a dinámica externa do planeta
TRANSCRIPT
A DINÁMICA EXTERNA DO PLANETA
Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
Durante o século XVIII tentouse atopar unha explicación a uns enormes
bloques de pedra abandonados dispersos por Centroeuropa e
Norteamérica. A súa composición era moi diferente á das rochas de
arredor e as veces xacía no medio dunha chaira co evidentes signos de
que foran levados ata alí. Pero que podería transportar bloques de
toneladas durante Km?
O naturalista John Playfair resumiu as investigacións que nos levaron ao
achado do axente implicado “…as máquinas máis poderosas que utiliza a
natureza,…son os glaciares, eses ríos de xeo… en movemento perpetuo”,
poñendo en evidencia que nun pasado non moi afastado o xeo recubría
gran parte de Europa e Norteamérica.
Glaciar en Alaska
Bloques erráticos
A DINÁMICA TERRESTRE
O noso planeta nun principio foi unha bola fundida
incandescente que pouco a pouco foise arrefiando e
solidificando (formáronse as rochas).
Tampouco había mares, e a atmosfera primitiva non tiña
osíxeno.
E por suposto, non había vida.
Na actualidade segue a cambiar, de feito, a Terra está en
contínuo cambio dende que se orixinou hai uns 4600 m.a. xunto
co resto do sistema solar.
Hoxe sabemos que a maioría dos cambios suceden de xeito
gradual, e incluso as consecuencias das catástrofes
planetarias soen dilatarse no tempo.
Por eso en moitos casos estos cambios pásannos
desapercibidos.
Os procesos que modifican o noso planeta chámanse en
conxunto Dinámica terrestre.
QUE É A DINÁMICA TERRESTRE?
A dinámica terrestre é o conxunto de procesos que fan
cambiar o noso planeta na escala de tempo xeolóxico.
Estos procesos poden ter orixe nunha enerxía externa (o
sol) e fálase de Dinámica externa ou ter a súa orixe na
enerxía procedente do interior terrestre e fálase de
Dinámica interna.
A dinámica externa do planeta
Meteorización
Características
Clasificación
Factores
Modelado do relevo
Axentes atmosféricos
Características
Axentes xeolóxicos
Vento
Glaciares
Augas salvaxes
Ríos
Augas subterráneas
Mar
Rochas sedimentarias
Características
Clasificación
Procesos
Erosión
Transporte
Sedimentación
DE QUE IMOS FALAR
1. A METEORIZACIÓN DAS ROCHAS. AXENTES ATMOSFÉRICOS
A superficie terrestre atópase exposta a actuación dos
diversos axentes atmosféricos que orixinan o deterioro
das rochas.
Os fragmentos de rochas de calquera tamaño,
composición e procedencia denomínanse clastos.
Os axentes atmosféricos que provocan esta fragmentación son:
A chuvia e a neve: mollan as rochas e producen
- A disolución das rochas.
- Reaccións químicas que alteran as rochas
Os cambios de temperatura: producen a dilatación e contración das
rochas que pode fendelas.
A conxelación da auga: a auga que se infiltra nas fendas das rochas,
pode conxelarse, entón aumenta de volume e rompe as rochas.
O resultado da disgregación das rochas son as acumulacións de clastos
nas ladeiras dos relevos chamadas pedreiras ou penedías.
Meteorización: conxunto de procesos debidos aos axentes atmosféricos
que provocan a disgregación das rochas in situ.
Pedreira
Fragmentación das rochas
Clastos
Chuvia e neve
Cambios de temperatura
Conxelación da auga
DIA NOITE
METEORIZACIÓN
OS AXENTES ATMOSFÉRICOS
A meteorización é máis eficaz na zonas con:
Climas moi fríos (Conxelación-Desconxelación)
Atmosfera contaminada (Chuvia ácida)
Cambios de temperatura bruscos
Características da Meteorización
En todo caso, non todas as rochas se meteorizan coa mesma facilidade.
TIPOS DE METEORIZACIÓN
Meteorización mecánica: Prodúcese cando a rocha se fragmenta debido
a:
- Dilatacións e contracións pola temperatura
- Tensións pola conxelación da auga (Xelifracción)
- Impactos das rochas ao caer.
Meteorización química: débese a digregación das rochas por reaccións
químicas que alteran os minerais que a forman.
Meteorización biolóxica: fragmentación pola actuación dos seres vivos.
- Raíces de plantas.
- Substancias dos organismos que alteran as rochas.
2. OS PROCESOS DE METEORIZACIÓN
El agua penetra en las grietas La roca se fractura El agua se congela y aumenta de volumen
Tipos de procesos de meteorización
PROCESO DE GELIFRACCIÓN
Meteorización mecánica Meteorización química
Minerales de arcilla
Meteorización biológica
Raíces de los vegetales
Factores que inflúen na Meteorización
A eficacia dos procesos de meteorización depende de dous factores:
A temperatura
A humidade
Se o ambiente é húmido e cálido as reaccións químicas son moi
efectivas e ten tamén moita importancia a biolóxica.
En ambientes fríos e secos as rochas poden fragmentarse, pero
permanecen químicamente inalteradas.
Factores que inflúen na meteorización
Meteorización mecánica Meteorización química
Ambiente húmedo
Meteorización biolóxica
Temperaturas cambiantes
Ambiente húmedo e caluroso
3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES XEOLÓXICOS
IMPORTANTE!: neste tema imos establecer a diferenza entre dous
termos que soen confundirse: axentes atmosféricos e axentes
xeolóxicos.
Quen é quen?
Evidentemente, son dous termos moi relacionados, pero hai
diferenzas salientables.
Os axentes atmosféricos, como vimos, son fundamentalmente a
chuvia, a neve, as diferenzas de temperaturas e a conxelación da
auga, e asócianse a disgregación das rochas in situ.
Os axentes xeolóxicos son fundamentalmente o vento, os glaciares,
as augas salvaxes, os ríos, as augas subterráneas e o mar e están
asociados aos procesos de erosión, transporte e sedimentación.
3. A MODELAXE DO RELEVO. OS AXENTES XEOLÓXICOS
Existen moitos tipos de paisaxes e todas elas foron modeladas pola
acción dos axentes xeolóxicos. Por tanto,…
…Os axentes xeolóxicos son os mecanismos que de xeito natural
modelan a paisaxe, transportan materiais e acumúlanos en forma de
sedimentos.
Procesos
Todos os axentes xeolóxicos realizan os seguintes procesos:
Erosión: é a retirada de materiais dende o seu lugar de orixe.
- O axente xeolóxico pode arrastrar os fragmentos de rocha
resultado da meteorización.
- O axente xeolóxico pode arrancar directamente os fragmentos
da rocha da que forman parte e arrastralos (disgregación con
movemento)
A erosión ao longo de millóns de anos produce grandes modificacións no
relevo: escava vales, desgasta montañas, fai retroceder cantís…
A modelaxe do relevo corresponde aos cambios que a erosión dos axentes
xeolóxicos produce na paisaxe.
Cada axente xeolóxico orixina unha paisaxe carácterística.
Non todos os axentes erosionan coa mesma rapidez. A eficacia do
proceso erosivo ven dada por:
A enerxía do axente xeolóxico: por exemplo non é o mesmo un río
caudaloso que un regato.
A resistencia das rochas: non son iguais as arxilas que o granito.
Enerxía do axente xeolóxico
A erosión
Fervenzas
Río Cabriel (Cuenca)
Resistencia das rochas
Modelaxe do relevo
Procesos
Transporte: todos os axentes xeolóxicos teñen capacidade para transportar
clastos. O transporte pode suceder de dous xeitos:
- Transporte polo fondo: o axente xeolóxico ( a ondanada, unha
corrente de auga ou de aire ou xeo) producen o movemento dos clastos
polo chan (arrastrándoos ou facendoos rodar).
- Transporte en suspensión: os clastos son transportados sen tocar o
chan, ou ben caendo e sendo levantados de novo unha e outra vez
(saltación).
O transporte
Transporte polo fondo Transporte en suspensión
Os clastos redondéanse
Os clastos non
tocan o chan
Saltación Os clastos son arrastrados
Tormenta de pó
Procesos
Sedimentación: prodúcese no momento en que o axente xeolóxico deposita
os clastos nun lugar ao perder a súa capacidade para continuar o transporte.
As veces, un axente perde temporalmente a súa capacidade de transporte e
deposita os sedimentos, cando a recupera de novo volve a transportalos. Pore
exemplo un río nunha enchente.
Cando un axente deposita os seus materiais é frecuente que sexan recollidos
por outro que de novo os pon en movemento. Por exemplo os depósitos dun río
transportados polo mar.
A sedimentación
Depositanse
os clastos
grosos
Area depositada
polo vento
Clastos depositados
por glaciar
4. CLASIFICACIÓN DOS AXENTES XEOLÓXICOS
Hai seis axentes xeolóxicos fundamentais:
Vento
Glaciares
Augas salvaxes
Ríos
Augas subterráneas
Mar
O motor que mobiliza estes axentes é o SOL xunto coa GRAVIDADE.
A orixe dos axentes xeolóxicos
5. O VENTO
A capacidade erosiva do vento é bastante reducida, salvo en zonas onde non
hai vexetación, existen materiais finos (arxilas e areas) e hai ventos
constantes. A acción do vento orixina diversas estruturas:
Columna de area A Barjanes B
Ergs
Regs
C
D
Rocas en
forma de
cogomelo
Deflación: é o proceso polo cal o vento levanta a arxila e a area. Esto orixina as columnas de area.
COLUMNA DE AREA A
Erg: son os desertos de area. A acumulación de area produce dunas, se teñen forma de media lúa chámanse Barjanes
ERG B
Dunas
Barján
Reg: campos de pedra formados por deflación.
REG C
A area transportada polo vento realiza un “lixado” chamado abrasión eólica
Como os grans máis grandes van a menor altura, as rochas erosiónanse máis pola base orixinando a forma de cogomelo.
ROCHAS EN FORMA DE
COGOMELO D
Por último, o pó transportado polo vento
pode tamén formar extensos depósitos
chamados loess.
6. OS GLACIARES
Os glaciares son masas de xeo que se desprazan dende a zona de acumulación de
neve ata aquelas onde o xeo se funde.
- Prodúcense en zonas onde a neve non chega a fundirse en verán e vaise
acumulando. Ao acumularse a neve comprímese e transformase en xeo a
certa profundidade. (Dous procesos: Acumulación + Compresión).
- Estas zonas son as zonas polares e as de alta montaña.
Tipos de Glaciares:
- Glaciar de casquete: aquel no que o xeo recobre miles de km e tapa o
relevo.
- Glaciar alpino: aquel no que o xeo encáuzase entre as montañas. A zona
onde se acumula chámase circo glaciario e discorren entre as montañas
cara a zonas topográficamente máis baixas formando as linguas de xeo
debido a gravidade.
A capacidade de erosión e transporte dos glaciares é enorme.
Os glaciares
A B
D
C
Relevos
escarpados Val en U
Lingua
Circo
Relevos escarpados: debidos a que o xeo produce unha intensa meteorización mecánica sobre as rochas
En circos glaciarios a neve acumúlase e transformase en xeo.
O circo forma unha lingua glaciar. As linguas arrastran grandes cantidades de materiais chamadas morenas (laterais, centrais e frontais).
As linguas excavan vales en forma de U
Vales glaciares nos que se observa a forma de U do seu perfil transversal
Estrías glaciarias: os materiais que constitúen a morena de fondo (materiais
arrastrados baixo o glaciar), actúan como unha lima sobre as rochas que forman
o cauce, orixinando estrías no sentido de avance do glaciar. Estas estrías son
visibles o desaparacer a lingua glaciar
7. AUGAS SALVAXES
As augas salvaxes son aquelas que discorren pola superficie, en zonas onde o
clima é seco e a vexetación escasa, cando chove de xeito torrencial e a auga nos
se infiltra no terreo.
Constitúen un axente xeolóxico cunha grande capacidade erosiva.
A auga forma sucos ou regos no terreo que van afondando e orixinan barrancos.
En zonas de forte pendente a erosión é moi intensa e fórmanse cárcavas,
formadas por sucos profundos que deixan entre eles cristas e columnas sen
erosionar (as chemineas de fadas). Todas estas estruturas son características
de terreos brandos, tipo arxila, máis fáciles de erosionar.
Chemineas de fadas
A miúdo estos regos ou sucos conflúen ata desembocar nun único cauce,
fórmanse entón un arroio que unicamente leva auga despois dunha forte
choiva. Nos arroios diferenciamos tres partes:
Conca de recepción: é o lugar onde se reciben todalas augas, hai unha
forte erosión é o zona onde aparecen se as hai as cárcavas.
Canal de desaugadoiro: é o cauce principal do arroio ou torrente.
Cono de dexección: onde o arroio deposita materiais. Se o cono é moi
grande e ocupa unha grande extensión soe chamarse abano aluvial.
Abano aluvial
As augas salvaxes
A
B
C
Abano aluvial
Canal de desaugadoiro
Conca de recepción Cárcavas
Cono de dexección
Chemineas de fadas
8. OS RÍOS
Os ríos son cursos permanentes de auga que van confluíndo uns nos outros
ata formar unha corrente principal que desemboca no mar.
Rede de drenaxe: está formada polo río principal e os seus afluentes.
Conca hidrográfica: é a area que aporta auga a unha rede de drenaxe.
A capacidade de erosión dun río depende do caudal e da pendente.
A acción xeolóxica dun río produce as seguintes estruturas:
Desfiladeiros: vales fluviais estreitos e profundos cando os ríos discorren
por zonas de moita pendente.
Vales en V: vales cuxas pareedes van perdendo a inclinación vertical porque
as paredes laterais son erosionadas polas augas salvaxes.
Vales en artesa: prodúcense en zonas de menor pendente onde o río perde
capacidade erosiva, esto fai que comeze a trazar curvas (meandros) que fan
retrocedes as paredes do val.
Penachaira: superficie plana orixinada tras millóns de anos na que os vales
de fondo plano vanse ampliando uníndose uns a outros.
Chaira de inundación: extensión de terreo susceptible de ser inundada ao
subir o nivel do río.
Delta: orixínanase cando o río deposita materiais na súa desembocadura
máis rápido do que os retira a ondada.
DESFILADEIROS VAL EN V FORMACIÓN DE MEANDROS
VAL EN ARTESA APORTE DE SEDIMENTOS
FORMACIÓN DUN DELTA
9. AS AUGAS SUBTERRÁNEAS
Unha parte da auga en superficie pode infiltrarse no terreo constituíndo as
augas subterráneas. A situación varía dependendo do tipo de rocha implicada.
Rochas non solubles: a auga infiltrada agóchase nos poros da rocha formando
acuíferos (acumulación de auga que podemos aproveitar mediante pozos).
Rochas solubles: a auga infiltrada pode disolver as rochas formando
diferentes estruturas.
Modelaxe cásrtica:
É o conxunto das pegadas subterráneas e superficiais producidas pola disolución
das rochas. Só se produce, por tanto, en rochas solubles como as rochas
calcáreas ou o xeso.
Cando a auga ten dióxido de carbono disolto ten carácter ácido que pode
disolver a calcita (mineral do carbonato cálcico) que forma as rochas calcáreas e
o xeso.
Na modelaxe cárstica podemos observar varias estruturas:
Covas: cavidades subterráneas producidas pola disolución das rochas. Se
forman grandes cavidades soese falar de salas ou grutas . O goteo
constante da auga carbonatada orixina depósitos de carbonato de calcio no
teito (estalactitas) ou do solo (estalagmitas).
Simas: condutos verticais que conectan coa superficie.
Dolinas: depresións no terreo debidas ao afundimento das grutas.
As augas subterráneas
A
B
C
Sima Dolina
Gruta
DOLINA
SALA OU GRUTA ESTALACTITAS E ESTALAGMITAS
10. O MAR
O mar actúa como un axente xeolóxico debido a tres movementos:
A ondada que é producida polo vento
As correntes mariñas orixinadas polas diferenzas de temperatura ou
salinidade ou por ventos moi constantes
As mareas debidas a influenza gravitatoria da Lúa e o Sol sobre o noso
planeta.
O mar produce:
A erosión das costas que orixinan o retroceso dos acantilados producindo
extensas plataformas de abrasión.
A trituración das rochas e cunchas dos seres vivos producindo unha area
fina que pode acumularse formando praias , frechas e tómbolos.
Praias: acumulación da area debido a trituración das rochas por parte do
mar xunto coas aportacións dos ríos.
Frechas: barras areentas paralelas á costa.
Tómbolos: cordóns areentos que unen unha illa coa costa.
O transporte de area ao longo da costa realízano as correntes de deriva
producidas polo vento cando sopra nunha dirección predominante oblicua á
costa.
10. O MAR
O mar
A
B
C
Plataforma de abrasión
Acantilado
Praia
Tómbolo
Frecha
11. AS ROCHAS SEDIMENTARIAS
Os sedimentos transportados polos axentes xeolóxicos acaban acumulándose en
concas sedimentarias.
- As concas sedimentarias son zonas deprimidas da codia terrestre
onde se acumulan os sedimentos. O seu fondo afúndese lentamente debido aos
sedimentos que se amorean en capas.
- As capas de sedimentos chámanse estratos e chegan a formar
espesores de miles de metros a medida que a conca afunde.
Os materiais enterrados van ser transformados por tres factores:
A gran presión, o peso dos materais.
Unha temperatura elevada, da calor interna da Terra.
A circulación da auga, que disolve e fai cristalizar minerais.
LITIFICACIÓN OU
DIAXÉNESE
Conca sedimentaría
Estratos
TEMPERATURA CIRCULACIÓN
DA AUGA
PRESIÓN
Rocha
sedimentaria
Estos tres factores fan que os sedimentos compacten pouco a pouco e solden entre sí
formando as rochas sedimentarias. O proceso de transformación dos sedimentos para
formar unha rocha sedimentaria denomínaselle litificación ou diaxénese.
Rochas sedimentarias Calcaria (Caliza) de carbonato cálcico e
cunchas
Arxilita (Arcillita) de arxilas (tamaño pequeño de gran)
Arenita (Arenisca) de area (tamaño medio de gran)
Conglomerado, de gravas (tamaño grande de gran)
Xeso (Yeso) de xeso mineral
Algunhas rochas sedimentarias
Algunhas rochas sedimentarias
Tamén podemos destacar pola súa importancia económica as rochas
sedimentarias de orixe orgánica: petróleo, carbón e gas natural.
Petróleo: Acumulación de materia orgánica debido a unha grande
mortandade de plancto mariño de xeito xunto con material tipo arxila.
Non se acumula en estratos e só é aproveitable comercialmente se escapa
da rocha nai (impermeable) a unha rocha almacén (permeable).
Carbón: acumulación de materia orgánica vexetal xunto con sedimento en
zonas pantanosas, lagunares e deltaicas que sofre un proceso especial de
diaxénese denominado carbonización.
Gas natural: orixínase habitualmente xunto co petróleo, mestúrase con
outros gases para dar lugar ao produto que utilizamos.
GRAZAS POR ATENDERME
WEBGRAFÍA
http://abanicosaluviales.weebly.com/ https://cienciasdelanaturaleza.files.wordpress.com/2012/03/tema-8_la-
dinamica-externa-del-planeta.pdf http://elgenmeme.com/post/117129078060/chiste-geol%C3%B3gico-p http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Agentes_
1/ampliaterreno.htm https://sites.google.com/site/sjcalasanzciencias2/la-dinamica-externa-del-
planeta/los-agentes-geologicos/el-mar http://es.slideshare.net/adaneco/dinmica-terrestre-35473911
http://es.slideshare.net/ItziarOlaizola/2ccnn08edit?from_action=save