arte románica

42
TEMA 4. A cultura e a arte na Europa feudal. Teresa Nécega Rodríguez

Upload: tere-necega-rodriguez

Post on 15-May-2015

358 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Breve presentación sobre a Arte románica para 2º da ESO, inclúe tamén o prerrománico e o mozárabe, segue os contidos da editorial Anaya e de Consorcio editorial.

TRANSCRIPT

Page 1: Arte románica

TEMA 4.

A cultura e a arte

na Europa feudal.

Teresa Nécega Rodríguez

Page 2: Arte románica

Mosteiros, escolas catedralicias e universidades

A meirande parte da poboación era analfabeta OS MOSTEIROS foron os únicos lugares onde quedou recluída a cultura grazas ao labor dos monxes e monxas que vivían baixo a dirección dun abade ou abadesa.

O LABOR DOS COPISTAS, a maioría eran monxes que copiaban a man os textos antigos que logo decoraban os ilustradores ou miniaturistas. Copiáronse textos relixiosos pero tamén científicos de autores gregos e latinos. Destaca a escola de tradutores de Toledo.

Da evolución do latín, xurden as LINGUAS ROMANCES OU ROMÁNICAS como o castelán, o galego, catalán, italiano, francés. Comezan a escribirse obras nesas linguas como o Cantar do Mío cid. O latín seguía sendo a lingua culta.

Dase un desenvolvemento urbán e comercial xurden NOVAS CIDADES. Nas catedrais, que se constrúen nas cidades europeas, aparecen as ESCOLAS CATEDRALICIAS, cunha importante labor docente. NACEN AS UNIVERSIDADES, a partir de escolas existentes ou novas, fundadas polo Papa ou o Rei. Entre as máis antigas están : Bolonia, París, Oxford e Palencia e Salamanca en España. No 1440, o alemán Gutenberg inventa a IMPRENTA DE TIPOS MÓBILES. A imprenta difundíuse rápidamente.

Page 3: Arte románica

Todos os Monasteiros "clásicos" teñen polo menos un claustro. En torno a este claustro atópanse os lugares principalis do mosteiro (lugares regulares) e neste este claustro desenvolvese unha gran parte da vida dos monxes. algúns Mosteiros teñen dous, tres ou máis claustros; o Mosteiro de Santa María de Sobrado ten tres claustros, como se aprecia na imaxe aérea: o claustro de entrada, ou dos peregrinos; o claustro das procesiones ou dos medallóns; e o claustro grande donde na actualidade se desenvolve vida dos monxes.

Mosteiro de Sta María de Sobrado dos monxes. A

Coruña.

Page 4: Arte románica
Page 5: Arte románica

A ARTE PREROMÁNICA Chamámoslle así ás manifestacións artísticas realizadas en cada país antes do xurdimento do románico. En España, está representada pola asturiana e a mozárabe.

A arte Asturiana desenvolveuse entre finais do século VIII e principios do X no reino de Asturias. Construíronse pequenas igrexas e pazos empregando arcos semicirculares e cubertos con bóvedas de canón. Entre as edificacións máis destacadas están o palacete de santa María del Naranco e as Igrexas de S. Miguel de Lillo e S. Salvador de Valdedios.

A Arte Mozárabe desenvolveuse no século X, na área baixo o dominio cristián. Edificáronse igrexas, que utilizaron arcos de ferradura e se cubriron com madeira ou con bóveda de canós de ferradura. Entre elas encóntranse S. Miguel de la Escalada (León), San Baudelio de Berlanga (Soria) e S. Cebrián de Mazote (Valladolid). En Galicia destaca a pequena e fermosa capela de S. Miguel en Celanova.

Page 6: Arte románica

Sta. María del Naranco

Page 7: Arte románica

S. Miguel de Lillo

Page 8: Arte románica

S. Salvador de Valdediós

Page 9: Arte románica

S. Miguel de la Escalada

Page 10: Arte románica

S. Baudelio de Berlanga

Page 11: Arte románica

S. Cebrián de Mazote

Page 12: Arte románica

S. Miguel de Celanova.

Page 13: Arte románica

O Camiño de SantiagoA orixe desta ruta remóntase ao ano 813 cando un ermitán descubríu en Galicia unha tumba que se identificou coa do apóstolo Santiago. Dende entón, organizáronse peregrinacións desde toda Europa por un itinerario coñecido como ruta Xacobea ou Camiño Francés. Este partía de diversos lugares de Francia, que confluía en Puente La reina (Navarra) e desde alí levaban a Compostela.Ao longo do Camiño, a peregrinación favoreceu o desenvolvemento da artesanía e do comercio para atender as necesidades dos peregrinos: impulsou o florecemento das cidades; propiciou a construción de pontes, hospedaxes, hospitais, mosteiros e igrexas, e impulsou os intercambios culturais con Europa.

Page 14: Arte románica
Page 15: Arte románica

A ARTE ROMÁNICA A arquitectura románica desenvolveuse entre os séculos XII e XII, e tivo dous focos principais: Cataluña e o Camiño de Santiago.

O foco catalán caracterizouse pola decoración de arcos cegos e a realización de igrexas con campanarios moi desenvolvidos, como as de San Clemente e Sta. María de Tahull.

O foco do Camiño de Santiago, ligado ao románico francés e ao camiño de Santiago, tivo como exemplos principais a catedral de Jaca (Huesca), o mosteiro de santa María de Sangüesa (Navarra), San Martín de Frómista (Palencia), San Isidoro de León, A colexiata de Toro(Zamora) e a Catedral de Santiago de Compostela.

Page 16: Arte románica

TAHULL

Page 17: Arte románica

CATEDRAL DE

JACA

Page 18: Arte románica

Sangüesa(Navarra)

Page 19: Arte románica

SAN MARTÍN DE FRÓMISTA. PALENCIA.

Page 20: Arte románica

SAN ISIDORO DE LEÓN

Page 21: Arte románica

COLEGIATA DE TOROZAMORA

Page 22: Arte románica
Page 23: Arte románica

A finalidade básica da escultura era complementar á arquitectura.

Usábase pedra na escultura que decoraba os edificios. Pedra e madeira nas estatuas (escultura exenta, que non está arrimada). Con menos frecuencia o marfil e os metais.

a escultura colocábase en capiteis, tímpanos, arquivoltas e estatuas-columnas.

Os Temas representados: temas relixiosos da biblia e da vida dos santos. Destaca a figura de Cristo.

A principal finalidade desta escultura é ilustrar, ensinar aos fieis. Finalidade didáctica e simbólica. (chamaselle “o evanxeo en pedra”).

Son figuras ríxidas, de pouco volume, dispostos de fronte, rostros simétricos, inexpresivos. A escultura está condicionada polo espazo no que se expresa, ás veces as figuras son pouco proporcionadas.

A Escultura

Page 24: Arte románica
Page 25: Arte románica

Virgen del Camino. Ena. Huesca.

Majestad Batlló

Page 26: Arte románica

Crucifijo de don Fernando I e dona Sancha. S. Isidoro de León.

Page 27: Arte románica
Page 28: Arte románica

A Pintura

Dous conxuntos: as realizadas sobre as paredes e as que ilustraban os libros relixiosos. Realizadas a maioría delas entre os séculos XII e XIII.

Panteón de los Reyes. S. Isidoro de León

Page 29: Arte románica

Decoración dos muros interiores das igrexas. Realizadas coa técnica do fresco (sobre unha capa húmida de cal que se aplica sobre o muro e con cores diluídas en auga de cal). Temas representados: relatos bíblicos, vida de Cristo e dos Santos.

Igrexas de S. Climent e Sta. María.Tahull (Lleida).

Representación do Pantocrator e o tetramorfos (os catro evanxelistas cos seus símbolos). Cores e fondos planos, figuras perfiladas en negro, simetría na composición e nas figuras.

Page 30: Arte románica

A miniatura, decoraba os textos dos libros. Realizada con técnica de augada sobre pergameo.

Page 31: Arte románica

Tamén se realizaron pinturas sobre táboa para decorar os frontais.

 Frontal de Urgell o de los Apóstoles. Catedral de la Seu d´Urgell. S. XII. Museo Nacional de Arte de 

Cataluña. Barcelona.

Frontal de la Virgen de Avià.Museu d’Art de Catalunya.

Barcelona.

Page 32: Arte románica
Page 33: Arte románica

LA CATEDRAL DE SANTIAGOFoi o maior templo da España cristiá. A súa construción iniciouse en 1075 e rematou en 1211.A construción atraeu a moitos traballadores, especialmente a canteiros organizados e dirixidos por importantes mestres. Os máis famosos foron o mestre Mateo, autor da porta das Praterías, e o Mestre Mateo, autor do Pórtico da Gloria, que é a obra cume da escultura de estilo románico.A catedral compostelá é o mellor exemplo das chamadas igrexas de peregrinación. Ten tres espazosas naves, capaces de albergar un gran número de fieis; ademáis, as naves laterias prolóngase pola cabeceira e dan lugar ao deambulatorio; grazas a el, os peregrinos poden circular polo templo e ver os oficios que se fan no altar maior. Tamén posúe numerosas capelas laterais para poder celebrar varias misas á vez.A actual fachada principal, a universalmente coñecida fachada do Obradoiro, non pertence a esta época medieval, senon que foi construída no século XVII en estilo barroco.

Page 34: Arte románica
Page 35: Arte románica
Page 36: Arte románica
Page 37: Arte románica
Page 38: Arte románica

O grandioso Pórtico da Gloria está situado na catedral de Santiago de Compostela. Esta catedral foi iniciada no ano 1075 e, tras varios anos paralizada, a obra foi relanzada polo bispo Xelmírez a finais do XI. Entre os anos finais do século XII e os iniciais do XIII dirixíu as obras do Mestre Mateo do que, como a maioría dos artistas medievais, sabemos pouco. Nun documento de 1168 e nunha inscripción no lintel do Pórtico, con data de 1188, figura como o seu mestre escultor. O Pórtico da Gloria está organizado en tres arcos da anchura das naves, polo que o central é maior. As escenas representadas están relacionadas co libro do Apocalipse da san Xoán e con varias pasaxes bíblicas. Aínda que por tradición se inclúe como obra do románico, responde mellor ás características do Gótico inicial.

Page 39: Arte románica
Page 40: Arte románica
Page 41: Arte románica
Page 42: Arte románica

Esta presentación, foi realizada seguindo os contidos dos libros de texto das editoriais Anaya e Consorcio Editorial para 2º da ESO. O seu único fin e servir de apoio na aula para unha mellor comprensión dos contidos por parte do alumnado. Sen ningún interese lucrativo. As imaxes foron obtidas en diferentes páxinas web.

TERESA NÉCEGA RODRÍGUEZ