buzón rebelde número 17 nadal definitivo
TRANSCRIPT
Parece ser que todo o mundo o sabía, menos
a dirección de Correos: O Voto por Correo
aumentou un 14,5% en relación pasadas
datas electorais.
Recapitulemos
A día 10/12 (xoves) a xunta electoral tivo que
dar unha prórroga a Correos para aumentar
en 24 hrs o prazo de solicitude dos votos por
correo. Ese día foi de un grande caos nas
oficinas, xuntándose as persoas que querían
enviar paquetería con as que querían solicitar
os votos, creando largas colas e bastante
malestar... (continúa en páxina 2)
A dirección pon, unha vez máis, a Correos ao borde do ridículo
pola súa incompetencia, improvisación e racanería.
17 Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A
Problemas no voto
por Correo
2
Moción no concello
da Coruña
3
Renunciamos a
fondos de fomación
4
Breves 4
CONTIDO:
APROBADA NA CORUÑA MOCIÓN EN DEFENSA DO REPARTO POSTAL DIARIO
PRESENTADA POLA MAREA ATLÁNTICA COA COLABORACIÓN DE CGT
AVALADA POR MÁIS DE 160 SINATURAS DO PERSOAL DA CIDADE
RESPALDADA POR TODOS OS PARTIDOS (Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP)
O ANO PASADO FORON MÁIS DE 500000
PAQUETES TIRADOS NO CTI DE BARAJAS
ESTE ANO O CAOS E O DESCONTROL DO VOTO
POR CORREO
UNHA VEZ MÁIS A IMAXE DE CORREOS POLO
CHAN POLA INCOMPENTECIA DA DIRECCIÓN.
Impartidas xa máis de 2000 prazas para os cursos de Productos, Atención ao cliente Oficina e
Acollida e Procesos para todo o mundo, afiliad@ ou non, con titores voluntari@s e recursos propios.
DESDE A CGT QUEREMOS
DESEXARVOS UNHAS
MOI BOAS FESTAS!!!!
(Ven da páxina 1) Xa nese día 10
saíron varias notas de prensa en
diferentes medios alertando do
que nos viña derriba, se non se
contrataba máis xente e se
reforzaba o servizo.
A resposta da dirección a estes
avisos non se fixo esperar:
ANULANDO O SÁBADO EXTRA
PREVISO PARA O DÍA 12/12.
Incrible pero certo.
No luns día a 14 tivemos unha
xuntanza coa xefatura. Nesa
xuntanza (á que non viñeron
CCOO, nen S.L , ¿será que
“pasan”, ou que estaban xa de
vacacións?) dinnos que non
autorizaron o sábado en Madrid,
a pesar de telo solicitado, que,
segundo Madrid, “todo está ben”
e que non haberá problema en
sacar todo o voto por correo
“facendo só un aviso, para
axilizar a entrega”.
A par te d e a l e r tar desa
irregularidade á xunta electoral
provincial, desde a CGT
advertimos que isto ía servir só
para colapsar as oficinas… (tal
como pasou) por que, ao recibir
os votos avisados nas oficinas, o
único que consegues é que as
persoas que queren votar teñan
que pasar por ela tres veces:
unha para o solicitar, outra pola
documentación e a terceira e
definitiva para poder votar.
Ese luns 14, seguinte ao reparto
anulado do sábado, foi de un
caos terrible: votos por todas
partes que se xuntaron coa
correspondencia electoral,
descontrol…
Ao chegar o mércores (último día
para que as persoas foran a
votar) aínda eran moitos os votos
nas unidades de reparto.
O día 15 foi de un grande apuro
nas oficinas, colas que chegaron
a unha hora en varios lugares e,
unha vez máis, moito malestar
entre as persoas que querían
votar, e que vían que o prazo
expiraba.
Unha vez máis Correos tivo que
rogar á xunta electoral outra
prórroga até o venres 17 ás
14:00, concedida non sen
advertir antes “A tal efecto
Correos deberá extremar la
diligencia para asegurar que los sobres
con el voto se depositen en plazo en las
respectivas mesas electorales el día de
la votación" .
O venres votaron ás últimas persoas sen
ter a certeza plena de que os seus votos
chegarían a tempo ás mesas electorais,
coa impresión da chapuza total, da falta
de previsión e unha vez máis a imaxe de
Correos danada gravemente diante
dunha sociedade que non entende que a
directiva sexa a última en se enterar de
que, loxicamente, se aumentan as
solicitudes aumentaran na semana
seguinte os envíos de documentación
para votar na mesma proporción!!
P Á X IN A 2
Na foto, colas para votar o día 15, previamente ao
novo prazo que nos tivo que dar a Xunta Electoral,
ás 21:30 na oficina dos Rosais, na Coruña
A solución tería sido
dar o sábado extra e
reforzar o reparto
pola tarde para levar
os votos ás casas!
Cadena Ser e a Voz de Galicia 10/12
USES REFORZADAS CON MEDIAS XORNADAS, DOBLANDO TURNOS DE UN XEITO IMPROVISADO E CAÓTICO
O SÁBADO EXTRA ANULADO NO ÚLTIMO SUSPIRO SEN DAR NINGUNHA EXPLICACIÓN
O PERSOAL REPARTINDO AS CARTAS ELECTORAIS FORA DO HORARIO SEN COBERTURA NENGUNHA
AS OFICINAS COLAPSADAS DE PERSOAS DESCONTENTAS CO SERVIZO E O PERSOAL AO 200%
A XUNTA ELECTORAL CONCEDENDO 3 PRÓRROGAS A CORREOS CON ADVERTENCIAS INCLUÍDAS
E TODO NAS ELECCIÓNS ONDE O ESTADO MÁIS LLE PAGOU A CORREOS 48.000.000 DE EUROS!!!!!
¿¿¿A ONDE FORON ESES CARTOS????
N ÚM E RO 1 7 , N A D A L 2 0 1 5
A proposta da moción partiu
directamente do alcalde, Xulio
Ferreiro e do concelleiro de traballo
Alverte Lema, unha vez escoitadas as
inquedanzas de 15 persoas de todas
as unidades de reparto da nosa
cidade, tamén da USE e de atención
ao cliente.
Desde o sindicato tamén entregamos
copia dos máis de 1000 partes de
pendentes de reparto que se recolleron
na UR1 da Coruña (como exemplo do que
está a acontecer en toda a cidade) no
último ano e medio, que demostran a
necesidade de dotar ao servizo de máis
persoal, sobre todo ante os recargos.
Asimesmo foron entregadas copias das
denuncias elevadas desde CGT Correos A
Coruña ao Ministerio de Fomento, Á
comisión nacional dos mercados e da
competencia, ao europarlamento, ao Valedor do
Pobo e, finalmente, á Defensora del Pueblo
Estatal, onde se atopa en curso actualmente.
Seguimos defendendo o reparto diario en todas
partes,a máxima calidade no servizo, e o
mantemento dos postos de traballo
P Á X IN A 3
A proposta de Marea
Atlántica, coa
colaboración da CGT e o
respaldo de 160
traballadores/as da
cidade da Coruña foi
aprobada por Marea,
BNG, PSOE e PP
Na imaxe inferior,
traballadrores/as
asistindo ao pleno.
Xuntanza previa do persoal co alcalde,
Xulio Ferreiro
O concello da Coruña instará á empresa pública Correos SAE a manter o persoal necesario
para cumprir con todo rigor as súas obrigas de reparto diario da correspondencia, nas condicións
que fixa a lei, en todos os domicilios da nosa cidade de luns a venres, en condicións de igualdade
e sen discriminar ningunha zona.
O concello da Coruña vixiará o cumprimento da prestación do servizo postal universal
colaborando activamente co persoal de Correos SAE abrindo as canles de comunicación
necesaria.
O noso concello solicitará á Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos SAE, á Comisión
Nacional do sector Postal e ao Ministerio de Fomento que Correos amplíe a plantilla estrutural
que ten asignada á nosa cidade tanto en reparto como en atención ao cliente.
Recpercusión na prensa
Aquí, o texto íntegro: http://www.slideshare.net/cgtcorreos/mocin-apoio-servizo-correos-polo-concello-da-corua
Desde CGT Correos facemos pública
a RENUNCIA OFICIAL AOS FONDOS
DE FORMACIÓN que presentamos á
empresa e solicitamos a devolución
do seu importe á masa salarial. Ou, o
que é o mesmo, ao peto de todos e
todas as traballadoras de Correos, de
onde nunca debía de saír.
4 000 000 euros desviados nos
últimos nos do salario do persoal de
Correos ás arcas dos grandes
sindicatos-academia
Desde CGT loitamos para que a
formación sexa impartida pola propia
empresa, evitando así un negocio
pouco ético por parte dalgunhas
OOSS e buscando que a formación
sexa realmente universal e non
discriminatoria.
A CGT seguirá a dar a formación homologada gratuíta, mentres a empresa non o
faga, para todo o mundo, cos nosos propios recursos, para non discrimar a nin-
guén nin empregar o diñeiro dos nosos salarios para o utilizar sindicalmente.
Non sexas @ ultim@ en enterarte!
Séguenos no noso facebook
Cgtcorreosacorunha ou
Xa impartidas 2000 prazas dos cursos “Acogida y Procesos”, “Productos” e “Atención ao cliente en Oficina”!
Gratis, para todo o mundo, sen estar afiliadx e por rigoroso orde de inscripción.
No ano 2016 teremos 8 días de AP,
serán eliminados no próximo convenio?
As eleccións sindicais na Coruña
serán o 21 de Xaneiro, tamén se
aprazan as de Valencia,
Navarra, Ávila, La Rioja, e outras
están pendentes de xuízo...
Traslado ao primeiro andar da dirección do edificio principal da Coruña. ¿Subastara-se
finalmente o edificio como se escoita rumorear?
¿¿Seguiremos no 2016 coa
chapuza das mochilas??