7. actividades sobre arte, tema 12 e 13. responde a estas ...ºe… · 7. actividades sobre arte,...
Post on 21-Jun-2020
7 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Avenida de Vigo 23, Pontevedra ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es 36003 www.iesfreimartinsarmiento.com Tlf. 986 85 26 54
7. Actividades sobre arte, tema 12 e 13. Responde a estas 10 preguntas:
O Renacemento. Tema 12.
O Renacemento é un estilo artístico que como di o seu nome, caracterízase por facer renacer algo que xa nacera antes (os estilos artísticos das antigas civilizacións de Grecia e Roma). Fíxose así, porque despois da peste negra, e a abundancia decorativa do gótico, os italianos decidiron facer un cambio, unha ruptura co anterior, baseada na época do seu pasado na que foron donos do mundo, e que o home era o centro do universo e todo se facía en función deste e non de Deus, que os abandonara durante a peste.
O Renacemento ten a súa máxima expresión nos séculos XV, chamada etapa do quattrocento, porque se desenvolve nos anos 14__, (século XV) co centro en Florencia coa familia Medici como grandes mecenas, e, XVI, chamada etapa do cinquecento, porque se desenvolve nos anos 15__, (século XVI) co seu centro en Roma cos papas como grandes mecenas. Pero deuse en todo o mundo coñecido.
Desenvólvese:
A arquitectura, con líneas rectas, grandes cúpulas, columnas de estilo greco- romanas (dórico, xónico, corintio e mixto), o mármore como material preferido…
A escultura, moi semellante a greco-romana, con formas ideais, moitas espidas, a cabalo, exentas ou formando parte da arquitectura…
Coa pintura prodúcese un avance moi significativo na perspectiva (xeométrica, esfumato…), técnica óleo, escenas relixiosas e mitolóxicas…
Tendo en conta todo isto, comecemos coa arquitectura:
A cúpula foi uns dos avances técnicos da época.
1.- A que etapa do Renacemento pertence esta cúpula, a que catedral florentina, quen foi o seu arquitecto, di algo sobre el.
Avenida de Vigo 23, Pontevedra ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es 36003 www.iesfreimartinsarmiento.com Tlf. 986 85 26 54
2.- O mesmo con esta cúpula romana.
A escultura:
3.- A que etapa pertence, quen foi o seu escultor, di algo sobre el.
4.- O mesmo con esta escultura:
Avenida de Vigo 23, Pontevedra ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es 36003 www.iesfreimartinsarmiento.com Tlf. 986 85 26 54
A pintura:
A perspectiva, o claro- escuro, a cor é característica máis sobresaíntes.
5.- Quen foi o autor, que representa, di algo sobre o autor.
6.- O mesmo con esta:
Avenida de Vigo 23, Pontevedra ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es 36003 www.iesfreimartinsarmiento.com Tlf. 986 85 26 54
7.- Escolle unha arquitectura, escultura e pintura renacentista española e di tres características do estilo, sobre cada unha delas.
O Barroco. Tema 12.
O estilo Barroco desenvólvese plenamente no século XVII. A diferencia do Renacemento, trátase dun estilo no que a súa principal característica e a abundante decoración e as líneas curvas (podendo atopar con paredes con curvas e contracurvas, columnas que xiran sobre si mesmas chamadas salomónicas, esculturas que aparecen con posturas retorcidas que parecen que están en movemento e cadros con moitos pesonaxes e con escenas dramáticas ou moi realistas.
En España, este estilo, tivo moita produción, xa que se une a Contrarreforma, de aí , que sexa , por iba de todo, relixioso (igrexas, pasos profesionales…).
Tendo en conta todo isto, comecemos coa arquitectura:
8.- Que catedral é esta, quen é o autor e que características da arquitectura Barroca podes apreciar.
Escultura:
9.- Quen é o autor, que representa e que características do estilo ten.
Avenida de Vigo 23, Pontevedra ies.freimartin.sarmiento@edu.xunta.es 36003 www.iesfreimartinsarmiento.com Tlf. 986 85 26 54
Pintura:
10.- Quen é o autor, que representa, que características do estilo ten.
top related