boletin do ceesg nº 97
DESCRIPTION
Novembro 2015TRANSCRIPT
Rúa Lisboa, 20 - baixo
15707 Santiago de Compostela A Coruña
T 981552206 | F 981938274
[email protected] www.ceeesg.org
A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
nº97—novembro 2015
Tema do mes
Reflexionando sobre o Ciclo de Documentais e-doc. SOCIAL
O ano pasado, desde o Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais, Ceesg, presentabamos un Ci-
clo de Cine, e este ano, presentamos
e-DOC.SOCIAL, o Ciclo de documentais e
Educación Social do Ceesg. Como caracteriza á
Educación Social, buscamos unha forma diferente
de traballar e de chegar á cidadanía, polo que pro-
puxemos buscar documentais centrados no campo
de traballo de cada Grupo do Ceesg, e de interese
para a sociedade. Pensamos que co seu visionado
colaboramos en dar a coñecer o traballo de moita
xente implicada en distintos campos, que expresa
un aspecto da realidade de forma audiovisual e que
estimula a creación do simbólico nese ámbito.
Para nós, supón algo máis que ver un bo documen-
tal e comentalo xunto a outras persoas e compa-
ñeiras, xa que tras iso está o desexo e tamén a ne-
cesidade, de intercambiar pensamentos, opinións,
valores, etc. sobre os temas que puidemos ver re-
flectidos nas persoas protagonistas.
O primeiro documental escollido polo Grupo de
Traballo Geix, grupo de Estudos e Intervención
Xeragóxica, tivo que ser aprazado. O documental
titulábase As voces da memoria, a historia so-
bre a música e o seu poder terapéutico, onde
se conta o nacemento do coro “La veu de la me-
moria”, os seus ensaios, as súas loitas diarias ata
chegar a súa gran actuación no Palau da Música de
Valencia, a maxia da música …
O Grupo de Traballo de Igualdade Fiadeiras,
proxectou dous documentais: Salma Cuenta e
Álbum familiar. No primeiro, nos atopamos cun-
ha emotiva narración dunha carta, á vez que un
grupo de persoas novas debaten sobre un impor-
tante tema: cuestións sobre tolerancia relixiosa, convi-
vencia, identidade e medios de comunicación
“diferentes confesiones sí, pero basada en los mismos valores”. Xa en Álbum familiar, acompañamos na
súa marcha a unha muller emigrante, sendo teste-
muñas da súa dor ao deixar á súa familia e máis tar-
de da súa volta a casa: “si volviera en el tiempo…”
En todas as mans foi o documental elixido polo
Grupo de Traballo A Eira do Ceesg, grupo especia-
lizado en Desenvolvemento Comunitario e Educa-
ción Ambiental. Este documental foi construíndo un
relato tecido coas voces das xentes das comunida-
des e do ámbito académico, creando así unha ollada
diversa e unha reflexión colectiva sobre o monte
veciñal e ou seu futuro.
Finalmente, o Grupo de Traballo Escaravellando,
especializado en Infancia e Adolescencia, proxectou
o documental Vidas invisibles, no que puidemos
ver moitas das caras da protección da infancia, fa-
céndonos conscientes de que a cidadanía xoga un
rol importante no sistema de protección. Así como
dentro das administracións teñen que ter claro que
a prevención é a clave, e que se traballa con meno-
res e non con números de expedientes: “ellos no son
invisibles”.
A nosa intención era que a partir de cada proxec-
ción, poder ver e abordar temas de interese co-
mún, levando ao público a unha reflexión e aprendi-
zaxe, individual e colectivo, e esperamos telo con-
seguido.
Grazas desde o Ceesg, a todas as persoas implica-
das nos documentais e ás participantes neste ciclo.
Beatriz Caneda Zamar
Colexiada nº 3901
Educadora Social
Vogal da área de formación e actuali-
zación profesional
cgcees
Debatendo para mellorar...
Es tamos no 10 aniversario do noso Con-
sello Xeral.
Aínda que para calquera organización sería moi
pouco, as e os educadores caracterizámonos por
estar sempre pretendendo mellorar, por estar
sempre crecendo; ademáis, temos que ter en conta
tamén que a nosa profesión, sobre todo no referi-
do á organización territorial, ten avanzado moito
nestes anos. Cando logramos a Lei de creación do
Consello, tiñamos unha organización estatal aínda
en plena formación, con moitos colexios en proce-
so de consolidación ou incluso de creación. Hoxe,
e grazas ao traballo feito nos diferentes territorios, a rede organizativa está practicamente rematada
(só falta o colexio de Cantabria) e moitos colexios
sexan hoxe unha realidade consolidada.
Estas gañas de crecer e mellorar fixeron que na
ultima Asemblea Xeral celebrada en Pamplona, fai
uns meses, decidírase revisar o modelo do Con-
sello, as súas bases, os seus obxetivos, as súas fun-
cións e os seus fins. O CGCEES quere ser cada vez
máis útil para os diferentes colexios e por tanto
para a profesión.
O noso Colexio quere participar activamente nesta
revisión. O CEESG ven apostando por un traballo
solidario co resto dos territorios dende fai moitos
anos, participando activamente nas anteriores aso-
ciacións e no Consello Xeral dende a súa constitu-
ción. Non podemos, nin queremos, renunciar a
participar nesta revisión que comeza este ano e
rematara o vindeiro 2016.
Este Colexio aposta por continuar construíndo a
partir do que xa temos, apostamos por un Con-
sello Xeral que sexa a suma dos Colexios autonó-
micos; que sexa respectuoso ao máximo co sentir
das entidades, onde as responsabilidades sexan
compartidas aínda que uns colexios sexan moito
máis grandes e fortes que outros. Un Consello de
estrutura mínima pero que realice o seu traballo
dun xeito cada vez máis eficaz a partir da implica-ción de todas as entidades.
O día 20 de novembro celebramos unha reunión
practicamente monográfica para analizar a petición
do Consello Xeral ante a situación actual e propo-
ñer as melloras necesarias. A idea non é outra que
enviar estas propostas, xunto coas do resto de co-
lexios para ser debatidas e intentar facer un docu-
mento de consenso que poida ser traballado no
próximo Congreso Estatal que se celebrará en Se-
villa en abril de 2016 (onde resulta imprescindible
que galegas e galegos teñamos unha importante
presenza) cara mellorar o traballo do noso órgano
estatal. Ter un CGCEES forte fará que a o noso
Colexio (o Ceesg) e a nosa profesión ocupen o
lugar que merecen e a cidadanía coa que traballa-
mos sexa cada vez máis visible.
O CEESG continuará apostando por un traballo
conxunto e solidario co resto das organizacións do
Estado e invitamos tódalas Educadoras e Educado-
res Socias que teñan interese, a sumarse a esta ta-
refa común.
Alberto Fernández de Sanmamed
actualidade
ESCRITO DO GRUPO SOBRE INFANCIA E
ADOLESCENCIA: ESCARAVELLANDO
No mes de xullo publicáronse no D.O.G. as con-
vocatorias dos procedementos de selección de
entidades privadas sen ánimo de lucro para os
recursos de execución de medidas xudiciais con
menores. Nelas establecíase que todo persoal
educador adscrito á execución de medidas debe-
ría estar en posesión da diplomatura ou titulación
universitaria de grao en Educación Social ou con-
tar coa acreditación correspondente para o
desempeño desta función.
Coñecíase así un feito inédito na historia da nosa
profesión nunha convocatoria da Xunta de Gali-
cia, polo que significa de recoñecemento da nosa
titulación en consonancia co que desde sempre vén defendendo o Colexio de Educadoras e Edu-
cadores Sociais de Galicia (Ceesg). Sorprendente
tamén, porque en ningunha das convocatorias
que foran saíndo para os distintos recursos do
Sistema de Protección da Infancia se tivera noticia
de nada igual.
Algunhas das entidades con interese en conco-
rrer ás convocatorias, amosaban a súa preocupa-
ción pola situación na que ficaba unha boa parte
do persoal educador dos distintos dispositivos en
funcionamento, carentes desa titulación e da co-
rrespondente habilitación, e, por extensión, polas
complicacións que a elas mesmas lles ocasiona-
ban, pois veríanse obrigadas a afrontar os despe-
dimentos de moitas e moitos traballadoras. Días
despois, a Administración resolveu modificar este
requirimento e deixar, nesta ocasión, a porta
aberta para outras titulacións. Dicimos nesta oca-
sión, porque a vontade declarada por parte da
Xunta de Galicia era a de proseguir no futuro
nesa liña de esixencia de persoal con titulación.
Na xuntanza mantida o pasado 25 de novembro
coa subdirectora xeral de familia e menores
-Dª María Enmanuela Díaz Castro-Rial– e a xefa
do Servizo de protección de menores -Dª Cristi-
na Blanco-, amosamos esta ledicia inicial mais
tamén a nosa preocupación polas contradicións
percibidas e o procedemento seguido. Comentan que esta rectificación debeuse ás obrigas de su-
brogación de contratos, que entraban en contra-
dición con este requerimento mais, o seu intere-
se é que o persoal educativo estea en posesión
da titulación en Educación Social polo que con-
tactarán co Ceesg para indagar sobre as posibili-
dades de habilitación do persoal que o precise.
É evidente que, aínda que fora de modo trunca-
do, talvez por torpeza ou falta de previsión no
xeito de facelo, para quen temos interese na ac-
tividade do Ceesg constitúe un feito digno de
consideración polo que puidera entrañar nalgun-
ha esfera da Administración galega de aceptación,
de recoñecemento, en definitiva, do que con
moita claridade e insistencia vimos defendendo. Mais o método escollido, tamén merece unha
detida reflexión, porque ás veces o que malogra
un bo fin precisamente son os medios emprega-
dos.
Por outra banda, hai que subliñar que esta con-
vocatoria só atinxía a unha parte -pequena - do
conxunto de servizos e programas que dependen
do que hoxe é a Consellaría de Política Social.
Nin houbo outras convocatorias nin temos indi-
cios de que haxa pretensión ningunha neste sen-
tido, mesmo sería momento de lembrar que a
Lei de Emprego Público de Galicia, aprobada hai
uns meses, vai na dirección inversa.
Na citada xuntanza co subdirectora e a xefa de
servizo, interesámonos por saber cal será a tóni-
ca xeral nos próximos concursos, como os que
atinxen ao Sistema de Protección. Comentan
que a súa pretensión é que os perfís de educa-
dor/a se cubran con persoal que ten esta titula-
ción posto que entenden que hai unha titulación
específica e un Colexio profesional con quince
anos de traxectoria que a respalda mais non po-
den asegurar que así sexa en tódolos procede-
mentos públicos posto que iso trascende a súas
competencias.
Esta maneira de proceder, a golpe de convocato-
ria de concurso e sen previo aviso, deixaba fóra, por outro lado, a un bo fato de traballadores e
traballadoras que veñen realizando funcións de educadoras na execución de medi-
das, algunhas con máis de 10 anos de exercicio profesional. Maila ser persoal sen a
titulación correspondente -e dende o Ceesg defendemos e reivindicamos a esixen-
cia da titulación en Educación Social para exercer tarefas que son da súa competen-
cia-, non se debe facer responsábeis a estas persoas da situación, que non deixa de
ser un síntoma da desvalorización da Educación Social.
En canto aos concursos que quedaron desertos (Ciema A Coruña, Centro Monte-
ledo e Concepción Arenal) infórmanos na xuntanza co persoal da Xunta que volve-
rán a saír nas mesmas condicións que a anterior convocatoria.
De cara a unha completa e decidida regularización da nosa profesión, no que com-
pete á Administración autonómica probabelmente sería unha vía máis prometedora
constituír unha mesa na que participarían o Ceesg máis a Xunta de Galicia, e outros
axentes implicados, dende a que impulsar un Plan de Implantación da Educación So-cial, no que se fixe un calendario, procedementos e compromisos, non só nalgúns
dos servizos conveniados pola Xunta de Galicia, senón no conxunto deles, e non só
nos externalizados, senón tamén nos propios.
Por tanto, aínda nun contexto de “celebración” por esta boa vontade amosada e
que consideramos debe ser a vía a seguir, faise necesario abrir certos interrogantes
como é “cando” se fará noutros concursos e procedementos públicos e, sobre to-
do, o “como” se vai a levar a cabo. De igual modo que na tarefa educadora non só
interesa o resultado senón tamén o proceso, o camiño. Neste caso tamén nos im-
porta cómo se vai a desenvolver este proceso de tal xeito que queden garantidos
os dereitos laborais das persoas traballadoras e que esta labor se faga en condicións
dignas o cal repercute, inmediatamente, na calidade da acción educadora, acción
para a cal as persoas tituladas ou acreditadas en Educación Social estamos prepara-
das para acometer.
Seguimos a traballar por e para a Educación Social
Escaravellando, Grupo de traballo en Infancia e Adolescencia
ESCRITO DO GRUPO SOBRE INFANCIA E
ADOLESCENCIA: ESCARAVELLANDO
formación
VII Congreso Estatal en marcha
SEVILLA ESPÉRANOS...
A EDUCACIÓN SOCIAL NECESARIA...
A CIDADANÍA NECESÍTANOS...
Xa está aberto o prazo de presentación de comunicacións e pósters pa-
ra profesionais, empresas, entidades sociais, Universidades e Institucións que desexen participar no
VII Congreso Estatal de Educación Social; que como sabedes celebraráse os vindeiros 21, 22 e 23
de abril na cidade de Sevilla.
A listaxe das comunicacións seleccionadas publicarase na web oficial do Congreso con anteriori-
dade ás datas de celebración do mesmo. O prazo de presentación terá como data límite o
11 de xaneiro de 2016, e todas as propostas remitidas, deberán integrarse nalgún dos ca-
tro eixos establecidos:
1) (Re)pensar a profesión, historia, identidade e deontoloxía.
2) (Re)facer a Educación Social para impulsar e acompañar á cidadanía.
3) O Esta(R) da Educación Social.
4) (R)evolucionando a educación social dende as emocións. Sentir, Pensar, Facer, Coidarse e
Coidar.
Para máis información, consultar as bases completas na páxina web do congreso:
www.congresoeducacionsocial.org/comunicaciones
O programa do Congreso
Durante a mañá falarase sobre…
¿Contribúe a educación social á construcción da cidadanía e aos procesos de transforma-
ción social que esixe o século XXI?
(Re) pensar a profesión nos procesos de construcción da cidadanía e transformación so-
cial: historia, identidade e deontoloxía.
O Estar(R) da Educación Social.
Pola tarde haberá espazos simultáneos… onde se presentarán as comunicacións correspondentes aos Eixes
1 e 2, favorecendo a creación de espazos de reflexión e construcción no desenvolvemento da profesión:
Espazo 1. Sistema de Protección de menores de idade: prevención, protección, promoción e participación.
Espazo 2. Xustiza Xuvenil.
Espazo 3. Centros Penitenciarios.
Espazo 4. Servizos Sociais Comunitarios.
Espazo 5. Terceiro Sector.
Espazo 6. Saúde Mental.
Espazo 7. Diversidade funcional.
Espazo 8. Educación Ambiental.
Espazo 9. Mediación.
Durante a mañá falarase sobre…
(Re) facer a Educación Social para impulsar a construcción da cidadanía e o pensamento
crítico na transformación social.
(R) evolucionando as emocións: formulando os malestares para pensar/propor estratexias
de mellora.
Mesas de confluencia sobre os eixos transversais.
Mesa 1. Educación Social en Políticas de Igualdade
Mesa 2. Diversidade cultural: ¿multiculturalidade, interculturalidade ou cidadanía inclusiva?
Mesa 3. A vida como un proceso de aprendizaxe permanente para o envellecemento activo.
21 de abril, 2016
22 de abril, 2016
O programa do Congreso
Mesa 4. Crecemento socio-sustentable como contexto da Educación Social.
Mesa 5. Desenvolvemento do territorio e a comunidade, como implicamos á cidadanía para a transformación
dos territorios.
Mesa 6. Cooperación e desenvolvemento local, rexional e internacional.
Mesa 7. Estabilidade, empregabilidade e innovación social no traballo socioeducativo.
Mesa 8. Educación Social nas organización e no sistema socioeducativo.
Mesa 9. Educación Social e diversidade para a transformación social.
Mesa 10. A situación Internacional da Educación Social. AIEJI.
Mesa 11. A Educación Social na competencia dixital.
Pola tarde haberá espazos simultáneos… onde se presentarán as comunicacións correspondentes aos Eixes
3 e 4, e tamén tempo para a participación en obradoiros diversos:
Código Deontolóxico do educador e da educadora social: análise de casos.
Obradoiro de interculturalidade.
Teatro social.
Movemento Expresivo.
Construcción de indentidade de xénero.
Coaching en educación social.
Feminismo e educación social.
Emprendemento e empregabilidade.
Medios de comunicación.
Emocións e pensamento: un encontro saudable.
Pola noite está previsa unha CEA-FESTA nun lugar emblemático da cidade de Sevilla.
Diálogo da profesión e a rede profesional: recreando as nosas organización.
Diálogo final. A Educación Social e a Cidadanía.
23 de abril, 2016
Congreso Internacional
«A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión e equidade»
https://fendadixital.wordpress.com/
Para presentar o título e o resume a data límite é o 10 de decembro, debendo ser ésta en-
viada ao Secretariado do Congreso: [email protected]
O idioma poderá ser galego, portugués ou castelán. De ser o caso, confirmarase a acepta-
ción das comunicacións antes do 20 de decembro. A data tope para a entrega do texto
completo farase o 20 de xaneiro.
O primeiro envío, no caso do Resumo, contará con: Título da comunicación; Datos do au-
tor-a, institución, correo electrónico; Referencia ás necesidades técnicas (vídeo, retro-
proxector, ordenador...); Resumo cun máximo de 200 palabras, no que se explicitará o
obxetivo central do estudo, a metodoloxía, os resultados máis destacados (de ser o caso) e
conclusións; Palabras-chave, máximo de 4.
As comunicacións deberán estar relacionadas con algún dos obxectivos / temática do con-
greso. A extensión das comunicacións será dun máximo de 5.000 palabras e terá que incluir
o resumo cun máximo de 200 palabras e palabras clave. Tipo de letra Times New Roman,
interlineado simple, marxes superior e inferior 2,5; esquerda e dereita 3. Os autores-as da/
s comunicación/s deben facer o pago da matrícula. O texto final para a publicación, no caso
das comunicacións, debe seguir a seguinte estrutura:
1. Título
2. Complemento de título (opcional)
3. Identificación dos-as autores-as (nome e apelidos), institución e correo electrónico
4. Resumo
5. Palabras-chave
6. Introdución (se fose preciso pódese incluir apartado específico para marco teórico/revisión bibliográfi-
ca/estado da cuestión)
7. Metodoloxía
8. Resultados (de ser o caso)
9. Conclusións, discusión e conclusións
10. Agradecementos (de ser o caso). Poden ser incluídos no final do documento, antes das referencias
11. Referencias bibliográficas
Somos emerxentes
Díse dunha profesión emerxente, aquela que aínda non ten acadado o seu estatus de desenvolvemento,
pero que ten avanzado máis que as súas competidoras. Ese é o lugar no que está a Educación Social,
¿somo emerxentes?
É verdade que non pilotamos un Fórmula 1, pero todos sabemos que estamos no “pit stop”, somos ele-
mentos chave para gañar a carreira. Tampouco imos coroar o cumio, pero estamos no campamento ba-
se dando instruccións básicas e necesarias coa nosa formación. Seguro que non imos construír o coche
máis potente e veloz, pero si o máis silencioso, que contamine menos, ademais imos empregar materiais
reciclables.
Non somos líderes en audiencia, tampouco importa moito, ninguén o é, non sendo que manipulemos a
información.
Ao final somos unha profesión para producir cambios sociais, a través de poñer a disposición das persoas
e colectivos ferramentas, a metodoloxía, as habilidades e os coñecementos necesarios para poder facer
fronte aos seus propios retos, tanto económicos coma sociais.
Por todo isto, estamos nunha situación de “amor e carraxe”, unha profesión que impón, que produce
cando menos inquietude. Moitas dúbidas emerxen, ata onde podemos chegar? en que lugar están as no-
sas accións e intervencións? que finalidade teñen? Moitas dúbidas emerxen, igual non é o que se quere,
mellorar a situación das persoas e os colectivos, tamén é unha busca non recoñecida. Penso que os Edu-
cadores e as Educadoras Sociais están poñendo as bases dunha mellor sociedade, tanto cultural como
social, e iso sábeno quen coñecen e recoñecen o noso traballo.
Circulamos por unha estrada con moitas curvas e bonitas paisaxes, iso supón atención e á vez gozar do
que vemos e facemos.
bloguES
Samuel Núñez Pestaña
Educador Social
e autor do blogue:
Mirada Social
«Nestos momentos a mellor forma de “emerxer” é o poder facer visi-
ble a profesión, aproveitar para iso a nosa forma de traballo, os espa-
zos públicos, os lugares de encontro, os nosos grupos, os medios de
comunicación, as redes sociais...»
Para min a educación social é máis que unha ferramenta para mudar a realidade: é unha concepción da
vida, do xeito de estar e de ser neste mundo.
Supón un traballo constante a nivel persoal para a mellora tamén como profesional.
Supón unha continua reflexión crítica construtiva sobre o noso facer.
Supón fuxir do adoutrinamento.
Supón poñer en primeiro lugar ás persoas coas que traballamos e ter empatía, pero tamén non caer no
“buenismo” e non supoñer que polo feito de ser educadora social teño un superpoder para salvar a
todas/os menos a min.
Supón ter humildade para aprender sempre e ter forza para compartir ese saber.
Supón ter vontade e confianza na profesión para soportar as presións do sistema e superar as limitacións
institucionais e non esquecer que o primeiro sempre son as persoas; porque a educación social supón
saber mirar aos ollos das outras e acompañalas e que elas me acompañen.
Supón ilusionarme cada día.
Supón non deixar de soñar que outro mundo é posible.
E tamén, imprescindiblemente a educación social para min é ser feminista, e xunto cas miñas
compañeiras, as Fiadeiras, facer profesión loitando contra os machismos. E todo isto sen deixar de bailar
e divertirme, porque como di un libro :
“Qué sentido ten a revolución se non podemos bailar?”
Que fas ti pola educación social?
Isabel Taboada Mougán
Educadora Social
Colexiada nº 3560
Para ler E reflexionar...
Datas e datos para lembrar en pé de
igualdade... e non esquecer o resto do ano
Un libro deseñado para reflexionar nun tempo
concreto sobre un tema de interese como pode ser
a educación para a paz, a convivencia, a igualdade ou
a liberdade, entre outros.
Unha proposta didáctica que conta con actividades
de exploración e motivación, seguidas dunhas de
investigación e afondamento,, para rematar con
outras de ampliación. As posibilidades que ofrece
son múltiples: hai actividades individuais, de grupo e
de centro ou gran grupo. Hainas para reflexionar,
para crear, para debater...
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Recorda que tes á túa disposición a Biblioteca do Ceesg, unha biblioteca especializada en Educación Social
onde atoparás as publicacións organizadas por ámbitos de actuación da profesión.
Para consultas na biblioteca, é recomendable que avises previamente, para asegurarte de que a biblioteca
non estea reservada para outras actividades.
Consulta o catálogo completo de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Consulta o regulamento para o empréstito de publicacións en http://ceesg.org/servizos/biblioteca
Actuacións
Ciclo de documentais e-doc.SOCIAL.
No mes de novembro, os grupos de A Eira e Escarave-
llando fixeron as súa propostas para esta actividade for-
mativa: «En todas as máns» e «Vidas invisibles» en cada
caso.
Foro colaborativo polo emprego
FOCO 2015 integrou un amplo programa de actividades
como espazo de encontro e mellora das competencias
das persoas asistentes. O Ceesg participu na mesa
«Servizos públicos e traballo garantido».
III Invernada de Cine de
Cabreiros.
O Ceesg participou nesta
iniciativa, organizada dende
o Concello de Xermade e a
AA.VV. de Cabreiros coa
dinamización do visionado
da película «Fenómenos».
Presentación de «Machismos: de micro nada»
O día 27 de novembro, as compañeiras de Fiadeiras
presentaron na librería Lila de Lilith o libro
«Machismos: de micro nada». Un proxecto colectivo
que conta cun elenco de autoras e autores diverso
cun obxectivo común: poñer luz nas violencias ma-
chistas que mulleres e nenas enfrontamos na vida co-
tiá.
Este foi o primeiro acto dun conxunto que levará ás
Fideiras, entre outros lugares, a Coruña e Pontedeu-
me.
Reunións con concellerías e deputacións. A xira de
presentación do Ceesg e do libro de Machismos conti-
nuou en novembro visitando os Concellos de Lugo, Pon-
tevedra, Ourense e, tamén a Deputación de A Coruña.
Mesa de traballo sobre a Estratexia EIDUS.
O Ceesg apoia e participa da Estratexia Integrada de
Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS—Coruña),
aportando o enfoque da educación social a un proxecto
ideado para enfocar o desenvolvemento da cidade de A
Coruña cara o Desenvolvement o Urbano Sostible e as
novas dimensións estratéxicas de Europa 2020.
Mesa de traballo sobre a Renda Básica Municipal.
O Ceesg participou nesta xuntanza de traballo convocada
dende a Concellería de Xustiza Social e Coidados do
Concello de A Coruña.
Servizo xurídico do Ceesg. o Servizo xurídico está
dispoñible para que as persoas colexiadas reciban aseso-
ramento xurídico sobre calquera cuestión. A atención
facilítase na sede do Ceesg, cada primeiro martes e cada
terceiro mércores de mes, en horario de tarde, de 17:00
a 19:00.
Reunión coa Subdirección Xeral de Familia
O grupo Escaravellando e persoal da Xunta de Goberno
do Ceesg mantiveron un encontro coa Subdirectora Xe-
ral de Familia, onde se abordaron, entre outras, cues-
tións como o Acollemento Residencial de Menores como
nicho de emprego das educadoras e educadores sociais.
Xuntanzas de traballo.
Os grupos Geix e aBeira mantiveron reunións para avan-
zar no desenvolvemento das súas liñas de actuación.
V Foro de Capacitación sobre Pobreza, exclusión
social, terceiro sector e voluntariado.
O Ceesg participou neste foro coa palestra «Pobreza e
exclusión das familias monomarentais ¿mais soas que nun-
ca?» a cargo de Estefanía Lema Moreiras, integrante do
grupo aBeira.
Bolsa de Emprego de Educación Social. Valdoviño (A Coruña). Concello de Betanzos.
Estas son as ofertas de emprego publicadas na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre
ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-
emprego-do-ceesg
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consellería de Política Social. CORRECCIÓN
CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de novem-
bro de 2015 pola que se regula o procedemento
para a emisión do informe sobre o esforzo de inte-
gración da persoa estranxeira no ámbito da Comu-
nidade Autónoma de Galicia. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151127/
AnuncioG0425-251115-2_gl.pdf Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Gali-
cia núm. 225, o mércores, 25 de novembro de 2015, cómpre facer
as seguintes correccións:
Na páxina 44520, no artigo 11. Emisión do informe, onde di: «1. Será
competente para a emisión do informe favorable de esforzo de inte-
gración a persoa titular da dirección xeral competente en materia de
inclusión social. Só se emitirán informes favorables se da documenta-
ción achegada non se acreditase o esforzo de integración, comunica-
rase tal circunstancia de forma motivada á persoa solicitante», debe
dicir: «1. Será competente para a emisión do informe favorable de
esforzo de integración a persoa titular da dirección xeral competente
en materia de inclusión social. Só se emitirán informes favorables. Se
da documentación achegada non se acreditara o esforzo de integra-
ción, comunicarase tal circunstancia de forma motivada á persoa soli-
citante».
Consellería de Política Social. DECRETO
158/2015, do 5 de novembro, polo que se nomea di-
rectora xeral de Inclusión Social a María de los Ánge-
les Teijeiro González. Informativo:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151109/
AnuncioG0425-061115-0001_gl.pdf
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza. RESOLU-
CIÓN do 10 de novembro de 2015, da Secretaría Xe-
ral da Igualdade, pola que se modifica a Resolución do
27 de xullo de 2015 pola que se establecen as bases
reguladoras do I Concurso Comunicar en Igualdade e
se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151113/
AnuncioG0244-101115-0001_gl.pdf Modifícase o artigo 13 da Resolución do 27 de xullo de 2015, relativo a
XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO).
Esta disposición entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no
Diario Oficial de Galicia.
Formación
Curso online sobre peritaxe xudicial
Organiza: Colexio Profesional de Educadoras e Educadores Sociais de Andalucía (CoPESA)
Datas: Do 1 ao 22 de febreiro de 2016
Prezo: 130€ Colexiadas/os e Amigas/os do Ceesg| 180€ Resto de persoas interesadas
Máis información: [email protected]