74 - altamira nº 74

24
Altamira abril09 Nº 74 - ABRIL DE 2009 - ANO XXIII Revista Municipal do Concello de Brión Entroido 2009 A primavera vense achegando Eleccións Galegas Un amplo repaso polas pasadas eleccións ao parlamento de Galicia Daniel Negreira Un veciño de Brión que triunfa ofrecendo pratos galegos no seu restaurante EL TORO en Taiwán. PAXS. 12 - 13 PAX. 3

Upload: concello-de-brion

Post on 14-Mar-2016

292 views

Category:

Documents


14 download

DESCRIPTION

REVISTA ALTAMIRA Nº 74

TRANSCRIPT

Page 1: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira abril09

Nº 74 - ABRIL DE 2009 - ANO XXIII Revista Municipal do Concello de Brión

Entroido 2009

A primavera venseachegandoElecciónsGalegasUn amplo repasopolas pasadaseleccións aoparlamento de Galicia

Daniel NegreiraUn veciño de Brión quetriunfa ofrecendo pratosgalegos no seu restaurante EL TORO en Taiwán.

PAXS. 12 - 13PAX. 3

Page 2: 74 - ALTAMIRA Nº 74

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08Fax. : 981 50 99 69

CASA DO CONCELLOCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 08

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. de Santa Minia, nº 7515865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 215856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

enderezosos nosos Altamira

Revista Municipal do Concello de Brión

2 Concello de Brión

José Luís García GarcíaAlcalde do Concello de Brión

AVANCE

Depósito Legal C-827-85Edita: Concello de Brión

Redacción, deseño e maquetación: Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós Comunicación

Imprime: Litonor Artes Grá[email protected]

A primavera vense achegando... este foi o titular escollido para este novo número da ALTAMIRA. Logo de pasar o periodo de entroido, do que damos boa conta neste novo número, facemos un repaso por todo o acontecido, e tamen polo que esta por vir, no noso Concello.

Para esta ALTAMIRA dispuxemos un amplo reportaxe das pasadas eleccións, das que expomos con claridade os resultados colleitados polos distintos partidos no ambito municipal. Un repaso polas obras que se van a acometer nos próximos meses: a piscina municipal, a nova escola de música, e como non as obras de saneamento das distintas parroquias. Para completar, un amplo reportaxe sobre as escolas deportivas municipais, que a piques de cumpliren a maioria de idade, son un dos puntos fortes das actividades que o Concello programa anualmente para os nosos nenos e nenas.

RECIBAN UN CORDIAL SAUDO

CONTIDOS

REPORTAXE

ACTUALIDADE

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

PASATEMPOS

ULTIMA PÁXINA

Pax. 3

Paxs. 4 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 15

Paxs. 16 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

deste númerocontidos

Page 3: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 3

Participación e democracia son dous conceptos que manteñen uns vencellos tan importantes que sería imposible en-tender un sen o outro. Por iso é de cele-brar que nos comicios autonómicos do pasado 1 de marzo se rexistrase a maior participación electoral da historia das eleccións autonómicas tanto a nivel ga-lego (64,42%) coma brionés (68,9%, 8,3 puntos máis ca no 2005).

Un total de 4.065 veciños e veciñas de Brión exerceron o seu dereito ao voto nalgunha das doce mesas electo-rais dispoñibles no municipio, é dicir, 654 novos electores con respecto á an-terior cita electoral. Como curiosidade, dicir que a participación medrou en once desas doce mesas. A única excep-ción foi a de Ons, onde se emitiron 166 sufraxios (cinco menos ca nas anteriores autonómicas).

Analizando os datos por formacións políticas, o Partido Popular foi a forza máis votada no conxunto do municipio cun total de 1.864 sufraxios; seguido polo Partido Socialista, con 1.380 votos; e polo BNG, con 557 votos. Uns resulta-dos entre os que destaca o espectacular crecemento experimentado polo PSOE, que medrou un 43,75% con respecto á cita electoral de 2005. O PP tamén cir-culou pola senda do crecemento, cun 12,56%. A única forza electoral que ex-

perimentou un descenso nestes comi-cios foi o BNG, que perdeu o 25,6% dos seus apoios con respecto á convocatoria de 2005, o que se traduce na perda de 192 sufraxios.

Como curiosidades finais, indicar a irrupción de UPD como cuarta forza política no municipio (76 papeletas), desbancando a Esquerda Unida que, pola contra, é a formación que amosa a maior porcentaxe de fidelidade no voto: 31 sufraxios en 2005 e 30 sufraxios no 2009. Precisamente, a aparición de UPD é unha das explicacións do forte incre-mento da cantidade de sufraxios que non apostaron polas formacións con representación no Hórreo, que medrou dos 15 votos ata os 228 sufraxios en tan só catro anos.E, sobre todo, a nivel per-soal. “En Brión a xente é moi boa, e non me refiro só aos compañeiros do Conce-llo”, puntualiza, “senón a todos e cada un dos .

O PSOE crece un 43,75%, o PP medra un 12,56% e o BNG cae un 25,6% fronte aos resultados dos comicios de 2005

A participación nos comicios autonómicos do 1 de marzomedra máis de 8 puntos

Os resultados dos comicios do pasado 1 de marzo supuxeron un cambio de Goberno, que agora es-tará encabezado por Alberto Núñez Feijoo. O Partido Popular conseguiu o escano que lle faltara en 2005 para acadar a maioría absoluta cun total de 789.427 votos, o que se traduce en 38 escanos no Hórreo.

O Partido Socialista consolidouse como a segunda forza máis votada e cos seus 524.488 votos mantivo os 25 escanos obtidos en 2005. Final-mente, o BNG volveu a experimentar unha nova baixada, tanto en escanos coma en número de votos, e queda con tan só 12 deputados nesta nova lexislatura.

Por provincias, e en comparación cos comicios de 2005, o Partido Po-pular acadou dous novos escanos nas provincias de A Coruña e Ponte-vedra a costa de socialistas e nacio-nalistas, respectivamente. En Lugo o reparto mantívose igual mentras que en Ourense o PSOE conseguíu unha nova acta de deputado, nesta oca-sión a costa do PP, grazas ao apoio maioritario da emigración galega.

Feijoo, novopresidente

REPORTAXE

Page 4: 74 - ALTAMIRA Nº 74

4 Concello de Brión ACTUALIDADE

O Concello de Brión proxecta a cons-trución dunha piscina climatizada cu-berta municipal e dun complexo depor-tivo e de lecer en Pedrouzos, que inclúe ximnasio, pistas de pádel, unha pista multideporte e unha zona wellness. Un proxecto orzamentado en case 4,5 millóns de euros, que se explotará por réxime de concesión de obra pública e cuxas obras contan cun prazo de execu-ción de tan só nove meses.

Este novo complexo deportivo “es-tará ubicado na mellor zona posible, ao lado do novo campo de fútbol de herba artificial, do IES Brión, do CEIP de Pe-drouzos e a tan só 150 metros da saída/entrada da autovía”, explica o alcalde Xosé Luis García. Dos 4,5 millóns que custará a obra, o Concello conta cunha subvención dun millón de euros da De-putación da Coruña, “os Concellos de Brión e Rois poremos outros 497.000 euros e o resto aportarao a empresa promotora”, apunta o alcalde brionés.

O proxecto contempla a construción dun edificio de dúas plantas (de entre 1.200 e 1.500 metros cadrados) e unha planta soto de ata 3.500 m2 sobre unha parcela de 5.000 m2 cedida polo Conce-llo. Na planta baixa do complexo situa-rase unha piscina cuberta climatizada de 205 x 12,5 metros e unha segunda

piscina, de chapoteo ou de ensinanza, de 12,4 x 8 metros para a súa utilización polos máis pequenos. Nesta planta de acceso á instalación ubicaranse tamén os vestiarios, aos que se destinarán 225 m2 (para os socios e socias) e outros 100 m2 repartidos en catro vestiarios para grupos. Nesta zona ubicarase tamén unha cafetería-restaurante, con acceso directo ao exterior.

ZONA “WELLNESS”

Así mesmo, nesta planta baixa ha-berá unha zona “wellness” e de beleza, que ocupará uns 200 metros cadrados. Nesta zona “wellness”, concepto que significa “benestar” e que xurde dunha ampliación do “fitness”, os veciños e ve-ciñas de Brión terán acceso a activida-des de fitness, bronceado e termalismo.

Na primeira planta ubicarase un xim-nasio cardiovascular e de musculación de 400 metros cadrados. Ao seu carón haberá outro ximnasio, especializado en ciclismo indoor, duns 120 m2 e dúas salas de actividades, de 120 e 150 m2 respectivamente, para a realización de actividades deportivas. Finalmente, na planta soto ubicarase unha zona de al-macéns, outra para as máquinas e unha terceira de aparcamento, duns 2.000 metros cadrados.

O proxecto, orzamentado en 4,5 millóns de euros, inclúe zona well-ness e beleza, piscina de chapoteo, ximnasio, pistas de pádel e unha pista multideporte.

Brión terá unha piscina municipal cuberta climatizada e un novo complexo deportivo en Pedrouzos

NOVAS INSTALACIÇONS

Este proxecto tamen inclúe tamén a construción dunha serie de pistas de pádel e unha pista multideportes nos exteriores do edificio. Unhas pistas que están a gañar moita aceptación en todo o país debido á súa versatili-dade e a que non xeran apenas custes de mantemento.

Estas pistas terán un chan de cés-pede artificial e estarán perfectamen-te habilitadas para a práctica de di-versas actividades deportivas. Así, na pista multideporte, os veciños e veci-ñas de Brión poderán practicar fútbol (nas súas modalidades fútbol sala e fútbol-3), badminton, baloncesto, ba-lonmano, tenis, voleibol e hockei. Esta pista conterá con dúas porterías coas medidas regulamentarias e sendos taboleiros de baloncesto sobre elas, ademais de dispoñer dos enganches necesarios para poder transformar rápidamente a pista nunha cancha de tenis ou badminton.

No caso das pistas de pádel, o chan será semellante ao da pista mul-tideporte, mais estarán rodeadas por unha estrutura metálica de aceiro que servirá de base aos vidros e mallas propios deste tipo de instalacións. Un vidro templado duns 12 mm de espe-sor e homologado para a práctica des-ta modalidade deportiva.

PISTAS DE PADEL E MULTIDEPORTE

ACTUALIDADE

Page 5: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 5ACTUALIDADE

Un renovado paseo por descubrir:o río PegoO Concello inviste 50.000 euros na limpeza do río, creación dun paseo de 2,5 quilómetros e a dotación dun valado perimetral no parque infantil.

Agora que semella que as choivas quedaron definitivamente atrás por este ano e que o bo tempo anima a sair da casa, é o mo-mento de “redescubrir” un dos lugares máis emblemáticos do mu-nicipio: o paseo do río Pego. Durante os últimos meses, operarios municipais levaron a cabo un importante traballo de acondiciona-mento do lugar, no que o Concello de Brión investiu case 55.000 euros.

Uns cartos que permitiron limpar as marxes do río Pego, así como do propio leito, do que se retirou toda a maleza e algunha que outra árbore caída nunha área de preto de 6.500 metros ca-drados. Ademais, o Concello acometeu tamén un par de actua-cións para incrementar a seguridade vial na zona reparando aque-las partes do muro de contención do río que estaban danadas e instalando un valado de protección de madeira ao redor do parque infantil ubicado na zona.

Así mesmo, habilitouse o paseo peonil, de aproximadamente 2,5 quilómetros de lonxitude, que abeira a canle fluvial. As me-lloras afectaron tamén a un segundo camiño, o que comunica o paseo do río Pego coa avenida de Noia. Os técnicos municipais re-baixaron a pendente que comunica o área recreativa coas beira-rrúas da estrada Santiago-Noia.

O acondicionamento do paseo do Río Pego complétase con di-verso mobiliario urbano, entre os que figuran oito bancos, catro papeleiras e alumeado público en tres áreas do paseo; así como a plantación de árbores autóctonas en todo o entorno.

ACTUALIDADE

Unha ponte cara a seguridadeOs veciños de San Xulián de Bastavalesdisfrutan dunha pasarela peonil sobre o Sar na que a Xunta investiu 70.000 euros.

A vida dos veciños e veciñas de Chave da Ponte (San Xulián de Bastavales) é moito máis tranquila duns me-ses a esta parte. Acabáronse as carreiras para cruzar a ponte sobre o Sar cun ollo no camiño, co outro alerta ante a posible chegada dalgún vehículo e cos dedos cruzados para que, se aparecese, non fose un camión. Tal era a situación que se vivía a diario nunha ponte que quedara estreita para o volume de tráfico diario que rexistra, tanto a nivel de peóns como de conduto-res.

Mais dende principios de ano os veciños e veciñas desta localidade xa non andan ás carreiras. A culpa té-ñenna os 70.000 euros investidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na construción dunha pasarela peonil anclada na marxe dereita da ponte. Un paso peonil metálico, dun an-cho de máis dun metro e medio, que permite o paso de dúas persoas ao mesmo tempo sen ter que pisar a calzada. Cunha baranda en pedra que a protexe da es-trada e outra metálica que a separa do río. “Deste xei-to incrementamos a seguridade vial non só dos peóns que utilicen esta pasarela, senón tamén dos moitos automobilistas que circulan a diario por esta estrada”, sinala o delegado provincial de Política Territorial, Al-berto González Fernández.

“Unha solución fantástica para acabar definitiva-mente cos problemas que tiñan os veciños de Chave da Ponte para cruzar esta ponte, xa que é moi estreita e era moi complicado pasar a pé debido ao gran número de vehículos que pasan a diario pola zona, tal e como nos teñen comunicado os veciños desta parroquia”, sinala o alcalde Xosé Luis García. Unha petición que o Concello de Brión lle trasladou ao delegado provincial da CPTOPT en xaneiro de 2008, durante unha visita realizada ao municipio. Un mes despois, en febreiro, os técnicos da Xunta tomaban as medidas precisas para proceder á elaboración do estudio técnico e en decem-bro comezaron as obras do devantido paso peonil, que garante a seguridade vial de peóns e condutores den-de o pasado mes de xaneiro.

Page 6: 74 - ALTAMIRA Nº 74

6 Concello de Brión

“Neste contexto de intenso deterio-ro das condicións financeiras e econó-micas, o Goberno decidiu por en mar-cha medidas extraordinarias de impulso á actividade económica e ao empego como a creación dun Fondo Estatal de Desenvolvemento Local”. Deste xeito xustifica o RD 9/2008 a creación deste fondo, coñecido popularmente coma “Fondos ZP”, que no noso concello vai deixar investimentos por un importe de 1,25 millóns de euros e que vai dar tra-ballo a corenta persoas durante un tem-

po non inferior aos seis meses.

Corenta postos de traballo que non teñen que ser, necesariamente, de nova creación xa que “ademais de crear em-prego, con estas obras buscamos tamén que as empresas non destrúan o xa exis-tente en Brión”, explica o alcalde Xosé Luis García, “polo que este plan permi-tirá que esas corenta persoas teñan un posto de traballo durante seis meses, ben sexa porque xa están en activo ou ben porque acceden dende o paro”.

Entre estes proxectos, que xa foron autorizados polo Ministerio de Admi-nistracións Públicas e que comezarán

O Concello investirá máis de 778.000 euros na mellora de 23 estradas municipais en todo o municipio.

Os proxectos do fondo estatal de investimento darán emprego a40 persoas

FONDO ESTATAL DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

ACTUALIDADE

a executarse nas vindeiras semanas, destacan especialmente os máis de 778.000 euros que o Concello vai inves-tir no acondicionamento e mellora da seguridade vial en estradas de todas as parroquias do municipio. Unhas obras que contemplan actuacións de arranxo de viais municipais, algunhas con aglo-merado quente como o que vai de San Salvador a Rois, e traballos en materia de seguridade vial, que inclúen o acon-dicionamento dalgunhas pistas e o en-sanchamento doutras.

Así, investiranse 181.000 euros nas pistas municipais das parroquias de Vi-ceso, Luaña e Cornanda. Así mesmo,

Page 7: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 7

“Ademais de crear emprego, con estas obras buscamos tamén que as empresas non destrúan o xa existente en Brión”, explica o alcalde Xosé Luis García.

ACTUALIDADE

aportaranse 166.000 euros á mellora das pistas municipais das parroquias de Os Ánxeles e Boullón; así como outros 157.000 euros nas pistas municipais das parroquias de Brión, Viceso e Ons. Esta partida complétase con 114.000 euros para acondicionamento e mellora da seguridade vial nas pistas, municipais de San Salvador de Bastavales e outros 159.000 euros para dúas pistas en con-creto: as que unen San Salvador coa Igrexa de Bastavales e co límite de Rois.

Así mesmo, o “Fondo ZP” aportará outros 323.000 euros para o sanea-mento de catro lugares. En concreto, investiranse 159.000 euros no sanea-mento de Mato e outros 58.000 euros en Ardións-Goiáns, todos eles na pa-rroquia da Luaña. Asímesmo, remata-ranse dous ramais pendentes en Estrar (Os Ánxeles) e Soutullos (San Salvador de Bastavales), localidade onde tamén se farán melloras no abastecemento

SANEAMENTO EAFORRO ENERXÉTICO

de auga. Nestes dous casos o investi-mento será de 82.000 e 23.000 euros, respectivamente.

Os investimentos ao abeiro dos Fon-dos de Desenvolvemento Local complé-tanse cunha aportación de case 85.000 euros para o acondicionamento interior da escola de música, un local ubicado en Pedrouzos e que vén de ampliarse nun-ha planta. A construción desta segun-da planta, así como a instalación dun ascensor, obrigan ao Concello de Brión a acometer unha serie de obras para acondicionar este local para que poida

volver a ser utilizado como sede da Es-cola de Música.

Finalmente, os 67.000 euros restan-tes serán investidos nun programa de aforro enerxético que inclúe o arranxo e modificación de lámpadas, así como a instalación de novos cadros enerxé-ticos na urbanizacións Monte Devesa e Hortensia, así como no cruce dos Ánxe-les, no Tremo e no río Pego. Estas no-vas lámpadas de sodio permitirán un importante aforro enerxético, estima-do en case 100 vatios por cada punto de luz.

Investimento de 170.000 euros no saneamento de Saíme, Gosende e Souto

As aldeas de Saíme (Bastavales) e Gosende e Souto (Os Ánxeles) van dis-poñer en breve de saneamento des-pois da súa inclusión no no Plan Pro-vincial de Cooperación cos Concellos 2008-2011. Unhas obras orzamenta-das en 171.000 euros, dos que o Con-cello de Brión aportará 17.000 euros e recibirá unha achega da Deputación da Coruña de máis de 158.000 euros.

Estes traballos uniranse ao sanea-mento de Cantelar, Lago e Cabanas, xa incluido dentro Plan Provincial de Cooperación cos Concellos 2008-2011. Esta segunda obra está orza-mentada en máis de 375.000 euros, dos que o Concello de Brión aporta máis de 37.000 euros e a institución provincial os 337.000 restantes.

Page 8: 74 - ALTAMIRA Nº 74

8 Concello de Brión

Os orzamentos de 2009 inclúen máis de dous millóns de euros para investimentos

Os orzamentos de Brión para 2009 ascenden a 6.748.008 euros, 274.000 euros máis que en 2008 e suporán un gasto de 933 euros por habitante. Uns orzamentos “sólidos, investidores e coa máxima austeridade no gasto”, en palabras do alcalde Xosé Luis García, quen destaca que neles “potenciamos o investimento, buscando a creación de postos de traballo, e mantemos a máxi-ma austeridade no gasto, conxelando as retribucións de toda a corporación”.

Proba desta afirmación é o crece-mento da partida destinada a investi-mentos reais, que non só supón o 31% do total senón que medra nun 1,5% con respecto ao exercicio anterior, o que permitirá a realización de importantes proxectos que mellorarán a calidade de vida de todos os veciños e veciñas.

Así, destaca unha partida de 906.000 euros destinados á mellora e ampliación de estradas municipais coma a recta de San Salvador de Bastavales a Coruxido,

ECONOMÍA MUNICIPAL

ACTUALIDADE

O Concello márcase o obxectivo de que todos os núcleos de poboación teñan feito, con-tratado ou presentado o sue proxecto de alcantarillado

ADMINISTRACIÓN DIRECTA DAS OBRAS

a vía entre Liñares e a estrada xeral, a estrada entre Mourentáns e a praia de Nináns ou a vía que une Amañecida coa Graña. Así mesmo, estas contas con-templan outros 60.000 euros para repo-sicións derivadas do plan de travesías.

SANEAMENTO E ABASTECEMENTOA outra partida máis significativa

destes orzamentos, cuantitativamente falando, é a destinada a saneamento e abastecemento de augas. O Concello de Brión vai investir máis de 621.000 euros en obras de saneamento e abas-tecemento entre as que se inclúen as aldeas de Saíme (Bastavales), Cantelar (Boullón) e Cabanas, Gosende, Lago e Souto (todas elas na parroquia dos Ánxeles). “É unha teima do equipo de Goberno que levamos adiante”, explica Xosé Luis García, “e neste ano todos os nosos núcleos de poboación terán feito, contratado ou presentado o seu proxec-to de alcantarillado”.

Así mesmo, os orzamentos para 2009

inclúen partidas moi significativas como 212.850 euros para as obras de rehabili-tación da Casa do Picón, ubicado fronte a Carballeira de Santa Minia, e que está sendo acondicionado para albergar as dependencias municipais do Concello de Brión. Ademais, investiranse máis de 93.000 euros no acondicionamento dun tramo no paseo de Pedrouzos, onde se construirá unha beirarrúa de noventa metros de lonxitude na marxe oposta ao actual IES de Brión e onde se instalará unha nova praza pública, situada fronte ao centro de saúde.

Finalmente, a partida de investimen-tos tamén recolle outras achegas meno-res en cantidade pero moi importantes pola súa finalidade, como 13.000 euros para a adquisición de terreos para a ins-talación da piscina cuberta climatizada, 72.000 euros para o acondicionamento dos doce parques infantís de titularida-de pública existentes no municipio ou 27.000 euros para o campo de fútbol municipal.

O capítulo de persoal ascende a 2,1 millóns de euros, mentras que os gastos en bens correntes e servizos acadan os 1,89 millóns de euros. Es-tes dous capítulos medran un 2,2% e un 5,3% con respecto ao exercicio anterior. Un crecemento que se ex-plica no feito de que “a maioría das obras de saneamento, mellora de in-fraestruturas viarias e algunhas máis

que se contemplan nestes orzamen-tos, ímolas realizar por administra-ción directa do Concello e con persoal propio, motivo polo que boa parte da consignación destes dous capítulos, na realidade, se corresponderá con in-vestimentos”, apunta Xosé Luis García.

Ademais, compre lembrar que esa suba do 2,2% no capítulo de gastos

de persoal xa contempla a nova si-tuación xerada pola aprobación do novo convenio colectivo, o primeiro da historia do municipio. Finalmente, os capítulos reservados a gastos e pa-sivos financeiros representan tan só o 0,62% e o 2,03% dos orzamentos. Así mesmo, constátase unha redución dun 12,9% no caso das transferencias correntes.

Page 9: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 9

No tocante aos ingresos, os recur-sos propios da Corporación pasan do 55,98% ao 54,38%. Un descenso motiva-do pola baixa da recadación en materia de impostos indirectos, que descende en 105.000 euros porque houbo dúas partidas á baixa: as licenzas de obras e a participación dos tributos do Estado.

Por outra banda, Brión incrementa significativamente os seus ingresos por operacións correntes, que representan o 87,7% do total, mentras que os ingre-sos por operacións de capital só repre-sentan o 12,29%. No capítulo de trans-ferencias de capital é moi significativa a participación da Deputación Provincial da Coruña, que fornece o 87,1% das mesmas.

ACTUALIDADE

GRAN APOIDO DADEPUTACIÓNPROVINCIAL

O pleno municipal aprobou por una-nimidade o primeiro convenio colectivo do Concello de Brión. “Un convenio mo-derno, froito dun longo e complicado proceso pero que recolle toda a lexisla-ción vixente e que nace co apoio total do comité de empresa, dos sindicatos e coa unanimidade da asamblea dos tra-balladores”, explica o alcalde, Xosé Luis García.

O alcalde brionés amósase moi sa-tisfeito pola aprobación deste convenio, que conta “cun futuro importante, xa que pretendemos consolidar as prazas do persoal laboral, sobre todo daqueles traballadores anteriores a 1 de xaneiro de 2005”.

PRIMEIRO CONVENIOCOLECTIVO PARA OSTRABALLADORESMUNICIPAIS

Obxetivo: recuperar o sarMEDIO AMBIENTE

Recuperar, sanear e revitalizar o leito do río Sar ao longo dos seus 39 quiló-metros entre Santiago e Dodro. Este é o obxectivo dun proxecto no que parti-cipa o Concello de Brión canda a Xunta de Galicia e os outros municipios polos que discurre este cauce fluvial (Santiago, Ames, Rois, Padrón e Dodro) e coñe-cido coma o “Corredor verde do Sar”. Unha actuación orzamentada nuns 25 millóns de euros e que se executará a través de investimentos coordinados, tanto a nivel municipal coma autonómico, nos anos 2010 e 2011.

Sen embargo, Brión xa tomou a dianteira na tarefa de recuperar esta canle fluvial ao seu paso polo municipio. Non en van, a principios deste ano o Conce-llo iniciou unha serie de traballos de limpeza do río Sar ao seu paso pola parro-quia de San Xulián de Bastavales, concretamente no tramo comprendido entre a ponte de Vidaloiso e Chave da Ponte. Unhas tarefas que incluiron a retirada de maleza, toxos e silvas das beiras do río. Deste xeito, conseguiuse unha im-portante mellora da calidade medioambiental da auga do sistema fluvial e faci-litouse o disfrute deste entorno a todos os veciños e veciñas.

Pero o proxecto do Corredor Verde do Sar vai máis aló. O obxectivo é habili-tar uns 42 quilómetros de sendas peonís e para ciclistas, instalar unha ducia de pasarelas e crear uns 332.000 metros cadrados de áreas recreativas ao longo deste río, un dos máis castigados por certo pola contaminación. Así, o Concello de Brión terá que actuar no tramo que flúe polo noso municipio, recuperando as marxes do río, mellorando a súa canle, e recuperando a súa vexetación e fauna. Unhas actuacións que serán moi respectuosas co medio ambiente e nas que só se empregarán materiais naturais coma a pedra, a madeira ou a zaho-rra.

Deste xeito, ese río “que cual niño que plácido duerme / reflejando el azul de los cielos / lento corre en la fronda a esconderse”, voltará a ter a saúde e a forza que namoraron á gran Rosalía de Castro.

Page 10: 74 - ALTAMIRA Nº 74

10 Concello de Brión

O Instituto de Educación Secun-daria de Brión acolle estes días unha exposición sobre a historia das artes escénicas en Galicia ao longo dos úl-timos 125 anos. Unha mostra que é froito da colaboración da Concelle-ría de Cultura coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta, patrocinadora da exposición, e co IES Brión, que cedeu as súas instalacións para a montaxe da mesma.

A exposición pode ser visitada por calquera que se achegue polo salón multiusos do IES Brión antes de finais de abril. Así mesmo, o IES Brión está a organizar visitas guiadas para escola-res tanto do municipio como do resto da comarca, aproveitando que esta ex-posición vén complementar a home-naxe que este ano se lle está a facer a

O IES de Brión acolle unha mostrasobre os 125 anos do Teatro Galego

EDUCACIÓN

ACTUALIDADE

Roberto Vidal Bolaño, actor, director e autor teatral.

A exposición consta dunha serie de paneis informativos de gran for-mato acompañados por varias panta-llas onde se poden visualizar contidos multimedia. Percorre 125 anos de traballo, amosando a historia da acti-vidade dramática en Galicia: o teatro popular, o nacemento da dramatur-xia, as tentativas modernizadoras, o esmorecemento da actividade teatral no franquismo, o teatro refundacional dos anos sesenta e setenta e a con-solidación do sistema nas recentes décadas. Os paneis compleméntanse cunha serie de elementos audiovisuais que reproducen documentos de es-pecial transcendencia sobre a historia dramática galega.

A Banda doconcello estrea novo disco

A Banda de Música Municipal de Brión está de estrea. Nestes días ven de grabar na Coruña o seu primeiro disco de estudio (o primeiro tive-ra lugar nun concerto celebrado na Igrexa de Bastavales), ao abeiro dun programa da Deputación ze coa cola-boración do Concello de Brión.

Os 32 membros da banda de música, “que se comportaron coma auténticos profesionais durante as máis de doce horas que durou a gravación”, segundo o seu director Jorge Rey, ofrécennos un disco con 8 cortes con música para todos os gustos: vals, muiñeiras, pasodobles e mesmo unha banda sonora. Un CD que lles servirá para promocionar á banda e, ao mesmo tempo, “poder compartir a nosa música coas outras bandas nos certames aos que acudi-mos”, explica Rey.

O disco, do que se editaron 1.000 exemplares, poderase adquirir ao prezo de 10 euros en calquera dos concertos da banda de música ou ben chamando ao teléfono 653 242 934 (Jorge).

Page 11: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 11

Disque o peor que lle pode aconte-cer a calquera goberno é non manter o seu vencello para cos seus administra-dos. Algo que aínda sería moito máis grave no caso dos gobernos municipais, pois non en van os concellos son a admi-nistración máis próxima aos cidadáns. Unha cercanía que se consegue abrindo todas as portas á comunicación entre o Concello e o veciño, ben sexa utilizando métodos tradicionais (cartas, folletos...) ou valéndose das últimas tecnoloxías.

Pois ben, se o Concello de Brión foi no seu día un dos primeiros municipios galegos en apostar pola Rede de Redes coa posta en marcha de ata tres proxec-tos web, agora ven de dar un paso máis aló para entar nas redes sociais de moda, na rede de Facebook. Dende hai un par de meses, todos os usuarios deste sitio web poden engadirse ao Facebook do Concello de Brión, no que xa se superan os douscentos amigos rexistrados.

Un lugar no ciberespacio onde os re-sidentes no municipio, e tamén aqueles que xa non viven nel, poden comunicar-se e compartir as súas experiencias con outra xente coa que teñen xa de princi-pio un vencello común: Brión. Para acce-der a ela, un pode iniciar a sesión dende facebook.com ou ben acceder dende a web municipal: www.concellodebrion.org.

Unha páxina que ven de experimen-tar unha profunda remodelación. Os máis de 1.400 usuarios que rexistra esta web (que conta cunha media de 100 vi-sitas diarias) poden acceder dende hai unhas semanas a novos contidos. O máis novidoso é un espazo web no que se in-forma sobre o transporte metropolitano no municipio (http://www.infobrion.com/transporte/). Liñas, horarios, para-das, descontos... e cun mapa interactivo

coas distintas liñas que cruzan o municipio e as paradas previstas.

Así mesmo, a web municipal tamén contén outros links a outras novas páxinas especiais sobre Santa Minia e a Festa do Cabalo, así como un remozado portal da mocidade (www.concellodebrion.org/voluntariado/). Finalmente, a última novida-de é unha nova web adicada á viaxe anual da mocidade de Brión, que este ano terá lugar no mes de xullo a Valencia, e na que se inclúen comentarios, imaxes e vídeos das anteriores experiencias en Barcelona, Sevilla, Asturias, Cantabria e Málaga.

Así mesmo, o Concello de Brión traballa nestes momentos na remodelación das súas outras dúas páxinas web: www.infobrion.com e www.briondixital.org. No caso de Infobrión, nacido en 2002 dun acordo coa Universidade de Santiago de Compos-tela, os seus contidos son seguidos por case setecentos internautas e experimentou un crecemento do 6% no último mes. Finalmente, Brión Dixital conta con máis de catrocentos usuarios que dende hai uns meses poden consultar os últimos números desta mesma revista. Iso si, en formato dixital porque, hoxe en día, todo está ao al-cance dun simple click de rato.

NOVAS TECNOLOXÍAS

Brión, toda a información nun só “click”

ACTUALIDADE

O Concello de Brión crea un Facebook e remodela os seus sitios en Internet.

Page 12: 74 - ALTAMIRA Nº 74

12 Concello de Brión

BRIONESES

DANIEL NEGREIRA BERCERO >> Propietario do restaurante “EL TORO” (Taipei)

“Agora que teño unsólido prestixio, aposto por ser o mellor restaurante de Taiwán”

“Entroume ogusanillo por culpa

da miña nai e da miña avoa, deaxudarlles na

cociña.”

- De moi neno abandonou Brión para irse ao País Basco, que lembranzas ten deses primeiros anos?

- De Brion teño recordos cheos de alegria, dado que tiven unha infancia moi feliz salvo certos acontecementos como a morte do meu pai. No País Basco os co-mezos foron un pouco complicados, pero pronto me adaptei. Teño certa facilidade para iso.

- Mellor cociñeiro do País Basco, se-gundo no Bocusse D´or... como valora a súa etapa en San Sebastián?

- Foi unha epoca moi boa, chea de novas experiencias. Pero o que máis lem-bro son as noites sen durmir preparando unha e outra vez as receitas para facelas dun xeito mecánico e a sensación de pro-funda decepción cando lle “regalaron” o concurso ao representante de Madrid, que curiosamente organizaba o certame, pagaba o concurso e contaba cun 55% de xuices madrileños.... Creo que entende-redes a que me refiro.

- Como xurdiu a idea de montar un restaurante en Taipei?

- A idea ocorréusenos á miña muller Mónica (ela naceu alí) e máis a min, dado que non había un restaurante de alta co-ciña española na capital taiwanesa.

- Que tipo de platos serve no seu res-taurante?

- Hai de todo, dende cousas tipo “El Bulli” ata un polbo como o que se serve na feira de gando en Santiago.

O saúdo máis común nas rúas de Taiwán é “xa comeches?”, o que dá unha boa idea da importancia que para este pobo ten a comida. Non é pois de estranar que este sexa o destino esco-llido polo cociñeiro Daniel Negreira Becerra para montar o seu restauran-te. Hai apenas dez meses, Negreira Be-cerra inauguraba en Taipei o primeiro restaurante español no país. O seu bo facer fai que hoxendía estea conside-rado o segundo mellor de Taiwán pola prestixiosa revista “Enjoy gourmet”. Máis isto non é suficiente para este ve-ciño de Os Ánxeles, que asegura que “agora que contamos cunha carteira de clientes moi importante e un sólido prestixio neste pais, é o momento de apostar para conseguir o número 1”.

Page 13: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 13

BRIONESES

- Como reacciona o público asiático ante estes platos?

- A reaccion foi moi positiva, dado que o noso restaurante, por poñer un exemplo, foi seleccionado como o se-gundo mellor restaurante de Taiwan pola prestixiosa revista “Enjoy gourmet”, unha especie de “Guia Michelín” aquí.

- Traballa con productos españois ou asiáticos?

- Traballo con moitos produtos locais e moitos importados, case a un 50%. O máis apreciado sobre todos é o xamón. Así mesmo, receitas tan nosas como as vieiras á galega ou o polbo á feira son ta-mén moi demandados.

- Os seus próximos plans son...?- O meu plan principal é disfrutar na

medida do posible da miña filla Marina e da miña muller Mónica, porque fo-ron meses de moito traballo e moitos sobresaltos. A continuación quero ter-minar o primeiro libro que publico aquí en Taiwán, proxecto que espero concluír nun par de semanas, e despois trasladar o noso restaurante a unha nova locali-zación, dado que agora que contamos cunha carteira de clientes moi impor-tante e un sólido prestixio neste país, é o momento de apostar para conseguir o número un.

- Como é a vida dun brionés en Taiwán?

- Idioma, inglés e chinés, aínda que falo pouco pero cada día entendo mais. Os meus costumes son bastante simples e rutineiros: erguerme, ir ao mercado onde almorzo cun provedor moi simpa-tico, seleccionar as compras dese día e decidir mentras soporto o atasco dia-rio como o prepararemos. Unha vez no restaurante, preparalo e logo xa tratar cos clientes e cociñar, por suposto. Pero sempre queda un oco para unha charla relaxada coa miña muller e desfrutar da miña filliña Marina ao final do día.

- Ven a miúdo por Galicia?- Por desgraza non, dende que vin

aquí só volvín nunha ocasion a España, dado que os comenzos sempre requiren dunha adicación intensa. Pero, unha vez os meus proxectos estean estabilizados, penso ir alomenos unha vez ou dúas ao ano, tamén para que a miña fila poida coñecer mellor e disfrutar desa marabi-llosa terra que leva nos seus xenes.

- Nunha ocasión mencionou que un dos seus desexos era volver a Galicia, concretamente a certo pazo de Ponte-maceira. Mantén esa idea?

- O futuro é caprichoso, e tanto eu

- Para vostede Brión é sinónimo de... - Familia, felicidade e relax.

- Que é o que máis lle gusta de Brión? - O que menos me gusta é que está a 10.000 Km.

- O seu lugar favorito de Brión é...- Aquel no que estean os meus amigos e familiares.

- A Brión fáltalle...- Agora que ten autovía atreveríame a dicir que nada

- Cal é o seu mellor recordo de Brión? - Unha boa sobremesa coa miña avoa falando os dous xuntos, sentados nunhas si-llas de plástico, oíndo como me daba consellos que naquel momento me parecían esaxerados e que agora son piares fundamentais do meu modo de vida e que me fixeron ser o que son.

“A Brión non lle falta nada”

coma a miña muller realizamos grandes cambios nas nosas vidas, así que temos unha certa predisposición ás “loucuras”, polo cal non descarto para nada esa idea. Creo que sería o marco ideal para poder realmente fusionarse coa miña fi-losofía, estilo de cociña e modo de vida.

- Que é o que máis bota de menos aló en Taiwán?

- O que máis añoro é a familia e o ambiente de España: poder terminar de traballar e sentarte nunha terraza a to-marte un viño cunha tapa mentras des-frutas dunha charla cun grupo de ami-gos. Algo que aquí é unha utopía porque a gente non ten ese concepto. Para que se me entenda, abrín o meu restauran-te hai 10 meses e só vendín unha copa de alcohol a un español que quedou a facer sobremesa. Os taiwaneses sentan, comen, pagan e vanse.

- E, por outra banda, que é o que os brioneses teriamos que aprender deste país asiático?

- O máis importante deste país é que, no fondo, é moi similar a Galicia: cheo de xente amable disposta a abrir-che as portas da súa casa sen esperar nada a cambio. É o único lugar do mun-do onde me atopei perdido na rúa e ao preguntar a alguén me levou ata o lugar, que estaba a máis de medio quilometro de distancia. Unha vez alí as súas pala-bras foron: “este é o sitio que buscaba, espero que disfrute da súa vida. Benvi-do a Taiwán, grazas”. Deu media volta e foise... Algo que realmente me impre-sionou e podo dicir que este non era un caso aillado, a súa filosofía de axuda ao estranxeiro ou a calquera que o precise é algo que o levan no sangue e sempre sen esperar nada a cambio. A quen non lle ten pasado que preguntes nunha rúa e te manden na dirección oposta só para rirse da túa ignorancia? Creo que é un exemplo que todos entenderán e que di moito deste país.

Un dos comedores de “El Toro” nacidade de Taipei onde Daniel realiza o seu labor diario.

Page 14: 74 - ALTAMIRA Nº 74

14 Concello de Brión

O Concello pon en marcha un Banco do Tempo para que os veciños intercambien servizos e coñecementos

Recuperar os valores de axuda mu-tua e comunitaria, favorecendo a con-ciliación da vida familiar e laboral. Estes son os principais obxectivos do Banco do Tempo, unha nova iniciativa posta en marcha polo Concello para favorecer o intercambio de servizos e/ou coñece-mentos entre os veciños e veciñas de Brión. Un banco no que non se manexan cartos, senón algo moito máis valioso: tempo.

Un tempo que nos iguala a todos, pois no Banco do Tempo brionés a hora dun médico dos Ánxeles vale o mesmo ca hora dunha ama de casa de Bastava-les ou a dun velliño da Luaña. As activi-dades e tarefas que poden intercambiar son tan variadas coma persoas se apun-ten: atención ás persoas maiores (apoio no seu coidado, nas tarefas do fogar, acompañamento/paseo...) ou nenos (le-valos ao colexio ou ao parque, ensinan-za de habilidades), coidados de plantas ou mascotas, actividades de lecer (saí-das a facer sendeirismo, en bici, acom-pañamento ao cine, ensinar a xogar ás cartas...), formación e educación (apoio escolar, na comprensión de idiomas, técnicas de estudo...), ensinanzas da cultura tradicional (facer cestos, ganchi-llo, contar historias de épocas antigas, ensinar xogos tradicionais)...

Unha vez formalizada a inscrición de balde no Centro Social Polivalente, o usua-rio deste servizo entra a formar parte deste programa e pode comezar a intercambiar o seu tempo con outros veciños e veciñas. Unha hora de tempo a cambio doutra hora de tempo, que o usuario recibirá de cal-quera outro membro do Banco do Tempo.

Periodicamente, no Centro Social Polivalente publicaranse os servizos ofertados e demandados, para infor-mación de todos os usuarios. Ademais, e para incentivar o achegamento inicial a esta iniciativa, o Banco do Tempo es-tán a poñer en marcha unha serie de obradoiros, como os celebrados sobre receitas de cociña ou sobre manexo de teléfonos móbiles.

A responsable do Banco do Tempo brionés, e usuaria do mesmo, Esther Rodríguez Trillo, explica que “o que máis demanda a xente maior que se apunta son explicacións sobre internet e manexo de móbiles”. “Coñecen o bá-sico e saben facer unha chamada, pero queren aprender tamén cousas como mandar mensaxes SMS, programar a axenda...”, apunta Rodríguez Trillo. Así

SERVIZOS SOCIAIS

TES UN MOMENTO?

VIAXE DOS MAIORES A LANZAROTE

mesmo, outra das iniciativas de maior éxito foi a de receitas de cociña, onde “as veciñas trouxeron as súas receitas de cociña, sobre todo de doces, explica-ron como se facían e deron unha proba aos asistentes”. O éxito foi tal que unha das participantes xa se ofreceu a impar-tir outro obradoiro de cociña brasileira.

Posto en marcha a principios de ano, o Banco do Tempo de Brión conta na ac-tualidade con 23 usuarios, na súa gran parte xente maior dos 50 anos. Persoas que se ofrecen para expoñer os seus coñecementos sobre ganchillo, calceta, punto de cruz, pandeireta, facer cestos ou explicar as súas experiencias nas la-bores do campo. “Tamén temos algúns mozos apuntados, aínda que poucos”, explica Esther Trillo, “que se ofrecen para ir buscar receitas á famarcia ou para levar a unha persoa ao traballo ou a un neno ao colexio aproveitando que fan ese percorrido. A cambio, o que máis demandan son labores de costura, como collerlle os baixos aos pantalóns”.

Os veciños que estean interesados en formar parte nesta iniciativa non teñen máis que achegarse ata o Cen-tro Social Polivalente, en horario de 9 a 12:00 horas (de luns a venres). Dende o Concello animan aos veciños e veciñas a participar nesta iniciativa que nace baixo a filosofía de axudar aos demais e que os demais tamén o axuden a un.

Sol e praia. Este é o destino esco-llido este ano para a viaxe da terceira idade: Lanzarote, nas Illas Canarias. Unha viaxe que terá lugar do 16 ao 23 de abril e na que poderán participar todos os veciños e veciñas maiores de 55 anos, así coma os seus cónxuxes. O prezo da viaxe é de 500 euros por persoa, tarifa que inclúe voo directo dende Santiago, os correspondentes traslados en autobús, a participación en seis excursións e sete noites en aloxamento en pensión completa no Hotel Barceló Lanzarote Resort, de ca-tro estrelas.

Nesta viaxe, os nosos maiores farán seis pequenas excursións ao municipio de Arrecife, onde poderán coñecer os

castelos de San José e San Gabriel ou a Ponte das Bolas, a única ponte leva-diza que se conserva en Canarias. Ta-mén visitarán San Bartolomé e a praia de Famara; Puerto del Carmen (impor-tante núcleo turístico con máis de 6 quilómetros de praias); a antiga capi-tal da illa, Teguise (famosa pola fermo-sura das súas praias); ou Los Jameos del Agua (o extremo do tubo volcánico que une o mar coa Cova dos Verdes e a montaña da Coroa e que no seu interior ten un pequeno lago no que habitan os “cangrexos cegos”, unha es-pecie separada do mar hai milenios).

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 13 de abril no Centro So-cial Polivalente ou por teléfono no 981 50 99 10. As prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición.

Page 15: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 15

Os nenos e nenas da escola infantil municipal aprenden a compartir

Aprender a compartir. Este é o obxectivo da “Semana dos xoguetes”, organi-zada pola gardería municipal de Brión. Durante un par de xornadas, os pequenos trouxeron un xoguete das súas casas e o compartiron cos seus compañeiros de gardería. “Os máis pequenos non teñen ningún problema para compartir os xo-guetes”, explica a directora da Escola Infantil Municipal de Brión, Dolores Cam-pos, “pero observamos que lles custa máis aos máis maiores, aos de entre dous e tres anos”. Por iso, esta actividade realizouse xuntando nenos de distintas idades e pertencentes a distintas aulas.

Minutos antes de que intercambiasen os seus xoguetes, as mestras de cada unha das aulas deron lectura a unha pequena explicación dos mesmos aportada polos pais dos pequenos. “É un textiño no que explican quen fixo o agasallo, por que ou as características do xoguete”, apunta Campos, “e que serven ademais para implicar aos pais nas actividades da gardería municipal”.

Unha implicación que, coa chegada do entroido, aínda foi máis aló. E é que todos os pais e nais estaban invitados a participar no baile de entroido da garde-ría. Iso si, tiñan que cumprir unha única condición: tamén tiñan que vir disfraza-dos. E así o fixo unha ducia de valentes que disfrutaron cos pequenos dun día de festa con baile, xogos, piñatas e degustación de doces típicos destas festas.

Uns doces que foron aportados, na súa maior parte, polos propios pais, nais e avós que acudiron á festa. E non só trouxeron as típicas orellas e filloas, senón que tamén aportaron outros doces típicos do entroido doutras culturas, como Asturias (cocas de carnaval) ou Arxentina (doce de leite). “É curioso descubrir unha forma de que todos os nenos coman zenoria”, apunta Malé, mestra de in-fantil, “xa que estes doces típicos do entroido asturiano están feitos con zenoria pero, como non lle detectan o sabor, os comeron todos”.

Abrese o prazo para a inscrición de nenos/as de 0 a 3 anos na Escola In-fantil Municipal de Brión para o curso 2009/2010

REQUISITOS

- Figurar empadroado no Concello de Brión- Ter 3 meses de idade no mes de set-embro e que non cumpran os 3 anos an-tes do 31 de decembro de 2009- No momento de presentación de soli-citude de praza o neno/a debe ter naci-do- Acada-la puntuación suficiente no ba-remo de admisión

DOCUMENTACIÓN

- DNI dos pais- Libro de familia- Declaración da renda do exercicio 2007

PRAZO

- Do 15 ao 30 de abril, ambos incluídos

LUGAR

No centro social PolivalenteAvenida de Santa Minia, nº 46PedrouzosTlf. 981 50 99 10

APERTURA DO PRAZODE MATRÍCULA

SERVIZOS SOCIAIS

Page 16: 74 - ALTAMIRA Nº 74

16 Concello de Brión

Nestes tempos de crise económica, xurde outro tipo de crise de ideas, de crea-tividade... Unha modalidade que se nos presentase aínda como máis preocupante porque, cando un queda sen cartos segue sendo un home, mais... que queda dun ser humano sen cultura? De seguirmos por este camiño, seguro que pronto teremos unha resposta.

Nos últimos tempos estamos a experimentar esa sensación en toda Galicia, e Brión non é unha excepción. Cada vez son menos as persoas que participan nas dis-tintas actividades culturais e de ocio que se programan, independentemente de que sexan ou non de balde. E iso rematou por chegar tamén aos Novos Valores, un cer-tame creado para potenciar a creatividade dos máis novos e ofrecerlles unha opor-tunidade para darse a coñecer.

Sen embargo, esta quinta edición do certame vai marcar un punto de inflexión no seu desenvolvemento. Diante da escasa participación rexistrada, o xurado do certame recomendou “unha modificación das bases de participación así como da contía dos premios cara a vindeiras edicións deste concurso, coa idea de relanzar un certame de pintura que tan bos resultados conseguíu en pasadas edicións”. Pois ben, a proposta do ilustrador e diseñador Xosé Vizoso Fernández, do escritor Xosé Daniel Buján Núñez, do pintor Xosé Vázquez Castro e do técnico municipal de Cultu-ra, Alberto Álvarez, non caeron en saco roto.

Durante o acto de entrega dos premios da quinta edición, o alcalde Xosé Luis García anunciaba a intención do Concello brionés por “facer un esforzo para aumen-tar a cuantía dos premios e conseguir unha maior participación na vindeira edición”. Unha crise de participantes, que non de calidade na obra presentada.

Así, o vencedor da categoría xuvenil A (de 14 a 19 anos), dotado con 600 euros e diploma acreditativo, foi o padronés Alberte Villamarín Rodríguez, coa obra “Orixes”, un cadro abstracto que destaca polo seu colorido e pola armoniosa composición das súas formas. O segundo premio desta categoría foi declarado deserto.

Na categoría xuvenil B (de 20 a 30 anos), o primeiro premio foi para Rebeca Novo Castro, de Arzúa. A súa obra “O son do mar” foi distinguida con 600 euros e diploma acreditativo. O segundo posto foi para unha veciña de Brión, Carlota Mera Vidal, cunha obra sen titular. Esta moza brionesa levou 400 euros e diploma acreditativo.

Brión reafirma o seu compromiso cos novos valoresTres mozos do área de Santiago triunfan nun certame cuxas bases serán reformadas na busca dunha maiorparticipación.

CERTAME NOVOS VALORES 2009

Listado de premiados no tradicional des-file de entroido de Brión:

MODALIDADE INFANTIL Premio de 60 € mat. Didáctico:Alberte López – “Dragón de fuego”

Premio de 45 € mat. Didáctico:Sergio Pérez – “A linterna de Brión”

Premio de 45 € mat. Didáctico:Daniel Campos - “Abuela María”

Premio de 20 € mat. Didáctico:Paula Muelas – “Campesiña francesa”

O resto de participantes foron agasalla-dos con 6 € en mat. didáctico.

MODALIDADE XUVENILPremio de 70 € mat. Didáctico:Ramón Bestilleiro – “Rei Nashgul”

MODALIDADE GRUPOSPremio de 200 €: “Destacamento de Agronovo”Premio de 150 €: “Divinas de la muerte”Premio de 100 €: “Donas do xornal”

MODALIDADE COMPARSASPremio de 300 €: “Xoguetes olímpicos”Premio de 200 €: “Os romeiros de Santa Minia”Premio de 150 €: “Corrido mexicano”Premio de 150€: “Panadaría O Corne-cho”

MODALIDADE CARROZAS:Premio de 300 €: “Raíñas das estacións”Premio de 200 €: “Desembarco viquin-go”Premio de 150 €: “Submarino amarelo”

Agora só queda gozar coas imaxes dispoñibles na galería de fotos da paxina web do Concello e esperar a que o ano que ven volva a visitarnos Don Carnal.

CULTURA E DEPORTES

TEMPO DE ENTROIDO

Page 17: 74 - ALTAMIRA Nº 74

PRIMAVERA 2009

VIAXE DA MOCIDADE

Valencia. Este é o destino elixido este ano para a “Viaxe da Mocidade 2009”. Medio cento de mozos e mozas de Brión viaxarán ata a capital da comunidade valenciana na semana do 19 ao 25 de xullo, onde están programadas diversas actividades culturais e de ocio entre as que figura unha visita á Cidade das Artes e das Ciencias.

Os mozos brioneses residirán no al-bergue xuvenil Center-Valencia, onde disfrutarán de aloxamento e almorzo, as ceas están contratadas nun resturante cercano chamado Bruselas. O prazo de

inscrición xa está aberto e para anotar-se hai que dirixirse á Casa da Cultura, ben en persoa ou ben a través do telé-fono 981 50 99 09. A admisión realiza-rase por rigurosa orde de inscrición e o prezo é de 160 euros. Para realizar o pagamento será necesario recoller na mesma Casa da Cultura as follas de pa-gamento e ingresar no banco (Banco Galego ou Caixa Galicia) a taxa entre o 1 e o 15 de Abril. Os únicos requisitos para participar son ter entre 18 e 35 anos e estar empadroado no Concello de Brión no momento de facer a ins-crición.

Coa chegada do bo tempo, e coas va-cacións de verán no horizonte, o corpo pide saír. E como está ben iso de darlle gusto ao corpo, o Concello ten organiza-do un completo programa de activida-des cun denominador común: ocupar o tempo de ocio ao aire libre.

Precisamente para aprender a ocu-par ese tempo de ocio o vindeiro mes de maio abrirase o prazo de inscrición nun curso de monitor/director de tempo li-bre. Trátase dun curso intensivo que terá lugar ao longo do mes de xullo, en hora-rio de luns a venres de 9-14:00 e 16:00-21:00 horas, e que inclúe prácticas en agosto. Un curso que dá dereito a un tí-tulo oficial que pode abrir moitas portas nun sector en crecemento.

Porque ocio e, sobre todo, gañas de pasalo ben sempre hai. Por iso o Con-cello ven de abrir o prazo para anotarse nos xa tradicionais cursos de piragüismo de Ponte Insua. As clases comezarán o vindeiro 8 de maio e, ao igual que en convocatorias anteriores, haberá dous turnos: para menores de 16 anos e para maiores de 17 anos. Os rapaces aboarán 10 euros, mentras que para os adultos a tarifa é de 20 euros polos catro meses de clases (entre maio e agosto). Seguindo coa auga, o vindeiro 18 de abril haberá un descenso en rafting polo río Ulla di-rixido a maiores de 16 anos. Para partici-par será preciso facer unha inscrición de 10 euros na Casa da Cultura.

E se prefires camiñar, o Concello or-

ganiza dúas rutas de sendeirismo. A primeira delas, totalmente de balde, seguirá o curso do río Tambre ao longo duns 15 quilómetros. Durante a tarde do sábado 25 de abril, os sendeiristas pa-searán por Forxán, Mourentáns e Ons. Uns días despois, o sábado 9 de maio, a cita é en Camariñas, cun percorrido en-tre Laxe e Camelle. Neste caso, a cota de inscrición será de 6 euros, que inclúe o desprazamento en bus ata a Costa da Morte, onde os camiñantes disfrutarán da lagoa de Traba, dos cantís que rodean Camelle ou do famoso Museo do Ale-mán.

En definitiva, un programa variado e para todos os gustos para encher o tem-po libre.

a que adicas o tempo libre?

Altamira 17

CULTURA E DEPORTES

Concerto de Leilía encadrado no programa Noites da Carballeira 2008

Valencia agarda polos mozos e mozas de Brión

Page 18: 74 - ALTAMIRA Nº 74

18 Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Escolas deportivas: 17 anos educando en valoresUns trescentos veciños participan cada ano nalgunha das dezaséis especialidades que oferta o Concello.

Educar en valores a través do deporte. Éste é o obxectivo que guía ao proxecto das escolas deportivas, tan extendido na actua-lidade en practicamente todos os concellos galegos. Unha cotidianidade que fai que ás veces se esquenza o duro traballo de pio-neiros coma o Concello de Brión, o primei-ro na comarca en poñer en marcha estes espazos deportivos no ano 1992. E o pri-meiro tamén en poñer un servizo de trans-porte de balde para todas as aldeas, que aínda se mantén, de xeito que quen queira practicar deporte poida facelo sen que a distancia co seu fogar fose un problema.

Unhas escolas que se revelaron como o lugar idóneo para a educación integral dos nosos mozos e mozas. Esta filosofía non cambiou nestes dezasete anos de historia nos que a oferta non deixou de medrar. De feito, a inauguración o pasado verán do campo de fútbol de herba artificial moti-vou o nacemento da última das 16 escolas deportivas que están en marcha na actuali-dade: a escola deportiva municipal de fút-bol sete UD Bastavales. Dirixida polo téc-nico de Deportes municipal, Xosé Manuel Trigo Romero, conta con dúas categorías: alevín e benxamín. E podemos dicir que foi chegar e bicar o santo, xa que nestes meses de existencia xa chegaron á final do Tor-neo de Negreira e quedaron segundos na liga regular, a tan só un punto do campión. Unha canteira, pois, que promete.

Xunto a eles, uns trescentos veciños e veciñas de Brión, de todas as idades, par-ticipan cada ano nalgunha das dezaséis escolas deportivas municipais. As máis so-licitadas son patinaxe, pilates e fútbol-sa-la, con medio cento de participantes cada unha. As que teñen unha menor demanda son as de ximnasia de mantemento, tenis e predeporte, cunha quincena de integran-tes. Canda elas tamén figuran outras mo-dalidades coma o mencionado fútbol sete, o baloncesto, o aerobic ou o iudo. Así mes-mo, coa chegada do bo tempo actívanse tamén outras actividades que abren o seu periodo de inscrición precisamente nestes días: piragüismo, vela, rafting, barranquis-mo, sendeirismo, natación...

Actividades para todos os gustos, para todas as idades e para ambos sexos, non en van compre lembrar que os equipos de fút-bol sala do Concello de Brión xa eran mixtos cando dende a Xunta de Galicia se mantiña un criterio en sentido contrario. Porque, como diciamos ao principio, o obxectivo das escolas deportivas é educar, a través do deporte, en valores como a amizade, a con-vivencia, a autodisciplina, o respecto aos demais, o espírito de sacrificio e perseve-rancia, a creatividade, a mellora da saúde... Uns valores dos que poden dar fe os case 5.000 usuarios destas escolas deportivas nos seus dezasete anos de historia.

UNHAS INSTALACIÓNS AO SERVIZO DOS VECIÑOS

Nas escolas deportivas, como en todo nesta vida, cando hai que pasar da teoría á práctica adoita producirse algún que outro problema. Basta con ollar ao noso redor para ver casos como os duns cativos entre-nando coas súas bicis nun parking privado dun edificio ao carecer dunhas instalacións municipais axeitadas para practicar o seu deporte favorito: o ciclismo. Por sorte, en Brión non só contamos con boas instala-cións para a práctica das distintas escolas deportivas senón que a recente inaugura-ción do campo municipal de herba artificial mesmo potenciou tanto ás escolas como a algúns dos equipos federados que hai no municipio.

CAMPO DE FÚLTBOL MUNICIPAL Así, o campo de fútbol está ocupado os

mércores e venres, de 17:30 a 19:30 horas, pola escola deportiva municipal de Fútbol Sete UD Bastavales. Os benxamíns e alevíns aproveitan estas horas para entrenárense para xogar os seus partidos na mañán do domingo. Á mesma hora, pero nesta oca-sión os martes e os xoves, é o turno para os infantís do Bastavales. Os adestramentos dos xuvenís teñen lugar de 19:30 a 21:00 horas, os luns, mércores e venres. Ambos conxuntos utilizan o transporte municipal gratuito e dispoñen do campo os sábados para xogaren os seus partidos.

Asemade, o Santa Minia de Brión dis-pón do campo para adestrar entre as 21:00 e as 23:00 horas dos luns e venres, así como do tramo entre as 12:00 e as 14:00 horas dos domingos, nos que disputa os seus partidos na Liga Galega de fútbol fe-minino. Situación semellante á da SD Brión. Este conxunto, que milita na terceira rexio-nal, adestra os martes, xoves e venres de 21:00 a 23:00 horas. Os partidos dispútaos os domingos ás catro da tarde. Xunto a es-tes conxuntos, tamén utilizan estas novas instalacións tres equipos de veteranos, que disputan os seus partidos os sábados pola tarde. Trátase do Veteranos Brión, Joyería Confrados (Milladoiro) e Casa Barquero (Negreira).

Page 19: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 19

CULTURA E DEPORTES

Todos estes equipos utilizan as instalacións, alumeado artificial incluído, totalmente de balde, coas únicas excepcións dos conxuntos de veteranos de Milladoiro e Negreira, que alugan o campo para os seus partidos. Algo que tamén pode facer calquera veciño ou veciña de Brión que o desexe na tarde dos mércores.

Unha completa oferta que se complementa cos campos de fútbol da Luaña (da SD Lua-ña) e de Bastavales (da UD Bastavales). En ambos casos, o Concello encárgase de costear o mantemento das instalacións, así como de aboar o alumeado do terreo de xogo da UD Bastavales. Os campos de Ons e Cornanda complementan a oferta para os amantes do fútbol.

PAVILLÓN MUNICIPALO outro punto de atracción do deporte en Brión, á espera da posta en marcha da nova

piscina municipal cuberta e das súas instalacións deportivas anexas (ver nesta mesma re-vista), é o pavillón polideportivo municipal. Durante as mañáns está permanentemente ocupado por actividades do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión. As distintas escolas depor-tivas municipais atopan aquí o seu espazo de desenvolvemento principal, tendo lugar de luns a venres entre as 17:30 e as 19:30 horas. A partir de esa hora, o pavillón está ocupado por ximnasia de mantemento (os luns e os venres) e polo equipo de fútbol feminino FC Brión, que o disfruta totalmente de balde nas tardes dos xoves.

Coa única salvedade dos sábados, nos que teñen lugar os distintos partidos de compe-tición oficial dos equipos de fútbol sala, o resto dos días a instalación está a disposición de ser alugada por conxuntos privados.

Canda estes dous focos do deporte municipal, o Concello de Brión tamén conta con outras infraestruturas deportivas complementarias repartidas por tódalas parroquias.

PEDROUZOS- Pista de tenis (38x18 m). Asfalto. Acceso libre.- Pista polideportiva 32x19 m. Fútbol sala. Acceso libre.- Pavillón polideportivo e pista polide-portiva. IES Brión. Acceso para esco-lares e actividades programadas polo Concello.

OS ÁNXELES- 2 pistas polideportivas (fútbol/balon-cesto). 32 m x 19 m. Acceso libre- 1 cancha de tenis. Acceso libre.- 1 piscina descuberta. 15 m x 6 m. Pro-fundidade 0,5 a 1,39 m. No verán. - 1 pista polideportiva en Guitiande. Ac-ceso libre.- 1 nova pista polideportiva en Alquei-dón. Acceso libre.

BASTAVALES- 1 pista de tenis. Acceso libre.- 2 pistas polideportivas. Acceso libre.- 1 pista polideportiva na Igrexa. Acceso libre

LUAÑA- 1 pista polideportiva. Acceso libre. 40 x 20 m. Asfalto. Fútbol sala.

ONS- Pista polideportiva. Acceso libre.- Local de remo e piragüismo en Ponte Insua. Non é de acceso libre. Aló celé-brase, entre maio e agosto, a escola deportiva de piragüismo. O prezo polos catro meses é de 10 euros para nenos e 20 para adultos.

CORNANDA- Pista polideportiva. Acceso libre.

VICESO- Pista polideportiva. Acceso Libre.- Pista polideportiva e pavillón nas ins-talacións do IES Esparís, que na actuali-dade están pechadas tras o traslado ao IES Brión.

AXUDAS AO DEPORTE FEDERADOO Concello inviste 13.400 euros en axudas aos distintos equipos federados do

municipio. Unha cifra que non ten en conta a prestación de balde doutros servizos xa mencionados coma o empréstito das instalacións deportivas (para adestramento e disputar os partios) ou os gastos de mantemento das mesmas.

- SD Brión: 5.400 euros. O Concello aporta 1.200 euros para compensar a au-sencia de publicidade no campo de fútbol e outros 2.200 euros pola desaparición da antiga cantina. Así mesmo, recibe outros 2.000 euros por dispoñer dun equipo adulto federado.

- Bastavales: 4.800 euros. Ao igual ca SD Brión, recibe 2.000 euros polo equipo de adultos federado. O resto das axudas repártense entre as distintas categorías do conxunto: xuvenil (1.100 euros), infantís (900 euros) e alevíns (800 euros).

- Luaña: 2.000 euros por dispoñer dun equipo de adultos federado.- Santa Minia Fútbol Campo Feminino: 900 euros. No seu primeiro ano de exis-

tencia, o Concello de Brión adicou unha partida de novecentos euros para cubrir os seus gastos de competición, que son moito menores ca os dos conxuntos masculi-nos xa que teñen menos desprazamentos, e máis curtos, e as arbitraxes son máis económicas.

- Follas Novas Brión: 300 euros. Fútbol sala feminino. Este conxunto, que leva o nome de Brión pero no que non xoga ningunha veciña do municipio, tamén dispón de acceso de balde ao pavillón municipal.

OUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Page 20: 74 - ALTAMIRA Nº 74

20 Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

LETRAS GALEGAS 2009

Un ano máis, e xa van dezanove con-secutivos, a Feira do Libro de Brión reco-lle un amplo e variado programa de ac-tividades dirixidas a promocionar o libro e a lectura no mes das nosas letras. Coa figura de Ramón Piñeiro como referente en todo momento, o Concello, a través da Casa da Cultura e da Biblioteca Mu-nicipal, vai desenvolver un amplo abano de actividades culturais entre o 6 e o 26 de maio, cos nosos pequenos como principais protagonistas.

Así, todos e cada un dos escolares do municipio farán a súa visita á Feira do Libro (e, por conseguinte, á biblioteca) nunha actividade organizada en colabo-ración cos centros de Educación Infan-til, Primaria e Secundaria do municipio e que se ven realizando ano tras ano cun rotundo éxito. Unha feira na que os pequenos poderán ver e tocar as novi-dades editoriais do ano, cedidas polas librerías colaboradoras, así como visitar unha pequena exposición sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro.

A visita rematará con espectáculos de animación axeitados á idade dos visi-tantes e cos libros como protagonistas. Así, están previstos espectáculos coma

“Kamishibai” (un teatro de papel xponés dirixido ao primeiro ciclo de primaria), “Remoldiño vai á feira” (un relato de aventuras de Casahamlet para segundo de primaria) e “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta” (un espectáculo in-fantil inspirado na novela de Xulio Verne e interpretada por A Locomotora para nenos de terceiro de primaria). Para os rapaces da ESO están previstas activida-des coma “Palabras viaxeiras”, de Fusa Guillén e que narra contos e lendas de diversos lugares do mundo; ou “Claro que si”, de “Ni FU ni Fa Animación”, no que se trata do poder das palabras.

Tamén haberá espectáculos para os máis pequenos. Os meniños da gardería asistirán ao espectáculo “Caratúa, tea-tro de sombras”, unha serie de relatos curtos adaptados á súa idade. Finalmen-te, están programadas tamén dúas se-sións de contactontos para os nenos de infantil do CEIP Pedrouzos (a cargo de Migallas con “Canta-contos”) e dos co-lexios de Os Ánxeles, Bastavales e Luaña (“Os soñoños”, da compañía Argallan-do).

E o día grande das Nosas Letras, o 17 de maio, a carballeira de Santa Minia

acollerá o festival “As Letras na Carballei-ra”, especialmente deseñado para con-memorar esta efeméride. Unha data na que a biblioteca organizará unha xorna-da de portas abertas. Pero, ao igual que cun bo libro, cun bo programa coma o da XIX Feira do Libro de Brión non é correcto desvelar o final. Haberá que estar atento á web municipal ou ás informacións da biblioteca para coñecer outra serie de actividades que completan o programa deste ano, coma a actuación de Títeres Cascanueces con “O gran Ketumba Ke-tamba”, o Charo Pita con “Mulleres de palabra” e moitas máis sorpresas.

- 8 DE MAIOInauguración da exposición colecti-va “Os maios”, en colaboración coa Asociación de Artistas Pásticos Ga-legos (ARGA)

- 17 DE MAIOFestival “As Letras na Carballeira”.

- 5, 6 e 7 DE XUÑOEncontros coa Arte.

ANOTA NA AXENDA...

Page 21: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 21

O noso arquivo municipal garda anacos importantes da historia local, se ben os documentos máis antigos que contén non pasan máis aló dos cento setenta anos, que son os que ten o concello de Brión, que foi creado en virtude dun real decreto do 15 de xuño de 1836. Aínda así, a variada documentación que se custodia no ar-quivo ocupa 1.380 caixas, que, postas en ringleira, sumarían máis de 165 metros de lonxitude.

Para atopar documentos máis vellos que falen das nosas aldeas hai que acudir aos arquivos parroquiais ou aos de outras entidades como as dióceses, os mosteiros, a Real Audiencia, casas nobres, etc.). Mesmo o Rexistro Civil –que leva conta dos na-cementos, matrimonios e defuncións- só existe dende o ano 1871.

O arquivo do concello está perfectamente catalogado mediante un rexistro infor-mático que permite consultar toda a documentación con facilidade. Os documentos clasifícanse en catro grandes apartados: goberno, administración, servizos e facen-da.

Entre os documentos máis antigos hai un anterior á constitución do concello: o expediente de recrutamento de quintas de 1834. Precisamente a serie de expedien-tes de quintas é unha das máis completas, pois ten todos os alistamentos dende ese ano 1834 ata a supresión do servizo militar obrigatorio en 2001. Do ano 1836

Unha viaxe polo arquivo municipalHISTORIAS E LENDAS

–o de creación do concello-, ademais do de recrutamento, hai un legaxo de correspondencia oficial, e papeis varios sobre contas municipais, repartimentos de contribución e de recadación. Do ano seguinte é o de “subhasta para arrendo de bagaxes”. O Padrón de habitantes co-meza no ano 1838 e ten case todas as renovacións quinquenais ata a actuali-dade.

O documento máis importante en cal-quera arquivo municipal son os libros das actas das sesións da corporación. As de Brión comezan en 1840 e seguen inin-terrompidamente ata actualidade, coa excepción das correspondentes aos anos 1852-1855 e 1867-1868. Curiosamente, en abril de 1979, empezáronse a redactar as actas en galego, sendo Brión o primei-ro concello de Galicia que o fixo. Ao pri-meiro escribíanse en galego e castelán e, dende 1994, soamente no noso idioma.

Outra das series que se conservan practicamente íntegras dende a princi-pio é a das contas municipais, que as hai dende 1838, o mesmo que os legaxos relativos a impostos e arbitrios munici-pais, que xa empezan ese ano. Do ano 1947 hai unha colección de 31 grandes libros que conteñen o amillaramento de todas as fincas rústicas do termo muni-cipal clasificadas por propietarios, luga-res e parroquias, coas correspondentes denominacións, clase de cultivo, superfi-cie e lindeiros.

A sección máis voluminosa do arqui-vo está sendo a relativa a urbanismo, es-pecialmente os expedientes de licenzas de obras de particulares. Destes hainos a partir do ano 1924.

Polos anos 1960 producírase un in-cendio no arquivo, que ocupaba un pe-queno local na primitiva casa do conce-llo (o que hoxe é casa da cultura). Parece ser que arderan papeis sen importancia, como boletíns oficiais, etc.

HISTORIAS E LENDAS

Page 22: 74 - ALTAMIRA Nº 74

22 Concello de Brión

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU MEDIO

Un pouco de humor...

PASATEMPOS

Page 23: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Altamira 23

BRIÓN NA PRENSA

07/04/2009 | Os brioneses xa poden deixar o aceite usado dos seus coches nun depósito municipal.

31/03/2009 | Intercambio do instituto de Brión con alumnos da cidade de Brighton.

31/03/2009 | Inxección provincial de 1,7 millóns para 7 municipios.

03/04/2009 | Organizan en Brión cursos para buscar traballo e facer a declaración da renda en Internet.

30/03/2009 | O IES de Brión acolle unha mostra dos 125 anos do teatro galego.

26/03/2009 | Brión terá dentro de 2 meses un telecentro con 14 postos informáticos no baixo da consistorial.

05/04/2009 | Servizos básicos en todo Corcubión e ampliación para os de Brión e Silleda.

25/03/2009 | Caride ve o corredor a Noia en dous anos e anima ao PP coa autovía.

23/03/2009 | Tres novos facultativos para os centros de saúde de O Pino, Brión e Padrón.

GASOLINEIRA DO TREMO (NOS ANOS 70 - Os Ánxeles - Brión)

Está situada na estrada C-543 - Santiago - Noia. Como pode obser-varse na fotografía, e malia que era moi transitada, estaba nun estado non moi axeitado, non existian beirarrúas e o transito de vehículos era moito menos ca o que se coñece hoxe en día.

Como pode observarse, a gasolineira era moito máis sencilla ca ac-tual que presenta un deseño moito máis moderno e acorde cos tem-pos que vivimos.

GASOLINEIRA DO TREMO (ANO 2009 - Os Ánxeles - Brión)

Na fotografía pode observarse o gran cambio de imaxe que sufriu esta zona, en parte producido por que esta estrada C - 543 Santiago - Noia foi unha das que máis volume de trafico soportou de todo Galicia. Falamos en pasado xa que coa inauguración da AG - 56 Brión - Santia-go reduciuse notablemente o tráfico desta estrada.

A gasolineira do Tremo é un punto de referencia dentro do noso Concello.

ULTIMA PÁXINA

Page 24: 74 - ALTAMIRA Nº 74

Concello de BriónCarballeira de Santa Minia nº 21

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

23anos

sabias que...sabias que...

...o día 24 ás 20:30 no Centro Social Polivalente vaise celebrar o acto de presentación do libro “Nas raíces de Brión: AS MAMOAS DE RAÑALONGA”, que se regala con este número da revista Altamira, e que coordinou o brionés Federico Silva Cobas...

... no chan de Rañalonga, que na súa maior parte se estende pola zona central do concello coruñés de Brión, aínda quedan hoxe os restos de máis de vinte mámoas. Un breve estudo de cada unha delas e do seu contorno serve aos autores deste libro para viaxar imaxinariamente ao pasado e ao futuro deste chan: ao pasado, coa finalidade de indagar na vida e costumes daqueles primeiros canteiros que o poboaron hai uns cinco mil anos; e ao futuro, para contemplar a súa transformación no gran Parque da Natureza de Rañalonga.