bacharelato semipresencial e a distancia guÍa do … · socioloxía non é así; non obstante,...

33
1 BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO ALUMNADO 2º de Bacharelato INTRODUCIÓN ÁS CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIOLOXÍA MATERIAS OPTATIVAS

Upload: others

Post on 24-Jul-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

1

BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA

GUÍA DO ALUMNADO

2º de Bacharelato

INTRODUCIÓN ÁS CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIOLOXÍA

MATERIAS OPTATIVAS

Page 2: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

2

INTRODUCIÓN ÁS CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIOLOXÍA Son autores desta guía Pedro Pérez Vérez e Luís Otero Couso GUÍA DO ALUMNO 1. A MATERIA Atópaste diante dunha materia que resulta nova para ti; na maior parte dos casos as materias coas que te tés que enfrontar xa che son máis ou menos familiares de cursos anteriores (a Historia, as Linguas estranxeiras, as Matemáticas...). No caso da Introdución ás Ciencias Políticas e Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente novidosa para ti, xa que presentes que nela se analizarán e estudarán as diversas estruturas e organizacións que existen no seo da sociedade na que vives, e esta si que che é “familiar”. E así é, en efecto. De moitas das cuestións das que se vai ocupar esta materia tés experiencia “vivida” (formas parte de diversos grupos, provés dunha “clase social”, pertences a un Estado, ampárate unha Constitución, quizais xa votes -ou esteas a piques de empezar a votar- nas eleccións nas que se elixen aos gobernos, é posible que teñas interese por certas ONG -ou mesmo pertenzas a algunha delas-, etc.). Así pois, a elección desta materia optativa permitirache entender mellor as túas interaccións coas diversas estruturas sociais e comprender os mecanismos de poder que subsección no fondo delas. 2. ASPECTOS METODOLÓXICOS FUNDAMENTAIS

Page 3: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

3

2.-1 O libro de texto “Introdución ás Ciencias Políticas e Socioloxía” Pedro Pérez Vérez e Luís Otero Couso Edicións Xerais de Galicia 2.-2 Estrutura e desenvolvemento das unidades O libro de texto desenvolve 10 unidades, que presentan todas a mesma estrutura didáctica. O seu contido distribúese sempre en distintos apartados rotulados xenericamente “Suscitando problemas”, “Precisando conceptos”, “Analizando a realidade”, “Lendo nos textos” e “Mapa conceptual” “Suscitando problemas” Todas as unidades se abren cunha actividade que aparece baixo o epígrafe “Suscitando problemas”. Este tipo de exercicio tenta de introducirte nos aspectos máis importantes do tema que vas abordar a continuación. Case sempre se trata de textos que deberás ler detidamente para logo responder ás preguntas que se propoñen. Non se che subministra aquí aínda ningunha información, nin sequera se pretende que “asegures” unhas respostas “correctas”... A finalidade desta actividade é máis ben -tal como suxire o epígrafe- suscitar un abano de problemas nos que tal vez nunca pensaras e que agora tés a oportunidade de aclarar ao longo da Unidade que vas abordar. A dificultade para dar respostas precisas ás preguntas propostas non deberá desalentarte, pois non se trata de que descubras ti só o que o manual que che vai aclarar, senón máis ben de facerte consciente dos conceptos que é necesario precisar. En calquera caso, esta actividade deberá aumentar o teu nivel de motivación. “Precisando conceptos” Baixo os epígrafes de “Precisando conceptos” o manual ofréceche toda a información que necesitas nesa Unidade. Cada bloque de información aparece resumido, ao final, nun apartado titulado “En síntese”. Estes resumes pódenche ser de gran utilidade, sobre todo á hora de memorizar as nocións básicas (sempre que a comprensión da información anterior fose boa). En calquera caso, non os debes utilizar nunca para substituír a lectura extensa anterior. “Analizando a realidade”

Page 4: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

4

Nos apartados titulados “Analizando a realidade” propóñenseche unha serie de actividades prácticas. Algunhas non son realizables nunha ensinanza a distancia tal como aparecen no manual (por exemplo un debate cos compañeiros ou a proxección dunha película). As instrucións particulares para cada actividade indicaranche cales destas actividades son as que deberás realizar e o modo de levalas a cabo. “Lendo nos textos” A lectura de textos está guiada mediante preguntas que pretenden centrar a túa atención nos seus aspectos fundamentais. Non se trata de analizar estes textos na súa integridade, senón máis ben de captar as súas afirmacións básicas. Son case sempre textos de autores e estudosos relevantes nos que se expoñen ideas fundamentais que se desenvolveron antes nos apartados de “Precisando conceptos”. A súa lectura permitirá, polo tanto, reforzar estas ideas. “Mapas conceptuais” Os “Mapas conceptuais” que aparecen ao final de cada Unidade pódenche resultar de grande utilidade, tanto para a comprensión como para a memorización dos principais conceptos desenvoltos. A súa “lectura” é fácil: haberás de seguir sempre a dirección de cada frecha e obterás unha serie de frases que sintetizan dun xeito moi esquemático as ideas desenvoltas no tema (non só os conceptos senón tamén as relacións que existen entre todos eles). Deberás ir facendo esta lectura do mapa pouco a pouco, en paralelo coa lectura que vaias facendo dos diversos apartados da Unidade. Ao final poderás facer lecturas totais do mapa.

Page 5: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

5

MÉTODO DE TRABALLO É aconsellable que sigas a orde didáctica que che marca o libro de texto. Empezarás cada Unidade facendo a actividade, ou actividades, de “Suscitando problemas”. Con ela entreverás cales son os problemas que se van abordar no desenvolvemento do tema e espertarás o interese por eles. Toda a información que necesitas serache subministrada nos diferentes apartados de “Precisando conceptos”. As lecturas extensas deberán ir seguidas das resumidas nos apartados titulados “En síntese”, e nunca ao revés. Serache moi útil ir facendo unha lectura paralela da parte correspondente do “Mapa conceptual” en cada apartado. É a mellor maneira de non perderse na maraña de conceptos e de “ver” a lóxica das relacións entre os mesmos. Esta práctica axudarache, por outra parte, a memorizar cun menor esforzo e unha maior eficacia. En canto á realización das actividades dos apartados de “Analizando a realidade”, será preciso que sigas as instrucións do titor para cada caso, xa que algunhas necesitan ser reaxustadas para poder ser realizadas nunha ensinanza a distancia. Finalmente, has de ter en conta que para responder as cuestións que se preguntan nas lecturas de textos non é preciso entender sempre todas as partes dos mesmos. As veces chega con entender o fundamental para poder responder a estas preguntas. Deberás realizar estes exercicios, xa que mellorarán a comprensión dos conceptos estudados e suporán unha forma eficaz de repasalos. 4. DISTRIBUCIÓN TRIMESTRAL 1º Trimestre: unidades 1, 2 e 3 2º Trimestre: unidades 4, 5 e 6 3º Trimestre: unidades 7, 8, 9 e 10

Page 6: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

6

5. DESCRICIÓN DO TRABALLO NAS DIFERENTES UNIDADES Unidade I: A natureza social do ser humano Orientacións complementarias Nesta unidade abordarás catro aspectos fundamentais para analizar e entender a realidade social da vida humana: 1. A sociabilidade humana: Esta é unha dimensión constitutiva e esencial da nosa vida, sen a que non seriamos verdadeiramente humanos. O seu estudo levarate a: -Unha análise dos fundamentos filoxenéticos e ontoxenéticos da sociabilidade humana, que están enraizados na plasticidade da especie. A finalidade desta análise é a de comprender as posibilidades que esta plasticidade ofrece para a construción e o desenvolvemento da vida humana. -Unha análise dos trazos específicos da sociabilidade humana fronte ás outras especies animais. 2. A cultura: Creada polos seres humanos, configura e institucionaliza o mundo social, servindo de marco no que se producen e adquiren significado os diferentes tipos de interacción social (verbais e non-verbais) entre os individuos. 3. Os procesos de socialización e reprodución cultural: Deberás centrarte especialmente na análise de: -As funcións básicas que cumpren ditos procesos: adquisición de pautas culturais de conduta, conformación da personalidade social dos individuos, e integración dos mesmos na sociedade. -As principais axencias e mecanismos de socialización 4. A estabilidade e o cambio social: Haberás de prestar atención á análise de: -Os procesos de conformidade, varianza e desviación social, e a súa importancia para explicar os cambios e innovacións sociais. -As principais teorías da desviación social, que pretenden explicala, e ao mesmo tempo serven de fundamento e xustificación das diferentes respostas sociais ante as condutas desviadas. Criterios de avaliación Ao finalizar o estudo da unidade deberías ser capaz de: -Distinguir os trazos diferenciais da sociabilidade humana fronte á doutros animais, e valorar a súa importancia na construción dunha vida autenticamente humana.

Page 7: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

7

-Definir e identificar a función social e a función psicolóxica da cultura. -Analizar e distinguir as diferentes formas de interacción social, verbais e non verbais. -Precisar, comprender e valorar criticamente as funcións que cumpren os procesos de socialización. -Identificar, analizar e valorar criticamente os mecanismos de socialización empregados polas distintas axencias. -Identificar e analizar diferentes pautas de condutas desviadas da norma social imperante, interpretándoas e valorándoas criticamente á luz das diferentes teorías da desviación social. Actividades de autoavaliación 1.- Expón as diferenzas fundamentais entre a sociabilidade humana e a doutras especies animais e explica a súa relevancia no desenvolvemento da vida humana. 2.- Indica algúns elementos non verbais de interacción social e a súa dependencia cultural.

3.- Define o concepto de rol social, e explica como se configura e aprende. 4.- Expón as características do grupo de pares, e explica a súa importancia no proceso de socialización. 5.- Resume as características básicas das principais teorías da desviación social. Actividades para enviar ao titor Calquera das propostas nos apartados de Analizando a realidade. Bibliografía complementaria ARGYLE, M.: Psicología del comportamiento interpersonal. Alianza ed. Madrid, 1994. CAMPO, S. Del, ed.: Tratado de Sociología. Taurus ed. Madrid,1988. GIDDENS, A.: Sociología. Alianza ed. Madrid, 1991. KOTTAK, C. P.:Antropología. Ed. McGraw-Hill. Madrid,1994. MORALES, N., J. y ABAD M., L.V.: Introducción a la Sociología. E. Tecnos. Madrid, 1992.

Page 8: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

8

Unidade II: Grupos e organizacións sociais: a xénese do poder Orientacións complementarias Nesta unidade analizarás os diferentes tipos de agrupamentos e configuracións sociais nos que discorre a nosa vida, para descubrir a xénese do poder dentro dos mesmos. Dous son os conceptos centrais que convén distinguir con claridade: grupos sociais e organizacións formais: 1. Grupos sociais: Con respecto a eles haberás de precisar con claridade: -A noción e características dos grupos sociais fronte a outros tipos de configuración sociais. -Os diferentes tipos de grupos sociais. -A estrutura e dinámica dos grupos, da que xurde o poder social dentro do grupo. -Os factores de conflito e cooperación entre grupos. 2. As organizacións formais: Con respecto a elas haberás de precisar: -As características definitorias das mesmas, centrándose na análise de Weber, e valorando as vantaxes que ofrecen. -As críticas e alternativas ás mesmas, confrontando a lóxica burocrática coa lóxica democrática. -Os elementos definitorios das organizacións totais, e a problemática sobre as mesmas. Criterios de avaliación Ao finalizar o estudo da unidade deberías ser quen de: -Identificar e valorar as funcións dos grupos sociais. -Descubrir e valorar criticamente a xénese do poder nas relacións de asimetría e desigualdade dentro dos grupos, e as diversas modalidades do seu exercicio. -Analizar a estrutura dun grupo social e identificar indicadores de poder dentro do mesmo. -Identificar condicións e factores que facilitan o conflito ou a cooperación entre grupos. -Analizar e describir as características dunha organización formal, e valorar as súas vantaxes, así como os seus aspectos negativos. Valorar criticamente outras alternativas. -Identificar e valorar criticamente as características das organizacións totais. Actividades de avaliación 1.- Define os grupos sociais e expón as principais diferenzas dos mesmos con outro tipo de configuracións sociais.

Page 9: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

9

2.- Define o concepto de poder social e as súas modalidades 3.- Que son os estereotipos e os prexuízos? Como funcionan? 4.- Expón as vantaxes e problemas que presentan as organizacións burocráticas. Analiza criticamente as diversas alternativas ás mesmas 5.- Cales son as características das organizacións totais? Actividades para enviar ao titor Calquera das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria CAMPO, S. Del, ed.: Tratado de Sociología. Taurus ed. Madrid,1988. GIDDENS, A.: Sociología. Alianza ed. Madrid, 1991. ROCHER, G.: Introducción a la Sociología general. Ed. Herder. Barcelona, 1990 SHAW, M. E.: Dinámica de grupo. Ed. Herder. Barcelona, 1994

Page 10: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

10

Unidade III: Estratificación e mobilidade social. Orientacións complementarias Ao longo desta unidade atoparaste co fenómeno da desigualdade social e haberás de analizar os diferentes sistemas históricos de estruturación da mesma, que dan lugar á diferenciación de estratos ou capas sociais xerarquizadas. Tamén deberás estudar e comprender as teorías sociolóxicas máis importantes para a análise da estratificación social, así como as consecuencias críticas que derivan delas. Para o estudo desta unidade haberás de centrarte fundamentalmente nos seguintes puntos: 1. A estratificación social: Para a análise deste feito social has de precisar: - A propia noción de estratificación social, distinguindo claramente entre desigualdade social e desigualdade natural. - Os principais sistemas de estratificación que se deron ao longo da historia, analizando as súas diferenzas, e precisando con claridade as características do sistema de clases. 2. As principais teorías da estratificación social: Deberás estudar con atención: -As dúas grandes teorías clásicas, de K. Marx e de M. Weber, e as súas diferenzas. -Os enfoques teóricos contemporáneos sobre a estratificación, gradacionais e relacionais, así como as súas implicacións críticas. 3. O peche social e a mobilidade social: Deberás precisar a importancia de ambos fenómenos e as diversas modalidades dos mesmos. Criterios de avaliación Finalizado o estudo da unidade deberías ser capaz de: -Identificar e distinguir a desigualdade social da desigualdade natural. -Comparar os diferentes sistemas de estratificación social nos seus trazos esenciais e avaliar o grao de mobilidade social que permiten. -Coñecer e comparar as principais teorías da estratificación social. -Aplicar as teorías da estratificación na análise da realidade social, exemplificándoas e valorando criticamente as súas contribucións. -Identificar e analizar fenómenos de peche social e de mobilidade social, así como factores que os favorecen ou dificultan. Actividades de autoavaliación 1.- Expón os trazos esenciais do sistema de clases fronte a outros sistemas de estratificación social.

Page 11: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

11

2.- Indica as principais diferenzas no concepto de clase social de Marx e de Weber. 3.- Compara os enfoques funcionalistas das teorías gradacionais coas teorías relacionais e sinala as súas implicacións valorativas cara a unha crítica da desigualdade social. 4.- Que se entende por peche social dual? Pon algún exemplo de como funciona. 5.- Que é a mobilidade social e que importancia ten? Actividades para enviar ao titor Calquera das propostas nos apartados de Analizando a realidade. Bibliografía complementaria CAMPO, S. Del, ed.: Tratado de Sociología. Taurus ed. Madrid,1988. CROMPTON, R.: Clase y estratificación. Ed. Tecnos. Madrid, 1994. FEITO A., R.: Estructura social contemporánea, Ed. Siglo XXI. Madrid, 1996. GIDDENS, A.: Sociología. Alianza ed. Madrid, 1991.

Page 12: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

12

Unidade IV: A organización política do poder Orientacións complementarias Esta unidade pretende introducirte na análise da configuración e organización do poder político na sociedade, para entender a xénese do Estado moderno e os seus elementos definitorios, delimitando con claridade o ámbito político estatal fronte ao ámbito da sociedade civil. No seu estudo haberás de precisar claramente: 1. As fontes do poder social: Dende a súa análise deberás identificar a especificidade do poder político, e as principais formas pre-estatais de organización do mesmo. 2. A organización estatal do poder político: Haberás de definir e identificar os trazos diferenzais do Estado moderno fronte a outro tipo de organizacións políticas pre-estatais: monopolio da coacción lexítima, soberanía territorial, administración burocrática, e ordenamento xurídico unitario. 3. As relacións entre o poder político e a estrutura económica, tanto nas sociedades precapitalistas como nas capitalistas. 4. Os límites entre a sociedade civil e o Estado: Dende a definición de ámbos ámbitos, haberás de avaliar as diferentes teorías valorativas dos mesmos e os criterios de delimitación propostos en cada caso. Criterios de avaliación Ao acabar o estudo da unidade deberías ser quen de: -Delimitar as diferentes formas de poder social e os seus mecanismos, identificando o específico do poder político. -Definir os trazos esenciais dos diferentes tipos de organización política nas sociedades pre-estatais. -Definir e identificar as características fundamentais da organización política do Estado moderno. -Establecer relacións entre a organización política do poder e a estrutura económica dunha sociedade. -Distinguir o ámbito do poder político e o da sociedade civil, avaliando as diferentes delimitacións que se establecen entre ambos, segundo a perspectiva política dende a que se fan.

Page 13: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

13

Actividades de autoavaliación 1.- Que é o que diferencia especificamente ao poder político doutros tipos de poder social? 2.- Expón os trazos esenciais de algunha sociedade non estatal. Que é o que caracteriza a organización do poder político nas sociedades non estatais? 3.- Define o concepto de Estado moderno e explica as súas características. 4.- Que diferencia ao sistema económico capitalista do precapitalista? Cal é a súa relación co sistema de organización política do poder? 5.- Que se entende por sociedade civil? Expón distintas perspectivas valorativas da mesma e as súas consecuencias. Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados de Analizando a realidade. Bibliografía complementaria DOWSE, R. y HUGHES, J.: Sociología política. Alianza ed. Madrid, 1975 DUVERGER, M.: Sociología de la política. Ed. Ariel. Barcelona, 1983. GARCÍA COTARELO, R.: Intr. a la teoría del Estado. Ed. Teide. Barcelona, 1990 MANN, M.: Las fuentes del poder social. Alianza Ed. Madrid, 1991. PASTOR, M. y otros: Ciencia política. Ed. McGraw-Hill. Madrid,1988.

Page 14: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

14

Unidade V: Conformación histórica do Estado moderno Orientacións complementarias Nesta unidade deberás integrar nunha visión sintética global diferentes coñecementos históricos, procedentes do que xa estudaches noutras materias, para comprender e valorar a conformación do Estado moderno a partir do Renacemento, así como a súa evolución ata hoxe. Prestarás especial atención no seu estudo a: 1. Os factores históricos que contribuíron á conformación da soberanía dos Estados europeos modernos, centrándote fundamentalmente no papel da guerra e no do capital. 2. A evolución do Estado moderno e os factores que a determinaron: -Estado absolutista e a súa liquidación. -Estado liberal e a crise do mesmo. -Estado social de benestar e as súas fases: formación, consolidación, expansión e crise. Criterios de avaliación Ao acabar o estudo do tema deberías ser capaz de: -Establecer relacións entre os diferentes factores que contribuíron á formación dos nacentes estados modernos: guerra, capital e loita pola participación política. -Identificar as características das Monarquías absolutas e analizar o proceso histórico da súa liquidación. -Definir os elementos básicos do Estado liberal clásico, e identificar os factores históricos que produciron a súa crise. -Describir a características do Estado social de benestar, e delimitar as diferentes fases do seu desenvolvemento e as súas peculiaridades. -Distinguir enfoques neoliberais e neomarxistas na análise e avaliación da crise do Estado de benestar e as súas posibilidades de futuro. Actividades de autoavaliación 1.- Cales son os factores que deron lugar á formación dos nacentes Estados modernos europeos, e que relación podes establecer entre eles? 2.- Como influíron as chamadas “revolucións burguesas” na transformación do Estado moderno? 3.- Cales son os principios sobre os que se asenta o Estado liberal clásico, e por que se produce a súa crise?

Page 15: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

15

4.- Que influencia tiveron as teorías económicas de Keynes no desenvolvemento do Estado de benestar? 5.- Explica a crise do Estado de benestar e as diferentes perspectivas de análise e valoración do mesmo. Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria BENEDICTO J. e MORAN, M.L.: Sociedad y política. Alianza. Madrid, 1995. CAMINAL, B. e outros: Manual de Ciencia política. Tecnos. Madrid, 1996. DOWSE, R. y HUGHES, J.: Sociología política. Alianza ed. Madrid, 1975. ELIAS, N.: El proceso de la civilización. FCE. Madrid, 1987. HABERMAS, J.: Problemas de legitimación del capitalismo tardío. Amorrortu. Buenos Aires, 1975. OFFE, C.: Contradicciones del Estado de bienestar. Alianza. Madrid, 1990. PICO, J.: Teorías sobre el Estado de bienestar. SigloXXI ed. Madrid 1990. TILLY, Ch.: Coerción, capital y los Estados europeos, 990-1990. Alianza. Madrid, 1992.

Page 16: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

16

Unidade VI: Estado moderno e nación. Orientacións complementarias No presente tema seguirás estudando a organización política do Estado, pero dende a perspectiva da organización e distribución do territorio. Has de ter en conta que o Estado integra unidades territoriais e poboacionais máis pequenas, pero á súa vez o mesmo Estado está integrado en unidades supraestatais máis amplas. No estudo desta unidade haberás de precisar con claridade os seguintes aspectos: 1. O concepto de nación, as diferentes acepción ou interpretacións do mesmo e as súas relacións co concepto de Estado, delimitando con precisión o sentido da formación dos Estados nacionais. 2. O Estado unitario e o Estado federal, como formas básicas de organización territorial do Estado. Dedicarás especial atención ao proceso de formación do Estado español das Autonomías, os seus fundamentos e as súas características. 3. Os fenómenos de globalización, tanto económicos como políticos, que superan o ámbito da soberanía dos Estados nacionais, presentando problemas supranacionais, que esixen organizacións políticas supraestatais. Criterios de avaliación Ao rematar o estudo deste tema deberás ser quen de: -Distinguir con claridade os conceptos de Estado e de Nación, así como os diferentes sentidos do concepto de Nación e as súas implicacións políticas. -Establecer diferenzas comparativas entre os distintos modelos de organización territorial do Estado, unitario e federal. -Identificar os trazos característicos da organización territorial do Estado español das Autonomías, e os seus fundamentos xurídicos. -Recoñecer os logros e as limitacións dos Estados nacionais. -Identificar os fenómenos da globalización e analizar a súa incidencia na soberanía dos Estados nacionais. Actividades de autoavaliación 1.- Expón abreviadamente a orixe e evolución do concepto de Nación. 2.- Explica os diferentes tipos de relación posibles entre Nación e Estado. 3.- Cales son as diferenzas fundamentais entre Estados unitarios e Estados federais? Pon

Page 17: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

17

exemplos. 4.- Cales son as características da organización territorial do Estado español na actualidade? 5.- Como afectan os problemas da globalización á soberanía dos Estados nacionais? Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria: - CASTELOS, M.: La era de la información. Alianza. Madrid, 1998. - DUVERGER, M.: Socioloxía de la política. Ariño. Barcelona, 1983. - HABERMAS, J.: Más ullá del Estado nacional. Trota. Madrid, 1997. - HEDRA, D.: La democracia y el orden global. Laidos. Barcelona, 1997. - PANICULADA, J. L.: España, 1978: una constitución para un pobo. Salvar. 1981. - PÉREZ ROXO, J.: Curso de Dereito Constitucional.

Page 18: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

18

Unidade VII: Estado e contrato social Orientacións complementarias A presente unidade vaite levar a un plano máis teórico de reflexión. Nas unidades anteriores analizouse a realidade do Estado moderno dende un plano máis empírico: o proceso histórico da súa formación e evolución, os seus trazos definitorios, as diferentes formas organizativas do mesmo, etc. Pero no tema actual haberás de afrontar o problema da súa lexitimidade racional e, polo tanto, terás que estudar as diferentes teorías que tratan de xustificar e fundamentar teoricamente a organización política estatal. Ao longo da unidade atoparaste cos seguintes aspectos fundamentais a precisar: 1. A crise da lexitimidade tradicional. O poder político xustificábase na desigualdade natural e tiña o seu fundamento último na orixe divina do mesmo. Pero o ascenso social da burguesía e o proceso de secularización iniciado no Renacemento vai quebrar este tipo de lexitimidade, ao afirmar a liberdade e igualdade básica dos seres humanos, que pasarán de considerarse súbditos a cidadáns, e reclamarán os seus dereitos e liberdades como soberanos de si mesmos que son. De aí que a nova forma de lexitimación do poder teña que asentarse na vontade dos cidadáns a través dun contrato social, que funda o Estado. 2 As teorías contractualistas clásicas. Hobbes, Locke e Rousseau formularán as tres principais teorías do contrato social. O seu coñecemento é obrigado, así como os fundamentos e implicacións políticas das mesmas. 3. As teorías neocontractualistas contemporáneas, de Buchanan, Nozick e Rawls, revitalizaron a teoría política do contrato social e teñen un forte impacto dentro da Filosofía política actual. 4. Os supostos antropolóxicos subxacentes ás diversas teorías explican a súa orientación e características. Nunhas parece predominar unha concepción do ser humano como homo oeconómicus motivado pola maximización dos beneficios, noutras parece subxacer o homo socius provisto de disposicións morais e cooperativas. Esta análise facilitarache a súa comprensión e avaliación. Criterios de avaliación Finalizado o estudo desta unidade deberás ser capaz de: -Identificar as características da lexitimidade tradicional do poder político e analizar os factores históricos que produciron a súa crise. -Comprender e valorar o significado e as implicacións do paso do rol de súbditos ao de cidadáns na Modernidade. -Coñecer e comparar os trazos esenciais das principais teorías contractualistas clásicas, e as súas implicacións políticas. -Comprender os elementos básicos das principais teorías neocontractualistas, e establecer

Page 19: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

19

relacións comparativas coas teorías clásicas. -Identificar os supostos antropolóxicos subxacentes ás diferentes teorías contractualistas. Actividades de autoavaliación 1.- Cales son os postulados nos que se asenta a lexitimidade tradicional do poder político?. 2.- Que procesos históricos determinaron a crise da lexitimidade tradicional do poder político? 3.- Que se entende por estado natural nas teorías contractualistas? 4.- Cales son as características diferencias do Estado resultante do contrato social en cada unha das teorías clásicas?. 5.- Relaciona as teorías neocontractualistas coas teorías clásicas. Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria - KERN, L. e MÜLLER, H. P.: La justicia ¿discurso o mercado?. Gedisa. Barcelona,1992. - KLIEMT, H.: Filosofía del Estado y criterios de legitimidad. Alfa. Barcelona, 1983 - PÉREZ ROYO, J.: Introducción a la teoría del Estado. Blume. Barcelona, 1980. -VALLESPIN, F., ed.: Historia de la teoría política. Alianza. Madrid, 1995.

Page 20: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

20

Unidade VIII: Contrato social e Constitución: tipoloxías constitucionais e réximes políticos Orientacións complementarias Nesta unidade deberás centrarte no estudo do que se pode considerar a plasmación real na práctica da idea do contrato social: a Constitución, como norma suprema fundante e definitoria do Estado moderno. No seu estudo analizarás sucesivamente: 1. A xénese do constitucionalismo moderno. Sobre todo, deberás precisar con claridade os principios esenciais do mesmo e as súas funcións: a) limitación e control do poder político, que esixe a división de poderes e da lugar o Estado de Dereito; b) recoñecemento e garantía dos dereitos fundamentais. 2. Os procesos constituíntes e os mecanismos de defensa constitucional, orientados a defendela e proporcionarlle estabilidade. 3. Os diferentes tipos de constitucións, así como os principais sistemas e réximes políticos definidos nas mesmas. Deberás precisar con claridade sobre todo as diferenzas esenciais entre os réximes políticos autocráticos e os democráticos, e, dentro destes últimos, as diferenzas entre os chamados parlamentaristas e os presidencialistas. Criterios de avaliación Finalizado o estudo desta unidade deberás ser quen de: -Comprender e valorar os principios esenciais do constitucionalismo moderno. -Analizar, descubrir e valorar na Constitución española de 1978 o dobre aspecto de: a) recoñecemento de dereitos e liberdades fundamentais, e b) organización e distribución institucional do poder político para a súa limitación e control. -Identificar na Constitución española de 1978 os mecanismos de defensa e garantía constitucional. -Analizar, identificar e valorar comparativamente diferentes sistemas e réximes políticos. -Recoñecer as características definitorias do réxime político español, e establecer comparacións con outros coñecidos. Actividades de autoavaliación 1.- Define os principios esenciais do constitucionalismo moderno. 2.- Como se realiza a limitación e control do poder político? 3.- Expón os principais mecanismos de defensa e estabilidade constitucional.

Page 21: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

21

4.- Cales son as características dos réximes autocráticos? 5.- Que diferenzas fundamentais existen entre réximes democráticos presidencialistas e parlamentaristas? Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria DUVERGER, M.: Instituciones políticas y Derecho constitucional. Ariel. Barcelona, 1980. GARCÍA-PELAYO, M.: Derecho constitucional comparado. Revista de Occidente. Madrid, 1976. LOEWENSTEIN, K.: Teoría de la constitución. Ariel. Barcelona, 1970. MARSHALL, G.: Teoría constitucional. Espasa.Calpe. Madrid, 1978. PANIAGUA, J. L.: España: 1978: una constitución para un pueblo. Salvat. Barcelona, 1981.

Page 22: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

22

Unidade IX: O réxime democrático Orientacións complementarias Este tema está integramente dedicado ao estudo e reflexión sobre a democracia, que é o sistema político que consideramos indiscutiblemente preferible a calquera outro. Nel converxen e sintetízanse diversas tradicións e teorías políticas. Pero a forma de entender a democracia varía frecuentemente segundo se poña o acento predominante nuns aspectos ou noutros, de acordo cos presupostos dende os que se fai a súa análise. Por outra banda, has de ter sempre en conta a distancia que existe entre a idea –ideal- de democracia perfecta e a democracia real, que na súa práctica política presenta diversos problemas e deficiencias constantemente. No seu estudo avanzarás dende a configuración mesma da idea de democracia ata os diferentes modelos teóricos da mesma, para desembocar finalmente na análise dos presupostos teóricos de tipo filosófico, antropolóxico e moral que subxacen aos diferentes modelos de democracia. Os pasos a seguir serán: 1. A idea de democracia: Nesta parte rastréxanse e analízanse as diferentes tradicións e experiencias históricas que foron conformando o que hoxe entendemos xeralmente por democracia: -A democracia grega. -As tradicións republicanas. -A representación política. -O liberalismo -A idea socialista. 2. Os modelos de democracia: Partindo dunha breve reflexión sobre as primeiras teorizacións republicanas –Rousseau e Jefferson-, neste apartado atoparaste cunha análise bastante extensa das principais concepcións teóricas da democracia: -Os modelos clásicos de democracia como protección e de democracia como desenvolvemento. -Os modelos máis recentes da democracia elitista e da democracia deliberativa. 3. Os presupostos teóricos dos diferentes modelos de democracia. Debaixo das diversas teorizacións da democracia descubrirás diferentes presupostos antropolóxicos que lles serven de base. Entre eles cabe salientar dúas diferentes concepcións do ser humano: o homo oeconómicus e o homo socius. Criterios de avaliación Finalizado o estudo desta unidade deberás ser capaz de: -Identificar e valorar as contribucións que as diferentes tradicións que foron achegando para a configuración da idea actual de democracia. -Analizar comparativamente os principais modelos teóricos de democracia: o fundamento

Page 23: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

23

dos mesmos, os seus trazos definitorios, e os problemas ou deficiencias que presentan. -Descubrir e valorar os presupostos antropolóxicos das diferentes conceptualización da democracia. -Analizar e valorar as posibles deficiencias da democracia real existente na nosa sociedade. -Formular propostas de profundización democrática. Actividades de autoavaliación 1.- Que diferenzas fundamentais existen entre os presupostos nos que se asenta a democracia grega e as democracias modernas? 2.-Que aportou o republicanismo á idea de democracia? 3.- Cal foi a principal contribución do socialismo á idea actual da democracia? 4.- Cales son as diferenzas esenciais, e os presupostos teóricos, dos modelos de democracia proteccionista e de democracia como desenvolvemento? 5.- Expón as diferenzas fundamentais entre a concepción elitista da democracia e a deliberativa. Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria ÁGUILA, R. del, VALLESPIN, F., e outros: La democracia en sus textos. Alianza. Madrid, 1998. ARENDT, H.: Los orígenes del totalitarismo. Alianza. Madrid, 1982. BACHRACH, P.: Critica de la teoría elitista de la democracia. Amorrortu. Buenos Aires, 1994. BOBBIO, N.: El futuro de la democracia. FCE. México, 1986. CORTINA, A.: Ética aplicada y democracia radical. Tecnos. Madrid, 1993. DAHL, R. A.: La democracia y sus críticos. Paidós. Barcelona, 1992. HELD, D.: Modelos de democracia. Alianza. Madrid, 1991. MCPHERSON, C. B.: La democracia liberal y su época. Alianza. Madrid. 1982. PANIAGUA S., J. L.: Regímenes políticos. Salvat. Barcelona, 1981. REQUEJO COLL, F.: Las democracias. Ariel. Barcelona, 1990. SARTORI, G.: Teoría de la democracia. Alianza. Madrid, 1988.

Page 24: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

24

Unidade X: A participación política nas democracias Orientacións complementarias A participación política é un elemento esencial e definitorio da democracia, cousa que xa debeu quedar claro no tema anterior. Agora, neste último tema, deberás analizar as canles e mecanismos para esa participación. No seu estudo haberás de afrontar as posibles vías de acción dos cidadáns na realidade política cotiá, dende as canles institucionalizadas ata as máis informais. Analizarás con precisión sucesivamente: 1. A participación política institucionalizada: As canles da mesma son: -Os partidos políticos: orixe, funcións, tipos, etc. -Os grupos de intereses –sindicatos e patronais fundamentalmente-, e os modelos de participación dos mesmos: o modelo pluralista e o modelo neocorporatista. 2. As eleccións e os sistemas electorais: É un elemento esencial de toda democracia, pois é o instrumento que produce a representación política. Pero os elementos definitorios do sistema electoral presentan diferentes opcións que afectan á forma de representación. O seu coñecemento e fundamental para entender o proceso democrático dunha sociedade. 3. A participación política non institucionalizada. A importancia da mesma foi aumentando nas últimas décadas, ao carón da crecente desilusión e desinterese pola política institucionalizada, xunto coa progresiva burocratización dos partidos e dos sindicatos. Analízanse sobre todo dúas formas: os movementos sociais e as organizacións cívicas. Criterios de avaliación -Identificar os diferentes tipos de partidos políticos, as súas funcións, o seu modo de acción política, e os seus problemas. -Identificar e analizar a acción política de diferentes grupos de intereses. -Analizar e valorar as vantaxes e inconvenientes de diferentes sistemas electorais e de representación -centrándose especialmente no caso español-. -Identificar, analizar e valorar a acción política de algún movemento social actual. -Analizar e valorar os procesos de formación da opinión pública, e os seus mecanismos de actuación. Actividades de autoavaliación 1.- Expón as funcións principais dos partidos políticos e os tipos máis característicos dos mesmos. 2.-Cales son os principais problemas actuais dos partidos políticos?

Page 25: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

25

3.- Cales son as diferenzas máis destacadas dos dous modelos de acción dos grupos de intereses? 4.- Cales son as diferenzas principais entre as fórmulas electorais maioritarias e as proporcionais? 5.- Expón as características fundamentais dos novos movementos sociais. Actividades para enviar ao titor Algunha das propostas nos apartados titulados Analizando a realidade. Bibliografía complementaria CALERO, A. Mª.: Partidos políticos y democracia. Salvat. Barcelona, 1985. CAMINAL, B. E outros: Manual de ciencia política. Tecnos. Madrid, 1996. DALTON, R-J y KUECHLER, M,: Los nuevos movimientos sociales. Ed. Alfons el Magnanim. Valencia, 1992. MCADAM e outros: Movimientos sociales: perspectivas comparadas. Itsmo. Madrid, 1999. PASTOR e outros: Ciencia política. McGraw-Hill. Madrid, 1988. PORRAS NADALES, A.: El debate sobre la crisis de la representación política. Tecnos. Madrid, 1996.

Page 26: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

26

SOLUCIONARIO Unidade I 1.- A sociabilidade humana nace de tendencias e inclinacións naturais pero confórmase e concrétase en condutas aprendidas. A sociabilidade das outras especies é mecánica, inseparable das súas condutas instintivas xenéticas. Por outra parte, a sociabilidade humana permite o desenvolvemento persoal do individuo na súa vinculación co grupo, mentres que a sociabilidade do resto dos animais supedita ferreamente a vida do individuo á do grupo. 2.- As interaccións sociais compleméntanse con elementos non verbais mediante o uso de “técnicas kinésicas” (posturas corporais, expresións faciais, xestos, etc.) e “técnicas proxémicas” (distribución de espazos e distancias corporais). Estas técnicas están influenciadas e mediatizadas pola cultura de cada sociedade. 3.- Un rol social é un conxunto de comportamentos pautados e prescritos socialmente. Configúranse en relación cos diferentes “status” sociais e apréndense por imitación e interiorización (escasamente consciente) ao longo do proceso de socialización. 4.- Nos grupos de pares as relacións mutuas son horizontais (de igual a igual), permitindo, deste xeito, descubrir a lóxica da reciprocidade nos comportamentos e afianzar, ao mesmo tempo, os sentimentos de autonomía propia e empatía cos demais. 5.- As teorías do “fracaso da regulación social” atribúen a desviación á incapacidade da sociedade para reconducir as inclinacións, innatas ou adquiridas, de certos individuos. As teorías da “contradición social” afirman que as causas das desviacións proveñen do carácter contraditorio e confuso das mensaxes sociais (non da bioloxía ou psicoloxía do individuo). As teorías da “reacción social” afirman que as desviacións son unha acomodación do individuo ás reaccións etiquetadoras da sociedade. Unidade II 1.- Un “grupo social” é un conxunto de persoas que interaccionan entre si dun xeito regular e estruturado pero informal. Diferénciase doutras configuracións sociais, coma un “agregado” (no que apenas hai interaccións nin sentido de pertenza), unha “categoría social” (simple agrupamento clasificatorio exterior en virtude dalgunha característica común), unha “organización formal” (na que as interaccións están burocraticamente definidas), etc. 2.- O “poder social” é a capacidade, real ou potencial, de influír ou modificar (dun xeito xenérico) a conduta de outros. Presenta tres modalidades básicas: a coacción, a recompensa (poder económico, sobre todo) e a persuasión (poder ideolóxico, fundamentalmente). 3.- Os estereotipos son opinións preconcibidas e simplificadas que se aplican a un grupo para definilo. Os prexuízos son valoracións e actitudes feitas en función de estereotipos. Adoitan servir para “xustificar” condutas sociais excluíntes. 4.- As organizacións burocráticas “maximizan a eficacia”, “minimizan os custos” e

Page 27: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

27

“controlan a incerteza” das actividades complexas dunha sociedade, ao tempo que presentan inconvenientes como lentitude, rixidez, ritualismo, eliminación de democracia, etc. As “organizacións colectivistas” preséntanse como alternativas con vantaxes (humanización, democracia, etc.) e inconvenientes (menor eficacia, escasa especialización, etc). 5.- As organizacións totais caracterízanse por absorber todas as facetas de vida do individuo e polo seu carácter fortemente disciplinado. Unidade III 1.- A estratificación en clases non está consagrada polas leis, como sucede nos outros sistemas de estratificación (escravitude, castas e estamentos). Isto abre a posibilidade da mobilidade social. Tampouco son xustificadas dende a relixión, presentándose máis ben como una consecuencia de factores económicos impersoais. 2.- Para Marx, as clases sociais son unha consecuencia da propiedade privada dos medios de produción. Este feito determina a explotación dunhas clases por outras, marcando as súas características e enfrontándoas necesariamente (“loita de clases”). Para Weber, as clases son un fenómeno puramente económico (simples “categorías sociais” con igual capacidade de acceso aos bens do mercado). 3.- As teorías gradacionais interpretan a estratificación como unha consecuencia necesaria e, dalgún xeito positiva, da división de funcións nas actividades produtivas (enfoque funcionalista), mentres que as teorías relacionais afirman que unhas clases se conforman e definen por contraposición con outras, alimentando así o conflito social. 4.- O “peche social dual” é un proceso de defensa dos propios privilexios e vantaxes por parte dun grupo ou clase social nunha dobre dirección de usurpación e exclusión; como a que se dá cando un grupo reivindica uns dereitos e se opón, ao mesmo tempo, a reivindicacións similares doutros grupos. 5.- Denomínase “mobilidade social” o desprazamento dos individuos ou grupos dunha posición social a outra. Pode ser de diversos tipos: horizontal ou vertical e intraxeracional ou interxeracional. A vertical e intraxeracional ten unha maior relevancia. Unidade IV 1.- O poder político caracterízase pola súa intención de control sobre o conxunto dunha sociedade, en contraste con outras formas de poder social que se restrinxen ao interior de grupos ou organizacións particulares. 2.- Na sociedade feudal existe unha verdadeira poliarquía, isto é, unha fragmentación do poder ao redor de diversos focos: a monarquía, a nobreza, as cidades e a Igrexa. En xeral, nas sociedades prestatais o poder político tende a diferenciarse (fronte ao simple poder social) e a institucionalizarse dun xeito estable. 3.- O Estado moderno non require un control de todo o poder social. Formalmente

Page 28: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

28

desvencéllase do poder económico (liberdade de mercado) e do poder ideolóxico (liberdade de pensamento) para restrinxirse ao control da coacción legal (monopolio da coacción). Con este fin delimita claramente un ámbito territorial de soberanía no que impón, á súa vez, unha administración burocrática e un ordenamento xurídico unitario. 4.- Nos sistemas económicos precapitalistas os traballadores non son donos do seu traballo nin da súa persoa, polo que se ven obrigados a depender social e persoalmente dos donos dos medios de produción. Deste xeito a dominación política debe incluír tamén a dominación económica e ideolóxica. No sistema capitalista, pola contra, os traballadores son formalmente libres e donos do seu traballo, podendo “vendelo” sen adquirir por iso dependencia persoal nin ideolóxica; de aí que a dominación política se desvencelle formalmente destas. 5.- Enténdese por “sociedade civil” o conxunto de relacións sociais (económicas, ideolóxicas, relixiosas, etc.) que non están reguladas polo Estado. Dende a perspectiva liberal, viría a coincidir co “pre-estatal” (o ámbito das liberdades que o Estado ha de preservar); mentres que, dende a óptica marxista, coincidiría co “anti-estatal” (o espazo da loita e da emancipación fronte ao Estado que está ao servizo das clases dominantes). Ambas interpretacións remiten a unha concepción pesimista ou optimista respectivamente da sociedade orixinal. Unidade V 1.- O Estado moderno acabou adquirindo a súa forma baixo a acción combinada de tres factores decisivos: a evolución da guerra, a formación do capitalismo e a loita pola democratización das sociedades. As novas técnicas da guerra permitiron o fortalecemento dunha única “autoridade soberana” no interior dos Estados, co apoio da burguesía capitalista que acabou por esixir unha participación no control do propio Estado. 2.- As “revolucións burguesas” liberaron a economía capitalista do excesivo control estatal e abriron o paso á participación democrática no Estado. 3.- O Estado liberal clásico aséntase sobre dous principios normativos básicos: o recoñecemento dos dereitos e liberdades do individuo e o sometemento da autoridade a unha norma suprema (Constitución). A redución da intervención do Estado ao papel de xendarme dos dereitos individuais, sen intervención ningunha nos eidos sociais e económicos, favoreceu a sobreexplotación da clase traballadora e xerou unha crise de lexitimidade do propio Estado. 4.- As teorías de Keynes propugnan a intervención do Estado sobre os circuítos do mercado para reactivalos mediante: a) un aumento dos gastos e investimentos públicos para xerar emprego e actividade económica, e b) unha política de impostos sobre as clases máis altas para descargar ás máis baixas e propiciar o consumo. A aplicación destas medidas consagran e impulsan o modelo intervencionista do Estado de benestar. 5.- Na crise do Estado de benestar conflúen unha serie de factores: esgotamento do modelo keynesiano, descompensación entre gastos sociais e ingresos fiscais, fin do pleno emprego, etc. Dende a perspectiva neoliberal denúnciase a “sobrecarga do Estado” e avógase pola volta a un “Estado mínimo” que permita a reactivación da dinámica de acumulación

Page 29: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

29

capitalista. Dende os enfoques neomarxistas, pola contra, afírmase a imposibilidade de compaxinar unha acumulación capitalista coa distribución social da mesma, sen que se acerte a ver con claridade un modelo global alternativo á crise. Unidade VI 1.- Antes da revolución francesa, o termo “nación” carecía de significado político; coa revolución empeza a cobrar un sentido político, de identificación popular co Estado, para converterse posteriormente na ideoloxía dos Estados centralizados e burocráticos (“Estados nacionais”). Nos casos nos que as políticas de “unificación” étnico-cultural, lingüística, etc. non tiveron pleno éxito xurdiron “nacionalismos periféricos” que se fundiron coa idea romántica de nación cultural, dando lugar a unha nova teorización política da idea de nación que a converte en fundamento da organización estatal (“a cada nación, un Estado” expresará, a partir da segunda metade do s. XIX, esta nova concepción, en substitución da vella fórmula “a cada Estado unha nación”) 2.- A non coincidencia entre o “Estado nacional” (en sentido xurídico-político) e a “nación” (en sentido étnico-cultural) dá lugar a diversas situacións políticas: nacións sen Estado, división dunha nación entre diferentes Estados, e Estados plurinacionais. 3.- O Estado unitario centraliza e unifica burocraticamente o poder político de todo o seu ámbito territorial (Francia, por. ex.), fronte ao Estado federal, que se articula en unidades política e financeiramente autónomas pero vinculadas nunha verdadeira unión política plasmada nunha Constitución e articulada a través dunha cámara de representación federal (os EE.UU. de Norteamérica, por ex.). 4.- O Estado español configúrase na actualidade como un “Estado de Autonomías” composto por comunidades que gozan de diferentes graos de autogoberno (descentralización non só administrativa senón tamén política) en función da súa demanda de autonomía fixada nos respectivos Estatutos aprobados polas comunidades e referendados polas Cortes xerais. 5.- Moitos dos fenómenos de globalización planean sobre o conxunto dos Estados nacionais e desbordan o seu marco tradicional (mundialización das comunicacións, redes internacionais do crime, problemas ecolóxicos, fluxos económico-financeiros, etc. de alcance transnacional, etc.). A soberanía e capacidade real por parte de cada Estado para abordar estes problemas diminúe cada vez máis e mesmo se acentúa a precariedade das políticas de benestar dentro de cada Estado. Unidade VII 1.- Nas sociedades tradicionais o poder político é entendido como algo natural que existe dende sempre e non necesita ser constituído nin fundado porque os homes son considerados desiguais por natureza (de aí que uns dominen naturalmente aos outros). 2.- A lexitimidade tradicional entrou en crise ao chocar con dous procesos postos e marcha dende a orixe da Modernidade: a) a conciencia de liberdade e autonomía persoal desenvolta pola burguesía, e b) a crise do dereito natural relixioso desencadeada polo proceso de

Page 30: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

30

secularización e a revolución científica. 3.- Nas teorías contractualistas o estado natural é unha hipótese (contrafáctica) de como sería a vida humana sen unha orde social e política. 4.- Para Hobbes o Estado que xurde do contrato social ten como finalidade establecer a paz civil e deberá ter carácter absoluto (un Leviatán), a fin de impedir calquera abandono do mesmo. Para Locke o poder do Estado é sempre revogable por parte dos individuos aos que representa como xendarme dos seus dereitos naturais. Rousseau concibe o Estado como unha expresión da soberanía popular -xa que o poder lexislativo reside no pobo de xeito inalienable- para conformar a vontade xeral que deberá definir os intereses comunitarios. 5.- Buchanan readapta a teoría de Hobbes ao liberalismo democrático, en tres supostos básicos da mesma: a) substitúe o presuposto da igualdade inicial hobbesiana polo das “desigualdades múltiples” de partida, b) xustifica o contrato na comenencia de diminuír o custo da autodefensa das posicións conquistadas no estado de natureza, e non no afán de eliminar a anarquía violenta como en Hobbes, e c) o Estado que consagre as desigualdades non ten por que ser absoluto como pretendía Hobbes. Nozick nega a necesidade dun contrato social voluntario, xa que o Estado xurde por efecto da “man invisible”, como un instrumento máis eficaz para a defensa dos dereitos individuais que a simple autodefensa individual. A idea dun “Estado mínimo” achégao a Locke. Rawls trata de fundir algúns dos presupostos liberais (defensa dos dereitos individuais) coa idea de interese xeral e igualación social rousseauniana. Así, o “veo da ignorancia”, nunha hipotética “posición orixinaria”, combinaría o interese egoísta privado co criterio público de imparcialidade. Unidade VIII 1.- A esencia do constitucionalismo moderno reside en dous principios básicos: a) unha organización do poder político que limite e controle as súas posibles arbitrariedades, e b) o recoñecemento, a defensa e a garantía dos dereitos do individuo. 2.- A idea de limitación e control do poder político é entendida inicialmente como unha “división de poderes” entre o rei e o Parlamento nunha sociedade aínda monárquica e estamental. Pero coa abolición do “antigo réxime” todo o poder emana xa do pobo e, polo tanto, a división de poderes é entendida agora como unha separación das instancias xurídicas (poder xudicial) fronte ao poder lexislativo (parlamento) e executivo (goberno). O poder xudicial é o que garante, en último termo, o respecto e sometemento de todos á Constitución (“imperio da lei”). 3.- A orixe contractual e fundante de todo o ordenamento xurídico posterior confire ás Constitucións unha vocación de permanencia e estabilidade. Sen embargo, case todas as Constitucións definen procedementos específicos para a súa propia reforma que adoitan incluír garantías de consensos amplos por enriba dos vaivéns políticos cotiás. A maiores, unha Constitución conta con outros dous tipos de mecanismos para a súa defensa: a) os controles ordinarios establecidos pola separación de poderes (lexislativo, executivo e

Page 31: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

31

xudicial), sobre todo o Tribunal Constitucional, e b) os mecanismos extraordinarios fronte a ataques e crises moi graves (estado de sitio, de guerra ou de excepción). 4.- Nun réxime autocrático existe un só posuidor do poder (unha persoa, unha xunta, un partido, etc.) que monopoliza o seu exercicio sen ningún control exterior, aínda que case sempre se camufle baixo formas aparentemente participativas. 5.- Os réximes democráticos presidencialistas establecen una ríxida separación entre o Parlamento e o Presidente, que son elixidos por separado e en sufraxio directo dos cidadáns. O Presidente dirixe o Goberno (executivo) e non é controlado directamente polo Parlamento (aínda que este pode exercer certo control indirecto do Presidente á través da aprobación dos presupostos, a ratificación dos tratados internacionais e dos nomeamentos de cargos públicos, etc.). Pero a iniciativa lexislativa corresponde exclusivamente ao Parlamento (o Presidente só pode propoñer ás Cámaras o veto dunha lei). Os réximes parlamentaristas manteñen unha relación entre Goberno e Parlamento moito máis estreita. O Parlamento é elixido por sufraxio directo dos cidadáns, mentres que o Presidente é elixido polo Parlamento -a través dun proceso de investidura- e controla as actuacións do Goberno. O Parlamento pode ademais destituír ao Presidente mediante unha moción de censura. O Goberno pode solicitar, á súa vez, un voto de confianza ao Parlamento e participa amplamente na tarefa lexislativa, presentando proxectos de lei (e mesmo lexislando mediante decretos). Unidade IX 1.- A democracia grega descansaba sobre certos presupostos teóricos ideais: a) existencia de verdadeira harmonía entre todos os intereses (ben común), b) homoxeneidade de valores e concepcións sobre os fins últimos da existencia, c) comunidade pequena que permite o debate “cara a cara”, d) democracia directa, e e) autarquía económica que permite a autonomía política. As democracias modernas, pola contra, aséntanse sobre presupostos diametralmente opostos a estes: a) separación entre intereses privados e públicos, b) gran disparidade ideolóxica, c) grandes comunidades asentadas en territorios moi extensos, d) preponderancia da representación como forma de participación política (gobernantes/gobernados), e e) interdependencias económicas entre comunidades diferentes. 2.- A principal contribución das “tradicións republicanas” á democracia actual consiste na idea de reparto e de equilibrio do poder. Este obxectivo, ensaiado primeiro na fórmula de “goberno mixto”, traduciuse finalmente no principio constitucional de “división de poderes” (lexislativo, executivo e xudicial). 3.- O socialismo aportou á idea actual de democracia a consideración de certos dereitos sociais e económicos como dereitos tamén fundamentais (ao carón dos dereitos individuais aportados polo liberalismo). Estes dereitos (de “segunda xeración”) foron posibles pola ampliación dos dereitos de participación política (sufraxio universal) e formación de organizacións para a mellora das condicións de vida (sindicatos), impulsados polo movemento socialista. 4.- O modelo de democracia proteccionista aséntase sobre unha concepción liberal pura do

Page 32: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

32

individuo e da sociedade; de aí que conciba a democracia como un simple instrumento para garantir o gozo privado dos bens (“liberdade de”). O modelo de democracia como desenvolvemento, pola contra, entende a democracia como un medio para mellorar a condición moral dos individuos (“liberdade para”), e non só para garantir o gozo privado dos bens. 5.- O modelo de democracia elitista define a democracia como un simple “instrumento de mercado” destinado á satisfacción privada dos individuos, tanto das elites que compiten empresarialmente no mercado electoral, como dos votantes que venden o seu voto a quen mellor satisfaga os seus intereses privados. O modelo deliberativo, pola contra, parte dunha concepción da autonomía individual vinculada á dimensión intersubxectiva e comunicativa da racionalidade. Esta dimensión social dos individuos oriéntaos non só á busca dos intereses particulares e privados senón tamén á daqueles que son xeneralizables. O funcionamento da democracia, esixe, en consecuencia, non só unhas “elites profesionais” da política (partidos, parlamentos, etc.) senón tamén foros de deliberación popular (movementos sociais, organizacións cidadáns, etc. nos que debater eses intereses) dende os que influír e premer ás institucións formais. Unidade X 1.- Nas democracias actuais os partidos políticos contribúen a racionalizar a loita e a competencia política, propoñendo candidatos para as eleccións, articulando os intereses e demandas sociais, vertebrando e formando a opinión pública, etc. Segundo os criterios de clasificación que se usen, existen diversas tipoloxías e clasificacións de partidos: de cadros, de masas, electorais, etc., en función do tipo de organización e estratexia política; confesionais/aconfesionais, obreiros/defensores dos propietarios, centralistas/nacionalistas, etc., en función de eixes bipolares, etc. 2.- Na análise e valoración dos problemas que presentan os partidos políticos hai que distinguir claramente entre a perspectiva antidemocrática e a democrática. Así, dende unha óptica democrática, o principal problema dos partidos provén das súas limitacións de organización e funcionamento democrático interno (abuso da “disciplina de voto”, burocratización, etc.). Dende unha perspectiva antidemocrática, a crítica diríxese á existencia mesma dos partidos. 3.- Existen dous modelos básicos no funcionamento dos grupos de intereses: a) o modelo pluralista (americano) no que os grupos (lobbies) funcionan dun xeito espontáneo e atomizado sobre a base de que existe unha distribución equilibrada de poder entre os grupos, e b) o modelo neocorporatista (europeo) que funciona dun xeito máis organizado (sobre todo no eido económico, cos sindicatos e organizacións patronais) e presupón a existencia de intereses enfrontados que deben ser negociados polos representantes dos propios interesados. 4.- Nas fórmulas electorais maioritarias (simples ou absolutas) gañan as candidaturas que obteñen o maior número de votos, perdéndose os dos contrincantes, o cal propicia sistemas bipartidistas e gobernos monocolor. Nas fórmulas proporcionais, pola contra, repártense os postos en proporción ao número de votos recibidos (seguindo diversos procedementos), o que favorece unha representación máis fiel da sociedade pero dificulta a formación de gobernos estables.

Page 33: BACHARELATO SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA GUÍA DO … · Socioloxía non é así; non obstante, quizais teñas tamén unha certa intuición de que esta materia non será totalmente

33

5.- Os novos movementos sociais presentan as seguintes características, fronte aos partidos políticos (e mesmo fronte aos “vellos” movementos): a) defenden modelos de sociedade baseados en escalas de valores alternativos, b) non supoñen unha división “dereita/esquerda” en clave de clases, senón máis ben, outra en clave de “novos/vellos” valores, c) perseguen obxectivos que non redundan só en beneficio dos seus membros, d) manteñen estruturas descentralizadas e non burocráticas, e e) prefiren formas de protesta simbólicas. En termos xerais, inflúen na política institucionalizada como un revulsivo das canles rutineiras nas que esta adoita moverse.