volcáns 2ºa

Post on 24-May-2015

559 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Son condutos que poñen en comunicación directa a parte superior da codia terrestre sólida cos niveis inferiores. Por eles ascende o magma (rocha fundida) en forma de lava e gases. Adoitan ter forma cónica rematada nun cráter.

VOLCÁNS

cono

cráter

cheminea

foco magmático

Os volcáns son máis abundantes nos lindes das placas tectónicas. Tamén aparecen en lugares separados delas chamados puntos quentes. Poden estar na superficie terrestre ou nos fondos mariños.

dorsaisfallas transformanteszonas de subduciónvolcánsterremotos

PRODUTOS VOLCÁNICOS:Bomba volcánicaLapilli: fragmentos de escoirasPó volcánico

Puu Oo (Hawai)

Na actualidade hai 1.500 volcáns activos

Monte Olimpo, en Marte. O volcán máis grande do Sistema Solar, cunha base de 600 km e unha altura de 27 km.

O Mauna Loa (Hawai) mide 9.000 m de altura desde a base do océano e ten un diámetro de 100 km.

O volcán activo máis grande é o Yellowstone, cunha superficie de 9.000 km2.

TIPOS DE VOLCÁNS(ESTRUTURA DO CONO)

Escudo

Fisural

Estratovolcán

Cono de cinzas

Volcán de escudo: cando a lava é pouco densa produce unha forma de pendente suave. Ás veces teñen fisuras laterais.

Volcán fisural: a lava flúe ao longo dunha abertura con moitas saídas.

Laki (Islandia)

Estratovolcán-volcán composto: formados por estratos alternos de lava e cinzas volcánicas.

Stromboli (Italia)

Cotopaxi (Ecuador)

Cono de cinzas: de forma cónica e pendente inclinada. Formado por estratos de cinza volcánica. Adoitan ser de pequeno tamaño.

TIPOS DE VOLCÁNS(ERUPCIÓNS)

HawaianoEstromboliano

VulcanianoVesubiano

PeleanoKrakatoano-Freato-magmático

Fisural

Etna (Italia)

Hawaiano: lava fluída

Explosivos e de lava viscosa: Mayon (Filipinas)

características exemplos

Hawaiana lavas moi fluídas con poucas explosións que forman correntes ladeira abaixo

Mauna Loa

Estromboliana de erupción permanente acompañada de explosións e coadas de lava

Stromboli

Vulcaniana magma pouco fluído con frecuentes explosións, gran cantidade de cinzas e gases

Vulcano

Vesubiana con explosións moi violentas e nubes de cinzas Vesubio, Teide, Popocatepetl, Fujiyama

Peleana lava moi viscosa que pode tapar o crater e provocar enormes explosións pola presión dos gases

Mont Pelee (As Antillas)

KrakatoanaFreato-magmático

lava moi viscosa cunha temperatura relativamente fría polo que pecha o cráter e da lugar e enormes explosións

Krakatoa KilaueaIlla de Surstey

Erupcións fisurais

a lava flúe ao longo dunha abertura que pode ser de moitos quilómetros.

Meseta do Decán (India), Columbia, Dorsal oceánica, Laki

TIPOS DE ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS:

Caldeiras volcánicasSon grandes depresións producidas polo afundimento dunha cámara magmática, por explosión freática ou por deslizamento.

Caldeira Aniakchak, Alaska

Lagoa do Fogo (Illa San Miguel-Os Açores)

PRINCIPAIS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS

17

5

3

4 2

6

1- Caldeira da Garita (hai 27 millóns de anos)Situada nas montañas San Xoán, no centro das Montañas Rochosas. Mide 75 km de lonxitude e 35 km de ancho. Estímase que a forza da erupción foi equivalente á explosión de 1.000 bombas de Hisrohima cada segundo. Xunto cos gases volcánicos destruíron todo rastro de vida nun radio de 100 km.expulsou 5.000 Km³ de materiaisCambiou o clima da Terra

2-Tambora. Sumatra-Indonesia (1815)Tipo: estratovolcán.Situación: na illa de Sumbawa (Indonesia)Altitude: 2.850 m.Última erupción: 1967.Volcán activo que causou máis mortes na historia da humanidade. A última erupción foi en 1815.Expulsou 160 Km³ de materiais e matou a 92.000 persoas. A nube de cinzas expandeuse a máis de 600 km de distancia e cubriu unha área de 50.000 km2. A nube xerada pola erupción cubriu o sol durante dous días.

3-Laki (Islandia) (8-6-1783)Tipo: fisura volcánicaSituación: IslandiaAltitude: 1.725 mO volcán Laki xurdiu dunha fisura no volcán Grimsvotn durante a intensa erupción de 1783 que durou ata o ano seguinte. Expulsou uns 14 km3 de lava basáltica e nubes de ácido fluorhídrico e dióxido de xofre que acabaron co 20% da poboación islandesa (39.350 mortos) e máis do 50% do gando da illa.

4-Krakatoa (Indonesia): 1883Altitude: 813 m sobre o nivel do mar.Situación: sobre unha illa volcánica, no estreito de Sonda (Indonesia)Entrou en erupción moitas veces de forma violenta. A máis intensa foi en entre maio e agosto de 1883. A explosión tivo unha enerxía de 200 megatóns (10.000 veces máis poderosa que a bomba Hiroshima). A cinza chegou aos 80 km de altura e a explosión destruiu a maior parte da illa. O son escoitous ata a 800 km de distancia. Na caldeira creouse un novo volcán máis pequeno chamado “o fillo de Krakatoa”Existiron outras erupcións na historia do Krakatoa, como as do 416 D.C ou 535 D.C. Algúns investigadores creen que a do 535 puido ser a causante dos cambios de clima globais de 535–536.

5-Mont Pelée (Martinica) 1902Tipo: estratovolcán activoSituación: Illa da Martinica (As Antillas)É un dos volcáns máis destrutivos da TerraA erupción de maio do 1902 causou 30.121 mortes e arrasou completamente a rexión.

6-Nevado del Ruiz (13-11-1985)Tipo: estratovolcánSituación: nos Andes, entre Caldas e Tolima (Colombia)Altitude: 5.321 mÉ unha montaña cuberta de glaciares. Na erupción de 1985 os fluxos de lava e lama arrasaron varias cidades, entre elas Armero e Chinchiná causando 24.800 mortos. Considérase a segunda erupción volcánica máis devastadora do século XX.Ao longo da súa historia tivo numerosas erupcións, a última foi en 1991.

7-Saint Helens (18-5-1980)Tipo: estratovolcán activoSituación: no Condado Skamania, no estado de Washington (na rexión do Pacífico Noroccidental de Estados Unidos).Altitude: 2.550 m desde a última erupciónA erupción de maio de 1980 foi a máis destrutiva da historia dos Estados Unidos. Expulsou 1,2 Km³ de materiais e a cara norte da montaña derrubouse pasando de 2.950 m a 2.550. A cinza chegou a depositarse en 11 Estados diferentes de EE.UU. A avalancha producida polo xeo e a neve ao fundirse arrasou con todo. 57 personas morreron pola erupción; 250 casas, 47 pontes, 24 kilómetros de vías férreas e 300 kilómetros de autopista quedaron destruidos. Toda a área está protexida no Mount St. Helens National Volcanic Monument.

Saint Helens

OUTRAS MANIFESTACIÓNS VOLCÁNICAS

Fumarola: a auga ferve e sae en forma de vapor.

Xeiser: a auga é impulsada intermitentemente e de forma violenta pola presión dos gases que se acumulan na caldeira onde está almacenada.

Fonte termal: auga quente mesturada con diferentes minerais

Solfataras: emanacións de diferentes gases: compostos de xofre, dióxido de carbono...

O Xéiser máis alto é o Waimangu (Nova Celandia). A última erupción foi en 1904 e acadou unha altura de 457 m. O máis alto dos que están activo é o Steamboat, en Wyoming (EE.UU.) cunha altura de 60-115 m.

Geisir (Islandia)

Fumarola

Solfataras

Fonte termal

Ourense

Montaxe: 2º ESO AMiguel Ángel MeisPablo NogueiraJorge GonzálezBeatriz CasalMª Carmen BlancoAraceli FernándezAida GonzálezAna MuíñosFátima LagoFátima ChavesAriadna CordalRaquel OliveiraIlenia MartínezCristina GuillánVerónica NoyaLara FernándezLucía MolaresElenaFontenlaImaxes: Mon Daporta, Adela Leiro, Internet marzo 2011Departamento

de Ciencias

top related