4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. páginas web

25
4 Xornada de Innovación Educativa na Universidade. 11 Decembro 2009 Eduardo José Varela Bravo Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá 11/11/09 1

Upload: eduardo-jose-varela-bravo

Post on 25-May-2015

100 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Creando una página web en inglés en un curso de inglés. El Inglés se convierte en el objetivo competencial y en el instrumento transversal para conseguir el objetivo pedagógico.

TRANSCRIPT

Page 1: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

4 Xornada de Innovación Educativa na Universidade.

11 Decembro 2009

Eduardo José Varela Bravo

Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá

11/11/09

1

Page 2: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

“Se creamos unha páxina web en inglés seguindo as instrucións co profe de Inglés teríamos que rematar

aprendendo Inglés e algo máis tamén!” (Descrición dunha actividade

na aula do ano 2008-09. Derradeiro Primeiro ano de Filoloxía Inglesa.)

RESUMO

Paga a pena introducir innovacións nos cursos das licenciaturas que comezaron a súa extinción este ano? Si, por varias razóns importantes. Primeiro, porque hai que garantir a transmisión de coñecementos polo menos por tres anos máis. Segundo, porque no se pode prexudicarao alumnado que está a cursar as devanditas licenciaturas e que teñen dereito a recibir unha educación de calidade aínda que sexa de xeito tradicional. Terceiro, porque estes cursos teñen que acomodarse aos novos tempos e necesidades e proporcionar coñecementos útiles e actualizados.

2

Page 3: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

ENGLISH 1. ENGLISH PHILOLOGY PLANO 2001 Antes da experiencia.

This computerIs archaic!

Who cares English

Philology!

Benvidos a clase de Inglés!

Tema ano 0

3

Page 4: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

Resumo…. Continuación.

Unha das experiencias de innovación do ano pasado consistiu en deseñar unha páxina web de curso en Inglés na materia Lingua Inglesa 1. O obxectivo de esta actividade foi combinar a práctica na creación e publicación de páxinas web sinxelas en Inglés co emprego dos propios vídeos demostrativos e das instrucións escritas como práctica de lingua. O proceso de creación da páxina foi primeiro actividade de comprensión auditiva e lectora supervisada polo profesor como traballo de aula. Despois, cando a páxina xa estaba montada, a selección de materiais e a redacción dos textos supuxo práctica de lingua adicional na produción escrita. Outros elementos positivos foron a creación dun grupo de traballo e a fixación de criterios na selección de vídeos e noticias na páxina.

4

Page 5: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

PÁXINA WEB My First English Page.

• Unha páxina típica das que deseñábamos no curso tiña normalmente os seguintes compoñentes.

• 1.- Referencia ao blog do curso.

• 2.- Un comentario do que facíamos en clase con mención dos puntos e dificultades máis importantes. RESUMO. COMPOSICIÓN.

• 3.- Un videoclip de YouTube cunha letra non difícil que nos permitira facer práctica de comprensión, vocabulario e discusión. COMPRENSIÓN AUDIOVISUAL.

• 4.- Algún vínculo o comentario cultural. DEBATE, POSIBILIDADE DE ALGUNHA LEITURA.

• 5.- Todo condensado nunha páxina aínda que tiñamos a posibilidade de engadir máis.

• 6.- Neste primeiro intre aproveitamos as imaxes que tiña a web, aínda que é posible engadir as túas propias imaxes.

• As actividades dos puntos 2, 3 e 4 están relacionadas coas unidades do libro de texto. (Laser FCE.Heinemann).

• As devanditas actividades poden xustificarse por medio de bibliografía especializada.

• Nas actividades 1, 5, 6 hai unha serie de actividades competenciais complementarias e aleatorias moi importantes.

5

Page 6: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

Resumo…. Continuación.

Dende o punto de vista metodolóxico, a experiencia é positiva porque pode empregarse como actividade complementaria ás actividades do programa baseadas no libro de texto cubrindo non só a comprensión e produción senón tamén o vocabulario tanto xenérico como específico do mundo do internet. Dende o punto de vista das novas orientacións pedagóxicas fomenta o coñecemento práctico da lingua estranxeira. Dende o punto de vista das competencias educativas completa os estudios tradicionais do vello plano de estudios de Filoloxía Inglesa cun desenvolvemento de competencias globais, transversais e aleatorias que actualizan os contidos e orientacións desta materia dun xeito positivo. Unha primeira experiencia nunha materia terminal que ben podería continuarse nunha materia de novo deseño.

Durante os minutos da exposición farei referencia as páxinas creadas namentres explico a actividade e os resultados acadados.

6

Page 7: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

METODOLOXÍA/ REFORMA EDUCATIVA. TRABALLO PERSOAL, LIBRE INICIATIVA.

• The course web page can be also used to

insert materials not directly related with

the course book but with questions or

debates raised in the class that can lead

to further debate and can be LATER

EXPLOITED to REVIEW, STREGTHEN

& RELATE to aspects dealt with in the

regular course.

• __________________________________

• Pódese empregar tamén a páxina web

do curso para engadir materiais non

relacionados de xeito directo co libro de

texto senón con cuestións o debates que

xorden na clase que poden levar a máis

debates e pódense EXPLOTAR MÁIS

TARDE para REPARASAR,

REFORZAR E POR EN RELACIÓN

aspectos xa tratados no curso regular.

7

Page 8: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

1.- Datos fundamentais da experiencia.

• Iniciativa do profesor cun grupo de cinco alumnas do derradeiro primeiro curso de

Filoloxía Inglesa.

• Actividade: aprender a montar unha páxina web gratuíta en Inglés como

complemento as actividades obrigatorias de desenvolvemento do programa do

curso.

• Período, duración e lugar. O proceso foi gradual durante os dous derradeiros

meses do curso cando os obxectivos do libro de texto estaban xa practicamente

resoltos. Empregouse a aula informática Newton 17 da Facultade de Filoloxía e

Tradución.

• Durante o curso as alumnas tiveron acceso á Plataforma Tema de xeito regular,

onde quedaban almacenados os materiais de clase, e tiñan tamén un grupo persoal

coa posibilidade de gardar exercicios, documentos e vínculos de interese.

Contaban tamén cun blog de curso e con contacto regular co profesor da materia.

8

Page 9: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

English-1 2008-09.• English 1. English Philology. Innovacións

no emprego de recursos online.

1. 2006-07. Adscrición desta materia á

Tema: (un ano despois das miñas outras

materias)

2. 2007-08.

– Confección e distribución dunha folla

resumo de actividades distribuída pola

lista de distribución:

– Deseño dun blog específico da materia:

2007-08.

– Deseño de materiais complementarios:

2007-08.

3. 2008-09.

– Creación dunha páxina web do curso

– Incorporación de materiais audiovisuais

– complementarios nas presentacións.

– Emprego do pdf.

– Emprego dos grupos persoais. (Primeiro

portafolio) Preinscrición.

Enderezo electrónico-

9

Page 10: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

1.- Datos fundamentais da experiencia. 2

• Obxectivos: 1) Propiamente docentes: Práctica de manexo de materiais orixinais en Inglés na rede coas instrucións e unha descrición das prestacións dunha rede educativa gratuíta. Especialmente práctica de comprensión lectora e audiovisual. 2) Pedagóxicos.Potenciar o traballo en equipo e un espírito de colaboración entre as participantes. 3) Metodolóxicos. Potenciar o emprego de ferramentas informáticas e o desenvolvemento da capacidade comunicativa en inglés por medio dos recursos da Web 2.0 tal e como recomenda a literatura especializada máis recente, 4) Filolóxicos.Familiarización co vocabulario e estilo do inglés empregado no internet,

10

Page 11: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

A aprendizaxe do Inglés na web 2.0. 1) Materiais deseñados polas editoriais, 2) Portais, páxinas e blogs na rede de temática específica, 3) Redes Sociais e Plataformas específicas sobre

educación, 4) Publicacións en liña, 5) Directorios, 6) Materiais culturais, científicos e tecnolóxicos

http://www.ehow.com/how_5047781_teach-english-internet.html

Palabras clave: Metodoloxía do Ensino en Inglés, Ensino do Inglés por

medio do Internet, deseño de actividades para a clase de Inglés….. 11

Page 12: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

1.- Datos fundamentais da experiencia. 3

• 5) Culturais e sociais: Busca e familiarización con directorios e bases de

datos que recollen producións culturais, artísticas e científicas do mundo

global de expresión en fala inglesa, 6) Innovar, actualizar e proporcionar

nos recursos e coñecementos nun curso que aínda xa terminal era o

primeiro dunha xeración de estudantes de Filoloxía Inglesa que non

rematarán os seus estudios ata o ano 2013-14 se non ten atrancos, 7)

Potenciar o novo énfase no auto aprendizaxe tutelado supervisado polos

equipos docentes que moita xente asocia co plan Bolonia, 8) Completar un

proxecto de cambio dunha materia do plano de 2001 que foi primeiro

obxecto de reforma Ects e despois das reformas estruturais e metodolóxicas

do período (Plataforma Tema, listas de distribución ,blog docente) que

remata coa estrutura de curso mixto que recolle o plano de estudios do

2009-10. Se alguén botase unha ollada aos materiais do curso recollidos na

Plataforma Tema podería complementar non só a evolución senón tamén a

potencialidade dalgunhas das iniciativas, que poderían ser funcionais

nalgún dos cursos de novo deseño.

12

Page 13: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

PENSANDO NUNHA POSIBLE CONTRIBUCIÓN SOBRE METODOLOXÍA E EDUCACIÓN. E-1 301512104. 2008-09.

Xa sabedes, os clásicos soen ter raxón… e non hai

nada novo baixo o sol cando non chove.

A COURSE WEB PAGE

CONTENTS & DISPLAY

RESOURCES AND TOPICS

MODELS AND EXAMPLES

INSTRUCTIONS AND PROCEDURES

NOT ONLY ENGLISH, BUT GLOBAL COGNITIVE PATTERNS

Bloom

BLOOM’S TAXONOMY.

13

Varela B.

Dieu et mon droit!

Page 14: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

1.- Datos fundamentais da experiencia. 4

• Resultados. A experiencia foi positiva nos aspectos fundamentais:

práctica de lingua, traballo en equipo, familiaridade coa aula informática,

inmersión cultural, actualización e innovación dun curso de estrutura

tradicional. Sen embargo, faltou un mes máis de clase para poder alcanzar

os obxectivos de xeito pleno. As condicións do curso 2008-09 foron pouco

propicias. A folga da limpeza e outros conflitos e os traballos de

modernización dos edificios, aulas e equipamento informático na Facultade

de Filoloxía e Tradución produciron una perda de ritmo que eu calculo ben

nun mes de nove. Ademais, un grupo de alumnos que comezou as

actividades informáticas na aula Newton 17 abandonou a actividade ou

ben por desencanto e falla de confianza nas actividades do curso ou ben

por atopar dificultade co manexo dos ordenadores. De todos os xeitos é

unha satisfacción ver como no segundo Curso de Filoloxía Inglesa parece

estar consolidado o interese polo traballo organizado e en equipo nun

grupo de xente.

14

Page 15: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

A derradeira sesión• Esta páxina, a derradeira do curso foi

deseñada polo grupo de traballo. Foi

un día intenso xa que traballaron

directamente co ordenador e o canón

directamente na Newton 17. Cando

remataron gardaron na páxina na Tema

e eu fixen as derradeiras correcións.

Pena de non ter un par de semanas

máis!

• De tódolos xeitos un resultado

acadado moi satisfactorio. Tamén a

posibilidade de explorar a experiencia

en traballo persoal.

15

Page 16: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

1.- Datos fundamentais da experiencia. 5

• A experiencia foi positiva se ben un pouco apresurada. Ben levada, este

proxecto podería chegar a proporcionar resultados de investigación nas

áreas de ensino de linguas e novas metodoloxías e os seus resultados

poderían estenderse ao deseño de materias complementarias e de libre

elección de linguas modernas na universidade.

• Ademais de práctica en Inglés y dunha mellora das capacidades

interpersonais, as alumnas deste grupo piloto adquiriron coñecementos

prácticos de manexo de ordenadores e emprego da web 2.0, tamén dos

novos laboratorios informáticos como actividades e destrezas

complementarias e aleatorias. O se proceso de adaptación aos cursos en liña

o mixtos da universidade, por exemplo, tería que ser rápido e non

traumático.

16

Page 17: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

O prezo de innovar.• Innovar e experimentar son

actividades gratificantes e

necesarias na docencia, pero

precisan dunha atmosfera

favorable, non polémica e

cooperativa.

• Cando as dificultades son

tanto de carácter académico

como de aprendizaxe

técnico as variables que

cubrir e os problemas que

poden xurdir non son

predicibles.

17

Page 18: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

2.- A creación da páxina.

• 2.1.- Selección da páxina web.

A páxina web foi seleccionada polas súas indudables ventaxas pedagóxicas e

técnicas aínda que hai outras alternativas non desdeñables. As razóns

fundamentais son:

1. É unha páxina especializada na docencia que permite facer probas

gratuítas.

2. Non é nada complicada, pero proporciona moitas prestacións.

3. O sistema de instrucións, que combina texto e vídeo era ideal para

combinar unha práctica de lingua e a creación da páxina.

4.- Presenta gran potencialidade e permite tanto o traballo individual como en

grupo.

18

Page 19: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

Descrición: Just as easy. An educational site: http://www.j2e.com/

19

O primeiro

paso e

inscribirse de

xeito gratuíto e

Individual para

poder editar

páxina e probar

e comprobar

as prestacións.

Page 20: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

Emprego na aula: Os vídeos convírtense en material didáctico.

20

Page 21: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

Exemplo: Unha nova práctica.

21

• Unha derradeira proba despois dun

ano. Aínda

• conservo a práctica. Dez minutos

nesta tarde de domingo para

lembrar cómo pasa o tempo.

Comecei como axudante de

Filoloxía Inglesa no curso 1981-

82. Aínda son capaz de aprender

máis cousas! Agora ben coller

destreza no manexo de programas

e ordenadores leva tanto tempo

como o estudio do Inglés.

• A páxina no é aínda pública.

• http://www.j2e.com/ejvarelab/Xorn

adas+innovaci%C3%B3n/

Page 22: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

3.- Reflexión final e agradecementos

• A creación de páxinas web de curso nas

especialidades de Inglés centradas no seu

aprendizaxe instrumental e comunicativo é

unha ferramenta metodolóxica de primeira

magnitude que hai que explorar ben.

• A súa utilidade quedou demostrada neste

experimento. Os aspectos positivos son

innegables tanto no aprendizaxe como no

desenvolvemento da capacidade

interpersonal das alumnas, na estrutura das

clases e na familiarización coas novas

tecnoloxías. Hai que suliñar tamén ao

estímulo que supón para o traballo persoal

tutelado nas novas liñas innovadoras da

reforma do ensino, dos graos e dos

posgraos. A Filoloxía Inglesa convértese

nunha Ave Fénix que sabe morrer e volver

a nacer para volver a dar froitos.

22

E-1. English Philology. 2008-09.

Derradeiro ano da licenciatura.

------------------------GRAZAS, Marta Gómez López, Ana

González Barreiro, Sandra Lois

Peón, Sara Martínez Martínez e

Paula Quintáns Pazos pola vosa

axuda nesta iniciativa de

innovación.

Page 23: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

4.- REFERENCIAS. 1

• 1.- Primarias:

• Páxinas creadas na web educativa: http://www.j2e.com/

• Exemplos de páxinas do curso: http://www.j2e.com/ejvarelab/Webpage+expanded/

http://www.j2e.com/ejvarelab/E-1+webpage+150509/

http://www.j2e.com/ejvarelab/New+page22nd+May/

http://www.j2e.com/ejvarelab/Our+first+page/

http://www.j2e.com/ejvarelab/Xornadas+innovaci%C3%B3n/

• 2.- Metodoloxía do Inglés:

• 2.1.- The Cambridge guide to teaching English to speakers of other languages By Ronald Carter, David Nunan. 2005. http://books.google.com/books?id=NHxOXpII6ssC&pg=PA208&dq=Teaching+english+while+creating+a+web&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false

• 2.2.- Handbook of research on teaching the English language arts By James Flood. 2003. http://books.google.com/books?id=HdTMG_fSh18C&pg=PA652&dq=Teaching+english+while+creating+a+web&ei=Bcz1SsPHJZGGzgSeroGgBg#v=onepage&q=&f=false

23

Page 24: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

4.2.- REFERENCIAS. 2

• 3. Reforma educativa.

• 3.1.- Moore, Sarah, Walsh Gary e Angélica Rísquez. 2008. Ensinando na universidade. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Eductiva.

• 3.2.- Miguel Valero García. 2009. A aprendizaxe baseada en proxectos no ensino universitario. Universidade de Vigo, Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa.

• 3.3.- Portal de innovación, Universidade de Vigo.• http://webs.uvigo.es/portalvicfie/

• (Menciónanse aquí só uns poucos títulos como exemplo. Na páxina web da universidade de Vigo esta dispoñible unha importante colección de documentos e estudios sobre o proceso de reforma en marcha e sobre as novas tendencias metodolóxicas. )

24

Page 25: 4 xornada de innovación educativa.11/12/2009. Páginas web

25

Eduardo José Varela BravoDpto. Filoloxía Inglesa, Francesa e AlemáB-29 Filoloxía e TraduciónAs Lagoas, MarcosendeUniversidade de VigoTeléfono: 986812343E-mail: [email protected]