monumento natural pena corneira

Post on 21-Feb-2017

32 Views

Category:

Education

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISSerra Corneira

O espazo Serra Corneira está situado nunha zona de transición entre as serras da Dorsal Galega (Faro de Avión e Suído) e o val do Miño. A serra esténdese con dirección NE-SO ao longo de 18 km e está rodeada por varios afluentes do río Avia. Está formada por unha serie de cumes graníticos moi erosionados nos que destacan as formacións de grandes bolos e penedos. A altura máxima é A Xateira (848 m) e o punto máis destacado a Pena Corneira.

A Xateira

Pena Corneira

SITUACIÓN: Na comarca do Ribeiro (noroeste da provincia de Ourense). Localidades de referencia: Corneira, Orega e As Cortes (Leiro); Faramontaos, Abelendas, As Fermosas, Os Prados, Balde e Cimadevila (Carballeda de Avia); Cortegaza e Vilar (Avión).SUPERFICIE: 998 haCONCELLOS: Leiro, Carballeda de Avia, Avión.VALORES NATURAIS:Formacións rochosas, carballeiras...

Outeiral

MUIMENTA

ABELENDA DAS PENAS

FARAMONTAOS

CORNEIRA

AS FERMOSAS

LAMAS

OREGA

PROTECCIÓNMonumento Natural (18-1-2008)

Vista da serra de Pena Corneira desde o Monte da Mama

Vista desde o Monte da Mama. No Cenntro A Xateira, o cume máis alto da serra (848 m de altura)

Pena Corneira e O Outeiral (á dereita)

XEOLOXÍAA serra está formada por rochas graníticas hercínicas de distintos tipos o que deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica e á formación de cristas, domos, bolos, pías...Destaca A Pena Corneira un penedo vertical de 10 m de altura que lle dá nome á serra e preside o espazo natural.

EVOLUCIÓN DUN MACIZO GRANÍTICOA desaparición, por efecto da erosión, dos materiais que cubrían as masas graníticas que se formaron no interior da codia terrestre deixounos ao descuberto e a acción da auga sobre as partes máis febles fracturou e modelou os bloques dando lugar a grandes bloques, bolos...

Alto da Rasa

PENA CORNEIRAÉ un monte de 675 m de altura coroado por grandes penedos graníticos (granodiorita porfídica tardía) entre os que destaca o que lle da o nome, a xeito dun gran menhir vertical. Na súa base houbo unha fortaleza do século XII hoxe desaparecida. Accedese desde a estrada de Carballeda de Avia, Beade ou Leiro a Avión.

Pena Corneira desde Abelenda

No camiño de Pena Corneira

No camiño de Pena Corneira

MONTE OUTEIRALCume de 649 m de altitude situado ao leste de Pena Corneira. No seu cume atópase o miradoiro do espazo.

Vista de Pena Corneira desde o miradoiro do monte Outeiral

Vista desde o miradoiro do monte Outeiral

Vista de Orega desde o miradoiro do monte Outeiral

Subida ao miradoiro do monte Outeiral

Monte Outeiral

CLIMASitúase entre o bioclima temperado oceánico e o temperado oceánico submediterráneo.

REDE FLUVIALTodo o territorio forma parte da cunca do Avia e os regos que baixan da serra son afluentes desde río. Destacan o Folós (Valderías) e o rego das Fermosas. Os ríos levan pouco caudal e acusan a seca estival.

FLORAA vexetación dominante é a matogueira formada por uces (Erica arborea, E. umbellata, E. cinerea, E. australis subsp. aragonensis), xestas (Cytisus striatus e Genista triacanthos), toxos (Ulex minor e U. europaeus) e fentos (Pteridium aquilinum).

Fento (Pteridium aquilinum)

As formacións arbóreas son carballeiras de carballos (Quercus robur) e rebolos (Q. pyrenaica), con sobreiras (Quercus suber) nas partes baixas, e bidueiros (Betula celtiberica) nas máis altas. Tamén podemos atopar loureiro (Laurus nobilis), érbedo (Arbutus unedo), sanguiño (Frangula alnus), acivro (Ilex aquifolium), pereira brava (Pyrus cordata), estripo (Crataegus monogyna)... e no sotobosque xilbarbeira (Ruscus aculeatus), herba dos dedos (Rubia peregrina), trobisco (Daphne gnidium), herba salgueira (Lonicera peryclimenum), silveiras (Rubus sp), hedra (Hedera helis) ... e acompañando ás correntes de auga salgueiro negro (Salix atrocinerea), ameneiro (Alnus glutinosa), Sabugueiro (Sambucus nigra)...

Carballeira en Pena Corneira

Carballos, bidueiros, piñeiros, castiñeiros...

Ponla de castiñeiro

Loureiro (Laurus nobilis)

Érbedo (Arbutus unedo)

Tollemerendas (Crocus...)

Xilbarbeira (Ruscus aculeatus)

Sobre as rochas, nas fendas e nas tonas das árbores asentanse comunidades formadas por brións, fentos, saxífragas, uvas de lagarto, couselos, fungos, liques...

Brións, fentos, couselos...

Brións e o fungo Sarcoscypha coccinea

Fento dos valos (Polipodium...)

Couselo (Umbilicus rupestris)

Brións ou carrizas

Liques

Lique (Usnea florida)

FAUNAA propia das matogueiras, carballeiras e correntes de auga: saltóns, bolboretas, lagartos, paxaros e pequenos mamíferos.

ESPECIES DE INTERESE:MAMÍFEROS:Morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum), lobo ibérico (Canis lupus signatus)...AVESAvenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), picanzo vermello (Lanius collurio), papuxa do mato (Silvia undata)...RÉPTILESLagarto das silvas (Lacerta schreiberi), víbora de seoane (Vipera seoanei)...ANFIBIOSSaramaganta (Chioglosa lusitanica), sapo raxado (Discoglossus galganoi), ra patilonga (Rana iberica)...INVERTEBRADOSVacaloura (Lucanus cervus) e escaravello lonxicornio (Cerambyx cerdo) Cría de lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

Papuxa montesa (Sylvia undata)

Polos de avenoiteira (Caprimulgus europaeus)

Vacaloura (Lucanus cervus)

Bolboreta (Aglais urticae)

ACTIVIDADESForestal, agrogandeiro, lecer...

Área de lecer en Lamas (Leiro)

PROBLEMASIncendios, especies invasoras, canteiras...

PUNTOS DE INTERESE-Hai unha ruta sinalizada desde Leiro cunha lonxitude de 8,7 km. Parte do paseo fluvial e pasa pola área etnográfica “Regato do Foxo” cun conxunto de seis muíños e trinta hórreos rehabilitados, cun desvío á igrexa románica de San Tomé (Serantes). -A Ruta do Bolos vai desde Abelenda polas abas da serra ata Pena Corneira--En Lamas, ao pé da igrexa románica, hai unha área de lecer a e varios sendeiros que percorren as proximidades do cume de Pena Corneira.-O bosque de Ridimoas (Beade), linda con este espazo protexido. O antigo camiño de Beade cruza o bosque de Ridiomoas e chega tamén ao bosque de carballos e rebolos na contorna de Pena Corneira.-Pódese acceder en coche ata o parque forestal próximo á propia base de Pena Corneira ou, desde o mesmo lugar, ao miradoiro do Outeiral. Tamén se pode percorrer en coche a contorna de toda a serra.

Faramontaos

Igrexa de Lamas nas proximidades da Área de Lecer de Pena Corneira

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daportafebreiroo 2017

top related