83 - altamira nº 83

24
Plan de igualdade Preséntase o II plan de igualdade de oportunidades de Brión 2012 - 2015. Brioneses Os veciños participantes nos obradoiros de memoría triunfan co libro “Un anaco de sabedoría” PAXS. 12 - 13 PAX. 14 A contaminación do rio Sar A factura eléctrica a debate Bota a andar a sala de exposicións Altamira decembro11 Nº 83 - DECEMBRO DE 2011 - ANO XXVI REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN Os alcaldes piden a supresión da tarifa estimada e a mellora do servizo. A exposición inaugural acolleu un total de dezanove artístas plásticos galegos. PAX. 6 PAX. 18

Upload: concello-de-brion

Post on 23-Mar-2016

331 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

REVISTA ALTAMIRA Nº 83

TRANSCRIPT

Page 1: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Plan de igualdadePreséntase o II plan de igualdade deoportunidades de Brión 2012 - 2015.

BrionesesOs veciños participantes nosobradoiros de memoría triunfan co libro “Un anaco de sabedoría”

PAXS. 12 - 13PAX. 14

A contaminación

do rio Sar

A factura eléctrica a debate

Bota a andar a sala de exposicións

Altamira decembro11

Nº 83 - DECEMBRO DE 2011 - ANO XXVI REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

Os alcaldes piden asupresión da tarifaestimada e a mellora do servizo.

A exposición inauguralacolleu un total de dezanoveartístas plásticos galegos.

PAX. 6 PAX. 18

Page 2: 83 - ALTAMIRA Nº 83

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNAvda. dos Ánxeles, nº 3615280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Lg. Sabaxáns, Nº 5715865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 215856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

ACTUALIDADE REPORTAXE

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS E LENDAS

PASATEMPOS / HUMOR

CURIOSIDADES

Paxs. 3 - 9

Paxs. 10 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 16

Paxs. 17 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Plana Artes Gráficas, S. L.Mail:[email protected]

Un novo número da nosa revista sae a rúa. Neste caso tra-tando temas tan delicados como “o pésimo estado do Rio Sar”, “a factura da luz” ou “a modificación da relación de postos de traballo no Concello”. Asimesmo, quero dar a miña sincera noraboa aos veciños e veciñas que asisten ao taller de memoria e que acaban de publicar o seu primerio libro, tema que tratamos na entrevista central.

E como non, tamén aproveitar estas liñas na REVISTA AL-TAMIRA para trasladarche o meu desexo persoal, e o de todo o equipo de goberno, de que pases as mellores festas posibles e que esta crise económica que estamos a sufrir non nos impida disfrutar destes días.

Como ben saberás a situación económica de todos os con-cellos non é a mellor das posibles e son moitos os que se están a escudar nela para recurtar ou privatizar servizos. En Brión tomamos a decisión de non facer recorte ningún nas distintas prestacións sociais e nas actividades sociais, deportivas e culturais que prestamos aos veciños, tratan-do de aforrar noutras partidas.

BO NADAL E PRÓSPERO 2012

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 3

ACTUALIDADE

TRABALLADORES MUNICIPAIS

Brión aforrará 600.000 euros esta lexislatura sen despidos nin mermas nas condicións laborais dos traballadoresO alcalde agradece “o esforzo e a boa predisposición dos traballadores do Concello, que fixeron posible o acordo”

O alcalde Xosé Luís García vén de asinar unha modifica-ción puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Brión co apoio unánime tanto dos represen-tantes dos traballadores e dos funcionarios como das forzas sindicais. Un acordo que per-mitirá un aforro de 152.344 euros anuais, o que represen-ta un aforro de algo máis de 600.000 euros durante esta lexislatura.

O alcalde brionés destaca que “este aforro consíguese mediante a optimización dos recursos dispoñibles e sen afectar ás condicións laborais dos traballadores, que non te-ñen que sufrir ningún tipo de merma de dereitos”. Ademais, Xosé Luís García agradece es-pecialmente “o esforzo e a boa predisposición amosada polos traballadores do Concello de Brión e os seus representan-tes, que fixeron posible este acordo”.

Así, a modificación puntual da RPT permite unha reordenación e actualización da estru-tura administrativa municipal e dos recursos humanos dispoñibles, dando lugar a un or-ganigrama administrativo renovado e adap-tado ás necesidades actuais do Concello de Brión. Unha reorganización que en ningún caso prevé o incremento de postos de tra-ballo, senón unha optimización dos efectivos dispoñibles.

Deste xeito, a proposta asinada aposta pola polivalencia, flexibilidade e amplitude fun-cional dos postos de traballo. Un exemplo é a substitución dos traballadores habilitados por persoal do propio Concello de Brión que se encargará, por exemplo, de cubrir unha baixa por maternidade repartindo o traballo a facer entre varios empregados municipais.

A RPT EN DETALLEAsí mesmo, procédese á reestructuración de varios departamentos, es-pecialmente nos casos de Intervención e de Urbanismo. Así, no Depar-tamento de Intervención suprímese o posto de Tesoureiro-Recadador, cuxas funcións serán asumidas por un posto xa existente: o Auxiliar Tesoureiro-Recadador. Ademais, no Departamento de Intervención, Ur-banismo e Medio Ambiente desaparecen os postos de Xefe de Departa-mento e de Auxiliar Administrativo, éste último reasignado a Negociado de Persoal. Ademais, unirase este departamento co de Obras e Servizos, de xeito que o novo departamento pasará a denominarse: Departamen-to de Obras, Urbanismo e Medio Ambiente.

Finalmente, nesta modificación puntual da RPT do Concello de Brión non se realizou ningunha revisión das valoracións económicas dos postos, polo que seguirá vixente o nivel retributivo determinado na RPT que se atopa actualmente en vigor. A modificación puntual da RPT foi asinada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, os catro representantes do comi-té de empresa do Concello de Brión, o representante dos funcionarios do Concello, o representante da Sección Sindical do Sindicato Profesional de Policías Municipais e os representantes dos sindicatos maioritarios.

CAMBIOS NOS DEPARTAMENTOS

Page 4: 83 - ALTAMIRA Nº 83

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

CONTAMINACIÓN

O Sar, un río en perigoO alcalde instou a Augas de Galicia a evitar os verquidos, que o ente autonómicorelaciona coa depuradora de Silvouta, pero estes seguen producíndose.

“Consellos vendo, que para min non teño”. Este refrán da sabedoría popular resume á perfección a esperpéntica si-tuación que está a vivir o río Sar, que nestas últimas sema-nas está a ser vítima de nu-merosos verquidos. A pesar de que tanto Augas de Galicia como a Consellería de Medio Ambiente sinalan directamen-te a Silvouta como orixe dos verquidos, a depuradora com-postelá non levou sanción nin-gunha. Nin sequera un simple tirón de orellas ou unha enco-menda para que deixe de con-taminar o Sar. Absolutamente nada.

Porén distintos concellos ga-legos, sobre todo aqueles que máis teñen universalizado o servizo de seneamento como é o caso de Brión, están a ser sancionados sistemáticamen-te cando unha simple análise de augas, realizada por Augas

de Galicia, non coincide cos parámetros marcados. E non pensen que se volve realizar unha segunda análise un tem-po despois para determinar se se tratou dun episodio pun-tual ou dunha contaminación continuada. É máis, aínda que o Concello demostre cientifi-camente que esa medición foi excepcional e que a auga está en perfectas condicións antes e despois do incidente, toda a veciñanza é sancionada con 6.000 euros de multa. O para-doxo é máis ca evidente.

CHEIROS E ESCUMA

Todo comezou como adoita comezar nestes casos: cun ve-ciño que dá a voz de alarma. E, neste caso, foron máis de un, pois o cheiro que tiveron que aguantar durante varias semanas os veciños e veciñas de localidades como Chave da Ponte, Chave de Carballo ou

Vidaloíso non se pode descri-bir con palabras. Iso motivou que o alcalde puxera a situa-ción en coñecemento do or-ganismo responsable destes casos: Augas de Galicia.

Esa mesma semana, os chei-ros viñeron acompañados por unha escuma branca que tin-guíu gran parte do leito do Sar e mesmo provocou a morte de numerosos peixes, como ben testemuñaron tanto os veciños de Bastavales como as asocia-cións de pescadores e de de-fensa do medio ambiente.

Alertados dos verquidos, técni-cos da empresa concesionaria do servizo de saneamento mu-nicipal en Brión desprazáronse ata o Sar, onde confirmaron que nada tiñan que ver coas infraestruturas municipais. E, aínda que a queixa do alcal-de non sinalaba a ninguén co dedo, tanto a resposta recibi-

da de Augas de Galicia como as ofrecidas por este depar-tamento diante dos medios de comunicación apuntaban directamente á depuradora de Silvouta como a orixe destes verquidos.

Para a historia dos despropósi-tos quedarán algunhas explica-cións verquidas (nunca mellor dito) pola Consellería de Me-dio Ambiente, quen chegou a asegurar que Silvouta non ten capacidade para depurar todas as augas residuais que lle che-gan e que, como o Sar presenta un caudal moi mermado, non é quen de asimilar as augas ver-quidas pola depuradora. Dito sen eufemismos: que a culpa é do Sar, por non ter suficien-te auga para disimular a mer-da. E todo quedou aí, nunhas simples xustificacións e na es-peranza de que a construción dunha nova depuradora poida pór fin aos verquidos. Unhas

Page 5: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

O Concello lembralles aos veciños e veciñas de Brión que está totalmente prohibido o verquido directo ou indi-recto de augas e produtos residuais susceptibles de con-taminar as augas ou calquera outro elemento do dominio público. Unha prohibición que afecta, concretamente, ao purín, que en ningún caso pode ser verquido directamen-te nos sumidoiros. Así está recollido na Lei de Augas, que mesmo establece a contía das multas para os infractores e que oscilan entre os 6.000 e os 601.000 euros.

O Concello de Brión fai dende “Altamira” un chama-mento á responsabilidade dos veciños, xa que nos últi-mos meses téñense detectados varios verquidos destas características nalgunhas parroquias do municipio. Un-has accións que, no caso de descubrirse a identidade do culpable, levarían aparelladas unhas multas mínimas de 6.000 euros por parte de Augas de Galicia. Mais como de momento non se pillou a ninguén “coas mans na masa”, o certo é que esas irresponsabilidades estámolas a pagar todos os veciños e veciñas de Brión.

De feito, o Concello xa tivo que pagar case 10.000 eu-ros en sancións por parte de Augas de Galicia por mor de pequenos verquidos, cualificados como leves, na rede de sumidoiros municipais. E neste momento ten abertos ou-tros 5 expedientes por ese mesmo motivo, o que conle-vará outro duro golpe ás arcas municipais nestes tempos de crise.

Por iso, dende o Concello fan un chamamento á res-ponsabilidade por parte de toda a veciñanza e lembran que non se pode tirar todo pola alcantarilla abaixo. Resi-duos como os aceites de cociña ou de motor, os puríns e todo tipo de lixo teñen os seus sistemas e contedores es-pecíficos de recollida. Entre todos faremos un Brión máis limpo sen que nos custe un peso pois, a fin de contas, as multas pagámolas entre todos cos nosos impostos e son cartos que non poderán empregarse noutros servizos.

MULTAS DE MÁIS DE 6.000 EUROS PARAVERQUIDOS DE PURÍN NA REDE DE SANEAMENTO

instalacións que, por certo, non só acumulan un gran re-traso na súa execución, senón que aínda haberá que agardar moito máis por elas despois da decisión do Concello de Santia-go de cambialas de ubicación.

Por iso o alcalde Xosé Luís García considera que “non é entendible que en Brión teña-mos depurado todo o munici-pio, e que mesmo nos poidan sancionar cando se excede o PH da auga, e que no caso do Sar se poida verter sen ningún problema.

É incrible que se poida xusti-ficar un verquido dicindo que o problema é que hai menos auga e por iso se ve máis. O que hai que facer é tomar me-didas e solucionar o problema xa”.

Coa chegada das choivas cum-priuse a fórmula máxica pre-

dicida pola Xunta: máis auga + igual verquido = xa non se nota tanto, problema “resol-to”. Mais esta táctica de mirar para outro lado ten unha víti-ma mortal: ese río Sar en cuxas beiras Rosalía cantaba aquilo de:

“la cándida abubilla bebe en el agua mansadonde un tiempo he creído de la esperanza hermosabeber el néctar sano, y hoy be-biera anhelosalas aguas del olvido, que es de la muerte hermano;donde de los vencejos que vue-lan en la altura,la sombra se refleja;y en cuya linfa pura, blanca, el nenúfar brillapor entre la verdura de la fron-dosa orilla”.

Se a gran poetisa erguese a ca-beza, desta si que morrería de saudade.

Page 6: 83 - ALTAMIRA Nº 83

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

SERVIZO ELECTRÍCO

Alcaldes das comarcas de Santiago, Ordes e Noia piden un mellor servizo eléctrico para os veciños

Din que a unión fai a forza e, nestes tempos de crise econó-mica, cada vez son máis as vo-ces que piden unha maior unión entre os municipios para pres-tar servizos conxuntamente. Así os veciños poderían seguir per-cibindo os mesmos servizos e estes custaríanlle menos cartos aos concellos. Brión, que xa foi pioneiro en Galicia en propoñer unha fusión dos servizos de Po-licía Local e Protección Civil con Ames, acolleu varias reunións de alcaldes das comarcas de Santiago, Ordes e Noia para dia-logar sobre a situación actual dos seus municipios e analizar a posibilidade de coordinar po-líticas en beneficio dos veciños, por riba de ideoloxías políticas. Proba disto é que en Brión reu-níronse alcaldes do Partido Po-pular, do Partido Socialista, do BNG e mesmo de formacións independentes.

Ademais deste exercicio de posta en común de experien-cias e de busca de solucións aplicables para o conxunto dos

Brión acolle unha reunión na que se pedíu a fin das tarifas“estimativas” e un interlocutor válido de Fenosa para aprovincia da Coruña

municipios, os alcaldes apro-baron por unanimidade un manifesto de apoio e solidarie-dade coa situación que están a sufrir numerosos veciños, que nos últimos meses recibiron facturas da luz practicamente inintelixibles e que recollen uns incrementos desmesurados dos prezos. Uns aumentos que en ocasións mesmo rexistran incrementos superiores ao 30% con respecto ás facturas an-teriores, sen que iso poida ser xustificado nin cun aumento do consumo do propio veciño nin co incremento rexistrado nas tarifas eléctricas, a pesares do aumento do 1,5% e do 9,8% rexistrados en xullo e xaneiro deste mesmo ano.

Na defensa dos intereses dos seus conveciños, e tamén diante dos continuos apagóns e cortes na subministración de enerxía eléctrica que se seguen a rexistrar en moitos termos municipais, os alcaldes reunidos en Brión solicitaron a prohibición da factura da ener-

Momento da reunión mantida polos alcaldes da comarca no salón municipal de plenos do Concello de Brión, onde se chegou ao acordo de pedir un novo modelo de factura eléctrica, clara, ben estructurada e entendible para todos.

qxía eléctrica por “estimación” calculada a ollo por parte das compañías comercializadoras e apoiar as medidas nesta liña anunciadas pola Xunta de Ga-licia. Entre outras cousas, esi-xen a eliminación da factura por estimación, ao considerar que se trata dun modelo pouco transparente e que está reper-cutindo de forma moi negativa no peto dos galegos. Á súa vez, piden un novo modelo de factu-ra: clara, ben estructurada e en-tendible para todos os veciños.

En defensa dos veciños, os alcaldes solicitan a revisión das últimas facturas enviadas e a resolución de todos os erros detectados, o que suporía a de-volución inmediata dos cartos cobrados de máis ou, no seu defecto, o inmediato desconto desas cantidades no seguinte recibo. Finalmente, esixiron ante as compañías comerciali-zadoras de enerxía eléctrica na zona un correcto subministro de enerxía eléctrica a todos os veciños.

Co novo alumeado do Balado aforraranse 4.800 euros anualmente

AFORRO ENERXÉTICO

Os veciños e veciñas da ur-banización do Balado contan cun alumeado público reno-vado e máis eficiente, que su-puxo un investimento de case 68.000 euros. Uns cartos que foron financiados polo INEGA e polo Concello de Brión. A obra supuxo a substitución de 88 farolas por outras 44 lu-minarias máis modernas, que permitirán un aforro enerxéti-co do 73% con respecto ás an-teriores. En euros, isto suporá un aforro de case 5.000 euros anuais.

Ademais, para incremen-tar ese aforro enerxético, a empresa concesionaria das obras instalou un moderno sistema de acendido do alu-meado: un reloxo astronó-mico. Un sistema que non funcionou correctamente du-rante varios domingos do mes de outubro, polo que o Conce-llo instou á empresa concesio-naria dos traballos a arranxar a situación. Dende o cambio dunha peza defectuosa do re-loxo, realizada o pasado 26 de outubro, o sistema funciona perfectamente.

Por outra banda, o Conce-llo vén de formalizar coa em-presa Electricidad Cruceiro SL un contrato para a reparación e mantemento de material do alumeado público en Brión durante os vindeiros catro anos. O contrato, adxudica-do mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, ascen-de a uns 40.000 euros anuais e a empresa concesionaria com-prometeuse a investir outros 24.000 euros en materia de eficiencia e aforro enerxético.

Page 7: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

OBRAS POS 2011

O Concello investirá 94.000 euros no mantemento emellora de estradas ebeirarrúas en todas asparroquias

O Concello investirá case 94.000 euros do Plan de Coo-peración ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2012 (POS 2012) en dous proxectos de mantemento e mellora da rede viaria (77.255 euros) e de remodelación e reparación de beirarrúas (34.300 euros) “de xeito que haberá obras de mantemento en todas as parroquias de Brión”, expli-ca o alcalde Xosé Luís García. Uns cartos dos que o Concello aportará 17.900 euros.

A partida máis significativa, orzamentariamente falando, adicarase á segunda fase da remodelación das beirarrúas da parroquia de Bastavales.

Así mesmo, o pleno mu-nicipal aprobou por unani-midade adicar algo máis de 140.000 euros deste Plan a financiar gasto corrente en materia de alumeado público, recollida de lixo e gastos de limpeza viaria.

En total, o Plan de Coope-ración ás Obras e Servizos de Competencia Municipal 2012 ascende a 234.132,64 euros.

Pago de débedas e melloras

A unanimidade plenaria tamén se mantivo na aproba-ción dun expediente de modi-ficación de créditos por algo máis de 180.000 euros, que irán destinados a distintos tra-ballos de mellora no municipio así como para aboar facturas pendentes con empresas e au-tónomos. Uns investimentos que se financiarán con cargo ao remanente de tesourería (uns 141.000 euros), mentres que os outros 47.000 euros irán con cargo ás baixadas na partida correspondente aos soldos do persoal municipal e dos cargos políticos de Brión.

Estes 180.000 euros utiliza-ranse para financiar distintas actuacións como a adquisición de novas desbrozadoras para a Brigada de Parques e Xardíns, a conexión do saneamento de Gosende, a obra do dique do río Sar ou distintos traballos de reparación, mantemento e conservación de vías públicas e instalacións de saneamento e abastecemento de auga co-rrespondentes ao terceiro cua-trimestre de 2011.

VIVENDA PROTEXIDA

A Xunta autoriza a subvención para construír 144 vivendas protexidas en BriónO Ministerio de Fomento aportará o 88% do financiamento, mentres que o resto correrá a cargo do promotor privado da obra

O Consello da Xunta de Gali-cia vén de autorizar a concesión dunha subvención ao promotor dunha área de urbanización prioritaria de solo residencial destinado á construción de vi-vendas protexidas de promo-ción privada en Brión, ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012. Esta actuación, que terá lugar na Área Urbanística Número 9 de Pedrouzos, permitirá a construción de 144 vivendas protexidas para aluguer no mu-nicipio nunha finca de 7.646 metros cadrados.

Co visto bo do Consello, a Xunta refrenda o convenio asi-nado o pasado ano polo alcalde Xosé Luís García coa secretaria de Estado de Vivenda e Actua-cións Urbanas, Beatriz Corre-dor; e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraes-truturas, Agustín Hernández. Un convenio que algúns cuali-ficaron como “fume” pero que agora vén reafirmar a propia Xunta de Galicia.

Así, o Ministerio de Fomen-to aportará un total de 489.600

euros, o 88% do financiamento total, cifrado en 555.149 eu-ros. O resto correrá a cargo do promotor da obra, Desarrollos Urbanísticos Montemar SL. A promotora adquiriu o compro-miso de que as obras de urba-nización estarán rematadas en 2013, como moito, e tamén que no prazo de tres anos de-berán estar construídas, cando menos, 43 vivendas (o 30% do total).

Este convenio conseguido polo alcalde de Brión é un dos últimos acordos de Áreas de Urbanización Prioritaria que reciben axudas estatais, xa que estas desapareceron este mesmo ano 2011. Ademais, a de Pedrouzos converterase na primeira promoción de viven-da pública que se acometa en Brión en toda a súa historia, toda vez que a Xunta aparcou definitivamente a construción de 234 vivendas protexidas e de prezo limitado contempla-das polo anterior goberno au-tonómico no Plan Sectorial de Vivenda na Área Funcional de Santiago.

Page 8: 83 - ALTAMIRA Nº 83

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

A Xunta destinará 1,6 millóns en 2012 para asvariantes da AC-300 e da AC-451

VARIANTES DA AUTOVÍA

O alcalde Xosé Luís García celebra a constatación de que o Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma Galega 2012 inclúa unha partida de 1,6 millóns de euros para as obras nas variantes da AC-30 e da AC-451, dous ramais de acceso á autovía Santiago-Brión. García asegura que “é unha noticia moi boa para o crecemento de Brión pois a AC-451 un vial alterna-tivo á estrada de Pedrouzos e é a única posibilidade que ten Pedrouzos de medrar”.

De feito, o alcalde brionés amosa a súa satisfacción por que “a Consellería de Medio Ambiente cumpra os seus compromi-sos, tal e como o Concello de Brión xa cumpríu os seus no seu día”. Neste sentido, compre lembrar que a construcción destas dúas variantes estaba contemplada nun convenio de colabora-ción asinado por Xosé Luís García e Alberto Núñez Feijoo o 15 de marzo de 2005, durante a súa anterior etapa como conselleiro e cando se comezaron os traballos para a construción da autovía Santiago-Brión (AG-56).

De acordo co devandito convenio, o Concello de Brión ce-deu os terreos municipais por onde pasa a autovía e transferíu á Xunta unha cantidade de 250.000 euros, uns cartos que xa foron pagados polo Concello brionés hai varios anos. Despois de asinar unha adenda a este convenio en 2009, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernán-dez, comprometeuse a facer a AC-451 nunha reunión mantida con Xosé Luís García o pasado 22 de decembro de 2010.

A contrucción da variante da AC-451 xa está contemplada no Plan Xeral de Ordenación Municipal e está considera-do como un sistema xeral de comunicación. “É un vial al-ternativo á estrada de Pedrouzos e é a única posibilidade que ten Pedrouzos de medrar, indo cara o oeste”, lembra o alcalde brionés.

Esta estrada, coñecida como o “vial oeste” da autovía AG-56, non só permitirá unha nova conexión coa estrada de Negreira senón que solventa os problemas de tráfico da actual AC-451, que non hai posibilidade de ampliar. En outubro de 2008, a Consellería de Medio Ambiente, Te-rritorio e Infraestruturas aprobaba o expediente de infor-mación pública e o proxecto de modificación da AC-451 que conectaría a rotonda da autovía coa dos Barreiros, por Cabreiros.

Características da AC-451

As obras que xa están en marcha son as da variante da AC-300 (A Picaraña-Os Ánxeles), que na actualidade marchan a bo ritmo co asfaltado do vial realizado durante estas últimas semanas. Deste xeito, as obras máis significativas que aínda quedan por acometer neste vial é a constru-ción dunha rontonda, na súa intersección coa estrada Santiago-Noia (AC-543), e dunha ponte sobre o río Pego.

As obras de construción da variante da estrada A Pica-raña-Os Ánxeles (AC-300) foron licitadas en outubro de 2008 pola Consellería de Política Territorial, Obras Pú-blicas e Transportes por un importe de 1,41 millóns de euros.

Os traballos comezaron a desenvolverse en xullo de 2009 e deberían ter estado rematados en xullo de 2010.O vial terá uns 1,4 quilómetros de lonxitude e permiti-rá acceder á autovía Santiago-Brión (AG-56) sen ter que pasar nin polo actual cruce dos Ánxeles nin polo entorno da igrexa dos Ánxeles, axilizando así a circulación nestes dous puntos e mellorando o acceso á autovía para os ve-ciños e veciñas de Bastavales. Este ramal ten unha pla-taforma de oito metros de ancho, constituida por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2 metros.

A Xunta encargouse da licitación, execución e conserva-ción da variante da AC-300, xa que será o titular deste vial unha vez rematados os traballos. A cambio, o Concello de Brión asumirá a explotación e conservación do sobrante da estrada AC-300 (é dicir, o tramo actual da estrada en-tre o inicio do novo ramal e a rotonda dos Ánxeles).

Características da AC-300: rotonda e ponte

Page 9: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

A realidade dos casos da Torre e SoigrexaSENTENZAS XUDICIAIS

Cando un fala de xuizos, de avogados ou de sentenzas adopta un estilo máis serio e grandilocuente, pois todo o que rodea ao estatus xudicial semella envolto por un aura especial que merece o maior dos respectos. E, aínda que a realidade demostra que o mundo xudicial está máis pre-sente nas nosas vidas do que adoitamos pensar, calquera tema relacionada con estes as-pectos centraliza a atención da opinión pública. Así, nas últi-mas semanas dous casos xudi-ciais centraron a súa atención en Brión: unhas obras no lugar da Torre e unha beirarrúa en Soigrexa dos Ánxeles.

Moito se ten publicado durante eses días nos medios sobre ambos casos e todas as partes implicadas teñen dado a súa respectable opinión. Den-de Altamira imos simplemente expoñer a cronoloxía real dos feitos para que os lectores des-ta revista poidan ter os datos fundamentais para teren unha opinión razoada.

A ACTUACIÓN QUE MARCA A LEI

Comezemos co caso das obras realizadas por un veciño na Torre, que foron obxecto de denuncia por outros dous particulares. En primeiro lugar, cómpre destacar que o Conce-llo non foi denunciado por nin-guén e en ningún momento. Tratase dunha denuncia entre particulares na que o Conce-llo ten que actuar incoando e tramitando o correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística, tal e como marca a lei. É dicir, esta-mos falando de actuacións or-dinarias das moitas que se le-van a cabo no Concello, previa emisión dos correspondentes informes dos servizos técnicos e xurídicos municipais.

No caso da Torre, as denun-cias presentadas referíanse a un muro de peche a ás refor-mas nun alpendre. En outu-

bro de 2010, o Concello abriu o correspondente expediente de reposición da legalidade ur-banística. O denunciado acre-ditou a antigüidade do muro, polo que o Concello arquivou o expediente de acordo co consello dos informes técnicos e xurídicos. No caso das refor-mas realizadas no alpendre, ao ser legalizables, o propie-tario obtivo a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, polo que obtivo en xaneiro de 2011 a legalización das obras por parte do Conce-llo. Acto seguido, cumprindo a lexislación urbanística vixente, arquivouse o expediente de reposición da legalidade urba-nística.

Meses despois, en maio de 2011, os dous denuncian-tes reiteraron a súa denuncia sobre o muro, o alpendre e engadindo a existencia dunha caseta que non cumpría coas distancias sinaladas pola nor-mativa e que denominaban como “obra nova”.

O arquitecto municipal comprobou que, efectivamen-te, se realizara unha edifica-ción sen contar coa preceptiva licenza de obras, polo que a Alcaldía abriu en xullo de 2011 un novo expediente de reposi-ción da legalidade urbanística. En setembro de 2011, o expe-diente finalizou coa correspon-dente orde de demolición, xa que esas obras non eran lega-lizables. Unha decisión que o propietario denunciado execu-tará en canto a Consellería de Cultura autorice a demolición.

Polo tanto, o Concello cum-priu en todo momento coas obrigas que legalmente lle competen, xa que os servizos técnicos municipais realizaron as comprobacións pertinentes diantes das denuncias inter-postas polos particulares e se realizaron en tempo e forma os correspondentes de reposición da legalidade urbanística tal e como marca a Lei 9/2002.

- Verán de 2010. Dous veciños do lugar de A Torre denun-cian a un terceiro veciño por unhas obras realizadas nun muro e nun alpendre.- Outubro de 2010. Tal e como indica a Lei 9/2002, o Con-cello abre un correspondente expediente de reposición da legalidade urbanística. O denunciado acredita a anti-güidade do muro. - Decembro de 2010. A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta autoriza as obras no alpendre.- Xaneiro de 2011. O Concello legaliza as obras e pecha o expediente.- Maio de 2011. Os dous mesmos veciños volven a pre-sentar a mesma denuncia e engaden a realización dunha caseta.- Xullo de 2011. O Concello abre expediente de reposición da legalidade urbanística. O arquitecto municipal com-proba que a edificación non conta con licenza de obras.- Setembro de 2011. O expediente péchase coa corres-pondente orde de demolición, que se executará en canto o autorice a Consellería de Cultura.

CRONOLOXÍA A TORRE

- Outubro 2008. O Concello asina un convenio cun fillo da propietaria dunha vivenda de Soigrexa para derrubar un muro e un cobertizo para ampliar as beirarrúas.- Decembro 2008. A propietaria dona a vivenda a unha filla, quen interpón unha demanda xudicial que paraliza as obras das beirarrúas. - Xullo 2009. O pleno municipal aproba o reaxuste dunha aliñación errónea contemplada no PXOM en Soigrexa.- Outubro 2011. A sentenza xudicial obriga ao Concello a indemnizar á actual propietaria dos terreos e supón o inicio do desbloqueo das obras.

CRONOLOXÍA SOIGREXA

BEIRARRÚA EN SOIGREXA

Outro caso “mediatica-mente famoso” é o da beira-rrúa en Soigrexa. Neste caso si que se trata dun conflicto xu-dicial entre unha propietaria e o Concello brionés, que se sol-ventou favorablemente para a veciña de Soigrexa. Unha reso-lución xudicial que foi acatada polo Concello para dar vía libre aos proxectos de seguridade viaria na zona, que inclúen a construción dunhas beirarrúas máis anchas, tal e como teñen solicitado os veciños.

Este caso xudicial ten a súa orixe en outubro de 2008, cando o Concello derruba un muro e unha caseta logo dun acordo asinado previamente por un fillo da propietaria dos terreos. Unha persoa que le-

vaba vivindo coa propietaria nesa vivenda máis de medio século e que dixo ser o propie-tario da mesma. Finalmente, tal e como recolle a sentenza e como xa admitira no seu día o propio Concello, os terreos seguían sendo propiedade da nai. Unha nai que, en decem-bro de 2008, doou esa viven-da a outra filla, que foi quen interpuxo a demanda contra o Concello.

Unha confusión na que se viu envolto o Concello quen, segundo recolle a propia sen-tenza xudicial, non actuou nin de forma temeraria nin mali-ciosa. Por esa razón, o xulgado non lle impuxo as costas do xuizo ao Concello, que acatará a sentenza para non demorar máis a realización das beira-rrúas de Soigrexa.

Page 10: 83 - ALTAMIRA Nº 83

10 | Concello de Brión

REPORTAXE

MICROTOPONIMIA DUNHA RUTA DE SENDEIRISMO

Un paseo pola beira do Tambre

O territorio de Brión, todo el, ofrece infinidade de lugares por onde o camiñante pode disfrutar da natureza mentras exercita os músculos. Algúns destes camiños están sinaliza-dos como rutas de sendeiris-mo para guiar ao forasteiro sen perigo de se perder. Con mar-cas máis ou menos ben con-servadas están, por exemplo, a ruta do Castro Lupario e río Sar en Bastavales, a do Camiño Francés entre a Luaña e Ons, a dos Cruceiros en Viceso e a do Tambre en Ons.

Esta última ten un perco-rrido circular, con comezo e remate nas instalacións de pi-ragüismo na ponte de Ons. O primeiro treito duns tres quiló-metros discorre abeirando o

O sendeiro do Tambre: “ruta do colesterol”, pero tamén paseo turístico e cultural

Ao longo do percorrido desta ruta do Tambre acában-se de instalar rótulos indicando os nomes tradicionais das paraxes por onde pasa, ademais doutra información de in-terese.

Esta Iniciativa non pretende outra cousa máis que cha-mar a atención da importancia de conservar os nomes cos que os nosos antepasados foron sinalando os terreos que habitaban e cultivaban. Quen das novas xeracións se preocupa por saber como se chama unha chousa que in-cluso pode ser propiedade da familia? Son nomes que xa a ninguén lle importan: o monte chámase “monte”, e as árbores “pinos”... Que máis queremos saber?...

O investigador Filgueira Valverde calculaba que en Galicia hai uns trinta millóns de leiras, cada unha co seu nome propio, que equivalen á terceira parte das existen-tes en España. Sen embargo, esta variadísima microtoponi-mia (a palabra provén da unión de tres vocábulos gregos, micro=pequeno, topo=lugar e nimia=nome) garda informa-ción esencial para preservar a nosa cultura. A toponimia forma parte dos elementos culturais que a Unesco deno-mina patrimonio inmaterial dos pobos. O carácter perma-nente dos topónimos fainos monumentos históricos, que se manteñen en pé a través dos séculos e que funcionan como referentes compartidos da comunidade, como sinais da identidade colectiva.

OS NOMES DOS AGROS

encoro Barrié de la Maza polo medio dunha exuberante fraga de arboreda autóctona (carba-lleiras, soutos de castiñeiros, abeleiras, bidueiros, amenei-ros, …, que en boa parte foran cortiñas ata non hai moitos anos). Logo sobe ata as vei-gas e os núcleos da parroquia de Ons (os Salaños, Grande e Pequeno, Fonte Paredes, A Igrexa, Ons de Abaixo) para meterse novamente ao monte e rematar onda o río. Son uns oito quilómetros que se poden camiñar ben en aproximada-mente dúas horas. Esta ruta pódese enlazar cara o lugar de Forxán coas outras rutas da parroquia de Viceso ata com-pletar os quince quilómetros, volvendo ao punto de remate desta.

Page 11: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 11

REPORTAXE

Aténdonos ós topóni-mos comprendidos na ruta do Tambre, en total uns cin-cuenta, teñen significados diversos.

A maior parte indican a realidade xeográfica do lu-gar, Así: O Gandarón equivale a gándara=terreo baixo e im-produtivo; O Pouso é un re-chán para repousar despois dunha costa moi pina; Coto é un outeiro prominente, que non se ha de confundir co “coto” castelán como de caza que en galego se di “couto”. Bouciña, é un terreo incul-to cuberto de mato. Deste grupo de nomes que sinalan accidentes xeográficos están A Pedreira, Covas do Pachón, Pedra da Copa, Fonte Naci-da, A Lagoceira, etc,

Outros topónimos fan referencia ao arborado da zona: O Freixo, A Carballeira, A Debesa, Agros dos Pinos...

Abundan os nomes rela-cionados con algún tipo de construción ou intervención humana no territorio, como por exemplo: Sucanal (na

CLASES DE TOPÓNIMOS

proximidade dunha pesqueira do río, que os do lugar chaman “canal”), Chousa (terra de labor cercada), Costa dos Muíños (no fondo da costa consérva-se a totalidade dos muíños da parroquia, preto dunha ducia deles). O Xinxido, deformación de “eixido”, terreo de pouca ex-tensión contiguo á casa.

Algúns nomes curiosos. Na relación de cincuenta nomes que compoñen o percorrido atopamos unha manchea deles que teñen significados curiosos, que imos comentar.

A Gamallosa podería ser un lugar onde hai moitos “ga-mallos”, que así se chaman os arbustos que ramifican dende o chan; pero tamén podería proceder dun deus solar dos celtas denominado Camal moi presente na toponimia de Ga-licia, como Camelle, Caamaño, Cambre, etc.

A palabra “albo” é moi usa-ba en galego co significado de branco, pero o Albares que ato-pamos na nosa ruta debe vir da raíz indoeuropea “alb” co signi-ficado de altura, como Vilalba

non é unha “vila branca”, senón unha “vila alta”.

Curioso de vez é a orixe de Latedo: ven da palabra latina latus, que quer dicir “dilatado”, “longo”; unha lata é un ferro que se dilatou tanto que se convertiu nunha lámina delga-da. Pero en Portugal e incluso en zonas de España cháman-se “latas” aos varais longos e delgados que se usaban como armazón dos emparrados ou dos tellados de colmo (palla) das construcións labregas. Aquí temos, pois a nosa palabra: “la-tedo” é un lugar onde abundan as “latas”, que os veciños ían buscar para renovar a cuberta das súas casas e alboios, pois os emparrados non se facían por-que Ons nunca foi terra de viño.

Nos agros de Pías da beira do Tambre di a tradición que es-taba a antiga Ponte Pías relacio-nada coa tradición xacobea do traslado dos restos do apóstolo Santiago.

Santa Cristina é unha para-xe nos termos do antigo Couto de Salaño onde houbo unha er-mida adicada a esta mártir; do

santuario non queda nada, pero si o nome e maila fonte que din que era da santa.

A Dorna é o lugar onde había unha barcaza, que aquí chamaban “dorna”, para sal-var o río cando non había ponte; alí era antiagamente a “dorna de Miguel”, polo nome do barqueiro, que era de Negreiroa. Xa no século XX, a “dorna” mudouse río arriba para onde está agora a Ponte Insua e chamábase a “dorna de Ricardo”, que así era o seu propietario, veciño de Ons de Abaixo. Tamén se lle chama “dorna” a unha de-presión do terreo formando unha cunca, e tamén podería vir dalí o nome da paraxe.

Ao longo do traxecto pola beira do Tambre, o camiñan-te atópase con tres antigas pesqueiras, cada unha coa súa sinalización e que res-ponden aos nomes do lugar onde se ubican: Pazos, A Pe-dreira, O Pouso. Cando o en-coro está baixo, pódense ver perfectamente estes inxeños que a represa deixara inutili-zados.

Page 12: 83 - ALTAMIRA Nº 83

12 | Concello de Brión

BRIONESES

“Este libro fixémolo co traballo diario nos obradoiros e con cousas que nos apete-ce compartir co resto dos compañeiros. Temos moitas cousas que aportar; están na nosa memoria e non queremos que se perdan co paso do tempo”. Deste xeito comeza “Un anaco de sabedoría”, unha publicación editada polo Concello coas aportacións realizadas durante o curso 2010-2011 polos veciños e veciñas parti-cipantes nos obradoiros para maiores, en especial dos vinte maiores do Obradoiro da Memoria.

“Un anaco de sabedoría” recolle “canti-gas que hai anos que sabemos pero que case estaban esquecidas. Oracións que nos ensinaron as nosas nais e avoas. Re-fráns e ditos populares que todos coñece-mos porque xa os dicían os nosos pais e seguen sendo verdade. Tamén sabemos remedios, que xa veñen de antes, que aplicamos moitas veces aproveitando a riqueza da nosa terra”, segundo explican os maiores brioneses. Un libro que se

completa con recomendacións de libros de lectura, adiviñas e mesmo poemas e escritos redactados por eles mesmos.

“A idea do libro xurdíu despois de ver o traballo do día a día no obradoiro da me-moria, onde fixemos un taller de refráns. Despois pedimos a participación dos de-mais obradoiros de maiores e tivemos aportacións dos de ximnasia e informáti-ca, que tamén achegaron cousas”, explica a monitora Elena Remesar. “Foi un pre-mio de fin de curso”, apuntilla unha das alumnas, Lourdes Campaña, “pero nunca pensamos que ía saír así tan ben feito á primeira”.

“Pero fan falta máis exemplares. Para o próximo ano hai que dicirlle ao alcalde que hai que facer máis”, responden en plan Fuenteovejuna. Incluso son com-prensivos con estas datas de crise e fan propostas concretas: “podémolos cobrar a dous ou tres euros, que de seguro que os vendemos ou os compramos nós para

repartir entre as nosas familias e amigos”, propón Lourdes Núñez.

E razón non lles falta pois, despois de repartiren os exemplares entre os parti-cipantes do curso, e dalgúns que queda-ron na biblioteca a disposición de todos os veciños, o certo é que a tirada de “Un anaco de sabedoría” quedou curta. E moito máis logo do “éxito televisivo” dos maiores brioneses, cuxa participación en varios programas de televisión fixo que non foran poucas as peticións de máis exemplares que chegaron ata o Concello brionés.

CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN

Material e sabedoría quédalles de sobra para dous, tres e máis libros. Por iso, to-dos teñen claro que xa está en marcha o segundo tomo coas actividades que se están a realizar neste curso. “Quedan moitas cousas por contar que, ás veces, a mocidade non lles dá importancia pero

Algo máis caun anaco desabedoría

Os veciños participantes nos obradoiros da memoria triunfan cun libro que recolle adiviñas, cántigas,refráns, receitas, oracións, remedios caseirose narracións

Page 13: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 13

BRIONESESque, ao estar escritas, axúdanos a darlles máis importancia. E somos nós quen lles temos que dar a importancia que teñen”, asegura Carmen Fernández.

Iso si, teñen moi claro iso de que “canto máis sexamos, máis riremos”, polo que animan a todos a participar, “aínda que haia que traelos á forza”, bromea Pilar Turnes, quen recoñece que “estas clases sérvenche de reciclaxe, axúdanche a que non se che olvide nada e pásalo moi ben”. Por iso, todos eles fan un chamamento aos veciños a que se apunten a este tipo de cursos.

“Queremos invitar á xente a que veña a ver se lles gusta e que participen connos-co nestas actividades”, asegura Rosa Bar-bazán, que mesmo escribiu un relato no libro no que unha amiga convence a outra para que participe nestas iniciativas:

“- Carmiña: deixa de darlle voltas ao conto e empeza a vivir a vida, que o día menos pensado aparéceche algo malo e axiña estás no caldeiro. E os que veñen

atrás gozan do que ti deixes.

- Andrea: ai mamaíña! Pero agora eu non sei bailar nin escribir e teño moitas faltas,

esquecino todo.

- Carmiña: non digas parvadas. Ao que empeces e coñezas aos profesores xa

verás como te sentes moi a gusto.”

E para os que non gusten do estilo teatral, sempre podemos rimar, que para iso te-mos no curso a Isolino Cantelar:

“Temos moitas actividades,pasámolo de marabilla.

É a mellor cousa para os maioresque podemos ter hoxe en día”

Máis claro, auga. E permitíndonos un se-gundo “plaxio” ao estilo dos nosos maio-res, cómpre lembrar iso de que “máis sabe o demo por vello que por demo”.

“Un anaco de sabedoría” é unha lección máis que nos ofrecen os nosos maiores a todos aqueles que o queiramos ler, aínda que moito mellor nos iría se os quixera-mos escoitar.

Un clamor: “queremosmáisexemplares”

A VOLTAS CO MEL DA MAÍA

Ao longo das súas 43 páxinas, “Un anaco de sabedoría” inclúe moitas perlas da sabedoría popular dos nosos maiores. Moi saborosas son as súas receitas. Hai todo tipo de postres, como o biscoito de cenouras de Concha, o biscoito das Car-melitas de Esperanza Souto ou o flan de queixo de Esther Lago. Para os menos lambóns, temos pratos moi elaborados como o carpaccio de polbo e orella de Pablo Becerra, acompañado polos licores café ou de toxo que recomenda Loli.

Sen dúbida un dos apartados máis divertidos é o gran repertorio de ditos e re-fráns. Algúns deles localizados na comarca como “Co mel da Maía, se non cagas de noite cagas de día”, aportado por María Becerra ou “Xente de Noia, campanas de pau. Tocan misa cun corno e van a oila cun cesto”, de Pilar Turnes, pasando por outros máis coñecidos como “Sogra e nora, unha na casa e outra fóra”, lem-brado por Rosa Lamas.

Ademais, este libro inclúe unha serie de cantigas e oracións antigas, case que todas relacionadas con Brión como “todas as igrexas teñen / a porta grande o poniente./ Menos a de Bastavales / que a ten cara o naciente”, recollida pora Au-rora Lamas; ou “Santa Minia de Brión / deitada na súa cama. / Se Santa Minia non fora / Brión non sería nada”, aportada por Blandina. Máis como non só de poesía vive o ser humano, José Fernández, Ermitas Castro e Loli Varela encárganse de falarnos sobre Bastavales, sobre as Torres de Altamira e sobre a natureza neste municipio. Para poetas xa están José Castro Vello, Rosa Barbazán ou Isolino, coas súas rimas sobre a Romería de Santa Minia hai 50 anos ou sobre as súas diverti-das experiencias nestas clases.

O libro remata cunha serie de remedios caseiros para todos os gustos e necesida-des: dende cuestións fisiolóxicas/santiarias (curar o hipo, as infeccións na boca, dor de oídos, baixar o colesterol, insolación, tos...) ata cuestións culinarias (para que non se desfagan as patacas ao cocer, para que a carne se coza máis axiña ou para que o arroz quede solto) e de coidado do fogar (para combatir os malos olo-res, limpar a neveira por dentro ou para o coidado das prantas). Como recolle o libro no seu limiar: “Todo isto e moitas máis cousas están neste libro, no que par-ticipamos todos. Está feito con moito cariño e con el lembramos un ano que pa-samos xuntos”. E que sexan moitos máis, nos permitimos humildemente engadir.

Page 14: 83 - ALTAMIRA Nº 83

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

PLAN DE IGUALDADE

Altamira entrega II Plan de Igualdade de Oportunidades de Brión, feito coa colaboración directa dos veciños

Coincidindo coa conme-moración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello presentou o II Plan de Igualdade de Oportunida-des entre homes e mulleres do Concello de Brión, que terá vixencia entre 2012 e 2015. Un documento que a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Váz-quez, espera que axude a “ga-rantir que tanto homes como mulleres teñen as mesmas po-sibilidades de participar en to-das as áreas: económica, social, cultural, laboral, de toma de decisións...”

Patricia Vázquez salienta que “grazas a todos os veciños, podemos dicir que o primeiro Plan deu uns resultados dos que debemos sentirnos orgu-llosos pero, desgraciadamente, entre mulleres e homes aínda sobreviven grandes e peque-nas desigualdades que afectan

A concelleira Patricia Vázquez anima á veciñanza a traballar por “reducir esas grandes e pequenas desigualdades da vida diaria”

a diferentes eidos da vida dia-ria. Por exemplo, no reparto das tarefas e responsabilidades domésticas, nas dificultades de conciliación, no eido laboral e formativo con diferencias nas modalidades de traballo e con-tratación, maior taxa de analfa-betismo ou na terrible realida-de da violencia de xénero”.

Neste marco, Vázquez La-mas sitúa a nova edición dun plan que servirá para “axudar a reducir estas desigualdades, é preciso que o Concello, como entidade máis próxima á cida-danía, leve a cabo actuacións encamiñadas a que mulleres e homes vivan e medren en igual-dade de oportunidades e fóra dos estereotipos tradicionais de xénero que limitan o des-envolvemento persoal e que relegan, de maneira especial, o papel da muller na vida pública e participativa”.

A presentación do Plan contou coa participación do grupo de teatro afecionado local Trangalleiro Teatro, cuxos membros puxeron en escea catro pequenas representacións nas que deron a súa visión sobre a igualdade de xénero. Así, un deles leu un poema escrito por el mesmo sobre a igualdade entre homes e mulleres; outro deu lectura a un manifesto contra a mentali-dade dos homes machistas; e varios veciños simularon unha entrevista de traballo para escenificar as desigualdades entre ho-mes e mulleres á hora de acceder a un posto de traballo. A actuación rematou coa representación do conto “O maltrato sutil”.

TRANGALLEIRO TEATRO

Un notable para o I Plan de Igualdade de Oportunidadesentre Homes e MulleresO 75% das accións programadas levouse a cabo con éxito e conseguíronse o 88% dos obxectivos plantexados en 2006

Comezamos neste número de decembro unha serie de artigos informativos relaciona-dos coa igualdade de xénero e cos que “Altamira” pretende poñer o seu grao de area na loita por unha igualdade efec-tiva de dereitos e deberes en-tre mulleres e homes. E como toda historia ten un comezo, o noso non vai ser o II Plan de

Igualdade que teñen hoxe nas súas mans. Ese exemplar que-da para que o lean con dete-mento, que xa o iremos anali-zando en vindeiras datas. Hoxe imos falar das orixes dese libri-ño, do I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres que, para abreviar, dende agora denominaremos PIOM.

Page 15: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVDADES DOS MAIORES

Os maiores trasladan as actividades acuáticas de saúde á piscina cuberta

Dúas mellor ca unha. Iso deberon pensar os 46 veci-ños e veciñas de Brión, todos eles maiores de 55 anos, que participan na quinta edición do programa de Actividades Acuáticas de Saúde, organi-zado polo Concello de Brión. Unhas actividades que por primeira vez teñen lugar na nova piscina municipal cuberta climatizada de Pedrouzos, no canto das instalacións do Bal-neario do Tremo. Un cambio que trae consigo un incremen-to no tempo en que estes ve-ciños poden disfrutar das xor-nadas de ximnasia terapéutica. Así, mentres no Balneario do Tremo se impartía unha sesión semanal dunha hora, na pisci-na municipal terán lugar dúas sesións semanais.

As actividades estarán di-rixidas por monitores especia-lizados da piscina municipal, que organizan diversos exerci-

As instalacións de Pedrouzos acadan o milleiro de socios e máis de 300 cursillistas nos seus primeiros 100 días en funcionamento

cios na auga (como dar palmas por debaixo da auga, xogos con pelotas ou avanzar/retroceder na piscina) que serven para desenvolver a capacidade mo-triz dos maiores. De feito, moi-tos dos participantes na inicia-tiva repiten de anos anteriores debido aos beneficios que es-tes exercicios están a xerar na súa saúde.

UN MILLEIRO DE SOCIOS

Mais as terapéuticas non son as únicas actividades que se desenvolven na piscina mu-nicipal cuberta, que vén de cumprir os seus primeiros cen días en funcionamento. Algo más de tres meses nos que conseguíu superar os 1.000 so-cios e os 300 asistentes a cur-sos. Entre a súa oferta, os cur-sos máis demandados son os dirixidos aos nenos, así como os de aquaeróbic, aquaxim e cursos para bebés.

Para agradecer a confianza de todos os abonados, a em-presa adxudicataria da piscina municipal de Brión, Aquafit Gestión SL, puxo en marcha unha campaña de regalo de in-vitacións gratuitas e de cara ao Nadal está previsto un sorteo entre todos os abonados dun-ha fin de semana nunha casa de turismo rural para dúas per-soas e de catro bonos de dous meses para asistir de balde aos cursos de aquaeróbic.

Finalmente, cómpre sina-lar que nestes primeiros cen días de funcionamento Aqua-fit Gestión SL puxo en marcha unha serie de melloras no equipamento da piscina muni-cipal, adaptándose ás deman-das dos usuarios. Un dos inves-timentos máis destacados foi a instalación dun sistema de desinfección da auga mediante luz ultravioleta, unha medida que permite reducir os niveis de cloro na auga.

No Departamento de Ser-vizos Sociais realizaron unha profunda e exhaustiva análise do PIOM, vixente entre os anos 2006-2010, para ver o seu grao de cumprimento.

En termos xerais, pode-mos asegurar que o persoal do Concello está comprometido co principio de igualdade de xénero, se ben o nivel de com-promiso non é igual en todos os departamentos. Así, da aná-lise realizada do PIOM, dedú-cese que dun total de 67 medi-das de actuación realizáronse 31, outras 19 leváronse a cabo parcialmente e outras 12 que-daron sen facer (así como ou-tras 5 medidas non avaliables obxectivamente).

VISIÓN GLOBAL POSITIVAUns datos que ofrecen

unha visión global positiva do nivel de desenvolvemento des-

te plan, xa que case tres cuar-tas partes do mesmo levouse a cabo total ou parcialmente entre 2006 e 2010. As áreas de loita contra a violencia de xénero e formación, emprego e conciliación foron as que ex-perimentaron un maior nivel de execución; mentres que necesitan mellorar áreas como saúde, educación, urbanismo e medio ambiente.

As boas sensacións que deixa este PIOM medran can-do se analizan un por un os obxectivos específicos busca-dos nas nove áreas nas que se estructuraba o plan. O 88% deses obxectivos cumpríronse de xeito total ou parcial, o que confirma a positiva valoración desta ferramenta municipal. Estamos falando de medidas como a realización do primeiro Protocolo contra a Violencia de Xénero (que implicou a todos

os sectores sociais, educativos e administravos do municipio), a creación dunha Concellería de Muller e Servizos Sociais, do achegamento do plan á sociedade (a través de campa-ñas divulgativas, concursos de fotografía, exposicións...), dos estudos realizados sobre as ofertas de traballo na contorna e os correspondentes cursos de formación realizados, de adaptar os horarios das acti-vidades culturais e deportivas para facilitar a conciliación familiar... Unha longa lista de

iniciativas entre as que tamén hai puntos por mellorar. E así o determinou o propio Infor-me de Avaliación do PIOM: incrementar a colaboración interdepartamental, estable-cer encontros periódicos con centros educativos e asocia-cións do municipio, facer reu-nións anuais entre o persoal municipal para comprobar a execución do segundo plan ou difundir de xeito máis eficiente tanto o Plan como as súas me-didas a través dos medios de comunicación municipais.

Page 16: 83 - ALTAMIRA Nº 83

16 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

ACTIVIDADES

Os meniños da gardería celebran o Samaín e o magosto

A tradición continúa... e máis forte ca nunca. Así o de-mostraron os nenos e nenas da gardería municipal de Brión, que en datas pasadas celebra-ron festas tan tradicionais como o Samaín ou o Magosto. Dúas festas que os peques disfruta-ron ao grande, especialmente no caso do Samaín, onde os seus mestres contaron coa in-dispensable complicidade dos pais e nais dos cativos.

Unha Hello Kitty de cabaza, unha cabaza con ás de morce-go, outra con luces intermiten-tes... a imaxinación e a habili-dade dos pais e nais brioneses quedou máis que demostrada. Iincluso recibiu os parabéns do xulgado máis esixente, os pro-pios pequenos que participaron nunha gran festa disfrazados de bruxas e bruxos. Uns traxes que eles mesmos elaboraron na cla-se coa axuda dos seus profeso-res e utilizando elementos de reciclaxe (papeis e plásticos).

Os pais e nais colaboraron activamente no Samaín aportando cadansúa cabazadecorada

Os pequenos asistiron a un pe-culiar “conxuro da queimada”, no que os seus mestres recita-ron divertidas rimas antes de que esa peculiar “queimada” (zume de piña) fose disfrutada por todos os presentes, acom-pañada por outras larpeiradas.

Días despois, os cativos ce-lebraron un magosto tradicio-nal, no que os profesores com-probaron que os pequenos que participaron en edicións ante-riores xa se teñen afeito ao sa-bor das castañas, mentres que algúns dos máis pequenos as descubriron esta mesma mañá. Os peques participaron con ca-danseu sombreiro ou diadema de papel, coloreados polos me-niños ben cos seus nomes, ben con distintas formas. Despois, todos se xuntaron no patio cu-berto da gardería para degustar as castañas, que lles pelaron con paciencia os seus mestres. E mesmo algún levou algún cu-curucho para a súa casa.

Page 17: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

ACTIVIDADES DO NADAL

Papá Noel e os Rei Magos sobrepóñense á criseA vixésima edición do Festival de Títeres e a Cabalgada de Reis, pratos fortes doprograma de Nadal do Concello

Se temos en conta que as celebracións do Nacemento de Cristo superan xa os dous milleiros de anos de vida, dicir que o Programa Municipal de Nadal cumpre dúas décadas non semella moito. Máis para todos aqueles que iniciaron ac-tividades como o Concurso de Tarxetas do Nadal ou o Festival de Títeres aló polo ano 1991 é unha data moi significativa, pois demostra o éxito dunha fórmula que cada ano se rein-venta para seguir merecendo o interese do público máis esi-xente: os nenos.

Así, unha vez máis todos os escolares do municipio pui-deron amosar a súa arte da vixésima edición do tradicional Concurso de Tarxetas do Nadal, uns premios que se entregarán durante a celebración da tradi-cional Cabalgada de Reis, que o día 5 de xaneiro será a encar-gada de pechar o programa de actividades por todo o alto. Se o tempo o permite, Melchor, Gaspar e Baltasar desfilarán polas rúas de Os Ánxeles e Pe-drouzos para acudiren a súa cita anual cos máis pequenos no pavillón polideportivo mu-nicipal onde, a partir das 17:00 horas, haberá unha gran festa con xogos, belén vivente e aga-sallos.

Unha ledicia que o fantás-tico mundo dos títeres traerá a Brión coa chegada do novo ano. Pensado especialmente para os máis pequenos, aínda que non son poucos os maiores que se deixan engaiolar por eles, a tenrura e comicidade dos títe-res convócannos os días 2, 3 e 4 de xaneiro, ás 17:30 horas, no centro social polivalente. O XX Festival de Títeres comezará o luns 2 de xaneiro coa “Historia do apalpador”, na que Títeres Cachirulo presentaranos a este personaxe da tradición popular galega nado no Courel e que cada 31 de decembro visita aos nenos casa por casa para deixarlles como obsequio cas-tañas quentes e divertidos aga-sallos de madeira.

O martes 3, El Abrojito pre-sentaranos unha versión dife-rente do conto da Carapuchiña Vermella: “El lobo Rodrigo”, un divertido relato no que as personaxes do conto cambian os seus papeis, dando lugar a situacións tan inesperadas coma divertidas. A Xanela do Maxín serán os encargados de pechar o Festival de Títeres de Brión. O mércores 4 de xaneiro representarán “A pequena lúa”, que conta as aventuras de dous gatos baixo valores como a ten-rura ou a solidariedade.

Conta a historia, ou a lenda que ás veces mesmo chegan a coincidir, que isto do futbolín creouno un galego, concretamente un fisterrán: Alexandre de Fisterra a quen, despois de ser ferido nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil, estando no hospital veulle a idea á cachola. Tempo despois, o carpinteiro basco Francisco Javier Altuna facía realidade as ideas e indicacións de Alexandre. Nacía así o futbolín, aparello inseparable de todo bar que se prezase na segunda metade do século XX.

O seu modelo, o Fisterra, estará ben presente o vindeiro 14 de xaneiro en Brión, data na que o pabillón polideportivo municipal albergará o Campionato Ga-lego de Futbolín. Xa está confirmada a participación de numerosas estrelas deste xogo na categoría elite, mentres que a outra categoría está agardando por todos aqueles que queiran botar unha partida brava de futbolín. Só hai que anotarse no 647 488 606.

MÁIS DUNHA PARTIDA BRAVA DE FUTBOLÍN

Page 18: 83 - ALTAMIRA Nº 83

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

NOVAS INSTALACIÓNS

Brión estrea sala de exposicións nun recinto con historia As novas dependencias abriron as súas portas cunha mostra de pintura de 19 artistas galegos

Mercado, salón de ple-nos, biblioteca, sala de expo-sicións... seguro que Vicente Ramos non pensou nunca na multifuncionalidade que che-garía a ter aquel alpendre na Carballeira de Santa Minia que lle cedeu ao Concello de Brión aló polo 1927. Un recinto que pasou de albergar a alfóndega da feira de Pedrouzos a con-verterse na sala máis noble do municipio, cando menos pro-tocolariamente falando pois foi a sé do salón de plenos mu-nicipal e sobre el construíron-se as dependencias municipais e o xulgado. Unhas depen-dencias que, anos máis tarde, serían destinadas a Casa da Cultura e que permitirían que ese baixo fose utilizado como sé da biblioteca municipal ata este mesmo ano.

A rehabilitación da Casa do Picón como nova casa do concello permitiu unha reor-ganización das dependencias municipais e o traslado da bi-blioteca a unhas novas insta-lacións na mesma carballeira, onde os veciños gañaron en espazo e funcionalidade. Ago-ra, despois dun investimento de 10.400 euros por parte do Concello, Brión dispón final-mente dunha gran sala de

O baixo da Casa da Cultura converteuse na gran sala de exposicións de Brión, durante a súa primeira exposicións o númeroso público asistente puido gozar coas obras de 19 recoñecidos artístas do pano-rama galego.

q

exposicións. “Un espazo para acoller todo tipo de activida-des relacionadas coa cultura e as artes. Un espazo aberto a todos os veciños e veciñas de Brión”, explicou o técnico de Cultura, Alberto Álvarez, durante a inauguración da pri-meira mostra que albergaba esta sala.

Unha mostra de 19 ar-tistas galegos de recoñecido prestixio como Alfonso Costa, Antón Sobral, Ayaso, Barreiro, Beatriz Ansede, Carmen Her-mo, Chelo Rodríguez, Isabel Pintado, Jano Muñoz, Laurea-no Vidal, Luís Romero, María Manuela, María Xesús Díaz, Masiá, Morquecho, Pardiñas, Rafael Úbeda, Ricardo Rilo e Xosé Vázquez Castro, quen exerceu como comisario da exposición. Un Vázquez Castro que asegurou que “en Brión respiramos cultura con maiús-culas e agora contamos cunha sala de exposición onde os ar-tistas poderemos amosar os nosos traballos ao público”.

Deste xeito, Brión dispón por fin dunha gran sala de exposicións, de 186 metros cadrados, totalmente diáfa-na e preparada para albergar calquera tipo de exposición

artística. Para iso, as paredes interiores están revestidas con pladur e contan cuns focos halóxenos sobre unha base de raíles electrificados, o que realza as obras aló expostas. Os traballos acometidos polo Concello incluíron tamén o peche de dúas das fiestras ex-teriores do edificio, para gañar espacio expositivo, a habilita-ción dun pequeno almacén ao final do inmoble (duns 40 m2) e o mantemento dos aseos xa existentes. A nova sala de ex-posición complementará ás dúas pequenas salas de expo-sicións municipais existentes no Espazo das Artes, de 55 metros cadrados cada unha.

q

A sala de exposicións conta cun total de 186 metros ca-drados, totalmente diáfanos e preparados para albergar calqura tipo de exposición ar-tística.

Page 19: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

Convocada a oitavaedición do certame depintura “Novos Valores”

O Concello vén de con-vocar a oitava edición do certame de pintura “Novos Valores”, no que poderán participar artistas galegos, ou residentes en Galicia, de máis de 14 anos. Un certa-me que conta co patrocinio da Fundación Feiraco e co cal o Concello de Brión que-re contribuir ao fomento das artes plásticas e á promo-ción dos novos valores da pintura en Galicia.

Se na edición de 2011 se acodou un récord absoluto de participación con 61 ar-tistas, este ano agárdase in-cluso superar esta cifra. Para conseguilo, o certame man-tén a cantidade destinada a premios: 3.500 euros, que se repartirán entre as dúas categorías establecidas: de 14 a 17 anos (con dous pre-mios de 600 e 400 euros) e maiores de 18 anos (con senllos premios de 1.500 e 1.000 euros).

As catro obras premia-das, así como unha selección de tódalas presentadas, con-formarán unha exposición que o Concello organizará na nova sala de exposicións da Casa da Cultura e que po-derá ser visitada entre o 17 de febreiro (data de coñece-mento dos premiados) e o 17 de marzo de 2012.

Bases do certame

O prazo de presentación de obras abrirase o 2 de xa-neiro de 2012 e pecharase o

28 dese mesmo mes. Cada autor poderá presentar unha única obra pictórica orixinal, de temática e estilo libres, e que non fora presentada noutro certame previo. Ade-mais, establécense unhas di-mensións máximas (de 150 centímetros) e mínimas (de 80 centímetros) en calquera dos seus lados, non admi-tíndose obras cubertas con vidro.

As obras poden ser en-tregadas persoalmente na Casa da Cultura do Concello de Brión ou a través de cal-quera outro medio de trans-porte (a portes pagos). A documentación a presentar inclúe: formulario de incri-ción debidamente cumpri-mentado, foto a cor da obra presentada, fotocopia do DNI (ou documentación que acredite ao autor como resi-dente en Galicia) e un breve currículum vitae do artista (no que se inclúan o seu en-derezo e número de teléfo-no). As bases e o boletín de inscrición pódense recoller na Casa da Cultura de Brión ou descargar da web: www.concellodebrion.org.

A música resonou en Brión durante o pasado mes de novembro na honra a Santa Cecía, a patroa dos músicos. Así, a escola de música celebrou a terceira edición das Xor-nadas Musicais Santa Cecía, que este ano tiveron o gran acerto de abrírense aos veciños e veciñas de Brión a través dun concerto didáctico e unha conferencia sobre música tradicional galega. Unha apertura á veciñanza que non es-quenceu a súa parte formativa, xa que incluíu un curso de iniciación á percusión da man de José Vicente Faus Faus, percusionista da Real Filharmonía de Galicia.

O día da conmemoración da patroa, o 22 de novembro, o Quinteto de Metais Santa Cecía (Ferrol) ofreceu un con-certo didáctico denominado “Os sons dos instrumentos de vento-metal” no auditorio do centro social polivalente. Un día antes, Castor Castro, un dos máis prestixiosos repre-sentantes da música tradicional galega, disertou sobre “A música tradicional galega nos séculos XIX e XX”.

Días máis tarde, a Banda Municipal de Música do Con-cello de Brión ofreceu un concerto especial na honra de Santa Cecía no centro social polivalente. Unha actuación que encheu o aforo do auditorio brionés e que foi posi-ble grazas ao traballo da propia banda, en colaboración co Concello de Brión e a Deputación Provincial da Coruña.

A Santa Cecía máishomenaxeada dos últimos anos

MÚSICA

Page 20: 83 - ALTAMIRA Nº 83

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

NOVAS TECNOLOXÍAS

Códigos QR, todaa información no teu móbil

Consultar os horarios do Transporte Metropolitano, ver a programación cultural do día en Brión ou ollar as distintas webs municipais será moito máis sinxelo a partir de agora para os veciños e veciñas de Brión.

O Concello está a utilizar os Códigos QR en distintos sopor-tes (web, bandos, postes infor-mativos, paradas do autobús, etc) para poder poñer informa-ción actualizada que calquera veciño, a través do seu móbil, poderá consultar in-situ e en tempo real.

Os códigos QR (Quick Res-ponse Barcode) son un sistema para almacenar información

nun código de barras bidimen-sional. Caracterízanse polos tres cadrados que se atopan nas esquinas e que permiten detectar a posición do código ao lector.

Para poder leer eses códi-gos, o veciño só terá que seguir dous sinxelos pasos: primeiro, descargar no móbil un lector de códigos bidimensionais (en www.concellodebrion.org hai un enlace a “i-nigma” de 3G visión, que é gratuito e está dispoñible para a maioria de dispositivos) e, unha vez instalado, só hai que iniciar o programa e dirixir a cámara do teléfono cara o código QR para dispoñer de toda a informa-ción na palma da man.

Como cada mes de decembro, a revista “Altamira” che-ga cun agasallo especial: o calendario para o vindeiro ano. Un calendario que este ano chega convertido en almana-que, por iso de que a crise nos está a afectar a todos e máis vale recurtar en calendarios ca en servizos aos veciños.

Un ano 2012 que se presenta disposto a dar guerra, aínda que paradoxicamente a ONU o declarou como Ano Internacional das Cooperativas e o Ano Internacional da Enerxía Sostible. Cando menos así o aseguran algunhas crenzas, algunhas das cales mesmo chegan a vaticinar a fin do mundo para o 12 de decembro. Iso se a crise, a pri-ma de risco ou a política de recurtes nos permite chegar tan lonxe.

Bromas aparte, o calendario deste ano está ilustrado coas dúas imaxes gañadoras do Certame Briónatura 2011 e, ademais dos teléfonos de interese e as máis que útiles fases da lúa, contén o calendario de festas locais e festi-vos para todo o ano. Para que vaian preparando as pon-tes para o vindeiro ano. Se poden ou, mellor dito, se nos deixan. De todos modos, o que é seguro é que o 9 de abril, luns de pascua; e o xoves 27 de setembro, día de Santa Minia, serán fetivos locais. O demais, como cantaba Doris Day: “que será, será”.

9 de abril e 27 desetembro, festivos locais en Brión

CALENDARIO LABORAL 2012

Cada vez que vostede vexa un código deste tipo, nun ban-do ou na parada do autobús, poderá empregar unha apli-cación do seu teléfono para ampliar a información, ou ben para ver a súa páxina web.

q

Na páxina web municipal poderan atopar toda a informa-ción sobre a utilización destes códigos e ademais atopará un enlace no cal poderá descargar o lector para instalar no seu dispositivo móbil.

q

Page 21: 83 - ALTAMIRA Nº 83

HISTORIAS E LENDAS

Os nomes de lugar –a toponimia- gardan a miúdo infor-mación valiosa sobre os antepasados e a historia dos terri-torios que nomean. Conservar os vellos nomes das aldeas, dos agros, dos camiños ou de calquera accidente xeográfico é tan importante como que non se perdan as ruínas dun cas-tro ou dun cruceiro.

A parroquia de Ons ten seis aldeas (Fonte Paredes, A Igrexa, Ons, Pazos, Salaño Grande e Salaño Pequeno) e, como imos ver, os nomes de cinco delas están relacionados co río, é dicir, son hidrónimos. Isto ten a súa lóxica, pois o te-rritorio da parroquia está comprendido dentro dun grande meandro do río Tambre, que o abrangue por tódolos ventos, menos polo sur.

ONS é o nome da parroquia e da aldea do nacente. A orixe do nome é antiga, do tempo dos celtas ou anterior. Suponse que provén de annios, que foi nome de varón e tamén está relacionado con ángulo, que así se chamaban as revoltas ou meandros do río, que fan “ángulos” máis ou menos pechados. Sendo así, desa mesma raíz virían outros nomes de lugar, como Anllo (á beira do Sil), o río Anllóns (en Bergantiños) ou A Anllada (en Cuntis).

Os dous lugares que caen cara o poñente son SALA-ÑO, o Grande e o Pequeno. Este nome non ten nada que ver co condimento alimenticio que chamamos “sal”, senón que provén da raíz hidronímica celta sal, sala ou sar, que é moi frecuente por toda Europa e indica “fluír”, “corrente de auga” e tamén “regueiro”. En latín, a palabra salum significa “onda do río” e “mar bravo”. Relacionadas con Salaño están tamén os ríos Sar, Sarela e Xallas, e mailo lugar de Saleiróns, en Portor, do concello de Negreira.

O topónimo PAZOS é moi frecuente por toda Galicia, pero, contra o que parece a simple vista, non debe ter nada que ver con esas casonas fidalgas tan características do rural galego nomeadas “pazos” = palacios. Os pasos son pedras que se colocan en ringleira a traveso do leito dun río sobre-saíndo da tona da auga: saltando dunha noutra, podíase pasar a pé enxoito. De aí o nome da aldea: chamouse “Pa-zos” o lugar onde había nas súas proximidades un “paso” para atravesar o río. O cambio de “pasos” a “pazos” explíca-se doadamente se temos en conta que estamos nunha zona de “seseo” e pronunciamos igual o “z” de pazos que o “s” de pasos.

FONTE PAREDES non ten dificultade de interpretación: a aldea naceu arredor dunha antiga fonte que lle dá nome ao lugar, e a saber qué paredes a rodeaban…

Finalmente, está a aldea de A IGREXA, que non ten igrexa porque a parroquial foi mudada de alí para Fonte Paredes no ano 1789, cando se fixo a nova. Os veciños dicímoslle A

Revista Altamira | 21

A toponimia de Ons

OS NOMES DOS LUGARES

Na aldea de ONS sinalizouse recente-mente unha ruta de sendeirismo

q

Ighrés, aspirando o “gh”, pero normalizouse en A Igrexa can-do se aprobou a toponimia galega polos anos 80: e pasou igual con moitas “eirexe”, “irexe”, “ilesia”… que había por Galicia adiante.

Velaí os nomes das aldeas da parroquia de Ons, como podían ser os de calquera outra, e deemostran que alí asen-taron xentes dende hai se cadra catro mil anos ou máis. E ata hoxe os lugares arrastran os nomes cos que alguén os bautizou nos alboreceres. Isto dínolo a propia toponimia sen máis. Non é marabilloso?

(Este artigo incluírase nun folleto que publicara a Comisión de Festas de Ons ano 2007. Agora reproducímolo aquí a caque de que noutro apartado da revista se trata un tema semellante)

***

***

Page 22: 83 - ALTAMIRA Nº 83

22 | Concello de Brión

PASATEMPOS

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

Un pouco de humor...

Page 23: 83 - ALTAMIRA Nº 83

Revista Altamira | 23

O CONCELLO DE BRIÓN DESÉXALLES UN BO NADAL E UN PROSPERO ANO 2012

ULTIMA PÁXINA

NOVAS TECNOLOXÍAS

A neve cubre as procuras en Google

As procuras a través do buscador de internet Google énchense de neve grazas a un novo truco. Ao escribir na barra de búsquedas as palabras “let it snow” (deixa que neve), a neve apoderase da páxina e comeza a caer, cubrindo de branco a pantalla de resultados.

Este non é máis que un dos seus “non tan coñecidos” trucos co cal dan a sua peculiar benvida ao Nadal. Estes trucos consisten en escribir determinadas palabras na barra de buscas de Google e no momento de facer clic no botón de buscar algo “maxico” ocorre coa paxina de resultados.

A continuación deixamosche uns cuantos para que poidas pasar un anaco entretido:

Let it snowDo a barrel rollmake google logo black and whitegoogle l33t + “voy a tener suerte”google locogoogle gothicewmew fudd

CURIOSIDADES

O popular buscador da a benvida ó Nadal a través dun dos seus famosos trucos

xx-klingonxx-pinglatingoogle cheesegoogle bsdgoogle linuxgoogle easter eggs

Page 24: 83 - ALTAMIRA Nº 83

t Magosto 2011 | Imaxe do pasado 25 de novembro que se aprecia os numerosos veciños e veciñas que participaron na festa do Magosto

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org