a península ibérica entre os séculos xi e xv
TRANSCRIPT
Al-Andalus entre os séculos XI e XV. Almorávides
• Entraron na Península en 1086 chamados polos Taifas.
• Derrotaron aos cristiáns na Batalla de SAGRAJAS e impuxeron o seu dominio na Península.
Al-Andalus entre os séculos XI e XV. Os Almohades
• Logo dos Almorávides entraron os Almohades. Tras a súa vitoria na Batalla de Alarcos paralizaron a Reconquista ata que foron derrotados na batalla das NAVAS DE TOLOSA.
Al-Andalus entre os séculos XI e XV. Reino Nazarí de Granada
• Foi o reino musulmán que permaneceu polo apoio dos musulmáns do norte de Africa e porque compraron a Paz con Castela a cambio de pagar tributos. Pero foron finalmente conquistados en 1492 polos Reis Católicos.
Organización dos Reinos Cristiáns
• En Castela era unha monarquía unitaria, un so rei.En Navarra era federativa
• As Institucións:– Curia Rexia formada por nobres do reino e bispos.– Cortes que tiñan representantes dos tres estamentos
(nobreza, clero e xentes do común) e a súa función era aprobar as axudas solicitadas polo rei e votar novos impostos.
• En Castela as Cortes tiñan pouco poder mentres que en Aragón tiveron poderes máis amplos. En Navarra recibiron a denominación de Tres Estados e tiñan atribucións de xustiza.
A repoboación do territorio
• A repoboación concellil entre o Douro e Texo. O territorio repartiuse en Concellos formados por unha vila amurallada.
• Repoboación de Ordes militares: Entre o Texo e Serra Morena. Encomendouse a ordes militares que recibiron señoríos.
• Repoboación por repartimento: No sur. O territorio repartiuse entre os que participaran na reconquista. Os nobres recibiron moitas extensións de terra.
• A presura fíxose no norte e era apropiarse da terra e o Rei, posteriormente, legalizaba a apropiación.
Actividades económicas: A Mesta
• Poderosa asociación de gandeiros castelás de ovellas meiriñas. Realizaban unha longa transhumancia por camiños ou itinerarios fixos.
• Os reis concedéronlles privilexios