sendeirismo de 1ºb
Post on 21-Jan-2018
198 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Sendeirismo
polo Río Lérez
Excursión do alumnado de 1ºB
O luns 20 de xuño as nenas e nenos de 1º B do CEIP
Manuel Vidal Portela de Pontevedra visitamos as ribeiras do
río Lérez. Fomos acompañados por Amancio, un biólogo
que sabe moitísimo e pola profe Begoña. Tamén nos
acompañaron 2 nais, 1 avó e outra profe máis.
Vimos a Illa das Esculturas, peixes, árbores, arbustos e
plantas. Merendamos e xogamos.
Foi un día fantástico!!!!!!!!
Atopámonos con Amancio na Ponte dos Tirantes
Esta foi a primeira árbores que nos ensinou
Con estas algas faise a xelatina e o espesante das natillas.
Son comestibles cando están ben limpas e preparadas
A profe Begoña mandounos levar libreta e lapis para tomar notas
Estes son xuncos e dan nome ao lugar: A Xunqueira
Dende a ponte Amancio explicounos cal é a marxe dereita e esquerda de todos os ríos do mundo
Só hai que seguir o curso da corriente
Chegamos á Illa das Esculturas
Estela: un monolito de 5 cubos
O labirinto
40 toros de porpiaño negro de Mondariz
A sala de estar de Paco Leiro, un escultor de Cambados
Camiño de pedras, Outro tipo de escultura
Esta árbore é un tilo
Esta é a flor do tilo: a tila, con poderes relaxantes
Os múxeles
Este é un salgueiro. As súas follas calman as dores de cabeza
Fiuncho
Codesos
Carballo
Silvas
Robiña
As espiñas da robiña causan moita dor
Mimosa
Arbsuto das bolboretas
Herba da pampa ou cortadeira: ten uns peliños que danan a pel
A figueira
As estrugas
Un ameneiro
Merenda. Por fin!!!! Xa facía moito calor
De volta xogamos na Illa das Esculturas
E chegou o momento da despedida e de volver á escola
Mandámoslle as grazas a Amancio e moitos bicos para el e as persoasmaiores que nos acompañaron para que todo saíse tan ben.
top related