a arquitectura dos balnearios -...
TRANSCRIPT
9O lecerdas augasHistoria dos Balneariosde Galicia
O capital dispoñible, a tecnoloxía, a vocación dos propietarios e as modas
influíron de xeito determinante nas instalacións balnearias que se erixiron en
Galicia desde o século XVIII.
A arquitecturados balnearios
Daniel Vázquez-Gulías
Antonio Palacios proxectou a Fonte da Gándara e a planta de embotellado, o edificio La Baranda e o Hotel Sanatorio de Mondariz
Balneario de Arteixo, obra de Juan Ciórraga, arquitecto que impulsou as galerías da Coruña
O balneario Acuña, en Caldas de Reis, foi proxectado por Antonio Palacios
Gran Balneario do Carballiño, na actualidade
Balneario de Dávila en Caldas de Reis
Balneario de Partovia, no concello do Carballiño
A arquitectura balnearia resultou tan heteroxénea como o sector balneario. Atopamos desde establecementos modestos, apenas uns alpendres para protexer da intemperie (Cortegada ata 1938), ata instalacións á moda da Belle Époque (A Toxa, Mondariz), con hotel, buvette, xardíns, etc.
Arquitectos como Jenaro de la Fuente e Daniel Vázquez Gulías deseñaron edificios modernistas de gran maxestosidade. Ademais, este último encargouse da construción, a menor escala, do Gran Balneario do Carballiño a finais do século XIX. Non todos superaron con éxito a proba do tempo. Mentres que Mondariz e Guitiriz restauraron as construcións orixinais, o fastuoso Gran Hotel da Toxa reformouse en 1945 a partir do proxecto do arquitecto Francisco Javier Sanz e supuxo a desaparición do magnífico edificio trazado por Vázquez Gulías. O hotel do Balneario de La Virgen (Cuntis) sufriu dúas remodelacións en 1945 e 1963, de maneira que só se conserva a fachada de pedra decimonónica do baixo e do primeiro piso. En cambio, o do Carballiño conserva a súa fisionomía case intacta.
Plano da urbanización da Illa da Toxa