abril 2018 vigo de piano - vigocultura.org · rusos como nikolai kapustin, pianista de jazz nacido...

12
DE PIANO Auditorio Martín Códax do CSMVigo abril 2018 VIGO

Upload: haphuc

Post on 29-Aug-2019

223 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

DE PIANO

Auditorio Martín Códax do CSMVigo

abril 2018 VIGO

Page 2: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

DE PIANO

Page 3: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

3

DE PIANO

3 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

RECITAL DE ALUMNADO EGRESADO

Con este concerto o departamento de piano inicia un novo proxecto “EGRESADOS”, no cal ofrecemos a posibilidade de escoitar os talentosos

pianistas que fai tempo finalizaron os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e continúan perfeccionando as súas carreiras

profesionais como intérpretes e profesores en varios países europeos.

No primeiro concerto deste proxecto propónse un encontro musical cos tres pianistas gañadores de varios concursos nacionais e internacionais,

exalumnos da profesora Rasa Biveiniene: Laura Zapatero, España – Rodrigo Portela, Portugal – Stefano Visintainer, Italia. Neste concerto tamén

colaboran os estudiantes do Conservatorio Superior de Música de Vigo, alumnos da mesma profesora: M.Pena, M.Ananín e J.Fao.

Programa:

MICHELLE PENA

B.Godard (1849 – 1895)

Vals op.116

JOSE FAO

A.Scriabin (1872 – 1915)

Preludio e Nocturno op. 9 para a man esquerda

MARTA ANANÍN

M.Glinka-A.Balakirev

Golondrina

STEFANO VISINTAINER

J.Haydn (1732 – 1809)

Sonata en Mi bemol Mayor, HobXV152. Allegro - Adagio -Presto

RODRIGO PORTELA

F.Liszt (1811 – 1886)

Vallee Oberman

LAURA ZAPATERO

M.Ravel (1875 – 1937)

Miroirs: Oiseaux Tristes. Un barque sur l.ocean. Alborada del gracioso

Stefano VisintainerLaura ZapateroRodrigo Portela

Page 4: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

4

DE PIANO

4 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

A TONALIDADE DE BEETHOVEN

Goele Deckers: musicóloga,

Sergio Gómez Rodríguez e Flavio Sedano Lima, pianistas.

Moitos músicos e compositores teñen as súas tonalidades preferidas. No caso dos primeiros ten que ver maiormente coa dificultade asociada

á dixitación, en cambio, para os compositores sempre estivo máis vinculado ao sentimento particular de cada unha delas. Está claro, pola can-

tidade de obras escritas nesta tonalidade, a importancia que ten Do menor en Ludwig van Beethoven (1770-1827). Nesta proposta mixta de

conferencia-concerto, procuraremos achegar ao público á época posterior á Revolución Francesa, paradigma de grande cambio estético, político

e cultural. Na conferencia de Goele Deckers, alumna de musicoloxía, trataremos de relacionar a Teoría dos afectos do Barroco co ideal de pro-

totipo de compositor romántico personalizado en Beethoven e na súa personalidade. Despois, e para exemplificar as ideas da conferencia, dous

alumnos de piano, Flavio Sedano e Sergio Gómez, interpretarán algunhas das obras máis coñecidas nesta tonalidade heróica, tanto orixinais

coma reduccións.

Programa:

Ludwig van Beethoven (1770-1827)

Sonata nº 5 en Dom, opus 10 , nº 1.

Allegro Molto e con brio

Adagio Molto

Finale prestíssimo

5º Sinfonía, opus 67. 1º movemento.

32 Variacións en Dom, WoO 80.

Page 5: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

5

DE PIANO

5 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

RECITAL DE PIANO, ALUMNADO DO PROFESOR ARABEL MORÁGUEZ

Recital de piano a cargo de dous destacados alumnos do profesor Arabel Moráguez do Conservatorio Superior de Música de Vigo onde ofrecerán

un programa con grandes obras do repertorio pianístico universal.

Programa:

1ª Parte. Raúl Rodríguez

J. S. Bach (1685-1750)

Preludio e fuga en La menor, II libro

J. Haydn (1732-1809)

Sonata en Re bemol maior, Hob XVI/49

Allegro - Adagio cantábile - Finale tempo di minuetto

C. Debussy (1862-1918)

Estudio para los cinco dedos

Preludio VII Primeiro libro (...Ce qu´a vu le vent d’Ouest)

2ª Parte. David Núñez

W. A. Mozart (1757-1791)

Variaciones “Ah, vous dirais-je,Maman”

S. Rachmaninoff (1873-1943)

Momentos musicais, op. 16 nº 3 e 4

S. Prokofiev (1891-1953)

Sonata op. 28 nº 3, en La menor

F. Liszt (1811-1886)

Mefisto, Vals nº 1

Page 6: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

6

DE PIANO

6 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

RECITAL DE NOVAS PROMESAS

Un ano máis o festival “Nas Ondas” abre o seu auditorio para as xóvenes promesas, xuntando os mellores representantes de varios conserva-

torios de Galicia e Portugal. Trátase do quinto reencontro - concerto, onde poderemos desfrutar do seu talento coma intérpretes e tamén coma

compositores das súas propias obras.

Conservatorio Profesional de Tui, Galicia.

Conservatorio Profesional de Riveira, Galicia.

Conservatorio Profesional de Redondela, Galicia.

Academia de música Fernandes Fao, Portugal.

Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Programa:

Programa a determinar

Page 7: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

7

DE PIANO

7

9 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

PINCELADAS SONORAS. CLAUDE DEBUSSY

Como unha gran parte dos compositores do século XIX, Debussy foi un asombroso pianista, era un gran coñecedor do repertorio e ao longo

da súa vida sentou as bases de un novo pianismo no que está baseada a música do século XX. O recital destes xóvenes pianistas ofrece unha

visión sonora deste magnífico compositor, xa que o piano de Debussy é o mellor medio para estudar unha das máis extraordinarias evolucións

estilísticas de todos os tempos. Dende o posromanticismo inicial ao neoclasicismo, atópanse nestas obras un conxunto de imaxes sonoras nas

que se mestura a poderosa capacidade de invención e a perfecta adecuación ao medio. Debussy acóllese ao século romántico para xustificar

os seus gustos exóticos, o seu interese pola antigüidade clásica e, incluso, o uso de melodías de orixe nacional, presentes en algunhas da súas

obras. Como na vida de tantos compositores, a comprensión da música de outros autores, as viaxes e a relación con importantes personalidades

da música e da cultura, compoñerán esa parte da formación do compositor e pianista, o que estará reflectido neste concerto marcado polo cen

aniversario da súa morte.

Programa:

1º parte

David Núñez Fuentes e Leticia Recamán Casal

Petite Suite (1888)

Iago García Alonso

Suite Bergamasque (1890)

-Prelude

-Menuet

-Claire de Lune

2ª parte

Nuria Casas Suárez

Etude pour les octaves (1915)

Prelude La puerta del vino (1911-13)

Raúl Rodríguez

Etude pour le cinq doigts (1915)

Prelude Ce qu´a vu le vent d´ouest (1915)

Iago García Leticia Recamán David Nuñez Fuentes Raúl Rodríguez

Page 8: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

8

DE PIANO

24 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

ESTEFANÍA CEREIJO OMIL

Rematada no verán de 1804 e superando en extensión ás anteriores sonatas para piano de Beethoven, a Waldstein é, xunto coas sonatas Apas-

sionatta Op. 59 e Les Adieux Op. 81, unha das obras máis distinguidas da década “heroica” do compositor (1803-1812), e unha das tres sonatas

máis notables do seu periodo medio, convertíndose en exemplo compositivo para as xeracións vindeiras.

Dentro da segunda parte do recital, abre paso ao Romanticismo o terceiro Scherzo de Chopin. Completado en 1839, foi escrito no monasterio de

Valldemossa, na illa balear de Mallorca. É quizais o máis irónico e ben construido dos catro scherzi, casi con aires beethovenianos.

Neste concerto interpretaranse dúas transcricións. Liszt escolleu escribir para piano un dos momentos máis dramáticos da obra maestra de Wag-

ner, Tristán e Isolda. Atópase no final desta ópera cando Isolda chora polo seu amor, Tristán. Nesta transcrición Liszt foi bastante fiel á partitura

orixinal, aínda que eliminou gran parte da música vocal, sendo notable sobre todo, no poderoso e apaixondo clímax final.

Nas Totentanz podemos observar a influencia do medieval dentro do estilo romántico. O tema, que será tratado en forma de variacións, é un

canto gregoriano do Dies Irae que outros autores como Ligeti ou Bruckner tamén utilizarán nas súas composicións. Esta peza, orixinalmente para

piano e orquestra e transcrita polo propio Liszt, é unha mostra perfecta da súa obsesión pola morte, con clímax case celestiais e outros momentos

nos que parece que nos quere descender aos infernos.

Programa:

I parte, o Clasicismo

L. v. Beethoven (1770-1827)Sonata Op. 53 núm. 21 en Do Maior, “Waldstein”I. Allegro con brioII. Introduzione. Adagio molto – attaccaIII. Rondo. Allegretto moderato

II parte, o Romanticismo

Frédérick Chopin (1810-1841)Scherzo Op. 35 n°3, Do# menor

Richard Wagner (1813-1883), arranxo para piano por Franz Liszt 1811-1886)Isoldens liebestod S.447 (Morte de Isolda), en Si Maior

Franz Liszt (1811-1886)Totentanz, S.126 (Danza macabra), paráfrase sobre Dies Irae, en re menor (versión para piano só).

Page 9: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

9

DE PIANO

25 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

A ARTE DA IMPROVISACIÓN

Andres Montenegro: Pianista

Alejandro Fírvida : Pianista

Iago G.Aonso : Pianista

“A creación espontánea é a razón pola cal hai algo en lugar de nada, é o porqué da existencia do Universo e da nosa existencia”

(Stephen Hawking)

A improvisación como fonte da creación tivo un papel relevante ao longo da historia da música. Os compositores eran grandes improvisadores,

como J.S Bach, tal e como reflíctese en varios relatos da época. As habilidades improvisadoras de Mozart e Beethoven foron célebres e ningún

músico podía igualalos. Posteriormente no Romanticismo, Chopin, Brahms, Schumann e Liszt tamén profundizaron na arte da improvisación,

aínda que é neste momento, co xurdimento da figura do intérprete, cando ambas figuras, compositor e intérprete, sepáranse, propiciando o

declive da improvisación.

Habería que agardar ao século XX para retomar a improvisación : A influencia do blues, as bandas ambulantes e o ragtime deron orixe ao jazz,

onde se fusionan as culturas africanas e occidental, que impactaron a compositores como George Gerswhin(1898-1937) e tamén a compositores

rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar parte de

novo de moitos estilos musicales, tamén de ritmos latinos, como o Danzón de A. Marquez, basado nunha danza popular mexicana.

Programa:

1º parteJ.S.Bach (1685-1750)Suite francesa nº 2, BWV 813. Allemande – Courante- Sarabande- Air

F.Chopin (1810-1849)Nocturne op 27, nº 2.

J.Brahms (1833 1897) Rhapsodie op 79, nº 2.

F.Liszt (1810 – 1886)Etude trascendental nº 1.

2ª parteG.Gerswhin - E Wild (1898 -1937)Somebody loves me.

G.Gerswhin - E Wild (1898 -1937) Embraceable you. Nikolai Kapustin (1937)Etude op 40 n 1.

A.Marquez (1950)

Danzón nº 2 (dous pianos).

Page 10: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

10

DE PIANO

27 de abrilAuditorio Martín Códax do CSMVigo, 20:00 h.

CHANG ROK MONN (PIANO)

Os 12 Estudos son o froito da última gran onda creadora de Debussy. Busca a flexibilidade e a axilidade acrobática nas posicións insólitas, presu-

poñendo no intérprete a mestría que esixen os de Chopin, e ignorando os de Liszt. Aquí atoparemos as intuicións máis xenuinamente revolucio-

narias, as máis cargadas de porvir. Este Debussy da última maneira, sublima a súa propia linguaxe nun clasicismo amplamente aberto ao futuro,

alcanza a despeito da nudez, ou máis ben grazas a ela, a máis soberana liberdade de linguaxe e de expresión. Música interiorizada, decantada

e quintaesenciada, enriquece aínda máis o seu universo harmónico, sobre todo coa súa innovación na sutileza rítmica e a diferenciación nos

toques, forxando as ferramentas que Messiaen, Boulez, ou Stockhausen atoparán preparadas para as súas composicións. A evolución posterior

da música é impensable sen o seu exemplo.

Chang-Rok Moon

Programa:

Claude Debussy (1862-1918)

12 Estudios para el piano

I Pour les “cinq doigts” – d’après Monsieur Czerny

II Pour les Tierces

III Pour les Quartes

IV Pour les Sixtes

V Pour les Octaves

VI Pour les huit doigts

VII Pour les Degrés chromatiques

VIII Pour les Agréments

IX Pour les Notes répétées

X Pour les Sonorités opposées

XI Pour les Arpèges composés

XII Pour les Accords

Page 11: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

11

DE PIANO

Page 12: abril 2018 VIGO DE PIANO - vigocultura.org · rusos como Nikolai Kapustin, pianista de jazz nacido en 1937 e que é fiel representante de este estilo. A improvisacion pasa a formar

12

www.csmvigo.com

ConservatorioSuperiorDeVigo

CSMVigo

@CSMVigo

Síguenos:

MUSICAL PONTEVEDRA

CSMA CORUÑA

CSMRIBEIRA

CSMREDONDELA