traballo muiños kevin
Post on 24-May-2015
246 Views
Preview:
TRANSCRIPT
TRABALLO SOBRE OS MUÍÑOS
KEVIN RUBIANES DEIBE. 4º ESO
Muíños de auga
Os muíños de auga construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa
para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro
corría por un canal ou cano e movía unha roda chamada rodicio, a que á
súa vez movía as pedras ou moas do muíño. Ao conxunto formado polo
encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente
caneiro.
Actualmente, moitos destes encoros empréganse para producir enerxía
eléctrica (enerxía minihidráulica), pero levando a auga por un conduto
cerrado desde o fondo do encoro até unha turbina.
Tipos de muíños de auga pola súa propiedade e uso
De maquía ou maquieiros: o muiñeiro recibe da persoa que leva o gran
unha parte (maquía) da fariña resultante, como cobro do seu traballo.
De herdeiros : a propiedade do muíño é compartida e transmítese por
herdanza. As quendas de uso regulábanse por un tempo determinado.
Deste uso compartido xurdían relacións sociais e comunais moi ricas,
por exemplo as muiñadas (festas nocturnas no muíño).
Partes da obra e maquinaria dun muíño de auga
O inferno é a abertura no edificio do muíño, na que
desemboca o cano e permite pasar a auga cara á maquinaria.
A gradilla é unha grade ou reixa que impede o paso de paus
ou pedras ao cubo.
A saída da auga do buzo cara ao rodicio regúlase cunha billa
accionada co ferro da billa
O rodicio é a roda con penas (pás) que converte a velocidade
da auga en movemento xiratorio que se transmite ás pedras
de moer.
No andar superior do edificio atópase o tremiñado, desde
onde o muiñeiro controla a altura da mesa (e polo tanto a
velocidade do rodicio) mediante un ferro chamado brandeiro.
O gran deposítase nun recipiente suxeito pola escada,
chamado moega. O muiñeiro controla a caída do gran cara ás
pedras por medio dunha caneta
Hai duas pedras de moer : unha fixa ou pé, e outra móbil ou
capa que roda sobre a fixa.
Refráns
Ábrete, saco; unha maquía me debes, e dúas che agarro.
A mazorca, no muíño; e no bolso, o diñeiriño.
As que ó muíño van, se son bonitas logo as moerán
Cada un tira da auga pro seu muíño, inda que deixe seco o do
veciño.
Cando a acea está parada, non dá proveito nin gana nada.
Con quen ten muíño que coidar non te poñas a enredar
O cura, o sancristan, o barbeiro e o veciño, todos moen nun
muíño.
O que pode, vai ó muíño e moe.
top related