23 de abril: día do libro 2020. - edu.xunta.gala do libro 2020… · 23 de abril: día do libro...
Embed Size (px)
TRANSCRIPT

CEIP Mallón. Día do libro 2020.
23 de abril: Día do libro 2020.
Neste documento imos aprender por que se celebra cada 23 de abril o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Ademais, veredes tres propostas para celebrar este día, a cal delas te apuntas? A todas? Xenial!
Propostas:
1.- Visibilizarnos desde as casas a través da lectura.
Realizar un mural virtual con fotos de vós mesmos e dos vosos familiares lendo libros. Nesta situación de confinamento, seguro que hai moitas ocasións nas que é fácil “pillar” a alguén na casa lendo. Trátase de sacarlles unha foto (ou varias) e enviarllas á titora; poderemos facer unha presentación ou un mural virtual.
2.- Iniciar un clube de lectura por correspondencia.
A proposta é que escollas un libro dos que tes na casa, ten que ser un libro que por algunha razón sexa especial para ti. Despois terás que redactar un correo electrónico no que fales un pouco sobre ti, onde vives, cales son os teus gustos, e todos os datos que queiras poñer; tamén debes incluír unha reseña o máis completa posible sobre ese libro. Ese correo llo enviarás a un neno ou nena doutro centro (eu te facilitarei o seu enderezo electrónico), e terás así a posibilidade de coñecelo e quen sabe se de iniciar unha nova amizade e un intercambio de libros. É unha idea co obxectivo de compartir a paixón pola lectura.
3.- Deseñar un cartel.
Un cartel ten que ser algo moi visual, ten que levar unha imaxe impactante ou emocionante e unha frase breve que anime á lectura. A combinación de imaxe e texto ten que ser atraínte e estar impregnada de arte.
Aquí vos deixo algúns carteis para coller ideas.

CEIP Mallón. Día do libro 2020.

CEIP Mallón. Día do libro 2020.
O Día Internacional do Libro é una conmemoración celebrada cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual, é dicir, que os autores e autoras sexan valorados e reciban o recoñecemento que merecen.
Escolleuse esta data porque precisamente un 23 de abril faleceron tres autores indispensables na literatura universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
En España, a data coincide coa celebración do Día de San Jordi, patrón de Cataluña, onde é tradicional intercambiar un libro e una rosa.
Este día vai dedicado a todas as persoas, pero moi especialmente aos máis xóvenes, para animalos a descubrir o placer da lectura e a valorar as extraordinarias aportacións de tantos autores e autoras ao progreso social e cultural da humanidade.
A primeira celebración do Día Mundial do Libro tivo lugar o 23 de abril de 1995. Desde entón cada vez se suman máis países a esta iniciativa. Cada ano, una cidade ostenta o título de Capital Mundial da Lectura, organizando múltiples actividades, exposicións e convencións ao redor da lectura e do mundo editorial.
Aquí tedes a relación de países e capitais dos últimos 20 anos.
Año Ciudad País
2001 Madrid España
2002 Alejandría Egipto
2003 Nueva Delhi India
2004 Amberes Bélgica
2005 Montreal Canadá
2006 Turín Italia
2007 Bogotá Colombia
2008 Ámsterdam Países Bajos
2009 Beirut Líbano
2010
Liubliana Eslovenia
2011 Buenos Aires Argentina
2012 Ereván Armenia
2013 Bangkok Tailandia
2014 Port Harcourt Nigeria
2015 Incheon Corea del Sur
2016 Breslavia Polonia
2017 Conakry Guinea
2018 Atenas Grecia
2019 Sharjah Emiratos Árabes Unidos
2020 Kuala Lumpur
Malasia

CEIP Mallón. Día do libro 2020.