4º coresma c 2016
Post on 15-Apr-2017
379 Views
Preview:
TRANSCRIPT
DOMINGO 4º CORESMA - Ciclo C
Mil veces a temos lido e outras tantas cativou o noso corazón.
E acendeu na nosa mente unha idea nova .
Hoxe recordamos algunhas, que adquiren
nestes días unha grande actualidade.
a A parábola reflicte a situación do home actual
que decidiu afastarse de Deus.
A modernidade, resumida nos escritos de Nietzsche, fixo que a persoa crese que Deus é inimigo da
causa humana. Son moitos os que abandonaron a fe para sentirse libres dos seus controis e esixencias.
Pero a parábola dinos que quen se afastou de Deus afástase tamén da súa propia felicidade.
Á confesión de pecado do fillo que retorna á casa, o pai non responde de forma directa.
Non é que non o acepte.É que prefire as accións ás palabras.
O fillo solicita perdón, e o pai dálles ordes aos criados para que
preparen unha festa que rehabilite a dignidade e a autoestima do seu fillo.
Nin o pecado nin o perdón teñen un carácter exclusivamente privado e individual.
A parábola revélanos tamén o resentimento do
fillo máis vello.
Nin acepta de corazón a seu irmán nin ama con
sincera gratuidade a seu pai.
Experiencias evocadas para significar a nova vida que Deus espera do ser humano.
Opóñense a:
A resurrección O encontro
A soidadeO sen sentido
Estamos chamados a gozar da paz, do perdón e da graza, da fraternidade.
Noso Pai, Pai de todos, perdoa ti o noso pecado, o noso afastamento da túa casa, a nosa fachenda fronte aos nosos irmáns. Ti sabes que botamos de menos o teu amor e o teu perdón. Axúdanos a volver a ti con espírito arrepentido e confiado, con ánimo fraternal e xeneroso. Amén.
Texto : José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR - Salamanca 2007
top related