boletÍn de cine

17
Mundos De CINE Mundos De CINE IES LAGOA IES LAGOA DE DE ANTELA ANTELA

Upload: carmen-gomez

Post on 22-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

PELÍCULAS RECOMENDADAS PARA AS AULAS IES LAGOA DE ANTELA

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN DE CINE

Mundos De CINEMundos De CINE

IES

LAGO

A

IES

LAGO

A

DE

DE

ANTE

LA

ANTE

LA

Page 2: BOLETÍN DE CINE

2

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

INTRODUCIÓN

O cine é un recurso artístico que se pode empregar como fe-

rramenta educativa dende múltiples perspectivas. Ofrece-

mos neste espazo unhas cantas películas de temáticas dife-

rentes que se poden incluír nos currículos das materias que

impartimos. A linguaxe audiovisual, un código que require

aprendizaxe, resulta moi atractiva e familiar para o noso

alumnado, por iso nós debemos aproveitar a oportunidade que

se nos brinda para ensinar a interpretala.

Os obxectivos que podemos formular dende unha eficaz pla-

nificación son múltiples: achegarnos a outras culturas, reco-

ñecer e reflexionar sobre comportamentos e relacións, obter

información, espertar a conciencia, debater, soñar…

Page 3: BOLETÍN DE CINE

3

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

A onda. Die Welt

Dennis Gansel, 2008, Alemaña. Drama, ensino, fas-

cismo, social. Reparto: Jürgen Vogel, Frederick Lau,

Jennifer Ulrich, Max Riemelt…

Baseada nun feito real (en 1967 un profesor de historia

dun instituto de California decidiu realizar un experi-

mento para explicar o nazismo e implantou un réxime

de disciplina militar na aula, restrinxindo as liberdades; o nome deste mo-

vemento foi The Third Wave. O alumnado entusiasmouse tanto que comezou

a actuar de maneira fascista, espiándose uns aos outros e a acosar a quen

non quería formar parte do grupo. O profesor decidiu rematar o experi-

mento antes de que as cousas fosen demasiado lonxe). Na película reprodú-

cese esa experiencia en pleno século XXI e nun instituto alemán, cun pro-

fesor que debe impartir un curso sobre autocracia.

O círculo. Dayereh

Jafar Panahi, 2000, Irán-Italia. Drama, xénero, social.

Reparto: Maryiam Palvin Almani, Nargess Namizadeh,

Fereshteh Sadr Orfani.

Cóntase a historia de tres mulleres que deben enfron-

tarse ás inxustizas nun mundo que lles nega a categoría

de persoas, que as humilla e marxina simplemente polo

feito de seren mulleres. A vida cotiá en Irán caracterízase pola falta de

respecto e liberdade nas mulleres.

Page 4: BOLETÍN DE CINE

4

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Hoxe comeza todo. Ça commence aujord'hui

Bertrand Tavernier, Francia, 1999. Drama, ensino, in-

fancia, social. Reparto: Philippe Torreton, Maria Pita-

rrese, Nadia Kaci…

Daniel Lefebre dirixe unha escola infantil nun barrio

marxinal nunha poboación mineira do norte de Francia. O

30% da poboación está noparo a causa da crise da minería. O compromiso do

profesor co ensino vai ser cuestionado.

As horas. The hours

Stephen Daldry, 2002, USA. Drama, homosexualidade,

literatura, enfermidade. Reparto: Meryl Streep, Julianne

Moore, Nicole Kidman, Ed Harris…

Historia de tres mulleres que viven en épocas diferentes e

que tratan de encontrar un sentido á vida. Virgina Woolf

loita contra a súa loucura mentres comeza a escribir a súa primeira gran

novela, Mrs. Dalloway. A lectura desta novela leva a unha muller dunha época

posterior a cuestionarse a súa vida.

Os nenos do paraíso. Bacheha-Ye aseman

Majid Majidi, Irán, 1997. Drama, pobreza,

afecto, infancia. Reparto: Amir Naji, Amir

Farrokh Hashemian, Bahare Sediqi.

Ali perdeu os zapatos da cativa Zhore e, como son pobres, non poden mercar

uns novos. Terán que compartilos para ir á escola…

Page 5: BOLETÍN DE CINE

5

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Buda explotou por vergonza. Buddha az sharm foru rikht

Hana Makmalbaf, 2007, Irán-Francia. Drama, xénero,

violencia, resistencia. Reparto: Nikbakht Noruz, Abdolali

Hoseinali, Abbas Alijome.

Baixo a estatua de Buda destruída polos talibáns viven moi-

tas familias. Baktay, unha nena afgá de seis anos, durante o camiño á escola

é acosada por un grupo de nenos. A violencia e crueldade que exercen re-

produce o mundo dos adultos, pois pretenden lapidala.

O baño do Papa. El baño del papa

César Charlone, Enrique Fernández, Chile, 2007. Comedia

dramática, pobreza, relacións. Reparto: César Troncoso,

Virginia Méndez, Virginia Ruíz, Mario Silva…

No ano 1988 o Papa Juan Pablo II vai visitar Melo, unha

pobre comunidade fronteiriza de Uruguai. Espéranse máis de 50.000 visi-

tantes e os veciños ven unha oportunidade de mellorar as súas vidas. A Beto

ocórreselle construír unhas letrinas…

Marius e Jeannette. Marius e Jeannette

Robert Guédiguian, 1998, Francia. Drama, social. Re-

parto: Gérard Meylan, Ariane Ascaride, Pascale Roberts…

Marius e Jeannette malviven nun barrio pobre de Marse-

lla. Aos dous non lles foi ben a vida e esfórzanse por saír

adiante. Cando se coñecen parece que recuperan a alegría

de vivir e de loitar polo futuro.

Page 6: BOLETÍN DE CINE

6

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Un xogo de intelixencia. Free Rainer-Dein Fersher Lügt

Hans Weingartner. Alemaña-Austria, 2007. Drama, crí-

tica social. Reparto: Moritz Bleibtreu, Elsa Schultz Gam-

bard, Milan Peschel…

Reiner é un exitoso produtor de televisión que chegou á

cima con programas vulgares. A raíz dun accidente dá un

xiro á súa vida e comeza a investigar, xunto cun grupo de parados e inadap-

tados, sobre os sistemas de medición de audiencia.

A noite dos lapis, La noche de los lápices

Héctor Olivera. 1986, Arxentina. Drama, adolescentes,

ditadura, represión. Reparto: Alejo García Pintos, Vita

Escardó, Pablo Novak...

En setembro de 1976, durante os primeiros meses da di-

tadura militar arxentina, sete adolescentes da cidade de

La Plata son secuestrados e torturados por teren participado en protestas

estudantís.

Nun mundo libre. It's a Free World

Ken Loach. Gran Bretaña, 2007. Drama, inmigración,

traballo, explotación. Reparto: Kierston Wareing, Juliet

Ellis, Leslaw Zurek.

Angie e Rose deciden abrir unha axencia de traballo

temporal para inmigrantes. O negocio é rendible porque

se nutre de estranxeiros desesperados.

Page 7: BOLETÍN DE CINE

7

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Os limoeiros. Etz Limon

Eran Riklis. 2008, Israel-Francia. Drama, resistencia,

conflito palestino-israelí. Reparto: Hiam Abbas, Ali Suli-

man, Rona Lipaz-Michael, Doron Tavory…

Salma, unha viúva palestina, decide librar unha batalla

contra o ministro de Defensa de Israel, cuxa casa linda co

seu campo de limoeiros, na fronteira entre Israel e os Territorios Ocupados.

Salma loita por salvar as súas árbores.

Taare Zameen Par

Aamir Khan. 2007, India. Drama, ensino, infan-

cia. Reparto: Darsheel Safary, Aamir Khan, Tanay

Chheda, Tisca Chopra…

Ishaan Awashi é un neno de 8 anos cheo de imaxinación que o mundo adulto

non aprecia. A preocupación das persoas que o rodean céntrase nos deberes e

as notas, ámbitos en que Ishaan fracasa. Os pais intérnano nun colexio e nada

vai ben ata que chega un profesor diferente.

Kandahar

Mohsen Makhmalbaf, 2001, Irán. Drama, xénero, social,

tiranía. Reparto: Niloufar Pazira, Hassan Tantaï, Sadou

Teymouri…

Nafas é unha xornalista afgá refuxiada en Canadá que

decide volver a Afganistán cando recibe unha carta de súa

irmá comunicándolle que se quere suicidar.

Page 8: BOLETÍN DE CINE

8

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Oriente é oriente. East is east

Damien O'Donnell. 1999, Gran Bretaña. Comedia dramática,

inmigración, conflito cultural. Reparto: Om Puri, Linda Bas-

set, Jordan Routledge, Archie Panjabi.

Anos setenta. George Khan, un home de orixe paquistaní moi

tradicionalista casado cunha británica, vai enfrontarse aos

fillos, que se rebelarán contra os matrimonios concertados. O conflito fami-

liar e cultural é inevitable.

Osama,

Siddiq Barmak. Afganistán-Xapón-Irlanda, 2003. Drama,

xénero. Reparto: Marina Golbahari, Khawaja Nader, Arif

Herati…

Gobernan os talibáns e unha médica debe deixar o seu em-

prego, quedando recluída coa nai e a filla na súa casa. Para

sobrevivir a nena disfrázase para aparentar un rapaz. Chega o tempo de ir á

escola e a súa identidade periga.

O rei das máscaras. Bian Lian

Wu Tianming, 1996, China-Hon Kong. Drama, teatro, re-

lacións. Reparto: Chu Yuk, Chao Yim Yin, Zhang Riuyang.

Un vello artista de rúa rexeita practicar a súa arte na

ópera de Pekín pois quere pasar os seus coñecementos a un

neno. Os pais dun neno chamado Pichón, sumidos na pobre-

za, véndenlle o fillo.

Page 9: BOLETÍN DE CINE

9

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Philadelphia

Jonathan Demme. 1993, USA. Drama, SIDA, homosexuali-

dade. Reparto: Tom Hanks, Denzel Washington, Antonio Ban-

deras, Joanne Woodward.

Andrew Beckett, un xove e prometedor avogado de Philadelp-

hia, é despedido do prestixioso bufete en que traballa cando os seus xefes se

enteran que contraeu a SIDA. Quere demandar a empresa por despido im-

procedente pero élle difícil atopar avogado que se encargue do seu caso.

A clase. Klass

Ilmar Raag, Estonia, 2007. Drama, acoso, adolescencia,

relacións. Reparto: Vallo Kirs, Pärt Uusberg, Paula Solvak,

Marqus Prangel…

Joseph é un rapaz introvertido que se converte na vítima das

agresións e humillacións (bullyng) dos matóns do instituto. Cando a situación

se volve insoportable aparece en escena un amigo inesperado, un aliado co que

planeará a vinganza.

O señor das moscas. Lord of the Flies

Harry Hook 1990, USA. Drama, relacións, poder, infancia e

adolescencia, relacións. Baseada na novela homónima de

William Golding. Reparto: Balthazar Getty, Chris Furrh, Da-

nuel Pipoly…

O avión en que uns nenos eran evacuados sofre unha avaría e cae nunha illa

deserta. Os nenos superviventes deben organizarse para sobrevivir.

Page 10: BOLETÍN DE CINE

10

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Retorno a Hansala

Chus Gutiérrez, 2008, España. Drama e inmigración. Reparto:

El Hussein Aghazaff, Fatima Andah, Antonio Dechent...

Na praia aparecen os cadáveres de once mozos inmigrantes

marroquís, mortos ao naufragar a pateira en que intentaban

cruzar á península. Martín, un empresario funerario, e Leila, a irmá dun dos

falecidos, viaxarán a Hansala para conseguir repatriar o cadáver do rapaz.

A experiencia axitará a conciencia do empresario.

As tartarugas tamén voan. Lakposhtha hâm parvaz mikonand

Bahman Gobhadi, Irán-Iraq, 2004. Drama, pobreza, refu-

xiados. Reparto: Avaz Latif, Soran Ebrahim, Hirsh Feyssal...

Os habitantes dun campo de refuxiados do Kurdistán iraquí

procuran unha antena parabólica para estar informados do inminente ataque

americano contra Iraq. Os nenos do campamento, liderados por "Satélite",

dedícanse á recollida e venda de minas antipersoa. Chega unha rapaza ao

campamento e Satélite queda prendado da beleza dela.

Memorias de Antonia. Antonia's Line,

Marleen Gorris, Holanda, 1995. Drama, comedia, relacións.

Reparto: Willeke Van Ammelrooy, Jan Decleir, Els Dotter-

mans, Victor Löw…

Nunha granxa holandesa, a nonaxenaria Antonia fai un repaso da súa vida e

da súa descendencia. Personaxes variados e excéntricos danse cita nun lugar

onde predomina o amor, o respecto e a liberdade.

Page 11: BOLETÍN DE CINE

11

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

As mulleres de verdade teñen curvas. Real Women

Have Curves

Patricia Cardoso. 2002, USA. Drama, comedia, cine

independente, xénero, conflito cultural. Reparto:

America Ferrera, Lupe Ontiveros, Ingrid Oliu, Geor-

ge López...

Ana, unha adolescente méxico-americana, vive coa

súa familia en Los Ángeles e, recén acabado o instituto o seu profesor

anímaa a pedir unha bolsa de estudos na Universidade de Columbia. A nai,

defensora da tradición, convértese na principal opositora a ese cambio.

Mentres se decide o seu futuro, Ana accede a traballar coa súa nai no taller

de costura de súa irmá, onde se confeccionan prendas a baixo prezo para

seren vendidas en recoñecidas firmas.

A ducha. Xizao not Xhizao

Zhang Yang, 1999, China. Drama, comedia, contraste

xeracional. Reparto: Zhu Xu, Pu Cunxin, Jiang Wu.

O señor Liu continúa aferrado ao seu traballo como

propietario duns baños públicos e ao coidado do fillo

menor que posúe unha minusvalía mental. Daming, o fillo

maior, volve de Pekín pensando que o seu pai morreu e

encóntrase cun estilo de vida moi diferente ao que deixou na gran cidade.

Pouco a pouco vai descubrindo a maxia dos baños públicos.

Page 12: BOLETÍN DE CINE

12

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

LITERATURA E CINE

A culpa é de Fidel. La faute à Fidel,

Julie Gavras, Francia, 2006. Drama, social, historia.

Baseada na novela Tutta Colpa di Fidel de Domitilla Ca-

lamai. Reparto: Nina Kervel-Bey, Julie Depardieu, Ste-

fano Accorsi, Benjamin Feuillet, Martine Chevallier…

Anna, unha nena de nove anos, ve transformada a súa

vida apacible e confortable a partir da chegada de súa tía e curmá, fuxidas

da ditadura española. Vivirá unha serie de cambios, como a mudanza de casa

e unha viaxe a Chile de seu pai, que a confundirán. Non deixa indiferente.

As miñas tardes con Margueritte, La tête en friche

Jean Becker. Francia, 2010. Comedia, amizade, lectu-

ra. Baseada na novela homónima de Marie-Sabine Roger.

Reparto: Gérad Depardieu, Gisèle Casadesus, Maurane…

Germain Chazes é un home de mediana idade cuxa vida

transcorre entre o café, o parque e a caravana onde

vive. As persoas que o rodean considérano un imbécil, incluída súa nai, con

quen mantén unha difícil relación. Un día coñece a Margueritte, unha anciá

culta e educada que o vai mergullar no mundo da lectura, experiencia que o

transformará.

Page 13: BOLETÍN DE CINE

13

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Cara a rotas salvaxes. Into the Wild.

Sean Penn. Baseada no libro homónimo de Jon Krakauer.

2007. USA. Natureza, road movie, drama. Reparto: Emile

Hirsch, Marcia Gay Harden, William Hurt...

A comezos dos anos noventa, o mozo idealista Christopher

McCandless abandona o mundo civilizado, cambia o seu nome, deixa as súas

propiedades, doa o seu diñeiro e toma rumbo a Alaska para entrar en con-

tacto coa natureza e descubrir o verdadeiro sentido da existencia.

A virxe dos sicarios. La virgen de los sicarios

Barbet Schroeder. 1999, Colombia. Drama e violencia. Re-

parto: Germán Jaramillo, Anderson Ballesteros, César Gavi-

ria, Juan David Restrepo. Baseada na novela homónima de

Fernando Vallejo.

Tras unha ausencia de trinta anos, o escritor Fernando Vallejo regresa a

Medellín, Colombia, cidade onde se criou. A violencia apoderouse da cidade:

barrios destruídos, mafias do narcotráfico, asasinos... Fernando coñece a

Alexis, un sicario, e entabla unha relación con el.

O carteiro e Pablo Neruda. El cartero y Pablo Neruda

Italia-Francia. 1994. Amizade, literatura, amor. Baseada na

novela homónima de Antonio Skármeta. Reparto: Philippe

Noiret, Massimo Troisi, María Grazia Cucinotta…

A historia dunha amizade entre o escritor Pablo Neruda, exiliado nunha vila

italiana, e un carteiro humilde que descobre o amor e a poesía. Tenra.

Page 14: BOLETÍN DE CINE

14

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

A lingua das bolboretas.

José Luis Cuerda, 1999. Drama, escola, Guerra Civil. Base-

ada en tres relatos de Manuel Rivas. Reparto: Fernando Fer-

nán-Gómez, Manuel Lozano, Uxía Blanco, Gonzalo Uriarte.

Nunha aldea galega, un neno incorpórase á escola e comeza a

súa aprendizaxe cun mestre republicano. En xullo do 1936 a sublevación dos

militares contra o goberno lexítimo desencadea a persecución e condena das

persoas que defenden a liberdade.

Cometas no ceo. The Kite Runner

Marc Forster, 2007, USA. Drama, relacións infancia, gue-

rra. Baseada na novela homónima de Khaled Hosseini. Reparto:

Khalid Abdalla, Ahmad Khan Mahmidzada, Zekeria Ebrahimi…

Amir regresa ao seu país natal, Afganistán, baixo o dominio

talibán, para rescatar o fillo do que fora compañeiro de xogos. O pasado

volve e trae un escenario de xogo e rivalidades infantís.

A voz dormida. La voz dormida

Benito Zambrano, 2011, España. Drama, posguerra espa-

ñola. Baseada na novela homónima de Dulce Chacón. Reparto:

Inma Cuesta, María León, Marc Clotet, Daniel Holguín…

Pepita é unha moza que se instala en Madrid para atender a

súa irmá Hortensia, que está no cárcere esperando xuízo. Cando este se

produce é condenada á pena de morte pero ata que naza o seu fillo non vai

ser executada. Mentres Pepita namórase dun guerrilleiro.

Page 15: BOLETÍN DE CINE

15

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

O ourizo. Le hérisson

Mona Achache, 2009, Francia. Comedia dramática,

filosofía, relacións. Reparto: Josiane Balasko, Garance

Le Guillermic, Togo Igawa, Anne Brochet…

Os habitantes do número 2 da Rue Eugène Manuel, en

Paris, agochan segredos incribles: Paloma é unha nena

moi intelixente que planea algo, Renée é unha porteira

discreta que non exhibe a cultura que posúe, o señor Kakuro é un xaponés

enigmático que acaba de mudarse ao edificio.

Smoke

Wayne Wang, Paul Auster, 1995, USA, con guión de Paul

Auster. Relacións. Reparto: Harvey Keitel, William

Hurt, Stockard Channing…

Brooklyn, verán de 1987. Un grupo de persoas frecuenta

o estanco do barrio rexentado por Auggie Wren. As

historias dos personaxes crúzanse: unha anécdota con-

vértese en argumento dunha novela; un adolescente negro procura a seu

pai; o estanqueiro debe asumir responsabilidades paternas…

Page 16: BOLETÍN DE CINE

16

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

Persépole. Persepolis

Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud. 2007,

Francia. Baseada na novela gráfica homónima da

iraniana Marjane Satrapi. Animación, drama,

biográfico, social.

A revolución islámica en Irán vai mudar a vida das

mulleres. A nena Marjane medra nun ambiente

familiar liberal que contrasta coa ríxida vida escolar e a tiranía exer-

cida polo poder. Mentres se produce a guerra entre Irán e Iraq, a ra-

paza descobre o punk, ABBA e Iron Maiden. Xa na adolescencia, os pais

deciden que prosiga os estudos en Europa onde lle custa adaptarse.

Vals con Bashir, Waltz with Bashir

Ari Folman, 2008, Israel-Alemaña-Francia. Ani-

mación, drama, conflito palestino.

Unha historia sobrecolledora sobre a matanza de

palestinos en Sabra e Chatila en 1982. Ari é un is-

raelí que realizou unha misión durante a 1ª guerra

co Líbano e non lembra nada dese período. Acosado

polos pesadelos e a incerteza decide verse con vellos compañeiros e

enfrontarse á verdade.

Page 17: BOLETÍN DE CINE

17

BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011BIBLIOTECA IES LAGOA DE ANTELA 2011

MÁIS RECOMENDACIÓNS

West Beirut, West Beyrouth, Ziad Doueiri. Comedia dramática sobre a guerra do

Líbano dende a perspectiva duns adolescentes.

Amerika, Amreeka, Cherien Dabis. Comedia dramática sobre unha emigrante palestina

e o seu fillo nunha cidade de USA.

Ao outro lado, Auf der anderen Seite, Fatih Akin. Unha serie de vidas que se cruzan á

procura do perdón e a reconcialiación.

As invasións bárbaras, Les invasions barbares, Denys Arcand. Unha comedia dramática

que cita a un moribundo coas persoas que foron importantes na súa vida (ex-muller, ex-

amantes, vellos amigos, o fillo).

Celebracion, Festen, Thomas Vinterberg. Un drama sobre a hipocrisía e a dobre moral

da alta burguesía.

Os luns ao sol

A vida é bela

Cinema Paradiso

Solas

Billy Elliot

Gattaca

Blade Runner

Dark City

Enlaces de cine:

http://www.filmaffinity.com/es/

http://www.labutaca.net/

http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/index.htm

http://cine-y-literatur.blogspot.com/