as nosas fotos favoritas
DESCRIPTION
Fotos comentadas de Virxilio Vieitez.TRANSCRIPT
A NENA DE COMUÑÓNA NENA DE COMUÑÓNA NENA DE COMUÑÓNA NENA DE COMUÑÓN
Nesta foto vese unha nena na súa comuñón. O
vestido de comuñón é de manga longa e
ademais a nena leva un velo na cabeza.
Ao lado hai unha mesa con botellas de
licores, un xarrón e a tarta de comuñón.
Nótase que foi unha festa moi animada.
ÁngelaÁngelaÁngelaÁngela
A COMUÑÓNA COMUÑÓNA COMUÑÓNA COMUÑÓN
Esta fotografía e de dous adultos e unha nena
que fai a primeira comuñón. Eles fan a foto
na horta, ao lado dun muro de pedra.
Os avós van moi preparados, moi elegantes. O
avó cunha chaqueta nova e a avoa con colar
e unha saia. A nena vai cun vestido branco,
unha capiña na cabeza e un ramiño.
PaolaPaolaPaolaPaola
O NENO DO SILLÓNO NENO DO SILLÓNO NENO DO SILLÓNO NENO DO SILLÓN
Na fotografía vexo un xardín e dentro do
xardín vexo un sillón. No sillón hai un neno
con cara de enfadado. No xardín tamén hai
plantiñas e macetas, e vexo un pouco dunha
casa cun balcón con máis macetas.
Iván P.Iván P.Iván P.Iván P.
OS NENOS DA MOTOOS NENOS DA MOTOOS NENOS DA MOTOOS NENOS DA MOTO
Nesta foto hai unha moto que é moi estraña, e
na que van montados tres nenos e un home.
Agora non se poden montar catro persoas,
agora só se montan dúas persoas. E hai unha
gasolineira.
É unha foto moi bonita. Eu penso que van ao
colexio.
DaniDaniDaniDani
A VELLA DA RADIOA VELLA DA RADIOA VELLA DA RADIOA VELLA DA RADIO
Na fotografía hai unha vella ensinando a súa
radio, no patio da súa casa. Creo que é que
vai enviar a foto a un familiar. A vella vai de
negro. A radio é grande e antiga.
DavidDavidDavidDavid
O COCHEO COCHEO COCHEO COCHE MODERNOMODERNOMODERNOMODERNO
Nesta fotografía aparece un home e un coche.
Está no aparcamento e ao lado do coche. O
home non parece moi maior, pero o coche
parece vello. O coche é grande e o home, forte.
Estase sacando unha foto co coche porque creo
que nesa época había poucos coches e ese era o
máis moderno.
CristianCristianCristianCristian
A NENAA NENAA NENAA NENA
Esta nena está na súa casa. A casa é moi
bonita, e a nena tamén e moi bonita. Leva un
vestido de botóns, e o seu peiteado é guai. Os
seus zapatos son abertos, cunha flor.
A nena está moi seria e parece enfadada. A
sombra dela é moi grande.
AinoaAinoaAinoaAinoa
MOZA MODERNAMOZA MODERNAMOZA MODERNAMOZA MODERNA
Nesta foto vese unha moza rubia vestida cun
vestido azul e está tumbada sobre un coche
antigo negro. Parece que fuma, ou só o fai
para parecer moderna. Ao fondo vense unhas
árbores e unha montaña.
O que máis me gusta é que é moi orixinal.
IsaacIsaacIsaacIsaac
A NOIVA CON GAFASA NOIVA CON GAFASA NOIVA CON GAFASA NOIVA CON GAFAS
Nesta foto vese unha rapaza que se vai casar.
Ten un vestido de noiva e unhas gafas moi
raras. Paréceme moi raro casarse con gafas
de sol. En fronte dela hai espellos e dous
caixóns. Gústame o efecto dos espellos, que
reflexan a cara da rapaza.
AndreaAndreaAndreaAndrea
A FAMILIA NA MESAA FAMILIA NA MESAA FAMILIA NA MESAA FAMILIA NA MESA
Na foto vemos moitas persoas nunha casa.
Parece unha festa. Hai comida. Están todos
contentos.
MohamedMohamedMohamedMohamed
VIRXILIO DE MOZOVIRXILIO DE MOZOVIRXILIO DE MOZOVIRXILIO DE MOZO
Este é Virxilio Viéitez de novo. Parece que está
na súa casa. Detrás del hai unha saba
branca. Está traxeado e está un pouquiño
serio. E está só.
DaríoDaríoDaríoDarío
A FAMILIA NA CARNECERÍAA FAMILIA NA CARNECERÍAA FAMILIA NA CARNECERÍAA FAMILIA NA CARNECERÍA
Nesta foto hai moitas persoas nunha
carnecería. A báscula é moi antiga e para
pesar teñen pezas de ferro de distintos
tamaños e pesos. A carnecería ten moita
menos carne ca das de agora e é máis
pequena. As persoas están mois serias, como se
estivrsen nun momento importante.
AndrésAndrésAndrésAndrés
A MOZA NA RÚAA MOZA NA RÚAA MOZA NA RÚAA MOZA NA RÚA
Na foto aparece unha rapaza posando nunha
rúa. Esta moza é alta, flaca e guapa. Está cun
bolso e un abrigo. No fondo hai árbores, casas
e algunhas persoas. A min a foto me gusta
moito pola postura na que está e pola roupa
que leva.
Brais L.Brais L.Brais L.Brais L.
FAMILIAFAMILIAFAMILIAFAMILIA
Na fotografía hai unha familia. É un bautizo,
o neno está moi serio, parece que acaba de
nacer. Hai unha nai e un pai e tres nenos.
Vese un mantel branco que o está
aguantando unha vella, para axudar a
sacar a fotografía. No outro lado hai un pau
para soster o mantel. A nai e o pai están
contentos, pero os nenos un pouco serios.
ValeriaValeriaValeriaValeria
A RAPAZA NAS ROCHASA RAPAZA NAS ROCHASA RAPAZA NAS ROCHASA RAPAZA NAS ROCHAS
Esta señora está no mar, encima das rochas.
No fondo hai casa. A señora ten un colar, ten
unha diadema e está descalza.
JulioJulioJulioJulio
VIRXILIO VIÉITEZVIRXILIO VIÉITEZVIRXILIO VIÉITEZVIRXILIO VIÉITEZ
Virxilio era vello e estaba xubilado. Nesta foto
está nun bar, estaba contento. Está sentado
nunha silla e parece cansado.
Fai tempo sacaba fotos da súa familia.
Iván V.Iván V.Iván V.Iván V.
O ENTROIDOO ENTROIDOO ENTROIDOO ENTROIDO
Nesta foto vese unha muller disfrazada de
Superman. Está subida á mesa e ten unha
silla por diante. Detrás ten como un mural.
Eu penso que puxo o disfraz porque era o
Entroido.
RafaRafaRafaRafa
O CRUCEIROO CRUCEIROO CRUCEIROO CRUCEIRO
Nesta foto vense seis mozas nunha igrexa.
Parece que están nun domingo, porque van de
gala. Van con zapatos modernos e teñen unha
casiña detrás.
GabrielaGabrielaGabrielaGabriela
NO MARNO MARNO MARNO MAR
Na foto se ven persoas. Algunhas mulleres Na foto se ven persoas. Algunhas mulleres Na foto se ven persoas. Algunhas mulleres Na foto se ven persoas. Algunhas mulleres
teñen un pano na cabeza. Un señor ten unha teñen un pano na cabeza. Un señor ten unha teñen un pano na cabeza. Un señor ten unha teñen un pano na cabeza. Un señor ten unha
cámara máis moderna. Están nun barco e cámara máis moderna. Están nun barco e cámara máis moderna. Están nun barco e cámara máis moderna. Están nun barco e
parece que están contentos.parece que están contentos.parece que están contentos.parece que están contentos.
Gústame esta foto porque hai unha paisaxe Gústame esta foto porque hai unha paisaxe Gústame esta foto porque hai unha paisaxe Gústame esta foto porque hai unha paisaxe
moi bonita.moi bonita.moi bonita.moi bonita.
Brais P.Brais P.Brais P.Brais P.