3 anxela chillón galaxia
TRANSCRIPT
![Page 1: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/1.jpg)
A Editorial Galaxia e o ebook
![Page 2: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/2.jpg)
Contextualizando… • O 75% das editoriais españolas teñen
un proxecto dixital en marcha • No 2010 o libro dixital supón xa o
15,9% das obras rexistradas • Un 52,5% dos lectores españois
declárase lector en soporte dixital (o 51,6% en ordenadores, o 2,1% en ereaders e o 6,3% emprega móbiles, axendas electrónicas…)
• O 6,8% da poboación le libros en soporte dixital
• En 2010 a oferta dixital representou o 3% da facturación do sector editorial español. Agárdase que alcance o 7% en 2011 e o 12% en 2012
![Page 3: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/3.jpg)
O futuro dixital na AGE • O 50% das editoriais da AGE contan cun
proxecto de dixitalización, en diversas fases de execución, tanto de literatura como de materiais didácticos para as aulas
• A intención da AGE é poñer en marcha en breve unha plataforma online de venda de libro galego físico e dixital
• A plataforma distribuirá tanto literatura como materiais didácticos para as aulas
• A posta en marcha da plataforma está pendente da incorporación de contidos e sinaturas de contratos entre os xestores da ferramenta e os editores que queiran incorporar o seu catálogo para a súa distribución
![Page 4: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/4.jpg)
Editorial Galaxia e o e-book • Editorial Galaxia aposta polo dixital, con contidos tanto
literarios como educativos, que xa están dispoñibles para múltiples dispositivos: ereaders, móbiles, tablets e ordenadores
• A aposta de Galaxia é unha APOSTA DE FUTURO, sen rendabilidade económica polo momento
• O motor desta aposta polo dixital é a BUSCA CONSTANTE DA INNOVACIÓN e DAR A COÑECER A CULTURA GALEGA NO EXTERIOR, seguindo as directrices fundacionais da empresa de modernización e internacionalización dos valores culturais galegos
![Page 5: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/5.jpg)
Galaxia: aposta de presente (I) PUBLICACIÓNS ELECTRÓNICAS
• Contamos xa con 72 títulos en PDF con DRM de Adobe, tanto clásicos como títulos actuais, dispoñibles para compra e descarga en www.todoebook.com
• 40 títulos están dispoñibles na Biblioteca Digital Hispánica (http://bdh.bne.es/) grazas ao Proxecto Enclave promovido pola BNE e a FGE en 2009 e 2010
• Enlace directo aos ebooks dende a web da editorial:
![Page 6: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/6.jpg)
Galaxia: aposta de presente (II) • A revista trimestral GRIAL (175-190) no Quiosco Dixital
de ARCE: http://revistasculturales.publidisa.com/
![Page 7: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/7.jpg)
Galaxia: aposta de presente (III) • Temos un acordo de colaboración dende 2008 para que
os nosos libros estean dispoñibles en Google Books • Na actualidade temos dispoñibles 1.296 títulos
![Page 8: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/8.jpg)
Galaxia: aposta de presente (IV)
O SOLDADIÑO DE CHUMBO • Aplicación para iPad en galego, castelán e inglés • Proxecto en colaboración con Continental e Moonbite Games • Nominado aos Mestre Mateo 2010 na categoría de Mellor Obra Interactiva. • Dispoñible na App Store (app gratuíta) • Adaptación a partires da curtametraxe e o libro físico do mesmo título,
incluídos na colección Árbore Cinema de Editorial Galaxia
![Page 9: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/9.jpg)
Galaxia: aposta de presente (IV)
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
![Page 10: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/10.jpg)
Galaxia: aposta de presente (V) CONTOPLANET (www.contoplanet.com)
• Aplicación para iPhone e iPad en galego, castelán e inglés • Proxecto en colaboración con PerroVerde Films e Milrayas • Premios EGANET 2010 na categoría de Software, Multimedia ou
Web e na categoría de Mobilidade. Nominado aos Mestre Mateo 2010 na categoría de Mellor Obra Interactiva
• Dispoñible na App Store (gratuíta) • Cinco títulos na actualidade:
– Puag que noxo!, de Fina Casalderrey (gratuíto) – Quen son?, de Alicia Borrás (2,99 €) – Conto para non comer, de Oli (2,99 €) – Voces na lagoa do espantallo, de Xan López Domínguez (2,99 €) – ¡Un can no piso!, de Fina Casalderrey (2,99 €)
• Vídeo demostrativo en YouTube
![Page 11: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/11.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VI) AREA FAI SEIS
• Conto interactivo para
ordenador, escrito por Araceli Gonda e ilustrado con plastilina por María Noel
• Incluído no proxecto de educación no consumo responsable Dálle a volta, encargado polo Instituto Galego de Consumo
• Descargable gratuitamente na web do IGC
![Page 12: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/12.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
• Como complemento aos libros de texto en papel de 1º e 3º da ESO de Lingua Galega e Literatura
• Son contidos pensados para complementar e apoiar o proceso de aprendizaxe na aula ao tempo que procuran atender á diversidade
• A editorial pon a disposición do profesorado e do alumnado unha serie de propostas diferenciadas: – RECURSOS MULTIMEDIA – ACTIVIDADES INTERACTIVAS – AUDIOS
![Page 13: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/13.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
![Page 14: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/14.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
![Page 15: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/15.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
![Page 16: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/16.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
![Page 17: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/17.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
• A oferta compleméntase cun banco de AUDIOS que servirán para traballar a Oralidade
• Todas estas propostas estarán tamén dispoñibles na nube en 2012 no blog de Ensinantes de Editorial Galaxia
![Page 18: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/18.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
• A maiores destes recursos para traballar coa pizarra dixital, o profesorado conta cunha serie de ferramentas dixitais coas que traballar fóra da aula:
– Proposta didáctica da materia – Solucionario das actividades formuladas no
libro de texto físico – Xerador de exames
![Page 19: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/19.jpg)
Galaxia: aposta de presente (VII)
RECURSOS E ACTIVIDADES INTERACTIVAS
![Page 20: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/20.jpg)
Galaxia: aposta de futuro (I) • No tocante ao futuro inmediato, temos previsto a
próxima edición en formato ePub de novos títulos do catálogo da editorial, tanto clásicos como novidades
• Os nosos títulos estarán dispoñibles en breve na plataforma de venda dixital da Asociación Galega de Editores (finais de setembro-comezos de outubro)
• Está asinado xa un contrato con Google eBooks para a incorporación de títulos do catálogo na súa plataforma en España, prevista para comezos de 2012
• Darase continuidade ao proxecto de recursos e actividades interactivas complementario ao libro de texto cos materiais para 2º e 4º da ESO de Lingua e Literatura
![Page 21: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/21.jpg)
Galaxia: aposta de futuro (II) • Temos en marcha o desenvolvemento dunha web de
contos interactivos accesibles na nube dende calquera dispositivo (para mediados de 2012)
• En colaboración co grupo de investigación Novos Medios da USC, estamos levando a cabo un proxecto plurianual co obxectivo a medio prazo de crear a Plataforma de xestión dixital da cultura galega, como distribuidora dixital para o libro galego, tanto dos grandes clásicos do catálogo de Galaxia como das novidades editoriais
![Page 22: 3 anxela chillón galaxia](https://reader030.vdocuments.net/reader030/viewer/2022033018/55d55418bb61eb7e088b45cc/html5/thumbnails/22.jpg)
Porque ao final…
“O verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos”
(Sempre en Galiza, Castelao)