agrupaciÓn estratexica bioeconomia ... - iacobus

14
1 AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 1 AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA, EMPRENDIMIENTO E TERRITORIO BETA+ RESUMEN SOLICIUTE DE AXUDAS PARA CREACION, RECOÑECEMENTO E ESTRUCTURACIÓN DE AGRUPACIONS ESTRATEXICAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CONVOCATORIA DO AÑO 2017

Upload: others

Post on 15-Oct-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

1

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 1

AGRUPACIÓN ESTRATEXICA

BIOECONOMIA,

EMPRENDIMIENTO

E TERRITORIO

BETA+

RESUMEN SOLICIUTE DE AXUDAS PARA CREACION, RECOÑECEMENTO E ESTRUCTURACIÓN DE AGRUPACIONS ESTRATEXICAS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA CONVOCATORIA DO AÑO 2017

Page 2: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

2

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 2

Page 3: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

3

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 3

CONTENIDO

1. RESUMO DOS OBXECTIVOS E XUSTIFICACIÓN DA EXISTENCIA DE BETA+ ................................................... 4

2. QUEN SOMOS .......................................................................................................................................................... 6

3. A RAZÓN DE SER DA AGRUPACIÓN.................................................................................................................... 10

Necesidade e motivacións .................................................................................................................................. 11

Obxectivos e interese científico e técnico ........................................................................................................... 12

Obxectivos concretos da agrupación para os próximos tres anos ...................................................................... 13

Page 4: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

4

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 4

1. RESUMO DOS OBXECTIVOS E XUSTIFICACIÓN DA EXISTENCIA DE BETA+

Page 5: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

5

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 5

O despoboamento, o uso racional de recursos naturais e culturais, en beneficio da comunidade e da súa cohesión e benestar, a garantía de manutención, a responsabilidade social e ambiental, son algúns dos asuntos chave da nosa sociedade, como de tantas outras que esta Agrupación pretende, decididamente, enfrontar e sobre as que quere aportar solucións concretas.

A Agrupación Estratéxica BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) configúrase para integrar as capacidades e metodoloxías propias das ciencias sociais, as humanas e as enxeñerías nun obxectivo fulcral: a dimensión territorial dos procesos demográficos e as actividades produtivas en relación co aproveitamento e conservación dos recursos naturais e culturais definidos aquí cos epígrafes: bioeconomía, emprendemento e territorio. Entre os 16 grupos pertencentes á USC, 4 son GRC e 10 GPC.

Esta proposta forma parte dun esforzo para a creación de novas estruturas de investigación en áreas científicas consolidadas, en liña coas estratexias de política de investigación das administracións, da universitaria á europea. A partir do obxectivo de aproveitar mellor as capacidades investigadoras en áreas maduras, na USC detéctanse alternativas organizativas e infraestruturais para mellorar as opcións dos grupos, producir resultados aínda máis relevantes e acrecentar o seu potencial de transferencia, pola vía de artellar agrupacións que favorezan unha investigación altamente transdisciplinare de forte vocación comunitaria moi competitiva, reunindocapacidades actualmente dispersas. Todo co obxectivo de dar unha resposta global aos problemas, incluíndo as necesidades sociais, políticas e económicas sentidas na sociedade actual.

BETA+ é resultado de experiencias partilladas entre os grupos participantes en diferentes ámbitos e proxectos que os relacionan, sexa a participación en equipos e en redes de investigación, a vinculación de parte deles ao IDEGA ou o traballo nas mesmas liñas con enfoques diferentes. Estas experiencias e espazos serviron de catalizadores para reunir novos grupos e posibilidades até configurar un proxecto sólido e coherente elaborado desde unha riquísima interdisciplinaridade que dá solvencia e eficacia aos desafíos sociais investigadores e que permitirá un plusproduto investigador, multiplicar as capacidades de transferencia e uns altos rendementos en produción investigadora.

Entre os obxectivos xerais da Agrupación BETA+ están:

- Creación dun ámbito investigador que favoreza sinerxías entre grupos e deseño de proxectos cooperativos e interdisciplinares en áreas estratéxicas relacionadas coa Bioeconomía e a xestión dos recursos naturais e

culturais do territorio. O espazo físico e institucional do IDEGA constitúe un soporte de partida idóneo para favorecer e aproveitar o uso de recursos humanos e infraestructurais comúns organizados pola agrupación.

- Establecer un método de xestión e funcionamento que garanta cumprir o obxectivo da mellora da actividade investigadora: defínense indicadores de captación de recursos, produtividade científica, impacto e transferencia, no camiño dunha planificación estratéxica; deséñanse mecanismos de avaliación externa da actividade investigadora en dous tempos, de arrinque e continuada; óptase por unha xestión do orzamento e unhas actividades que priorizan os recursos comúns e incentiva as sinerxías.

- Constituír un modelo pioneiro de entorno investigador interdisciplinar no ámbito das ciencias sociais e humanas en Galicia, capaz de dialogar con outras áreas científicas e situarse na fronteira do coñecemento; mellorando o potencial de transferencia e as posibilidades de internacionalización.

- Conformar un nodo de referencia para a atracción de investigadores/as mozos (en formación, postdoc e de reincorporación) nos ámbitos temáticos da agrupación.

- Reunir potencial investigador disperso para constituír un polo de referencia anovador e con vocación global nun contexto de crise e de necesidade de diversificación e impulso da innovación e o emprendemento en novos sectores produtivos, nunha lóxica sustentable.

Page 6: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

6

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 6

2. QUEN SOMOS

Page 7: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

7

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 7

Nome do Grupo Acrónimo Investigador Principal

Análise Económica dos Mercados e Institucións

AEMI Antelo Suárez, Manel

Análise territorial ANTE Lois González, Rubén Camilo

Construción sustentábel para o medio rural e natural

COSMERUN Fernández Rodríguez, Mª Elena

Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social

ECOAGRASOC López Iglesias, Edelmiro

Grupo de analise xurídico-económica ECO-IURIS Loureiro García, María Luz

Estudos dos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa

GALABRA Feijó Torres, Elías José

Grupo de Análise e Modelización Económica GAME Fernández Fernández, Melchor

Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio

GESPIC Carmona Badía, Juan Julio Luis

Historia moderna HISTORIA MODERNA Dubert García, Isidro

Proxectos e estudos sobre patrimonio cultural IACOBUS Monterroso Montero, Juan Manuel

Historia política e dos nacionalismos HISPONA Grandío Seoane, Emilio Francisco

Historia agraria e política do mundo rural. Séculos XIX e XX

HISTAGRA Fernández Prieto, Lourenzo

Historia de América HISTAMÉRICA Cagiao Vila, María del Pila

Síncrisis, Investigación en Formas Culturais SIFC - SINCRISIS García Quintela, Marco Virgilio

Valoración financeira aplicada VALFINAP Otero González, Luis Alberto

Métodos cuantitativos e xestión de empresas agroalimentarias

MÉTODOS E XESTIÓN DE EMPRESAS Martínez Roget, Fidel

Proxectos e Planificación PROEPLA Marey Pérez, Manuel Francisco

Territorio, Biodiversidade TE-BIO LABORATE Miranda Barros, David

Grupo de Estudios territorias (UdC) GET Cardesín Díaz, José María

Grupo de investigación en economíaecolóxica e agroecoloxía (UdV)

GIEEA Simón Fernández, Xavier

Centro de Investigacións agrarias de Mabegondo

CIAM Flores Calvete, Gonzalo

Page 8: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

8

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 8

TEXTO RESUME/PRESENTACIÓN DA TÁBOA PARA 2016

Grupo Máster Prog.

Douto. n.º IP

Teses matr.

Teses lidas

Contr. Pre/post.

Dout. Prox. Aut. Prox. Est.

Prox. Inter.

Contr./Conv. Ingresos Art.

Index. Libros

Cap. Libros

Congr. Inter.

Empr. Creadas

Redes

AEMI 0 1 9 2 0 3 0 3 1 1 € 40.000 30 3 3 7 0 0

ANTE 6 2 20 30 3 3 2 2 6 11 € 130.000 21 4 17 78 0 3

COSMERUN 0 13 7 2 0 0 0 0 0 0 € - 0 0 1 0 0 1

ECOAGRASOC 5 5 9 17 2 4 2 3 2 11 € 929.668 9 5 5 10 0 1

ECO-IURIS 1 2 3 4 1 2 1 2 1 0 € 120.571 9 0 2 12 0 8

GALABRA 6 4 6 11 4 4 1 1 0 1 € 14.883 3 3 6 13 0 2

GAME 2 3 10 18 6 3 1 1 1 0 € 135.461 3 1 1 19 0 9

GESPIC 1 2 6 6 0 0 0 1 0 0 € 46.000 1 1 3 3 0 2

Hª MODERNA 1 1 11 24 3 3 0 2 0 0 € 130.190 4 3 26 7 0 2

IACOBUS 3 2 9 29 5 4 1 1 0 4 € 113.000 7 1 13 14 0 1

HISPONA 2 1 5 3 2 2 1 3 0 2 € 162.000 8 4 5 7 0 2

HISTAGRA 2 1 14 26 2 5 1 3 3 3 € 146.238 3 9 23 34 0 5

HªAMERICA 1 2 6 6 0 0 0 1 0 0 € 46.000 1 1 3 3 0 2

SINCRISIS 3 1 13 22 3 8 3 2 1 3 € 527.735 13 2 18 15 0 1

VALFINAP 2 1 8 14 1 2 1 1 1 3 € 72.460 9 3 4 12 0 1

MET. CUANTITATIVOS 3 2 10 9 0 4 1 0 0 2 € 54.000 3 4 6 7 0 1

PROEPLA 1 1 14 - 0 1 0 1 0 19 € 440.033 2 - - - 0 -

LABORATE 1 1 2 5 1 0 3 0 1 18 € 1.930.826 4 2 14 2 0 1

GET 4 1 10 9 4 1 1 4 2 0 € 85.000 7 0 8 7 0 2

GIEEA 2 0 1 0 1 1 0 1 0 2 € 14.000 1 1 3 3 0 1

Totais 46 46 173 237 38 50 19 32 19 80 € 5.138.065 138 47 161 253 0 45

Page 9: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

9

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 9

As áreas de ciencias socias e humanas son en conxunto das máis activas e competitivas da USC, polos recursos conseguidos e pola súa produción científica; ocupan unha parte esencial da súa actividade e representan unha significativa porcentaxe da mesma. Algúns datos poden corroboralo: estas áreas reúnen no período 2012-2014 o 27% dos programas de master, o 50 % dos de doutoramento e o 34% das teses lidas no mesmo período. En recursos de programas de I+D estas áreas captaron o 27% do total, o que en número de proxectos supuxo o 53% do total da USC.

No marco da fortaleza das áreas sociais e humanas na USC, ten un papel destacado a achega dos grupos que integran esta solicitude pois para o trienio indicado agrupan, respecto do total da USC o 16% do programas de master, o 27 % dos de doutoramento e o 17% das teses lidas. En programas de I+D, os grupos da rede proposta captaron o 18% dos recursos da USC e o 14%en número de proxectos.

Esta actividade dos grupos ten o seu reflexo na produción científica.

En termos de proxección de futuro o número de bolsas e contratos predoutorais de convocatorias competitivas logradas no período 2012-2014, resultan reveladores da fortaleza da agrupación proposta e da súa capacidade de atracción e formación de investigadores: o 19% das bolsas predoutorias autonómicas, o 31% das FPI e o 16% das FPU, do conxunto da USC. En porcentaxe dentro das grandes áreas de ciencias sociais e humanas os grupos da agrupación reúnen respectivamente o 50%, o 100% e o 43%. Datos que sumados á capacidade de atraer investigadores novos a través de programas de reincorporación definen un entorno competitivo e de grande proxección en termos de recursos humanos, pois nas diferentes versións, no ámbito de ciencias sociais e humanas, os grupos lograron no período 2005-20014 o 60 % dos contratados Ramón y Cajal, o 30% dos contratados PargaPondal e 50% dos Marie Curie.

Entre os 19 grupos (4 GRC, 10 GPC, 2 grupos recoñecidos pola USC, 1 grupo da UdC, 1 grupo da UVigo e 1 grupo do CIAM) os datos aportados avalan a relevancia e fortaleza da agrupación proposta e a capacidade de aportar un enorme valor en engadido en relación con aspectos cruciais da organización da investigación científica, porque propiciará:

-O desenvolvemento de liñas de investigación interdisciplinares en ámbitos estratéxicos que unen a bioeconomía, o emprendemento e o territorio, dende 3 grandes áreas de coñecemento. A materialización desta posibilidades apréciase xa na colaboración entre os grupos que reflicte a memoria: participación en redes de investigación galegas, estatais e internacionais na última década, proxectos de investigación nos que participan conxuntamente varios dos grupos, así como a organización de actividades científicas ou a publicación de un bo feixe de traballos entre investigadores dos distintos grupos nos últimos vinte anos.

-A capacidade de formación de investigadores novos, que permitirá construír coa AE un entorno líder no ámbito galego e estatal para captar, formar e mellorar o rendemento dos recursos humanos en investigación.

-A mellora da competencia científica e a investigación de alta cualidade e responsabilidade profesional, a través de mecanismos de avaliación continuada.

-O impulso da transferencia de coñecemento, valorización da investigación e transferencia de resultados, aspectos que poden considerarse puntos débiles para unha parte dos grupos. A integración de grupos de investigación básica e outros con máis experiencia na aplicada e na transferencia de resultados será un activo ben tanxible desta agrupación. Neste sentido, a AE conta con experiencia e vocación de servizo canto á constitución de empresas spin-off, análise conxunto de procesos e solucións con comunidades e sectores sociais, acordos con entidades e empresas, divulgación e compartición de resultados publicamente, etc.

Page 10: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

10

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 10

3. A RAZÓN DE SER DA AGRUPACIÓN

Page 11: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

11

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 11

A agrupación estratéxica proposta está conformada polos grupos de investigación máis activos da USC no ámbito dos estudos sobre a dimensión territorial dos procesos demográficos e as actividades produtivas en relación co aproveitamento e conservación dos recursos naturais e culturais así como en aspectos relacionados coa cohesión social e cultural e o ben-estar local.

O carácter estratéxico da proposta está relacionado por un lado co enfoque analítico e por outro co valor engadido que a agrupación vai darlle ao tratamento e resolución dos problemas enfocados:

NECESIDADE E MOTIVACIÓNS Os grupos da AE BETA+: reúnen capacidades e metodoloxías que nos permiten, indagar, coñecer e medir as actividades que se desenvolven e afectan ao territorio, as persoas que o ocupan, a forma que teñen de organizalo e gobernalo, tendo en conta a dependencia da traxectoria, co obxectivo de contribuír a deseñar as solucións de futuro.O problema o manexo dun territorio periférico -económica e politicamente- na actualidade, situado nunha rexión europea de antiga ocupación e nas rotas de comunicación transatlántica dos últimos tres mil anos. A tarefa dos grupos será mellorar o diagnóstico e apuntar solucións ao problema da investigación.

A AE conta con potencial bastante na súa capacidade de proposta e resposta concreta a problemas reais e concretos. O estudo do manexo do territorio dende un punto de vista produtivo e ambiental e culturalmente sustentable e responsable. A pregunta de investigación é ¿que facemos co espazo público, urbano, rural, natural, con ese espazo como un todo? Un territorio o que domina o desequilibrio, o abandono, o avellentamento, a desocupación e a falta de aproveitamento dos amplos recursos naturais, culturais e patrimoniais que poden servir para a procura de solucións tendo en conta o coñecemento dos problemas e as posibilidades de innovación que poden deseñarse coas ferramentas actualmente dispoñibles. Partimos de procurar un diagnóstico relativamente coñecido que compre perfeccionar e que definimos como o primeiro dos obxectivos da AE BETA+. Formulamos o enfoque da AE en termos de solucións pola vía da transferencia de resultados.

1º.- Diagnóstico das dificultades e capacidades ·do territorio como espazo social: regresión demográfica, despoboamento, concentración urbana e suburbanización difusa, abandono rural e incendios forestais, desequilibrios internos e constitución dun eixo costeiro norte-sur poderoso, lonxitude de costas, vantaxes das rías e contaminación, desagrarización, emerxencia dunha economía rural complexa e especialización espacial produtiva, redución das distancias e disfuncións na organización administrativa e política do territorio, difusión turística, densidade patrimonial e potencial de innovación cultural; perdas e fortalezas de identidade e cohesión social.

2º.- Indagar e avaliar solucións e propostas aplicadas, cun interese primordial en definir lóxicas de solución, identificando recoñecidas capacidades sociais e produtivas que hoxe poden converterse en vantaxes comparativas (manexo do territorio para agricultura orgánica, xestión social dos montes veciñais,...) e favorecendo as actitudes emprendedoras e as iniciativas ecoinnovadoras con arraigada base social e cultural, promovendo a participación activa dos sectores interesados ou afectados na análise e implementación de resultados e na elaboraicón de preguntas investigadoras.

Todos os grupos poden enfocar -como se ve na súa descrición detallada- parte da súa actividade no marco común de traballo que se define e axudarán a enfocar solucións aos problemas amosados dun xeito máis efectivo, plural e contrastado, evitando visións unilaterais ou univocamente disciplinares que hoxe a experiencia amplamente acumulada desaconsella. E iso farase máis posible garantindo as sinerxías intelectuais e académicas e partillando infraestruturas e recursos humanos e materiais e usando a AE como panca para unha mellor conexión cos sectores interesados e multiplicar as posibilidades de garantir a difusión e a transferencia de resultados na contorna socioeconómica. E isto inclúe o relacionamento directo e permanente con responsábeis políticos, económicos, sociais, culturais dos diversos ámbitos da comunidade, atendendo àssuas demandas e propostas

Un adecuado sistema de bases de datos e tratamento dos mesmos, difusión e información, é á vez requisito para facer 1 garantía para obter 2. Neste sentido, a agrupación constituírse nun observatorio de avaliación da transición cara a economía natural sería un dos resultados da agrupación.

O agrupamento, en suma, procura ofrecer (garantir) mellores resultados para a resolución do problema de que facer co territorio en termos de sustentabilidade. A iso queremos contribuír coa reunión das capacidades que se agrupan.

Page 12: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

12

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 12

OBXECTIVOS E INTERESE CIENTÍFICO E TÉCNICO A Agrupación Estratéxica BETA+ (en adiante A.E. BETA+) configúrase a partir de Grupos de Investigación que integran as capacidades e metodoloxías propias das ciencias sociais, as humanidades e as enxeñerías, e que contan con traxectorias consolidadas en campos diversos. Partindo das capacidades dos diferentes Grupos, a constitución da A. E. BETA+ está dirixida a potenciar as actividades conxuntas cun foco central ou núcleo da estratexia: o estudo da dimensión territorial dos procesos demográficos, as actividades produtivas e o aproveitamento e conservación dos recursos naturais e culturais. Isto plasmarase inicialmente nas áreas temáticas e liñas de traballo que se sinalan a continuación, concibidas de forma flexible e abertas ao desenvolvemento futuro de novas liñas de interese estratéxico.

Os enfoques e metodoloxías dos Grupos de Investigación que a forman permiten indagar, medir, representar e interpretar as actividades económicas e sociais levadas a cabo sobre o territorio, xunto cos máis variados aspectos da poboación que o ocupa e mesmo a forma na que este é organizado e gobernado. Para eses diferentes ámbitos os mencionados Grupos están en condicións de clarificar o papel dos factores históricos, efectuar diagnósticos sobre a realidade actual e, sobre esa base, aportar análises prospectivas e propostas sobre posíbeis vías de desenvolvemento e solucións aos problemas actuais. Partindo sempre dunha perspectiva que integra o medio natural, o medio cultural herdado e as relacións socioeconómicas.

Na orientación da AE BETA+ establécese un equilibrio entre a atención preferente á realidade de Galicia, como obxecto de estudo próximo, e o obxectivo de que as análises teñan unha utilidade e validez universal, e aplicables a outros territorios. Deste modo, quérese atender a demandas e necesidades da contorna ao tempo que se contribúe ao avance xeral do coñecemento nunha perspectiva europea e internacional.

Obxectivos: áreas temáticas e liñas de traballo

Proposta de áreas temáticas. Areas de análise e descrición (básicas) 1) Economía e territorio 2) Poboación e proceso demográfico Áreas aplicadas 3) Bioeconomía, recursos naturais e agroecoloxía 4) Xestión innovadora dos recursos patrimoniais e culturais 5)Comunidades, políticas públicas e gobernanza do territorio 1) Economía e territorio

A A.E. BETA+, posúe hoxe os recursos materiais e humanos necesarios para atender ó estudo da forma que asumen e das causas e das implicacións que se derivan dos desequilibrios económicos existentes no territorio. Neste senso, a atención prestada ás pautas de localización, ós modelos industriais, ó turismo (considerando tamén o impacto dos Camiños de Santiago), ó financiamento ou a todo o relativo as posibilidades efectivas da especialización intelixente, resulta capital para a compresión dos mesmos. Do mesmo xeito que, e para entender a realidade que traducen a día de hoxe, non pode deixarse a marxe o estudo da dependencia que todos estes factores amosan da traxectoria seguida polos procesos históricos de desenvolvemento e innovación. Obviamente, no curso das investigacións que se leven a cabo, atenderase ó sucedido no eido rural e no urbano, xa que a consideración do acontecido neles e fundamental para poder avanzar no coñecemento dos aspectos básicos do territorio.

2) Poboación e proceso demográfico

A A.E. BETA+, conta tamén cos recursos potenciais de garantía e rigor para enfrontar a análise ediagnose dos distintos factores que inciden e incidiron tanto nos cambios demográficos, as migracións e as pautas de mobilidade como nas súas lóxicas transnacionais. Uns factores que resultan básicos para explicar o actual proceso de avellentamento e as súas implicacións (coincidindo nisto cos retos do RIS3 e do Horizonte 2020); un proceso este que, sexa na súa vertente histórica, xeográfica ou económica, non pode disociarse daqueles que xiran ó redor do asentamento da poboación no territorio ou das dinámicas de abandono que hoxe está a coñecer o mundo rural. A este nivel, a perspectiva histórica do longo prazo revela ser tan importante para comprensión da actual dimensión dos problemas como a prospectiva o é para

Page 13: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

13

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 13

tratar de determinar un previsíbel futuro a curto prazo. De aí, que cumpra prestar atención tamén aos factores territoriais e demográficos da produción e da actividade, que son a base previa para definir fórmulas e propostas que garantan a cohesión social e a igualdade da poboación e a sociedade no territorio.

3) Bioeconomía, recursos naturais e agroecoloxía A investigación desenvolvida desde a AE BETA+ ten tamén no seu punto de mira ás implicacións derivadas da economía en transición, (coincidindo nisto cos obxectivos do Horizonte 2020). Desde esta perspectiva, resultará obrigado prestar pois atención aos usos produtivos/económicos da natureza na lóxica da coevolucióne ocuparnos da valoración dos activos ambientais, dos recursos mariños e da produción de base orgánica. Un obxectivo central será identificar os manexos sustentábeis do territorio e os recursos para promovelos modelicamente e favorecer o aumento do seu valor engadido. Nesta lóxica, serán necesarias tamén as propostas ao redor da responsabilidade ambiental. Como se apuntou, esta perspectiva investigadora coincide no básico cos obxectivos do Horizonte 2020 e permitirá promover o emprendemento en sustentabilidade e a ecoinnovación, o desenvolvemento de servizos ecosistémicose favorecer os bens públicos; entre outras formas, a través dunha agrosilvicultura sustentable. Os extensos comunais galegos poderán servir como espazo social para testar alternativas sustentables. 4) Xestión innovadora dos recursos patrimoniais e culturais

A transversalidade do enfoque proposto ponse de manifesto na necesidade de atender ó estudo da dimensión socioeconómica e de cualidade de vida das persoas do patrimonio sobre unha base territorial. Neste senso, préstase atención ao patrimonio como instrumento de reequilibrio social, comunitario e de identidade. Na procura de solucións axeitadas tanto para a xestión patrimonial como para a súa preservación activa. Ao respecto, e coincidindo unha vez máis cos Retos do RIS3 e do Horizonte 2020, a AE BETA+ desenrolará investigacións coordenadas na deseño e impulso de iniciativas de empresas culturais e turísticas, co obxectivo de facer novas propostas para o sector. Neste enfoque haberá que traballar sobre o valor afectivo e local da cultura, da comunidade e do territorio, o que á súa vez suporá atender a aspectos como o custe e o rendemento do patrimonio e a cultura, sen esquecer a procura de solucións á "densidade" patrimonial, atendendo a xerarquización e valorización do territorio. Deste xeito enfrontarase o estudo do espazo social, como elemento de responsabilidade social e cultural ou o da cultura e o patrimonio como elemento de marketing do país e do territorio.

5) Comunidades, políticas públicas e gobernanza do territorio

A indagación e valoración sobre as distintas vertentes e implicacións derivadas da planta institucional e da gobernanza atópanse tamén entre os obxectivos prioritarios da AE BETA+, tendo en conta como eixo a análise dos servizos e políticas públicas para o benestar.. De aí a atención que os seus distintos Grupos de Investigación prestarán dun xeito coordenado aos máis variados aspectos da planificación, ordenación e gobernanza do territorio. Algo que se fará desde unha perspectiva actual, máis tamén desde unha perspectiva histórica, para definir as inercias e limitacións que afectan no presente, na lóxica de impulsar a anovación de prácticas e culturas políticas no longo prazo e no camiño de Europa, o que, unha vez, máis amosa a converxencia destas pescudas cos retos do Horizonte 2020. O impulso do desenvolvemento rural endóxeno baseado no empoderamentodas comunidades locais está no horizonte das propostas derivadas da indagación; indagando, testando e propoñendo políticas de innovación rural, na lóxica da cohesión e evolución das comunidades, a través dos seus propios bens e empregando ás súas ferramentas sociais.

OBXECTIVOS CONCRETOS DA AGRUPACIÓN PARA OS PRÓXIMOS TRES ANOS O interese dos Grupos de Investigación da A.E. BETA+ polos obxectivos propostos, estriba na necesidade de establecer unha estratexia cooperativa capaz de garantir sinerxías para lograr un plusvalor e mellorar os resultados na tarefa investigadora común que ven de expoñerse. Cada grupo aporta unha ollada diferente e, en moitos casos, xa inter e transdisciplinar nas liñas temáticas seleccionadas ou nalgunha delas. O traballo conxunto da AE permitirá a aplicación de metodoloxías e perspectivas científicas de natureza interdisciplinar e comparadaque permitirán inserir os resultados obtidos nun marco de análise universal.

A agrupación proposta pretende unha estratexia común cos seguintes obxectivos concretos:

-Favorecer proxectos de investigación interdisciplinar sobre os enfoques sinalados, a través da interacción e colaboración dos grupos integrantes e destes con grupos relevantes doutras institucións estatais e internacionais. Avanzar en

Page 14: AGRUPACIÓN ESTRATEXICA BIOECONOMIA ... - Iacobus

14

AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA BIOECONOMÍA, EMPRENDEMENTO E TERRITORIO (BETA+) CONVOCATORIA 2017 14

liñas de investigación xa en marcha e noutras novas que aproveiten as sinerxías entre os investigadores da agrupación expertos en diferentes disciplinas. E concretalo impulsando a participación dos grupos en redes científicas e proxectos estatais e internacionais.

-Impulsar a investigación na fronteira do coñecemento, aproveitando as sinerxías da agrupación para abordar o deseño de proxectos máis ambiciosos coa aspiración de situar á agrupación como un referente internacional no seu campo.

-Converter a Agrupación nun entorno competitivo de atracción de talento investigador con criterios de calidade e vinculado ás liñas temáticas definidas. A tal fin: 1) fomentar a incorporación de investigadores novos a través dos programas de incorporación, nas mellores condicións para que desenvolvan novas ideas e iniciativas e teñan garantido a independencia do seu traballo; 2) tamén a captación de investigadores predoutorais e selectivamente de postdoutorais, facendo valer a contrastada capacidade formativa e de captación de recursos humanos dos grupos; 3) na medida do posible, intentar a incorporación aínda temporal de investigadores sénior e de traxectoria consolidada que poidan aportar as súas capacidades nos eixos centrais e máis anovadores da agrupación.

-Promover a divulgación e a transferencia de coñecemento á contorna socioeconómica e ao sector produtivo, en especial pola vía do deseño e valorización de actividades produtivas innovadoras e a colaboración cos emprendedores e o contacto permanente cos sectores interesados ou afectados polos asuntos obxecto de investigación. O interese da sociedade en xeral, da administración e da opinión publica polos obxectos de traballo da agrupación requiren o compromiso de xerar un entorno e unhas condicións que favorezan a valorización e transferencia de resultados.