tema4 o clima
Post on 13-Jan-2017
325 Views
Preview:
TRANSCRIPT
TEMA 4O CLIMA
QUE É O TEMPO ATMOSFÉRICO?
• Os meteorólogos son as persoas que explican o tempo que vai ir nos próximos días. Os elementos que describen refírense ao tempo atmosférico.
• O tempo atmosférico é o estado da troposfera nun lugar en un momento determinado.
• O tempo atmosférico é moi variable.
ELEMENTOS DO TEMPO ATMOSFÉRICO
1. Vento: o aire quente pesa menos ca o frío, e ascende. Estes movementos do aire provocan o vento.
2. Presión atmosférica: é o peso do aire sobre a terra. Cando a presión atmosférica baixa, son mais probables as nubes e as precipitacións.
3. Temperatura: mide a calor ou o frío do aire. Cando vai calor, a temperatura é alta. Cando vai frío, é baixa.
4. Precipitacións: é a auga que cae da atmosfera sobre un lugar da superficie terrestre grazas ao ciclo da auga.
INTRUMENTOS PARA MEDIR OS ELEMENTOS DO TEMPO ATMOSFÉRICO
1. Catavento: mostra a dirección do vento 2. Anemómetro: mide a velocidade do vento en km/h3. Barómetro: mide a presión atmosférica en milibares.4. Termómetro: mide a temperatura en graos.5. Pluviómetro: mide a cantidade de auga que cae en
mililitros.
QUE É O CLIMA?
• É o conxunto de características meteorolóxicas dunha zona durante un longo período de tempo.
• Para estudalo mídense os elementos do tempo atmosférico durante trinta anos ou máis.
DE QUE DEPENDE O CLIMA?
1. A latitude. Cerca do ecuador os raios solares concéntranse e dan máis calor. Ao afastarse vai máis frío, ata chegar ao extremo dos polos.
2. A altitude. Canto máis elevado está un lugar respecto ao nivel do mar, máis baixa é a súa temperatura. A temperatura baixa ata 6 graos por quilómetro.
3. A proximidade do mar. O mar absorbe a calor do sol e pérdea lentamente. Por iso na costa as temperaturas son máis suaves e estables.
QUE É UNHA ZONA CLIMÁTICA?
• As zonas climáticas da Terra son aqueles territorios que teñen un clima parecido, con temperaturas e precipitacións similares cada ano.
• Hai 3 zonas:1. As zonas frías están próximas aos polos ou nas altas montañas. As
temperaturas son moi baixas todo o ano e as precipitacións son escasas e en forma de neve.
2. As zonas temperadas son dúas, e sitúanse entre os polos e a zona cálida do planeta. As súas temperaturas varían entre 0 e 20 ºC, con grandes diferenzas entre o verán e o inverno.
3. As zonas cálidas están cerca do ecuador e teñen temperaturas elevadas. Non obstante, hai grandes variacións nas precipitacións: alí atópanse xunglas húmidas, sabanas con épocas moi secas e outras moi chuviosas, e desertos sen apenas chuvias
ZONAS CLIMÁTICAS
AS PLANTAS ADÁPTANSE!• As altas montañas e os polos teñen climas fríos.
AS PLANTAS ADÁPTANSE!• En Europa predominan os climas temperados.
AS PLANTAS ADÁPTANSE!• Nas zonas cálidas hai desertos, xunglas e sabanas.
• Nos bosques fríos os abetos crecen xuntos para protexerse do vento. As súas follas de agulla e a forma de cono evitan que a neve se acumule nas ramas. As raíces son superficiais.
• As oliveiras mediterráneas protéxense da seca grazas á súa casca grosa e á capa protectora das súas follas, que almacenan a humidade.
• Os cactos do deserto teñen raíces longas para buscar auga no solo e crecen separados para non competir por ela. Aguantan ata cinco anos sen chuvia!
OS CLIMAS DE ESPAÑA
• A Península Ibérica sitúase na zona temperada da Terra pero acolle variedades do clima temperado, como o clima oceánico, o mediterráneo interior e o mediterráneo litoral.
• As Canarias están próximas á zona cálida do planeta e teñen un clima subtropical, e as áreas de alta montaña, por encima dos 1.200 m de altitude, teñen un clima frío
O QUECEMENTO GLOBAL
• O noso planeta experimentou importantes cambios climáticos, como asglaciacións, debidos a causas naturais.
• Porén, hoxe en día témese que, ademais destes cambios naturais, algunhas actividades humanas poidan acelerar un quecemento global da Terra
QUE É O EFECTO INVERNADOIRO?
• A atmosfera, a hidrosfera e a xeosfera absorben a enerxía do Sol. Parte desa enerxía é devolta ao espazo, pero outra queda retida na atmosfera grazas ao vapor de auga, o dióxido de carbono e o metano.
• Este fenómeno natural, coñecido como efecto invernadoiro, acumula calor na Terra
QUE É O QUECEMENTO GLOBAL?
• O exceso de gases provoca que a atmosfera reteña demasiada calor e as temperaturas suban.
• Este ascenso de temperaturas, máis coñecido como quecemento global, pode provocar un cambio climático con graves efectos para os seres vivos que habitan a Terra.
CONSECUENCIAS DO QUECEMENTO GLOBAL
1. O quecemento dos polos funde os xeos e provoca o aumento do nivel do mar. Este feito pode inundar as zonas costeiras do planeta.
2. O quecemento provoca secas, adesertización de rexións e o cambio nos ecosistemas. Algúns animais poden extinguirse ao non poder adaptarse
QUE PROVOCA O CAMBIO CLIMÁTICO?
QUE PROVOCA O CAMBIO CLIMÁTICO?1. O uso de combustibles fósiles nas fábricas e nos
vehículos aumenta o dióxido de carbono.2. A agricultura e a gandaría xeran gases polo uso de
fertilizantes e a dixestión dos animais.3. Os residuos e refugallos dos vertedoiros producen unha
enorme cantidade de metano.4. A deforestación contribúe ao aumento do dióxido de
carbono.
top related