calendario sos groba 2012

Post on 30-Mar-2016

232 Views

Category:

Documents

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Calendario Sos Groba 2012

TRANSCRIPT

O CABALO CEIBE GALEGO dos montes miñoráns é un PATRIMONIO NATURAL,

CULTURAL E ETNOGRÁFICO EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

A PURA RAZA GALEGA, propia do noso país, consérvase actualmente en moi poucos lugares, sendo o VAL MIÑOR un dos que conserva unha considerable densidade de poboación aínda que das 3.000 cabezas de hai dez anos pasamos ás escasas 1.200 deste pasado verán.

Todos os CABALOS CEIBES do VAL MIÑOR están controlados por un “MARCO” que se lles pon na súa anca dereita xa no primeiro curro despois de nacer. TODOS están rexistrados no LIBRO DE REXISTRO DA ASOCIACIÓN DE PROPIETARIOS DE CABALOS DO MONTE DA SERRA DA GROBA. Esta asociación ven xestionando eficazmente e desde hai moitísimos anos, sen axudas institucionais e soportando elevadas cargas económicas, as MARCAS FAMILIARES e a TRADICIÓN controlando o estricto cumprimento das normas de manipulación do gando e da FESTA DOS CURROS. Propoñemos que se valore ao CABALO CEIBE como desbrozador natural e eficaz axentes na prevención de incendios forestais e, en aplicación da normativa europea vixente, se recoñeza a SINGULARIDADE do CABALO CEIBE GALEGO das SERRAS DA GROBA E DO GALIÑEIRO aos animais censados no LIBRO DE MARCAS da Asociación e se delimite e protexa o seu ESPAZO NATURAL eximindolles da obrigatoriedade de seren identificados mediante un MICROCHIP ELECTRÓNICO.

Hoxe aínda PODEMOS SALVAR aos nosos CABALOS CEIBES e as súas FESTAS DOS CURROS facendo desta ancestral tradición un VALOR ENGADIDO para o noso rural.

A PERDA DE TRADICIÓNS EMPOBRÉCENOS

UN POUCO MÁIS!

top related