boletín verán 2011
TRANSCRIPT
" O Fenómeno Moccia"Tedes xa na biblioteca exemplares dalgunhas das obras do escritor italiano que causou furor na xuventude europea, ata tal punto que é difícil atopar unha ponte da que non colgue un cadeado pechando promesas e soños.
A Cripta do ApóstoloPere TobaruelaSe o voso son máis ben as aventuras e vos apetece percorrer o Camiño de Santiago sen movervos da praia, probade con esta novela.
O Contador de EstrelasJaureguizarAntía estaba certa de que aquel ía ser o verán máis aburrido da súa vida... A amizade, o amor, a aventura e a mentira farán que mude a súa visión inocente da realidade.
DÉIXANSE LEVAR... DÉIXATE LEVAR.
3 libros ata setembro. Que mellor que un libro nesas horas mortas do verán? Pasa pola biblioteca e emprestarémosche novas experiencias e aventuras imposibles.
Sabías que... ?Dende que comezamos co Programa Meiga de xestión de bibliotecas, no 2011... estamos rexistrad@s 199 usuari@s, temos 3.528 títulos, emprestáronse máis de 150 volumes, e o libro máis levado foi ..."O Diario Vermello de Carlota" de Gemma Lienas.
Este magazine mensual de factoría meca comezouse a publicar en xaneiro deste ano. Podedes achegarvos á biblioteca a ler as súas entrevistas , reportaxes, novas... sobre O Grove e máis. Atoparédela tamén nos quioscos e librarías da vila por 2 euros.
BOLETÍN Nº3 CURSO 2010/11
Febreiro 2010Bondi Beach. Sydney, Australia.
SUMMERessentials
Nesta V edición do Certame e logo de ler centos de versos laiándose ou cantándolle á vida, o xurado fallou a favor dos seguintes:
CATEGORÍA ESO: Carmen Torres Besada - 2º ESO I.E.S. As Bizocas
ARBO
Pedras douradas,follas caídas,
saraiba no musgo.Un camiño angosto,
fentos colonizadores,son de auga ao fondo.
Xa chegamos.Fragas, carballeiras,
unha ponte de vellas pedras,unha porta altiva,
e ó fondo,Aldán sorrindo e saudando,
Xares ollando e calando.Xa chegamos.
Un torrente de luz na galería,un camelio branco arroupa ós comensais.
Amigos, charla, risas.Camiñadas ó río, paseos polo bosque.
Doces, café, agarimos,sorrisos, complicidade.
Amigos.Pedras de muiños, peneiras, adegas,
agasallos e abrazos.Rematou o día.
Marchamos de Arbo.
CATEGORÍA BACHARELATO:Ismael Ramos Castelo – I.E.S. Virxe do Mar (Noia)
Odisea última entre mantas de flanela.- casa anegada -
A muller do chapeudurmía debaixo da miña cama,dicíaque cazaba piratas.
Algunhas noites daba en tremere eu baixaba alí para abrazala e sorrirlle,para dicirlle que sería este o seu barco,a nosa casa arrendada con fiestras e esquinas(coma tantas outras).
Polas mañás facíame tostas queimadase mascábame o café e máis a traxedia,
ambos chorabamos xuntos mortos que non nos pertencían,naufraxios de lavadora.
Elaconstruía castelos de augae tiña as mans engurradas de vestixios,eu,mares enteiros debaixo da cama.
Que por iso choraba e tremíae marchou sen avisar
coma unha gripe,coma ti,coma se nada.
O EsconxuradorXesús Manuel MarcosPasado, medo, intriga ... con estes ingredientes sen dúbida non poderás levantar os ollos desta novela.
Ás de BolboretaRosa AneirosAchégate ao puzzle de vidas que acolle a cafetaría de Patricia. De seguro váste emocionar.
PoetízateFran AlonsoE por que non?... Un pouco de poesía, non morde! Alonso fai aquí unha escolma de poemas e poetas e axúdavos a entendelos un pouco mellor.
El Último Verano MiwokJordi Sierrra i Fabra En busca do seu pai, David viaxa a California. Alí coñece realmente ao seu pai, e tamén ao último membro dunha tribu americana loitando polos seus valores.
Visitade www.filix.org , atoparedes máis títulos.