xapón
Post on 27-Jan-2017
273 Views
Preview:
TRANSCRIPT
XAPÓN
Xapón é un país insular que esta situado ao este de Asia.
O nome de Xapón significa “a orixe do sol“ motivo pola cal tamén é coñecido como “a terra do sol
nacente”.
Xapón é un arquipélago composto por 6852 illas. A súa capital é Tokio e
é a maior área metropolitana do mundo con 30 millóns de habitantes.
Bandeira e escudo
VIVENDA
● As casas chámanse PAGODAS e están
construídas con materiais naturais como
madeira, palla, barro...
● Calquera habitación pode ser sala de estar,
comedor, estudio ou dormitorio.
● A estrutura é de madeira con paredes moi finas que dividen as distintas salas.
● Sacan o calzado para entrar na vivenda porque pensan que levan malas vibracións do exterior.
● As portas que dividen as diferentes salas son corredoiras e están feitas de papel xaponés.
● Non utilizan camas senón FUTONES.
● Os tatamis son esteras tecidas cunha base grosa
de xuncos e utilízanse dende fai uns 600 anos.
● Todo o mobiliario do fogar está almacenado nuns espazos chamados OSHIIRE.
VESTIMENTA
● As vestimenta tradicional xaponesa chámase YUKATA ou KIMONO. ● A yukata está feita de algodón e o
kimono de seda.
● A yukata é moito máis sinxela é
úsase en contextos máis informais
sobre todo por mulleres.
● O kimono úsano para as festas e
cerimonias importantes (bodas,
ceremonias, festivais...) tanto homes
e mulleres.
● As yukatas poden ser cortas pero
os kimonos non.
● Os kimonos son de variados cores, máis alegres e vistosos os das mulleres e máis escuros e sinxelos os dos homes.
● As Getas ou Zoris son sandalias baixas feitas con algodón ou coiro formadas por dúas pezas sendo a súa sola de madeira.
ALIMENTACIÓN
● A comida xaponesa ten unha gran tradición recoñecida e apreciada en todo
o mundo e organízase tendo en conta as diferentes estacións do ano.
● A cociña xaponesa é moi similar a cociña chinesa sobre todo nos
ingredientes principais como o arroz, trigo, avea, fabas, millo, mariscos,
fideos, soia, nabe e a coción yoshoku...
● As comidas máis populares de Xapón son: o sushi, o tofu, sopa de miso,
tsukemono, edamame, algas, curry xaponés.
● Comidas especiais: sushi (aninovo), chirashizusi (equinoccio primavera),
chimaki (pastel de arroz dulce ao vapor).
● Os palillos ou “hashi” foron introducidos no s. VII dende China. Ao principio
eran utilizados exclusivamente para cerimonias
relixiosas pero pouco a pouco foise expandindo
o seu uso ata converterse nos utensilios usados
habitualmente para comer.
.
● Salsas típicas: shoyu, miso e dashi.
Fauna e flora
● En Xapón pódese encontrar máis de
17000 especies de plantas con ou sen
flores coma os pexegos brancos,
cerdeira, azaleas e en especial os
crisantemos que son a flor nacional de
Xapón.
● A fauna comprende 132 especies de mamíferos, 583 especies de aves e unha ampla variedade de réptiles, batracios e peixes.
● O único primate mamífero é o mono de cara vermella ou macaco xaponés.
● As coníferas son as árbores
predominantes en Xapón. Unha
especie común é o Sugi (cedro
xaponés) pero tamén podemos
encontrar salgueiros, castiñeiros,
bambús e frutales comúns como
melocotoeiros, perais, laranxeiras...
● Entre os carnívoros destaca o oso panda vermello, o oso negro e o oso pardo.
● Son frecuentes os raposos e os teixugos e outros animais con pelo coma o xabarín, a marta, o visón xaponés, a lontra, a doniña e distintas variedades de focas.
● As lebres e outros roedores coma os esquíos voadores, ratas e ratos son numerosos.
● Hai moitas variedades de morcegos entre os insectívoros destaca o topo xaponés e a musaraña.
● Dúas especies de cervos, a máis común é o pequeno cervo xaponés que ten o pelo branco salpicado no verán é pardo no inverno.
● Xeralmente o clima en Xapón e temperado, pero o país esténdese dende norte a sur en 3000 km así que o tempo varía dependendo de onde nos encontremos. A primavera e o outono son as estacións máis agradables.
● Os veráns son húmidos e cálidos e son a causa da gran variedade e exuberante flora xaponesa.
Cultura e sociedade
● A sociedade xaponesa é un pouco diferente á Occidental.
● Xapón foi un país moi illado pero hoxe en día está completamente integrado nas redes internacionais.
● Xapón hoxe é unha das sociedades industriais máis avanzadas do mundo, altamente urbanizada e dependente da alta tecnoloxía e comunicacións.
● Entre os xaponeses búscase a individualidade social.
● Os xaponeses son moi educados: ao pasar moi cerca de alguén aínda que non o toque sempre piden perdón, ao chegar a unha tenda o tendeiro saúda cunha reverencia aos clientes, o comercio soe ser rápido e eficaz. É un dos países máis seguros do mundo. Os delitos na rúa son pouco frecuentes.
● A cultura xaponesa é o resultado dun proceso histórico que comeza coas ondas inmigratorias do continente asiático, seguido por unha forte cultura que ven de China.
● Xapón ten moitos xoguetes e xogos tradicionais que divertiron a nenos durante séculos coma o Origami (papiroflexia); o béisbol é un dos deportes máis populares de Xapón e as artes marciais (Judo, Kendo, Karate e o Aikido) seguen sendo moi importantes.
● Entre as artes escénicas tradicionais que aínda se seguen representando encóntranse o Kabuki (teatro tradicional caracterízase pola extravagancia da maquillaxe e vestiario moi rechamante), o Noh (forma moi antiga de teatro musical), o Kycen (teatro cómico e clásico) e o Bunraku (teatro con títeres).
● O aninovo ou “SHOGATSU” é entre o día 1 e 4 de xaneiro. É tipico comer a comida do aninovo chamada “OSECHI” que se come durante os tres primeiros días do ano.
● Outras festas son o 3 de marzo o día das bonecas “HINA NATSURI”. Este día desexaban que as nenas creceran con saúde e tiveran un matrimonio feliz.
Curiosidades
● É o país coa maior esperanza de vida e a taxa de natalidade máis baixa. O 21% da poboación xaponesa ten máis de 65 anos.
● O 80% do territorio xaponés é montañoso e conta con 6852 illas.
● Non soen usar coches, usan transportes públicos (tren) e bicicletas.
● Non se pode fumar na rúa pero si nos bares e restaurantes.
● Danlle moita importancia ao grupo sanguíneo.
● Está mal visto falar en alto nos transportes públicos.
● Non se dan propinas, soen ofenderse.
● Hai máis de 3000 Onsen, baños termales.
● Hai bares para acariciar gatos e onde podes alugar cans.
● A bandeira, un rectángulo branco cun disco vermello representa ao sol.
● O idioma oficial é o xaponés pero tamén se usan outras como o coreano, chino ou español.
● O nivel de vida non é caro, pódese comer por 7 € e a auga é gratis.
Traballo realizado polos alumn@s de 5º Primaria do CEIP M. Manuel García - Xuño 2016
FIN
top related