E vina tan solana noite sen fin,que aínda recei pola pobre da tola,eu, que non teño quen rece por min!A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veu...Os ósos son delaque ides gardar.Ai, dos que levan na fronte unha estrela!Ai, dos que levan no bico un cantar!

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

• Este poema vai dedicado a unha famosa poeta galega. Escribe o seu nome completo.

• Escribe algunha expresión ou adxectivo referidos á protagonista do poema.

• Explica se o poema ten rima asonante ou consonante.

2. Le as seguintes coplas ou cantares populares e despois contesta.

Fixo ben a miña nai Catro cousas quere o amoaprenderme a costureira, do criado que o serve:vén a auga e non me molla, tarde á cama, erguerse cedo,vén o sol e non me queima. comer pouco, andar alegre.

• Cal é o número de versos de cada poema?

• Hai versos soltos que non rimen con ningún outro? Cales?

• Cal é o tipo de rima que teñen estes poemas?

• Cales son os versos que riman entre si?

• Coloca unha letra aos versos que riman e unha raia aos que non riman.

5

301828 _ 0048-0057.indd 57 23/09/11 12:41

Page 58: 1º eso l.g

58

Pedriño, o fillo máis vello de Farruco, veu vivir coa súa tía Ádega. El era manso, doce, obediente; pero ta-mén lacazán, pousafoles e, máis ca nada, comellón e lambeteiro.Endexamais podía ver comer sen pedir parte, e moitas veces daba noxo velo tan famento sempre, aínda que tivese o fol estoupando de comida.Cando algún compañeiro comía unha mazá, Pedriño achegábase a el, paseniñamente, e dicíalle con verda-deira humildade:–Non tires o carozo, eh!Despois Pedriño enfiaba os ollos de boi de Belén na gor-xa do compañeiro, co degoiro dun mendigo que olla unha comida de casamento, e dicíalle moi untuoso:–Ben me podías deixar parte!Sabía o gran comellón que a comida non presta se un famento nos está observando, e de cada bocado que recibía a mazá, Pedriño alarmábase:–Que chantada lle metiches! Se lle dás outra, nin chis-co queda dela!Pedriño non deixaba de ollo ao rapaz da mazá deica sacarlla da boca pola persuasión.O mellor que se podía inventar para comer con acougo unha mazá, estando diante de Pedriño, era darlle outra a el, guindándolla de lonxe. E cumpría comer ben ás carreiras, porque, se non, aínda viña o lerchán en demanda de carozo.O seu amigo máis achegado era o Rañolas, un rapaz eivadiño das pernas, que andaba en crequenas, por ter as extremidades encollidas. As pernas do Rañolas estaban tan encartadas que para andar de présa tiña que axudarse das mans, camiñando a catro pés.A tía Ádega sempre lle berraba ao sobriño:–Eu non sei que an-dades a facer, ti e

mais o desgraciado do Rañolas; ¿non haberá na vila un rapaz do teu igual? Que o Noso Señor me perdoe, pero dáme noxo verte sempre con ese eivado!Pedriño calaba, baixando as orellas; mais axiña volvía polo seu amigo Rañolas, tratando de meterllo polos ollos á vella, con verbas cheas de sentimento.Con todo, a tía Ádega non gustaba do Rañolas, aínda que lle tivese mágoa, pois o malpocado rapaz proviña dunha caste ruín. A súa nai, enlordada de pés a cabe-za, non había por onde collela. Era ladra, borracha e preguiceira.Agás da súa familia e da súa facha, o Rañolas era moi agudo, moi entendido e moi bo, segundo dicía Pedri-ño, e a tía Ádega remataba calando e consentindo na-quela amizade.Na noitiña dos días de verán, Pedriño e mais o Raño-las sentábanse a falar na porta da tía Ádega.–Pois eu –dicía o comellón–, se fose moi rico comería tres tortas diarias.–Pois eu –dicía o eivado–, se fose moi rico, moi rico, andaría sempre dacabalo dun cabalo branco.Os dous amigos, sentados a plan, comían as peras e as mazás que o Rañolas sacaba da camisa, de a rentes do coiro. Pedriño pagáballe ensinándolle as letras.–Mañá podes ir aos pexegos do secretario.–Ti moito falas, pero ten un can que…! Eu iría ás ma-zás do cura, pero aos pexegos do secretario…!–Pois se non traes pexegos, xa non ando máis contigo.E o pobre Rañolas aparecía ao seguinte serán coa chambra inflada de pexegos.

CASTELAO, Os dous de sempre.

(Adaptación)

Pedriño e Rañolas

U N I D A D E

6

301828 _ 0058-0067.indd 58 23/09/11 12:41

Page 59: 1º eso l.g

59

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Marca cal é o tema principal da lectura. A opinión da tía Ádega sobre o Rañolas.

A causa de que Pedriño sexa tan larpeiro.

A relación entre Pedriño e Rañolas.

2. Explica. Por que despreza a tía Ádega ao Rañolas? Cres que fai ben?

3. Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas e razóaas.

• Pedriño era un aproveitado pero tiña bo corazón. F Verdadeiro porque

Falso porque

• A tía Ádega quería o mellor para o sobriño. F Verdadeiro porque

Falso porque

• Rañolas deixaba que Pedriño abusase un pouco del. F Verdadeiro porque

Falso porque

4. Escribe brevemente o que esperas ti do teu mellor amigo ou amiga.

ACTIVIDADES

Este fragmento da novela Os dous de sempre de Castelao descríbenos aos seus principais protagonistas, os rapaces Pedriño e Rañolas.

Móstrasenos a Pedriño como un preguiceiro e un lambón, que só pensa na comida e que non ten iniciativa nin ánimos para nada que non sexa comer. Pola contra, Rañolas aparece como un mozo impedido das pernas, pero moi vivo e esperto de carácter.

Pousafoles: preguiceiro, lento, calmoso.

Degoiro: ansia, impaciencia, desexo de comida.

Untuoso: de xeito suave, adulador e moi meloso.

Eivadiño: tolleito, impedido dalgún membro do corpo.

Enlordada: emporcada, enzoufada.

Coiro: pel, pelello do corpo.

Chambra: especie de camisa ancha e frouxa.

Claves da lectura Vocabulario

6

Pedriño Rañolas

É comenenciudo?Si, porque lle interesa estar con Raño-las para que lle consiga comida.

É bo amigo?

Defende as súas ideas?

Aproveita ben as súas habilidades?

301828 _ 0058-0067.indd 59 23/09/11 12:41

Page 60: 1º eso l.g

60

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A descrición II. O retrato1. A descrición de persoas. O retrato

Cando describimos, máis ou menos detalladamente, o aspecto físico dunha per-soa e o seu carácter ou personalidade facemos un retrato. No texto da páxina anterior, pertencente á novela de Castelao Os dous de sempre, o autor retrata a Pedriño e a Rañolas, os dous personaxes da novela.

1.1. Como se elabora un retrato?

Á hora de realizar un retrato é importante:

• Destacar os elementos máis característicos de xeito claro e eliminar os que sexan innecesarios.

– Na descrición física: os aspectos xerais (altura, corpulencia), os detalles concretos (cara, extremidades) e outros aspectos (roupa, calzado, peiteado).

– Na descrición psicolóxica: o carácter ou forma de ser (tímido, aberto, reser-vado), comportamento e relación co contorno (solidario, egoísta, confiado), afeccións e gustos (ler, facer deporte, viaxar).

1.2. A caricatura

A caricatura é un tipo de retrato que só pretende destacar as características físi-cas e de personalidade máis relevantes do personaxe, normalmente coa intención de ridiculizar, deformar ou facer unha loanza. O resultado acostuma ser seme-llante ás caricaturas en pintura, é dicir, adoita ser un retrato esaxerado e distor-sionado.

1. Indica cal das seguintes descricións sería física (F) e cal psicolóxica (P).

Unha descrición centrada no rostro e na roupa dunha persoa.

Unha descrición que explica o carácter e os gustos dunha persoa.

2. Nas descricións son moi importantes os adxectivos.

Indica dous adxectivos que che servirían para describir cada un dos seguintes elementos.

• Unha mazá F

• Un corvo F

• Unha princesa F

• Unha flor F

• Un xoguete F

• Un gato F

ACTIVIDADES

Segundo a intención do autor (ridiculizar, loar, menosprezar, etc.) o ton da descrición pode ser iró nico, caricaturesco, crí tico, obxectivo, serio, etc. Na imaxe, busto caricaturesco de Vicente Risco.

301828 _ 0058-0067.indd 60 23/09/11 12:41

Page 61: 1º eso l.g

61

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

3. Le o seguinte texto e contesta.

Don CelidonioDon Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra seda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semella que botan unto derretido; as nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo.

O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no verán súao en regueiros aceitosos e en pingo-tas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxen-to o corpo, tamén o miolo de don Celidonio: se lle escachasen a testa, en lugar de sisos habían atopar un unto. Corpo e alma tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, mesturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento...

VICENTE RISCO, O porco de pé. (Adaptación)

• Marca a que pensas que é a intención do autor.

loar agradar menosprezar ridiculizar

• A que animal recorda a descrición de Don Celidonio?

• Pensas que esta descrición podería cualificarse como unha caricatura? Explícao.

4. Le a seguinte descrición psicolóxica extraída de Matilda de Roald Dahl.

Despois engade algúns trazos físicos sobre como pode ser esa persoa.

A señorita Honey era unha señora apracible e discreta, que nunca levantaba a voz e a quen raramente se vía sorrir; pero, sen dúbida, tiña o don de ser adorada por todos os nenos que estaban a cargo dela.

5. Elixe unha das seguintes fotos e realiza un retrato da persoa escollida. Debes comezar polo aspecto físico e logo imaxinar os seus trazos de carácter.

6. Intenta explicar en que se semella e en que se diferencia un retrato dunha caricatura.

6

301828 _ 0058-0067.indd 61 23/09/11 12:41

Page 62: 1º eso l.g

62

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As calidades persoais

1. Clasifica as seguintes calidades persoais en positivas e negativas.

• xenerosidade • covardía • indiscreción

• pesimismo • sinceridade • prudencia

• modestia • vaidade • lealdade

Positivas

Negativas

2. Indica un sinónimo de cada unha das seguintes palabras de entre os termos do exercicio anterior.

• humildade F • precaución F • fidelidade F • franqueza F

3. Como cualificarías ti a unha persoa que tivese as seguintes calidades? Escribe o adxectivo máis preciso posible.

Persoa constante, que non se dá por vencida. F tenaz

Quen se preocupa moito dos cartos e intenta gastar ou dar o menos posible.

F

Persoa que se valora excesivamente a si mesmo ou o que ten.

F

Persoa vergonzosa e retraída á que lle custa relacionar-se cos demais.

F

Dise de quen fala de máis ou de cousas que non debe. F Alguén que é moi pouco falador. F

4. Completa as familias de palabras incluíndo polo menos un termo máis en cada unha. Consulta o dicionario se é preciso.

digno, indignar, dignamente, , .

divertido, divertir, divertimento, , .

cumprido, cumprimento, cumprir, , .

agradecido, agrado, agradecer, , .

educado, educación, educar, , .

5. Enche o cadro con termos pertencentes á familia de palabras dos vocábulos propostos.

Verbos precaver honrar

Substantivos precaución humillación legalidade

Adxectivos precavido ruinoso

FAMILIA DE PALABRAS

As palabras que teñen unha mesma orixe e comparten unha mes-ma raíz ou lexema constitúen unha fa-milia de palabras. Por exemplo, da familia de pinga son pingar, pin­guei ra... Algúns dicio-narios inclúen infor-mación sobre a familia de palabras.

301828 _ 0058-0067.indd 62 23/09/11 12:41

Page 63: 1º eso l.g

63

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

A grafía h non representa ningún son. En galego levan h as palabras que xa o le-vaban na lingua da que proceden. Por exemplo: HARMONIA (latín) F harmonía.

Escríbense con h:• As formas dos verbos haber, habitar, herdar e honrar.• As palabras que comezan polos prefixos hecto- (‘cen’), hexa- (‘seis’), hiper- (‘por

riba de’), hidro- (‘auga’), homo- (‘igual’), hemi- (‘metade’).• As palabras que comezan por horr-, hum-, hosp-. Exemplos: horror, húmido, hós-

pede.• As palabras derivadas doutras que levan h. Exemplo: honra F deshonrar.

A grafía h

ACTIVIDADES

1. Completa con h cando cumpra.

• Naquel ostal abía unha umidade orrible.

• Dise que antigamente os erdeiros da coroa real só podían ser omes.

• oxe en día ai moitos ipermercados por a í.

• O medo á auga chámase idrofobia.

2. Copia o texto e ponlles h ás palabras que deban levalo.

Un ome foise polo mundo e deixou na casa desabitada os poucos aforros que tiña, metidos nunha arca amarrada cun adival. Andado o tempo, a casa caeu, e un día uns canteiros foron buscar as pedras que alí abía. Atoparon a arca amarrada cunha cobra e, ao querer escorren-tala, esta botouse a eles.

X. PISÓN, M. LOURENZO, I. FERREIRA, Contos do Valadouro. (Adaptación)

3. Completa os seguintes tempos verbais.

habito, , habita, , habitades, .

había, , , habiamos, habiades, .

, , honra, honramos, , honran.

, herdas, herda, , herdades, .

1. Une cada palabra co prefixo que mellor lle acaia e escribe a palabra resultante.

Hecto F

Hexa F

Hiper F

HIdro F

Homo F

Hemi F

6

ovo, oco,

baía, orfo,

ombro,

óso, ola,

inchar,

úmero...

Sen H

harmónica,

herba,

horta,

prohibir,

hedra,

vehículo...

Con H

301828 _ 0058-0067.indd 63 29/09/11 16:54

Page 64: 1º eso l.g

64

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

A conxugación verbal II

1. Verbos con alternancia vocálica na raíz

Nalgúns verbos prodúcese unha variación na vogal da raíz ou lexema. Aínda así, considéranse regulares. Destacan estes dous modelos:

MODELO SERVIR

Pres. de indicativo sirvo serves serve servimos servides serven

Pres. de subxuntivo sirva sirvas sirva sirvamos sirvades sirvan

Imperativo sirve servide

Seguen este modelo: ferir, mentir, sentir, seguir e os seus derivados.

MODELO FUXIR

Pres. de indicativo fuxo foxes foxe fuximos fuxides foxen

Pres. de subxuntivo fuxa fuxas fuxa fuxamos fuxades fuxan

Imperativo fuxe fuxide

Seguen este modelo: acudir, bulir, cubrir e derivados (descubrir, encubrir), cumprir ‘ser ne-cesario’, cuspir, durmir, fundir, lucir, sacudir, subir, sufrir, tusir, ulir e xurdir, entre outros.

2. Irregularidades no grupo do pretérito

A maioría dos verbos irregulares teñen unha raíz común para as formas dos tempos de perfecto (pretérito perfecto de indicativo, pretérito pluscuamperfec-to de indicativo, pretérito imperfecto de subxuntivo…). Exemplos:

Verbo RaízIndicativo Subxuntivo

Pret. Perfecto Pret. Pluscump. Pret. Imperf.

caber coub- couben coubera coubese

haber houb­ houben houbera houbese

saber soub­ souben soubera soubese

poñer/pór pux­ puxen puxera puxese

estar estiv­ estiven estivera estivese

poder puid­ puiden puidera puidese

3. Irregularidades no grupo do presente

Normalmente, se a primeira persoa do presente de indicativo é irregular, ta-mén o é o presente de subxuntivo. Exemplos:

Verbo Pres. de indicativo Presente de subxuntivo

caber caibo caiba, caibas, caiba, caibamos, caibades, caiban

facer fago faga, fagas, faga, fagamos, fagades, fagan

poñer/pór poño poña, poñas, poña, poñamos, poñades, poñan

valer vallo valla, vallas, valla, vallamos, vallades, vallan

TEN EN CONTA

Irregularidades no grupo de futuro

Os únicos verbos que te- ñen irregulares o futuro e o condicional son fa­cer e dicir e os seus de-rivados. Exemplos:Facer F farei, farás… / faría, farías…

Dicir F direi, dirás… / diría, dirías…

301828 _ 0058-0067.indd 64 23/09/11 12:41

Page 65: 1º eso l.g

65

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Escribe en presente de indicativo estas oracións. Fixate na alternancia vocálica do verbo.

• Meu avó durmiu doce horas seguidas. F Meu avó dorme doce horas seguidas.

• Os discípulos seguiron confiados ao mestre. F

• A bolsa non serviu para gardar iso. F

• Ti subiches ao Pico Sacro. F

2. Escribe as formas que resultan. Despois indica o tempo verbal.

-en -eches -o -emos -estes -eron

coub- couben coubeches coubo coubemos coubestes couberon

soub-

houb-

estiv-

tiv-

puid-

TEMPO VERBAL:

3. A forma verbal que vai riscada é incorrecta. Escribe ao lado a forma correcta.

• Os meus pais dicen que son moi desordenado.

• Díronme un premio por unha redacción sobre o cambio climático.

• Non importa, xa o facerei eu.

• Nós non tuvemos culpa de que vos castigasen no recreo.

4. Completa o cadro.

Pret. perf. indicativo Pret. plusc. indicativo Pret. imperf. indicativo Verbo

fixen fixera fixese facer

puxese

quixemos

trouxerades

dixese

5. Completa as secuencias con verbos en presente de subxuntivo.

• Ven cando ti (querer).

• Non testán e dános a razón. (ser)

• Non creo que ir ao parque acuático. (poder)

ACTIVIDADES

6

301828 _ 0058-0067.indd 65 23/09/11 12:41

Page 66: 1º eso l.g

66

LITERATURA

A estrofa

1. A estrofa. Concepto

Normalmente, os versos dun poema agrúpanse en unidades que reciben o no-me de estrofas. Unha estrofa está composta por un conxunto de versos, cun mesmo número, unha mesma rima, que se repiten varias veces ao longo dunha composición.

Por exemplo, a seguinte estrofa responde ao esquema 6a 6b 6a 6b.Teño un año branco, 6acomo outro non hai, 6bteño un año branco 6aque quedou sen nai. 6b

MANUEL MARÍA

Con todo, hai moitas composicións poéticas que non utilizan ningunha estrofa clásica.

2. Principais clases de estrofas

Os principais tipos de estrofas son o pareado, o terceto, o cuarteto, a redondilla, o sirventés e a cuarteta.

• Pareado. Estrofa de dous versos que riman entre si.Veño de Vigo e vou para Cangas, 11Atodas as mozas me miran as mangas. 11A

POPULAR

• Terceto. Estrofa de tres versos de arte maior que riman en consonante segun-do o esquema ABA.

De súpeto viñeches con esa lonxanía 11Acaraveliño feble en terra ventureira, 11Be eu abrín outra nova fiestra para o día. 11A

AVILÉS DE TARAMANCOS

• Cuarteto. Estrofa de catro versos de arte maior que riman en consonante se-gundo o esquema ABBA.

Todo o tiñas de teu... e nada tiñas 11Aa non ser a fervenza do teu peito, 11Blastimado de lóstregos, maltreito, 11Bpolas salgadas virazóns mariñas. 11A

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Se os versos son de arte menor, a estrofa chámase redondilla (abba).

• Sirventés. Estrofa de catro versos de arte maior que riman en consonante se-gundo o esquema ABAB.

Desorballando os prados coma sono 11Ao tempo vai de Parga á Pastoriza. 11BVaise enterrando, suco a suco, o outono 11Aun paso adiante e outro atrás, Galiza. 11B

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Se os versos son de arte menor, a estrofa chámase cuarteta (abab).

301828 _ 0058-0067.indd 66 23/09/11 12:41

Page 67: 1º eso l.g

67

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte pareado e xustifica por que se trata deste tipo de estrofa.

Terra de labradíoA terra arada e labradasó quere ser sementada!

MANUEL MARIA

• Intenta facer ti un pareado.

2. A seguinte estrofa é un terceto. Pon tres características que o confirmen.

Deixo a miña palabra sen máis florese digo só que foi home cabalhome bo e cabal sen máis louvores.

DARÍO X. CABANA

3. Á seguinte estrofa fáltalle un verso para ser unha redondilla. Engade ti un e complétaa.

Pensa que debe de ter oito sílabas e rimar co primeiro verso.

Non quero ter máis regalos;para min é suficientesó quero ter ben presente

4. Completa o seguinte sirventés de Curros Enríquez cunha palabra que consideres axeitada. Ten coidado, cada verso non pode pasar de once sílabas.

Da aldea fumegan as tellas;detrás dos petoutos vai póndose o sol;retornan prós eidos as ovellasriscando nas beiras o céspede mol.

5. Completa as características da seguinte estrofa e intenta identificar de que estrofa das que vimos na páxina anterior se trata.

Galicia é un outono puro e bon,

Núm. sílabas Esquema da rima Tipo de rima

Asonante

Consonanteun río que decorre mansamente,

lume abrasador, fértil semente,

futuro presentido e en sazón.

MANUEL MARIA

NOME DA ESTROFA

6

A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veu...Os ósos son delaque ides gardar.Ai, dos que levan na fronte unha estrela!Ai, dos que levan no bico un cantar!

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

301828 _ 0058-0067.indd 67 23/09/11 12:41

Page 68: 1º eso l.g

68

No lugar en que comeza ou remata a Terra Chá hai unha vila que se chama Outeiro de Rei. O nome de Outeiro vénlle de estar situado no alto. O apelido de Rei débese a que é a vila máis fermosa da comarca. Tanto é así que as outras vilas dos arredores fixérona capital do seu concello.Outeiro de Rei, no comezo da súa vida, tivo tres ríos: o Pai Miño ou Río Grande, que vén atravesando toda a Terra Chá, ancho, solemne, vigoroso, recreándose a ollar a beleza das súas propias ribeiras. O Ladra, de augas tépedas, que baixa entre árbores, para morrer no Miño; as súas augas cantareiras non desaparecen: mestúranse coas do Miño para darlles un pouco máis de alegría. E finalmente o río Pequeno.Os veciños de Outeiro de Rei vivían felices traballan-do os eidos, coidando o gando e celebrando as súas romarías. Pero un día souberon por boca dun cantor vagabundo que cantou unhas cancións que dicían que no Paraíso Terreal había catro ríos. Desde entón, co-mezaron a andar desacougados porque eles soamente tiñan tres ríos e desexaban ter catro coma o Paraíso Terreal. Que menos!Formaron unha comisión para que xestionase un no-vo río. Falaron co crego, que dixo misas, organizou procesións, entrevistouse co bispo, co arcebispo e co papa. E nada. O novo río non apareceu. Entón a co-misión recorreu ao alcalde, á corporación municipal e ao xuíz. Estas autoridades cobraron axudas, redacta-ron informes, visitaron ao presidente da Xunta e ao da Unión Europea. E nada.Os veciños estaban sen saber que facer nin a quen acudir, cando un rapaciño calado e me-lancólico subiu ao quiosco da música da pra-ciña do Concello, tocou o corno tres veces e, can-do ollou xuntos os veciños que acudiron, díxolles:–Se queremos un río, temos que soñalo. E aparecerá. Teño un amigo en Lugo que se chama Ramón Lamote e é debuxante de soños por encarga. Que cada un so-ñe o río que queremos e chamámolo para que nolo debuxe, pagándolle, como é natural, o seu traballo.A xente quedou pampa. Despois comezou a discutir. Por remate estiveron conformes.Cando cada un tivo soñado o seu río, Ramón Lamote veu a Outeiro de Rei. Instalouse na taberna e cada ve-ciño íalle contando o seu soño. Cos soños de todos fixo un só. Debuxouno e nel puxo toxos, bouzas, ár-bores, prados, pontellas, labradíos e dous muíños. O debuxo era un regato.

A xente quedou moi leda. Xa tiñan un río grande, un mediano e un pequeno. Agora precisaban un regato. Levaron o debuxo aos lugares polos que querían que pasase. Pero, por moito que se esforzaban, o soño non se facía realidade.

Entón procuraron ao rapaciño calado e melancólico para que os aconsellase. Pero o rapaciño ía na romaxe de Santo Alberte. Este santo dálles o don da palabra aos devotos.

Cando o rapaz, que se chamaba Manueliño de Paderna, volveu, a sorpresa da xente foi enorme: falaba en verso!

Manueliño de Paderna colleu o soño debuxado por Ramón Lamote e, seguido por todos os veciños, foi a un lugar do monte e dixo:

Auguiña pura e sinxelaagroma e faite fontela.

E a auga saíu á superficie e agromou e comezou a correr monte abaixo. Os ve-ciños seguírona marabillados. Paderna parou e dirixiuse á auga e díxolle:

Descansa. Vai amodiño.Encórate: tes que mover un muíño!

A auga encorouse. Cando o encoro estivo cheo, a auga que revertía se-guiu o seu camiño. Paderna volveu falar:

Neste lugar de Cepeloo rego xa é un regatoe mesmo namora velo.

As augas, emocionadas, comezaron a cantar. Ao che-gar a Barciela, Paderna parou, ollou o sol que se esta-ba poñendo e exclamou:

Regato, rego ou regueiro:é hora de descansar.Despide as terras de Outeiroque xa chegaches ao teu mar!

E as augas do regato metéronse, mansamente, no río Pequeno que as leva ao Miño.

Esta é a razón pola que Outeiro de Rei ten catro ríos: o Miño ou río Grande, o río Ladra, o río Pequeno… e o regato. Agora a xente anda moi leda e fachendosa. Máis non se pode pedir.

MANUEL MARÍA, A tribo ten catro ríos. (Adaptación)

Os catro ríos de Outeiro de Rei

U N I D A D E

7

301828 _ 0068-0077.indd 68 23/09/11 12:44

Page 69: 1º eso l.g

69

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Responde.

• A que se dedican os veciños de Outeiro de Rei?

• Onde está situada esta vila?

2. Escribe, na orde de maior a menor, o nome dos catro ríos de Outeiro de Rei.

Río 1

Río 2

Río 3

Río 4

I I I I

3. Por que os veciños de Outeiro de Rei deciden que queren outro río? Explica.

4. Responde.

• Quen é Ramón Lamote?

• Onde vive?

• A que se dedica?

• Debería existir realmente alguén co oficio de Lamote? SI NON

• Por que?

ACTIVIDADES

Este texto dános unha explicación fantástica da orixe dos ríos que atravesan o concello de Outeiro de Rei, situado na Terra Chá, na provincia de Lugo. É a vila natal do autor do texto, o poeta Manuel María.

Nárranos o texto como os habitantes do concello deciden que precisan un novo río e fan o posible para conseguilo. Por fin, grazas a un personaxe chamado Manueliño de Paderna e ao debuxante de soños Ramón Lamote, o que tanto desexan convér-tese en realidade.

Eidos: terreos cultivados, xeralmente pre-to da casa onde se vive.

Bouzas: terreos non cultivados, a monte.

Pontellas: pontes pequenas e estreitas, xeralmente de madeira.

Agroma: bota gromos, nace.

Encorouse: quedouse parada nun sitio for-mando un encoro.

Revertía: saía por fóra.

Claves da lectura Vocabulario

7

301828 _ 0068-0077.indd 69 23/09/11 12:44

Page 70: 1º eso l.g

70

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

A guía e o catálogoA guía e o catálogo son textos en que a descrición ten un papel moi importante, pero debaixo desas denominacións aparecen tipos de textos moi distintos entre si.

Comparten, non obstante, a enumeración de elementos, a finalidade práctica e a importancia das fotos e das ilustracións que os acompañan.

1. A guía

A guía é un texto de carácter descritivo que de xeito claro nos dá información, ordenada alfabeticamente ou doutro xeito, sobre un lugar, o funcionamento dun aparello, os enderezos e teléfonos ou outras cousas. Destacamos dous tipos de guías:

Guía turísticaOfrece información sobre unha cidade, un lugar ou un país. Nela ofrécense datos de distintos tipos: históricos, gastro-nómicos, sobre servizos, etc.

Guía científicaDá información moi ampla, precisa e clara sobre distintos elementos (aves, réptiles, cogomelos…).

2. O catálogo

O catálogo é un texto de carácter descritivo en que se ofrecen relacións ordena-das de determinados seres ou obxectos. Destacamos tres tipos de catálogos:

Catálogo bibliográfico

É un ficheiro alfabético (tradicional ou dixital) en que se dá conta dos fondos dunha biblioteca ordenados por autores, temas ou títulos.

Catálogo dun museo ou exposición

Achéganos a relación de obras que acolle xunto coa data-ción, procedencia e ilustración.

Catálogo comercialTamén ofrece descricións pero, neste caso, a descrición do produto persegue uns fin publicitarios que favorezan a comercialización.

1. Le os seguintes títulos e indica ao lado que tipo de guías ou catálogos poderían ser.

• Guía de Galicia F Guía turística

• Catálogo Ikea 2012 F

• Guía das árbores de Galicia F

• Exposición «Galicia no tempo» F

• Guía bibliográfica da lingüística galega F

ACTIVIDADES

301828 _ 0068-0077.indd 70 23/09/11 12:44

Page 71: 1º eso l.g

71

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Completa a seguinte ficha coma se formase parte dun catálogo de monumentos arquitectónicos galegos. Consulta os datos que precises.

ARQUITECTURA

Monumento Catedral de Santiago de Compostela

Época

Estilo arquitectónico

Localización

Comentarios

3. Le o seguinte texto e contesta.

O Teatro PrincipalO teatro da vila fixo cen anos hai unhas semanas. Pese á súa antigüidade, é un edificio coidado, moi ben conservado. No amplo vestíbulo destaca a espectacular araña de vidro que, ademais de iluminar a estancia, lle dá un aire refinado e señorial. A entrada ao patio de butacas é impresionan-te. A vista vaise inevitablemente ao fondo, cara ao pano de veludo do enor- me escenario, flanqueado polos palcos decorados con molduras douradas.

Tres pisos arrodean o patio de butacas, que contribúen a crear un ambien-te cálido e envolvente, de boa acollida aos actos que alí se celebran.

• En que tipo de Guía incluirías esta descrición: Guía turística. Guía científica.

• Marca os elementos que aparecen mencionados ao describir o teatro.

Estado de conservación. A lámpada en forma de araña do vestíbulo.

Os chans e os teitos. O foxo dos músicos.

Cantos pisos hai. O patio de butacas e o escenario.

4. Distingue a que tipo de catálogo pertencería cada un dos seguintes textos.

CATÁLOGO CATÁLOGO

5. Realiza unha descrición dalgún animal coma se fose para unha guía científica. Podes buscar información en enciclopedias ou na Internet.

7

Un neno individualista que só tiña interese polas videocon-solas e pola Internet, apren- de unha lección moral e edu- cativa, a partir dunhas mensa- xes que lle envía ao ordenador unha persoa anónima.

Colección magdalenaTrátase de formas concibidas baixo o influxo de ideas con intención innovadora e asociadas ao racionalismo imperante na dé-cada de 1960.

E Xoel aprendeu a voarMarica Campo

E Xoel aprendeu a voarMarica Campo Ilustración de cuberta Noemí López Vázquez

ISBN: 978-84-8224-891-2

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da rede. O misterio de Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza brasileira pola que suspira o protagonista. Fábio, Daniel e Sara, os outros amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o avó que constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final.

E X

oel a

pren

deu

a vo

ar M

aric

a C

ampo

9 788482 248912

Cubierta rapaz.indd 1 20/5/09 12:47:08

301828 _ 0068-0077.indd 71 23/09/11 12:44

Page 72: 1º eso l.g

72

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O exterior da vivenda

1. Copia cada unha destas palabras co seu número correspondente.

11. balconada 17. porta

12. cheminea 18. cancela

13. pararraios 19. contras

14. cataventos 10. chanzos

15. galería 11. tellado

16. cornixa 12. varanda

2. Enche os ocos cos nomes de tipos de construcións a que se refiren.

rañaceos - pazo - cabana - cortello - cabazo

• Un cabazo é onde se garda o millo ou outros produtos da colleita para secalos e para gardalos dos ratos e doutros animais.

• Un é unha casa grande, antiga, de pedra, onde viviu unha familia fidalga. Normalmente está no campo.

• Unha é unha construción pequena feita de madeira ou de palla e que se emprega como refuxio, aínda que nalgúns lugares tamén é vivenda.

• Un é un edificio moi alto e con moitos andares.

• Un é unha construción próxima á casa que serve para gardar os animais domésticos.

3. Risca a palabra intrusa que non sexa do campo léxico e explica por que.

pechadura - timbre - aldraba - lintel - parede

Explicación:

pasamáns - ferrollo - chanzo - varanda - relanzo

Explicación:

galiñeiro - canceira - corte - carreiro - palleira

Explicación:

4. Relaciona cada palabra co seu sinónimo.

alicerces • • lumieira

bufarda • • faio

trabe • • cimentos

faiado • • viga

CAMPOS LÉXICOS

Son conxuntos de pa- la bras que se relacio-nan entre elas polo seu sig nificado. Por exem-plo: cas tiñeiro, pereira, ma cei ra... son do cam-po lé xico das árbores; e león, cabalo, aguia... son do campo léxico dos ani mais.

301828 _ 0068-0077.indd 72 23/09/11 12:44

Page 73: 1º eso l.g

73

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

A grafía x pode representar dous sons diferentes:• Un son coma o que pronunciamos en lonxe ou xardín.• Un son ks coma o que pronunciamos en sexto ou exótico. Aparece este son no

prefixo ex- (‘fóra de’) e extra (‘por encima de’). Exemplos: expulsar, extraordinario.

O dígrafo ll representa o son que atopamos en pallaso ou tella. Ás veces, pola in-fluencia do castelán, nalgunhas palabras tende a usarse x no lugar do ll, cando o co-rrecto é usar un ll. Así, escríbense con ll: vasilla, antollo, atallo, baralla, burbulla, coe-llo, cella, lentella, ollal, partilla...

A grafía x. O dígrafo ll

ACTIVIDADES

1. Distribúe as seguintes palabras escritas con x segundo esta se pronuncie ks coma en exame ou se pronuncie coma en xamón.

asfixia - estoxo - xenro - tóxico - texto - léxico xersei - traxecto - graxa - máximo

2. Completa con x ou ll as palabras destas casas.

C O E O V A S I A T E A

R E I A E O N O E S O

E A D A E N E Ñ O O A L

A T A O P A R E A N O O

3. Escribe unha palabra derivada das seguintes.

• antollo F • xabón F

• parella F • proxecto F

• baralla F • atallo F

4. Completa con x ou s as seguintes palabras.

• e traordinario • e celente • e acto

• e caso • e peranza • e pecial

• e ame • e quisito • e cravo

• o í eno • e i ente • e a erar

7

xeso, xaxún, inxectar, proxecto, xacer, xema, xilaba, paxá, caxemira...

Levan X

Exame (ks) Xamón

301828 _ 0068-0077.indd 73 29/09/11 16:58

Page 74: 1º eso l.g

74

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O adverbio. Os enlaces

1. O adverbio

Os adverbios son palabras invariables en xénero e número que poden modifi-car un verbo, un adxectivo, outro adverbio ou mesmo unha oración.

1.1. Os adverbios e as locucións adverbiais

Os adverbios e as locucións adverbiais (combinacións de dúas ou máis palabras que equivalen a un adverbio) clasifícanse segundo o seu significado. Poden ser:

De lugarAdverbios: aquí, aí, alí, dentro, fóra, preto, lonxe, arriba, abaixo, diante, atrás, algures, ningures…Locucións adverbiais: á beira, ao redor, por riba, por baixo…

De tempoAdverbios: hoxe, mañá, onte, agora, despois, antes, logo, entón, daquela, cedo, tarde, axiña, mentres…Locucións adverbiais: a destempo, a deshora, a diario, aos poucos…

De modoAdverbios: así, ben, mal, paseniño... e todos os rematados en -mente.Locucións adverbiais: ao xeito, ao chou, a eito, de súpeto…

De cantidadeAdverbios: abondo, bastante, case, menos, máis, só, pouco…Locucións adverbiais: de menos/máis, de sobra, de todo, a medias…

De afirmaciónAdverbios: si, abofé, tamén…Locucións adverbiais: de certo, de verdade, de seguro que si…

De negaciónAdverbios: non, sequera, tampouco…Locucións adverbiais: de ningún xeito, de ningún modo…

De dúbidaAdverbios: quizais, seica, acaso, disque…Locucións adverbiais: ao mellor, se cadra…

2. Os enlacesOs elementos de enlace son palabras que serven para unir ou relacionar pala-bras ou grupos de palabras. Por exemplo: café con leite; alto e fraco.

2.1. As preposicións

As preposicións son palabras invariables que relacionan unha palabra con outra que lle serve de complemento. Exemplos:

Chocolate con churros. Típico de Silleda. Imos en grupo. Diante de ti.

As principais preposicións son a, agás, ante, ata, canda, con, conforme, con-tra, de, deica, desde, durante, en, entre, excepto, onda, para, perante, por, segundo, sen, sobre, xunta.

2.2. As conxuncións

As conxuncións son palabras invariables que unen dúas palabras nunha ora-ción ou ben dúas oracións entre elas. Exemplos:

Roi e Lúa son amigos. Roi está contento porque está de vacacións.

As principais conxuncións e locucións conxuntivas son e, nin, ou, pero, se-nón, que, se, aínda que, porque, para que, polo tanto, a pesar de que, ma-lia que, posto que...

301828 _ 0068-0077.indd 74 23/09/11 12:44

Page 75: 1º eso l.g

75

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Clasifica os adverbios destacados segundo o seu significado na categoría que lles corresponda.

Antonte despois de xantar, Xián deitouse e durmiu a sesta case ata as cinco da tarde. Seica estivo alí na cama soñando que non comezaban as clases ata decembro, pero a felicida-de soamente lle durou ata espertar. Ao erguerse dixo: «Moi ben me prestou, mañá tamén repito».

• Indica algún outro adverbio que haxa no texto:

2. Substitúe o destacado por un adverbio.

• Outro día discutiremos iso. F Despois discutiremos iso.

• Chegou ao partido despois da hora. F

• Naquel tempo a esperanza de vida era máis alta. F

• Xacobe fai as cousas con rapidez. F

3. Escribe unha oración con cada unha das seguintes locucións adverbiais.

de sobra F

se cadra F

de ningún xeito F

ao redor F

4. Completa cada secuencia coa preposición axeitada.

• O meu irmán volveu a semana pasada Francia.

• Foi seu pai ao campo de fútbol.

• Quero que collas o autobús e vaias Ourense.

• Pasei alí e non vos vin.

5. Escribe unha oración con cada unha das seguintes conxuncións ou locucións conxuntivas.

aínda que F

nin F

porque F

ACTIVIDADES

7

De cantidade

De tempo

De lugar

De dúbida

De negación

301828 _ 0068-0077.indd 75 23/09/11 12:44

Page 76: 1º eso l.g

76

LITERATURA

O poema

1. O poema. Concepto

Un poema é unha mensaxe completa escrita en verso. Segundo a súa estrutura, distinguimos dúas clases de poemas: poemas estróficos, os que presentan os seus versos agrupados en estrofas; poemas non estróficos, os que os versos se suceden e se encadean sen formaren estrofas.

2. Principais poemas: o soneto e o romance

• Soneto. É un poema estrófico de versos hendecasílabos formado por dous cuartetos que teñen a mesma rima e dous tercetos. O esquema das dúas pri-meiras estrofas é, pois, ABBA ABBA. A disposición dos tercetos é variable; os esquemas máis frecuentes son CDC DCD, CDC CDC e CDE CDE. Exemplo:

Baixei ao teu amor e foi un pozo 11Aescuridade moita e mais misterio, 11Balxube de terror e cativerio, 11Bpero eu vinte de luz e tiven gozo. 11A

Todo estaba de estrea, todo mozo, 11Anon sabía da dor nin do cauterio 11Boía só o son do teu salterio 11Be brincábame o sangue co alborozo. 11A

Canta lúa afogada na soidade 11Cdo teu rostro ganado decotío! 11DNunca souben quen eras de verdade. 11C

Canta noite perdida, canto frío, 11Dcoidando ser feliz nesa cidade 11Cque fundaches por min no desvarío! 11D

MARICA CAMPO

• Romance. É un poema non estrófico formado por unha serie indefinida de versos octosílabos con rima asonante nos pares. Os versos impares quedan sen rima, polo que se denominan versos soltos. Exemplo:

Polo mundo me vou, madre, 8- polo mundo a camiñar 8aen busca de Bernaldino 8-que non o podo atopar. 8aE foise de terra en terra 8-e de lugar en lugar, 8atopou unha lavandeira 8-lavando nun areal. 8a–De Bernaldino, señora, 8-que novas me pode dar? 8a–Bernaldino, é da raíña 8-o paxeciño galán. 8aAo dicir estas palabras, 8-Bernaldino á porta sae: 8a–Quen te trouxo aquí, Sabela, 8-quen te trouxo a este lugar? 8a

CUARTETO

CUARTETO

TERCETO

TERCETO

–Teus amores, Bernaldino, 8-por aquí me fan andar. 8aColléronse polo brazo, 8-puxéronse a pasear. 8aEn canto os vira a raíña 8-os dous mandara matar. 8aA ela entérrana no coro, 8-a el entérrano no altar. 8aDela naceu unha fonte 8-e del un verde olivar. 8aTanto crecen un e outro 8-que aos ceos foron chegar. 8aCando os ventos sopran mainos, 8-os dous se queren falar. 8aCando os ventos sopran recios, 8-os dous se queren bicar. 8a

301828 _ 0068-0077.indd 76 23/09/11 12:44

Page 77: 1º eso l.g

77

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o poema e despois completa a táboa.

PesadeloA noite brúa no cancil de ferroe o meu sono, que estaba recollido,debátese cal cervo malferidodecontra os murallóns do seu encerro.

Fóra, chámame con urxente berroaquela voz que eu tiña xa esquecido.Saio tras dela… ¡Pero vou perdidoe toda a noite polos montes erro!

Logo comeza a verdecer a viña,mentres os ourioles en bandadaregalan co seu bico a alma miña.

Érguese o fino vento da alboradae o sol vén sementando unha rapiñaalí onde a lúa aínda está agochada.

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

• Fíxate na definición de soneto e explica se este poema se pode considerar un soneto.

• Indica cales son os cuartetos e cales son os tercetos.

• Canto tempo transcorre durante o poema?

2. Le o poema, analízao formalmente e explica se é un romance. Despois contesta.

RIMA ESQUEMA

SÍLABAS POR VERSO

Tecín soa a miña teasembrei soa o meu nabalsoa vou por leña ao montesoa a vexo arder no lar.Nin na fonte nin no prado,así morra coa carrax,el non ha de virme a erguer,el xa non me pousará.

• Por que a muller está soa?

• Cal é o tema do poema?

7

Núm. sílabas Esquema da rima Tipo de rima

Asonante

Consonante

O meu homiño perdeuse,ninguén sabe en onde vai…Andoriña que pasachescon el as ondas do mar;andoriña, voa, voa ven e dime en onde está.

ROSALÍA DE CASTRO

¡Que tristeza! O vento soa,canta o grilo ao seu compás…;ferve o pote…, mais, meu caldo, soíña te hei de cear.Cala, rula, os teus arrolosganas de morrer me dan;cala, grilo, que se cantas,sinto negras soidás.

301828 _ 0068-0077.indd 77 23/09/11 12:44

Page 78: 1º eso l.g

78

O señor Ramón Lamote tiña unha clase de chairego no terceiro andar da casa número nove da rúa dos Montes, e alí acudía todos os martes, xoves e venres de cinco a seis da tarde. Saía do café ás cinco menos vinte porque con dez ou quince minutos abondáballe para chegar ao seu destino.Hoxe é xoves e Lamote apura algo máis o paso porque ten medo de que dea en chover. Chega ao portal ao tempo que as nubes comezan a verter. Colleu, resignado, cara á escaleira, pero tivo que se deter. Unha señora grosa e chea de enfeites estaba alí sentada e ollaba para el. Lamote é un home educado e dixo:–Boas tardes.–Boas tardes –respondeu a muller.–Eu –dixo Lamote– dou clase de chairego aquí, no terceiro andar...–Iso está moi ben. Tamén eu teño un cuñado que dá clase de Física. Casou coa miña irmá Elvira. Teñen unha filla, moi riquiña ¿sabe?, aínda que mal educada, con iso de que é filla única...–Si, xa se sabe que os fillos únicos... –e Lamote calou a boca porque non gustaba nada de falar mal dos fillos únicos, entre outras razóns, porque el tamén o era.–Gáñanse moitos cartos coas clases de chairego?–Non moitos...–Entón, vostede como se amaña para comer todos os días?–Tamén son debuxante de soños e así, entre as dúas cousas...Lamote volveu ollar para o reloxo. Estaba a dar a hora de comezar o seu traballo.

–A miña clase é ás cinco –dixo con algo de ti-midez– e esta casa non ten ascensor, non se pode subir ao terceiro andar se non é pola es-caleira, por esta escaleira...A muller abriu unha miga os ollos e esca-rranchou as pernas máis aínda.–Ese seu reloxo, anda ben?–Si señora. É un bo reloxo... suízo.

–Como pode saber que é suízo?–Aquí, na esfera, pon Swiss made.

Merqueino en Xenebra, nunha via-xe que fixen hai algúns anos...

–O que quere dicir que as clases de chairego dan máis do que eu pensaba...–Moito non dan..., mais o pouco que delas recibo non se pode cobrar se non se asiste a elas ou se chega moi-to despois da hora... Vostede, ¿que pensaría do seu cuñado se chegase tarde ás clases de Física?–Home, se fose porque o collera un coche ou unha cousa desas...–Non, ¿se fose porque había unha señora sentada nas escaleiras e el non puidese subir se non era pisando á muller?–El subiría no ascensor.–Pero é que non hai ascensor.–O meu cuñado só pon clases onde haxa ascensor, é un profesor importante.Lamote volveu catar a hora: as cinco e dezasete minutos.–Moi ben, imaxinemos que hai unha señora sentada no ascensor.–As señoras non se sentan nos ascensores. E, se así fose, el subiría pola escaleira.–Xa o supuña. E se non hai escaleira?–Señor, vostede non parece moi bo profesor, eu diría que non ten moitos coñecementos... ¿Non sabe que é obrigado poñer escaleiras nos edificios?Outra ollada ao reloxo fixo que cavilase moi seria-mente na posibilidade de deixar de ser educado por aquela vez, pero conseguiu frear os seus impulsos. Mentres tanto, a muller sacara do bolso unha revista desas do corazón e puxérase a ler nela. Fóra seguía a chover, agora a cachón.Eran as seis menos catro minutos cando Lamote oíu que alguén baixaba pola escaleira.O que chegaba era un home pequenote e groso.–Maruxa –dixo–, xa cobrei a renda dos catro pisos e mais a da bufarda.–Moi ben –contestou ela ao tempo que gardaba a re-vista e se ía erguendo moi amodo–. Imos logo...O home fixouse en Lamote.

–E este quen é? –preguntoulle á muller.–Non sei, di que é profesor, mais non llo creo... E se o é, ten que ser moi malo... Fíxate que falou de que tiña unha clase ás

cinco, mira a hora que é e nese tem-po non fixo máis ca dar voltas polo portal.E marcharon os dous.

PACO MARTÍN, Das cousas de Ramón Lamote. (Adaptación)

O episodio da escaleira

U N I D A D E

8

301828 _ 0078-0089.indd 78 23/09/11 12:44

Page 79: 1º eso l.g

79

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Responde.

• Lémbraste de Ramón Lamote? En que lectura anterior aparecía?

• Que traballo realizaba naquela historia?

• A que traballo acode nesta?

2. Indica, a partir desta escena, o que acontece na historia.

3. O narrador comenta varias veces que Lamote era «moi educado».

Estás de acordo? Escolle algún exemplo da lectura que apoie a túa opinión.

4. Como cualificarías á señora? Escolle os adxectivos que segundo a túa opinión mellor a definan.

sosegada dialogante entremetida cortés inflexible provocadora

ACTIVIDADES

Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños, diríxese a dar unha clase particular a un piso dun edificio. El é unha persoa educada, seria e pun-tual. Pero, cando chega ao portal, unha muller sentada nas escaleiras impídelle o paso. El intenta chamarlle a atención educadamente, pero a muller mostra unha total falta de respecto polos demais e só se levanta can-do a ela lle convén e xa pasou a hora da clase.

Chairego: idioma imaxinario do que é profesor Ramón Lamote. Enfeites: adornos.Unha miga: un pouco.Escarranchou: abriu moito.Catar: mirar.A cachón: en grandes cantidades.

Claves da lectura Vocabulario

8

301828 _ 0078-0089.indd 79 23/09/11 12:44

Page 80: 1º eso l.g

80

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

1. Continúa a seguinte conversa con outro compañeiro ou compañeira da clase.

ACTIVIDADES

O diálogo I. A conversa1. O diálogo. Concepto

O diálogo é o intercambio de información que se produce entre dúas ou máis persoas que se comunican de xeito oral.

Nas narracións reprodúcense os diálogos que manteñen os personaxes. Neste caso, os diálogos poden transmitirse de dúas formas: en estilo directo, se o na-rrador reproduce literalmente as palabras dos personaxes, ou en estilo indirec-to, se o narrador as reproduce desde o seu punto de vista. Exemplos:

–Leva o chuvasqueiro, Iria, que vai chover –dixo a nai. F Estilo directo.

A nai díxolle a Iria que levase o chuvasqueiro, que ía chover. F Estilo indirecto.

2. Tipos de diálogo

Os diálogos poden ser espontáneos, é dicir, sen axustárense a ningún plan pre-vio, ou planificados, é dicir, os que se axustan a un guión ou plan previo.

Espontáneos: sen plan previo

Conversa Debate Entrevista

Planificados: con plan previo

Diálogos

3. A conversa

A conversa é un diálogo espontáneo entre dúas ou máis persoas que interveñen sen un plan previsto. Isto fai que haxa frecuentes interrupcións, cambios de te-ma, frases inacabadas... Na conversa podemos distinguir xeralmente tres partes: a apertura, o corpo e o peche.

Características Exemplos

AperturaAdoita ser unha chamada de aten-ción (Perdoe; Que hora é?) ou unha fórmula de saúdo (Ola!).

–Ola, Antía!–Que tal, Xavier? Como che vai?

CorpoÉ a parte central da conversa e está formado polas intervencións dos interlocutores.

–Moi ben! E do que falamos, que?– Nada, que me apunto no voso equipo.–Estupendísimo!

PecheÉ a parte onde conclúe a conversa. Adoita incluír unha fórmula de despedida (Deica logo!).

– Vou correndo dicírllelo aos outros. Deica logo.

–Adeus, Xavier. Vémonos.

ESTE ANO, POLO ENTROIDO,

VOUME DISFRAZAR DE...

POIS EU...

301828 _ 0078-0089.indd 80 23/09/11 12:44

Page 81: 1º eso l.g

81

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Indica cal das seguintes secuencias está en estilo directo e cal en estilo indirecto.

• Dixo miña nai: «Vai á tenda e merca un quilo de azucre» . F Estilo

• Miña nai dixo que fose á tenda e mercase un quilo de azucre. F Estilo

3. Completa a seguinte conversa escribindo as respostas que teñan coherencia co expresado.

4. Coloca as partes da conversa (apertura, corpo e peche) onde corresponda. Despois contesta.

–Bos días, señor castor. –Bos, bos, bos, bos días. Que hai? Ala, encantado! –Verá vostede… e logo non tería uns minutiños para…? –Mire, se ten algo que me dicir deixe unha nota nese garabullo.

–Xa, pero se non lle importa, eu só quería unha información moi breve… –Pero que información nin que información! Olle como eu traballo e aprenda. –Si, pero non é iso. O que eu quería era… – Oíu!? Eu estou ocupado! Moi ocupado e se vostede non ten nada mellor que

facer, polo menos non moleste. –Está ben, está ben, desculpe, adeus.

MARIO PEREIRA, Velaí vai o verme. (Adaptación)

• Como explicas o estado de ánimo do castor?

• Por que pensas que responde dese xeito?

8

–Ola! Eu chámome Paula.

–É o primeiro ano que estou neste centro. E ti?

–Ímonos ver moito a partir de agora. Deica logo!

–Eu nacín aquí pero marchei de pequeniña para Francia.

–Levo pouco tempo aquí. Volvín con meus pais este verán.

–Claro que falo francés! Pero con meus pais sempre falei en galego.

*

*

*

301828 _ 0078-0089.indd 81 23/09/11 12:44

Page 82: 1º eso l.g

82

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O interior da vivenda

1. En cada un dos cuartos da casa adoita haber uns mobles ou electrodomésticos determinados.

Indica a carón de cada nome o lugar en que situarías os que aínda non están colocados.

Vestíbulo (V)

Cociña (C)

Sala (S)

Cuarto (Cu)

Baño (B)

chineiro colgadoiro lavalouza paraugueiro

espello butaca bañeira mampara

ducha aparador sofá revisteiro

despensa coqueta toucador escorredoiro

2. Indica cales dos seguintes elementos adoitan formar parte da cociña da vivenda.

tallo cunca cadeira vertedoiro

roupeiro garfo escritorio almofada

3. Na casa adoitamos ter cousas que fan a mesma función pero para diferentes obxectos ou en diferentes ocasións.

Fai unha lista de cousas da casa que nos vallan para…

• Almacenar cousas F armario , , .

• Sentar F hamaca , , .

• Ordenar ou colocar F cunqueiro , , .

• Durmir F berce , , .

4. Utiliza os prefixos pre- e anti- para formar novos adxectivos.

• estético F antiestético • fabricado F

• cociñado F • social F

• alérxico F • hixiénico F

5. Subliña os prefixos das seguintes palabras e escribe algunha que os leve tamén.

• cooperar F coordinar • entrechán F

• subdirector F • desdicir F

• postelectoral F • exalumno F

OS PREFIXOS

Sérvennos para crear pa labras novas. Un pre fixo é unha partí-cula que se lle engade dian te a unha pala-bra e que lle cambia o signi fi ca do. Por exem-plo, se a pre sidente lle engadi mos os prefixos vice- ou ex- creamos as palabras vi ce presidente e ex-presi dente, que te-ñen un sig nificado dife- rente entre elas e dis-tinto da pala bra da que partimos.

S

301828 _ 0078-0089.indd 82 23/09/11 12:44

Page 83: 1º eso l.g

83

Todas as palabras teñen un acento fónico, é dicir, unha sílaba que pronunciamos con máis forza; pero só algunhas levan acento gráfico ´ . O acento gráfico marca a sílaba tónica das palabras segundo estas regras:• As palabras agudas (as que teñen tónica a última sílaba) levan o acento gráfico

cando rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s e en vogal + ns: ventá, salón, cafés, colchóns. Non levan acento gráfico as agudas rematadas en ditongo decrecen-te (ei, ou, oi...) nin as monosílabas: limpei, varreu, pintou, chan.

• As palabras graves (as que teñen tónica a penúltima sílaba) levan acento gráfico can-do non rematan en vogal, en vogal + n, en vogal + s e en vogal + ns: fácil, fémur.

• As palabras esdrúxulas (as que teñen como sílaba tónica a antepenúltima) levan acento gráfico sempre: cómodo, ático.

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

A acentuación

ACTIVIDADES

1. Subliña a sílaba tónica das seguintes palabras e indica se son agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E).

actor carácter técnico irmá

feliz médico aquí portal

música salón medo difícil

2. Indica cal dos seguintes cadros contén palabras agudas, graves e esdrúxulas. Ponlles os acentos gráficos ás que o precisen.

chandal

futbol

crater

lapis

comic

F

almacens

ascensor

cafe

autobus

maraton

F

timido

atomico

unico

exito

maxico

F

3. Subliña a sílaba tónica destas palabras e ponlles o acento gráfico ás que o precisen.

• cespede • cartel • reloxo • tunel

• marmore • rixido • xadrez • escuro

4. Escribe correctamente acentuada unha palabra que teña as características que se piden.

Palabra aguda rematada en consoante -n F

Palabra grave rematada en consoante que non sexa -n nin -s F

Palabra aguda rematada en vogal F

8

Agudas

Graves

Esdrúxulas

Lembra

´´

´

301828 _ 0078-0089.indd 83 29/09/11 16:58

Page 84: 1º eso l.g

84

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O substantivo. O artigo

1. O substantivo. Concepto

Os substantivos son palabras variables que designan entidades como persoas, animais, cousas, sentimentos ou ideas. Exemplos:

rapaz vaca ordenador pena amor

Poden desempeñar na oración a función de núcleo do suxeito. Exemplo:

Os veciños (suxeito) vivían felices traballando nos eidos.

2. Clases de substantivos

Segundo o seu significado, os substantivos poden ser:

3. O xénero dos substantivos

O xénero é unha categoría gramatical que nos permite agrupar os substantivos en masculinos e femininos. Polo xeral, os substantivos rematados en o son masculinos e os rematados en a, femininos: o caderno, a froita. Pero non sem-pre: a moto, o día...

3.1. Substantivos con variación de xénero

A maioría dos substantivos teñen só un xénero. Non obstante, outros substan-tivos admiten variación de xénero. Esta variación pódena marcar con dúas pa-labras diferentes (boi, vaca), por medio dun artigo (o pianista, a pianista) ou pola terminación distinta do feminino e do masculino (galo, galiña).

ComúnsDesignan un ser ou obxecto sen iden-tificalo entre os demais da súa clase: vila, rapaz, monte.

G F PropiosDesignan un ser ou obxecto identifi-cándoo de xeito exclusivo: Tui, Xacobe, Aloia.

ConcretosDesignan seres que poden ser per-cibidos polos sentidos: torta, edificio, mesa.

G F AbstractosDesignan ideas ou sentimentos… cou-sas que non podemos percibir polos sentidos: guía, beleza, paz.

IndividuaisDesignan en singular un só ser: músi-co, soldado, abella. G F Colectivos

Designan en singular un conxunto de seres: banda, exército, enxame.

patrón/patroa, ladrón/ladroa-ón

-oa

fillo/filla, presidente/presidenta-o, -e -a

Masculino Feminino Exemplos

FORMACIÓN DO FEMININO

xudeu/xudía-eu -ía

pagán/pagá, ancián/anciá, catalán/catalá-án

avó/avoa, señor/señora, español/española, rapaz/rapaza, deus/deusa, bailarín/bailarina

-ó, -r, -l, -z, -s, -ín -a

lacazán/lacazana, paspán/paspana-ana

abusón/abusona, cabezón/cabezona-ona

TEN EN CONTA

• Son masculinos os no-mes das letras (o be, o efe…), case todos os substantivos remata-dos en -me (o costu-me, o pesadume, os le-gumes, o exame…) e outros como o leite, o sal, o nariz, o sangue, o mel…

• Son femininos os subs-tantivos rematados en -axe (excepto traxe, paxe e garaxe), os re-matados en -se e -ite (análise, énfase, fa-rinxite…) e outros co-mo a arte, a dor, a ca-lor, a suor…

N

301828 _ 0078-0089.indd 84 23/09/11 12:44

Page 85: 1º eso l.g

85

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Marca as palabras que sexan substantivos.

caderno imposible sufrimento perder árbore Vigo

2. Indica a que xénero pertencen os substantivos subliñados no texto.

Hai uns 3.000 anos, o poeta Homero escribiu un relato moi famoso: a Odisea. Nel narra a historia do heroe Ulises, que desafiou ao deus Poseidón e, como castigo, vagou dez anos polo mundo. Nestetempo, Ulises viviu aventuras e coñeceu perso-naxes fabulosos: o ciclope Polifemo, a meiga Cir-ce, a ninfa Calipso.

• Localiza outro substantivo de cada xénero e escríbeos.

3. Escribe un substantivo abstracto a partir dos seguintes adxectivos.

• doce F dozura • feliz F • tenro F

• fermoso F • triste F • só F

4. Escribe un substantivo individual que corresponda aos seguintes colectivos.

• arquipélago F illa • orquestra F

• xente F • rabaño F

• exército F • equipo F

5. Escribe o feminino dos seguintes substantivos.

• veciño F veciña • actor F actriz

• inglés F • príncipe F

• xenro F • artista F

• espectador F • carneiro F

• cantante F • galo F

6. Escribe ao lado de cada substantivo un adxectivo que concorde en xénero e en número.

• arte F moderna • dor F

• crise F • sangue F

• leite F • calor F

ACTIVIDADES

8

Palabra Xénero

301828 _ 0078-0089.indd 85 29/09/11 16:58

Page 86: 1º eso l.g

86

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

4. O número dos substantivos

O número é unha categoría gramatical que nos permite agrupar os substantivos segundo estean en singular ou en plural. Os substantivos teñen número singular se nomean un só ser (mesa) ou plural, se nomean varios seres (mesas).

O plural dun substantivo fórmase xeralmente engadindo -s cando o substanti-vo remata en vogal e -es cando remata en consoante. Exemplos:

café F cafés señor F señores

Non obstante, hai algúns casos especiais de formación do plural.

5. Os determinantes. O artigo

Normalmente, os substantivos comúns van precedidos dunha palabra que os concreta e marca o seu xénero e o seu número. Esas palabras son os determi-nantes. O artigo é un tipo de determinante.

O artigo é unha palabra sen significado que presenta o substantivo e nos informa do seu xénero e número. Hai dúas clases de artigo: o determinado e o indeterminado.

• O artigo determinado (o/lo, a/la, os/los, as/las) acompaña un substantivo co-ñecido polo falante e polo oínte: Collemos o autobús das nove.

• O artigo indeterminado (un, unha, uns, unhas) acompaña un substantivo descoñecido para o falante e mais para o oínte: Naquel intre chegou un home moi alto.

5.1. Contraccións do artigo

• O artigo determinado contrae coas preposicións a, con, de, en e por; e po-de contraer na escrita coa conxunción comparativa ca.

• O artigo indeterminado contrae coas preposicións con, de e en.

FORMACIÓN DO PLURAL

Singular rematado en Plural Exemplos

vogal, ditongo ou -n -s café/cafés, rei/reis, can/cans.

-r; -z; -s (agudas e monosílabas)

-es calor/calores; vez/veces; arnés/arneses, mes/meses.

-s (graves, esdrúxulas, grupo consonántico) non varía lapis, mércores, luns.

-x non varía fax, unisex.

-l

Monosílabo-es

val/vales, ril/riles, sol/soles.

Polisílabo grave túnel/túneles, cónsul/cónsules.

Polisílabo agudo -is aval/avais, fusil/fusís.

Masc. Fem.

Sing. o/lo a/la

Plural os/los as/las

Masc. Fem.

Sing. un unha

Plural uns unhas

a ca con de en por con de en

o ao/ó có co do no polo un cun dun nun

a á cá coa da na pola unha cunha dunha nunha

os aos/ós cós cos dos nos polos uns cuns duns nuns

as ás cás coas das nos polas unhas cunhas dunhas nunhas

301828 _ 0078-0089.indd 86 23/09/11 12:44

Page 87: 1º eso l.g

87

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

07. Coloca no lugar correspondente os plurais das palabras seguintes.

• rei • menú • matiz • café • esquí • vez • pan

• culler • atún • nai • mañá • ciprés • israelí • ladrón

Rematadas en -es F

Rematadas en -s F

08. Escribe o plural dos seguintes substantivos.

• país F • lei F • curmán F

• luz F • mes F • sofá F

• luns F • iogur F • avestruz F

09. Escribe o plural dos seguintes substantivos. Ten en conta que todos rematan en -l.

• val F • fol F • túnel F

• fusil F • animal F • hotel F

• pel F • caracol F • candil F

10. Completa as seguintes oracións co artigo e coas contraccións que cumpran.

• Desde ponte vese paisaxe espectacular.

• orixe crise foi elevado custo vivenda.

• Sabela bótalle leite cullerada mel.

• Aprobouse lei para regularizar adopción de nenos.

• Papá, non te esquezas de botarlle sal comida.

• policía advertiulle de que, se non cambia, acabará cárcere.

• Despois de facer labores, Uxío foi descansar sombra árbore.

11. As palabras estranxeiras que rematan en consoantes infrecuentes ao final de palabras galegas forman o plural engadindo un -s.

Forma o plural dos seguintes substantivos.

• anorak F • sándwich F

• álbum F • iceberg F

ACTIVIDADES

8

301828 _ 0078-0089.indd 87 23/09/11 12:44

Page 88: 1º eso l.g

88

LITERATURA

Os recursos literarios

1. Os recursos literarios ou estilísticos

Na linguaxe literaria empréganse unha serie de recursos que embelecen a expre-sión e a diferencian da linguaxe común. Os escritores coidan a forma de expre-sar o que queren dicir e procuran que a súa linguaxe sexa suxestiva e expresiva. Para iso empregan recursos moi variados. Estes recursos chámanse recursos li-terarios e, con eles, o escritor pretende darlles beleza e expresividade aos seus textos.

Aínda que este tipo de recursos é unha característica común ás obras literarias de calquera xénero, no caso da poesía son especialmente abundantes.

2. Principais recursos literarios

• Personificación. Consiste en atribuírlles a seres inanimados ou abstractos ca-lidades propias de seres animados. Exemplo:

Camiña devagarunha estrela viaxeirae na conca da ríabebe o sangue da terra.

L. AMADO CARBALLO

• Antítese. Consiste en contrapoñer dúas realidades para que resalten máis. Exemplo:

Se cantan es ti que cantas,se choran es ti que chorase es o murmurio do ríoe es a noite e es a aurora.

ROSALÍA DE CASTRO

• Ironía. Consiste en dar a entender o contrario do que se di. Exemplo:

Ouh, que gozo morrer nas guerras santas!

CELSO EMILIO FERREIRO

• Símbolo. Consiste en que unha palabra, á parte do seu significado habitual, pode evocarnos outra cousa.

Unha vez tiven un cravocravado no corazón,e eu non me acordo xa se era aquel cravode ouro, de ferro ou de amor.

ROSALÍA DE CASTRO

• Paralelismo. Consiste na repetición de construcións co mesmo esquema gra-matical en varios versos ou oracións. Exemplo:

Sen brazos o campo,sen nenos a escola,sen sol o horizonte,sen flor a semente.

M. CURROS ENRÍQUEZ

Exemplo de paradoxo na linguaxe publicitaria. Consiste na aparente contradición lóxica entre dúas ideas ou sentimentos.

TEN EN CONTA

Os recursos estilísticos non son exclusivos da lingua literaria. Algúns son moi empregados na fala diaria pola súa ex-presividade. Exemplos:Téñocho dito mil veces. (hipérbole)É forte coma un carballo. (comparación)Mirou polo ollo da pecha-dura. (metáfora)

301828 _ 0078-0089.indd 88 23/09/11 12:44

Page 89: 1º eso l.g

89

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Nestes versos de Manuel María atopamos no lugar indicado un recurso baseado na repetición de construcións.

Escribe cal é.

O meu carro é cerna durasábese carballo e freixo.Que fermosa a súa feitura!Que lixeireza a do eixo!

2. A ironía é un recurso moi empregado na linguaxe coloquial. Para destacar o uso irónico dun termo por escrito podemos poñer comiñas.

Onde poñerías ti as comiñas para resaltar a ironía?

• Ti es moi «simpático».

• Que limpiña tes a túa mesa.

• Cando berra así, a súa voz resulta moi melodiosa.

• Xa vexo que rematastes de ordenar o voso cuarto.

3. Constrúe antíteses completando as seguintes secuencias cos contrarios dos termos subliñados.

• Se eu digo si ti sempre dis .

• Queremos as cousas claras, ou todo ou .

• Xa non hai tempo, pasou o día, chegou a .

• Tan preto de ti, tan de min.

4. Nos seguintes versos de Ramón Cabanillas hai unha palabra que actúa como símbolo.

Camiño, camiño longo, camiño da miña vida, escuro e triste de noite, triste e escuro de día...

• De que palabra se trata? Sublíñaa.

• A que pensas que se pode referir o poeta con ela?

5. Constrúe un pequeno poema ou relato en que o protagonista sexa o vento. Para iso debes realizar unha personificación do vento (tratalo coma se fose un ser animado).

8

* *

As cousas vanse aledandopor onde o meu carro pasa.Carrétame herba pró gando!Tráeme a colleita prá casa!

301828 _ 0078-0089.indd 89 23/09/11 12:44

Page 90: 1º eso l.g

90

A profesora de lingua acordara cos alumnos e coas alumnas da clase que cada semana ían dedicar media hora a comentar ou debater sobre un tema de actuali-dade. Rafael trouxera desta volta o caso da ximnasta Dominique Moceanu.

–Coma sempre, o que propón un tema é o primeiro en falar. Veña, Rafael.–A min o caso de Dominique Moceanu paréceme in-teresante por dúas razóns: a primeira, porque o feito de que alguén denuncie os seus propios pais resúlta-me forte; a segunda razón é que seguramente os pais foron moi esixentes con esta rapaza, pero tamén gra-zas a iso ela fíxose famosa e foi campioa olímpica. Así que non sei que postura tomar sobre isto da denun-cia. Nos xornais danlle a razón á rapaza... Eu quero saber o que pensades vós.Os compañeiros e as compañeiras da clase empezaron a pedir a palabra. Había opinións para todos os gus-tos. Rafael achegou algúns datos máis sobre as condi-cións de vida, as horas de adestramento, a dieta, o illamento a que eran sometidas as ximnastas.–Pois eu digo a verdade –a que falaba era Raquel–, a min gustaríame ser unha artista famosa e, se para con-seguilo tivese que pasar por todo iso que dicides, eu pasaría. O que algo quere, algo lle custa, non? E nos primeiros anos igual o pasas mal, pero despois, cando estás arriba e es importante e gañas moitísimo diñeiro e a xente te admira, xa non te acordas para nada das que pasaches.–De acordo, Raquel, ti pasarías por todo iso –intervén de novo Rafael–, pero do que se trata aquí é de se ten que haber tanta présa, se non se poden facer as cousas máis amodo. Porque hai que ter presente que, a pesar de todo o que conseguiu, esta ximnasta non é unha persoa feliz e iso a min dáme que pensar.En algo estaban todos de acordo: parece unha tolemia que a unha nena de once ou doce anos se lle esixa ser a mellor do mundo nunha determinada actividade. Hai que admitir que, ante tanta competencia, cómpre esforzarse para destacar, pero o esforzo non debe ser

inhumano, se non, o que se consegue non serve para nada.Pero isto non pasa soamente na ximnasia. Elías, que practica tenis, dixo que no tenis tamén hai que chegar moi novos a ser figuras. E o mesmo pasa coa natación. E incluso noutros deportes en que antes dificilmente se estaba entre os mellores antes dos vinte e tantos anos, como o fútbol ou o baloncesto.–Eu lin o outro día –abundaba Elías– que un rapaz de dezaseis anos chamado Vicente asinou un contrato cun equipo de fútbol poñendo unha cláusula de res-cisión de cento oitenta millóns de euros. E a familia estivo de acordo, porque tiña problemas económicos. Pero el agora está atado a ese equipo e non pode facer coa súa vida o que queira. E tamén quero dicir que no equipo de infantís dun colexio de Vigo teñen que pa-gar unha multa cada vez que faltan a un adestramen-to, e os pais están de acordo.–Vedes? –interviña a profesora–, para eses rapaces o fútbol xa non pode ser un xogo, xa é unha obriga. ¿Como vai gozar xogando ao fútbol un rapaz de deza-seis anos que xa está atado por un papel que pon cen-to oitenta millóns de euros?–Pois estas cousas igual empezan a cambiar –opinaba Henrique–, porque lle oín dicir ao Defensor do Menor que haberá que pensar se os plans de adestramento que se seguen para preparar a rapaces e rapazas moi novos para gañaren medallas respectan os dereitos deses rapaces.A profesora fixo unha pregunta que non tivo contesta-ción: ¿que pasa cos rapaces e rapazas que empezan de nenos a practicar un deporte, que lle dedican toda a súa vida, que prescinden case por completo do tempo libre, pero despois resulta que non son suficientemente bos coma para destacar e gañar a vida con ese deporte?SILVESTRE GÓMEZ XURXO, Déixao medrar. (Adaptación)

Déixao medrar

U N I D A D E

9 «A ximnasta Dominique Moceanu emancí-

pase de seus pais aos dezasete anos. A ximnasta norteamericana de orixe romanesa, que foi cam-pioa olímpica, denunciara os pais pola excesiva presión que exercían sobre a súa carreira deporti-va desde que era nena.»

301828 _ 0090-0099.indd 90 23/09/11 12:47

Page 91: 1º eso l.g

91

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Que reflicte o texto? Marca.

Unha conversa sobre as afeccións deportivas dun grupo de rapaces e rapazas.

Un debate sobre a explotación infantil no deporte.

Un discurso sobre os problemas cos que se enfrontan os rapaces que fan deporte.

2. Responde.

• Quen é Dominique Moceanu, a rapaza que dá orixe ao debate?

• Que fixo? Por que?

• Quen actúa como moderadora?

• Quen propón o tema e inicia o debate?

3. Contesta.

• Paréceche un debate ben organizado? SI NON

• Por que?

• Con cal das ideas expresadas no texto estás máis de acordo, coas de Raquel ou coas de Rafael? Explícao de xeito oral.

• Que responderías ti á pregunta final que fai a profesora? Responde oralmente.

ACTIVIDADES

Neste texto de Silvestre Gómez Xurxo pode-mos apreciar como se debate sobre un tema polémico na clase duns mozos e mozas gale-gos. O debate céntrase no deporte, en concreto en se supón un exceso preparar os nenos e ne-nas xa de pequeniños para a competición de xeito profesional en lugar de deixar que gocen do xogo e do deporte dunha maneira sa. Entre os compañeiros e compañeiras xorden diferen-tes opinións, aínda que coinciden en conside-rar que non é bo forzar á mocidade a unha ca-rreira deportiva antes de tempo.

Emancípase: consegue os dereitos dunha per-soa maior de idade e vólvese independente dos pais.Adestramento: sesións de exercicios que levan a cabo os deportistas.Illamento: separación, afastamento dos demais.Inhumano: desproporcionado, excesivo.Cláusula de rescisión: parte dun contrato dun deportista na que se establece unha suma de di-ñeiro que se debe pagar ao club ao que pertence en caso de que este deportista rompa o contrato e fiche por outro equipo.

Claves da lectura Vocabulario

9

301828 _ 0090-0099.indd 91 23/09/11 12:47

Page 92: 1º eso l.g

92

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

1. Escribe posibles temas de debate que che poderían interesar a ti e á clase.

• Débese permitir o uso de cámaras de vídeo nas zonas vellas das cidades para gravar os transeúntes?

ACTIVIDADES

O diálogo II. O debate1. O debate

O debate consiste nun intercambio comunicativo entre varias persoas que ex-presan o seu punto de vista sobre un tema establecido.

O propósito básico do debate é analizar conxuntamente o tema obxecto de debate, de modo que o intercambio de opinións resulte enriquecedor.

Para coordinar e guiar o debate, é frecuente nomear un mo-derador. Tres son as principais funcións do moderador:

• Iniciar o debate e presentar o tema.

• Ordenar e controlar as intervencións dos interlocutores.

• Cerrar a sesión resumindo as ideas máis importantes que se expuxeron e as conclusións ás que se chegou.

2. Estrutura do debate

Un debate consta das seguintes partes: introdución, exposición inicial, discusión, conclusión e despedida.

IntroduciónO moderador centra o tema que se vai debater e presenta os partici-pantes.

Exposición inicial

Cada participante expón moi brevemente a súa opinión sobre o tema.

Discusión

Os participantes expoñen os seus argumentos. Esta é a parte central do debate e nela convén seguir certas normas como:– Expoñer con claridade as propias ideas.– Axustarse ao tema.– Escoitar con atención para non repetir ideas xa expostas.– Respectar as outras persoas, as súas opinións, e as quendas de pala-

bra fixadas polo moderador.

ConclusiónCada participante resume a conclusión á que chegou despois do inter-cambio de opinións.

DespedidaO moderador pecha o debate cun resumo do dito ou cun comentario persoal.

Moderador

Público

Partidario

s do SI Partidarios do NON

301828 _ 0090-0099.indd 92 23/09/11 12:47

Page 93: 1º eso l.g

93

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Indica cales das seguintes afirmacións son verdadeiras (V) e cales falsas (F).

O debate consiste na exposición dunha persoa en presenza dun auditorio.

Nun debate analízase conxuntamente un tema para que o intercambio resulte enriquecedor.

Para coordinar e guiar un debate, é frecuente nomear un moderador.

Nun debate é fundamental falar máis alto ca os demais.

3. Imaxina un debate sobre o uso da Internet por parte dos rapaces. Pon argumentos a favor e en contra do emprego deste medio por parte dos menores de idade.

A favor F

F

F

F

En contra F

F

F

F

4. Escribe tres normas que coides que se deben respectar para que un debate se poida desenvolver con normalidade e sen interrupcións.

• Respectar as indicacións do moderador.

5. Imaxina que es o moderador dun debate televisivo que está a piques de rematar sobre a violencia nos estadios de fútbol. Realiza a despedida do debate e fai un comentario persoal sobre o tema.

9

301828 _ 0090-0099.indd 93 23/09/11 12:47

Page 94: 1º eso l.g

94

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

O lecer e as afeccións

1. Localiza na ilustración as seguintes palabras.

1. xogar 17. ciclismo

2. falar 18. descansar

3. atletismo 19. escalada

4. lectura 10. pimpón

5. pesca 11. piragüismo

6. fútbol

2. Completa as seguintes secuencias escollendo o termo apropiado entre os que tes no recadro.

sendeirismo - baile - submarinismo - canastra - carreira

• Gañamos porque puntuou a última .

• Cando imos á praia sempre practicamos .

• Gústanos moito andar polo monte facendo .

• Onte quedei terceiro na pedestre que se celebrouna Coruña.

• Todos os irmáns practicamos galego.

3. Une cada acción co lugar en que a levarías a cabo.

Xogar ao tenis • • Circuíto

Practicar natación • • Ría

Escalar • • Aeródromo

Conducir karts • • Rochedo

Navegar en veleiro • • Cancha

Voar en avioneta • • Piscina

Xogar ao baloncesto • • Auditorio

Asistir a un concerto • • Pista

4. Subliña os sufixos das seguintes palabras.

• amarelento • viaxeiro • pescador • montañismo

• portaría • artista • desprezable • coitelada

• panadeira • camiñante • galiñeiro • cantante

OS SUFIXOS

Son terminacións que se engaden ao final dal- gu nhas palabras para for mar outras con sig-nifi ca do distinto. Por exem plo, se a zapato lleenga dimos -eiro ou -aría obte mos zapateiro e za-pataría.

301828 _ 0090-0099.indd 94 23/09/11 12:47

Page 95: 1º eso l.g

95

O acento diacrítico úsase para dife-renciar palabras que teñen distintos significados, pero que se escriben igual. Por exemplo: na palabra bóla (‘esfera’) fronte a bola (‘pan’), o acento diacrítico permite que, na escrita, dife-renciemos as dúas palabras. Igual oco-rre en óso (‘parte do corpo’) e oso (‘animal plantígrado’).O seguinte cadro contén algúns dos principais pares de diacríticos.

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O acento diacrítico

ACTIVIDADES

1. Completa as seguintes oracións co termo apropiado dos que se encontran no cadro de arriba.

• Non podo camiñar porque me doen moito os .

• A profesora si que veu, pois ten o coche aparcado aí .

• Cando un coche quero que teña aire acondicionado.

• Non podo agardar por ti porque teño moita .

• Cando eles marcharon quedei eu .

2. Coloca os acentos diacríticos que falten nos seguintes enunciados.

• El e o xogador que da mellores pases no campionato.

• Nos fomos os primeiros en subir a clase.

• Aí fora hai unhas árbores con enormes polas.

• Se non tes mais que facer podes vir canda min.

• Ves ao cine connosco? Teu curmán sempre ven.

3. Copia no recadro a palabra do cadro dos acentos diacríticos que máis se axeite á definición.

• Construción que se fai para desviar ou deter unha corrente de auga. F

• Infusión con herbas que adoitan vir en pequenos sobres. F

• Órgano das aves, que lles serve para voar. F

• Galiña nova, pita. F

• Pena, compaixón que se ten por algo ou por alguén. F

9

á 'ala'; contracción (a + a)cómpre 'é necesario'dá, dás do verbo dar dó compaixón; nota musicalé do verbo ser fóra adverbio de lugarmáis adv. de cantidadepé parte do corpopóla 'rama'pór 'poñer'présa 'apuro'só 'sen compaña'té infusiónvós, nós pron. tónicovés, vén verbo vir

Con acento gráfico

a artigocompre de comprarda, das contracción (de + a, as)do contracción (de + o)e conxunción fora verbo ser ou irmais conxunción 'pero'pe letra pola (por + a); 'galiña' por preposición presa prisioneira; encoro so 'debaixo de'te letra; pronome vos, nos pronome átono ves, ven verbo ver

Sen acento gráfico

301828 _ 0090-0099.indd 95 23/09/11 12:47

Page 96: 1º eso l.g

96

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

O adxectivo cualificativo

1. O adxectivo cualificativo. Función

Os adxectivos cualificativos son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos. Exemplos:

rapaza nova sangue vermello auga quente

Os adxectivos cualificativos funcionan como complementos do substantivo que acompañan. Exemplos:

oDet

peixeN

frescoCompl.

aDet

televisiónN

públicaCompl.

O adxectivo concorda en xénero e número co substantivo ao que complemen-ta, é dicir, toma o xénero e o número dese substantivo. Exemplos:

peixe fresco F peixes frescos televisión pública F televisións públicas

2. Os graos do adxectivo

A calidade que expresa o adxectivo pode ser posuída en diversos graos:

• Un adxectivo está en grao positivo cando expresa unha calidade ou un esta-do sen indicar ningunha intensidade. Exemplo: Antía é boa estudante.

• Un adxectivo está en grao comparativo cando compara a intensidade con que dous substantivos posúen a mesma calidade. A comparación pode ser de superioridade, de igualdade ou de inferioridade.

Comparativo de superioridade

máis... ca/que/do que Meu pai é máis divertido ca miña nai.

Comparativo de igualdade

tan… coma/como Meu pai é tan divertido coma miña nai.

Comparativo de inferioridade

menos… ca/que/do que Meu pai é menos divertido ca miña nai.

• Un adxectivo está en grao superlativo cando expresa unha calidade no seu grao máximo. O grao superlativo constrúese de diversas maneiras:

– Co adverbio moi anteposto ao adxectivo. Exemplo: Meu pai é moi divertido.

– Engadíndolle ao adxectivo os sufixos -ísimo ou -érrimo. Exemplo: Meu pai é divertidísimo.

– Antepoñéndolle ao adxectivo prefixos como super-, hiper-, ultra-… Exem-plo: Meu pai é superdivertido.

O grao superlativo pode ser absoluto, cando expresa a calidade no seu grao máxi-mo sen comparala con nada (Roi é divertidísimo, moi divertido), ou relativo, cando a calidade se compara coa doutros substantivos (Roi é o máis divertido da clase).

Algúns adxectivos posúen formas especiais para expresar os graos comparativo e superlativo. Exemplos:

Positivo alto baixo bo malo pequeno grandeComparativo superior inferior mellor peor menor maiorSuperlativo supremo ínfimo óptimo pésimo mínimo máximo

O adxectivo emprégase nas descricións porque expresa as características e os detalles do que describimos (cores, formas, tamaños).

301828 _ 0090-0099.indd 96 23/09/11 12:47

Page 97: 1º eso l.g

97

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Escolle, entre as palabras destacadas, as que sexan adxectivos e cópiaas.

Nas pirámides exipcias os arqueólogos atoparon interesantes obxectos de vidro. Antes, era un material reservado para a xente rica. Era un vidro opaco de cor verde ou azul; non se parecía ao que coñecemos hoxe. Foron os romanos os que máis tar-de farían vidro transparente.

2. Substitúe os sintagmas en negra por adxectivos.

• Coloca os aros de metal na caixa. F Coloca os aros metálicos na caixa.

• Os participantes na carreira de bicicletas asinaron as actas.

• Os estudantes de Italia matriculáronse na disciplina de Arte do Xapón.

• Os libros que vos parezan de utilidade poñédeos nas caixas de cor azul.

3. Identifica os graos dos adxectivos utilizados neste anuncio.

Comparativo F

Superlativo F

F

4. Completa no caderno as seguintes oracións comparativas segundo sexan de inferioridade, igualdade ou superioridade.

• O balcón está máis alto a galería.

• O teu coche é tan novo o meu.

• Descansei menos tempo ti.

• Teu irmán é máis vello min.

• Ten a cara tan branca a cera.

• Volve da biblioteca tan axiña poidas.

• Esta torta está máis doce ese biscoito.

ACTIVIDADES

9

Se queres tirar fotos tan fermosas coma as dos profesionais...

UNHA CÁMARA HIPERSENSIBLE A UN PREZO BARATÍSIMO!

301828 _ 0090-0099.indd 97 23/09/11 12:47

Page 98: 1º eso l.g

98

LITERATURA

A poesía

1. A poesía

A poesía é o xénero que engloba todas as obras escritas en verso nas que un poeta expresa o que pensa ou o que sente. Temas como o amor, a natureza, a soidade, a morte, a patria, o tempo, a amizade, a sociedade... están presentes habitualmente neste tipo de textos.

Unha característica común ás obras literarias de calquera xénero é o uso de re-cursos estilísticos ou literarios como metáforas, comparacións, paralelismos... No caso da lírica, é especialmente abundante o emprego deste tipo de recursos, que lles dan beleza e expresividade aos textos.

2. Principais xéneros en verso

Hai dous grandes xéneros na poesía: a lírica e a épica. Non obstante, non todos os poemas se poden adscribir a estes dous xéneros, xa que os poetas experimen-tan continuamente con outras perspectivas.

• A poesía épica é o xénero a que pertencen as obras en verso que narran as proezas dos heroes históricos ou lendarios. Ten, xa que logo, un carácter mar-cadamente narrativo. Neste tipo de poesía adóitanse mesturar elementos reais con elementos fantásticos ou lendarios. Exemplo:

Rei Artur de ollos pechos nun ensoño divino,pide forzas ao ceo para dar co camiño,e nesta hora solemne de visión sagra e fonda,descorridos os veos, viu a Táboa Redonda,a lexión triunfadora, a bélica irmandadeque ten de ser nos séculos brasón da cristiandade.

RAMÓN CABANILLAS

• A poesía lírica é o xénero a que pertencen as obras escritas en verso en que o poeta expresa os seus pensamentos ou os seus sentimentos. Ten un ton máis íntimo. Exemplo:

Terra de ninguresTiña unha fontela,xa non bebo nela.Alma, non te apures.Estaba en algures,vivo lonxe delae non podo vela.Alma, non te apures.Vivo lonxe e morro,namentres percorroterras de ningures.Alma, non te apures.

O vento de algures,que vai pra ningures.

C. E. FERREIRO

A gran poeta lírica da literatura galega é Rosalía de Castro.

301828 _ 0090-0099.indd 98 23/09/11 12:47

Page 99: 1º eso l.g

99

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Responde sobre o anterior poema de Celso Emilio Ferreiro.

• Cal cres que pode ser o contido do poema? Marca.

O cansazo do poeta de tanto viaxar.

A soidade do poeta nunha terra estraña.

• Sinala as impresións que lle produce ao poeta o recordo dunha fonte.

tristeza vitalidade ledicia saudade

• De que tipo de poema pensas que se trata? Marca.

Poema lírico Poema épico

• Por que?

2. Le o seguinte fragmento dun poema de Antón Avilés de Taramancos.

Fálame, musa, do varón famosoque desde o fondo das estrelas cantae retomba nos mares a voz rouca,o brado da saudade máis profundado cosmonauta solitario e únicoque na dorna do tempo vai tecendoo canto elemental; do pai Ulisesperdido nas Galaxias para sempre.

• Que heroe lendario aparece citado no poema?

• Que coñeces da súa historia? De non saber nada, procura algunha información en enciclopedias, na Internet… e resume brevemente o que atopes.

• Por onde se di no poema que anda o heroe?

• Pensas que pode haber algunha mestura do real e do fantástico no fragmento? Explícao.

3. Relaciona os temas seguintes coa poesía lírica ou épica, segundo lle corresponda.

A amizade •

A morte • • Poesía lírica

Os feitos gloriosos dun país • • Poesía épica

As fazañas dun heroe •

9

301828 _ 0090-0099.indd 99 23/09/11 12:47

Page 100: 1º eso l.g

100

Mefisto tiña motivos para sentirse orgulloso. Aparecer na portada de Bruxos & Magos, (en primeiro plano, ataviado cos atributos de Honorable Bruxo Maior, e Ana un pouco máis atrás) e cunha extensa entrevista nas páxinas centrais, indicaba que o recoñecemento entre a comunidade dos bruxos era algo incuestionable. Non puido evitar a tentación de ler, unha vez máis, aquela entrevista que xa case sabía de memoria. Saltou a intro-dución, inzada de loanzas, e foi ás preguntas. […]Pregunta: Permítame que empece por unha pregunta obrigada: cales foron os seus primeiros pasos como bruxo?Resposta: Do mesmo xeito que todos os da miña xe-ración, daquela só se transmitía de pais a fillos. Obser-vando con atención todo o que vía facer na casa em-pecei a practicar a bruxaría. Os esconxuros, os filtros de encantamento…P: Pero vostede foi á escola cos humanos.R: Así foi; no meu clan, eran partidarios de iniciar a integración cos humanos.P: Se os meus datos son certos, foi nesa escola onde vostede coñeceu a Ana, a súa compañeira…R: Pois si, e alégrame poder falar deste tema. Porque Ana é a mellor demostración de que se pode chegar a bruxa aínda sendo humana. Sen ela sabelo, tiña… «poderes».P: Como «poderes»? Un feito así, entre humanos, é algo insólito.R: Voulle contar unha anécdota. Teriamos nós uns dez anos. A mestra mandáranos repasar creo que a obten-ción da raíz cadrada dun número decimal. Pois ben, aquela tarde tocoulle a Ana saír a calcular unhas das raíces; mentres ela ía cara ao encerado, a mestra sacou as lentes para limpalas. Pero, en canto tocou co pano

os cristais convertéronse nun po finiño coma fariña. Cando saímos, Ana díxome que

desexara con todas as súas forzas que crebasen as lentes da

profesora, para librarse así do exercicio.P: E que pasou logo?R: Pois eu empecei a deixar que Ana fose adi-viñando algúns dos meus poderes secretos. E entre os dous fomos descubrindo que era ca-

paz de conseguir tamén moitas das cousas que eu facía. Unha tarde de outono xuramos non separarnos nunca.P: Os anos seguintes son os máis escuros da súa bio-grafía, non si? Marchou para a cidade e alí esqueceu o seu destino de bruxo…R: Non foi exactamente así. Empecei a tratar de com-portarme coma un humano. Ana e mais eu matriculá-monos na universidade. Pero eu conservaba as miñas habilidades de bruxo e practicaba. Rematamos a ca-rreira e decidimos casar. Foi daquela cando tomamos unha decisión transcendental. Por aqueles días, che-goume unha comunicación do Consello Supremo, lembrándome a necesidade de asumir as obrigas da estirpe. Eu dubidaba. Diante de min abríanse dous camiños: ou asumir a miña condición de bruxo, o que implicaba resignarme a unha existencia arredado dos humanos, ou facer un mestrado de Dirección de Empresas, esquecerme de meigaría e dedicarme a ga-ñar cartos e a adquirir éxito social.P: E como resolveu esa contradición?R: Foi Ana quen deu coa clave: «Quizais se pode ser bruxo e estar plenamente integrado entre os huma-nos». Había que enmascarar a bruxaría con aparen-cias que á sociedade lle gustaban! Fixemos un máster na School of Big Business e, deseguido, abrimos o no-so primeiro despacho.P: O tempo acabou dándolles a razón.R: Claro que nola deu. Hoxe podo afirmar que temos unha gran cantidade de humanos baixo a nosa in-fluencia, algúns en postos moi altos. A bruxaría pode estar de parabéns!A entrevista aínda continuaba. Pero Mefisto deixou de ler. Notou un estraño formigar nos dedos. As páxinas da revista íanse esfarelando e converténdose nunha columna de fume verde que axiña ascendeu ata o tei-to. Visiblemente irritado, foi ata a porta do despacho e abriuna de golpe.Tal como imaxinara, alí estaba o seu fillo Adrián, no corredor. Ría con aire pícaro, ollando para súa nai.–Que, papá, gustouche a nube de fume?Mefisto ollou en fite para o seu fillo, que, nun repente, quedou convertido nunha pequena ra verde que non deixaba de choutar polo corredor. Volveu logo entrar no despacho, ao tempo que lle dicía a Ana:–Non lle axudes, a ver o tempo que tarda en desen-meigarse el só. ¿Non dis ti que as cousas só se apren-den practicando? Pois déixao que practique! AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, Contos por palabras. (Adaptación)

Un máxico negocio

U N I D A D E

10

301828 _ 0100-0109.indd 100 23/09/11 12:47

Page 101: 1º eso l.g

101

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Observa os xestos do personaxe e responde. A que momento da lectura pertence cada imaxe?

IMAXE 1

IMAXE 2

• Que pasou entre un momento e outro? Cóntao resumindo a lectura.

2. Responde.

• Na entrevista, Mefisto fala dunha «decisión transcendental». Cal foi esa decisión?

• Foi, ao seu modo de ver, unha decisión correcta? Explícao.

3. Por que está orgulloso Mefisto de saír na revista? Marca as que che parezan correctas.

Porque esa revista a lía moita xente. Porque incluía unha breve noticia sobre o seu negocio.

Porque na foto da portada saía moi ben. Porque significaba que o seu traballo era recoñecido.

4. Ti tamén cres que «as cousas se aprenden practicando»? Explícao con algún exemplo.

ACTIVIDADES

Neste texto podemos ler unha entrevista cun bruxo na que conta a súa vida e as etapas que tivo que pasar ata converterse nunha persoa respectada e nun triunfador social. O protagonista destaca que realiza a súa actividade de xeito moderno e adapta-do á sociedade actual. Pero, ao final do relato, ve-mos que o seu fillo, bruxo coma el, realiza un expe-rimento cos seus poderes ao xeito máis tradicional que podemos esperar dun bruxo.

Ataviado: vestido.Inzada: ateigada, chea.Loanzas: comentarios eloxiosos.Estirpe: conxunto de antepasados e descen-dentes dunha familia.Mestrado: grao de mestre, titulación que se realiza para completar estudos superiores.Esfarelando: desfacendo algo ata converte-lo en po.

Claves da lectura Vocabulario

10

1 2

301828 _ 0100-0109.indd 101 23/09/11 12:47

Page 102: 1º eso l.g

102

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

1. Indica polo menos catro personaxes que che parezan interesantes para entrevistar e indica algún motivo. Colócaos en orde de maior a menor interese para ti.

Personaxe Motivo

ACTIVIDADES

O diálogo III. A entrevista1. A entrevista

A entrevista é un tipo de texto dialogado que se establece entre o entrevistador e o entrevistado co fin de obter deste último unha información ou unha opinión sobre un tema, ou ben para coñecer diversos aspectos da personalidade da per-soa entrevistada.

En toda entrevista interveñen normalmente dúas persoas:

• O entrevistador, que debe ter un cuestionario cunhas preguntas preparadas de acordo coas características da persoa que entrevista. Con todo, ás veces pó-dense incorporar novas preguntas.

• O entrevistado, que é a persoa que responde o cuestionario que preparou o entrevistador. Adoita ser unha persoa de prestixio ou de interese público.

1.1. Tipos de entrevistas

Basicamente, hai dous tipos de entrevistas: a entrevista informativa e a entrevista psicolóxica ou de personalidade.

• A entrevista informativa busca obter a opinión ou o punto de vista do entre-vistado acerca de feitos diversos.

• A entrevista de personalidade busca afondar na vida, a obra ou a forma de pensar do entrevistado.

2. Estrutura da entrevista

Unha entrevista consta basicamente de tres partes: unha introdución, o corpo da entrevista e o peche.

Introdución O entrevistador presenta o entrevistado e o tema da entrevista.

Corpo da entrevista

Está formado polas preguntas e as respostas. Tamén se poden introdu-cir comentarios sobre os xestos ou a actitude do entrevistado.

PecheConstitúeno os agradecementos, os comentarios ou as conclusións coas que se pecha a entrevista.

301828 _ 0100-0109.indd 102 23/09/11 12:47

Page 103: 1º eso l.g

103

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Indica que tipo de entrevista se corresponde con cada unha das seguintes definicións.

• Entrevista que pretende investigar sobre aspectospersoais do entrevistado (vida, obra…). F Entrevista

• Entrevista que procura a opinión do entrevistadosobre algún tema. F Entrevista

3. Le a seguinte entrevista e contesta.

O mestre de todosA finais de curso xubílase don Xesús Rodríguez Vázquez, coñecido por todos os veciños de Arroios do Val como Suso, o mestre. Eses veciños promo-ven a homenaxe na súa honra, posto que leva co-renta e sete anos no ensino da nosa localidade.

Pregunta: Gústalle que lle chamen mestre?

Resposta: Encántame, a verdade. Gústame máis ca a palabra profesor.

P: Estrañará as aulas cando non volva a elas o próximo curso?

R: Seguramente, si. Pero eu seguirei vencellado á escola. Continuarei adestrando o equipo de balonmán e dirixindo a banda de música. Te-rei contacto cos rapaces da vila.

P: En tantos anos dedicados ao ensino, mudou moito a escola?

R: Moitísimo. Afortunadamente, agora hai recursos, boas instalacións deportivas, informáticas… De todo! Só hai que ter curiosidade por aprender. Con iso abonda.

• Neste texto están moi claras dúas das partes das que adoitan compoñerse as entrevistas. Marca cales son e despois escríbeas no lugar correspondente.

Introdución. Corpo da entrevista. Peche.

• Que datos se nos dan na introdución?

• Di se se trata dunha entrevista informativa ou de personalidade e explica por que.

4. Repara nas fotos da alpinista Chus Lago e do escritor Manuel Rivas e escribe unha pregunta para cada un deles coma se os entrevistases.

1.

1.

2.

1.

10

*

*

1 2

301828 _ 0100-0109.indd 103 23/09/11 12:47

Page 104: 1º eso l.g

104

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

Os sentimentos

1. Une os sentimentos dun recadro cos seus antónimos.

amor avaricia amizade simpatía

inimizade antipatía xenerosidade odio

2. Completa as seguintes secuencias coas palabras que se refiren á denominación de compañeiro en diferentes ámbitos.

camarada

cómplice

socio

colega

• O meu médico sempre consulta os casos cun .

• Reuníronse todos os do Partido Amarelo.

• A empresa é de dous ou tres .

• Non roubou só, axudaríao calquera dos seus .

3. Escribe segundo estes sentimentos che parezan positivos (P) ou negativos (N).

envexa compaixón agudeza

xenerosidade creatividade fachenda

preguiza solidariedade prepotencia

4. Di con que adxectivo definirías a alguén con estas calidades.

• Persoa que non confía en ninguén. F

• Alguén que protesta por todo. F

• O que comparte ou dá todo o que ten. F

5. Di de que palabra primitiva derivan as seguintes.

• responsabilidade F responsable • impaciencia F

• namorado F • morriñento F

6. Escribe palabras derivadas a partir das seguintes palabras primitivas.

• carne F • mar F

• ferro F • leite F

• froita F • taxi F

PALABRAS PRIMITIVAS

E DERIVADAS

Son palabras primiti-vas as que non deri van de ningunha outra, por exemplo, a palabra ca-sa. Se lle engadimos al gunha partícula ao prin cipio ou ao final de la creamos palabras no vas, por exemplo ca-sei ro, casarío, etc., e estas son palabras de-riva das.

301828 _ 0100-0109.indd 104 23/09/11 12:47

Page 105: 1º eso l.g

105

Ao falar sinalamos o final de cada enunciado cunha pausa marcada. Na escrita, esa pausa indícase cos sig-nos de puntuación. Os signos que limitan enunciados son o punto, o peche de interrogación e o peche de admiración.• O peche de interrogación ? úsase nos enunciados que conteñen unha pregun-

ta en estilo directo. Exemplo: Por que está tan triste?• O peche de admiración ! emprégase nos enunciados que reflicten unha excla-

mación. Exemplo: Que ben o pasamos na festa!• O punto . úsase para pechar todos os demais enunciados en que afirmamos ou

negamos algo. Exemplo: Non vou ir. Estou canso.Os puntos suspensivos … tamén poden pechar un enunciado cando este se dá por terminado, aínda que se deixe incompleto. Exemplo: Non por moito madrugar…

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

Signos que limitan enunciados

ACTIVIDADES

1. Coloca en cada enunciado o signo de peche que che pareza máis axeitado.

• Como me gustan as patacas fritidas • A que hora quedaches cos teus amigos

• Non sei onde están os meus libros • Cando vés á miña casa

• Xa se sabe, a falta de pan • Que calor vai hoxe

2. Explica nun breve parágrafo os sentimentos que che provoca esta imaxe.

3. Escribe unha pregunta que farías nunha entrevista a cada un destes personaxes de ficción.

Escribe polo menos seis enunciados, empregando un signo de interrogación e outro de admiración.

O conde Drácula F

O correcamiños F

Spiderman F

4. Coloca os puntos que faltan no seguinte texto de Roal Dahl.

Rupert levantouse e volveu ao seu pupitre, refregando a cabeza con ambas as mans A señorita Trunchbull situouse de novo fronte á clase Os nenos perma-necían nos seus sitios, como hipnotizados Ningún deles presenciara algo seme-llante na súa vida Era unha auténtica diversión

10

Despois dos signos de interrogación ou admiración non se pon punto e co-mézase a escribir con letra maiús- cula.

Lembra

301828 _ 0100-0109.indd 105 23/09/11 12:47

Page 106: 1º eso l.g

106

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os determinantes

1. Os demostrativos. Formas

Os demostrativos son palabras variables que expresan a proximidade ou o afas-tamento das cousas respecto da persoa que fala, tanto no espazo coma no tempo.

Singular PluralNeutro

Masculino Feminino Masculino FemininoProximidade este esta estes estas istoDistancia media ese esa eses esas isoAfastamento aquel aquela aqueles aquelas aquilo

2. Os posesivos. Formas

Os posesivos son palabras variables que expresan a pertenza de algo a unha ou a varias persoas, chamadas posuidores, ou a pertenza dun ser a un grupo:

o meu coche a túa casa o noso plan a súa blusa

Singular PluralMasculino Feminino Masculino Feminino

1.ª persoaUn posuidor meu miña meus miñasVarios posuidores noso nosa nosos nosas

2.ª persoaUn posuidor teu túa teus túasVarios posuidores voso vosa vosos vosas

3.ª persoa Un ou varios posuidores seu súa seus súas

3. Os indefinidos. Formas

Os indefinidos son palabras que expresan cantidade ou identidade dun xeito impreciso: Merquei moitas cousas. Agora ninguén o coñece.

Indefinidos invariables alguén, ninguén, algo, nada, cadaquén, calquera…

Indefinidos variables

Varían en xénero ambos/ambas, varios/varias…Varían en número bastante/bastantes, tal/tales…

Varían en xénero e número

abondo(s)/abonda(s), algún(s)/algunha(s), ningún(s)/ningunha(s), pouco(s)/pouca(s), demasiado(s)/demasiada(s), certo(s)/certa(s), todo(s)/toda(s)

4. Os numerais

Os numerais son palabras que expresan cantidade ou orde dun xeito preciso e concreto. Poden ser cardinais e ordinais:• Cardinais. Expresan unha cantidade exacta: un/unha, dous/dúas, tres, ca-

tro…, once, doce..., dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove..., vinte e un...• Ordinais. Expresan orde: primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sé-

timo, oitavo, noveno, décimo, undécimo, duodécimo, décimo terceiro..., vixési-mo..., trixésimo..., cuadraxésimo..., quincuaxésimo..., centésimo...

TEN EN CONTA

Habitualmente, o pose-sivo seguido de substan-tivo vai precedido por un artigo. Con todo, lem-bra que cos nomes de parentesco moi próximo pode levalo ou non: Teu pai chámase Xosé. Ade-mais, cando a secuen-cia está en vocativo, tampouco o leva: Vai es-pertando, meu rei!

301828 _ 0100-0109.indd 106 23/09/11 12:47

Page 107: 1º eso l.g

107

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Os demostrativos contraen coas preposicións de e en.

Completa estes enunciados coas contraccións que se indican.

• Recolle a mesa e baleira os restos de comida (en + ese) caldeiro verde de aí.

• Estou (en + este) instituto porque hai un ambiente agradable.

• Vin (de + aquel) barco nadando.

• Non penses máis (en + iso), que non o vas poder solucionar.

• Hoxe é un (de + eses) días en que estou dun humor excelente.

2. Completa estas oracións co artigo e co posesivo que corresponda.

• As nosas furgonetas levan rotulado o nome de empresa. (1.ª persoa)

• Tes que escribir nome e apelidos nos espazos en branco. (2.ª persoa)

• Devólvelles discos e películas. (3.ª persoa)

• nome ten orixe árabe. (1.ª persoa)

3. Responde cun indefinido e cun numeral.

• Cantos libros liches?

• Cantos irmáns tes?

• Cantas adiviñas sabes?

• Cantos pasteis comeu?

4. Completa cos numerais axeitados escritos con letra.

• A maioría de idade alcánzase aos anos.

• Subiu ata o piso 11, é dicir, ata o .

• A idade de xubilación ampliouse dous anos máis: dos 65 aos .

• Acabou a carreira no posto 20, é dicir, chegou de .

5. Escribe en letra os seguintes numerais.

• 16 F • 127 F • 14.º F

• 7.º F • 88 F • 101 F

• 183 F • 29 F • 47.º F

ACTIVIDADES

10

Indefinidos Numerais

301828 _ 0100-0109.indd 107 23/09/11 12:47

Page 108: 1º eso l.g

108

LITERATURA

As narracións cultas

1. As narracións cultas

Considéranse cultas as narracións de autor que se difunden mediante a escritura. As principais formas da narrativa culta son o conto de autor ou literario e a novela.

1.1. O conto de autor ou literario

O conto de autor ou literario é unha narración curta que nace para ser lida, ao contrario do conto popular, que nace para ser contado.

Todo conto é unha forma narrativa breve que reflicte un mundo de ficción, pe-ro entre o conto popular e o conto literario hai marcadas diferenzas: o conto popular é anónimo, transmítese oralmente e contén elementos da tradición fol-clórica; pola contra, o conto literario adoita aparecer asinado, difúndese me-diante a escrita e reflicte a orixinalidade artística do seu creador. Velaquí un exemplo de conto popular:

Un día foi un cura pedir a unha casa, e díxolles que lle deran un pau lon-go. Así que llo deron, dixo que lle deran outro pau máis curto. Así que llo deron, dixo que lle deran unha punta para cravalo. Así que lla deron pediu un martelo para petarlle e, logo, así que llo deron, dixo que llelos cravaran en forma de cruz. Logo díxolle o amo da casa:–Ai, señor cura, para iso tamén puido dicir que lle deran unha cruz feita, e aforraba palabras.

«O cura que foi pedir», Contos populares da provincia de Lugo. (Adaptación)

Igual ca os contos populares, os contos de autor caracterízanse pola brevidade, a sinxeleza e a intensidade.

Os contos de autor adóitanse clasificar polo seu contido: contos fantásticos, cos-tumistas, de terror...

Moitos escritores galegos empregaron o conto como forma de expresión. Salien-tamos a Dieste, Castelao, Fole, Cunqueiro, Ferrín, Casares, Manuel Rivas, Gon-zalo Navaza, etc.

1.2. A novela

A novela é un xénero narrativo de maior extensión e complexidade ca o conto, que admite todo tipo de narradores, personaxes, tramas e estruturas. Na novela desenvólvense plenamente os elementos e as características da narración.

Hai varios tipos de novelas: de aventuras, fantásticas, históricas, policiais, psico-lóxicas, de ficción científica, de intriga, xuvenil...

O seguinte fragmento pertence a unha novela de aventuras:Non entendía nada e a resaca do mareo mantíñame nunha especie de nu-be. En cuestión de poucas horas pasara da redacción do Celtic News a unha festa pirata nalgún lugar do Atlántico Norte. Unha festa no meu honor!Tan confusa estaba que, esquecendo que ao cabo fora levada alí á forza, non se me ocorreu outra cousa que preocuparme pola seguridade daquela banda de corsarios, que se dispuñan a brindar con augardente coma se fose auga mineral.

MANUEL RIVAS, Bala Perdida. (Adaptación)

301828 _ 0100-0109.indd 108 23/09/11 12:47

Page 109: 1º eso l.g

109

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e marca ao final a que tipo de novela pertence.

As rúas, os parques, as prazas… todos os lugares públicos estaban ocupados por unha turba de fero-ces animais, que se movían cunha axilidade asombrosa. Algunhas persoas fuxían deles espavorecidas, os poucos coches que circulaban facíano coas luces apagadas para non chamar a súa atención, desde algúns pisos estaban disparando con escopetas… a cidade aparecía mergullada nun caos que superaba todo o imaxinable.Ao achegármonos algo máis, non tardamos en descubrir a terrible realidade: non había tales animais, senón que eran lobishomes!

A. FERNÁNDEZ PAZ, O laboratorio do doutor Nogueira. (Adaptación)

Novela histórica. Novela policial. Novela fantástica.

2. Le atentamente o seguinte conto e contesta.

Sendo eu neno, non sei cantas veces sentín contar na casa a historia do retrato do pintor Fierros. O retrato representaba un home novo de nachas corvas, cun gran do tamaño dun chícharo na meixela dereita, moreno el, de bigote e patillas.E cando tiña doce anos deume por pintar ao pastel, nun folio de papel de barba, o retrato do cabaleiro. E como morrera en duelo a espada, co corazón atravesado, deume por pintarlle unha pinga de sangue no peito, no mesmo corazón.No ano 1960, no mes de setembro, cando as festas de Ribadeo, recibín aquela misteriosa carta. Non traía data, a sinatura era ilexible. Mesmo enriba da sinatu-ra, unha pinga de sangue. O mataselos era de Vigo. A carta dicía:«Ben sei que vostede ten moito interese por saber onde foi parar o retrato pintado por Fierros. Que conste que non o coñezo a vostede nin sei quen é. Mais tamén sei que vostede vai varias veces ao ano por Ribadeo e que pasa pola rúa da Pomba. Alí está o cadro, na trastenda da mercería de dona Concha. Alí pode velo.»Dous días despois estaba eu en Ribadeo. Levaba a carta. Mostreilla a dona Concha. E díxome:–Xa son sabedora, por unha carta de Vigo, da súa visita. A carta perdina. A sinatura era ilexible. Estaba manchada cunha pinga de sangue ou pintura encarnada. Pase e vexa o retrato.Era moi fermoso e igualiño ao retrato ao pastel que eu fixera sendo neno. O que máis me chocou... foi a pinga de sangue no peito, tal e como estaba no meu pastel. Dona Concha pareceu lerme na ollada...–A mancha de sangue apareceu misteriosamente no retrato hai cousa de poucos días. O xoves pola noite, antes de pechar a tenda, estiven fitando para o cadro. Non tiña esa pinga de sangue. Eu mesma pechei a tenda e saín. Non saquei a chave da faldriqueira. Pola mañá, vin a pinga de sangue. Penso que este retrato ten meigallo.Cando me despedín, estou seguro de que dona Concha pensou que era tatexo de nacemento. ¿E non sería todo aquilo unha broma, unha obra mestra das bromas, o que se di?

ÁNXEL FOLE, Historias que ninguén cre. (Adaptación)

• Marca cun X as características deste conto para adiviñar se é popular ou de autor.

Conto popular Conto de autor

I I É anónimo. Aparece asinado.

Transmítese oralmente. Difúndese mediante a escrita.

Contén elementos folclóricos. É unha creación orixinal do autor.

10

301828 _ 0100-0109.indd 109 23/09/11 12:47

Page 110: 1º eso l.g

110

Os expertos que levan décadas recollen-do música, coplas e danzas avisan de que todo este material podería perderse se non se dixitaliza e conserva axeitada-mente.

■ RODRI GARCÍA

Hai dous xeitos de facer etnografía: «Ir a un sitio e es-tar alí unha semana recollendo música, coplas ou o que sexa, ou participar das vivencias e dos feitos». Isto expli-ca Baldomero Iglesias, Mero, que leva máis de trinta anos mergullado na tradición galega. Hai ducias de per-soas que, coma Mero, levan moitos anos por Galicia adiante para recoller esa tradición oral que agora está en perigo de perderse porque os últimos informantes van desaparecendo. Os que se dedican á recolleita están quedando sen xente e o material gardado vaise deterio-rando.Felisa Segade e Montse Rivera, dúas das compoñentes do grupo de pandeireteiras Leilía, levan vinte anos recollen-do música tradicional, «conscientes de que as cousas es-tán como están, xa que, por unha banda, quedan moi poucos informantes e, por outra, está todo moi mestura-do». Un exemplo disto último é que nalgunha ocasión «chegaron a cantarnos unha canción das nosas coma se fose unha peza tradicional», conta Montse. Tamén expli-ca que a década de 1980 era o mellor momento para fa-cer a recolla, pero agora «é tan doloroso pensar nos anos que se perderon, en tanta xente que traballou e non se sabe que pasará con todo o material que teñen recollido».

O ineficaz papel das instituciónsFelisa Segade lembra que se convocou hai un par de anos, desde a Xunta de Galicia, a un grupo de persoas que facían recolla para ver o que se podía facer co mate-rial, pero «non sabían moi ben que facer e dixeron que o mellor era que cedésemos os nosos arquivos e xa se nos daba unha copia». Aquelas xestións quedaron en vía morta, aínda que organismos como o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego teñen abertas seccións sobre a música tradicional.Tamén hai editoriais con series dedicadas á tradición ga-lega que, co que van publicando, fan posible que non se perda o material recollido.Aparecen traballos da xente recompilados en vídeo ou outros soportes, xa que a publicación pode levar fotos ou letras de cancións.

O exemplo de ManuelaQuen tamén está moi ilusionada co novo disco que está gravando nun estudio da Estrada é Manuela Cortizo, de 71 anos, que se reúne con outras veciñas «e facemos festa a calquera hora do día». Manuela vai dando o nome dal-gunha compañeira, coma Edelmira Camiña Pena, que cos seus 91 anos e operada dun cadril segue bailando «e gañou un premio en Merza». Xúntanse no lugar de Barro (Cerdedo), para cantar, tocar a pandeireta e informar ás recolledoras de Leilía de vellas tradicións. Manuela Cortizo recoñece que de nena só puido ir tres anos á escola, algo que non lle impide estar xuntando coplas para un libro. Agora, cando van cantar os reis a algún lugar ou calquera festexo, vai co seu home, Xosé Álvarez («somos bisavós, temos unha neta de 22 meses que xa baila tamén, e dentro duns días faremos 55 anos de casados») e cunha filla «que ten esclerose múltiple e vai sempre con nós, xa a coñece todo o mundo».Montse Rivera, de Leilía, que só ten eloxios para Ma-nuela e a súa xente, lembra unha serie de persoas que levan moitos anos recollendo tradicións: «Mini e Mero, Olga e Pablo de Ruote, Enrique Peón, de Xacarandaina, Mercedes Peón, Anxo Sanmartín, que foi director de Cantigas e Agarimos, Pablo Quintana… », etc.

Os silencios oficiais cansanPablo Quintana confesa que con dez anos «empecei a apuntar cousas da tradición». Isto foi na súa vila natal, en Vilanova de Oscos, un concello pegado a Galicia. Estas inquedanzas foron aumentando e cando estudaba no co-lexio menor de Lugo, mentres nacían Fol 72, que logo sería Fuxan os Ventos, el fundaba con outra xente un grupo que se chamaba As Noces. «Hai case 30 anos que fago estudos e publicacións sobre a música galega e os seus instrumentos», explica Quintana, para recoñecer que desde 1986 deixou de facer gravacións. Entre os mo-tivos para este abandono está a falta de resposta dos orga-nismos oficiais a distintos proxectos que presentou, e que seguen sen facerse, como é un estudo sobre a representa-ción iconográfica dos instrumentos musicais no Cami-ño de Santiago ou a posta en marcha dun museo de ins-trumentos musicais, «arredor do que se poderían facer traballos de investigación sobre traxes, cancións...».Catro folios non chegan para resumir os traballos, grava-cións, estudos e publicacións feitos por un Pablo Quinta-na que non atopou daquela o apoio que agora todos re-claman para evitar que se perda a tradición oral galega.

A desaparición dos informantes rompe a tradición oral galega

U N I D A D E

11

301828 _ 0110-0119.indd 110 23/09/11 12:50

Page 111: 1º eso l.g

111

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Dúas das seguintes ideas son transmitidas polo texto. Marca cales son.

Os organismos oficiais traballan pola conservación do folclore galego.

As iniciativas individuais, claves para a conservación da tradición oral.

A falta de medios, persoal e apoio institucional pon en perigo a conservación do folclore.

2. Marca cales son os dous xeitos de facer etnografía que menciona Baldomero Iglesias no texto.

Escoitar música na casa ou no coche.

Ir a un sitio e estar alí unha semana recollendo información.

Participar das vivencias e dos feitos.

Consultar libros sobre o tema nas bibliotecas.

3. Procura na parte final do texto o principal motivo polo que Pablo Quintana deixou de facer gravacións e recollida de material tradicional.

4. Escribe o nome de dúas persoas distintas das anteriores que sexan citadas no texto como estudosas do folclore tradicional.

5. Consideras que é importante que se conserven as tradicións dun pobo? Explícao.

ACTIVIDADES

No presente texto exponse a situación da tradición oral popular e advírtese da posibilidade da perda de gran parte dela. As razóns disto están en que a xente coñecedora desta tradición vai envellecendo e morrendo e tamén en que as institucións non dan todo o apoio necesario ás poucas persoas que intentan recuperar esta tradición pola súa iniciati-va persoal. Aínda así, existe moito material recolli-do por estes investigadores, pero que precisa apoio institucional para ser restaurado e dixitalizado pa-ra a súa conservación.

Dixitaliza: transforma nun formato válido para ser interpretado polos ordenadores.Etnografía: estudo dos costumes e tradi-cións dos diferentes pobos.Informantes: os que dan información so-bre algo, neste caso sobre o folclore tradi-cional galego.Recolla: acto de seleccionar información.Soportes: medio físico empregado para gravar a información.Iconográfica: feita mediante imaxes.

Claves da lectura Vocabulario

11

301828 _ 0110-0119.indd 111 23/09/11 12:50

Page 112: 1º eso l.g

112

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

1. Clasifica os seguintes medios escritos marcando cun X onde proceda.

MEDIOFORMATO SOPORTE PERIODICIDADE

Grande Mediano Papel Informático Diaria Semanal, mensual

Revista

Xornal

Xornal dixital

ACTIVIDADES

Os medios de comunicación. A estrutura dun xornal 1. Os medios de comunicación

Os medios de comunicación serven para transmitir información e opinións a un público moi amplo nun breve espazo de tempo. Entre eles destacan a prensa escrita, a radio, a televisión, o cine e a Internet.

Á hora de establecer unha clasificación dos medios escritos –xornais e revistas– podemos atender ao formato (tamaño), ao soporte en que se editan (papel ou informático), e á periodicidade (diaria, semanal...) con que aparecen.

Os medios de comunicación desenvolven unha función informativa, pero ta-mén conteñen mensaxes ideolóxicas, polo que é fundamental saber distinguir entre información e opinión.

2. A estrutura dun xornal

Dentro da estrutura dun xornal, distinguimos a portada e as seccións.

• A portada é a páxina máis importante do xornal por ser un lugar privilexiado para a información e para a publicidade, e os seus titulares teñen gran relevan-cia.

A parte da cabeceira co nome do xornal adoita estruturarse en:

– Noticia principal na parte superior esquerda, normalmente, cunha fotografía.

– Outras noticias importantes, que ocupan unha ou máis columnas.

– O índice das seccións interiores co número de páxina en que aparecen.

• As seccións son conxuntos de informacións agrupadas segundo un criterio xeográfico ou temático. Constitúen un xeito de organizar o contido para locali-zalo ben.

– O criterio xeográfico organiza a información en seccións segundo a proxi-midade ao lector: local e comarcal, galega, estatal e internacional.

– O criterio temático divide a información en seccións segundo o contido: eco-nomía, deportes, sociedade, cultura, educación, información marítima, etc.

– Outras seccións son a axenda, con información de interese, e as seccións de anuncios breves, predición meteorolóxica e programación televisiva.

301828 _ 0110-0119.indd 112 23/09/11 12:50

Page 113: 1º eso l.g

113

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

2. Inclúe a palabra información ou opinión ao lado das seguintes definicións, segundo corresponda.

• Relato duns acontecementos como sucederon, sen introducir ideas propias. F

• Narración duns feitos segundo unha visión persoal. F

3. Consulta os seguintes medios de comunicación escrita da nosa comunidade e di se son xornais ou revistas, o soporte en que se publican e se están escritos maioritariamente en galego, en castelán ou nos dous idiomas.

MEDIO INFORMÁTICO/PAPEL XORNAL/REVISTA GALEGO/CASTELÁN

Galicia Hoxe

Xornal de Galicia

Tempos

A Nosa Terra

Cerna

Faro de Vigo

4. Escribe o título ou o tema de diferentes noticias ou artigos que poderían ir incluídos nas seccións que se propoñen.

Internacional

Sociedade

Educación

I I I

5. A primeira páxina dun xornal é o lugar máis importante del e onde adoitan ir destacadas as noticias máis importantes.

Di cales das noticias ou artigos que puxeches antes destacarías na primeira páxina.

6. Escribe un artigo xornalístico sobre o seguinte tema.

11

O respectO que merecen

Os cOstumes dOutrOs pObOs

301828 _ 0110-0119.indd 113 23/09/11 12:50

Page 114: 1º eso l.g

114

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

As crenzas

1. Une cada palabra dunha columna coa súa sinónima.

pregaria fe monxe rezar devoción

orar veneración credo oración frade

2. Emparella cada relixión co templo onde se practica e co sacerdote.

Relixión

Templo

Sacerdote

I I I budismo igrexa lama

cristianismo mesquita imán

islamismo pagode cura

xudaísmo sinagoga rabino

3. Relaciona cada palabra coa definición que creas máis axeitada.

• Persoa que nega a existencia de Deus.

• Persoa que vai camiñando a un templo ou santuario por devoción.

• Crenza excesiva no máxico e sobrenatural.

• Persoa que rende un culto relixioso especial a un santo ou a un lugar.

• Feito inexplicable atribuído a unha causa sobrenatural.

4. Subliña as palabras compostas que atopes no seguinte fragmento.

Logo de erguerse, colleu o cartafol cos seus debuxos e saíu á rúa. Chovía a ma-res, así que abriu o paraugas para non mollarse desde o portal ao garaxe. En-trou no coche e apoiouse coidadosamente no repousacabezas. Saíu do garaxe e dirixiuse á autoestrada: agardábao un día moi duro.

5. Relaciona un verbo cun substantivo e forma unha palabra composta.

saca

lama F

lava

latas F

abre

rollas F sacarollas

limpa

louza F

garda

cristais F

PALABRAS COMPOSTAS

Son as formadas por composición. Isto é, son palabras constituídas por dous lexemas; por exemplo, vacaloura e vagalume son dúas pa- la bras compostas por vaca e loura e por vaga e lume.

devota •

milagre •

ateo •

superstición •

peregrino •

301828 _ 0110-0119.indd 114 23/09/11 12:50

Page 115: 1º eso l.g

115

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O punto. A coma

ACTIVIDADES

1. Coloca o punto e seguido nestes enunciados.

• Non veu cear Dixo que estaba moi cansa.

• Esperei toda a tarde Non apareceu ninguén.

• Os asistentes cearon no hotel Ao día seguinte debían continuar co traballo.

• A porta abriuse de súpeto. Quen apareceu foi o novo director.

2. Coloca as comas que faltan nestas oracións.

• Trasnos meigas sereas mouros… son algúns dos nosos seres fantásticos.

• Se non queres pasar frío aconsélloche que leves unha cazadora.

• Eu poño os refrescos e vós a sobremesa.

• Presentou a solicitude fóra de prazo polo tanto non lla puideron admitir.

3. Escribe o texto de cada un destes anuncios nun único parágrafo e empregando comas para separar os datos.

4. Constrúe unha secuencia utilizando comas tendo en conta o seguinte:

• unha enumeración F

• a expresión non obstante F

• unha aclaración F

11�

precÍsAse con

- Dotes para facer prodixios.

- Título en linguas ocultas.

- Habilidade coas apócemas.

- Residencia en Galicia.

Voadora

■ Resistente ■ Cómoda ■ Impecable ■ Rápida

ENDOASOIRAV

O punto . indica unha pausa longa no discurso. Empregamos tres tipos de punto:• O punto e seguido separa oracións no interior dun parágrafo.• O punto e á parte sinala o final dun parágrafo e o inicio doutro que comeza cunha idea ou tema novo.• O punto final indica a fin dun texto.A coma , indica unha pausa breve no interior do enunciado. Os principais casos de uso son:• Para separar os elementos das enumeracións: Saltou, correu, bailou e xogou.• Para introducir explicacións ou aclaracións: El, que non cre nas pantasmas, fartouse de rir.• Para indicar a omisión dun verbo: Gústanlle as películas de medo; a min, as de risa.• Para illar as expresións é dicir, polo tanto, por exemplo, non obstante...: Sabía que era broma, non obstante,

asustouse.• Cando se antepón a oración subordinada á principal: Cando chegou, nós xa estabamos preparados.

301828 _ 0110-0119.indd 115 29/09/11 17:00

Page 116: 1º eso l.g

116

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os pronomes persoais I

1. Os pronomes

Os pronomes son palabras variables que empregamos nunha oración para subs-tituír a un substantivo. Exemplos:

Déixame ese bolígrafo; este non escribe. F Este substitúe a bolígrafo.

Chamei a Ana e ela dixo que viña ao cine. F Ela substitúe a Ana.

2. Os pronomes persoais

Os pronomes persoais son palabras variables que empregamos para nomearnos a nós mesmos (1.ª persoa), aos que nos escoitan (2.ª persoa) ou aos seres dos que falamos (3.ª persoa), sen empregar un substantivo. Exemplos:

Eu vivo na Coruña. Vós sodes de Rianxo. Ela xoga ao tenis.

3. Clases de pronomes persoais

Os pronomes persoais distribúense en dúas series: tónicos e átonos.

Pronomes persoais tónicos(eu, ti, el...)

• Teñen acento de intensidade e poden aparecer illados como respos-ta a unha pregunta. Exemplo:

Quen meteu agora a pata? Vós.• Poden funcionar como suxeito ou como complemento. Exemplos:

Nós dixémosllo. F Suxeito Falou de ti. F Complemento.

Pronomes persoais átonos(me, te, che, lle, o...)

• Non posúen acento de intensidade e sempre aparecen xunto a unha forma verbal. Exemplos:

Sáeche moi barato. Non o fagas. Ídevos.• Sempre funcionan como complemento. Exemplos:

Déronlle o recado. F CI Ninguén a coñece. F CD

3.1. Pronomes persoais tónicos. Formas

Singular Plural

1.ª persoaSuxeito eu nósComplemento min, comigo nós, connosco

2.ª persoaSuxeito ti vósComplemento ti, contigo vós, convosco

3.ª persoaSuxeito el, ela eles, elasComplemento el, ela, si, consigo eles, elas, si, consigo

3.2. Pronomes persoais átonos. Formas

Singular Plural

1.ª persoa Complemento me nos2.ª persoa Complemento te, che vos

3.ª persoa Complementoo/lo/no a/la/na lle/se

os/los/nos as/las/nas

lles/se

LEMBRA

Contraccións das formas tónicas coas preposicións

As preposicións de e encontraen coas formas tónicas do pronome per- soal de 3.ª persoa el, ela, eles, elas.

de en

el del nelela dela nelaeles deles neleselas delas nelas

301828 _ 0110-0119.indd 116 23/09/11 12:50

Page 117: 1º eso l.g

117

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Subliña os pronomes persoais tónicos que haxa nestas oracións. Consulta o cadro da páxina anterior.

• Aínda quedou algo de sopa para elas. • Nós xa descansamos abondo.

• Eles marcharon canda vós. • Chama ti por el.

• Por que non quedas connosco? • Eu penso que te equivocas.

2. Substitúe a secuencia destacada por un pronome persoal tónico.

• O porteiro e mais eu fomos os mellores do equipo. F Nós fomos os mellores do equipo.

• Ti e Xián tedes que devolver os libros. F

• Esperou toda a tarde por Carmela. F

• Trouxo as noces para Antón e Aldara. F

• Votaron todos en branco excepto Lois e mais eu. F

3. Substitúe o destacado por un pronome persoal átono.

• Eva mercou a froita na praza. F Eva mercouna na praza.

• Xoán avisou os amigos hoxe. F

• Trouxestes o que vos encarguei? F

• Nunca escoitei esa canción. F

• Breixo fixo un peixe ao forno. F

• Vin a Ana e a Roi na festa da aldea. F

• Iria contou a ti a verdade. F

4. Completa as secuencias co pronome persoal tónico que máis conveña.

• Eles saben ben como actuar nestas situacións. • coñecemos aos vosos avós.

• Esperaba que me ofrecerades algo de beber. • sei moi ben a que te refires.

• es o meu mellor amigo. • traballa pola tarde.

5. Pon nos espazos baleiros os pronomes tónicos e as contraccións axeitadas.

• É mellor que veñas . (con nós) • Non penso nunca . (en + eles)

• Ti es moito máis novo ca . (eu) • Ese rapaz é curmán . (de + el)

ACTIVIDADES

11

301828 _ 0110-0119.indd 117 23/09/11 12:50

Page 118: 1º eso l.g

118

LITERATURA

As narracións tradicionais

1. As narracións tradicionais: mito, lenda e conto popular

En todas as culturas e pobos xorden narracións orais creadas por autores anónimos en que se presentan crenzas, costumes e valores que posúen esas sociedades. As principais narracións tradicionais son o mito, a lenda e o conto popular.

• Os mitos xorden na Antigüidade coa finalidade de responder as preguntas que o ser humano se fai sobre a súa existencia e sobre o mundo que o arrodea. Os personaxes dos mitos adoitan ser deuses, reis, seres fabulosos ou heroes. Vela-quí un exemplo da importante mitoloxía que creou a cultura grega antiga:

O Tártaro, o reino gobernado polo rei Hades e a raíña Perséfone, estaba nas profundidades da Terra. Cando os mortais morrían, Hermes ordenaba ás súas almas que o seguisen polo aire e conducíaas á entrada principal, por onde baixaban atravesando un túnel escuro ata un río subterráneo chamado Estixio.

ROBERT GRAVES, Mitos da antiga Grecia. (Adaptación)

• As lendas son narracións fantásticas que se relatan coma se fosen reais. Adoi-tan estar relacionadas cun lugar concreto, cun feito histórico ou mesmo cun personaxe real e normalmente serven para explicar feitos que non se com-prenden. Velaquí un exemplo de lenda:

No lugar que hoxe ocupa a lagoa de Antela houbo noutros tempos unha ci-dade chamada Antioquía. Os seus veciños asoballaban ás xentes dos arre-dores e non tiñan caridade con ninguén.Xesús veu á terra e foi a Antioquía na figura dun esmolante. Pediu carida-de e ninguén lle fixo caso. Cando marchaba viu unha casiña moi pobre e unha velliña a carón dun lume cativo. Xesús chamou e a velliña dixo: –Pa-se quen sexa. Sentouno ao lume e deulle unha cunca de leite e un anaco de bica. Despois deitouno nunha cama de farrapos. Ao día seguinte chamou á vella e díxolle: –Quero que vexas o que foi de Antioquía. O que ela viu pola ventá foi a lagoa asolagando a vila. E ninguén se salvara fóra da velliña.

X. M. GONZÁLEZ REBOREDO, Lendas galegas de tradición oral. (Adaptación)

• O conto popular é unha narración de feitos ficticios que, ao contrario dos mitos e das lendas, non se toman por reais. Tampouco adoitan aparecer no conto nin lugares nin personaxes coñecidos e a súa finalidade é divertir, in-dependentemente de que dun conto se poida sacar un proveito ou unha en-sinanza. Aquí temos un exemplo de conto:

Unha vez era un velliño que tiña un fillo casado na casa. A nora era moi ruín e sempre lle estaba falando mal ao home de seu pai, ata que o con-venceu para levalo ao asilo.Cando ían polo camiño adiante sentaron a descansar nunha pedra, e o vello dixo:–Como son as cousas! Nesta mesma pedra tamén sentou meu pai cando eu fun levalo ao asilo!Entón o fillo púxose a cavilar dicindo:–Non sexa que mañá o meu fillo me faga a min outro tanto.E volveu para a casa co pai. E desde aquela tratárono a corpo de rei.

CENTRO DE ESTUDOS FINGOI, Contos populares da provincia de Lugo. (Adaptación)

Paula Carballeira, na súa faceta de contacontos, segue a transmitir oralmente os contos populares.

301828 _ 0110-0119.indd 118 23/09/11 12:50

Page 119: 1º eso l.g

119

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e responde.

En Frexulfe, no Couto de Montoxo, había unha pena grande que lle chamaban a Pena Moura. Unha vez pasou por alí un obreiro que viña de cavar na roza, e aparecéuselle a moura e díxolle que había unha trabe de ouro que ía por debaixo da terra desde alí ata a ponte de Centoi. O home prometeulle á moura que había volver para buscar a trabe, e ela díxolle que se se demoraba máis de catro días non había dar con ela. Os catro días pasaron, e cando volveu o home xa non había tal pena, que a romperan uns can-teiros para facer os nichos de Frexulfe.

X. PISÓN, M. LOURENZO, I. FERREIRA, Contos do Valadouro. (Adaptación)

• Que é unha trabe?

• Por que o obreiro perde a oportunidade de descubrir a trabe de ouro?

• Que tipo de personaxe é a moura? Explícao oralmente.

2. Le o conto seguinte e responde.

Cando os lobos falaban, e as vacas tamén, anda-ba un lobo na procura dun xantar. Chegou on-da unha vaca moi fraca que estaba pacendo nun prado. E díxolle a vaca ao lobo.–Vésme comer?–Veño.–Pero ti non ves que estou nos ósos. Deixa que engorde e despois ven e cómeme.O lobo ben vía que a vaca estaba feita unha ra-mallada de ósos e deixouna quedar.–Eu sempre ando pacendo por aquí, así que can-do che pareza que estou gorda dabondo, vés e cómesme –díxolle a vaca ao despedilo.Axiña chegou a primavera, os prados rebenta-ban coa herba e a vaca púxose enseguida gorda e apetecible. E foi o lobo con intención de comela.–Vés logo comerme, ou?–Veño.–Pois mira, para que non che escape, mentres pazo outro pouco para estar aínda máis mantida, amárrate con esta corda aos meus cornos.

• De que tipo de conto popular se trata? de costumes conto marabilloso de animais

• Como definirías o carácter de cada un dos animais protagonistas?

Vaca F

Lobo F

11

Vai o lobo e préndese polo pescozo ao corno da vaca. A vaca pacía e pacía, e o lobo, de aborrecido, adormeceu. E comezou a roncar tan forte que a vaca colleu medo e botou a correr polos camiños cara á casa. Veña a correr, e o lobo a rastro tras dela, dando golpes contra as paredes e as sebes, mentres dicía:

–Ai, se a corda non creba ou o nó non se desata, non paro deica a casa do dono da vaca!Daquela, viunos un raposo que pasaba por alí, e berroulle ao lobo:–Ai, lobo, ten conta, ten conta; terma, que se che escapa!Pero o lobo, que bastante apurado estaba, só lle soubo responder:–Ai, se a corda non creba ou o nó non se desata,non paro deica a casa do dono da vaca!Parece que cando chegou o lobo á casa do dono da vaca, xa ía bastante magoado, pero aínda lle re-galaron uns paus máis.

301828 _ 0110-0119.indd 119 23/09/11 12:50

Page 120: 1º eso l.g

120

As webs que incitan á ano-rexia e á bulimia son as páxi-nas prexudiciais máis visita-das polos adolescentes. En España pecharon 500 nos últi-mos tres anos.

■ CARMEN PLANELLES

«A carreira empezou hoxe. Pon a túa meta e morre de fame se queres adelga-zar. Toma só caldos, iogur...» Publicar mensaxes coma esta na Internet será de-lito en Francia. En España pecháronse unhas 500 webs nos últimos tres anos, pero hai moitas máis e desde distintas instancias pídese unha regulación.«As webs que inducen á anorexia e á bulimia, coñeci-das como prol-ana e prol-mía, estanse convertendo nos contidos nocivos máis visitados polas menores», explica a EFE Guillermo Cánovas, presidente de Pro-tégeles.Segundo un estudo que esta organización está a piques de concluír, un 17 % de menores entre 8 e 17 anos (17,5 % mozas e 16,5 % mozos), sobre todo adoles-centes, visítanas. E o 19,1 % coñece a outros que o fan. O obxectivo para un 26,2 % das mozas é perder peso, mentres que nos mozos a porcentaxe é do 17 %.Segundo o proxecto francés, provocar unha persoa a que busque a delgadeza excesiva terá unha pena máxima de dous anos de prisión e unha multa de 30.000 euros. No caso de morte, a prisión elévase a tres anos e 45.000 euros.En España, unha medida similar non está de momen-to nos plans do Ministerio de Sanidade, onde, segun-do un portavoz, «non se estudou a fondo» a medida aprobada no país veciño.Partidario de regular este aspecto «e outros en relación cos menores», móstrase o Defensor do Menor da Co-munidade de Madrid, Arturo Canalda. «En España te-mos un grave problema –agrega– porque cando lles transmitimos á Fiscalía denuncias que nos chegan á ins-titución non hai un tipo penal que aplicar, e moitas ve-ces, ademais, é moi difícil de demostrar a relación cau-sa-efecto entre o contido da páxina e a enfermidade.»O Defensor do Menor envioulle á Fiscalía durante 2007 unhas 50 denuncias, que constitúe só unha pe-quena parte dos avisos que reciben.

Entre elas, as de Adaner (Asociación en Defensa da Atención á Anorexia Nervio-sa e Bulimia): «Estamos encantados pola proposta francesa porque é o que esta-mos pedindo que se faga en España», explica a súa coordinadora, Carmen González Blázquez. «Vemos como ano tras ano se multiplican estas páxinas e estamos alarmados», explica González, á vez que pide que se lexisle da mesma forma ou similar ca en Francia porque nesas páxinas «hai unha incitación ao suicidio e á destrución da muller».Arturo Canalda explica que, ao non exis-

tir unha lei, búscanse aspectos que poidan ser consti-tutivos de delito, como o blog de anorexia detectado recentemente con nenos de 12 ou 13 anos no que al-gúns deixaban a súa fotografía. «A imaxe, a intimida-de dos menores, a revelación de datos que permitan a súa identificación –subliña– permiten ás Forzas de Se-guridade actuar nalgúns casos.»A colaboración das empresas provedoras de servizos de Internet foi clave no peche de medio milleiro de páxinas nos últimos tres anos, segundo Cánovas. E iso grazas a un convenio asinado no 2005 entre Protégeles e Terra-Telefónica, MSN-Microsoft, Orange-Wanadoo, Yahoo e Asimilec. En virtude dese acordo, estes provedores comprometéronse a retirar os contidos prol-ana e prol-mía que se lles notifiquen. «O problema é que se pe-chan unhas e abren outras», asegura Cánovas. Pero, a medida que os provedores de contidos aumentan a súa colaboración, os promotores das páxinas van atopando cada vez menos sitios onde abrilas.Ademais, Protégeles está nas listaxes de correos elec-trónicos de «amigas» dos promotores, de forma que «cando abren unha páxina nova normalmente nolo comunican como unha “invitada” máis. Inmediata-mente notificámola».Un método co que non está de acordo a Asociación de Internautas, cuxo portavoz, Víctor Domingo, cre que «para pechar unha páxina na Internet debe mediar unha orde xudicial. Queremos garantías, non entida-des que tomen a xustiza pola súa man». «Debe ser un xuíz quen determine o límite entre a indución á ano-rexia ou bulimia e a liberdade de expresión», sinala. «Non criminalicemos a Internet e que se persigan en todos os ámbitos», engade.

«A carreira empezou. Morre de fame para adelgazar, toma só iogur e caldo.»

U N I D A D E

12

301828 _ 0120-0129.indd 120 23/09/11 12:50

Page 121: 1º eso l.g

121

COMUNICACIÓN • LECTURA E COMPRENSIÓN LECTORA

1. Marca cal é o tema principal do que trata a crónica da páxina anterior.

A anorexia e a bulimia como enfermidades dos adolescentes de hoxe.

O proceso de cura da anorexia e da bulimia.

A dificultade de control das páxinas web que animan á anorexia e á bulimia.

2. Coa axuda do profesor, busca na Internet información sobre a anorexia e a bulimia e define despois cada unha destas enfermidades.

3. Indica cal é o titular, a entrada e o corpo do texto.

Titular F Desde ata

Entrada F Desde ata

Corpo F Desde ata

4. Que razóns poden levar a unha persoa a caer na anorexia ou na bulimia? Expón as que se che ocorran.

ACTIVIDADES

O presente texto é unha crónica xornalística que anali-za aspectos relacionados con enfermidades que cada vez afectan a máis mozos e mozas: a anorexia e a buli-mia. Dísenos que existen páxinas da Internet que mo-ven aos mozos e mozas a emprender o camiño da ano-rexia e da bulimia animándoos a que deixen de comer. Hai esforzos por parte dos gobernos e de diferentes or-ganismos para que estas webs sexan pechadas, mais é unha tarefa complicada debido a que as leis aínda non están adaptadas para seren aplicadas a estes casos.

Incitan: estimulan, moven a facer unha cousa.Instancias: organismos ou institu-cións políticos ou sociais.Inducen: empuxan a alguén a facer algo, xeralmente unha mala acción.Nocivos: que fan mal, que prexudi-can a algunha persoa.Regular: establecer regras ou normas.Lexisle: elabore ou estableza leis.

Claves da lectura Vocabulario

12

301828 _ 0120-0129.indd 121 23/09/11 12:50

Page 122: 1º eso l.g

122

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

1. Escribe ao lado de cada tipo de escrito o xénero xornalístico en que se encadra.

• Reportaxe F xénero interpretativo • Informe F

• Editorial F • Noticia F

• Entrevista F • Carta ao director F

2. Escribe dous titulares distintos para unha noticia que trate da vitoria do teu instituto na Olimpíada das Matemáticas.

ACTIVIDADES

Os xéneros xornalísticos. A noticia e a crónica1. Os xéneros xornalísticos

Diferenciamos xéneros segundo expresen o contido dun xeito obxectivo –infor-mativos–, inclúan valoracións e xuízos do redactor –de opinión– ou mesturen información e opinión –interpretativos.

• Xéneros informativos son a noticia, o informe, a rolda de prensa transcrita...

• Xéneros de opinión son o editorial, o artigo de opinión, as cartas á dirección...

• Xéneros interpretativos son a crónica, a entrevista e a reportaxe.

2. A noticia

A noticia é a exposición breve duns feitos actuais considerados de interese xeral.

Unha noticia debe achegar información sobre estas cuestións: os feitos (que oco-rreu?), os participantes (quen interveu?), o lugar (onde ocorreu?), o tempo (cando ocorreu?), o modo (como ocorreu?) e as causas (por que ocorreu?).

Na estrutura dunha noticia distínguense tres elementos:

• O titular, no que se presenta a información básica dun xeito moi breve.

• A entrada, que contén un resumo dos datos fundamentais da noticia.

• O corpo, no que se desenvolve a información, achegando detalles e prestándo-lles atención aos aspectos secundarios.

3. A crónica

A crónica pódese considerar unha noticia ampliada e comentada. O cronista desenvolve extensamente os feitos e achega unha interpretación persoal. Como inclúe a valoración do redactor, sempre vai asinada, a diferenza da noticia.

Cabeceiras dos principais xornais que se editan en Galicia.

301828 _ 0120-0129.indd 122 23/09/11 12:50

Page 123: 1º eso l.g

123

COMUNICACIÓN • TIPOS DE TEXTOS

3. Os seguintes textos extraídos do xornal De luns a venres constitúen o comezo dunha noticia e o comezo dunha crónica.

Identifica cal é cal.

O home máis buscado das guerras na antiga Iugoslavia, o xeneral serbo-bosnio Ra-tko Mladic, foi detido onte ao norte de Serbia logo de anos de infrutuosa procura acusado de crimes como o xenocidio de 8.000 musulmáns en Srebenica en 1995.

Con dez anos de experiencia ás súas costas na arte da boa cociña e un premio na-cional á mellor tortilla de patacas en 2004, Bibiana Cardona foi desde a apertura a chef do prestixioso restaurante Las Cinco Puertas de Pontevedra, e actualmente está á fronte dos fogóns do restaurante Banastería, propiedade dos mesmos empresarios.

4. Le a noticia e contesta as cuestións básicas que debe responder este tipo de texto.

• Que se celebrou?

• Quen participou?

• Onde se celebrou?

• Cando se celebrou?

• Como puido celebrarse?

• Por que se celebrou?

5. Escribe unha noticia sobre o seguinte acontecemento.

12

*

*

DIARIO DE GALICIA, luns 14 de maio de 2012

Desfile por unha causa xustaOnte, en Vilariño, celebrouse un desfile de moda no que participaron rapaces de Secundaria e Bacharelato da loca-lidade.Na gala, de carácter benéfico, os modelos presentados fo-ron cedidos por prestixiosos deseñadores galegos.Os beneficios destinaranse a diferentes organizacións non gobernamentais que traballan pola erradicación da fame no mundo.As autoridades locais non só lle deron o seu apoio a es-ta iniciativa, que xurdiu nun grupo de mozos e mozas do Instituto, senón que eloxiaron o empeño dos rapaces nunha causa solidaria.

Actuación do grupo folclórico «Marabillas»

301828 _ 0120-0129.indd 123 23/09/11 12:50

Page 124: 1º eso l.g

124

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

ESTUDO DA LINGUA • VOCABULARIO

A vestimenta

1. Relaciona os nomes coas partes sinaladas.

lapela pinza

manga perneira

ollal remendo

ombreira dobra

peto petrina

2. Escribe un verbo derivado dos seguintes substantivos.

• botón F • dobra F

• remendo F • traxe F

3. Completa as oracións cos verbos que cumpran.

anoar

espirse

engalanarse

estrear

• María engalánase para ir á festa coma súa nai. De tal pano, tal saia!

• Vai tanto frío que custa para poñer o pixama.

• Estes amallós son difíciles de porque esvaran moito.

• Hoxe a chaqueta que merquei nas rebaixas.

4. Responde oralmente. Que quere dicir a expresión de tal pano, tal saia?

5. Escribe ao lado de cada definición a palabra que corresponda.

• Correa que se aperta á cintura para axustar pantalóns F ou saias.

• Peza de tea que se coloca como adorno no pescozo, F na cabeza.

• Cristais unidos por unha armazón que protexen os ollos F da luz solar.

• Tira de tea que se cinxe cun nó arredor do colo da camisa. F

6. Escribe os verbos que se forman a partir de cada adxectivo.

• brillante F • frouxo F

• curto F • longo F

• pequeno F • grande F

PALABRAS PARASINTÉTICAS

Son as formadas me­dian te a adición simul­tánea dun prefixo e mais dun sufixo a unha pala bra. Por exemplo, em bo tellar ou setemesi-ño: em­bo tell­ar e sete­­mes-iño.

301828 _ 0120-0129.indd 124 23/09/11 12:50

Page 125: 1º eso l.g

125

O punto e coma ; representa unha pausa maior ca a coma dentro do enunciado. Emprégase nos casos seguintes:• Para separar elementos dunha enumeración complexa que xa ten comas. Exem-

plo: No colector azul, o papel e o cartón; no amarelo, os plásticos, os briks e as latas.• Para separar oracións que están relacionadas polo sentido. Exemplo: Chove a

chuzos; quedo na casa.• En oracións longas, cando no seu interior xa se empregou algunha coma. Exemplo: Despois de pasar tan-

to tempo lonxe do seu país, decidiu regresar; pero non estaba moi convencido.Os dous puntos : indican que o que vén a continuación completa o sentido da oración. Úsanse nos ca-sos seguintes:• Para marcar o comezo dunha enumeración. Exemplo: Material necesario: pintura, pinceis e cartolinas.• Para indicar que a continuación se reproducen as palabras doutra persoa. Exemplo: Vai el e dime: «Ti le».• No saúdo inicial das cartas. Exemplo: Querida amiga: bótote de menos.

ESTUDO DA LINGUA • ORTOGRAFÍA

O punto e coma. Os dous puntos

ACTIVIDADES

1. Relaciona, polo sentido, unha oración de cada columna e escríbeas nun único enunciado empregando un dos sinais de puntuación mencionados.

Tivo que quedar sen ducharse • • chegaba o seu dono á casa

O can botouse a correr • • cortaron a auga sen aviso

Á media noite tiña luz no cuarto • • quedou durmido lendo

2. Coloca os dous puntos no lugar conveniente.

• Trouxen todo o que me pedistes corda, mistos, cola e unha pa.

• Repetiu moi claramente a súa ameaza «Se marchades, non volvades».

• Estimado Xoán escríboche estas liñas para saber se estás ben.

• Abriu a porta e berrou con voz atronadora «Quen colleu o meu bolso?».

3. Completa os enunciados poñendo os dous puntos e unha secuencia que teña sentido.

• Fixádevos en todo o que merquei

• Queridos compañeiros

• Como dixo alguén famoso

12

Despois de punto e coma es críbese le- tra mi nús cu la.

Lembra

301828 _ 0120-0129.indd 125 23/09/11 12:50

Page 126: 1º eso l.g

126

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

Os pronomes persoais II

1. Uso de o, lo, no, a, la, na e os seus plurais

As formas do pronome átono de 3.ª persoa que funcionan como complemento directo (CD) toman en ocasións a forma no, na, nos, nas ou lo, la, los, las. Ex.:

Mercouno todo no hipermercado; Ese libro quería lelo; Non volas trouxo.

2. Uso de te e che

O pronome persoal átono te funciona de complemento directo e o pronome per-soal átono che de complemento indirecto. Exemplos:

Non te vin onte na festa; Devólvoche o libro mañá.

Para utilizar correctamente te e che, pódeche ser útil o seguinte: pasa a oración á 3.ª persoa; se na 3.ª persoa aparece o ou a, na 2.ª deberemos usar te; e se aparecese lle, empregaremos na 2.ª che. Exemplo:

Non o busco máis. F Non te busco máis. / Díxenlle a verdade.F Díxenche a verdade.

3. Uso de lle e lles

Hai que lembrar que este pronome persoal átono ten variación de número: lle emprégase referido ao singular e lles referido ao plural. Exemplos:

Non lle fagas caso a el; Non lles fagas caso a eles.

4. A concorrencia dos pronomes átonos

Cando nun enunciado aparecen xuntos dous pronomes átonos, este é o resultado:

me che lle nos vos lles

o mo cho llo nolo volo lleloa ma cha lla nola vola llelaos mos chos llos nolos volos llelosas mas chas llas nolas volas llelas

Non mo digas máis veces. Cando llelas entregue, xa cho direi.

5. A colocación dos pronomes átonos

Por regra xeral, o pronome átono vai detrás do verbo. Nunca comeza unha ora-ción. Con todo, vai antes do verbo nos seguintes casos:

• En oracións negativas: Non me atopo ben; Ninguén vos comentou nada.

• Nas proposicións subordinadas, sobre todo despois dun que: Quero que me di-gas a verdade.

• Tras os pronomes interrogativos ou exclamativos: Canto che custou?; Quen o ía dicir!

• Cando o verbo leva antes adverbios como aínda, axiña, case, quizais, sempre, tamén, só... ou indefinidos como algo, alguén, ninguén, ningún, calquera… Exemplos: Aínda o souben onte; Seica o ten gardado no peto; Calquera o sabe.

FÍXATE

Nunca comeza unha oración por un prono­me átono. Por regra xe­ ral, o pronome átono vai despois do verbo. Exemplos:

Desde aquí óense moi ben os paxaros.

A saia merqueina no centro comercial.

Apárcao máis adiante, fai o favor.

301828 _ 0120-0129.indd 126 23/09/11 12:50

Page 127: 1º eso l.g

127

ESTUDO DA LINGUA • GRAMÁTICA

1. Nos seguintes enunciados hai algúns pronomes persoais átonos destacados.

Subliña ti os outros que atopes.

• Haino que amañar rápido e devolverllo ao seu dono.

• Non o vin nunca, pero quero velo.

• Pregúntalles cando nos veñen buscar e volve aquí a dicirmo.

2. Completa as seguintes oracións co pronome persoal axeitado.

• A elas non lles gusta o chocolate. E a ti, gusta ? • O peixe merquei na praza.

• Quen dixo a ti que o partido era hoxe? • Deixaron ir ao cine?

• Cantas alegrías deu a túa filla! • A ti tocou algunha vez a lotaría?

3. Substitúe o destacado polo pronome átono de 3.ª persoa de complemento directo.

• Eles déronnos a nova onte pola tarde. F Eles déronnola onte pola tarde.

• Chegou sedento e bebeu un vaso de auga. F

• Elas mercaron os libros na nova libraría. F

• Podedes coller o xornal, por favor? F

• Despois da lectura, facedes as actividades. F

• O avó contoulles un conto aos netos. F

• O ourive traballa a prata con moito xeito. F

4. Coloca o pronome que está entre parénteses no lugar onde lle corresponda.

• A casa mercou seu pai. (a) • O videoxogo escondeu Ana. (o)

• queimei coa tixola. (me) • pensei mellor e vou ir á festa. (o)

• leu un anaco da novela. (lles) • Este traxe queda algo frouxo. (che)

5. Transforma as oracións segundo o modelo. Fíxate na colocación do pronome átono.

• Dixéronllo hoxe. F Creo que llo dixeron hoxe.

• Avisárao onte. F Pregunteille se

• Fíxolles graza. F Riron o conto, xa que

• Tennos medo. F Non vai, porque

ACTIVIDADES

12

301828 _ 0120-0129.indd 127 23/09/11 12:50

Page 128: 1º eso l.g

128

LITERATURA

O teatro

1. O teatro. Concepto

O teatro é un xénero literario ao que pertencen as obras que representan uns actores e unhas actrices diante dun público. Por iso nas obras teatrais podemos distinguir dous niveis: o texto e a representación.

O texto é a base da obra teatral. Está formado polos diálogos e as anotacións.

• Os diálogos son o compoñente fundamental do texto. A través deles coñecemos a maneira de ser dos personaxes e os feitos en que participan, é dicir, a acción dramática. Os diálogos teatrais poden estar escritos en prosa ou en verso.

• As anotacións son notas coas que o autor sitúa a acción nun tempo e nun lugar determinados e ofrece instrucións sobre aspectos diversos da represen-tación, como pode ser o vestiario, os decorados ou os xestos ou movementos dos personaxes.

No seguinte exemplo, pertencente a un texto teatral, o diálogo vai en letra re-donda e as anotacións están en cursiva.

HOME 1: Está ben! Xa podes apagar! (Apáganse as luces da sala. Acende a lanterna.) Eh! Abre este maldito pano!

(O pano vaise abrindo. Por un lateral entran XAQUÍN e ELVIRA, do brazo.)XAQUÍN: Con coidado... Pero por que demos non deixarían as luces do tea-

tro acesas! Gustouche a obra? Sabía que ías pasalo ben! (ELVIRA tropeza.)HOME 1: Quen anda aí?XAQUÍN: Pode acender as luces do teatro, por favor?HOME 1: (Sen moverse.) Por que non se largan e deixan traballar a xente?XAQUÍN: Quere achegarse coa lanterna? A miña muller perdeu un pendente!

ALBERTO AVENDAÑO, Fin de acto. (Adaptación)

Mediante a representación, o texto teatral convértese nun espectáculo, nunha acción real que uns actores executan perante un público. Para que a represen-tación se poida levar a cabo, é fundamental o traballo do director, que se en-carga de organizar o seu desenvolvemento, e dos actores, que encarnan aos personaxes.

2. Subxéneros teatrais

As obras teatrais poden presentar diversas formas. As máis importantes son tres: a traxedia, a comedia e o drama:

• A traxedia é unha forma teatral que está protagonizada por uns personaxes que son vítimas dun destino desfavorable e adverso. De aí que o final deste tipo de obras sexa tráxico: adoitan acabar coa morte do protagonista ou dal-gún dos personaxes.

• Na comedia, os personaxes son individuos normais que se ven envoltos en conflitos intranscendentes. A miúdo, o conflito vén causado por un malen-tendido que provoca situacións cómicas. O final adoita ser feliz.

• No drama, os personaxes adoitan ser xente normal que se atopa implicada en problemas importantes. En xeral, adoitan ter un final desgraciado.

301828 _ 0120-0129.indd 128 23/09/11 12:50

Page 129: 1º eso l.g

129

LITERATURA

ACTIVIDADES

1. Le o seguinte texto e responde.

EMPERADOR: Si, trae máis uvas, que estas xa se acaban, e que veñan ben lavadas. Ah! E non rañes a cabeza ao vires coa bandexa que se me enchen as uvas de carrachos. (O ESCRAVO marcha, o EMPERADOR sobe de novo ao «triclinium».) Escoita, sabio Citrón, vouche ler os últi-mos versos que compuxen.

SABIO CITRÓN: Facéndoos vós, seguro que serán inmellorables.EMPERADOR: (Recitando.) «Na beira, na beira, / na beira do mar / hai unha lanchiña / pra ir

a navegar.»SABIO CITRÓN: Moi ben!, moi ben!, moi ben! Que orixinalidade!EMPERADOR: (Segue a ler.) «Vinte cruzar o río / con zoquiños de madeira // e non te arremangues moito / que te vas a marear.»SABIO CITRÓN: Iso xa non me gusta tanto.EMPERADOR: Eh?!SABIO CITRÓN: Que ben!, que bonito!, que orixinalidade!, que xenio!, que gusto!, que...!ESCRAVO: (Entrando en público.) Que pesadez en verso! (Ao EMPERADOR.) Isto... aquí están as

uvas, acabadas de apañar do botín que collemos en África.EMPERADOR: Son frescas?ESCRAVO: Fresquísimas.EMPERADOR: Menos mal, porque aquí toda a froita é de cámara, de Cámara Imperial, por su-

posto. (Ao ESCRAVO.) Retírate. (A CITRÓN.) E ti podes continuar co que estabas.SABIO CITRÓN: Que beleza! Que talento! Cantos sentimentos van expresados nos teus poe-

mas, oh, Emperador!EMPERADOR: Es un adulador!SABIO CITRÓN: Non, só lle fago xustiza á arte verdadeira.EMPERADOR: Seguro que non o dis por compromiso?SABIO CITRÓN: Vós que me coñecedes ben, sabedes que son sincero e transparente coma a auga!ESCRAVO: (Entrando.) Si, coma a auga de fregar.

MANUEL NÚÑEZ SINGALA, O achado do castro. (Adaptación)

• Que personaxes interveñen na obra?

• Escribe, na primeira intervención do EMPERADOR, a parte do texto que é unha anotación teatral.

2. Le o seguinte texto e responde de xeito oral.

AGUIRRE: Tan mal van as cousas, para non ter máis ca esta cativeza?ROSA: Mal, é dicir pouco. Cheguei de Madrid con cinco pesos e xa non me quedan máis ca tres. E non

penses que gastei un só marabedí en nada.AGUIRRE: A min non me tes que dar contas, Rosa.ROSA: Todo se foi en lles pagar aos que trouxeron a equipaxe e en mercar varias cousas para a casa.AGUIRRE: Entre as que, polo visto, non se atopaba un bo anís para os amigos.ROSA: Que amigos? Os que me quedan, se me queda algún, nin veñen, nin beben.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO, Agasallo de sombras. (Adaptación)

• Indica a que tipo de obra pensas que pertence este fragmento. A continuación xustifícao. Fai o mesmo co texto da actividade 1.

Traxedia Comedia Drama

12

301828 _ 0120-0129.indd 129 23/09/11 12:50

Page 130: 1º eso l.g

VERBOS REGULARES1.

ª co

nx

ug

ació

n: A

ND

AR

Infinitivo

Xerundio

Participio

andar

andando

andado

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu andoti andasel andanós andamosvós andadeseles andan

eu andabati andabasel andabanós andabamosvós andabadeseles andaban

eu andeiti andachesel andounós andamosvos andasteseles andaron

eu andarati andarasel andaranós andaramosvós andaradeseles andaran

eu andareiti andarásel andaránós andaremosvós andaredeseles andarán

eu andaríati andaríasel andaríanós andariamosvós andariadeseles andarían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfecto

MODO IMPERATIVO

INFINITIVO CONXUGADO

eu andeti andesel andenós andemosvós andedeseles anden

eu andaseti andasesel andasenós andásemosvós andásedeseles andasen

anda ti andade vós

eu andarti andaresel andarnós andarmosvós andardeseles andaren

MODO SUBXUNTIVOFORMAS NOMINAIS

2.ª

con

xu

gac

ión

: BA

TE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

bater

batendo

batido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu batoti batesel batenós batemosvós batedeseles baten

eu batíati batíasel batíanós batiamosvós batiadeseles batían

eu batínti batichesel bateunós batemosvós batesteseles bateron

eu baterati baterasel bateranós bateramosvós bateradeseles bateran

eu batereiti baterásel bateránós bateremosvós bateredeseles baterán

eu bateríati bateríasel bateríanós bateriamosvós bateriadeseles baterían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfecto

MODO IMPERATIVO

INFINITIVO CONXUGADO

eu batati batasel batanós batamosvós batadeseles batan

eu bateseti batesesel batesenós batésemosvós batésedeseles batesen

bate ti batede vós

eu baterti bateresel baternós batermosvós baterdeseles bateren

MODO SUBXUNTIVOFORMAS NOMINAIS

3.ª

con

xu

gac

ión

: PA

RT

IR

Infinitivo

Xerundio

Participio

partir

partindo

partido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu partoti partesel partenós partimosvós partideseles parten

eu partíati partíasel partíanós partiamosvós partiadeseles partían

eu partínti partichesel partiunós partimosvós partisteseles partiron

eu partirati partirasel partiranós partiramosvós partiradeseles partiran

eu partireiti partirásel partiránós partiremosvós partiredeseles partirán

eu partiríati partiríasel partiríanós partiriamosvós partiriadeseles partirían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfecto

MODO IMPERATIVO

INFINITIVO CONXUGADO

eu partati partasel partanós partamosvós partadeseles partan

eu partiseti partisesel partisenós partísemosvós partísedeseles partisen

parte ti partide vós

eu partirti partiresel partirnós partirmosvós partirdeseles partiren

MODO SUBXUNTIVOFORMAS NOMINAIS

Apé

ndic

e ve

rbal

130

301828 _ 0130-0136.indd 130 23/09/11 12:53

Page 131: 1º eso l.g

Conforme a este modelo conxúganse os verbos adherir, adver-tir, divertir, agredir, diferir, pre ferir, pro ferir, referir, trans ferir, competir, repetir, concernir, discernir, espelir, espir, dixerir, inxerir, suxerir, inserir, medir, pe dir (e derivados), reflectir, ves-tir, investir e revestir...

PE

DIR

Presente Presente

eu pidoti pidesel pidenós pedimosvós pedideseles piden

eu pidati pidasel pidanós pidamosvós pidadeseles pidan

pide ti pedide vós

INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO IMPERATIVO

Conforme a este modelo conxúganse os verbos ferir, mentir, sentir, seguir e os seus derivados e compostos: malferir; des-mentir; asentir, consentir, resentir; conseguir, perseguir, pro-seguir...(Conferir, inferir, etc. non son derivados de ferir.)

SE

GU

IR

Presente Presente

eu sigoti seguesel seguenós seguimosvós seguideseles seguen

eu sigati sigasel siganós sigamosvós sigadeseles sigan

sigue ti seguide vós

INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO IMPERATIVO

Conforme a este modelo conxúganse os verbos acudir, bulir (rebulir), cubrir (e derivados), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fuxir, lucir (e derivados), muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, xurdir...

SU

BIR

Presente Presente

eu suboti sobesel sobenós subimosvós subideseles soben

eu subati subasel subanós subamosvós subadeseles suban

sube ti subide vós

INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO IMPERATIVO

Conforme a este modelo conxúganse os verbos asumir, con-cluír, incluír..., sucumbir, cumprir ‘completar’, discutir, cur-tir, derruír, diluír, di minuír, esculpir, gruñir, fluír (e deriva-dos), afun dir..., presumir, resumir, suplir, distribuír, atribuír, unir...

DIS

CU

TIR

Presente Presente

eu discutoti discutesel discutenós discutimosvós discutideseles discuten

eu discutati discutasel discutanós discutamosvós discutadeseles discutan

discute ti discutide vós

INDICATIVO SUBXUNTIVO MODO IMPERATIVO

Presente

Os verbos acabados en -aer, -oer colocan un -i- entre a raíz e a desinencia cando esta empeza por -a ou por -o.Conxúganse así os derivados de caer, roer e traer e os verbos doer, moer (e os seus derivados) e proer.

CA

ER

Presente Pret. imperfecto

eu caioti caesel caenós caemosvós caedeseles caen

eu caíati caíasel caíanós caïamosvós caïadeseles caían

eu caiati caiasel caianós caiamosvós caiadeseles caian

INDICATIVO SUBXUNTIVO

Presente

MO

ER

Presente Pret. imperfecto

eu moioti moesel moenós moemosvós moedeseles moen

eu moíati moíasel moíanós moïamosvós moïadeseles moían

eu moiati moiasel moianós moiamosvós moiadeseles moian

INDICATIVO SUBXUNTIVO

Presente Presente

Os verbos acabados en -aír, -oír colocan un -i- entre a raíz e a desinencia cando esta empeza por -a ou por -o.Conxúganse así os derivados de saír (sobresaír) e de oír (desoír, entreoír).

SA

ÍR

Presente Pret. imperfecto

eu saioti saesel saenós saímosvós saídeseles saen

eu saíati saíasel saíanós saïamosvós saïadeseles saían

eu saiati saiasel saianós saiamosvós saiadeseles saian

INDICATIVO SUBXUNTIVO

OÍR

Presente Pret. imperfecto

eu oioti oesel oenós oímosvós oídeseles oen

eu oíati oíasel oíanós oïamosvós oïadeseles oían

eu oiati oiasel oianós oiamosvós oiadeseles oian

INDICATIVO SUBXUNTIVO

131

301828 _ 0130-0136.indd 131 23/09/11 12:53

Page 132: 1º eso l.g

132

VERBOS IRREGULARESC

AB

ER

Infinitivo

Xerundio

Participio

caber

cabendo

cabido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu caiboti cabesel cabenós cabemos vós cabedes eles caben

eu cabíati cabíasel cabíanós cabiamos vós cabiades eles cabían

eu coubenti coubechesel coubonós coubemos vós coubestes eles couberon

eu couberati couberasel couberanós couberamos vós couberades eles couberan

eu cabereiti caberásel caberánós caberemos vós caberedes eles caberán

eu caberíati caberíasel caberíanós caberiamos vós caberiades eles caberían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu caibati caibasel caibanós caibamosvós caibadeseles caiban

eu coubeseti coubesesel coubesenós coubésemosvós coubésedeseles coubesen

cabe ti cabede vós

eu caberti caberesel cabernós cabermosvós caberdeseles caberen

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

DA

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

dar

dando

dado

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu douti dásel dánós damosvós dadeseles dan

eu dabati dabasel dabanós dabamosvós dabadeseles daban

eu deiti dechesel deunós demosvós desteseles deron

eu derati derasel deranós deramosvós deradeseles deran

eu dareiti darásel daránós daremosvós daredeseles darán

eu daríati daríasel daríanós dariamosvós dariadeseles darían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu deati deasel deanós deamosvós deadeseles dean

eu deseti desesel desenós désemosvós désedeseles desen

dá ti dade vós

eu darti daresel darnós darmosvós dardeseles daren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

DIC

IR

Infinitivo

Xerundio

Participio

dicir

dicindo

dito

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicional

eu digoti disel dinós dicimosvós dicideseles din

eu dicíati dicíasel dicíanós diciamosvós diciadeseles dicían

eu dixenti dixechesel dixonós dixemosvós dixesteseles dixeron

eu dixerati dixerasel dixeranós dixeramosvós dixeradeseles dixeran

eu direiti dirásel diránós diremosvós diredeseles dirán

eu diríati diríasel diríanós diriamosvós diriadeseles dirían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu digati digasel diganós digamosvós digadeseles digan

eu dixeseti dixesesel dixesenós dixésemosvós dixésedeseles dixesen

di ti dicide vós

eu dicirti diciresel dicirnós dicirmosvós dicirdeseles diciren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

ES

TA

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

estar

estando

estado

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu estouti estásel estánós estamosvós estadeseles están

eu estabati estabasel estabanós estabamosvós estabadeseles estaban

eu estiventi estivechesel estivonós estivemosvós estivesteseles estiveron

eu estiverati estiverasel estiveranós estiveramosvós estiveradeseles estiveran

eu estareiti estarásel estaránós estaremosvós estaredeseles estarán

eu estaríati estaríasel estaríanós estariamosvós estariadeseles estarían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu esteati esteasel esteanós esteamosvós esteadeseles estean

eu estiveseti estivesesel estivesenós estivésemosvós estivésedeseles estivesen

está ti estade vós

eu estarti estaresel estarnós estarmosvós estardeseles estaren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

Con

xuga

ción

ver

bal

301828 _ 0130-0136.indd 132 23/09/11 12:53

Page 133: 1º eso l.g

133

FA

CE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

facer

facendo

feito

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu fagoti fasel fainós facemosvós facedeseles fan

eu facíati facíasel facíanós faciamosvós faciadeseles facían

eu fixenti fixechesel fixonós fixemosvós fixesteseles fixeron

eu fixerati fixerasel fixeranós fixeramosvós fixeradeseles fixeran

eu fareiti farásel faránós faremosvós faredeseles farán

eu faríati faríasel faríanós fariamosvós fariadeseles farían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu fagati fagasel faganós fagamosvós fagadeseles fagan

eu fixeseti fixesesel fixesenós fixésemosvós fixésedeseles fixesen

fai ti facede vós

eu facerti faceresel facernós facermosvós facerdeseles faceren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

HA

BE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

haber

habendo

habido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu heiti hasel ha, hainós habemosvós habedeseles han

eu habíati habíasel habíanós habiamosvós habiadeseles habían

eu houbenti houbechesel houbonós houbemosvós houbesteseles houberon

eu houberati houberasel houberanós houberamosvós houberadeseles houberan

eu habereiti haberásel haberánós haberemosvós haberedeseles haberán

eu haberíati haberíasel haberíanós haberiamosvós haberiadeseles haberían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu haxati haxasel haxanós haxamosvós haxadeseles haxan

eu houbeseti houbesesel houbesenós houbésemosvós houbésedeseles houbesen

_ _

eu haberti haberesel habernós habermosvós haberdeseles haberen

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

IR

Infinitivo

Xerundio

Participio

ir

indo

ido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu vouti vasel vainós imosvós ideseles van

eu íati íasel íanós iamosvós iadeseles ían

eu funti fuchesel foinós fomosvós fosteseles foron

eu forati forasel foranós foramosvós foradeseles foran

eu ireiti irásel iránós iremosvós iredeseles irán

eu iríati iríasel iríanós iriamosvós iriadeseles irían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu vaiati vaiasel vaianós vaiamosvós vaiadeseles vaian

eu foseti fosesel fosenós fósemosvós fósedeseles fosen

vai ti vamos nóside vós

eu irti iresel irnós irmosvós irdeseles iren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

PO

DE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

poder

podendo

podido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu podoti podesel podenós podemosvós podedeseles poden

eu podíati podíasel podíanós podiamosvós podiadeseles podían

eu puidenti puidechesel puidonós puidemosvós puidesteseles puideron

eu puiderati puiderasel puideranós puideramosvós puideradeseles puideran

eu podereiti poderásel poderánós poderemosvós poderedeseles poderán

eu poderíati poderíasel poderíanós poderiamosvós poderiadeseles poderían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu poidati poidasel poidanós poidamosvós poidadeseles poidan

eu puideseti puidesesel puidesenós puidésemosvós puidésedeseles puidesen

pode ti podede vós

eu poderti poderesel podernós podermosvós poderdeseles poderen

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

301828 _ 0130-0136.indd 133 23/09/11 12:53

Page 134: 1º eso l.g

VERBOS IRREGULARESP

ER

Infinitivo

Xerundio

Participio

poñer

poñendo

posto

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu poñoti posel ponnós poñemosvós poñedeseles poñen

eu poñíati poñíasel poñíanós poñiamosvós poñiadeseles poñían

eu puxenti puxechesel puxonós puxemosvós puxesteseles puxeron

eu puxerati puxerasel puxeranós puxeramosvós puxeradeseles puxeran

eu poñereiti poñerásel poñeránós poñeremosvós poñeredeseles poñerán

eu poñeríati poñeríasel poñeríanós poñeriamosvós poñeriadeseles poñerían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu poñati poñasel poñanós poñamosvós poñadeseles poñan

eu puxeseti puxesesel puxesenós puxésemosvós puxésedeseles puxesen

pon ti poñede vós

eu poñerti poñeresel poñernós poñermosvós poñerdeseles poñeren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

pór

pondo

posto

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu poñoti posel ponnós pomosvós pondeseles pon

eu puñati puñasel puñanós puñamosvós puñadeseles puñan

eu puxenti puxechesel puxonós puxemosvós puxesteseles puxeron

eu puxerati puxerasel puxeranós puxeramosvós puxeradeseles puxeran

eu poreiti porásel poránós poremosvós poredeseles porán

eu poríati poríasel poríanós poriamosvós poriadeseles porían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu poñati poñasel poñanós poñamosvós poñadeseles poñan

eu puxeseti puxesesel puxesenós puxésemosvós puxésedeseles puxesen

pon ti ponde vós

eu pórti poresel pórnós pormosvós pordeseles poren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

QU

ER

ER

Infinitivo

Xerundio

Participio

querer

querendo

querido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu queroti queresel querenós queremosvós queredeseles queren

eu queríati queríasel queríanós queriamosvós queriadeseles querían

eu quixenti quixechesel quixonós quixemosvós quixesteseles quixeron

eu quixerati quixerasel quixeranós quixeramosvós quixeradeseles quixeran

eu querereiti quererásel quereránós quereremosvós quereredeseles quererán

eu quereríati quereríasel quereríanós quereriamosvós quereriadeseles quererían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu queirati queirasel queiranós queiramosvós queiradeseles queiran

eu quixeseti quixesesel quixesenós quixésemosvós quixésedeseles quixesen

quere ti querede vós

eu quererti quereresel querernós querermosvós quererdeseles quereren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

SA

BE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

saber

sabendo

sabido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu seiti sabesel sabenós sabemosvós sabedeseles saben

eu sabíati sabíasel sabíanós sabiamosvós sabiadeseles sabían

eu soubenti soubechesel soubonós soubemosvós soubesteseles souberon

eu souberati souberasel souberanós souberamosvós souberadeseles souberan

eu sabereiti saberásel saberánós saberemosvós saberedeseles saberán

eu saberíati saberíasel saberíanós saberiamosvós saberiadeseles saberían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu saibati saibasel saibanós saibamosvós saibadeseles saiban

eu soubeseti soubesesel soubesenós soubésemosvós soubésedeseles soubesen

sabe ti sabede vós

eu saberti saberesel sabernós sabermosvós saberdeseles saberen

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

Con

xuga

ción

ver

bal

134

301828 _ 0130-0136.indd 134 23/09/11 12:53

Page 135: 1º eso l.g

TE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

ter

tendo

tido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu teñoti tesel tennós temosvós tendes/tedeseles teñen

eu tiñati tiñasel tiñanós tiñamosvós tiñadeseles tiñan

eu tiventi tivechesel tivonós tivemosvós tivesteseles tiveron

eu tiverati tiverasel tiveranós tiveramosvós tiveradeseles tiveran

eu tereiti terásel teránós teremosvós teredeseles terán

eu teríati teríasel teríanós teriamosvós teriadeseles terían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu teñati teñasel teñanós teñamosvós teñadeseles teñan

eu tiveseti tivesesel tivesenós tivésemosvós tivésedeseles tivesen

ten ti tede/tende vós

eu terti teresel ternós termosvós terdeseles teren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

VE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

ver

vendo

visto

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu vexoti vesel venós vemosvós vedeseles ven

eu víati víasel víanós viamosvós viadeseles vían

eu vinti vichesel viunós vimosvós visteseles viron

eu virati virasel viranós viramosvós viradeseles viran

eu vereiti verásel veránós veremosvós veredeseles verán

eu veríati veríasel veríanós veriamosvós veriadeseles verían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu vexati vexasel vexanós vexamosvós vexadeseles vexan

eu viseti visesel visenós vísemosvós vísedeseles visen

ve ti vede vós

eu verti veresel vernós vermosvós verdeseles veren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

VIR

Infinitivo

Xerundio

Participio

vir

vindo

vido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu veñoti vésel vénnós vimosvós vindes/videseles veñen

eu viñati viñasel viñanós viñamosvós viñadeseles viñan

eu vinti viñechesel veunós viñemosvós viñesteseles viñeron

eu viñerati viñerasel viñeranós viñeramosvós viñeradeseles viñeran

eu vireiti virásel viránós viremosvós viredeseles virán

eu viríati viríasel viríanós viriamosvós viriadeseles virían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu veñati veñasel veñanós veñamosvós veñadeseles veñan

eu viñeseti viñesesel viñesenós viñésemosvós viñésedeseles viñesen

ven ti vinde/vide vós

eu virti viresel virnós virmosvós virdeseles viren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

SE

R

Infinitivo

Xerundio

Participio

ser

sendo

sido

Presente Pret. imperfecto Pret. perfecto Pluscuamperfecto Futuro Condicionaleu sonti esel énós somosvós sodeseles son

eu erati erasel eranós eramosvós eradeseles eran

eu funti fuchesel foinós fomosvós fosteseles foron

eu forati forasel foranós foramosvós foradeseles foran

eu sereiti serásel seránós seremosvós seredeseles serán

eu seríati seríasel seríanós seriamosvós seriadeseles serían

MODO INDICATIVO

Presente Pret. imperfectoMODO

IMPERATIVOINFINITIVO

CONXUGADOeu sexati sexasel sexanós sexamosvós sexadeseles sexan

eu foseti fosesel fosenós fósemosvós fósedeseles fosen

sé ti sede vós

eu serti seresel sernós sermosvós serdeseles seren

MODO SUBXUNTIVO FORMAS NOMINAIS

135

301828 _ 0130-0136.indd 135 23/09/11 12:53

Page 136: 1º eso l.g

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou trans-formación desta obra só se pode realizar coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista na lei. Contacte con CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

© 2011 by Edicións Obradoiro, S. L. / Santillana Educación, S. L.Entrecercas, 2 – 15705 Santiago de CompostelaPRINTED IN SPAINImpreso en España por

ISBN: 978-84-9972-026-5CP: 301828Depósito legal:

Dirección de arte: Xosé Crespo

Proxecto gráfico: Portada: CARRIÓ/SÁNCHEZ/LACASTA Interiores: Manuel GarcíaIlustración: Esperanza Martínez

Xefa de proxecto: Rosa MarínCoordinación de ilustración: Carlos AguileraXefe de desenvolvemento de proxecto: Xavier TejedaDesenvolvemento gráfico: Rosa María Barriga, Xosé Luís García e Raúl de Andrés

Dirección técnica: Ángel García Encinar

Coordinación técnica: Ester Marín e Jesús MuelaConfección e montaxe: Ester Marín

Corrección: Antón Palacio e María CurrosDocumentación e selección fotográfica: Mercedes Barcenilla

Fotografías: A. Guerra; C. Contreras; D. Lezama; E. Lledó; GARCÍA-PELAYO/Juancho; I. Rovira; J. Jaime; J. Lucas; M. G. Vicente; ORONOZ; P. García; R. Quintero; S. Enríquez; X. S. Lobato; A. G. E. FOTOSTOCK; COMSTOCK; EAF FOTOGRAFÍA/J. Abad; EFE/S. Sas; EFE/SIPA-PRESS/David Niviere; GETTY IMAGES SALES SPAIN/Photos.com Plus; HIGHRES PRESS STOCK/AbleStock.com; I. Preysler; ISTOCKPHOTO; J. M.ª Barres; MUSEUM ICONOGRAFÍA/J. Martin; PHOTODISC; BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA/Laboratorio Biblioteca Nacional; Kodak EasyShare; M. Falagán; MATTON-BILD; SERIDEC PHOTOIMAGENES CD; ARQUIVO SANTILLANA

301828 _ 0130-0136.indd 136 23/09/11 12:53