boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "ponyo en el acantilado", de hayao...

10
boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix ACTIVIDADES - Ciclo de cinema de animación "Unha que non viches". Museo de Arte Contemporánea, MAC - Festival de Curtametraxes de Animación "AnimAcción". Fórum Metropolitano - Homenaxe a Alberto Datas no Museo de Belas Artes da Coruña - Conferencia sobre os trastornos da aprendizaxe. Afundación - Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea. Fundación Luís Seoane - Ciclo Principal: "Unha habitación propia". Teatro Rosalía Castro - Poetas di(n)versos: primavera 2018. Centro Ágora - Historia da música negra". Biblioteca Municipal Sagrada Familia - Axenda de concertos semanal na Coruña CONCURSOS - XXXV Olimpiada Galega de Química. Colexio Oficial de Químicos de Galicia Concurso de carteis do 8 de marzo "Día Internacional da Muller". Secretaría Xeral de Igualdade - Premio Literario "Fernando Arenas Quintela" de Narrativa e Ensaio 2017-2018. Librería Arenas - Concurso de contos da A.C. O Facho - Concurso de poesía da A.C. O Facho - Premio de Poesía Joven 2018. Fundación Gloria Fuertes - Concurso Reto Lector 2018. Editorial Galaxia - 6º Concurso de micro-relatos. OZOCOgz Deseño-Galego - XIII Premio de Narración Curta "Ó rescate da memoria". Concello de Curtis - IX Festival de clipmetraxes: categoría xeral. Manos Unidas ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº8 : 6 febreiro 2018

Upload: others

Post on 14-Mar-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

ACTIVIDADES - Ciclo de cinema de animación "Unha que non viches". Museo de Arte Contemporánea, MAC - Festival de Curtametraxes de Animación "AnimAcción". Fórum Metropolitano - Homenaxe a Alberto Datas no Museo de Belas Artes da Coruña - Conferencia sobre os trastornos da aprendizaxe. Afundación - Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea. Fundación Luís Seoane - Ciclo Principal: "Unha habitación propia". Teatro Rosalía Castro - Poetas di(n)versos: primavera 2018. Centro Ágora - Historia da música negra". Biblioteca Municipal Sagrada Familia - Axenda de concertos semanal na Coruña

CONCURSOS

- XXXV Olimpiada Galega de Química. Colexio Oficial de Químicos de Galicia Concurso de carteis do 8 de marzo "Día Internacional da Muller". Secretaría Xeral de Igualdade

- Premio Literario "Fernando Arenas Quintela" de Narrativa e Ensaio 2017-2018. Librería Arenas

- Concurso de contos da A.C. O Facho

- Concurso de poesía da A.C. O Facho

- Premio de Poesía Joven 2018. Fundación Gloria Fuertes

- Concurso Reto Lector 2018. Editorial Galaxia

- 6º Concurso de micro-relatos. OZOCOgz Deseño-Galego

- XIII Premio de Narración Curta "Ó rescate da memoria". Concello de Curtis

- IX Festival de clipmetraxes: categoría xeral. Manos Unidas

ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL Boletín nº8 : 6 febreiro 2018

Page 2: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

ACTIVIDADES

Ciclo de cinema de animación "Unha que non viches"

O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) organiza unha nova edición do ciclo de cinema de animación para todos os públicos "Unha que non viches", no que o seu coordinador, Javier Trigales, propón unha serie de películas que foxen dos tradicionais estudos de animación e profundan na riqueza creativa pola que pasa este xénero no mundo

Cando: do 10/02/2018 ao 24/03/2018, os sábados

10 de febreiro: "La tortuga roja", de Michael Dudok de Wit (Francia, 2016)

24 de febreiro: "Azur y Asmar", de Michel Ocelot (Francia, 2006)

10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008)

24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010)

*recomendadas para maiores de 7 anos ** versións dobradas ao español

Horario: 18:00 h. Prezo: entrada libre ata completar capacidade

Lugar / Información: Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa Avda. de Arteixo, 171 15007 - A Coruña Tel.: 981 911 476 www.facebook.com/gasnaturalfenosa.mac Web: www.fundaciongasnaturalfenosa.org/mac

Festival de Curtametraxes de Animación "AnimAcción"

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome organiza por 2º ano consecutivo o Festival de Curtametraxes de Animación "AnimAcción", un dos proxectos artísticos da entidade co que queren mostrar o potencial artístico de toda unha nova xeración de animadores. As curtametraxes que se proxectarán foron as seleccionadas de todas as participantes no "Concurso de Curtametraxes AnimaAcción 2018", cuxo gañador ou gañadora se proclamará o día do festival cos votos do público asistente. Entre a 1ª e 2ª sesión de proxeccións farase unha pausa para poder visitar a exposición "Graphic Jam", organizada polo colectivo de ilustradores Miñoco, na sala Plataforma14 (Fórum Metropolitano)

Cando: 22/02/2018 Horario: desde as 16.00 h

Lugar: Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. (15006 - A Coruña)

Prezo: entrada gratuíta con invitación, que se poderá retirar ata esgotar prazas en www.ticketea.com

Lugar / Información: Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome correo-e: [email protected] www.facebook.com/senanimodenome

Page 3: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

ACTIVIDADES

Homenaxe a Alberto Datas no Museo de Belas Artes

O Museo de Belas Artes celebra unha homenaxe ao artista Alberto Datas no 10º aniversario da súa morte

Cando: 09/02/2018 Horario:

20:00 h. Conversacións ao redor da obra do pintor co escritor Xabier Seoane.

20:30 h. Proxección do documental "Alberto Datas" de RTVE no programa La Aventura del saber

21:00 h. Concerto de clarinete a cargo de Marta Sancho Andrés.

Lugar: Salón de actos do Museo Prezo: entrada gratuita

Máis información: Museo de Belas Artes da Coruña Rua Zalaeta s/n (15002 A Coruña) Tlf: 881 881 700 correo-e: [email protected] www.facebook.com/Museo-de-Belas-Artes-da-Coruña

Conferencia "Os trastornos da aprendizaxe: a causa máis frecuente de dificultades escolares"

A sede Afundación da Coruña acolle este mes, dentro do ciclo Educación e Docencia no S.XXI, a conferencia "Os trastornos da aprendizaxe: A causa máis frecuente de dificultades escolares" impartida por Anna Sans Fitó, experta en neuroloxía pediátrica, diagnóstico e tratamento precoz dos trastornos da aprendizaxe e autora do éxito editorial "Por qué me cuesta tanto aprender"

Cando: 14/02/2018 Horario: 19.30 h. Prezo: entrada gratuíta ata completar a capacidade *retirar previamente invitación en https://entradas.ataquilla.com

Lugar / Información: Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8 (15003 - A Coruña) Tel.: 981 185 060 correo-e: [email protected] Web: www.afundacion.org

Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea

A Fundación Luís Seoane celebra a 2ª edición de "Somos o que lemos. Encontros coa literatura contemporánea", na que varios escritores convidados presentarán os seus últimos traballos a través dunha serie de encontros dirixidos e coordinados por Javier Pintor

Cando:

6 de febreiro: Leonardo Padura. A transparencia do tempo (Tusquets, 2018)

28 de febreiro: Andrés Neuman. Fractura (Alfaguara, 2018)

15 de marzo: Berta Vías Mahou. Unha vida prestada (Lumen, 2018)

22 de marzo: Juan José Millás. Que ninguén Durma (Alfaguara, 2018)

Horario: 20.00 h. Prezo: entrada gratuíta ata completar capacidade

Lugar / Información: Fundación Luís Seoane San Francisco, 27 (15001 - A Coruña) Tel.: 981 216 015 correo-e: [email protected] Web: www.fundacionluisseoane.gal

Page 4: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

ACTIVIDADES

Ciclo Principal: "Unha habitación propia"

A edición de primavera do Ciclo Principal continúa coa obra de teatro “Unha habitación”, de Virginia Woolf. Protagonizada por Clara Sanchís, a obra comeza cunha conferencia que unha escritora dá ante unhas estudantes en 1928. As súas palabras, irónicas e afiadas, son o relato vivo dun descubrimento: para dedicarse á literatura, unha muller necesita diñeiro e unha habitación propia. Só fai nove anos que se lle concedeu o voto á muller

Cando: 17 de febreiro de 2018 Horario: 20.30 h Lugar: Teatro Rosalía Castro R/ Riego de Agua, 37, A7. (15001 A Coruña)

Prezo: 14,00 - 10,00 - 8,00 - 6,50 €

Venda de entradas: - Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h - Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h - Televenda: 902 044 226 e www.ticketea.com

Web: www.coruna.gal/cultura

Poetas di(n)versos: primavera 2018

Volve ao Ágora en primavera a programación poética da Concellería de Cultura, dirixida pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, con novas citas mensuais que reunirán a poetas de Galicia e do resto do mundo en encontros abertos e gratuítos, sempre reunindo en lecturas dobres un/a poeta de Galicia xunto a outro/a de fóra, característica principal deste ciclo.

A 2ª cita, estará protagonizada por Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931), poeta distinguido co Premio Cervantes en 2006) e Dores Tembrás (Bergondo - A Coruña, 1979), poeta e doutora en Filoloxía pola UDC )

Cando: 19 de febreiro de 2018 Horario: 20.30 h Prezo: entrada libre, ata completar capacidade.

Lugar / Información: Centro Ágora Lugar da Gramela 17 (15010 - A Coruña) Tel.: 981 189 888 correo-e: [email protected] Web: www.coruna.gal/cultura

"Historia da música negra" na Sagrada

A Biblioteca da Sagrada Familia acolle este mes un evento especial adicado á música negra: o DJ coruñes Black in Town e o produtor vasco Ausokobeatz darán primeiro unha charla de introdución na que nos achegarán a estilos como o blues, jam blues, R&B-R&R, soul, funk, rap...e a actividade finalizará cunha free session facendo un repaso a todos os estilos, con música de Aretha Franklin, Etta James, Africa Bambata ou John Lee Hooker, por citar algúns

Cando: 16/02/2018 Horario: ás 19:30 horas. Prezo: entrada libre ata completar capacidade

Lugar / Información: Biblioteca Municipal Sagrada Familia Rúa Antonio Pereira 1, baixo (15007- A Coruña) Tel.: 981 184 392 www.facebook.es/bibcoruna Web: www.coruna.gal/bibliotecas

Page 5: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

ACTIVIDADES

Axenda de concertos na Coruña

Programación de concertos desta semana nas salas de concertos e outros espazos da cidade

Sala Mardi Gras. Travesía da Torre, 8 (15002 – A Coruña) www.facebook.com/salamardigras venres 9 ás 22.30 h: THE BAREFOOTS luns 12 ás 22.30 h: THE TWIST CONNECTION. Entrada: 10€ venres 16 ás 22.30 h: SMILE. Happy Accidents Tour. Entrada. 10€ sábado 17 ás 22.30 h: EXIT, especial ACDC (entrada libre)

Sala Garufa Club. R/ Riazor, 5 (15004 - A Coruña) www.facebook.com/SalaGarufaClub xoves 8 ás 22.30 h: ALEX RODRÍGUEZ COMBO. Entrada: 8€ venres 9 ás 22.30 h.: BRIGAN (Italia). Entrada: 10€/12€ sábado 10 ás 23.00 h: SALSA PAL´ BAILADOR. Entrada: 8€ luns 12 ás 22.30 h.: GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND. Entrada: 10€ xoves 15 ás 22.00 h: ALMAS DE CÁNTARO. Entrada: 6€ venres 16 ás 22.30 h: LUIS MORO & TRIBECAS´S BAND. Entrada: 6€ sábado 17 ás 23.00 h: SON DE CAMAGÜEY. Entrada: 8€

Jazz Filloa. R/ Cega, s/n (15003 – A Coruña) www.facebook.com/Filloa-Jazz-Club mércores 7 ás 22:00 e 23:00 h.: IAGO MOURIÑO TRÍO. Entrada: 7€ venres 9 ás 22:00 e 23:00 h.: PEDRO NEVES TRÍO. Entrada: 7€ mércores 14 ás 22:00 e 23:00 h.: ANTONIO C. JOBIM TRIBUTE + JAM. Entrada: 7€ venres 16 ás 22:00 e 23:00 h.: COMANDO RADAR. Entrada: 10€ sábado 17 ás 22:00 e 23:00 h.: ANDREAS POLIZOGOPOULOS DÚO. Entrada: 7€

Bâbâ Bar. R/ José Luis Pérez Cepeda, 23 (15004 - A Coruña) www.facebook.com/baba.bar.7 xoves 8 ás 22.00 h: concerto de LINO SURICATO. Entrada: 5€ venres 9 ás 22.00 h: VÍCTOR GRANDE, "20 canciones de humor y un poema desesperado". Entrada: 5€ sábado 10 ás 22:00 h: MANEIDA & ASTROGIRL. Entrada: 5€ venres 16 ás 22:00 h: concerto INFUSIONES MUSICALES. Entrada: 5€ sábado 17 ás 22:00 h: "MAR DE HILOS" (mercado, concertos, intervencións artísticas...). Entrada: 5€

Playa Club. Plataforma de Riazor s/n (15011 - A Coruña) http://playaclub.club/ sábado 10 ás 23.00 h.: concertos de RELS B + MISS D + ITCHY&BUCO SOUNDS. Entradas: 13€/16€

Museo de Arte Contemporanea Gas Natural Fenosa (MAC). Av. de Arteixo, 171 (15007- A Coruña) www.fundaciongasnaturalfenosa.org mércores 14 ás 21.00 h.: AMIINA. Entrada: 5€

Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1 (15006 – A Coruña) www.facebook.com/ForumMetro venres 16 ás 21.30 h.: RUTH LORENZO. Entrada: desde 16€

Teatro Colón. Avda. da Marina, 7 (15001 - A Coruña) www.facebook.com/TeatroColonACoruna/ venres 11 ás 20.30 h.: CAMIÑOS. Entrada: gratis mércores 14 ás 20.30 h.: “Suite das oito”, ORQUESTA DE CÁMARA GALEGA. Entrada: desde 4€ venres 16 ás 21.00 h.: LUIS EMILIO BATALLÁN (artista invitado PABLO MILANÉS). Entrada: desde 12€

Sala INN-Club. Avda. do Porto, 3 (15003 – A Coruña). www.facebook.com/salainnclub sábado 17, ás 22.30 h. Concerto de NADA SURF. Entradas: desde 16€

Page 6: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

CONCURSOS

XXXV Olimpiada Galega de Química A Asociación de Químicos de Galicia (AQUIGA), en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia (COLQUIGA), organiza a XXXV Olimpiada Galega de Química que se celebrará o proxímo 23 de marzo do 2018, nas sedes establecidas de: A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo.

Inscricións: antes do 13/03/2018 Requisitos:

Dirixida a alumnado matriculado durante o curso 2017-2018 en Bacharelato, de calquera centro público ou privado de Galicia e que non cumprisen 19 anos o 1 de outubro de 2018. Con carácter excepcional, e se son avalados por escrito polo seu Profesor/a, tamén poderán tomar parte na Olimpíada de Química, alumnos/ as do 2º Ciclo de ESO de excelentes capacidades. A participación é individual.

A temática das probas versará sobre aqueles aspectos da Química do currículo da ESO e de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Concretamente das materias de Física e Química (1º de Bacharelato) e da materia de Química (2º de Bacharelato).

Inscrición a través da Secretaría do Centro, onde cursen os seus estudos, ou directamente a título particular, cubrindo o formulario e remitíndoo á Secretaría da Asociación de Químicos de Galicia por fax ao 986 437 915 ou correo-e a [email protected]

Premios: diplomas aos gañadores

Máis información: Colegio Oficial de Químicos de Galicia C/ Urzaiz, 1-2ºD (36201 - Vigo) Teléfono: 986 43 79 15 correo-e: [email protected] web: www.colquiga.org

Convocatoria do concurso de carteis do 8 de marzo "Día Internacional da Muller"

A D.X. Educación, Formación Profesional e Inovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Inscricións: ata o 17/02/2018 ás 15:00 horas. Requisitos:

Alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º a 4º de ESO de calquera centro educativo de ensino non universitario, da Comunidade Autónoma de Galicia. Cada centro poderá presentar un único traballo, no caso de contar con primaria e secundaria, poderá presentar un cartel por cada etapa.

O cartel realizarase en coas medidas DIN A-3 (horizontal ou vertical) e enviarase en formato papel e formato electrónico JPG ou PDF, e deberá incluir a frase "8 de marzo. Día Internacional da Muller", así como un lema en galego relacionado co fomento da igualdade de xénero e a non discriminación.

Técnica e estilo serán libres. As composicións e os slogans deben ser orixinais e inéditos.

As obras remitiranse por correo ordinario en sobre pechado ao enderezo da Secretaría Xeral de Igualdade. Máis información nas bases.

Premios: - acto público onde se fará entrega do 1º, 2º e 3º premio - a imaxe gráfica gañadora poderá ser utilizada pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da igualdade.

Máis información: Secretaría Xeral de Igualdade Edificio Administrativo San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela Telf: 981 957 691 - 981 545 351 [email protected] Web: http://igualdade.xunta.gal

Page 7: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

CONCURSOS

Premio Literario "Fernando Arenas Quintela" de Narrativa e Ensaio 2017-2018

A Librería Arenas convoca a 18º EDICIÓN do Premio Literario de Narrativa e Ensaio, co desexo de favorecer a creatividade dos mozos e dos autores, no que se refire ao ámbito literario e como un medio de promover un mellor ambiente cultural. Inscricións: ata o 20/03/2018 Requisitos:

Poden participar calquera persoa ou equipo de persoas que o desexen.

tema dos traballos será libre, coas únicas limitacións de que sexan inéditos e referidos á Coruña, Galicia ou España.

Idioma: castelán ou galego.

Extensión mínima de 120 folios e unha máxima de 350 folios escritos a dobre espazo.

orixinal do texto deberá presentarse por triplicado. Os orixinais gráficos (ilustracións, gravados, fotografías,...), se os houbese, bastará presentalos nun só exemplar anexo ao orixinal do texto por triplicado.

Dotación: publicación da obra e premio de 950 €. Máis información: Librería Arenas Cantón Pequeno. 25 baixo (15003 - A Coruña) Tel.: 981 22 24 42 [email protected] Web: www.libreriaarenas.com

Concurso de contos da A.C. O Facho

A Agrupación Cultural O Facho convoca o seu concurso literario "Contos de Nenos para Nenos".

Inscricións: ata o 31/03/2018 ás 23:59 horas. Requisitos:

Poderán participar rapaces e rapazas que presenten as súas obras en lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.

Establécense dúas categorías de participación: Categoría A: nenos e nenas de 9 a 12 anos. Categoría B: rapaces e rapazas de 13 a 16 anos. Cada autor só poderá presentar unha obra atendendo aos seguintes límites de extensión: máximo de 5 folios para a Categoría A e un máximo de 10 folios para a Categoría B.

As obras débense presentar por triplicado, manuscritas ou mecanografadas, encadernadas ou grapadas e levarán por detrás do último folio os seguintes datos: Nome e apelidos do autor/a, enderezo e teléfono, correo electrónico, centro onde cursa os seus estudos e categoría na que participa.

Os orixinais para o concurso enviaranse por correo ao apartado de correos nº 46, oficina principal da Coruña.

Premios: establécense para cada unha das categorías:

1º premio: 300 € e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

2º premio: 150 € e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.

Máis información: Agrupaçom Cultural O Facho Correo-e: [email protected] Web: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

Page 8: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

CONCURSOS

Concurso de poesía da A.C. O Facho

A Agrupación Cultural O Facho convoca o seu concurso de poesía e abre o prazo de presentación de propostas ata abril.

Inscricións: ata o 15/04/2018 ás 23:59 horas. Requisitos:

Poderá optar ao devandito premio calquera persoa ata os 35 anos de idade e sempre que non teña publicado ningún libro individual de poesía e que a obra sexa inédita e non ter sido premiada noutros certames.

A obra presentada debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (AGAL, PADROM, RAG) e cun máximo dunha obra por autor. Recoméndase que teñan unha extensión mínima de 300 versos.

Os orixinais enviaranse por triplicado devidamente encadernados, en formato A4, a dobre espazo e mecanografada por unha soa cara, por correo ao apartado de correos nº 46, oficina principal da Coruña.

Premio: edición da obra premiada e entrega ao autor/a de 15 exemplares.

Máis información: Agrupaçom Cultural O Facho Correo-e: [email protected] Web: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ofacho/

Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven 2018

A Fundación Gloria Fuertes convoca o Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven 2018.

Inscricións: ata o 31/03/2018 Requisitos:

Poderán concorrer ao mesmo poetas e poetisas de calquera nacionalidade, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en ningún outro concurso.

Os orixinais, con liberdade de tema e forma, e coa advertencia de que non é un premio de poesía para nenos, deberán ser inéditos na súa totalidade e ter unha extensión non inferior a 500 versos nin superior a 700.

Enviarase un só exemplar, en folios impresos por unha soa cara, debidamente numerados e encadernados, cosidos ou grampados. Os libros presentados deberán ir asinados polos seus autores/as, con indicación do seu domicilio, teléfono, correo electrónico e acompañados dunha breve nota biográfica e dunha fotocopia do carné de identidade como acreditación.

Premio: 1.000 € e a edición do libro, publicado por Edicións Torremozas na Colección "Gloria Fuertes".

Máis información: Fundación Gloria Fuertes Apartado 19186 (28080 - Madrid) Tel.: 913 590 315 Correo-e: [email protected] Web: www.gloriafuertes.org

Page 9: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

CONCURSOS

Concurso Reto Lector 2018

A Editorial Galaxia convoca o concurso de imaxe "Reto Lector 2018".

Inscricións: ata o 27/04/2018 Requisitos:

Poderán optar ao premio as rapazas e os rapaces de entre 12 e 16 anos, ambas as idades incluídas.

Para participar hai que ler dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria.

Cada participante deberá enviar a [email protected] dous arquivos de video a través da plataforma WeTransfer, un por cada libro lido. Comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade de cada vídeo é animar a que outras persoas lean.

No mail que cada participante envíe, ademais dos dous videos deberá achegar a autorización da nai, pai ou titor. Pódese descargar un modelo de autorización en www.editorialgalaxia.gal

Os vídeos non poderán superar os 2 minutos de duración.

Premios: - Ipad de última xeración para o/a gañador/a - 5 lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os 5 seguintes clasificados.

Máis información: Editorial Galaxia Avenida de Madrid, 44 (36204 Vigo) Tel.: 986 432 100 [email protected] Web: http://editorialgalaxia.gal/reto-lector-2018/

6º Concurso de micro-relatos OZOCOgz

OZOCOgz Deseño-galego, organiza a 6ª edición do seu concurso de micro-relatos.

Inscricións: do 05/02/2018 ao 30/04/2018 Requisitos:

Os micro-relatos deberán estar escritos en lingua galega. Admitirase só un relato por autora/or.

Deben ser orixinais, inéditos e non premiados nin presentados en ningún outro concurso ou certame literario. A temática será libre.

A autora ou autor deberá cumprir cos seguintes requisitos con carácter obrigatorio: - Ter cumpridos os 16 anos ou máis - Ter un perfil en facebook - Compartir o evento do concurso no seu "muro" - Premer (de non telo feito con anterioridade) no "Gústame" da páxina (FanPage): www.facebook.com/desenho.galego

A extensión máxima dos micro-relatos será de 140 palabras. Os relatos poderanse facer chegar por: mensaxe na páxina do facebook de OZOCOgz ou ben por correo electrónico a [email protected]

Premios: - 1º premio: entrega dunha camisola OZOCOgz e un vale por un xantar ou cea degustación, con produtos ecolóxicos da zona, para 2 persoas, na Taberna cultural A Arca de Noe, en Vilar de Santos - A Limia (Ourense). - 2º premio: entrega dunha camisola OZOCOgz e un lote de libros.

Máis información: OZOCOgz | Deseño galego O Carballiño / Ourense Tel.: 988 273 567 / 600 876 196 Correo-e: [email protected] www.facebook.com/desenho.galego Web: www.ozocogz.com

Page 10: boletín semanal de convocatorias...10 de marzo: "Ponyo en el acantilado", de Hayao Miyazaki (Xapón, 2008) 24 de marzo: "El ilusionista", de Sylvain Chomet (Francia, 2010) *recomendadas

boletín semanal de convocatorias www.coruna.gal/cmix

CONCURSOS

XIII Premio de Narración Curta "Ó rescate da memoria"

Convócase o XIII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis "Ó rescate da memoria", co que se pretende homenaxear ás persoas achegadas a nós que nos rodearon ou rodean

Inscricións: ata o 20/04/2018 Requisitos:

Tema: recoller as pequenas e grandes historias das persoas de máis idade que nos rodean.

Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.

Os textos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún otro certame. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected]

Deberán estar escritos en formato Word e cunha extensión comprendida entre os 3.000 e 5.000 caracteres, espazos incluídos.

Categorías: - Categoría A: dos 12 aos 18 anos. - Categoría B: dos 19 anos en adiante.

Premios: - Categoría A: 1º premio: 200 € ; 2º premio: 100 € - Categoría B: 1º premio: 350 € ; 2º premio: 150 €

Máis información: Concello de Curtis Praza de España, s/n. 15310 - Teixeiro (A Coruña) Tel: 651 046 603 [email protected] Web: www.curtis.gal

IX Festival de clipmetraxes de Manos Unidas. Categoría xeral

Manos Unidas organiza a IX edición do festival de clipmetraxes para sensibilizar sobre os problemas que arrasan o noso mundo: a fame, a pobreza, a inxustiza, as desigualdades e as súas causas, a través dunha educación para o desenvolvemento baseada na comunicación audiovisual

Inscricións: ata o 10/04/2018 Requisitos:

Ser maior de idade, residente en España, ou español/a residente noutro país.

Para participar, é necesario inscribirse en www.clipmetrajesmanosunidas.org.

Poderanse presentar tantas clipmetraxes como se queiran. Deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas con anterioridade en ningún outro concurso.

As clipmetraxes son pezas de 1 minuto e 10 segundos de duración máxima contando as cartelas de inicio e final do festival. Poden ser de ficción, animación ou documental, e deben versar sobre a temática proposta.

Poderán ser gravadas con calquera dispositivo: móbil, tableta, cámara de vídeo, cámara de fotos etc. e deben enviarse nun formato compatible coa plataforma Youtube, que se usará para a difusión e almacenamento dos vídeos participantes.

Premios: - 1º premio: viaxe de 10 días á India, con todos os gastos pagos, para coñecer algúns dos proxectos que Manos Unidas apoia nese país e rodar a súa propia curtametraxe documental baixo a tutorización do director de cinema Guillermo García López, gañador do Goya en 2017 - 2º premio: videocámara profesional Canon. - 3º premio: curso de Formación Audiovisual na Escola Superior de Cinema e Audiovisuais de Cataluña.

Máis información: Correo-e: [email protected] Web: www.clipmetrajesmanosunidas.org/categoria-xeral/