93 - altamira nº 93

24
BRIÓN EN FOTOS Presentouse o libro de fotografía que se agasalla con este número da “Altamira” Entrevista Luciano Fernández, xubílase tras catorce anos á fronte dos institutos de Brión PÁXS. 12 - 13 PÁX. 9 Nova potabilizadora Brión - Ames para antes do Verán O orzamento municipal para 2015 ascende a 5 millóns de euros FORMACIÓN: Novas tecnoloxías, inglés e competencias clave, no mes de marzo Altamira febreiro2015 Nº 93 - FEBREIRO 2015 - ANO XXIX REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN PÁXs. 6-7 PÁX. 15

Upload: concello-de-brion

Post on 07-Apr-2016

275 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Revista Altamira Nº 93

TRANSCRIPT

Page 1: 93 - ALTAMIRA Nº 93

BRIÓN EN FOTOSPresentouse o libro de fotografía que se agasalla con estenúmero da “Altamira”

EntrevistaLuciano Fernández, xubílase tras catorce anos á fronte dos institutos de Brión

PÁXS. 12 - 13PÁX. 9

Nova potabilizadora Brión - Ames

para antes do Verán

O orzamentomunicipal para 2015 ascende a 5 millóns de euros

FORMACIÓN: Novas tecnoloxías, inglés e competencias clave, no mes de marzo

Altamira febreiro2015

Nº 93 - FEBREIRO 2015 - ANO XXIX REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

PÁXs. 6-7 PÁX. 15

Page 2: 93 - ALTAMIRA Nº 93

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nosos

ACTUALIDADE

REPORTAXE

ACTUALIDADE

BRIONESES

ACTIVIDADES

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

PÁX. 3

PÁXs. 4 - 5

PÁXs. 6 - 11

PÁXs. 12 - 13

PÁXs. 14 - 15

PÁXs. 16 - 20

PÁX. 21

PÁX. 22

PÁX. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Artes Gráficas AlonsoMail:[email protected]

Parece que o ano 2015 empezou onte e xa estamos meti-dos de cheo no tempo do Entroido. Esta época xunto coa pasada de Nadal, son especialmente importantes dentro da actividade cultural do Concello. Todos os brioneses e brionesas debedes saber que tanto a Cabalgata de Reis como o Festival de Entroido son duas das actividades mais multitudinarias e envexadas de toda a comarca.

Ademais como novas salientables, cabe destacar a apro-bación do orzamento municipal de cara a este ano, que medrou case que un 5% repecto do anterior, a mellora en estradas e beirarruas, a nova e esperada potabilizadora de Brión e Ames, etc.

Tamén se fai unha mención especial a asociación “O Es-quio no Piñeiro” polo seu esmerado e laborioso libro “Brión en Fotos” e que agora o Concello distribue xunto con este número de ALTAMIRA.

Disfrutade da lectura e recibide un cordial saúdo.

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

BIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

Page 3: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 3

Non podía ser doutro xei-to. Un lugar tan emblemático como a Carballeira de Santa Minia foi a guinda final para os alumnos e alumnas do Obra-doiro de Emprego Entre Ríos, que xestionan conxuntamen-te os Concellos de Brión e de Ames e que permitiu poñer en valor gran parte da rique-za natural brionesa. Un obra-doiro no que participaron 22 alumnos, que nas próximas semanas recibirán os seus di-plomas acreditativos dun cur-so formativo no que, ademais de aprender un oficio e mello-rar a súa capacidade de acce-so ao mercado laboral, tamén acometeron obras moi signifi-cativas das que disfrutarán os veciños e veciñas de Brión.

A actuación máis complexa foi a conservación e estabiliza-ción de ribeiras na contorna de Outeiro de Rial, para di-minuir a erosión do solo pola acción do río. O alumnado fixo labores de desbroce, limpeza do leito do río e construíu un entramado de madeira con colocación de faxinas vivas. Tamén desenvolveron desbro-ce, limpeza das beiras do río e podas de mantemento na área recreativa do río Pego.

Na ruta entre Viceso e Lua-ña acondicionaron o novo tra-zado con desbroces, limpeza de maleza e canais de auga, quedando pendente a sina-lización da ruta, que se fará antes do remate do obradoiro.

O patrimonio natural brionés recupera o seu esplendor

Brión e Ames apostan por un novo obradoiro para servizos sociais

Os bos resultados ob-tidos no obradoiro “En-tre Ríos” motivaron que os Concello de Brión e de Ames volvesen solicitar un novo obradoiro, nesta oca-sión cos servizos sociais como pedra angular do proxecto.

A iniciativa xa foi pre-sentada diante da Xunta de Galicia e tivo unha boa acollida, polo que os alcal-des de ambos municipios esperan poder reeditar este mesmo ano un proxecto en cooperación que tan bos re-sultados ten colleitado.

Integrantes do obradoiro “En-tre Ríos” durante unha das súas actuacións

Unha das actuacións máis complicadas afrontadas con éxito: a corrección hidrolóxica en Outeiro do Rial

Acondicionamento do camiño de monte que comunica co Castro Lupario

Traballos para a posta en valor da ruta de sendeirismo deViceso a Luaña

Vista da senda do Castro Lupa-rio ata o río Sar, unha vez libre de lodos

ACTUALIDADE

Page 4: 93 - ALTAMIRA Nº 93

4 | Concello de Brión

REPORTAXE

O pleno municipal de Brión aprobou os seus Orzamentos Municipais para 2015, que ascenden a 5,06 millóns de euros, incrementan nun 60% a partida destinada a investi-mentos reais e reducen nun 19% o gasto en amortización de préstamos. Unhas contas que foron aprobadas cos votos a favor dos grupos municipais do PSOE e do PP, así como coa abstención do BNG.

O alcalde Xosé Luís García explicou que os orzamentos para 2015 “son os mellores que podemos presentar, nas actuais circunstancias e den-tro do que a lei nos permite”, xa que lembrou que a boa xes-tión económica levada a cabo en Brión de sempre permitiu que o Concello conte cun im-portante superavit, pero que non pode utilizar para inves-timentos por mor das regras de xogo establecidas dende o Goberno Central. Por iso, o al-calde tivo palabras de agrade-cemento para a Interventora e de todos os funcionarios para

poder aprobar as contas en tempo e forma. Uns orzamen-tos que ascenden a 5.068.905 euros, o que supón un incre-mento dun 4,77% con respec-to ao exercicio anterior.

INVESTIMENTOS

García destacou especial-mente o aumento da partida destinada a investimentos re-ais, que medra nun 60% con respecto ao 2014. Unha par-tida na que máis do 85% dos investimentos está dirixido a arranxos e melloras nas pis-tas municipais, a mellora da sinalización viaria, alumeado público ou humanizacións de espazos públicos.

Así, o Concello de Brión investirá en 2015 un total de 272.082 euros en mante-mento e mellora de pistas. O proxecto máis importante, or-zamentariamente falando, son os 113.969,9 euros incluídos no POS 2015 para o mante-mento de pistas en Guitiande e Chave de Carballo, nas es-

Medran os investimentos, redúcese a débeda

ORZAMENTOS 2015

Os Orzamentos para 2015 ascenden a cinco millóns de euros, aumentan nun 60% os investimentos e reducense nun 19% os préstamos

Melloraranse as instalacións eléctricas do campo municipal de fútbol de herba artificial e substituiranse as luminarias

Page 5: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 5

REPORTAXE

tradas Vilanova-O Rial e Go-sende-Souto; e en varias rúas de Pedrouzos e Lamiño. Así mesmo, contémplanse outros 90.678,85 euros para melloras e mantemento de camiños ru-rais (froito dunha subvención nominativa da Deputación da Coruña) e outros 67.433 euros para actuacións en camiños de titularidade municipal.

Paralelamente, o Conce-llo de Brión investirá tamén 42.000 euros na restauración da sinalización viaria en todo o municipio, cunha partida especial de 19.000 euros para a sinalización vial na urbaniza-ción Monte Devesa, e instala-ción de redutores de velocida-de, logo da boa acollida tida polos instalados na recta de Bastavales.

O alcalde de Brión salien-tou tamén dous investimentos concretos: os 15.000 euros para a construción dun parque infantil en Xinzo (Bastavales) e os 5.000 euros para a adqui-sición dunha máquina para a limpeza de fosas sépticas.

Os orzamentos do Con-cello de Brión para este 2015 contemplan tamén un investi-mento de máis de 10.000 eu-ros nas instalacións eléctricas do campo municipal de her-ba artificial, así como outros 5.500 euros para reposición e

substitución de luminarias.

A previsión é que o gastos en enerxía eléctrica baixará un 7,8% con respecto ao ano 2014, no que se rexistrou un gasto de máis de 180.000 eu-ros no alumeado público.

Por último, as contas ta-mén contemplan unha parti-da de case 32.000 euros para acondicionar unha beirarrúa entre o polideportivo munici-pal e o acceso ao colexio de Pedrouzos e ao instituto de Brión.

Mantéñense as axudas ás aso-ciacións e inclúense convenios coas escolas unitarias

En canto ao resto de par-tidas de gasto, os orzamen-tos de 2015 contemplan unha pequena baixada dos gastos de persoal debido á xubilación dun traballador que non puido ser cuberta e ao mantemento dos soldos do resto dos traballadores. Unha baixada que se pro-duce tras o incremento do 10,5% do ano pasado, debi-do á contratación do Grupo de Emerxencias Supramuni-cipal (GES), que está integra-do por 12 membros.

No capítulo de gasto so-cial, mantéñense as axudas económicas a asociacións, así como aos centros edu-cativos, onde se inclúen ta-mén convenios coas escolas

unitarias dos Ánxeles, Bas-tavales e A Luaña. Pola con-tra, baixa a achega creada o ano pasado para Axudas de Emerxencias, debido a que o ano pasado se incluí-ra un orzamento especial para axudar á reconstrución dunha vivenda queimada e a unha baixada nas achegas á Mancomunidade Serra do Barbanza. “En todo caso, as cantidades que van nos orzamentos son as que nos indicaron dende os Servizos Sociais e incrementaranse de ser preciso”, explicou Xosé Luís García.

DÉBEDA

Finalmente, no capítulo de endebedamento, o Con-

cello de Brión sitúase no 15,5%, moi lonxe da porcen-taxe permitida pola Lei. Así as cousas, a débeda total do Concello de Brión ascende a 153.000 euros, despois dunha nova redución do 19% este ano que se suma á redución do 33% experi-mentado en exercicios ante-riores.

Deste xeito, o Concello de Brión tan só ten dous préstamos pendentes po-las obras realizadas para a construción da nova Casa do Concello e da piscina muni-cipal. O superávit deste ano ascendeu a 528.051 euros e o remanente total de Te-sourería acada os 1.485.140 euros.

O Concello acometerá un plan para restaurar a sinalización viaria en todo o municipio, cunha actuación específica na urbanización Monte Devesa

O Concello asinará convenios de colaboración coas escolas unitarias de Bastavales (imaxe), Ánxeles e A Luaña

Page 6: 93 - ALTAMIRA Nº 93

6 | Concello de Brión

Case un cuarto de millón de euros para a mellora de estradas e beirarrúas

MANTEMENTO DE ESTRADAS

O Concello de Brión construirá unha beirarrúa nas inmediacións do polideportivo para mellorar a seguridade viaria dos nenos e nenas do CEIP Pedrouzos e do IES Brión

O Concello de Brión vai in-vestir máis de 236.000 euros en traballos de mantemento e mellora de estradas e beira-rrúas do municipio durante os próximos meses. Uns traballos que serán financiados con car-go ao Plan de Conservación ás Obras e Servizos (POS 2015) e a un convenio asinado entre o Concello de Brión e a Deputa-ción Provincial da Coruña.

O POS 2015, que ascende a 234.041,10 euros, destina máis de 145.000 euros a dous proxectos de investimento. O primeiro é para o mantemento de pistas en Guitiande, Vila-nova-O Rial, Gosende-Souto e Chave de Carballo, que inclúe tamén traballos de mantemen-to nas rúas de Pedrouzos e de Lamiño. Un proxecto orzamen-tado en 113.969 euros.

O segundo proxecto permi-tirá construír unha beirarrúa, emprazada nas inmediacións do pavillón polideportivo, e que mellorará a seguridade viaria dos nenos e nenas que se achegan aló dende o CEIP de Pedrouzos e o IES Brión. Un proxecto que supón un ivesti-mento de 31.774 euros.

O alcalde de Brión, José Luís García, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, asinaron un convenio de colaboración para investir un total de 90.678,85 euros en traballos de mantemento de camiños interiores e pis-tas entre distintos núcleos do municipio.

Así, nas pistas de Chave

de Ponte, A Telleira, Guisan-de, Pérros, Lamiño e Vioxo de Abaixo vaise realizar un tra-tamento superficial; mentres que no camiño de entrada á aldea de Gándara (Bastava-les) está previsto nivelar o te-rreo e pavimentar con triple rego asfáltico.

Segundo explica José Luís García, “trátase de camiños

moi utilizados polos veciños e veciñas que, cos temporais do ano pasado e sumando este segundo inverno, esta-ban nun estado deficiente para a circulación”. Con este convenio de colaboración entre o Concello e a Deputa-ción facilitarase o acceso ao tráfico rodado e garantirá un bo estado dos viarios polos próximos anos.

Mantemento de camiños interiores e pistas

ACTUALIDADE

Page 7: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

A nova potabilizadora de Brión e Ames entrará en servicio antes deste verán

INFRAESTRUTURAS

Terá unha capacidade de 175 litros por segundo e permitirá rematar cos problemas de subministro de auga que adoitan producirse durante o verán

Despois de varios anos de traballo, o ambicioso proxecto de abastecemento de Brión e Ames entra na súa fase final. De feito, dende a Xunta mes-mo poñen unha fecha: a nova estación de tratamento de auga potable (ETAP) entrará en servizo antes deste verán. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Váz-quez, durante unha recente visita ás instalacións, na que estivo acompañada polo alcal-de de Brión, José Luís García, e o seu homólogo de Ames, Santiago Amor.

Ethel Vázquez destacou que se trata duns traballos de gran relevancia nos que se in-visten 8,2 millones de euros, grazas á colaboración entre a Xunta e os concellos para o desenvolvemento de infraes-truturas esenciais para mello-rar a calidade de vida dos seus veciños.

Un punto no que incidiu especialmente o alcalde José Luís García, quen lembrou que “despois de case seis anos de traballo, finalmente o proxec-to está a piques de ser rema-tado e permitirá rematar cos problemas de subministro que teñen afectado ao Val da Amaía durante moitos ve-ráns”.

E é que as novas instala-cións terán capacidade para subministrar 175 litros de agua potable por segundo, un caudal suficiente para a po-boación de ambos concellos. Agua extraída do río Tambre, tratada para o seu consumo e almacenada nuns depósi-tos con suficiente capacidade para cubrir a demanda.

A ETAP terá capacidade para atender a 42.000 persoas

A nova ETAP, situada nas cercanías da Ponte Maceira, terá unha capa-cidade de 175 litros por segundo, o que suporá unha mellora substancial no servizo que se presta actualmente aos veciños de Brión e de Ames. Ade-mais, a instalación está deseñada para poder dar servicio nun futuro a unha poboación estimada de 97.000 cidadáns.

O proxecto de abaste-cemento de Brión e Ames suporá un investimento de 8,2 millóns, dos cales a Xunta achega o 80% e o resto xa foi entregado po-los dous municipios.

A conselleira Ethel Vázquez visitou as instalacións da nova ETAP canda os caldes de Brión e de Ames

Page 8: 93 - ALTAMIRA Nº 93

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

Xa podes facer no Concello o cambio de domicilio do teu vehículo, sen ter que ir ata Santiago

CONVENIO CON TRÁFICO

O alcalde de Brión, José Luís García, e a xefa provincial de Tráfico de A Coruña, Ma-ría Victoria Gómez Dobarro, asinaron dous convenios de colaboración en materia de tráfico e de seguridade viaria. “Ademais de colaborar para mellorar a seguridade viaria en Brión, o principal beneficio para os nosos veciños é que non terán que desprazarse ata a oficina local de Tráfico de Santiago para tramitar o cambio de domicilio tanto no Rexistro de Condutores como no Rexistro de Vehículos da Dirección Xeral de Tráfico. Bastará con que se acheguen polo Concello”, explica José Luís García.

Deste xeito, os veciños e veciñas de Brión que precisen facer este cambio só terán que presentar a súa solicitude diante do Concello de Brión, na que se identifica como po-suidor do vehículo e presentar

o seu DNI. O Concello de Brión enviará por correo electróni-co a solicitude á Oficina Lo-cal de Tráfico de Santiago de Compostela, que anotará nos rexistros correspondentes os cambios de domicilio.

Como non é preciso ex-pedir un novo permiso de condución, o veciño poderá

seguir circulando co seu per-miso actual, aínda que teña o domicilio antigo.

Isto será posible grazas á adhesión do Concello de Brión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federa-ción Española de Municipios e Provincias (FEMP) en mate-

ria de seguridade viaria. Un convenio que permitirá o ac-ceso de ambas entidades aos rexistros de datos. Así mesmo, subscribiuse un segundo acor-do polo cal o Concello de Brión podería solicitar a cesión tem-poral dos vehículos e equipos medidores (etilómetros, cine-mómetros, medidores de po-tencia...) para realizar algunha acción de seguridade viaria no municipio.

Así mesmo, José Luís Gar-cía e María Victoria Gómez asinaron a constitución dunha comisión de seguimento des-te convenio bilateral, que se reunirá semestralmente e da que formarán parte o subxe-fe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez Martínez; a xefa de Sección de Tráfico, Rosa María Mourelle; o xefe da Policía Lo-cal de Brión, Marcos Delgado; e o funcionario do Concello de Brión encargado de facer es-tes trámites, Javier Vidal.

Brión asina tamén un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico en materia de seguridade viaria

O alcalde José Luís García e a xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Victoria Gómez Dobarro, asinaron o convenio

Brión, sempre compro-metido coa lingua galega e coas novas tecnoloxías, ofre-ce aos cidadáns un novo xei-to de acceder ao seu portal web institucional. Trátase do novo enderezo www.conce-llodebrion.gal, que se une ao xa existente www.concello-debrion.org.

Brión é un dos municipios galegos pioneiros en adoptar o dominio.gal, una iniciativa a prol da nosa lingua e cul-tura na cada vez máis globa-lizada sociedade da informa-ción. Unha marca de Galicia para Internet que identifica os contidos que xera o Con-cello de Brión na Rede e que teñen un forte vencello coa

nosa terra. Unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña.

Este novo dominio xa se atopa en funcionamento, polo que os cidadáns xa po-den empregalo para acceder ao contido web que o con-cello ofrece na súa páxina principal. Ademais, o Con-cello de Brión tamén conta coas páxinas www.infobrion.com (creada canda a Uni-versidade de Santiago para recoller información sobre a veciñanza brionesa) e www.briondixital.org (plataforma para cursos educativos).

O Concello de Brión estrea dominio .gal

Page 9: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Co agasallo do libro “Brión en fotos: unha memoria visual do século XX”, que acompaña a este exemplar da revista “Al-tamira”, o Concello de Brión culmina un proxecto que co-mezou a tomar forma hai xa dez anos na Casa da Cultura: crear un arquivo fotográfico de Brión. Un libro realizado pola asociación O Esquío no Piñeiro ao abeiro da Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que se repar-te entre a veciñanza grazas ao Concello, que financiou a edi-ción especial do libro que tes na túa man.

Un compendio fotográfico que nace cun arrecendo de éxito inmediato, como se pui-do comprobar na inauguración da exposición fotográfica cele-brada na sala municipal de ex-posicións, que por vez primeira non foi quen de albergar a to-dos os veciños e veciñas que se achegaron. O alcalde José Luís García convida á veciñanza a “disfrutar este libro coa familia e cos amigos, pois estou con-vencido de que será fonte de moitas e moi interesantes con-versas sobre Brión, sobre as nosas aldeas e mesmo sobre a nosa propia familia”.

NOVO LIBRO EN BRIÓN

Máis de douscentos veciños arrouparon á asociación O Esquío no Piñeiro na presentación do libro “Brión en Fotos”, que se agasalla con este número de “Altamira”

Agradecemento a “O Esquío no Piñeiro”“Brión en fotos. Unha

memoria visual do s. XX” é un proxecto no que “O Esquío no Piñeiro” levaba traballando algo máis de 5 anos. Supuxo a recollida, escaneado e posterior de-volución de máis dun mi-lleiro de fotografías antigas da veciñanza de Brión. Un libro deseñado e maqueta-do por Armando Patiño, con textos de Manuel Xesús Xi-ráldez (profesor de Lingua e Literatura no IES de Ames) e

ilustracións de Xosé Vizoso, ilustrador e deseñador de Sargadelos.

Dende “Altamira” consi-deramos de xustiza agrade-cer o seu traballo, así como a todos os integrantes da asociación que traballaron na recollida das imaxes: Ju-lio Mallo Nieto, Dora Viei-ro, Marcos Delgado e José Manuel Trigo Romero, re-coñecido por todos como a “alma máter do proxecto”.

A nosa historia, en fotos

José Luís García,alcalde de Brión

“Brión é o único Conce-llo da contorna que agasalla cun libro a cada veciño que se empadroa. Con Brión en fotos xa serán 6 os libros que teremos editados sobre a historia de Brión”

Ovidio Rodeiro,d.x. Xuventude

“É moi necesaria a im-plicación da veciñanza nun proxecto deste tipo. Ver tal cantidade de xente é a me-llor forma de arroupar esta iniciativa”

Armando Patiño,O Esquío no Piñeiro

“Son fragmentos dun-ha realidade inmediata e próxima de Brión que non queremos esquencer. Son fotos de festas, de traballos, da vida cotiá, de paisaxes... que conseguimos grazas a que moita xente nos deixou buscar nos seus caixóns, facendo unha especie de arqueoloxía da memoria. Unha memoria que non de-bería perderse nos faiados”.

Con “Brión en fotos”, xa son seis os libros editados polo Concello: “Historia de Brión”,

“Aldeas”, “Brétemas Luzadas”, “Nas raíces de Brión” e “Terras de Compostela”.

Page 10: 93 - ALTAMIRA Nº 93

10 | Concello de Brión10 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

O Concello lembra as obrigas que teñen que cumprir osdonos de animais domésticos de compañía

RECORDATORIO

Diante o incremento de queixas veciñais, sobre todo en Monte Balado, o Concello fai un chamamento á convivencia e lembra a obriga de cumprir a ordenanza municipal

A ITV para vehículos agrícolas estará en Viceso o 3 de marzo

O Concello de Brión in-forma de que o próximo martes 3 de marzo despra-zarase ata o noso municipio a Unidade Móbil Número 3 para a inspección técnica de vehículos agrícolas (sen car-ga). A admisión de vehículos con características particu-lares estará condicionada á posibilidade de realizar as inspección regulamentarias.

A Unidade Móbil estará situada no Adro da Igrexa de

Viceso, o martes 3 de Marzo, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Aqueles veciños que estean interesados en utili-zar este servizo da ITV agrícola, po-den solicitar cita previa a través do teléfo-no 902 30 90 00 ou a través da páxina web: www.sycitv.com

PIDE CITA PREVIA

Durante as últimas se-manas incrementaronse o número de queixas veciñais relacionadas con animais de compañía, tanto polo incivis-mo dalgúns donos que non recollen as deposicións das súas mascotas como polo fei-to de que os animais non vaia suxeitos con cadea ou correa nas vías públicas. O maior nú-mero de queixas chegan da ur-banización Monte Balado, polo que dende “Altamira” conside-ramos interesante lembrar a existencia dunhas normas de obrigado cumprimento para os posuidores de animais de com-pañía, deseñadas para facilitar a convivencia de todos.

Así, a vixente Ordenanza municipal de posesión e custo-dia de animais, establece entre outras, as seguintes NORMAS BÁSICAS:

1.- Con carácter xeral auto-rízase a posesión de animais domésticos de compañía nos domicilios particulares, estan-do condicionada a que as cir-

cunstancias hixiénicas do seu aloxamento sexan óptimas, á ausencia de riscos no aspecto sanitario e á inexistencia de perigos ou molestias evitables para as persoas.

2.- Con tal finalidade, des-de as 22:00 ata as 8:00 horas prohíbese deixar nos patios, terrazas, galerías ou balcóns, aves e animais en xeral que cos seus sons, ouveos ou can-tos perturben o descanso ou tranquilidade dos veciños. No resto do día os propietarios tamén tomarán as medidas precisas para que non se pro-duzan molestias á veciñanza.

3.- Nas vías públicas e os espazos naturais protexidos OS CANS IRÁN SUXEITOS CON CADEA OU CORREA.

4.- Prohíbese a circulación e permanencia de cans e ou-tros animais nas piscinas pú-blicas durante a tempada de baño.

5.- Queda prohibida a en-trada de animais en recintos

de prácticas de deportes e de xogos infantís ou naqueloutras zonas que o Concello determi-ne atendendo ás súas dimen-sións ou réxime de usos.

6.- Queda expresamente prohibido que os cans accedan ás zonas de xogo infantil das prazas e parques do municipio.

7.- Prohíbese lavar animais na vía pública e fontes, así como darlles de beber auga afociñados ás billas das fontes.

8.- OS CANS CATALOGADOS COMO POTENCIALMENTE PE-RIGOSOS terán que circular polas vías públicas e en lugares e espazos de uso público, ATA-DOS CON CADEA OU CORREA NON EXTENSIBLE, PROVISTOS

DA CORRESPONDENTE BUCEI-RA homologada e adecuada para a súa raza.

O incumprimento das nor-mas recollidas na ordenanza implica a imposición das san-cións que nela se especifican, de acordo coa Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade. O cumprimento destas normas é un ben para todos os que frecuentamos os espazos públicos e, en es-pecial, para os máis pequenos nas súas áreas de xogos e para as persoas que circulan en cadeiras de rodas, o que nal-gúns casos as obriga a utilizar as mans para impulsarse ato-pando nas beirarrúas os escre-mentos dos cans.

Page 11: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 11Revista Altamira | 11

ACTUALIDADE

Grazas, grazas, grazas, gra-zas... Aínda que encheramos toda a revista de agradece-mentos, quedariamos moi curtos ante a extraordinara solidariedade amosada pola veciñanza de Brión durante a terceira campaña de nadal de “Brión Solidario”. Practicamen-te se duplicaron as achegas de edicións anteriores!!!

Por iso, o alcalde José Luís García afirma que “a solidarie-dade da veciñanza de Brión, ben de xeito individual ben a través de movementos veci-ñais, empresas ou entidades deportivas foi asombrosa e non temos máis que palabras de agradecemento por tal ni-vel de cooperación nuns tem-pos que non son nada doados para ninguén”. Este feito, uni-do á contribución do Banco de Alimentos, fixo que “levemos bastante traballo adiantado de cara a próxima entrega de ali-mentos en marzo”.

Un reparto no que estarán presentes as achegas realiza-das durante o partido solidario organizado pola UD Bastava-les, e no que participaron a SD Brión e a SD Luaña. Un acto que foi apoiado polo sector hostaleiro do municipio, que participou na recollida de ali-mentos. Como tamén estarán os alimentos recollidos pola piscina municipal, que orga-nizou un maratón solidario de zumba.

A solidariedade gaña por goleada en Brión

Gran éxito da recollida nos supermercados Froiz e Claudio

Dende os Servizos So-ciais de Brión salientan o éxito doutra das novida-des deste ano: a recollida de alimentos directamen-te nos supermercados. Unha iniciativa á que se sumaron o supermercado Froiz de Monte Balado e o supermercado Claudio de Pedrouzos.

Ademais, tamén sa-lientan a importante ache-ga recibida este ano polo Banco de Alimentos, es-pecialmente con produtos como leite e galletas, así como unha significativa partida de turrón.

A UD Bastavales entregou aos Servizos Sociais de Brión o recollido no triangular solidario coa SD Brión e a SD Luaña

Os rapaces da UD Bastavales tamén se sumaron á iniciativa solidaria dos seus maiores e ofreceron un gran espectáculo

O Concello agradece a extraordinaria solidariedade veciñal e a achega do Banco de Alimentos durante a campaña de Nadal

Recollida masiva entre a veciñanza de Ons

Dende “Altamira” que-remos tamén ter un reco-ñecemento especial para todas aquelas asociacóns veciñais e parroquiais que se mobilizaron para a recollida de alimentos. Mención especial para os veciños e veciñas da parroquia de Ons, que se organizaron para realizar unha recollida masiva en-tre a veciñanza.

Page 12: 93 - ALTAMIRA Nº 93

12 | Concello de Brión

BRIONESES

- Que se atopou ao chegar ao IES Esparís?

- Nada máis chegar notei as carencias, pois non reunía as condicións para impar-tir un ensino de calidade. E nada máis asumir a Dirección o meu primeiro obxectivo foi poder conseguir un novo cen-tro. Puxémonos en marcha con moito esforzo e con moi-tos atrancos, que superamos grazas á colaboración do Con-cello de Brión.

- A que tipo de atrancos se refire?

- Por exemplo, non había Aula de Informática, que foi unha das primeiras cousas que fixemos. Pero ademais carecía de laboratorios, de aulas para desdobles, de despachos, de

zona para os administrativos... Como dixo unha ex-alumna no seu discurso de fin de curso: estabamos como en latas de sardiñas. E, ademais destas carencias, o centro estaba xa desbordado e incapaz de acoller a novos alumnos nun futuro. Cando nos traslada-mos a Pedrouzos eramos 200 alumnos! O ratio de metros cadrados por alumno non se cumpría en absoluto.

- En ocasións temos es-coitado que esa falta de es-pazo era especialmente pre-ocupante, pois mesmo podía ser a orixe de problemas de conflictividade entre o alum-nado.

- Cando traballas con ra-paces sabes que se o espazo

é moi pequeno sempre hai maiores molestias. No novo IES a conflictividade despare-ceu. Podemos dicir que é un centro que non ten conflitos.

- Supoñemos que tamén axudará a participación en proxectos pioneiros como “Titores en igualdade” ou o de mediadores feito en cola-boración co Concello?

- En efecto, as medidas non se toman cando hai pro-blemas, senon que hai que previr.

- Que recordos garda desa primeira etapa en Esparís?

- O certo é que gardo certa nostalxia, pois foi onde naceu a educación secundaria en Brión.

- Entón, supoñemos que lle doería ver o estado no que se atopa actualmente ese in-moble?

- Iso foi lamentable. O maior atranco que tivo ese centro foi que dende Educa-ción lle querían vender o cen-tro a Presidencia para facer algo aló. Falouse de progra-mas de formación profesional, dunha escola taller e incluso dun campamento de verán e dun centro para maiores. Pero todo quedou no aire e hoxe é unha pena. Eu non vou por

Luciano Fernández, xubílase tras catorce anos á fronte dos institutos de Brión

Nacido en Lugo (1953), casado e cun fillo, Luciano Fernández pa-sou catorce anos da súa vida en Brión, á fronte do IES Esparís, primeiro, e do IES Brión, ata a súa recente xubilación. “Na edu-cación non debería haber política”, defende alguén que formou a gran parte da cidadanía non só de Brión, senón de toda a contor-na de Compostela.

O IES Leiadoura (Ribeira), o IES de Sar (Santiago), o IES de Ca-cheiras (Teo), O IES de Bertamiráns (Ames) e os IES de Esparís e de Brión estiveron baixo a súa responsabilidade, pois Lucia-no Fernández foi o encargado de poñelos en marcha. E sempre baixo unha mesma filosofía: unha boa educación forma persoas, non simplemente estudantes.

“Hoxe hai alumnos e alumnas no IES que son unha virguería. Darán moito que falar”

“Na educación non debería haber política”

“O Concello de Brión, a ANPA e o propio centro fixemos piña para conseguir a construción do IES Brión”

Page 13: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 13

BRIONESES

práctica, que gustaba a todos os alumnos e na que apren-dían moito, como é tecnoloxía, que queda como optativa nun curso. Non ten sentido.

- Como ve o próximo futu-ro no IES Brión?

- O IES ten que ser un cen-tro vivo, non quedar nesas pa-redes, ten que saír ao exterior. Unha das cousas que non sou-ben facer foi dar a coñecer o

centro fóra desas paredes. Alí hai unha gran calidade huma-na, pero non nos vendemos ben. Hai que venderse máis e participar tamén coa comuni-dade educativa.

- Sen embargo todos os anos temos novas dalgún pre-mio extraordinario de Bacha-relato a alumnos do centro.

- Hoxe hai unha morea de alumnos e alumnas no IES Brión que son unha auténtica virguería. Darán moito que fa-lar. Somos un centro con moi-tos Premios Extraordinarios de Bacharelato, pero non vende-mos o que temos. E non nos viría nada mal.

aló porque che cae a alma aos pes.

- Como recibiu a noticia da construción dun novo IES?

- No 2005 publicouse no DOG que se ía construír o IES Brión cunha achega de dous millóns de euros. Pero mu-dou a Xunta e replanteouse a necesidade do centro. Conce-llo, ANPA e o propio instituto fixemos piña para conseguir a construción do IES Brión. E no ano 2008 xa empezamos as primeiras clases.

- Que lembra deses meses nos que se replantexou a ne-cesidade do proxecto?

- Lembro que o Delegado de Educación non quixo nin entrar no centro para ver as necesidades porque presumía que se trataba dun favor polí-tico. Na educación non pode haber política. Dixo que nos contestaría en dous ou tres meses pero nada, polo que re-tomamos o traballo o Concello de Brión, a ANPA e o instituto. Ao final tardouse un ano.

- Ao final ese mesmo equi-po pon en marcha o proxecto e o IES Brión convértese nun-ha realidade. Como viviu ese cambio a Pedrouzos?

- Era o resultado dunha loita de moitos anos. Lembro cando na inauguración fixen referencia á necesidade de ofertar bacharelato en Brión. O alcalde recolleu de inme-diato o guante e negociou co daquela presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a chega-

da do bacharelato a Brión. E conseguíuno ese mesmo ano e puidemos ofertar Ciencias e Tecnoloxía e Humanidades e Ciencias Sociais xa no curso 2008-2009.

- Que supuxo o Bacharela-to para Brión?

- Antes os rapaces tiñan que trasladarse ata Bertami-ráns ou ata Santiago. E pense-mos no que iso supoñía cando non había autovía, cando facer eses 15 quilómetros che podía levar máis de 40 minutos.

- Dicía que en educación non debería haber política.

- En efecto. Levamos sete leis de Educación. Non ten sentido. O normal é ter unha lei e modificar aquilo que non funciona ben ou que funciona peor. Non se pode dicir que non vale. Agora volvemos ás reválidas, igual que cando eu estudaba. Estamos dando paos de cego, cando o normal é modificar só o que non fun-ciona.

- Semella que non está moi de acordo coa LOMCE do ministro Wert.

- En primeiro lugar, non hai partida económica para apli-cala. Ademais, preocúpame especialmente que esta nova lei se carga unha materia moi

“Levamos sete leis deEducación. Non ten sentido”

“Brión está á altura de concellos moito maiores”

- O seu lugar favorito...- O instituto, sen dúbida.

- Que vai botar máis de menos?

- Aos meus alumnos e alumnas.

- Que lle pareceron es-tes quince anos vivindo en

Brión?- Penso que Brion reú-

ne moitas e moi boas con-dicións e servizos. Sempre haberá algo que lle falte, como en todos os sitios, pero teño que dicir que por número de habitantes Brión está á altura de con-cellos moito maiores.

Page 14: 93 - ALTAMIRA Nº 93

14 | Concello de Brión

ACTIVIDADES

A Aula CeMit de Brión entregou os diplomas acre-ditativos aos participantes nos cursos de formación do proxecto Faite dixit@l!, no que participou unha vintena de mozos e mozas. As mate-rias comprenderon dende o manexo de redes sociais e posicionamento web ata o deseño e programación de

aplicacións para dispositivos móbiles (as coñecidas apps). Unha formación atractiva e de máxima actualidade.

A programación con-tinúa con máis cursos, en quendas de mañá e tarde. Máis información en www.facebook.com/cemitbrion ou no teléfono 981 509 908.

Entrega diplomas ao alumnado dos cursos Faite dixit@l!

O CEIP de Brión vén de abrir o seu proceso de admi-sión de alumnado de cara o curso 2015-2016. Así, os alum-nos e alumnas que están ac-tualmente no centro teñen ata o 15 de febreiro para proceder á reserva da súa praza.

Unha vez rematado este prazo, o día 1 de marzo publi-caranse as prazas vacantes e abrirase un proceso de novas inscricións, que se pechará o 20 dese mesmo mes de marzo. No caso de haber máis solici-tudes ca prazas, aplicarase un baremo obxectivo, polo que é recomendable presentar toda a documentación posible: im-

presos de solicitude, copia Dni dos pais e do alumno/a se o tivera, copia do libro de fami-lia, tarxeta sanitaria, folla de empadronamento da familia, condición de familia numero-sa e/ou monoparental, xusti-ficantes de concurrencia de minusvalía no alumno/a...

Dende o colexio informan de que a listaxe provisional de admitidos se publicará antes do 25 de abril, de xeito que, tras o pertinente periodo de alegacións, a listaxe definitiva será dada a coñecer antes do 15 de maio. A formalización da matrícula farase do 20 ao 30 de xuño.

Aberto o proceso de admisión para o curso 2015-2016

O ex director do IES Brión, Luciano Fernández, asegura nesta mesma revista que unha das cousas das que se arre-pentía da súa etapa á fronte do instituto foi non ser quen de proxectar á sociedade a excelencia do alumnado deste centro. E semella que estes ra-paces non quixeron deixar mal ao seu ex director, polo que seguen a conseguir premios por Galicia adiante.

O último foi o proxecto “Xogando coa luz”, elabora-do por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Brión, que acadou unha Mención Especial no concurso “Sensores para todos”, pro-movido por Igaciencia e patro-cinado por educaBarrié e pola Domus.

Eses alumnos e alumnas que participaron no proxecto son: Christian Capeáns Pérez,

Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio Gonzá-lez, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Ro-dríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus.

O proxecto, enmarcado dentro das actividades organi-zadas ao redor do Día da Cien-cia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas dife-rentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecno-loxía e Debuxo.

O éxito de “Xogando coa luz”, desenvolvido integra-mente con software e hard-ware libre (S4A e Arduino), é unha recompensa ao esforzo que supón a cada vez máis ne-cesaria introdución da progra-mación nas aulas.

Un proxecto do alumnado de 4º da ESO do IES Brión, premiado en “Sensores para todos”

IES BRIÓN

“Xogando coa luz” acadou unha Mención Especial no concurso promovido por Igaciencia

CEIP DE PEDROUZOSAULA CeMIT

Alumnos e alumnas do IES Brión, durante a recollida do seu premio

Page 15: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 15

ACTIVIDADES

A trastenda do EntroidoGARDERÍA/CEIP DE PEDROUZOS

Cada ano, durante o des-file de Entroido, é habitual escoitar iso de moito traballo debeu dar facer iso. E é que estamos tan afeitos a que as cousas sexan porque si, que nin sequera nos plantxamos de onde saíron e como foron posible.

É o caso dos desfiles de Entroido da gardería e do CEIP de Pedrouzos: son posibles grazas á “anónima” colabora-ción de pais e nais como Yo-

landa, Ana ou Eva. E dicimos “anónima” porque o seu tra-ballo pasa desapercibido. Nin-guén sabe que Yolanda pasou as súas boas horas recurtando coches e sinais de tráfico para o traxe do seu pequeno e dos seus compañeiros. E iso que fai dobrete na gardería e no CEIP. “Colaboro cos dous por-que é unha boa ocasión de pa-sar tempo con eles”, explica.

Ninguén sabe que Ana e Eva son as responsables das

cores dos disfraces. “É unha marabilla vir a esta gardería e colaborar cos pequenos, aín-da que están algo acendidos”, bromea Ana. “É o meu segun-do ano e a experiencia é moi boa”, explica Eva, quen sinala que “valoro moito ver como é o día a día da gardería”. Grazas á colaboración anónima des-tas e de moitas máis familias, son posibles este tipo de des-files. E os nenos non levaron un Armani ou un Dior, senón un Yolanda, un Ana ou un Eva.

Pais e nais colaboran coa escola infantil de Brión para a elaboración dos disfraces de Entroido

Veiras Manteiga e Juan Moreno, próximas exposicións

Despois de acoller con gran éxito a exposición fo-tográfica do libro “Brión en fotos”, a sala municipal de exposicións acollerá entre o 13 de febreiro e o 6 de marzo a exposición “Viaxe por Bretaña”, do pintor Veiras Manteiga.

A seguinte cita será o 13 de marzo, coa inaugu-ración da exposición “Arre-dor da paisaxe”, do veciño de Brión Juan Moreno Badía, quen estivo moitos anos no Concello como aparellador municipal.

O monte Muralla, a praia das Catedrais e Ferrol, destinos das rutas do primeiro trimestre de 2015

O Concello de Brión traballa nunha nova edi-ción do seu programa de sendeirismo, que cada ano congrega a centos de veci-ños e veciñas desexosos de coñecer novas paisaxes a golpe de camiñata. Dende “Altamira” xa vos podemos adiantar as tres primeiras citas do ano.

A primeira saída será moi pretiño, ata o Barban-za coa subida ao Monte Muralla. Será o sábado 21 de marzo. Unhas semanas máis tarde, o 4 de abril, a protagonista será unha das marabillas naturais de Ga-licia: a praia das Catedrais, en Ribadeo. E para o sába-do 18 de abril está prevista unha ruta de sendeirismo por Ferrol, na que a súa ría ofrece múltiples recun-chos para perderse e gozar tanto da natureza como do seu patrimonio cultural e industrial.

SENDEIRISMO

O Concello vén de dar a co-ñecer a oferta formativa para o mes de marzo. Un programa que fai especial fincapé nas novas tecnoloxías da comu-nicación e no inglés, xunto á preparación das Competen-cias Clave de nivel 2.

Así, no apartado das no-vas tecnoloxías convócase un Curso de Internet, que terá lugar os martes e xoves do 10 de marzo ao 14 de abril en ho-rario de 10:30 a 12:30 horas. E se aínda te estás iniciando no manexo dos ordenadores, tamén hai un curso de Micro-soft Windows, que terá lugar do 9 de marzo ao 8 de abril, en horario de 20.00 a 22.00

horas. En ambos casos o prezo do curso é de 30 euros e terán lugar na Aula CEMIT de Brión.

No que atinxe ás linguas extranxeiras, o Concello ofre-ce unha oferta formativa es-truturada en diversos niveis e orientada a grupos profe-sionais concretos. Así, haberá cursos de inglés dos niveis bá-sico, medio-baixo, medio-alto e avanzado, tanto en horario de mañá como de tarde. As clases serán no Polivalente e cunha cota única de 25 € ao mes. A proba de nivel farase o 23 e o 25 de febreiro, ás 19:00 horas. Así mesmo, convócanse uns cursos de inglés para re-cepción de hoteis e inglés para

restuarante, os luns e mérco-res entre marzo e maio, cunha cota única de 25 € s ao mes.

Por último, e de cara á vindeira convocatoria para as probas de avaliación en com-petencias clave para acceder ás accións formativas dos no-vos certificados de profesio-nalidade de nivel 2 e 3 de cua-lificación dentro da formación profesional para o emprego, o Concello convoca un curso de preparación das Competen-cias Clave de Nivel 2. As clases comezarán o 2 de marzo.

Máis información e inscri-cións na Casa da Cultura ou no 981 509 908.

Novas tecnoloxías, inglés e competencias cla-ve conforman a oferta formativa para marzo

FORMACIÓN

Page 16: 93 - ALTAMIRA Nº 93

16 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Un Nadal máxicoPROGRAMA DE NADAL

Un ano máis, a festa de Reis puxo o broche de ouro a un intenso programa de actividades lúdicas, sociais e cultural para estas datas de lecer e convivencia familiar. Unha cabalgata que se está a converter en todo un referen-te na contorna, pois cada vez son máis as persoas que nos acompañan aos veciños e ve-ciñas de Brión nesta recepción ás SS.MM. os Reis Magos.

Nun caloroso acto de ben-vida, Melchor, Gaspar e Balta-sar foron recibidos o luns 5 de xaneiro as SS.MM. polas au-toridades e veciños de Brión. Precedidos polos acordes musicais da Banda de Música de Brión, as Súas Maxestades realizaron a ofrenda de pre-sentes ao meniño Xesús no tradicional Belén “vivente”, que se organiza grazas á cola-boración da veciñanza.

Tras a tradicional benvida do alcalde, José Luís García, o rei Melchor dirixiuse ao au-ditorio para transmitir o seu agradecemento polo cálido e cordial recibimento. Na breve elocución pediu esperanza, paz, harmonía e moita soli-dariedade e xenerosidade. De seguido, Melchor, Gaspar e Baltasar ocuparon cadanseu trono, onde rebordaron sim-patía e amabilidade para con

todos os nenos e adultos que quixeron coñecelos en persoa. Non faltaron xoguetes e lam-betadas, que os paxes reais axudaron a repartir entre os meniños que se achegaron.

Un ano mais, mentres os nenos facían ringleira, os adul-tos puideron gozar de choco-late e rosca, servidos polas mulleres da asociación Xun-tanza, grandes colaboradoras

Multitudinario recibimento aos Reis Magos no polideportivo municipal de Brión

Page 17: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 17

CULTURA E DEPORTES

neste evento dende hai anos. Noutro posto, grazas a cola-boración do grupo Bacoga, ta-mén se puideron degustar os flocos de millo.

Unha vez mais debemos destacar e agradecer, en nome da organización, a altísima participación cidadá no even-to. Non so dos veciños de Brión, senón tamén de público procedente de concellos limí-trofes, coma os de Ames ou Rois.

Días antes, o Festival de Títeres de Brión, que cumpriu nesta edición 19 anos, volveu reunir un numeroso e entu-siasta público que encheu a sala. Unha vez mais, nenos e adultos caeron cativos na maxia dos monicreques e as súas divertidas historias para todas as idades. Os monicre-ques de Kukas, con “Xan Peri-llán e a maleta máxica”, e Tí-teres Cachirulo, con “A figueira do Demo”, fixeron as delicias dos presentes.

Entregados os premios do concurso de tarxetas de Nadal

Un Nadal máis, o Con-cello de Brión convocou o concurso de tarxetas de Na-dal destinado aos escolares dos centros de ensino do municipio. Tras unha difícil selección, o xurado escolleu as que considera mellores postais de Nadal deste ano. Ademais, premiou con vales ás escolas de educación in-fantil dos Ánxeles (40 €), Sa-baxáns (25€) e Luaña (20€), así como cun vale de 65€ para as aulas de educación infantil de Pedrouzos e de 25€ para a gardería muni-cipal.

En canto aos alumnos, entregáronse vales canxea-bles por libros, xogos ou material escolar por impor-te de 30, 25 e 20 euros. Os premiados no primeiro ciclo de Primaria foron, por esta

orde, Mara Villamarín Gar-cía, Carolina e Lucas Muñoz Romero; e Carmen Miguens Botana. A gañadora do 2º ciclo de primaria foi Ana Crusat Deza, seguida por Alejandro Mata Souto e Claudia Rodríguez Lorenzo. No terceiro ciclo de Primaria o primeiro premio foi para Alberto Prieto Taboada, se-guido por Brais Pérez López e Alyssa Vidal Casal.

Ademais, levaron un libro de agasallo do Con-cello: Valentina Rodríguez, Iván Becerra, Rosalía García, Paula Villamarín, Cande-la Alonso, Ainhoa Rincón, Pablo Grille, Julia Rama, Adrián Diéguez, Sofia Casal, Manuel Alonso, Claudia Ro-dríguez, Uxía Gómez, Mateo Fernández e Angela Pérez. Parabéns a todos/as.

CONCURSO

Page 18: 93 - ALTAMIRA Nº 93

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Dúas actuacións teatrais por mes“TEATRO... E PUNTO”

O club de lectura da B.P.M. de Brión recibiu a visita de Ma-nuel Iglesias Turnes, autor de “As rapazas de Xan”, unha no-vela editada por Edicions Xerais de Galicia que está a acadar un gran recoñecemento por par-te da crítica e os lectores e xa vai pola súa terceira edición. “As rapazas de Xan” é unha historia coral que nos sitúa nos difíciles días da posguerra para falarnos de amor, traizón e relacións humanas nunha aldea galega en tempos de po-breza e emigración. Unha na-rración que cativa ao lector de comezo a fin a través persona-xes e situacións dunha Galicia que xa só existe na memoria e que as páxinas desta nove-la perpetúan para o recordo.

O escritor nacido en A Baña falou do proceso creativo desta obra, a súa primeira in-cursión no mundo da narra-tiva. Unha novela inspirada en lembranzas e personaxes reais da súa nenez nunha al-dea da veciña comarca bar-calesa. Lugares máis o menos recoñecibles pero totalmen-te extrapolables ao conxun-to da Galicia rural dos anos cincuenta do pasado século. O enriquecedor serán serviu para coñecer de preto ao au-tor, falar con el sobre diversos aspectos da obra e intercam-biar de novo impresións so-bre a lectura da novela que os integrantes da actividade de animación á lectura realizaron o pasado outono.

O Departamento de Cultura traballa nun ciclo que botará a andar o vindeiro 14 de marzo e que incluirá actuacións no Centro Social Polivalente e no Teleclube de Ons

Brión e Castell-Platja d’Aro firman un novo convenio de colaboración cultural

Os concellos de Brión e Castell-Platja d’Aro (Giro-na) veñen de firmar a re-novación do convenio de intercambio cultural para a celebración do Encontro coa Arte “De l’Empordá a Galicia” para os anos 2015-2016, e que nos anos 2013-2014 xa propiciou un interesante intercambio de técnicas e experiencias en-tre unha trintena de artístas galegos e cataláns.

Así, unha decena de artístas galegos despraza-

ranse ata Girona para par-ticipar nunha exposición colectiva de arte, que terá lugar do 11 de abril ao 10 de maio. De cara o verán de 2016, a expedición catalá devolverá a visita a Brión, onde participarán nunha nova edición dos Encontros coa Arte. En ambos casos, os artístas combinarán en-contros culturais con se-sións de pintura ao vivo nas que, ademais de achegar a creación artística ás rúas, permíteselles aprender uns dos outros.

O escritor Manuel Iglesias Turnes visita o Club de Lectura da biblioteca municipal

O Departamento de Cul-tura do Concello está tra-ballando no Ciclo de Teatro Afeccionado, denominado “Teatro... e punto”, para que un ano máis todos os veciños e veciñas de Brión poidan go-zar do teatro como alternativa de ocio. Representaranse un total de 12 obras, cun mínimo de dúas actuacións por mes, que se repartirán ao longo dos meses de marzo, abril, maio, outubro, novembro e decem-bro de 2015.

As funcións terán lugar de xeito alterno no Centro Social

Polivalente de Pedrouzos e no Teleclube de Ons, o segundo e o cuarto sábado de cada mes, respectivamente. En ambos casos, a entrada é totalmente libre e de balde.

O Departamento de Cultu-ra está a ultimar a relación dos grupos de teatro afeccionado que poderemos ver en directo este ano, así como as obras e as datas de actuación. De mo-mento xa podemos adiantar-vos que a primeira actuación terá lugar o sábado 14 de mar-zo no Centro Social Polivalen-te, ás 20:30 horas.

CLUB DE LECTURA

ENCONTROS COA ARTE

Page 19: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

Brión, broche de ouro do EntroidoCONCURSO DE DISFRACES

Os tradicionais desfile e concurso de disfraces terán lugar o domingo 22 de febreiro, o que o converte no último entroido da contorna

Seguro que moitos coñe-cedes a historia do enfronta-mento de Don Carnal e Dona Coresma, que se salda cada ano coa vitoria desta última que dá inicio a eses corenta días previos á chegada da Se-mana Santa. Mais descoñece-mos se Don Carnal se virá re-fuxiar a Brión ou se o poder de Dona Coresma non será om-nipotente, pero a cuestión é que en Brión, as celebracións do entroido se alongan unha semana máis. Concretamente ata o domingo 22 de febreiro, data na que se celebra a gran festa do Entroido brionés, cun desfile, concurso e baile de disfraces.

O desfile comezará ás 16:30 horas na Carballeira de Santa Minia, lugar dende o que disfraces individuais, parellas, grupos, comparsas e carrozas se dirixirán cami-ño do pavillón polideportivo municipal. Iso sempre que o tempo atmosférico o permita, como aconteceu o ano pasa-do despois de varios anos de chuvia. En caso contrario, os participantes concentraranse directamente nas menciona-das instalacións deportivas.

No pavillón celebrarase, como de costume, o concur-so de disfraces. Ao remate do mesmo, o xurado premiará as mellores propostas do Entroi-do deste ano, que competirán en ata sete modalidades dife-rentes. De seguido, a orques-tra “Passarela” amenizará un baile que se prolongará ata ben entrada a noite, durante o que se darán a coñecer os gañadores.

Lembra que para partici-par no concurso podes inscri-birte do 2 ao 20 de febreiro na Casa da Cultura de Brión, ou chamando ao teléfono 981

50 99 08. Non se admitirán inscricións o mesmo día do concurso. O tempo de repre-sentación de cada grupo será de entre 4 e 5 minutos como máximo.

A música que acompañe ás actuacións de cada grupo

debe ser entregada á organi-zación en formato cd de audio ou pendrive, o cal debe conter unicamente o arquivo de son a reproducir. Queda total-mente prohibida a utilización de animais. Podes consultar as bases na páxina web do Concello de Brión (www.con-

cellobrion.org).

O Entroido de Brión, unha festa á que non podes faltar, con disfrace ou sen el. Veñas como veñas, estás invitado a participar no evento que pe-cha as celebracións de Entroi-do na comarca.

Page 20: 93 - ALTAMIRA Nº 93

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

Novas propostas musicais dende a ESMU Magariños para o primeiro trimestre do ano

ESMU MAGARIÑOS

O II ciclo Venres Musicais terá lugar o 27 de febreiro e o 6 de marzo, mentres que o V Festival de Música de Cámara celebrarase o 27 de marzo

Contan os que disto saben que o éxito dunha progra-mación está en saber manter aquilo que máis gusta entre o público e, ao mesmo tempo, ir introducindo algunha que ou-tra novidade para non caer no aburrimento. Así o amosaron os responsables da Escola Mu-nicipal de Música de Brión, que durante as últimas datas com-binaron citas ineludibles para a veciñanza, como o Concerto de Nadal, o Concerto de Entroido ou o recital de guitarra clásica do profesor Damián Cairo, con novas propostas como o con-certo do grupo ESMUZZ, unha formación pop-rock integrada por alumnos da ESMU Maga-riños e o mencionado Cairo Touriño, que levan ensaiando dende o pasado verán.

A próxima cita será o II ciclo “Venres musicais”, a cargo dos alumnos e alumnas de piano e guitarra. A cita será o 27 de fe-breiro e o 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura). Ademais, ata o 3 de marzo terán lugar as audicións do segundo trimes-tre na Aula 5 da escola.

O luns 23 de marzo terá

lugar un concerto didáctico na Aula 5 da ESMU Magariños, que dará comezo ás 18:30 ho-ras. E a programación deste primeiro trimestre do ano pe-charase cunha das citas máis agardadas do ano: o V Festival de Música de Cámara FECAM 2015. A quinta edición deste exitoso concerto, que cada ano reúne a centos de veciños e veciñas de Brión, terá lugar o venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do centro social polivalente de Pedrou-zos. En todos os casos, a asis-tencia é totalmente libre e de balde ata completar o aforo dos distintos auditorios.

Centro autorizado para a reproducción reprográficaA Escola Municipal de

Música Magariños acaba de adquirir a licenza que ofrece o Centro Español de Derei-tos Reprográficos (CEDRO) e que permite a reproducción mediante fotocopia de obras do repertorio de CEDRO.

Axústase así ao estipu-lado na Lei de Propiedade Intelectual e pon en alza o alineamento da Escola Mu-nicipal de Música Magariños como axente social e res-ponsable coa cultura e os creadores a través do Selo Copia con Licenza.

O alumnado beneficia-se do servizo que ofrece a Escola Municipal de Música Magariños ao obter deste xeito á autorización de auto-res e editores á Escola para reutilizar nas actividades docentes como tamén en

concertos de material didác-tico. Os profesores como os alumnos necesitan utilizar e compartir información con-tida en libros ademáis de practicar con partituras me-diante copias para ampliar coñecementos e documen-tarse.

A Escola, os profesores como tamén os alumnos acceden deste xeito á repro-ducción de obras de máis de 20 millóns de libros, revis-tas e periódicos de autores e editores tanto nacionais coma internacionais.

Alumnos e alumnas da ESMU Magariños durante o III Concerto de Nadal, que encheu de público o auditorio do centro social polivalente de Pedrouzos

Imaxes do ESMUZZ en concerto, protagonizado por alumnos da escola que, xunto ao profesor Damián Cairo Touriño, formaron un grupo de pop-rock

Page 21: 93 - ALTAMIRA Nº 93

HISTORIAS DE BRIÓN

Non deixa de ser unha esaxeración o dito de que na Ida-de Media un esquío podía atravesar a Península choutan-do polas árbores sen pisar o chan. Nin é menos esaxerado botarlle a culpa da deforestación de España á necesidade de repoñer os barcos perdidos na fanada Armada Invenci-ble que Felipe II mandou contra os ingleses no 1588 e os temporais esnaquizaron contra as costas de Irlanda. Aínda que disto algo houbo porque daquela época data a crea-ción das “devesas reais”, terreos acoutados nas bisbarras para producir madeira coa que abastecer as necesidades públicas, principalmente de construción de barcos.

Os montes estaban despoboados porque o pastoreo do gando e maila roza de molime para as cortes e as lareiras mantiñan os terreos esquilmados. A xente máis vella aínda se acorda de cando en toda a chaira da Raña Longa non se vía unha árbore. Cando se di que os agros de piñeiros eran a caixa de aforros dos labregos, estase indicando que os poucos labregos que posuían un agro arborado eran ricos, porque a madeira escaseaba e pagábase a prezos desorbi-tados. Temos calculado que, de manter a mesma propor-ción entre o prezo da madeira e o salario dun xornaleiro forestal que había nos tempos da Segunda República, hoxe a tonelada de piñeiro tería que subir dos 6.000 euros, e non chega a 40.

Da preocupación dos gobernantes por fomentar a ri-queza forestal, xurdiron ao longo do século XIX e primeiros do XX as que se deron en chamar “Festas da Árbore”, unha xornada pensada principalmente para os rapaces das es-colas, na que se programaban unha serie de actos festivos onde o intre máis sobranceiro era o da plantación dalgun-ha árbore. Unha Real Orde do Ministerio da Gobernación do do 5 de xaneiro de 1915 (hai agora cen anos) obrigaba a todos os concellos de España a fixar cada ano o día en que se había de celebrar esta festa.

Daquelas primeiras festas que se celebraron en Brión posteriores a esta Real Orde quedounos a espectacular eucalipto de máis de dous metros de diámetro, que aínda se conserva na curva da Coutada, na beira da estrada de Negreira pouco enriba da capitalidade do Concello, Non fomos quen de fixar a data exacta, pero sabemos de certo que se plantou nunha Festa da Árbore entre os anos 1915 e 1920.

Non soamente fomentaron a plantación da árbores os concellos senón tamén outras entidades sociais. En Ons, como en moitas outras parroquias, funcionou ata a Gue-rra Civil unha sociedade agraria moi dinámica que estaba inbuída pola ideoloxía anarquista e creou unha chea de iniciativas de promoción e educación. Tamén se preocu-pou do fomento forestal e, nunha visita que organizou no ano 1929 a uns viveiros, regaloulles aos socios unha par-tida de árbores nobres, que plantaron nas hortas ou nos agros. Daquela partida, aínda hoxe queda algún exemplar de carballo americano na beira do Tambre.

Revista Altamira | 21

Aquelas festas da árbore

FESTA DA ÁRBORE: Nenos e nenas dos Ánxeles facendo plantación de arbores durante acelebración da festa.

q

Instaurada a ditadura franquista en España, a Festa da Árbore seguiu sendo unha data importante no calendario dos concellos, pero xa convertida en instrumento de pro-paganda política do réxime, como non podía ser doutra maneira. Alí acudían os nenos e nenas de todas as escolas do termo municipal cos seus mestres (loxicamente, todos ían a pé, se cadra mollados porque a celebración cadraba sempre no inverno, entre xaneiro e marzo), pero tamén se invitaba a todas as “forzas vivas” da contorna: corporación municipal, cregos, médicos, Garda Civil e representantes dos estamentos do réxime con toda a súa parafernalia: Movimiento Nacional, Falange Española, Frente de Juven-tudes, Hermandad de Labradores, etc. etc. No acto había algún número onde competían os rapaces das distintas escolas, actuaba unha agrupación musical e botábanse discursos, moitos discursos onde se enxalzaba o “Glorio-so Movimiento Nacional” e se lle botaban sonoros vivas a Franco co brazo ben ergueito, Rematábase plantando algunha árbore namentras cantaban todos o himno da ár-bore:

“Cantamos al árbol que voy a plantar,si Dios lo protege

del hombre y del viento, salud y riqueza dará” …

Logo aos nenos repartíaselles un boliño de pan e unha onza de chocolate, e as forzas vivas reuníanse nun pan-tagruélico xantar de irmandade pagado a conta do erario público.

Na Festa da Árbore de Brión do ano 1944 (non esque-

cer que eran os “anos da fame”) tocou a Banda de Música de Bastavales e encargouse da pirotecnia Santiago López. Custou a festa 1.652 pesetas, o 1,4 por cento do orzamen-to municipal dese ano, que ascendía a 120.613 pesetas. Con esa proporción, hoxe equivalería a 70.000 euros. E queixámonos da corrución de hoxe en día...

Page 22: 93 - ALTAMIRA Nº 93

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

VISITA DOS REAIS PAXES AS ESCOLASO pasado día 19 de decembro, os nenos e nenas dos centros

educativos do concello recibiron nas suas aulas unha visita moi especial. Dende o mesmisimo oriente, achegaronse os paxes das SS.MM. os Reis Magos a recoller as cartas que os nenos e nenas de Brión tiñan preparadas e que deixaban constancia do ben que se portaran durante todo este ano pasado 2014 e onde se recollian as numerosas peticións de agasallos.

Un ano mais os paxes reais fixeron o seu traballo eficientemen-te e as cartas puideron chegar as suas maxestades a tempo para satisfacer todos os desexos dos nenos e nenas brioneses.

SEDE DE MALLuís Iglesias B. e Xabier Deive, dous recoñecidos actores de

series como Matalobos, Serramoura, Pazo de Familia, etc... esti-veron en Brión o pasado día 20 de Decembro, presentando a obra “Sede de Mal”.

Un ateigado salón de actos do Centro Social Polivalente aco-lleu a representación, de balde, da citada comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida.

O numeroso público puido disfrutar de humor, teatro, música en directo con blues e rock and roll con dous dos persoaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos.

ODAIKO PERKUSSION GROUPTamén dentro das actividades do Nadal, Odaiko Perkussion

Group visitou Brión o pasado día 27 de Decembro.

O Centro Social Polivalente volveu a ateigarse para ver ao cuar-teto integrado por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz formado en Holanda no ano 2003, acompañados pola voz de Xiana Lastra. A proposta artística deste grupo de galegos céntrase na exploración da música tradicional multi étnica, na súa variante da percusión. No espectáculo, o público puido atopar instrumentos de orixe oriental, africana, latinoamericana, galega e instrumentos de creación posterior como a marimba, vibráfono ou batería.

BRINCA VAIO centro social polivalente quedou moi pequeno diante das

máis de douscentas persoas que asistiron ao espectáculo “Brinca vai, de aquí a acolá”, organizado pola piscina municipal de Brión en colaboración co Concello. Tratouse dun concerto-obradoiro a cargo do actor e músico Paco Nogueiras, que achegou a nosa lin-gua aos máis pequenos dun xeito divertido. “Brinca vai, de aquí a acolá” está baseado no libro-disco “Brinca vai!”. A través da músi-ca, das cancións, do humor e do enxeño, acheganselle aos nenos e nenas as tradicións, a natureza, os xogos ou as festas populares. Un espectáculo no que se utilizaron moitos estilos e contrastes, dende o tecno ao rock, pasando polo reggae ou a música elec-trónica.

Page 23: 93 - ALTAMIRA Nº 93

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 93 - ALTAMIRA Nº 93

t

MULTITUDINARIO RECIBIMENTO EN BRIÓN AS SS.MM. OS REIS MAGOS

Nun caloroso acto de benvida foron recibidos o luns 5 de xaneiro as SS.MM. os Reis Magos por autoridades e veciños de Brión. A recepción comezou ás cinco da tarde no pavillón polideportivo municipal, lugar onde as Súas Maxestades realizaron a ofrenda de presentes ao meniño Xesús no tradicional Belén “vivente”.

Tras o tradicional discurso de benvida pronunciado polo señor alcalde, José Luís García García, o rei Melchor dirixiuse ao auditorio en nome das Súas Maxestades de Oriente para transmitir o seu agradecemento polo cálido e cordial recibimento. Na breve elocu-ción, pronunciada ante un numeroso auditorio, pediu esperanza, paz, harmonía e moita solidariedade e xenerosidade.

Un ano mais, mentres os nenos facían ringleira, os adultos puideron gozar de chocolate e rosca. Noutro posto, tamén se puido de-gustar o doce algodón de azucre. Cabe destacar e agradecer, a altísma participación cidadá no evento.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

29anos