algúns datos dos planetas do sistema solar

10
Ciencias da Natureza 1º ESO O sistema solar UNIDADE 1 Algúns datos dos planetas do sistema solar Distancia media ao Sol (UA) MERCURIO VENUS TERRA MARTE XÚPITE R SATURNO URANO NEPTUNO Período de translación (años) Masa (Terra = 1) Raio (Terra = 1) Densidad media (auga = 1) Período de rotación (días) Satélites coñecidos 0,39 0,72 1,00 1,52 5,20 9,54 19,18 30,06 0 0 1 2 63 47 27 13 58,6 -- 243* 1 1,03 0,414 0,426 -- 0,72* 0,671 5,4 5,2 5,52 3,9 1,3 0,7 1,2 1,7 0,38 0,95 1,00 0,53 11,2 9,42 4,10 3,88 0,06 0,82 1,00 0,11 317,8 95,1 14,5 17,2 0,24 0,62 1,00 1,88 11,86 29,46 84,01 164,79 Lenda da táboa Os anos referidos son terrestres. • A masa da Terra que se tomou como referencia é de 5,9736 . 10 24 kg. O raio da Terra tomado como referencia é de 6378 km. A densidade da auga é de 1 g/cm 3 . O asterisco indica que o sentido de rotación é horario. Activida des Nota: para ver algunhas características de cada planeta, fai clic sobre o seu nome. Terminar

Upload: marli

Post on 12-Feb-2016

50 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Algúns datos dos planetas do sistema solar. XÚPITER. MERCURIO. VENUS. SATURNO. URANO. NEPTUNO. TERRA. MARTE. Distancia media ao Sol (UA). 0,39. 0,72. 9,54. 19,18. 30,06. 1,00. 1,52. 5,20. Período de translación (años) . 0,24. 0,62. 29,46. 84,01. 164,79. 1,00. 1,88. 11,86. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Algúns datos dos planetas do sistema solar

Distancia media ao Sol (UA)

MERCURIO

VENUS

TERRA

MARTE

XÚPITER

SATURNO

URANO

NEPTUNO

Período de translación (años)

Masa (Terra = 1)

Raio (Terra = 1)

Densidad media (auga = 1)

Período de rotación (días)

Satélites coñecidos

0,39 0,72 1,00 1,52 5,20 9,54 19,18 30,06

0 0 1 2 63 47 27 13

58,6 --243* 1 1,03 0,414 0,426 --0,72* 0,671

5,4 5,2 5,52 3,9 1,3 0,7 1,2 1,7

0,38 0,95 1,00 0,53 11,2 9,42 4,10 3,88

0,06 0,82 1,00 0,11 317,8 95,1 14,5 17,2

0,24 0,62 1,00 1,88 11,86 29,46 84,01 164,79

Lenda da táboa• Os anos referidos son terrestres.• A masa da Terra que se tomou como referencia é de 5,9736 . 1024

kg.• O raio da Terra tomado como referencia é de 6378 km.• A densidade da auga é de 1 g/cm3.• O asterisco indica que o sentido de rotación é horario.

Actividades

Nota: para ver algunhas características de cada planeta, fai clic sobre o seu nome.

Terminar

Page 2: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de MercurioÉ o planeta máis cercano ao Sol; se miráramos ao Sol desde Mercurio, pareceríanos dúas veces e media máis grande que visto desde a Terra.A súa superficie parécese á da Luna, xa que está chea de cráteres e fendas, marcas ocasionadas polos impactos dos meteoritos.Como non ten atmosfera que poida dispersar a luz, se estivéramos sobre a súa superficie veríamos sempre negro o ceo.

Esta falta de atmósfera fai que Mercurio teña moitos contrastes de temperatura. Cando lle dá o Sol, alcanza os 425 ºC, e nas zonas de sombra baixa ata os --170 ºC.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 3: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de VenusÉ o terceiro obxecto máis brillante do ceo, despois do Sol e da Lúa; por iso se denominou luceiro da alba ou luceiro da tarde.

É similar ao noso planeta en tamaño, masa, densidade e volume, pero non ten océanos. Ten moitos volcáns, ríos de lava e montañas.

Xira sobre o seu eixe moi amodo, en sentido contrario ao dos outros planetas, polo que nel, o Sol sae polo oeste e ponse polo leste.

A súa densa atmósfera (CO2), provoca un gran efecto invernadoiro que incrementa a súa temperatura superficial ata os 480 ºC; por iso, non hai auga en forma líquida.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 4: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

da TerraÉ o único planeta do sistema solar que ten as condicións necesarias para o desenvolvemento da vida: temperaturas medias de 15 ºC, auga líquida e unha atmosfera con osíxeno.A atmósfera, ademais de permitir a vida, protéxenos do impacto de meteoritos e das radiacións solares prexudiciais.

Xira sobre o seu eixe cada 24 horas, e cada 365 días, aproximadamente, ao redor do Sol, o que provoca o día e a noite e as estacións respectivamente.

Ten catro capas, das que obtemos os recursos naturais que necesitamos.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 5: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de MarteDenomínase planeta vermello pola súa cor. A súa superficie parécese a algúns desertos da Terra, e posúe algunhas formacións xeolóxicas espectaculares, como o canón Valles Marineris, de 4000 km de lonxitude, ou o volcán Monte Olimpo, de 24 km de altura. Ten una atmosfera moi fina, composta de CO2 principalmente, que se conxela alternativamente en cada un dos polos.

Crese que no pasado houbo auga ou algún outro fluído sobre a superficie de Marte.

Os seus dous satélites, Fobos e Deimos, son dos máis pequenos do Sistema Solar.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 6: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de XúpiterÉ o planeta máis grande do Sistema Solar, ten máis materia que todos os outros planetas xuntos, e o seu volume é mil veces o da Terra.Ten moitos satélites, e catro deles (Io, Ganímedes, Calisto e Europa) foron descubertos por Galileo en 1610.

A súa espesa atmosfera eés complexa e está composta de hidróxeno (90%) e helio (10%). Ten nubes e tempestades, polo que mostra franxas de diversas cores e algunhas manchas, como a Gran Mancha Vermella. Ten aneis formados por material rochoso, pero menos brillantes que os de Saturno.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 7: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de SaturnoSaturno é o único planeta con aneis visibles desde a Terra. Os seus aneis están formados por partículas cuxos tamaños van desde a medida microscópica ata anacos como unha casa.

A súa atmosfera está composta por un 75% de hidróxeno, e un 25% de helio.

É o único planeta que ten unha densidade menor que a auga. Se encontrásemos un mar suficientemente grande para poñer a Saturno enriba, flotaría.

Ten moitos satélites, pero Titán é o maior deles, cun diámetro de 5150 km.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 8: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de UranoÉ o terceiro planeta máis grande do Sistema Solar. A súa atmosfera está formada por hidróxeno, metano e outros hidrocarburos. Vese azul porque o metano absorbe a luz vermella.Rota en sentido horario, e o seu eixe de rotación é case paralelo ao plano da súa órbita.Así, Urano está inclinado de maneira que o ecuador fai case ángulo recto coa traxectoria da órbita.

Posúe aneis, como os demais planetas gasosos, pero moi tenues. Os seus satélites máis grandes son Titania e Oberón, de tamaño similar (1580 e 1520 km de diámetro, respectivamente).

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 9: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

1Características

de NeptunoÉ o máis exterior dos xigantes gasosos.

O seu interior é rocha fundida con auga, metano e amoníaco líquidos, e o exterior é hidróxeno, helio, vapor de auga e metano, que lle confire a cor azul, ao igual que Urano.Ten os ventos máis fortes dos planetas do Sistema Solar; de feito, ao redor da Gran Mancha Escura acadan os 2000 km/h. Como o resto dos planetas gasosos, rodéano aneis.Ten varios satélites naturais, e o maior deles é Tritón, que ten máis do 99,5% da masa en órbita ao redor de Neptuno nos seus 2700 km de diámetro.

Volve á táboa premendo o rato sobre este texto.

Page 10: Algúns datos dos planetas do sistema solar

Ciencias da Natureza 1º ESO

O sistema solarUNIDADE

11 Responde as preguntas:Actividades

a) Que planeta é o luceiro da alba? b) Cal é chamado planeta vermello?c) Cal posúe os ventos máis fortes?d) Cal ten menor densidade que a

auga? e) Onde está a Gran Mancha

Vermella?f) E o volcán Monte Olimpo?g)Cal deles non ten atmósfera?

2 Ordena os planetas de maior a menor:a) Masa. b) Densidade.c) Tamaño.

3 Fai un esquema cos satélites mostrados no texto

4 Infórmate acerca das dimensións do canón Vallis marineris e do Monte Olimpo. Pertencen ambas formacións xeológicas ao mesmo planeta?5 A Gran Mancha Vermella é unha tormenta maior que o diámetro da Terra. Pescuda desde cantos anos vai que se observa e a velocidade dos ventos que é capaz de provocar.6 As veces, a parte máis quente de Urano é un dos seus polos. A que cres que se debe?