30 novembro 2012 - bd nº67

16
Número: 67- Ano: IV - 30 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. FÚTBOL SALA Páx.8-9 O Paco Paz acolleu unha velada de boxeo Novo récord na San Martiño O CD Ourense logra a primeira vitoria lonxe do Couto e é sétimo [páx. 5] CDO Páx.11 COB - Alicante. Venres 30 de novembro ás 21 horas no Paco Paz O Ponte Ourense lévase o derbi contra o Cidade As Burgas na 1ª división [páx. 10]

Upload: barrios-deportivo

Post on 26-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Publicado o Barrios Deportivo 67. Neste número 67 do Barrios Deportivo dous son as grandes noticias. Por unha banda, a carreira da San Martiño que unha vez máis superouse a sí mesma, nesta ocasión o número de participantes foron case mil máis que a edición anterior. Pola outra banda, o derbi ourensán de fútbol sala feminino e outra das grades novas destas datas; as pontinas leváronse un derbi moi competitivo que non se resolveu ata os intres finais.

TRANSCRIPT

Page 1: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

Número: 67- Ano: IV - 30 de novembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

FÚTBOL SALA Páx.8-9

O Paco Paz acolleu unha

velada de boxeo

Novo récord na San Martiño

O CD Ourense logra a primeira vitoria lonxe do Couto e é sétimo

[páx. 5]

CDO Páx.11

COB - Alicante.Venres 30 de

novembro ás 21 horas no Paco Paz

O Ponte Ourense lévase o derbi contra o Cidade As Burgas na 1ª división

[páx. 10]

Page 2: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

� BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

4 Axenda deportivaFútbol- Día 9 de decembro. O Couto -17.00h.- CD Ourense - Caudal Deportivo. �ªB- Día � de decembro. Os Carrís. UD Barbadás - CD As Pontes. 3ª División.- Día 16 de decembro. Os Carrís. UD Barbadás - CD Dorneda. 3ª División.- Día � de decembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Portonovo SD. Rexional Preferente.- Día � de decembro. O Barco. CD Barco - CD Arentei-ro. Rexional Preferente.- Día � de decembro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Mondariz CF. Rexional Preferente.- Día 9 de decembro. O Carballiño. Arenteiro - Ponte Ourense CF. Rexional Preferente.- Día 16 de decembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense - Mondariz CF. Rexional Preferente.- Día 16 de decembro. O Barco. CD Barco - Arousa. Rexional Preferente.- Día 16 de decembro. José Arjiz (Verín). CD Verín - Ribadumia. Rexional Preferente.- Día 6 de decembro. Estadio Miguel Anxo (Os Reme-dios) Pabellón Ourense - Santiago de Compostela. Di-visión de Honra Xuvenil.- Día 9 de decembro. Estadio Miguel Anxo (Os Reme-dios) Pabellón Ourense - Montañeros. División de Hon-ra Xuvenil.Baloncesto- Día 30 de novembro. Paco Paz -�1.00h.- COB - Lu-centum Alicante. Liga LEB Ouro.- Día 8 de decembro. Os Remedios -�0.00h.- Pabellón Ourense Baloncesto - Al-Qazeres. Liga Feminina �.- Día 16 de decembro. Os Remedios -1�.00h.- Ourense Capital Termal - Establecimientos Otero. Liga EBA.Fútbol sala feminino- Día 15 de decembro. Os Remedios -17.00h.- Cidade As Burgas - Soto del Real. 1ª División Fútbol Sala.- Día �� de decembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Atlético de Madrid.

Atletismo- Día 16 de decembro. XI Carreira Pedestre do Nadal,

San Cibrao das Viñas. A partir das 1�.00 horas.

Andaina- Día 15 de decembro. Andaina Vía da prata (Vendas da Barreira - Verín).- Día �9 de decembro, Andaina Vía da prata (Verín - Vila de Rei).

Hoquei Herba- Día � de decembro. Mariñamansa -11.00 horas-. Cal-daria Barrocás - Terrassa. División de Honra A.Tiro- Días 1 e � de decembro - Eiroás - Cto. de pistola.Balonmán- Día � de decembro - Os Remedios. Balonmán Pabe-llón - Rasoeiro. Primeira Autonómica.

A edición número 36 da carreira da San Martiño batíu todos os récords de participación./M. REJO.

Alejandro Fernández empregou 29:49 minutos en vencer na 36ª San Martiño

R. Torres

Alejandro Fernández xa o advertira na entrevista que concedeu no número anterior do Barrios Depor-tivo “teño que facer unha carreira rápida para deixar atrás a Lolo Penas, se non a vitoria estará imposible”. E iso fixo desde o primeiro metro. Saíu con gañas de ir rezagando aos seus máis importantes rivais, impri-mindo un forte ritmo desde os primeiros metros da pon-te do Milenio. No ecuador da proba, xa tiña unha im-portante renda con respecto aos seus adversarios, e nas Lagoas (quilómetro oito) a vitoria estaba case que no peto. Ao final, un tempo

Alejandro Fernández logra a vitoria na San Martiño4 Facía máis de 20 anos que un atleta ourensán non lograba a vitoria absoluta.

incrible: �9:49 minutos, e o primeiro ourensán que lo-gra a vitoria na Carreira Po-pular do San Martiño neste século XXI. Alejandro Fer-nández está de volta nisto do atletismo.

A Fernández acompañá-rono no podio Manuel Hur-tado e Lolo Penas, segundo e terceiro respectivamente, ambos do mesmo club que o primeiro, o New Balance.

A atleta portuguesa Sara Pinho foi a máis rápida na categoría feminina. A lusa parou o crono en 34:19. Tras Pinho chegaron a meta a tamén portuguesa Rafaela Almeida (35:08) en segun-da posición, e a salmantina Gema Martín (35:31) de terceira.

Récord de participa-ción

Se éxito foi a vitoria de Alejandro Fernández, a par-ticipación non foi menos. 6.759 participantes nesta edición dan mostras do apabullante éxito que ano a ano ten esta proba ourensá. A mellor das populares de Galicia.

Dos case 7.000 partici-pantes, �.993 participaron na proba escolar e 3.768 o

fixeron na absoluta. Incre-mentando en case mil per-soas a participación do ano pasado. A estas cifras hai que engadir a gran cantida-de de mamás e papás que acompañaron aos seus fillos na escolar e non se inscribi-ron, e ao numeroso público que agolpouse en masa no percorrido da proba, sobre todo na liña de meta, no parque de San Lázaro e no Progreso.

6.759 foi o número total de participantes que remataron esta edición da proba

XXXVI SAN MARTIÑO

Page 3: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

3XXXVI SAN MARTIÑO

O paso dos primeiros clasificados da carreira escolar no paso pola ponte Romana. /M.REJO

Os máis cativos invadiron as rúas4 Casi 3.000 atletas partici-paron na proba escolar.R.T.

Os máis cativos non fo-ron menos e, acompaña-dos por un día estupendo, invadiron as rúas da capi-tal ourensá para participar nesta edición da proba popular máis antiga de Galicia. �.993 foi o núme-ro exacto de atletas novos que completaron os 4.500 metros desta proba esco-lar. Máis de 400 partici-pantes máis que a edición do pasado ano e un pouco menos de 400 que o récord anterior de participación, acadado no �008 (cando acudiron un total de �.596 participantes).

Esta cifra queda cur-ta se temos en conta que moitos dos cativos van acompañados por algún membro maior de idade da súa familia (nai, pai, ir-mán maior, tío,...) que co-

rren con eles durante todo o traxecto -con máis dun ra-paz deixando decolgado ao seu familiar-.

Os vencedoresOs vencedores absolu-

tos desta 36ª edición foron Agustín González (ADAS Proinor) en categoría mas-culina, cun tempo de 15:17, e Uxía Pérez Bugarín (At-letismo Tui - Thermalia), que empregou un tempo de 16:56 minutos.

No podio masculino acompañaron ao atleta do Barco de Valdeorras, na segunda posición, Adrián Lago Tizón (15:�5) e Brais Gómez Vilar (15:�8), na terceira. En canto á cate-goría feminina, a segunda clasificada foi a atleta do at-letismo Porriño, Iria Rodrí-guez Huertas (17:35) e en terceiro lugar, Lucía Súarez Crespo (18:06).

4A SAN MARTIÑO EN IMAXES

O coche - cronómetro (Opel) ao seu paso pola ponte Romana. /M.REJO

Os atletas do club ourensán Esprintes Ourense antes da carreira. /TITO PICOUTO

Dous participantes ao remate da carreira. /M. REJO Atletas ao remate da proba. /M. REJO

Alejandro Fernández, ven-cedor da carreira. /M. REJO

Page 4: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

4 BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

ATLETISMO

O atletismo é un novo estilo de vida

Os integrantes do CD Aurum antes do comezo da carreira ourensá. /M.REJO

Furor do atletismo popular4 Cada vez son máis as persoas que participan en citas deste tipo ao longo da xeografía ourensá.

Redacción

Os amigos da Vía da Prata - Camiño Mozárabe organizan un calendario de andainas para pro-mocionar esta variante do camiño de Santiago, amáis de vixiar o seu es-tado de conservación. Até febreiro, organizaranse percorridos por distintos concellos da variante do camiño, que irán desde A Gudiña ata Ourense, se-parados en etapas de en-tre 15 e �0 quilómetros.

A inscrición nestas an-dainas é gratuíta. Quen queira participar, non ten máis que enviar un correo ao mail [email protected] ou chamar por teléfono ao 988 391 110.

Amigos Vía da PrataA asociación Amigos

da Vía da Prata creuse a principios dos 90 do sécu-lo pasado, grazas ao tesón dun grupo de amigos vol-

Andainas polo Camiño Mozárabe - Vía da Prata4 Para promocionar esta ruta do Camiño de Santiago.

cados a dar a coñecer un ca-miño esquecido. Ademais, a Asociación promociona e defende a peregrinación Xacobea tradicional, en todas as súas dimensións, así como axuda e protexe ao peregrino e defende o patrimonio cultural.

Calendario de andainasO 15 de decembro unha

andaina de 17 quilómetros unirá as localidades de Vendas da Barreira e Ve-rín; para o �9 de decembro, os andaríns percorrerán �0 quilómetros entre Verín e Vila de Rei; xa no �013, o 1� de xaneiro, Vila de Rei – Sandiás, de �0 quilóme-tros será a primeira andai-na do ano; o �6 dese mes-mo mes, Sandiás - Allariz, de 15 quilómetros, e fina-laizarán as andainas da Vía da Prata o 9 de febreiro, cunha última camiñata de 15 quilómetros que unirá as localidades de Allariz e Ourense.

Redacción

E galega, e doutros pun-tos da Península... Pódese dicir, incluso, que é un fe-nómeno a nivel mundial (maratóns como o de New York, Frankfurt, Rotterdam, reúnen a miles de afeccio-nados a este deporte). Cada vez son máis os que inclúen na súa rutina os adestra-mentos de atletismo e as ca-rreiras populares, acudindo ás máis proximas a súa lo-calidade; algúns organizan unha viaxe entre varios para competir fóra da comunida-de galega ou mesmo fóra de España (sobre todo para participar en maratóns).

Neste fenómeno, Ourense non queda atrás, un claro exemplo é a carreira do San Martiño, que reúne cada ano a miles de afecciona-dos a este deporte (só uns poucos compiten de forma profesional); acuden polo pracer de competir, por go-zar en primeira persoa dun evento deportivo ou mesmo para mellorar o rendemento persoal.

Coa mágoa da desapa-rición dos equipos de elite masculino e feminino do Ourense Atletismo Aca-demia Postal (agora Club Atletismo Ourense), flore-cen outros clubs amateurs como o Esprintes Ourense,

Veteranos Pabellón, Atletas Veteranos Ourense, Ouren-running, Club Deportivo Aurum, entre outros. Equi-pos, algúns de recente crea-ción, e outros que xa levan algúns anos nas estradas e montes galegos “dando zapatilla”. Todos eles dan mostra do auxe deste de-porte no que compite un só contra un mesmo e/ou con-tra o crono. O atletismo é un novo estilo de vida que, desde fai uns anos, está ins-talado na sociedade. Chegou para quedarse. Se o deporte é vida, o atletismo é o seu máximo expoñente. Citas como “Correndo x Ouren-se” viron incrementar expo-

nencialmente o número de participantes da primeira á segunda edición.

CD AurumUn dos representantes

desta nova ola do atletis-mo é o Club Deportivo Aurum. Recén estreada a súa segunda tempada de vida, os seus integran-tes levan participado en innumerables carreiras. Mesmo algún deles parti-cipou no pasado maratón de Porto.

Page 5: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

5ATLETISMO / BOXEO

Participantes da carreira xuvenil no Cross do Guillelme Brown. /S. Torres

Redacción

Celebrouse a 17ª edición do Cross Guillelme Brown, que contou coa participa-ción duns 300 atletas.

Na categoría benxamín os vencedores foron os at-letas do Ourense Atletismo, Aroa González e Álvaro Díaz. En alevín femini-no, vitoria para a atleta do mesmo club, Nayeli Igle-sias, vencendo en homes

Gran participación no Guillelme Brown4 271 atletas participaron na 17ª edición.

Marco Rivero, da Asocia-ción Deportiva Limiacti-va. Nos infantís, Arantxa Pérez (Ourense Atletismo), mostraba o seu dominio, mentres que Ziad Nagili da Asociación Deportiva Limiactiva facía o mesmo nos homes. Nos cadetes, dobre vitoria do Ourense Ateltismo con Antía Rodrí-guez e Abraham Rodríguez. Andrea Fernández, do Club Deportivo a Purísima e

Antón Soria, do Ourense Atletismo foron os gaña-dores na categoría xuve-nil. Xa na absoluta, nova vitoria para Rubén Diz, da Sociedade Gimnásti-ca de Pontevedra e Silvia Teijeiro, do Ourense Atle-tismo. Na carreira na que participaron os pais, nais e profesores dos alumnos do centro, a vitoria foi para Fernando Troncoso e María Bustillo.

Redacción

O Paco Paz de Ouren-se acolleu unha velada de boxeo amateur. Catro pelexas de boxeo para o campionato galego de boxeo e unha máis (com-bate estrela) entre o púxil ourensán Adelmo Souto e Oleg Lisnenko.

O primeiro dos comba-tes, semifinal -60 quilos, enfrentou a Kiril Povko-roski contra Emrel Mora-les, vencendo o primeiro aos puntos. Na segunda semifinal do mesmo peso, Cristián González venceu ao quedar descalificado Eduard Esmerlin no se-gundo asalto. O terceiro combate enfrontaba na final júnior de -69 quilos a Adrián Miraz contra Daniel Brea, sendo vence-dor o primeiro por KO no primeiro asalto. O cuarto combate reunía no cua-

Boxeo en Ourense4 O Paco Paz acolleu cinco combates puxilísticos.

drilátero aos finalistas da categoría -81 elite; Agustín

Álvarez derrotou por KO no primeiro asalto a Da-mián Paz.

E no combate estrela da velada (non entraba en competición), o ourensán Adelmo Souto impoñíase a Oleg Lisnenko aos puntos.

Combate entre o ourensán Adelmo Souto e o ucraniano Oleg Lisnenko. /RAMSÉS

Page 6: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

6 BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

ACTUALIDADE

A edición 2012 busca superar as 11.000 visitas do ano anterior

Redacción

O pasado �� de novembro celebrouse a primeira fase do campo a través da zona do Arenteiro dos Xogos Galegos Deportivos (XO-GADE). O programa XO-GADE consiste en eventos deportivos organizados pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das Federacións e Agrupa-cións Deportivas Galegas.

No Pozo do Lago en Maside, déronse cita preto

XOGADE chega ao Arenteiro4 Na 1ª fase do campo a través.

de 500 rapaces (a pesar do frío e da néboa) para cele-brar a esta primeira fase do campo a traves da comarca do Arenteiro. Os rapaces, das categorias benxamín, alevín, infantil e cadete celebraron unha xornada deportiva que deixou moi boas sensacions, na que os vencedores tiveron a súa medalla.

Os vencedores na cate-goría benxamín foron Clara Pérez e Diego Gómez; en alevín as vitorias foron de

Nayeli Igleias e Carlos Freijedo; Lucía Bravo e Gabriel Jar gañaron en categoría infantil; e final-mente Estela Pascual e Lucas Álvarez fixeron o propio en cadete.

Máis deportesXa están en marcha

distintas modalidades do XOGADE como o balon-cesto, o fútbol sala, o ba-lonmán e o voleibol, que percorrerán toda a xego-grafía ourensá.

Rapaces participando na primeira fase do campo a través da zona do Arenteiro.

TAEkwONDO

Copa Xunta de Galicia de técnicaRedacción

Ata Moaña desprazá-ronse os taekwondistas do ximnasio Couto de Ourense, para participar na Copa Xunta de Galicia de técnica disputada o �4 de novembro. Previamen-te tiveron que participar na Copa Deputación de Ourense (fase provincial) para lograr o billete a esta fase final.

Os ourensáns acadaron un total de 17 medallas, das cales catro foron de ouro, cinco de prata e oito de bronce. Na competi-ción participaron máis de 500 deportistas o que demostra a dificultade de facer un bo papel no evento.

En xornada vespertina celebrouse, no mesmo es-cenario, o Vila de Moaña de exhibición. Os cadetes do club Couto acadaron a terceira posición, men-tres que os infantís foron quintos.

Redacción

Os ximnasio Artai de Ourense converteuse no mellor equipo que parti-cipou no I Open Solida-rio de Wushu celebrado

wUSHU

Once metais para o Artai en Oleiros4 No Primeiro Open solidario de wushu.

na localidade coruñesa de Oleiros. A cita tivo lugar o pasado �4 de novembro, e o club ourensán desprazouse con 16 competidores, oito en categoría de combate e oito de formas. O botín to-

Integrantes do club ximnasio Artai que participaron no i Open Solidario de Oleiros.

tal para a expedición foi de 11 medallas (3 ouros, 5 pra-tas e 3 bronces).

Os destacadosOs ouros foron acadados

por Mario Gayoso, en com-bate de menos de 75 quilos; Juan Manuel González, en combate de menos de 70 quilos e Jaime Álvarez, en combate de menos de 65 quilos. Outra das destaca-das foi a deportista Sara Álvarez, que obtivo dous medallas de prata en lanza e man vacía.

Redacción

Na fin de semana da pon-te da Constitución, o ocio, o deporte e a cultura terán unha nova cita en Megaxo-ve, o décimo terceiro Salón da Xuventude, convertindo a Expourense no maior cen-tro de ocio de Galicia.

O seu obxectivo é reunir a nenos e mozos, así como

Ocio, deporte e cultura cítanse en Megaxove4A décimo terceira edición celebrarase do 6 ao 9 de decembro en Expourense.

Cartel da 13ª edición de Megaxove.

ás súas familias, nunha in-mensa aula de ocio con todo tipo de actividades, conxugando formación e diversión e potenciando va-lores como o compañeiris-mo, a igualdade, o traballo en equipo ou a convivencia interxeracional.

Deporte minoritarioPero sobre todo o deporte

é un dos grandes protago-nistas de Megaxove, que continuará promocionando as disciplinas minoritarias para contribuir á difusión de alternativas menos co-ñecidas. Ademais das de-portivas, outras propostas fomentarán a participación activa do público a través de xogos, exhibicións, tor-neos...

A implicación de clubs deportivos, asociacións xu-venís, o apoio de empresas e de institucións, fan posi-ble un completo programa para todos os gustos, ao-mesmo tempo que distintas entidades dan a coñecer a súa actividade dirixida á xuventude.

Así, entre a ampla oferta que inclúe o XIII Megaxo-ve atópase un circuito de motos eléctricas; clases co-lectivas de kárate infantil, defensa persoal, krav-maga, wushu ou danza do ventre; un curso de baile rexional:

conferencias e desfile de “Star Wars”; exhibicións de esgrima antiga, judo, halterofilia ou mini-basket; inchables; karaoke; xogos de mesa; unha regata de remo indoor... e así ata máis de medio cento de opcións para que rapaces e pais te-ñan a mellor alternativa lú-dica para eses días de des-canso.

Exitosa edición de 2011A pasada edición de Me-

gaxove bateu todos os ré-cords, ao conseguir atraer a

preto de 11.000 visitas nos seus catro días de feira. Así mesmo, o 1�º Cross Megaxove tamén foi todo un éxito, con 750 atletas inscritos.

Cifras históricas que dende a organización agardan superar nesta edi-ción de �01�.

O scaléxtric xigante chamou a atención dos máis cativos na pasada edición.

Page 7: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

7PUBLICIDADE

Page 8: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

8 BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

FÚTBOL SALA

Sara e Nerea, na pugna por un balon./RAMSÉS

Un Ponte Ourense con máis banco vence a un correoso Cidade As Burgas4 As rotacións do Ponte Ourense fai que as de Vivián leven o derbi ourensán da Pri-meira División do fútbol sala.R. Torres

O Ponte Ourense co-mezou mellor asentado na cancha, que nesta oca-sión trasladouse ao anexo dos Remedios. O cambio de escenario non estivo á altura do que se merece un derbi desta magnitu-de; as chuvias destes días causaron que a humidade fixera acto de presencia e o parqué estivera moi res-baladizo, facendo moi di-fícil controlar o equilibrio nalgunha acción.

Nos primeiros minutos o Ponte estivo moi atrevi-do, acorralando ao Cidade na súa cancha. O Cidade, pola súa banda, come-zou moi impreciso e con moitos nervios. Mentres Vivián cambiaba as xoga-doras cada pouco tempo, e dúas ou tres á vez; Codeso tiña que aguantar case que co quinteto inicial durante

a maior parte dos minu-tos.

A pesar do dominio inicial das

pon t i -nas foron as do Cidade as que golpearon primeiro. Peke ba-tía a Loli tras unha boa xogada das nesta ocasión lo-cais. Iria e Peke chegaban por medio de pa-redes á área v i s i t an te tras un r o u b o

de balón en media cancha.

Con este resultado

chegouse ao final dos primeiros 20 minutos. Trala reanuda-ción, Souza converteuse no estandarte das ponti-nas dándolle a volta ao marcador en tres minu-tos, os que van do �4 ao �7. Pero no seguinte minuto as franxiverdes lograban empatar a con-tenda. Drica introducía na súa portaría o balón ao intentar despexalo.

Desgaste co paso dos minutos

O paso dos minutos supuxo un gran desgaste do Cidade. As locais uti-

Oportunidade perdida4 O Ponte cae contra o Ciudad de Alcorcón e non logra a súa terceira vitoria consecutiva.R. Torres

O Ponte Ourense perde a oportunidade de encadear tres vitorias consecutivas e endereitar o rumbo na Pri-meira División do fútbol sala.

As vitorias contra Cente-lles (9-5) e Cidade As Bur-gas (�-5) facían presaxiar que o equipo dirixido por Óscar Vivián ía reverter a tendencia negativa e íase ver ao verdadeiro Ponte a partir de agora. Pero de momento haberá que esperar. Xoga-ban en casa contra o Ciudad de Alcorcón, un dos anima-dores da liga (o conxunto madrileño é quinto con �0 puntos). Unha vitoria daría máis moral aínda ás ouren-sás logo de vencer nas dúas xornadas anteriores. O en-contro poríase de cara no ecuador do primeiro tempo, cando Drica rouba un balón e o cede a Souza quen bate a Eva Tamayo (ex do Ponte Ourense). A ledicia duraría o resto do primeiro acto, chegando ao descanso coa mínima renda para o Ponte. Nada máis comezar o se-gundo período, as ‘alfarei-

ras’ empatarían a contenda, e dous minutos máis tarde daríanlle a volta ao marca-dor. Sara poría de novo as táboas tras pase de Souza. Pero sen poder saborear o empate, no mesmo minu-to, as visitantes lograban o �-3. Logo duns minutos de tranquilidade o Alcorcón distanciábase cun novo tan-to, era o �-4. Nos minutos finais, Vivián arriscaría co xogo de cinco logrando un penalti a favor que transfor-maría Souza. Co �-3 e un par de minutos por dispu-tar, as locais volcábanse na portaría de Eva Tamayo. Os riscos das albinegras non tiveron, nin moito menos, recompensa, e nos últimos segundos un novo tanto a porta baleira subía ao mar-cador das visitantes. 5-3 e nova derrota do Ponte que as deixa con 10 puntos na undécima posición.

RoldánDespois do parón polo

torneo que disputan as se-leccións, o Ponte Ourense visitará a cancha do re-cén ascendido Roldán. O conxunto murciano está por

diante do Ponte, na déci-ma posición cun punto máis, 11.

Á espera de MartaMarta Figueiredo está

queimando etapas na evo-lución da lesión sufrida no primeiro encontro de liga. Sen muletas e adestrando a un ritmo menos que as súas compañeiras desde fai varias semanas, a re-cuperación de Marta cada día está máis preto. A ca-pitana será a fichaxe de in-verno do Ponte Ourense.

O Ponte Ourense regresa á competición o 15 de decembro na cancha do Roldán

Marta Figueiredo./RAMSÉS

Drica zafándose de dúas xogadoras do Ciudad de Alcorcón./RAMSÉS

Page 9: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

9FUTBOL SALA

Cidade 2-5 Ponte foi o resutado final

Un Ponte Ourense con máis banco vence a un correoso Cidade As Burgas4 As rotacións do Ponte Ourense fai que as de Vivián leven o derbi ourensán da Pri-meira División do fútbol sala.

4 As notas do partidoSobresaínte. A afección.Arredor de mil persoas nas bancadas do anexo dos Remedios puxeron a nota de cor

neste derbi. As dúas afeccións animaron durante os 40 minutos ao seu equipo sen as incidencias negativas doutros derbis. Un 10 para todos eles.

Notable. A calidade das xogadoras do Ponte.Sen unha xogadora que sobresaíra sobre as demáis -quizáis Souza, que estivo a un

gran nivel-, a calidade das xogadoras pontinas valeulles para facerse co encontro.Ben. O crecemento de María Arias.O ano pasado pasoulle factura a presión do derbi, pero este ano foi unha das destaca-

das das franxiverdes. Un salto de calidade que ben necesitan as de Codeso.Suficiente. O banco do Ponte e a defensa do Cidade.O banco do Ponte fixo que as de Óscar Vivián mantiveran o alto ritmo durante a

maioría dos minutos, sen importar que xogadoras estaban na cancha. Cada poucos mi-nutos ían rotándose as xogadoras tendo moito descanso e puidendo deste xeito manter o alto ritmo durante os 40 minutos.

A defensa do Cidade estivo moi acertada ata os intres finais. Mantiveron a raia ás albinegras a pesar do vendaval pontino e de que Peke tivo que disputar case que todos os minutos. O cansanzo fixo acto de presenza nos últimos minutos, e foi cando o Ponte logrou por terra de por medio.

Suspenso. A cancha.Para este partido o escenario trasladouse da habitual central dos Remedios ao anexo.

Unha mala opción para un partido destas características. A chuvia deses días fixo que a condensación acumulada na cancha provocara que todas as xogadoras resbalaran máis da conta durante todo o encontro. O dito, un suspenso para a elección de xogar nunha sede nada acorde á altura do gran partido visto.

lizaron a seis xogadoras de campo (Ana; Peke, Sonia, Iria e María Arias -quinteto inicial- e María Romero e Nerea), mentres que o Pon-te utilizou a nove Loli; Ana,

Souza, Laura e Drica -quin-teto inicial- e Vanesa, Sari-ta, Rosángela e Chiqui. Isto fixo que os minutos pesaran nas pernas das do Cidade, e no minutos 34, Vanesa des-

bordaba en velocidade a Peke para batir a Ana, �-3. Outra mostra dese des-gaste físico foi que trala la expulsión de Vanesa, e con inferioridade numéri-ca, o Ponte lograba o �-4 obra de Rosángela. Xa, sen tempo para máis, Dri-ca poñía o 2-5 final.

Souza lanza a portaría ante a oposición de Arias e Ana./RAMSÉS

4 Xornada 12 - 15 de decembroU. de Alacante - La RiojaValladolid- MóstolesFemeni Centelles - Viaxes AmarelleCidade As Burgas - Soto del RealCiudad de Alcorcón - BurelaRoldán - Ponte OurenseFutsi Navalcarnero - GironellaDescansa - Lacturale Orvina

4 Xornada 13 - 22 de novembroU. de Alacante - ValladolidMóstoles- Femeni CentellesViaxes Amarelle - Cidade As BurgasSoto del Real - Ciudad de AlcorcónBurela - RoldánPonte Ourense- Futsi NavalcarneroGironella - DescansaLa Rioja - Lacturale Orvina

Primeira División FSF - 11ª xornada

Posto Equipo Puntos

1º Burela �9�º At. Madrid �63º Gironella ��4º Valladolid �15º Alcorcón �06º Orvina 187º U. de Alacante 178º Soto del Real 139º Móstoles 1310º Roldán 1111º Ponte Ourense 101�º Logroño 913º Cidade As Burgas 714º Amarelle 315º Centelles 1

O Cidade tropeza contra o líder4 Perde contra o Burela 5-2.R. Torres

O Cidade visitaba a can-cha do líder, o Burela Pes-cados Rubén. O derbi ga-lego tiña ás luguesas como as favoritas para levar os tres puntos en disputa. Xa nos primeiros minutos, as locais imprimiron un forte ritmo ao encontro tendo a súa recompensa aos cinco minutos; Peque facía o un a cero tras saque de esqui-ña. Cinco minutos máis tarde, a mesma xogado-ra lograba o dous a cero. Un minutos máis tarde, sobresairía a figura da go-leadora brasileira, Dany, logrando o 3-0 co que se chegaría ao descanso.

Na reanudación, as ourensás tentaban por to-dos os medios recurtar distancias no marcador, pero de novo Dany poría o catro a cero no electró-nico. Lidia faría o quinto

gol das locais no minuto 31 de encontro. Sen marxe de remontada, as ourensás lo-graban recurtar distancias. Nerea no 3� facía o 5-1 tras xogada de Iria, e María Ro-mero, ao segundo pao, tras pase de Peke facía o defini-tivo 5-�.

O Cidade As Burgas ocu-pa a décimo terceira posi-ción con 7 puntos, a catro dos postos de descenso.

ParónAgora toca un parón de-

bido a que se disputa o tor-neo internacional de fútbol sala feminino. A competi-ción doméstica reanúdase o 15 de decembro co partido entre o Cidade e o Soto del Real. O encontro terá lugar na cancha central dos Re-medios. O Soto del Real é o oitavo clasificado con 13 puntos (seis máis que o Ci-dade). O encontro será unha dura reválida para que as de

Codeso poñan terra de por medio cos postos de des-censo e se acheguen a outras rivais que están por enriba delas na clasificación.

As madrileñas veñen de vencer na casa ao Cente-lles, pechacancelas da Liga. O Soto del Real ten en Pitu ao seu referente e á máxi-ma goleadora do conxunto (oito tantos no que vai de liga).

O Cidade reanuda a competición o 15 de decembro contra o Soto del Real nos Remedios

Souza./RAMSÉS

Page 10: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

10 BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

BALONCESTO

O Pabellón suma a súa segunda vitoria da liga4 Venceu ao Arxil, o pecha-cancelas da liga.Redacción

Era un rival asequible e a mellor das oportunida-des para lograr a vitoria, e o Pabellón Ourense soubo aproveitala. Tratábase da sexta xornada da liga e ape-nas conseguira sumar ata o momento un partido gaña-do, polo que o conxunto que dirixe Gonzalo Gon-zález debía superar ao Ar-xil sen contemplacións. O obxectivo cumpliuse, pero a tarefa non foi sinxela.

O primeiro cuarto deste partido -ao que lle faltaron, sen dúbida, puntos- estivo moi axustado (9-8), polo que o Pabellón tivo que tomarse as cousas máis en serio. Así, colleu aire no

segundo período e con con-tundencia puxo distancia no luminoso, acadando o des-canso cun tranquilizador �8-1� ao seu favor. Os deberes estaban case feitos.

Pero o Arxil, a pesar de ser o pechacancelas, tiña garda-da na manga as dotes ano-tadoras da ex-pavillonista Olga Federova. De todos os xeitos, aínda que a segunda metade estivo dominada po-las pontevedresas a distan-cia a superar era demasiado grande e non foron quen de recortar máis que 11 puntos.

Un resultado final de 50-45 outorgoulle a vitoria ao Pabellón Feminino, que se sitúa oitavo na clasificación xeral con dúas vitorias e ca-tro derrotas.

R. Torres

Este venres 30 de no-vembro, o Club Ourense Baloncesto recibe no Paco Paz (�1.00 horas) ao Ali-cante, un dos favoritos ao ascenso. O encontro corres-ponde á xornada número nove.

Logo da vitoria en casa cotra Huesca (8�-78) e da derrota pola mínima en Lugo contra o Breogán (78-77), a moral dos xogadores subíu enteiros. A pesar desa inxección de moral tras en-cadear dous partidos máis que aceptables, chega ao Pazo un Alicante que está chamado a loitar polo as-censo a ACB sendo un dos mellores equipos da LEB Ouro, se non o mellor. Xo-garán un que quere salvar a categoría contra outro que quere ser o vindeiro ano equipo de ACB; un equipo

O COB buscará contra Alicante a segunda vitoria da tempada4 O cadro ourensán vén de perder en Lugo.

que se está facendo lenta-mente, ante outro que cada xogador é determinante; un David contra un Goliat.

Para o adestrador do COB, Rafa Sanz, unha hi-potética vitoria pasaría por “apretar moito e estar ao 100%”, e sobre todo “equi-librio entre as pérdidas e as

recuperacións de balón”. Amáis e en defensa “raiar a perfección”. O técnico co-bista o ten claro “o que im-poña o ritmo de xogo terá moito gañado”.

Lugo - COBO partido contra o Breogán

de Lugo foi un pequeno sal-

to máis cara adiante. Tras un primeiro cuarto un tanto irregular, o equipo soubo reaccionar e lograr achegarse no marcador. No terceiro cuarto, a mesma letanía que na maioría de encontros: varios minutos sen aportación anotadora presaxiaban que o Ourense íase diluir antes de que re-matara o partido. Pero non foi así.

Grazas a un inspirado Barbour, que coas súas canastras mantiña vivo ao COB, chegouse aos úl-timos �7 segundos. Cun punto arriba para os locais e posesión deles, optouse por non facer falta e esgotar a posesión do Lugo, cousa que lograron. Con apenas tres segundos Mena lan-zou desde medio campo e non logrou anotar. Derrota, pero coa sensación de que o equipo comeza a com-petir na liga. Outro COB vislúmbrase no horizonte a curto prazo.

Venres 30, 21.00 horas, Paco Paz. COB - Alicante

Andy Ogide machacando o aro contrario. /RAMSÉS

Page 11: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

11FÚTBOL

CD Ourense marcha sétimo a dous puntos da promoción de ascenso

R. Torres

O Ourense vén de gañar o seu primeiro encontro lonxe do Couto, concretamente contra o filial do Rayo Va-llecano a quen venceu por cero a dous.

Nesta ocasión o goleador do equipo e da categoría, Jona, non puido marcar, pero Pillado e Iván Gonzá-lez colleron a testemuña do malagueño para firmar os dous tantos do cadro “roji-llo”. Para Iván González é o segundo gol da tempada e o segundo consecutivo (fixe-ra o primeiro da súa conta contra o Marino na pasada xornada). No que ao partido se refire, os de Luisito ape-nas pasaron apuros, e foron moi superiores a un equipo, o rayista, que nada, ou moi pouco, puido facer para lo-grar a vitoria.

Con esta vitoria, o

O CDO consegue a primeira vitoria lonxe do Couto4 Foi contra o Rayo Vallecano B.

Ourense sobe ata a sétima posición con �1 puntos. A dous queda a promoción de ascenso, e a seis a de des-censo. O descenso directo está a sete puntos.

Das 14 xornadas disputa-das, os ourensáns fóronse de baleiro en tres delas (contra o Tenerife e Fuenlabrada na casa, e contra o Marino de Luanco como visitante). Dos sete partidos disputa-dos na casa, catro vitorias, un empate e dúas derrotas é a bagaxe do equipo da vella auria; 13 puntos dos �1 dis-putados. Lonxe do Couto, o Ourense móstrase como un equipo sólido. Unha soa derrota, por unha vitoria e cinco empates, oito pun-tos en total coa dificultade que supón puntuar como foráneo. Con todo isto, o CD Ourense está a cuallar unha gran tempada e o máis importante, asentándose na

zona tranquila da clasifica-ción.

Luisito sabe ao que xoga, e os seus xogadores o que quere o adestrador de cada un deles. E iso que a pre-tempada foi moi atípica (a piques estivo o club de desaparecer). Moitos dos xogadores non chegaron ao Couto ata ben entrada na pretempada, o que da máis valor ao gran inicio ligueiro do conxunto ourensán.

Espera AvilésO partido correspondente

á xornada número 15 da Se-gunda División B grupo 1º levará ao Ourense ata terras asturianas para enfrontarse ao Avilés. O cadro asturia-no marcha segundo na cla-sificación con 28 puntos, e acaba de perder contra o Coruxo na última xornada. Atractivo partido entre o segundo e o sétimo clasifi-

cado, xa que os dous irán a pola vitoria.

Para esta xornada son baixa Claudio, por acumu-lación de amonestacións e Portela, que sofre molestias no xeonllo operado a pasada tempada. Pato é dúbida por unhas molestias nun glúteo e Iván González ten unha sobrecarga, polo que será dúbida ata última hora.

Luisito está seguro de que os asturianos chegarán á cita con moitas gañas de ofrecerlle a vitoria aos seus seguidores, logo de perder fronte ao Coruxo. Do Avilés destaca a Juan Díaz, a quen considera un gran nivel; e Boris e Jorge son xogado-res moi experimentados. Para o técnico santiagués, o Aviles rematará entre os catro primeiros da liga, loi-tando polo ascenso.

O céspede do estadio Suárez Puerta está nas mes-mas condicións que as do Couto, lamentables. Tanto Avilés coma Ourense teñen serios problemas á hora de poder adestrar durante a semana, e alternar herba artificial con herba natural,

situación nada óptima para un rendemento completo dos xogadores e causa de posibles lesións. Neste as-pecto chegan en igualdade de condicións.

Jona tentando controlar o balón diante dun rival. /M.REJO

Page 12: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

1� BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

POLIDEPORTIVO

4 Curso de monitor

Comezou nas localida-des de Viana do Bolo e Verín o curso de monitor de actividades de tempo de lecer que organiza a Fundación Cipri Gomes. O curso conta con 50 alumnos e contén 350 ho-ras entre prácticas e teóri-cas.

O obxectivo deste curso vai encamiñado á prepa-ración de profesionais no ámbito do desenvolve-mento de campamentos de verán e actividades turísti-cas na zona. O curso, que é de carácter gratuíto, está subvencionado polo Plan “Puertas de Galicia”, e vai dirixido aos mozos inte-resados na área de ocio e entretemento.

4 Club AlpinoO Club Alpino Ourensán

celebra a súa 14ª semana audiovisual, enmarcada dentro do Outono Foto-gráfico. A sede das proxec-cións foi a sala vermella do Auditorio. O primeiro dos documentais proxectado “Islandia: entre lusco e fus-co”, de Miriam Martínez e Mar Pallás; o segundo día foi unha mostra de fotogra-fías tituladas “La bicicleta: otra forma de viajar”, de Roberto Mateos. Péchase a semana audivisual este venres 30 coa proxección do documental de Sechu López “Ascensión al An-napurna, a montaña máis temida do Himalaya”.

4 RugbiDerrotas do equipo

masculino e feminino esta xornada. Os homes caeron contra o Zalaeta (�4-�5) e as mulleres contra o CRAT (1�-60).

EN BREVE

Os xogadores do Helios e do Galmédica.

Redacción

Bo partido do Caldaria Barrocás ante o campión da pasada liga, o Atlétic Terrassa. A pesar da saí-da ao campo moi ofensi-

O Barrocás cae ante o Atl. Terrassa4 2-4 foi o resultado final.

va dos visitantes, foron os ourensáns os que se adian-tarían no marcador co gol de David. Pero en dous minutos o Terrassa deulle a volta ao resultado marchan-do á caseta cun gol enriba; o

Barrocás a piques estivo de empatar pero o lanzamento dun penalti córner estrelou-se contra a madeira.

Na continuidade, e des-pois de dúas claras oca-sións, os cataláns amplia-ban a diferenza co terceiro tanto. Os barrocos lograron, dous minutos máis tarde, recurtar distancias (�-3). Cando máis volcado esta-ba o conxunto ourensán na portaría contraria chegaría

un penalti córner en con-tra que non desaproveitaría o rival. De aquí ao final, o Caldaria Barrocás buscaría a igualada (con dous penal-tis córners incluídos), pero o marcador xa non se mo-vería.

Vindeira citaO Barrocás volve xogar

na casa o � de decembro (11.00 horas) contra o pe-chacancelas CD Terrassa.

Partido do Caldaria Barro-cás. /ARQUIVO

Redacción

O Zen Pabellón non puido pasar do empate na visita ao Deza no Lalín Arena. Na primeira parte o equipo dirixido por Za-rra conseguíu unha renda de oito puntos, grazas á boa defensa e ao con-tragolpe. Os xogadores

PABELLóN BALONMÁN

Empate en Lalín4 O exceso de relaxación fai que non logren a vitoria.

ourensáns pensaron que xa estaba feito e relaxáronse no segundo tempo. Ese ex-ceso de relaxación fixo que os locais achegáranse peri-gosamente no marcador ata lograr o empate. Os pavillo-nistas dispuxeron dunha úl-tima xogada para enmendar o desaguisado, pero non foi posible, polo que se chegou

ao remate do encontro co resultado de empate a �6 goles. O resultado era o de menos, e o Zen Pabellón terá que disputar a fase de descenso.

Indomogal PabellónO Indomogal desprazouse

ata Porriño para visitar ao lí-der da liga. 37-14 foi o resul-tado deixando palpable a di-ferenza entre unhas e outras, pero demostrando que ás ourensás van crecendo.

Por outra banda, o xuve-nil masculino da �ª Autonó-mica marcha líder invicto

tras unha nova vitoria. Esta vez foi no Grove por 33 a 39 contra o Rasoeiro. Os ourensáns comparten liderato co SAR de Re-dondela, equipo co que xogarán esta fin de sema-na no anexo dos Reme-dios en busca da primeira posición, amáis de medio billete para o ascenso á División de Honra. Zen Pabellón.

4 Liga de pádelRedacción

A I liga de pádel que ten a súa sede nas instalacións do P�1 pádel club está a ser moi competitiva.

Na 1ª División, Camino del Olimpoé primeiro con 16 puntos e Padeleite, se-gundo con 15; na �ª Divi-sión, Tocapelotas, primeiro con �0 puntos, e Saudeter

B, segundo con 19; na 3ª A, Moma del Pádel Carballiño (�3 puntos), e Pekebolas (�1), primeiro e segundo respectivamente; e na 3ªB, Padelmanía Team, primeiro (15 puntos), e Musko, con 14, segundo.

I Torneo femininoPara a ponte da Consti-

tución as ligas toman un pequeno descanso, pero continúan os eventos nas instalacións do Padel club co I Torneo Femenino P�1. Xogadores do Saudeter B e o Lel One. /P21

Derrota do Galmédica BO Galmédica B de Primeira División Autonómica caía derrotado no Pazo dous De-

portes Paco Paz ante o Helios Asesoría Serinte de Bembrive por un tanteo de 3 a 4. O xogo mantívose sempre nivelado entre os dous equipos con varios sets que se liqui-daron nas vantaxes, pero ao final a sorte decantouse para o equipo vigués. Con este resultado o Galmédica B mantense na metade da táboa clasificatoria con 8 encontros disputados dos cales leva 4 gandos e 4 perdidos.

Pola súa banda o Galmédica A de �ª División Nacional descansou esta xornada.

Page 13: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

13POLIDEPORTIVO

NATACIóN

O CN Pabellón continúa líder da Copa Galega4 Logo de rematar segundo na segunda xor-nada desta competición.Redacción

O Club Natación Pabe-

llón Ourense acadou a se-gunda posición na segun-da xornada na División

de Honra celebrada en na capital ourensá.

A piscina olímpica Rosa-rio Dueñas dos Remedios foi a sede desta segunda cita. Os pavillonistas lo-graron 3�6 puntos por de-tráss do CN Galaico con 345 puntos, e diante do CN Ribeira, terceiro con ��3. CN Coruña, con ���; CN Ferrol, con �15 e C Fluvial de Lugo, con 140 puntos foron os seguintes na clasificación.

A pesar deste segundo posto, o Pabellón Ouren-se continúa líder da cla-sificación con 12 puntos. A segunda posición está ocupada agora polo CN Galaico, con 11; CN Fe-rrol, con 7 é terceiro. CN Coruña e CN Riveira, con 6 e por ultimo, C Fluvial de Lugo, con � puntos.

As vitorias dos pavillo-nistas nesta segunda xor-nada foron nas probas de 4x50 libres masculino (a cargo de Alberto Taboa-da, Daniel Caamaño, Iago Rodríguez e José Manuel González Regueiro); 100 braza (disputada por Da-niel Caamaño); �00 costa (Alberto Taboada); 400 estilos (Marc Ciurana) e 4x100 estilos (Alberto Taboada, Daniel Caama-ño, Marc Ciurana e Iago Rodríguez).

Redacción

Do �3 ao �5 de novem-bro, Zaragoza acolleu o campionato nacional de base de conxuntos no que Ourense estivo represen-tado polas ximnastas do Pavillón Sabela, Rebeca, María, Paula M. Pérez, Paula M. Rodríguez, Lu-cía e Noa.

Cunha excelente execu-ción na súa primeira par-ticipación nacional como equipo, as benxamíns pavillonistas pechan así unha moi boa tempada de-portiva.

Este conxunto -logo de rematar terceiro no Cam-pionato Galego de Promo-ción celebrado en xuño e líder no Campionato Gale-go de Base no pasado ou-tubro- conseguiu revalidar o seu título como mellor conxunto galego de base, obtendo unha puntuación de 13,100, por enriba dos demais equipos galegos (11,400 obtivo o Acordes e 11,00 o María Barbeito). Con esta puntuación, as ourensás lograron colo-carse no posto número �0 dos 38 participantes neste nacional na súa categoría.

Seguinte nacionalAs ximnastas pavillonis-

tas terán en breve, entre os días 13 e 16 de decembro, a seguinte cita nacional. Terá lugar en Castellón e a ela acudirán os conxun-tos alevín, infantil, júnior e sénior, este último cla-sificado como campión galego no autonómico celebrado en Narón (onde os restantes conxuntos se proclamaron 3º, �º e �º, respectivamente).

4 Era a súa primeira participación como conxunto destas ximnastas pavillonistas.

Gran actuación das benxamíns en Zaragoza

BREVES

4 ABOO Ourense Capital Ter-

mal de Liga EBA non comezou con bo pé esta tempada. A última xorna-da saldouse con derrota do ABO por 59-75 contra o Marín Peixegalego. O equipo ourensán leva nas cinco primeiras xornadas catro derrotas noutros tan-tos partidos.

4 BarbadásA UD Barbadás da Ter-

ceira División de fútbol marcha con paso firme na competición. Na xornada 14 firmou táboas contra o Ordes, o que o mantén na décimo segunda posición con 19 puntos. O equipo dos Carrís a catro puntos da promoción de ascenso e a cinco do descenso.

4 Copa Galicia FSF

O xoves 6 de decembro, ás 1� horas, na central dos Remedios, o Cidade As Burgas disputa a semifinal da Copa Galicia de fútbol sala feminino. O rival será o líder da Primeira División, o Burela. O Ponte Ourense xoga contra o Leis.

4 Mundial jiu jitsu

Felipe Iglesias xa está en Viena para disputar o Campionato do Mundo de Jiu jitsu. O ourensán parte como 17º cabeza de serie. Iglesias competirá na cate-goría de -6� quilos e terá en franceses, rusos e alemáns aos seus máximos rivais.

4 Feira do corredor

O pasado sábado, 17 de novembro celebrouse a I Feira do corredor. O pa-villón dos Remedios foi a sede deste evento que tivo como actividades charlas, stands de venda ao público de productos e adestramen-tos dos máis cativos.

Page 14: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

14 BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

ACTUALIDADE

Xoán Vázquez Mao, José Ramón Lete Lasa e Alfonso Vila-chá nas charlas. /RAMSÉS

Iago Silva quere participar no 2013 na copa Suzuki Swift do Nacional

Iago Silva. /J.PABLO

R. Torres

Impresionado polo volco dun Seat Marbella diante del (cando era moi cativo) nun rali de Ourense, ese foi un momento chave para que se adentrara de cheo no mundo dos ralis. Antes desa data marcada a fogo

Iago Silva, o futuro do motor en Ourense4 Quedou segundo este ano no Volante RACC do Autonómico.

para Silva, xa tivera os seus pinitos co mundo do motor. Con tan só sete anos acudía todas as fins de semana a andar en kart nun circuíto da provincia; sen ter cum-plido os nove anos facía prácticas co coche do seu pai no pobo. Toda unha de-claración de intencións para

este mozo apaixoado do de-porte das catro rodas.

Este �01� foi subcam-pión do Volante RACC do campionato galego de ralis. Entre os karts e o subcam-pionato do RACC moitos momentos quedaron na me-moria de Iago Silva.

Iago Silva e Diego Grande nunha proba deste ano co Peugeot 206 XS. /L.MARTÍNEZ

Os seus iniciosEste ourensán comezou a

competir foi o 15 de maio de �010 na Subida a Xun-queira de Ambia cun VW Golf Gti � 8v. Despois des-ta proba competíu en Cas-tro de Beiro, no Rali do Sur do Condado e Rali Baixa Limia. Nestes dous últimos no trofeo Curuxarraly e lo-grando, na Baixa Limia, a vitoria do trofeo co Golf � Gti. En �011 tan so parti-cipou no Baixa Limia con gran resultado: 17º na xeral. Para entón xa tiña o coche co que competiu no �01�, o Peugeot �06 xs.

Este ano comezou co obxectivo de coñecer todos os ralis da comunidade. Ca-rente de experiencia decidi-ron saír (él e o seu copiloto, Diego Grande) en todas as probas da forma que fora. Decidiron inscribirse na copa Volante RACC para ter un incentivo e saber a que altura podían competir con respecto aos outros ri-vais. Pouco a pouco déron-se conta tanto el como o seu copiloto que a cousa pinta-

ba ben, a pesar de compe-tir cun coche inferior a dos seus adversarios. Os resul-tados así o indicaban.

Este �01� tivo de todo para este piloto ourensán. O mellor momento veu cando acadaron a vitoria do volante RACC no Ribei-ra Sacra (rali preto da súa casa) co apoio de todos os seus amigos e familia nas cunetas dos tramos. Pero tamén houbo momentos malos; o máis amargo foi cando unha saída de pista no segundo tramo do rali de Ulloa -cando ían primeiros da copa- fixo que tiveran que abandonar por unha avaría mecánica.

Obxectivos no 2013O plan para o ano que

vén, segundo a economía o permita, é dar o salto ao nacional para participar na Copa Suzuki Swift. Se fi-nalmente non dan chegado ao presuposto, buscarán lo-grar a vitoria final na Copa Volante RACC. Boa opción para coller experiencia para un piloto que tan só leva

10 carreiras no seu curricu-lum.

AgradecementosIago Silva está agradeci-

do aos patrocinadores, fa-milia e amigos (que o ani-man nas cunetas), amáis de ao seu copiloto e ao seu pai que acude a todos os even-tos que disputa o seu fillo.

Redacción

O Auditorio de Ourense acolleu o pasado venres �3 de novembro o II seminario de intercambio de experien-cias en materia deportiva do Eixo Atlántico. Ao semina-rio acudiron responsables municipais, concelleiros e técnicos dos 34 concellos que forman parte do Eixo Atlántico para expor, com-partir e analizar diferentes experiencias en materia de deportes. Xunto a eles, es-tiveron representantes das Universidades de Vigo e da portuguesa de Trás-ós-Montes e Alto Douro.

O acto inaugural contou coa presenza do concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Alfonso Vilachá, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Gali-cia, José Ramón Lete Lasa e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.

Experiencias en materia deportiva do Eixo Atlántico4 Ourense acolleu o II Seminario de inter-cambio de experiencias en materia deportiva do Eixo Atlántico.

ProgramaO programa abordou

as experiencias da cidade portuguesa de Guimarães como “Cidade Europeia do Desporto �013”, coa súa coordinadora xeral, Pau-la Nogueira, e a da cidade de Oporto co “Circuíto da Boavista �013”. Ourense co fútbol de base e Chaves coa promoción da activida-de física no seu municipio,

completaron o marco de experiencias municipais en materia deportiva deste segundo seminario.

No encontro tamén se analizou a contribución das universidades á prác-tica deportiva cos progra-mas desenvolvidos pola Universidade de Vigo e a portuguesa de Trás-ós-Montes e Alto Douro, UTAD.

Redacción

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá visitaron as instalacións do com-plexo deportivo As Eiroás, promovido polo Concello e construído e xestionado pola empresa ServiOcio, no que traballan 40 per-soas.

Fitness, zona acuática, fútbol e ocio

O centro, de 13.000 metros cadrados, está re-partido en catro áreas di-ferenciadas (fitness, zona acuática, fútbol e ocio) e agardan 500.000 usos anuais de veciños da cida-de e do resto da provincia. Nos primeiros dous meses os usos rexistrados supe-ran os 130.000.

Os usos repártense entre os propios abonados ao centro, os 600 nenos que

participan semanalmente nas actividades e cursos de auga e actividades fitness adaptadas para eles e os máis de 1.100 adultos que xa practican actividades dirixidas como aerobic, ciclo indoor, body com-bat, body pump e outras 60 sesións á semana.

Últimos adiantosAs instalacións de Ei-

roás permiten dende po-der visionar o teu canal favorito no monitor da cinta sobre a que corres ou conectar o dispositivo móvil a calquera elemen-to de adestramento car-diovascular para escoitar música, ter monitorizada a frecuencia cardíaca dos participantes nas clases de ciclo indoor ou dispor dun seguemento perso-nalizado en cada fase do adestramento. Todo por un prezo base de 3� euros mensuais.

Visita institucional ao complexo deportivo de Eiroás4 Dos novos alcalde e con-celleiro de Deportes.

Aragonés, terceiro na Challenge Renault Twingo R2Redacción

Logo de ser terceiro no Rali CAM Comunidade de Madrid, Aragonés ta-mén rematou na terceira posición na Challenge Re-nault Twingo R�.

Luis Aragonés e Cuko Bañobre, mantiveron en todo momento do rali a terceira posición subidos ao seu Renault Twingo R� do equipo Red Re-nault de Galicia. Esta terceira posición foi moi complicada de defender, xa que no penúltimo paso polo circuíto do Jarama un trompo danou a dirección. Desde ese momento os pilotos preocupáronse en chegar como fora á liña de meta.

Aragonés.

Page 15: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�

15 ARTIGOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº67- Ano: IV - 30 de novembro de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O BLOG DE SAUDETER4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 8. Trinta partidos, trinta vitorias

Reza un famoso aforismo: “Tempos pasados vindos á memoria, dan máis pena que gloria”. Con todo, un even-to deportivo desta índole non xamais igualado no fútbol, necesita ser lembrado e home-naxeado en todo momento.

En primeiro lugar, este re-cordo tráenos á memoria o espírito deportivo daquela afección, a festa popular nas bancadas, o ambiente nos prolegómenos e despois de cada partido. Era un ambiente soñador, ilusionante e de sen-timento cara a C.D. Ourense. A chama do entusiasmo estaba prendida con forza no equipo e na afección.

O estadio do Couto era unha auténtica explosión de xúbilo cada quince días. Toda a cidade, as bancadas, senti-mos na nosa pel a emoción e o orgullo de ver a noso equipo campión e formar parte do li-bro ‘Guinness dos Records’.

Todo este encanto deporti-vo sucedía na tempada 1967-68, con Florencio Álvarez (q.e.p.d.), presidente da socie-dade e Fernando Bouso, como adestrador. Militaba o Club na Terceira División. Nos 30 par-tidos disputados, o conxunto ourensanista conseguía a frio-renta cifra de 60 puntos. Ma-terializou 98 goles e encaixou 7 tantos. Foi o máis sobresa-liente suceso na súa historia. Máximo goleador da liga es-pañola, Carballeda, con 38 goles e porteiro menos golea-do, Roca (q.e.p.d.), con 7 goles encaixado. Alguén superou ese record? Até a data, ninguén. Por tal motivo, o noso recordo e gratitude a aquela marabi-llosa orquestra deportiva que sempre tocaba de maneira na-

tural e con alteracións.Aquel último partido en

Santa Isabel foi memorable. Un gol de Tunes deu o triun-fo a C.D. Ourense. Termina o partido, os afeccionados, en absoluta e lóxica desorde, saltaron ao terreo de xogo, arrincaron as camisetas a algúns futbolistas, mentres que as forzas de orde pública tentaban que os seguidores de C.D. Ourense abandona-sen o campo.

Tamén queremos lembrar a Concha (q.e.p.d.), asidua seguidora de C.D. Ourense. Todos a aplaudían porque todos a coñecían. Ninguén sabe que sería de Concha sen o fútbol do Ourense.

No desenvolvemento da-quela apoteose deportiva, case enloquecedora, to-maron parte entre outros: portaría a cero e Roca de porteiro, o co-capitán e boa persoa Varela (q.e.p.d.), o vasco e experto Astigarraga, o longilíneo Lozano, o pillo e organizador Pito, o pintor vocacional Ángel, o rápido e veloz Cortés (q.e.p.d.), o téc-nico Seara, o certeiro rema-tador de cabeza Carballeda, o benxamín ‘estrela’ Pataco, o habilidoso Tunes, etc.

Foi tan magnánimo o éxito, que a Delegación Nacional de Educación Física e Deportes, concedeu a Placa de Prata ao Mérito Deportivo, a C. D. Ourense. A partir de agora, esperamos e desexamos que o espírito deportivo daquel equipo e afección impregne no noso C.D. Ourense ac-tual, e desta maneira poida saír desa baía na que leva tempo mergullado.

Alfonso Vilachá, entrenador e concelleiro de

Deportes de Ourense

Deporte e realidade (VIII) Para os maiores- Comezar as actividades físicas saudables: Calistenia, preparación inicial, o corpo en condicións óptimas, múltiples e variados exercicios.- Parte Xeral: Intención das actividades fisicas de tonificación para as persoas maiores.O exercicio significativo e centrado naquela parte principal da musculatura da flexión de cadeira estabilidade do coe e facilitación propioceptiva da fascia toracolumbar. A base de sustentación como punto óptimo de apoio.Exceder límites de confianza co compañeiro con exercicios de control e estabilización do peso. Un elemento de traballo como unha cadeira que presenta un ángulo de 90º moi propio dunha correcta biomecánica para unha flexión de cadeira con descarga da columna vertebral. - Volta á calma Enfocado sobre todo a unapartede relaxación e distensión da musculatura. Outra Parte di-vidindo membro superior e inferior realizando en direccións determinadas nosas manobras, pouco invasivas sen risco e reproducen un efecto beneficioso similar a unha masaxe superfi-cial. E por que non ao aire libre; está instaurada na nosa cultura, os parques, áreas verdes, presen-tan entre outras cosas instalacións cunha infraestrutura destinada ao exercicio físico. - Consello:Ir sempre con xente, familia, compañeiros. Evitases riscos e mellorases a túa relación social. Propón unha serie de exercicio tanto aqueles recomendados polo médico como outros suxeri-dos por un profesional das actividades físicas e o deporte. Suxire un determinado tempo de actividade física, propón levar a cabo un circuíto.

Para os adultos, as gomas elásticas- Contracción isotónica. Cando un músculo é excitado non só se contraerá, senón que

ademais modificará a lonxitude das súas fibras musculares. Durante a produción da contrac-ción hai produción de traballo mecánico externo. Dependendo de como sexa a variación da lonxitude do músculo podemos atoparnos con dúas posibilidades de contracción (excéntrica e concéntrica).

- Contracción isométrica. Hai un cambio na tensión sen que o haxa na lonxitude do mús-culo. Trátase dun tipo de contracción muscular que trata de vencer unha resistencia moi superior á forza exercida, polo que non se produce ningún tipo de desprazamento. Adoita ter lugar cando o músculo realiza forza contra un obxecto inamovible ou unha resistencia moi superior. Posto que non hai desprazamento do extremo libre do músculo, non hai produción de traballo mecánico externo. Adoita ser un erro habitual pensar unicamente neste tipo de contracción como forza máxima de contracción. Finalmente, sinalamos algún dos beneficios que nos pode achegar o traballo isométrico: desenvolvemento da forza muscular, fortalece-mento de puntos débiles e axuda a memorizar xestos técnicos. Empuxar unha parede sería un exemplo claro de contracción isométrica.

- Contracción auxotónica. Con todo, na práctica a musculatura non vai contraerse nin isotónica nin isometricamente dunha maneira pura. É por iso que na maioría dos movemen-tos deportivos e nas actividades físicas requírese dunha mestura ou combinación de ambas as contraccións (isotónica e isométrica). De feito, estes tipos de contracción considéranse formas experimentais xa que practicamente non se realizan en condicións reais do traballo, sendo a auxotónica a única contracción que pode ser catalogada como fisiolóxica.

Para os nenosLudotecas, animación e festas organizadas, como aniversarios, bautizos, para desenvol-

ver actividades e relacións sociais en idades novas. Festa das burbullas, dinamizar eventos escolares ou outros nun polideprotivo con inchables que se poden levar acabo nun día de-terminado e nun lugar especial.

- Sabías que:A parte isotónica acen-

túase ao iniciarse o proce-so de contracción, mentres que ao final da mesma prima a parte isométrica. Cremos que, cando traba-llamos con gomas elásti-cas, na parte final tamén hai un traballo importan-te de freado (contracción isotónica excéntrica) para evitar o regreso brusco e descontrolado da goma á súa posición de partida.

Page 16: 30 Novembro 2012 - BD Nº67

BARRIOS DEPORTIVO30 de novembro de �01�