cadernos ramÓn piÑeiro, - cirp.es · cadernos ramÓn piÑeiro, ii (cadernos galegos de pensamento...

144

Upload: voquynh

Post on 18-Jan-2019

256 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 2: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 3: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas

Luís Alonso GirgadoTeresa Monteagudo Cabaleiro

Page 4: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO

(Cadernos galegos de pensamento e cultura)

Directores:Luís Alonso GirgadoRamón López Vázquez

Consello asesor:Xesús Ferro RuibalXosé Manuel García IglesiasAnxo González FernándezRamón Mariño PazAnxo Tarrío VarelaAndrés Torres Queiruga

Edita:XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A

INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria:CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ

Director Xeral de Política Lingüística:XESÚS P. GONZÁLEZ MOREIRAS

Coordinador científicoMANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ

Ilustración da cuberta:BALDO RAMOS (“Deshabitada espera”, detalle)

Imprime:Gráficas ATV

ISBN:84-453-3677-0

Depósito Legal:C-2458-2003

Page 5: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

5

ÍNDICE

1. Cronobiografía. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .9

2. Cartas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .61

2.1. Arredor das cartas de Ramón Piñeiro. . . . . . . . . . .63

2.2. Cartas a Antón Avilés de Taramancos . . . . . . . . . .71

2.3. Cartas a Carlos Casares . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .79

2.4. Cartas a Pilar Cayón Fernández . . . . . . . . . . . . . .83

2.5. Cartas a Rafael Dieste . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .85

2.6. Cartas a Manuel María . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .91

2.7. Carta a Manuel Meilán . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .99

2.8. Cartas a Eduardo Moreiras . . . . . . . . . . . . . . . . .101

2.9. Cartas a Luís Pimentel . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .107

2.10. Cartas a Claudio Rodríguez Fer e

Carme Blanco . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .111

2.11. Cartas a Pilar Vázquez Cuesta . . . . . . . . . . . . . .115

2.12. Cartas a Carlos Zubillaga Barrera . . . . . . . . . . .119

(Presentación de Carlos Zubillaga Barrera)

Page 6: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 7: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Ramón Piñeiro López (1915 - 1990)

Page 8: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 9: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

9

1. Cronobiografía

Page 10: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 11: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

11

Ramón Piñeiro López (1915-1990)

1915.- Ramón Piñeiro López nace o día 31 de maio naparroquia de Armea, no concello de Láncara(Lugo). Foron os seus pais Salvador PiñeiroGarcía e Vicenta López Fernández. O matrimoniotivo oito fillos, aínda que tres deles non sobrevivi-ron á primeira infancia. Sara, a irmá pequena deRamón, viviu con él e a súa muller Isabel enSantiago durante moitos anos, e continúa a vivirna mesma casa da rúa Xelmírez. A familia pater-na, os Piñeiro, eran coñecidos en Láncara como"Os de Baixo", a caste da "Casa de Baixo" e tiñansona de tolos e intelixentes. O pai andivo sempremetido en negocios no pequeno comercio e foihome interesado pola cultura e pola formacióndos seus fillos. A nai emigrara a Bos Aires, ondeestivo dous anos, para facer algúns cartos e con-tribuír así á construcción da casa familiar, na quetraballaba ó tempo que atendía os labores docampo.

A nenez de Ramón Piñeiro transcorre no seodunha familia modesta que coñece as dificultadeseconómicas. É un rapaz solitario que vive illado eamosa unha tendencia a fantasear e inventarxogos. De carácter tímido e retraído, empeza aescribir pola súa conta, como se fora un xogo,aínda que o seu pai –que lle ensinara a ler– non

Page 12: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

12

era partidario de que aprendera a escribir antesde que entrara na escola, feito que acontece candoo neno tiña seis anos e xa lía ben e coñecía algo deortografía e as elementais regras matemáticas.

1921-1923.- Ingresa na escola, aínda que xa sabía ler eescribir, pois xa lle tiñan ensinado seus pais. Ofeito de que don Salvador –seu pai– fose un bocalígrafo, e a curiosidade do neno, que, coa axudada nai, empregaba os garabullos para escribirsobre a cinsa e a auga e trazaba as primeirasletras sobre a mesa da cociña, foron factores quecoadxuvaron a esa prematura aprendizaxe.Durante a súa infancia en Armea realiza as tare-fas que desenvolvían os rapaces campesiñosdaquela, axudando nos traballos da casa. Candocontaba só sete anos viaxa co seu pai a Lugo polasfestas do San Froilán e descobre por primeira veza luz eléctrica e o tren, que lle causan unha fondaimpresión.

1924-1928.- En 1924, cando ten nove anos, marcha –coasúa irmá maior e a súa nai– a Lugo para facer oexame de ingreso e cursar o Bacharelato Elemen-tal. Nesa etapa luguesa esperta o seu interese delector. Le nestes anos os habituais tebeos e algu-nhas novelas de aventuras. Interesoulle moito acolección Los Poetas, na que mercou libros poéticosde Ossián, Dante e Petrarca. Foi na pequenaescolma de poesía galega que publicara W. Fer-nández Florez, onde leu por primeira vez a Rosalíade Castro.

1928-1931.- De novo en Armea, traballa na casa familiaraxudando ós pais. Afecciónase a ler a prensa.Sofre unha pequena crise espiritual. Le con avi-

Page 13: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

13

dez algúns libros que o pai tiña na casa e outrosque el mesmo mercara en Lugo. Queda impresio-nado coa lectura de Ortega e Valle-Inclán. Unmozo amigo seu fala co seu pai e aconséllalle quenon desaproveite as calidades do rapaz para oestudio.

En 1931 marcha a Sarria, onde vive na casafamiliar dun amigo de seu pai, Pedro Cortiñas, aquen lle leva as contas e lle xestiona a correspon-dencia da súa ferraxería. Esta familia estabasubscrita ó xornal madrileño El Sol, dos máisprestixiosos daquela, e Ramón subscribiuse a ElPueblo Gallego pola tendencia galeguista destapublicación, na que leu por primeira vez a RamónOtero Pedrayo. Estas lecturas mantíñano infor-mado dos feitos máis salientables da política.

O 14 de abril de 1931 proclamouse a IIRepública. Ramón Piñeiro contaba tan só deza-seis anos e había pouco que chegara a Sarria.Durante a campaña das primeiras eleccións repu-blicanas asiste a un mitin no que participabanXulio Sigüenza, Ánxel Fole e Lois Peña Novo, esteúltimo é o que máis o impresiona co seu discursode sentimento galeguista. Daquela adoitabaseguir con grande interese a intervención dosdeputados galegos en Madrid.

No mes de xuño, na estación do tren, ve aOtero Pedrayo e Castelao, que daquela participa-ban na campaña das eleccións ás CortesConstituíntes nas que os dous conseguiron escanode diputado.

A breve etapa en Sarria significará o primei-ro achegamento ó galeguismo dun Ramón Piñeiro

Page 14: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

14

aínda adolescente que vive con admiración eentusiasmo a actividade dos galeguistas: son tem-pos de aprendizaxe e formación.

...Meu pai levoume á escola candocumprín os seis anos, porque esa era aedade legal de iniciar a escolarización. Perocando me levou á escola, eu xa sabía ler consoltura e sabía escribir en letra de impren-ta, e tamén sabía algo das catro reglas, nonlembro exactamente canto porque despoisde empezar a escola seguín practicando ascontas na casa e sempre ía máis adiantadona casa que na escola. Como é natural, omestre formou un grupo de nenos queingresabamos na escola para nos iniciar nalectura e na escritura. Como eu ía máisadiantado, aburríame cos exercicios de ler eescribir porque os facía axiña e logo, sobrá-bame tempo. Os primeiros días estaba moicontraído en min mesmo e limitábame aobservar timidamente os movimentos doescolante. Despois, cando me fun sentindomáis tranquilo, no tempo libre empecei afantasear e, sen me decatar, moitas vecesisolábame do ambiente e mergullábamenun mundo imaxinativo no que, en lugardas angueiras escolares, xurdían ideas,figuras e conversas interiores como candoestaba xogando só na miña casa, ou nahorta, ou na eira. Con frecuencia me viña ámente a preocupación do tren, pois que meintrigaba moito o feito –para min completa-mente inconcebible– de que puidese correrde seu sen cabalos que puxasen del...1

1932.- A finais do ano, despois de pasar uns meses naaldea, deixa Sarria e volve a Lugo para cursar os

1 Ramón Piñeiro, "Da miña acordanza", en Grial, tomo XXIX, nº 111,1991, pp. 346-347.

Page 15: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

seus estudios de Bacharelato Superior. En Lugoasiste ó mitin galeguista celebrado no Teatro Prin-cipal no que falan Valentín Paz Andrade, RamónSuárez Picallo e Alfonso Rodríguez Castelao, queno cativou co seu discurso. Daquela Ramón Piñeiroidentificouse co galeguismo e sentiuse un gale-guista máis, aínda que sen establecer un vínculodirecto co grupo.

Funda, en compañía doutros amigos doInstituto, as Mocedades Galeguistas de Lugo, nasque traballa como secretario de cultura. Daquelacoñece a Otero Pedrayo, a quen acompaña candoeste é convidado polo grupo para dar unha confe-rencia no Instituto. Neses mesmos anos coñecetamén a Ánxel Fole, Pepe Gaioso e Luís Pimentel,personaxes da vida cultural luguesa que el sem-pre estimou como os seus verdadeiros mestres.

1933.- A súa participación no movemento galeguistaintensifícase progresivamente; en outubro viaxa aSantiago como representante dos dirixentes gale-guistas de Lugo con motivo da reunión celebradapara deseñar a estratexia do Partido nas elecciónsque se celebrarán ese mesmo ano. Coñece perso-almente a Alexandre Bóveda e a Castelao, quen opropón como membro da comisión encargada deentrevistarse en Santiago co doutor lugués AlonsoHortas para convencelo de que encabece a candi-datura galeguista como independente pola provin-cia de Lugo. Nesta visita a Santiago coñece a LuísSeoane, quen será grande amigo de RamónPiñeiro. Visita as instalacións da Editorial Nós,na rúa do Vilar e alí coñece a Ánxel Casal eCamilo Díaz Baliño.

15

Page 16: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

16

Debido a unha doenza debe abandonar osestudios e ocupa o seu tempo libre na política.

Con motivo das eleccións daquel ano, porLugo pasaron numerosas personalidades coasque facía parladoiro no café Méndez Núñez polanoite ata ben entrada a madrugada. Daquelacoñece en Lugo a Ramón Cabanillas, quen viaxa-ra a esta cidade na busca de información sobre ocacique Pepe Benito para unha das súas obrasliterarias.

1934.- O día 25 de xullo, xunto co seu amigo MarinoDónega, asiste ó acto de ingreso de Castelao naReal Academia Galega, que se celebra pola mañáno salón de sesións do Pazo Municipal daCoruña. Nos xardíns de Méndez Núñez falan conÁnxel Casal e con Castelao, que lles amosa unexemplar da primeira edición da súa novela Osdous de sempre.

Pola tarde, xunto con outros integrantes doPartido Galeguista, viaxa a Santiago, onde ásdoce da noite ten lugar o chamado Mitin dasArengas na Praza da Quintana. Falan significa-dos galeguistas, entre eles Castelao e RamónPiñeiro; este último, a proposta de Otero Pedrayo.

Le a Teoría do nazonalismo de VicenteRisco, que lle interesa polo que ten de defensa dosintereses de Galicia. Coñecerá persoalmente aRisco en 1935, no café Roma de Ourense, peroterá pouco trato con el. Tampouco lle satisfai ple-namente a lectura de El federalismo de Pi i Mar-

Page 17: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

17

gall; sen embargo, pensa que a fórmula dun fede-ralismo que non cuestionase a unidade do Estadosería a axeitada para Galicia. Rexeita o particu-larismo e o soberanismo das teses nacionalistascomo a de Risco.

1935.- Organiza o mitin do Partido Galeguista enLáncara, que se celebra a comezos do mes dexullo. As súas palabras de presentación dos ora-dores constitúen unha afirmación de fe galeguis-ta.

O 25 de xullo participa novamente no Mitindas Arengas, en Santiago. Tamén fala no actoCastelao, daquela desterrado en Badaxoz.

...Para min non deixaba de ser miste-riosa aquela fogaxe entusiasta expresadaasisadamente polo meu amigo. [RamónPiñeiro]. Un paradoxo. Xa que, como dixen,tratábase dun rapaz tímido –polo menosaparentemente–, propenso a gardar silen-cio, que só rompía cando era estrictamentenecesario para sacar ós seus amigos dapochanca dialéctica na que se poideranmeter, especialmente falando de Galicia eda súa interpretación no eido da cultura.Eran lectores da Revista de Occidente, deCruz y Raya, de Leviatán e, desde logo Nós,sen esquecer cada dous por tres ó Ronsel,que botara en Lugo seis números no ano1924. Lían tamén a revista francesa TempsModernes e algunha alemana que agoranon lembro. Naquela hora as tertuliasaínda estaban vixentes e viñan sendo domáis pintoresco e divertido...

Page 18: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

18

...O Lugo enteiro da nosa mocidadeera un centro universitario de primeiraorde. As festas, as feiras, as aldeas dos arre-dores, as excursións, eran clase que un reci-bía de folklore, de socioloxía, de economía,de flora, de fauna, de arte e mesmo de filo-loxía. Se é que, naturalmente, o bo tempoaxudaba. Senón, as aulas que nos acollíaneran o Bar Nemesio, o Café Metropol, o CaféLugo, o Café Méndez Núñez... Pero oCírculo de las Artes era a aula magna naque se impartían e recibían leccións devaria índole, dictadas con inxenio, gracia efermosura. Relatos coma o titulado por Fole«El moucho en la alameda», máis tardeincluído en Cartafolio de Lugo, cun protago-nista, tamén lugués e poeta, dunha gracia edunha elegancia pouco comúns. Aludo aLuís Pimentel, outro amigo inesquecible,aínda que menos pintoresco e anecdótico.Era algo máis vello ca nós e moi relaciona-do co propio Fole e con Ramón Piñeiro.2

1936-1938. Participa na III Asemblea das MocedadesGaleguistas que ten lugar en Ourense (2 e 3 demaio) como representante de Lugo e Láncara.Nese mesmo mes reúnese por última vez conCastelao, co que comenta a problemática situa-ción política que se está a vivir.

No mes de xuño viaxa a Viveiro en calidadede secretario do Comité Provincial do Partido

2 Marino Dónega, "Perfil humano" en Homenaxe a Ramón Piñeiro, ACoruña: Fundación Caixa Galicia, 1991, p. 33.

Page 19: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

19

Galeguista. Acompáñao Alexandre Bóveda, quensostiña a necesidade do Estatuto para que o gale-guismo callase na opinión pública. Pola súabanda Ramón Piñeiro considera que non é omomento oportuno para o Estatuto pola falta deforza e pola pouca representatividade do PartidoGaleguista. A súa actitude é pesimista.

O 18 de xullo unha parte do exército subléva-se contra o goberno da República e comeza aGuerra Civil. En Lugo créase unha comisión per-manente formada polos partidos políticos e deacordo co gobernador civil para seguir os acontece-mentos; os representantes do Partido Galeguistason Ramón Piñeiro e Ánxel Fole. Pasan os días e asituación complícase cada vez máis, son moitos osdetidos e mesmo os asasinados (o 17 de agostoAlexandre Bóveda en Pontevedra; o 19 de agostoÁnxel Casal en Santiago...). Ramón Piñeiro é avi-sado de que se presentara unha denuncia contra elacusándoo de que estivera no goberno civil e quelevaba armas. Decide abandonar Lugo e refuxiar-se en Armea. Alí foi protexido por un falanxistalocal compañeiro de escola, como soubo moitosanos máis tarde.

O seu amigo Pepe Gayoso advírtelle da súaperigosa situación, non debe permanecer na súaaldea. A denuncia que presentaran finalmentefora retirada, pero sería máis prudente que seincorporase ó exército, xa que estaría máis segu-ro na fronte. Enrolado no bando dos sublevados,ingresa como soldado de infantería no cuartobatallón do Rexemento Zaragoza nº 30 e contasempre coa protección de Antonio Rosón.

Page 20: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

20

Na fronte supera con moita sorte algunhassituacións de grave risco. Reflexiona sobre a vio-lenta irracionalidade dos feitos, sobre a barbariedesatada na guerra. A guerra sumiuno na depre-sión e no abatemento. Fondamente afectado polosacontecementos, decide estudiar Filosofía paraentender as actitudes e conducta do ser humano.

1939.- Rematada a Guerra Civil, volve a Armea. Eseverán reúnese en Santiago con Marino Dónega eXaime Illa Couto (moitos compañeiros do partidomorreran, estaban no cárcere ou marcharan óexilio como Castelao ou Luís Seoane). Na xun-tanza houbo opinións encontradas. Xaime IllaCouto pensaba que se debía iniciar a reconstruc-ción de inmediato do Partido Galeguista, frontea Ramón Piñeiro que prefería agardar a ver cómose desenvolvían os feitos e se clarificaba a situa-ción internacional (o poder das forzas antidemo-cráticas crecía en Alemaña e Italia). En setem-bro comeza a II Guerra Mundial en Europa e oimparable avance de Hitler afouta os vencedoresda Guerra Civil española. Sería unha temerida-de tentar reconstruír o Partido Galeguista naclandestinidade.

1940-1941.- Vive en Lugo pendente dos acontecementosda II Guerra Mundial polo que poden afectar óréxime de Franco. Viaxa a Santiago e mais a Vigoe reencontra ós seus amigos do Partido Gale-guista que pensan nas posibilidades de recons-trucción do galeguismo. Fala con Marino Dónegae Illa Couto e rexeita a proposta de Ramón deValenzuela de reconstruír o Partido Galeguistatendo unicamente en conta ó bando republicano.

Page 21: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

21

Piñeiro contacta con Fernández del Riego eGómez Román –secretario xeral do PartidoGaleguista– e comeza a rolda de conversas cosgaleguistas: Plácido Castro, Ánxel Fole, Mariñasdel Valle, Carballo Calero, etc.

En agosto de 1940 matricúlase, en réxime ofi-cial, como alumno de Filosofía e Letras da Univer-sidade de Santiago. Cursará os dous primeirosanos da carreira. A finais de 1941 solicita o tras-lado de expediente á Universidade de Madrid paracontinuar os estudios de especialidade en Filosofíapura. En 1942 estará xa en Madrid cursando esesestudios.

1942.- Ramón Piñeiro trasládase a Madrid para cursar aespecialidade de Filosofía pura, pois estudiara naUniversidade de Santiago os dous primeiros anosde Filosofía e Letras.

Na capital intégrase no grupo galeguista quealí funcionaba (Álvaro Gil, Fermín Penzol, XoséRamón Fernández-Oxea e Evaristo Mosqueraentre outros), pero tamén mantiña relación connacionalistas cataláns e vascos e mesmo compartíao cuarto da súa pensión na rúa Longoria, 10, conKoldo Mitxelena. Daquela o Partido Galeguista, oPartido Nacionalista Vasco e os nacionalistas cata-láns integraban, xunto con outras organizaciónsclandestinas (PSOE, UGT, CNT, Federación Agra-ria, etc), a Alianza Nacional de Forzas Democráti-cas, que tiña como obxectivo o restablecemento daRepública, a posta en vigor dos tres Estatutos deAutonomía, o nomeamento dun goberno de coali-ción que convocase eleccións constituíntes e aestructuración federal do Estado.

Page 22: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

22

1943-1944. Os norteamericanos liberan Italia; pola súabanda, os rusos interrompen o avance de Hitlerna Unión Soviética.

Os partidos políticos clandestinos restable-cen as súas actividades, posto que observaban anova situación e esperaban que Hitler e Musso-lini foran derrotados e que se restauraría a demo-cracia mesmo en España.

Ramón Piñeiro reúnese en Vigo con Ramónde Valenzuela, quen comezara a reconstruccióndo Partido Galeguista na órbita da Unión Nacio-nal que controlaban os comunistas, pois era daopinión de que a Unión Soviética sairía moi refor-zada da guerra pola súa contribución decisiva naderrota do nazismo e fascismo. A opinión deRamón Piñeiro era máis prudente. Dunha banda,a reconstrucción do Partido Galeguista corres-pondíalle ó seu secretario xeral, Manuel GómezRomán, (quen xa o puxera en marcha xunto conoutros correlixionarios como Francisco Fernán-dez del Riego) e doutra, aínda que a contribucióndos soviéticos na derrota de Hitler fora moiimportante, tamén o fora a dos americanos, logonon parecía probable que estes deixasen tantoprotagonismo a Stalin na Europa que saíse doconflicto.

Reúnese posteriormente con Xaime Illa Couto,Servando Gómez-Aller de la Vallina, Francisco Fer-nández del Riego e Manuel Gómez Román, ós queinforma da súa relación con Ramón Valenzuela edos propósitos deste. Acordaron que RamónPiñeiro reiniciase os contactos cos galeguistas máissignificados para coñecer a situación e os membros

Page 23: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

que estaban dispostos a reiniciar o compromiso coPartido Galeguista. Deciden crear un Comité Exe-cutivo constituído polo mesmo Ramón Piñeiro,Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román,Plácido Castro e Francisco Fernández del Riego.

Ramón Piñeiro frecuenta, en Madrid, o fala-doiro galeguista do café La Granja del Henar,xunto con Ben-Cho-Shei, Evaristo Mosquera,Álvaro Gil e Fermín Penzol. Será Fermín Penzol oseu colaborador nos comezos da actividade polí-tica na clandestinidade que en 1943 emprendeRamón Piñeiro e nas reunións con políticos cata-láns e vascos da oposición. Ramón Piñeiro, anosdespois, aconsellaría establecer en Vigo a Funda-ción Fermín Penzol (coa súa valiosísima biblio-teca) que sería, ademais, accionista maioritariade Galaxia.

Vive o esmorecido ambiente intelectual dauniversidade madrileña. Dos seus profesoreslembrará unicamente a García Morente; das lec-turas, a Introducción a la Filosofía de A. Müller.

Interesado pola política galeguista desenvol-vida en Bos Aires na clandestinidade e a travésdos vascos conecta con Castelao, que envía cartasa Paz Andrade e Otero Pedrayo. Contacta coaAlianza Nacional de Forzas Democráticas e refor-za a presencia dos galeguistas na oposición demo-crática contra o franquismo. Intensifica as rela-cións cos grupos vasco e catalán do interior e doexilio, segundo o acordo tomado na asembleagaleguista de 1943, celebrada en Coruxo na casade Fernández del Riego.

23

Page 24: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

A proposta inglesa de restaurar en España ademocracia baixo a fórmula monárquica, a nece-sidade de que Castelao deixara o exilio e se incor-porara á política galeguista no escenario europeoe a carencia dunha representación galega nogoberno republicano no exilio presidido en Paríspor José Giral (ausencia que os galeguistas pen-saban subsanar propoñendo a Castelao comoministro daquel goberno) determinarán a viaxede Ramón Piñeiro a París.

1945.- A derrota do nazismo e do fascismo en Europaaumenta as esperanzas de que se repoña a demo-cracia en España. O goberno americano taménera partidario da restauración da República. ODepartamento de Estado encárgalle a José Anto-nio Aguirre poñer de acordo os distintos sectoresrepublicanos enfrontados entre si. O 17 de agostode 1945 tivo lugar unha reunión nas Cortes deMéxico dos deputados españois do exilio. Nome-ouse presidente da República a Diego MartínezBarrio, que lle encargou a José Giral que formasegoberno. Pola súa banda, o Ministerio Británicode Asuntos Exteriores pensaba que se debía res-pectar o resultado da Guerra Civil española, xaque o apoio ós vencidos significaría o alongamentodo conflicto. A proposta que fixeron á AlianzaNacional de Forzas Democráticas consistía na res-tauración da monarquía parlamentaria, procla-mando rei a don Juan de Borbón e excluíndo oxeneral Franco da vida pública española.

Ramón Piñeiro sostivo que non debían nego-ciar cos británicos sen comunicarllo antes ás for-

24

Page 25: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

zas republicanas exiliadas, pois eles eran os máislexítimos defensores da política democrática.Convocouse entón unha reunión en París, sede donovo goberno de Giral, do que formaban parte unministro catalán (de Acción Republicana deCataluña, Nicolau d‘Olwer) e un vasco (do PartidoNacionalista Vasco, Manuel de Irujo); os galeguis-tas tamén solicitarían o nomeamento dun repre-sentante seu nese goberno e propuxeron aCastelao.

1946-1948. No mes de marzo de 1946 viaxa a Franciaclandestinamente co obxectivo de convencer aGiral para que incluíse un ministro galego–Castelao– no seu goberno e para coñecer os seusproxectos e medios dos que dispuñan para res-taurar a democracia en España. A proposta deCastelao para ministro presentaba dous inconve-nientes; dunha banda, a inimizade persoal entreel e o presidente Giral, e doutra, que este últimoxa contaba con outro candidato para o posto,Manuel Portela Valladares, a quen apoiaban oscomunistas do exilio e o vasco José Antonio deAguirre, quen o consideraba unha figura máisaxeitada para reforzar o difícil papel do gobernono exilio ante as chancelerías do estranxeiro.Giral declinou a posibilidade inmediata deampliar o seu goberno e expuxo que os seus pro-xectos eran restaurar a República mediante fol-gas, trasladar o goberno de París a Madrid, con-vocar un referendo para que o pobo decidira entrea monarquía ou a república, elaborar un censo ecelebrar eleccións. Sen embargo, admitiu non terconseguido o apoio diplomático de ningún país, sóa simpatía de Francia.

25

Page 26: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

26

Profundamente desolado, Ramón Piñeirovolve a España aló polos primeiros días de abril,coa idea de elaborar a alternativa democráticadende España, pois no exterior semellaba máisque problemática. O 9 de abril de 1946 asiste ófaladoiro do café La Granja del Henar, onde seatopa con Fermín Penzol, Álvaro Gil, EvaristoMosquera e outros compañeiros do PartidoGaleguista. Nesta reunión comunícalles que ía óCafé Pidoux, onde pensaba ver uns amigos.Tentaron disuadilo, pois era perigoso ir a aquellugar de reunión habitual de elementos da oposi-ción clandestina, pero el acudiu a reunirse naquelcafé da Gran Vía madrileña con outros membrosda Alianza Nacional de Forzas Democráticaspara deseñar a estratexia política a seguir tralaviaxe a París e a súa entrevista con Giral. A poli-cía, que seguía a un membro da CNT dendeBarcelona, entra no café e detén a varios dos reu-nidos, aínda que algúns deles puideron fuxir. Naredada foran detidos tamén os irmáns Cesáreo eCamilo Saco, galeguistas de Monforte de Lemos,e o nacionalista vasco Koldo Mitxelena.

Desde o mesmo día da detención estiveroninternados nos calabozos da Dirección Xeral deSeguridade na Porta do Sol. Ramón Piñeiro per-manece alí vinteseis días. O 5 de maio ingresa naPrisión Central de Alcalá de Henares e posterior-mente é condenado por un consello de guerra aseis anos de prisión que cumpriu en parte noscárceres de Alcalá de Henares, Yeserías e Ocaña.

Xa no cárcere, a muller de Xosé Ramón Fer-nández-Oxea, Isabel Algara, que era funcionariado Ministerio de Xustiza, era o seu contacto co

Page 27: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

exterior, finxindo entre eles un parentesco inexis-tente. Nas cartas que lle escribía a Isabel –en rea-lidade relación epistolar cos galeguistas do exte-rior como Otero Pedrayo– explicáballe o sucedidopara informar os amigos e reforzar a declaraciónque fixera ante a policía, pois estas ían ser lidaspola censura. A súa estancia na cadea dedicounaás numerosas lecturas fornecidas polo seu amigoFermín Penzol e a realizar traballos de tipo cultu-ral; por exemplo, dáballes clase ós demais presos.

Cae o goberno republicano no exilio que pre-sidía Giral substituído polo gabinete de RodolfoLlopis, que de acordo co goberno inglés tenta res-taurar en España a democracia baixo a fórmuladunha monarquía parlamentaria. Castelao rexei-ta a iniciativa e queda fóra do goberno de Llopis.O Partido Galeguista na clandestinidade envía aCastelao un informe no que se indica o perigo dequedar fóra do xogo político, informe redactadopor Fermín Penzol, pero atribuído a RamónPiñeiro. Castelao non acepta o informe e, en 1947,envía a Rodolfo Prada para que visite a Piñeiro nocárcere. Pero as discrepancias entre o galeguismodo interior (do que Piñeiro é destacado dirixente)e do exterior na emigración (que Castelao encabe-za) non se solucionan e aínda se agravarán des-pois da morte de Castelao en xaneiro de 1950.

1949.- No mes de marzo sae do cárcere cunha importan-tísima perda de visión, pero incorpórase á activi-dade galeguista na clandestinidade. O panorama édesolador. O goberno de Giral, do que Castelaochegou a ser ministro, caera en decembro do ano1946 debido ós enfrontamentos internos, de xeito

27

Page 28: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

28

que a loita política pola restauración da demo-cracia fracasara. Mentres, a situación de Francose estabiliza: no ámbito internacional o gobernofrancés abre de novo a fronteira en 1948 e firmaun acordo comercial con Madrid; algúns bancosdos Estados Unidos concédenlle cretos ó gobernoespañol. No ámbito nacional, a entrevista entreFranco e don Juan de Borbón no verán de 1948contribúe a dificultar o plan británico para res-taurar a monarquía parlamentaria e con ela ademocracia.

Instálase coa súa muller, Isabel LópezGarcía, en Santiago de Compostela, no cuartopiso do número 15 da rúa Xelmírez, onde viviráata o seu pasamento en 1990.

Co pseudónimo Luis Veiga do Campo, publi-ca no "Suplemento del sábado" de La Noche, deSantiago de Compostela, o artigo "A poesía deLuís Pimentel" (12-XI-1949). Co mesmo pseudó-nimo colabora no semanario portugués SearaNova, onde en 1952 aparece o seu artigo"Perspectiva galega do problema peninsular".

Galaxia foi... Froito da experiencia ereflexión do núcleo galeguista que actuouclandestinamente durante os anos 40 parafacer presente dentro da oposición demo-crática ó réxime a reivindicación dos derei-tos de Galicia. En chegando o ano 50–explícanos Ramón, protagonista principaldaquela actividade que o levou á cadea,xunto cos irmáns Saco López, onde estive-ron máis de tres anos, de 1946 a 1949–, xase botaba de ver que os esforzos realizadosdesde a clandestinidade non podían modi-ficar o curso da situación vixente, mentres

Page 29: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

o paso dos anos ía profundizando a desga-leguización das novas xeracións. Situacióncertamente avesía que reclamaba do gale-guismo un desdobramento de actividades:por unha banda, proseguir a súa presenciareivindicativa dentro da oposición clandes-tina, por outra banda iniciar unha presen-cia pública para espertar a concienciagalega nas novas xeracións, desgaleguiza-das pola presión ideolóxica estatal.

Para levar a cabo esta segunda acti-vidade –achegarse ás novas xeracións eespertar nelas a conciencia galega–, nonhabía outro camiño que o cultural.Certamente que era moi estreito, moi limi-tado nas súas posibilidades inmediatas;pero, naquela altura, non había outro. Eranecesario emprender a longa andaina caraa un horizonte firme no ideal, pero indefi-nido na súa perspectiva temporal. A carónda batalla sotarega da oposición clandesti-na era preciso emprender a batalla públicada actividade cultural. E así se decidiu.

Instrumento e cobertura para estabatalla político-cultural foi a EditorialGalaxia, asociando nela a tódolos militan-tes e simpatizantes galeguistas, e figuran-do entre os seus dirixentes, elixidos naasemblea do Hotel Compostela, o arquitec-to don Manuel Gómez Román, secretarioxeral do Partido Galeguista, e FranciscoFernández del Riego, que o fora do primei-ro Consello da Federación de MocedadesGaleguistas...3

29

3 Xaime Isla Couto, "Ramón e Galaxia", en Homenaxe a RamónPiñeiro, A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991, p. 53.

Page 30: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

30

1950.- O 25 de xullo nace a Editorial Galaxia nun xan-tar-asemblea que xuntou a moitos galeguistasnos baixos do hotel Compostela en Santiago.Ramón Piñeiro non puido asistir ó acto por ato-parse en Santander para operarse de cataratasno hospital de Valdecilla. Cobra forma o proxectode fundar unha editorial, apoiado por Xaime IllaCouto, Fernández del Riego, Manuel GómezRomán e outros, entre eles Ramón Piñeiro, aíndaque este nun primeiro momento se amosara reti-cente coa viabilidade do proxecto e os atrancos detipo administrativo que prevía ían xurdir. Oobxectivo era darlle cobertura legal ó galeguismoe, deste xeito, aqueles militantes que rexeitabantemerosos as actividades ilegais terían unha pla-taforma legal dende a que loitar pola cultura emoi especialmente pola lingua do país. Iníciase apublicación de libros básicos que acheguen ásociedade galega a súa propia realidade cultural.Edítase a Histoira da literatura galega de Fran-cisco del Riego, a Historia de Galicia de Risco eposteriormente a Gramática del gallego comúnde Ricardo Carballo Calero. Pero a recuperaciónda realidade cultural debía ir acompañada doestudio doutros aspectos, fundamentalmente aeconomía, polo que se comeza a publicar aRevista de Economía de Galicia, dirixida porXaime Illa Couto, e mesmo se crea unha colecciónpara novas publicacións sobre o tema.

Os fundadores de Galaxia tiñan vontadeintegradora, o seu proxecto debía incorporar asfiguras consagradas do galeguismo antes da Gue-rra Civil (Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco,

Page 31: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

31

Florentino López Cuevillas, Castelao, Cabanillas,etc.) e aqueles intelectuais de Galicia que aíndaestaban fóra dos círculos galeguistas (DomingoGarcía-Sabell, Celestino Fernández de la Vega,Juan Rof Carballo, Luís Pimentel, etc.), perotamén garantir o futuro incorporando as novasxeracións, para o que se crea unha nova colección–titulada Illa Nova– que se converterá no vehí-culo editorial dos mozos nacidos despois da gue-rra e ata daquela desvinculados da tradición his-tórica do galeguismo.

Calla tamén a idea de publicar unha revistae nace así a Colección Grial, que padece múltiplesatrancos administrativos naquela etapa do fran-quismo. Isto explica que se publicara, inicialmen-te, en forma de cadernos numerados de caráctermonográfico, que se editaban como obras colecti-vas para que non os considerasen como númerosdunha mesma publicación periódica.

Comeza Ramón Piñeiro a súa xeira de viaxesa Barcelona. Entre este ano e 1975 fixo arredorde vinte viaxes á capital catalana para establecere reforzar contactos políticos e desenvolver activi-dades culturais. Mantivo fonda amizade con polí-ticos cataláns, sobre todo con Miquel Coll i Alen-torn, que logo sería presidente do Parlamentcatalán. No Centro Galego de Barcelona, presi-dido por Manuel Casado Nieto, deu varias confe-rencias e tivo entrevistas con significados catala-nistas. Nesta tarefa de coñecemento e achega-mento galego-catalán contou coa colaboración deFermín Penzol, Xaime Illa Couto e Fernández delRiego.

Page 32: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

A partir deste ano 1950 a orientación quemanifestou o galeguismo foi fortemente criticadapolos galeguistas do exterior. O Consello de Gali-cia de Bos Aires criticaba os galeguistas do inte-rior e sostiña que a única fórmula política acep-table para o futuro era a República, como sempredefendera Castelao fronte ós galeguistas que que-daran en Galicia. Pola contra, estes, xunto cosnacionalistas vascos e cataláns, os socialistas e oscenetistas, vían cada vez máis difícil a restaura-ción da República e pensaban que o importanteera a recuperación da democracia e non a formade goberno do futuro réxime. Ademais, os gale-guistas do interior non aceptaban a posibilidadede que o Consello de Galicia se transformase noverdadeiro ou superior goberno do galeguismo, eestimaban que a dirección debería ser exercidadende a mesma Galicia. Entre ámbalas dúas par-tes sempre se mantiveron as boas relacións,aínda que cada unha tivese un posicionamentofirme e distinto sobre cál debía ser o camiño aseguir para desenvolver o seu traballo a prol dogaleguismo.

1951.- Aparece no mes de abril o primeiro caderno daColección Grial –co título de "Presencia de Gali-cia"– no que Ramón Piñeiro publica o seu artigo"Significado metafísico da saudade", que causafonda impresión no ámbito cultural galeguista.En xullo dese mesmo ano este artigo foi reprodu-cido na Revista Filosófica, editada en Coimbrapolo profesor Joaquím de Carvalho. Volverá sobrea saudade –clave da identidade do sentir galego–en sucesivos traballos e reunirá todos –cinco en

32

Page 33: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

total– no libro Filosofía da saudade (Galaxia,1984). Anos máis tarde, en 1988, redactará a voz"saudade" para a Gran Enciclopedia Gallega.

O 6 de xuño Juan Aparicio, director do xor-nal Pueblo, escribe unha carta aberta ó ministroRaimundo Fernández Cuesta onde mostra a súairritación pola había pouco iniciada ColecciónGrial e outras manifestacións públicas das cultu-ras non oficiais. O artigo, extremadamente vio-lento, chega a ameazar a Ramón Piñeiro. Poucodespois Aparicio foi nomeado Director Xeral dePrensa e dende este cargo suspende a colección epon múltiples impedimentos para publicar a tra-ducción galega do pequeno texto de M. Heideggerque preparaban Celestino Fernández de la Vega eRamón Piñeiro e que non podería ver a luz atatempo despois.

Ese mesmo ano recibe o premio de traduc-ción da Editorial Bibliófilos Gallegos de Santiagode Compostela pola traducción ó galego –en cola-boración con Celestino Fernández de la Vega– doCancioeiro da Poesía Céltiga (Alt-keltische Dich-tungen) de Julius Pokorny. A obra aparece publi-cada en 1952 pola editorial que convocara o pre-mio.

Ramón Piñeiro realizaba o labor de relacio-nar un elevado número de galeguistas de todaGalicia para informarlles das actividades e logrosacadados e crear deste xeito unha conciencia degrupo integrado nun proxecto común. A finais dosanos 50 existe un núcleo galeguista artellado óredor de Ramón Piñeiro e o proxecto político-cul-tural de Galaxia. Pensando no futuro, os respon-

33

Page 34: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

34

sables de Galaxia tiñan un interese especial enincorporar os mozos universitarios á vida cultu-ral galega. A ese labor dedicou Ramón Piñeiromoito tempo, entusiasmo e paciencia, recibindodurante anos na súa propia casa da rúa Xelmírezde Santiago, convertida nunha especie de semi-nario permanente, a centos de estudiantes daUniversidade compostelá que eran captados porRamón Piñeiro para que elixisen libremente oseu camiño dentro do galeguismo segundo assúas inquietudes. O que el pretendía era queaqueles rapaces adquirisen conciencia galega eque despois cada un deles, en función das súasactitudes, a súa vocación e a súa vontade, decidi-sen o grao de compromiso que estaban dispostos aadquirir co país. Ese labor de galeguización damocidade universitaria e a dirección de Galaxiaforon as tarefas prioritarias de Ramón Piñeiro nosanos cincuenta e sesenta.

1952.- Publica o artigo "A saudade en Rosalía", integra-do no volume colectivo 7 ensaios sobre Rosalía queGalaxia dedicou ó estudio da poeta e onde taméncolaboran Carballo Calero, Rof Carballo, García-Sabell, Carlos Maside, Celestino Fernández de laVega e Jacinto de Prado Coelho.

1953.- Aparece o seu traballo "Para unha filosofía da sau-dade" incluído no libro colectivo La Saudade quepublica a editorial Galaxia e no que se recollendiferentes estudios sobre o tema.

...No cadro así delimitado inscríbesede modo natural a concepción piñeirana dasaudade. Esta representa, por un lado, a

Page 35: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

35

vivencia "única e indiferenciada" que preci-sa o novo clima non-lóxico, e, por outro,ofrece a ancoraxe antropolóxica que esa filo-sofía precisa, pero que segundo Piñeiro nonposúe senón que só anticipa metafisicamen-te. Sobre todo o primeiro punto resulta deci-sivo para a caracterización concreta da sau-dade.

A saudade é ante todo sentimento, cocal queda acoutada como ámbito específicodirixido ó mundo interior do home, fronte óentendemento e á vontade, que remiten ómundo exterior. De paso, serve tamén parareforzar a intención identificadora: fronteós gregos, centrados no entendemento e ósalemáns, na vontade, a cultura galaico-por-tuguesa vive na terceira facultade, no sen-timento.

Pero, como o mostra o seu carácter"inefable" e "misterioso", trátase dun sen-timento sen referencia concreta, dun purosentir. Co cal distínguese de tódolosdemais sentimentos sempre caracteriza-dos polo obxecto ó que remiten e polomesmo non aptos para a radical ancoraxemetafísica: velaí asegurada a nosa partici-pación á cultura universal, pois só a tradi-ción galaico-portuguesa cultivou de modointenso ese puro sentir. Ó mesmo tempoqueda prefigurada a concepción da sauda-de, pois a carencia de obxecto concreto per-mite delimitar a súa esencia.

Page 36: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

36

En efecto, a saudade, posto que nonsente nada externo ó home, está indicandoque o que sente é o home mesmo: a nosasingularidade, a nosa soidade ontolóxica...

Con esto Piñeiro tiña asegurado ofundamental. Pero quedaba aínda unhanota definitoria: a referencia ó Ser. Xustoporque é soidade, a saudade éo de algo; asaber, da plenitude da que participa peroque non é, da que se sente isolada e quepolo mesmo apetece: do Ser. De aí a oscila-ción de Piñeiro entre falar de "soidade" ou–creo con moito maior acerto– de "singula-ridade", e do seu perenne e xusto esforzopor conxuntar ambas denominacións...4

1954.-Frecuenta o faladoiro galeguista dos baixos doHotel Compostela, en Santiago. Fálase de libros,exposicións, concertos e outros temas. Xosé MªBeiras, Ramón Lugrís, Franco Grande, Carlos A.Baliñas, García-Sabell, Méndez Ferrín e RamónLorenzo asisten ás xuntanzas, polas que decando en vez pasaban Otero Pedrayo, Borobó ouAquilino Iglesia Alvariño:

...Pero quen non faltaba nunca e, sinfacerse notar, levaba a "dirección espiri-tual" era Piñeiro...5

4 Andrés Torres Queiruga, "Ramón Piñeiro: A saudade elevada arango metafísico", en Homenaxe a Ramón Piñeiro, A Coruña:Fundación Caixa Galicia, 1991, p. 115.5 Carlos A. Baliñas, "O recanto da Filosofía", en Ramón Piñeiro y sucircunstancia, Madrid: GRUGALMA, 1993, p. 6.

Page 37: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

37

1955.- Envía a comunicación "A Filosofía e o Home" ó ICongreso Nacional de Filosofía celebrado enBraga. Este texto será publicado posteriormentenas actas do congreso e no seu libro Filosofía dasaudade.

O faladoiro do Hotel Compostela pasa ó CaféEspañol, na rúa do Vilar, e agora a figura centralé Otero Pedrayo, que engaiola a todos co seupoderío verbal e a súa prodixiosa memoria.Asisten Ramón Piñeiro, Franco Grande, BouzaBrey, Río Barja, Gonzalo R. Mourullo, ÁlvaroCunqueiro, Fernández del Riego, CarballoCalero, Daniel Cortezón, Méndez Ferrín, PargaPondal, Ferro Couselo, Carlos Maside e outros,con máis ou menos frecuencia. Otero falaba moitode Risco e de Castelao.

Ramón Piñeiro promove activamente o gale-guismo, a conciencia galega entre os máis mozos.Pon á súa disposición a súa biblioteca particular,apoia os artigos que sobre política internacionalescribe Ramón Lugrís en La Noche, abre no fala-doiro o debate de temas político-culturais deactualidade, orienta os escritos editoriais daRevista de Economía de Galicia e prolonga asconversas no seu piso, no nº 15 da rúa Xelmírez,cos mozos que asistían ós faladoiros, etc.

1956.- Redacta o relatorio titulado "A defensa do idioma,vencello espiritual de tódolos galegos", presenta-do no Primeiro Congreso da Emigración Galegacelebrado en Bos Aires para conmemorar o cente-nario do Banquete de Conxo. O traballo figuraavalado coas sinaturas de Ramón Cabanillas,Ramón Otero Pedrayo, J. Rof Carballo, Domingo

Page 38: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

38

García Sabell, Ricardo Carballo Calero, CelestinoFernández de la Vega, Francisco del Riego eXaime Illa Couto.

Ramón Piñeiro concibira a idea da elabora-ción dun "Gran Diccionario da Lingua Galega",para o que sería necesario un labor documentalprevio, destinado a recoller tanto o léxico históri-co e literario como a fala viva. O órgano encarga-do de realizar esta tarefa sería un Padroado daLingua Galega, que se ocuparía de artellar a ade-cuación dos medios técnicos. O Padroado estaríaintegrado por elementos representativos da emi-gración e mais de Galicia. Os galeguistas do inte-rior estableceron comunicación cos da emigra-ción, pero o proxecto non obtivo éxito.

Escribe o limiar do libro de Daniel Cortezón,As covas do rei Cintolo, publicado en Vigo polaeditorial Galaxia.

Xunto con Celestino Fernández de la Vega éo responsable da traducción, introducción e notasdo ensaio do filósofo alemán Martin Heidegger,Von Wessen der Wahrheit, en galego Da esenciada verdade, editado tamén por Galaxia.

1957.- Na asemblea celebrada en Santiago e que presi-dían Otero Pedrayo, Cabanillas e Gómez Román,con asistencia de representantes do galeguismona emigración, presenta a ponencia "Nova orien-tación do galeguismo", onde recoñece o fracasodas actividades políticas democráticas na clan-destinidade e sinala que é no terreo cultural ondese está a producir a loita política do galeguismo cofranquismo, rexeitando a posición do galeguismo

Page 39: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

39

na emigración, ancorado na defensa da Repúblicae do Estatuto.

1958.- A editorial Galaxia publica o volume I doDiccionario Enciclopédico Castellano-Gallego deEladio Rodríguez González, que constará de trestomos, producto dun esforzo laborioso e empeñocase teimudo de Ramón Piñeiro por rescatar estaobra inédita do que fora distiguido poeta e presi-dente da Real Academia Galega. No 1960 apare-cerá o II tomo e, posteriormente, o III no 1961. Omesmo Ramón Piñeiro preparou o Apéndice desteDiccionario.

No nº 10 (Ferrol, 1958) de Aturuxo, "Revistade poesía y crítica", monográfico dedicado a LuísPimentel, publica o artigo "Galicia e Rosalía napoesía de Luís Pimentel". No mesmo número, contextos dedicados ó poeta lugués, colaboranCarballo Calero, Manuel María, Aquilino IglesiaAlvariño, Cunqueiro, Luz Pozo, Ánxel Johán,Mario Couceiro, Eduardo Moreiras e outrosnomes salientables.

Seguramente foi Pimentel o escritor sobre oque escribiu con máis frecuencia. Artigos da súaautoría arredor do escolleito lírico lugués apare-ceron en diferentes medios de prensa como LaNoche (Santiago), Gaveta (A Coruña), Galicia(Bos Aires), Galicia Emigrante (Bos Aires), Nor-dés (A Coruña), etc. En 1990, cando se lle dedicaa Pimentel o Día das Letras, colabora con novasachegas nas publicacións da Real AcademiaGalega e de Edicións Xerais sobre o poeta.

Page 40: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

40

1959.- Escribe o limiar ó libro 50 dibuxos de Maside,publicado por Galaxia.

1961.- Prologa o libro de Xosé Luís Méndez Ferrín, Ocrepúsculo e as formigas, que publica a editorialGalaxia.

1962.- Na súa tarefa de conciliar os galeguistas deGalicia cos da emigración (cos que discrepara notipo de actuación ou de praxe política a partir doremate da guerra civil), envía un informe ós gale-guistas de Bos Aires –partidarios de manter alá oConsello da Cultura promovido por Castelao– noque solicita a súa colaboración e axuda paradesenvolver a estratexia galeguista no interior. Acolaboración non chegou e as discrepancias conti-nuaron.

1963.- O 5 de maio inaugúrase oficialmente a BibliotecaPenzol. Ramón Piñeiro aconselláralle ó seu amigoFermín Penzol o emprazamento en Vigo daFundación, pois nesta cidade non había ningu-nha biblioteca galega importante.

Chegado Manuel Fraga ó Ministerio de Infor-mación e Turismo, autorízanse algunhas publica-cións caracterizadas polo seu posicionamento crí-tico fronte ó réxime: reaparece Revista de Occi-dente, comeza a súa xeira Cuadernos para el Diá-logo, fundada e dirixida polo exministro JoaquínRuiz Jiménez e, no ámbito galego, Galaxia acadaa autorización para a edición dunha revista–Grial– de periodicidade trimestral. No mes desetembro imprímese esta revista. Os seus directo-res pretendían reafirmar a apertura cultural aEuropa; dunha banda, coa evocación do camiño

Page 41: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

41

francés –Galaxia– e doutra –Grial– coa referenciaá lenda artúrica. Grial aparece co subtítulo«Revista galega de cultura». Aínda que fora desig-nado como director un xornalista, a verdadeiradirección exercíana Ramón Piñeiro e FranciscoFernández del Riego, que só cesaron na súa tarefacando se celebrou o vixésimo quinto aniversarioda súa aparición, con cen números editados. Arevista supuxo, en palabras do propio Piñeiro:

...De seguido se converteu nunharevista de prestixio, dentro e fóra do país,na que colaboraron xentes de todas as ide-oloxías do galeguismo e que levou a cabo unlabor tanto de estudio da realidade galega,como de información da cultura exterior,seguindo a filosofía aperturista da que xatemos falado...6

Ó longo deses vintecinco anos de codirecciónde Grial escribiu para a revista un total decorenta e tres colaboracións, ben de carácterensaístico, ben de tipo crítico ou epistolar.Comentou libros de García-Bodaño, Neira Vilas,Méndez Ferrín, Basilio Losada, Cunqueiro,Carballo Calero, Fole, Vicente Risco, etc. Nonúmero 100 (1988) publicou o artigo "25 anos deGrial". A súa derradeira colaboración apareceuno número 103 (1989) –monográfico dedicado aMartin Heidegger– co título "Heidegger na cultu-ra galega".

6 Ramón Piñeiro, Da miña acordanza (Memorias), Vigo: Galaxia /Fundación Caixa Galicia, 2002, p. 118.

Page 42: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

42

Prologa o libro de Ramón Lugrís, VicenteRisco na cultura galega, publicado por Galaxia.

O día 7 de xullo, os académicos OteroPedrayo, Carballo Calero e Xulio Rodríguez Yordipresentan a candidatura de Ramón Piñeiro á RealAcademia Galega para cubrir a vacante deixadapor Manuel Banet Fontenla. Informan favorable-mente a proposta Antón Fraguas, Fernández delRiego e Otero Pedrayo. O día 29 de nadal é elixidopor unanimidade membro numerario da RealAcademia Galega. Ata catro anos máis tarde nontivo lugar a recepción solemne (25 de novembro de1967) na que le o discurso de ingreso "A lingoaxe ias língoas", onde fai unha profunda análise daimportancia das linguas en tódolos eidos da cul-tura dun país e en especial do problema da linguagalega.

1964.- Nace a Unión do Pobo Galego, froito da división engrupos xuvenís do movemento galeguista, atadaquela unido baixo a dirección de RamónPiñeiro.

Seguindo o modelo que funcionaba enEuropa, Ramón Piñeiro sostiña que as forzas polí-ticas emerxentes trala instauración da democra-cia ían ser o Partido Comunista –xa existente–, oPartido Socialista e un Partido Demócrata Cris-tián. Daquela propiciou a fundación dos dous últi-mos coa intención de que esas forzas xa funciona-sen en Galicia organizadas polos galeguistas enon dirixidas dende Madrid, pero non consegui-ron implantarse con solidez na sociedade galega.

1966-1970. Imparte cursos de verán no MiddleburyCollege de Vermont (Estados Unidos), invitado

Page 43: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

43

por Emilio González López. Fala sobre Unamuno,Ortega y Gasset e o pensamento e a sociedadeespañola no século XVIII. Viaxa por EstadosUnidos. Reencontra a dous amigos e compañeirosdo cárcere, Nicolás Sánchez Albornoz e JuanGarcía Durán. Imparte un total de cinco cursos,un por ano. A súa dona, Isabel, dá clases de con-versa en español ós estudiantes norteamericanos.En 1966 asiste ó VI Coloquio Internacional deestudios Luso-Brasileiros celebrado nas universi-dades de Harvard e Columbia No ano 1970 pasaGonzález López á situación de xubilado e, enadiante, xa non pode convidar a Ramón Piñeiro,que non volverá ós Estados Unidos.

Nas súas estadías en Norteamérica aquelesanos, visitou Nova York, Atlanta, Xeorxia,Conneticut, Rochester e West Point, pero foron asFervenzas do Niágara o espectáculo da naturezaque máis o emocionou. En 1970 escribe a ÁnxelFole unha carta (incluída en Olladas no futuro)na que dá conta destas viaxes.

O día 25 de novembro de 1967 ingresa naReal Academia Galega co discurso “A Lingoaxe ias língoas”; o encargado de responderlle éDomingo García-Sabell. O texto do discurso foipublicado pola editorial Galaxia. Posteriormentefoi reeditado polo Consello da Cultura Galega,con carácter póstumo, no ano 1994.

1970.- Colabora estreitamente co doutor Agustín SixtoSeco, que preside a xunta de goberno do PadroadoRosalía de Castro, creado en 1947. Dez anos des-pois, no 1980, continuará a prestar axuda ó dou-tor ferrolán que agora preside a Fundación Otero

Page 44: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

44

Pedrayo, da que Ramón Piñeiro colaborará naredacción dos Estatutos. A Fundación farase cargoda doazón do Pazo de Trasalba –que figuraba notestamento de Otero Pedrayo– á editorial Galaxiapolo seu esforzo a prol da cultura galega.

1971.- É un dos participantes na proposta de unifica-ción morfolóxica da lingua dirixida á RealAcademia Galega para a súa discusión. Esta pro-posta constituirá o xermolo do que serán asNormas ortográficas e morfolóxicas do galego.

Participa na Semana Cultural de Galicia ePortugal organizada en Coimbra pola Universi-dade da cidade e a Real Academia Galega.

...Pero é no seu Discurso de ingresona Academia, “A lingoaxe i as lingoas”,onde formula de maneira rigorosa en quéradica ese valor esencial da lingua comoelemento definidor dun pobo.

A linguaxe é unha facultade exclusi-vamente humana. Pola lingua, ó contrariodas outras especies biolóxicas, o home libé-rase da realidade sensorial que o rodeaporque a palabra actúa como representa-ción simbólica da realidade mesma. E coneso libérase tamén da dependencia do pre-sente (pode pola fala trasladarse ó pasado);libérase da dependencia instintiva da espe-cie (non opera necesariamente co autono-mismo instintivo das outras especies ani-mais); e libérase tamén da dependenciapsicolóxica coa colectividade (porque aíndaque é un ser social pode realizarse comoindividuo dentro dela). «Pola palabra o

Page 45: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

home converte o medio en mundo. Omundo é, en rigor, unha creación do home.Mentres que o medio é unha realidadedada, o mundo é unha realidade creada».Ora, esta realidade, exterior e interior, é enprincipio un caos, un continuum que sópola nominación se fragmenta en unidadesdiscretas; é pola palabra como convertemoso caos en orde. (O exemplo clásico quemanexan os lingüistas é o do espectro dascores, realidade que é analizada en unida-des distintas en cada lingua). A linguamesma non é pola súa parte algo que per-tenza ó herdo biolóxico do home, nin é tam-pouco algo que cada home tén que inventarex novo cando empeza a falar; é unha crea-ción cultural transmitida, estable e cam-biante á vez. É precisamente por cambian-te polo que a linguaxe se realiza historica-mente nas linguas concretas. Por eso ondehai unha lingua hai unha cultura orixinal.Entón, se a realidade é un caos e unha lin-gua é unha representación simbólica desarealidade xa que cada palabra designa demodo arbitrario un fragmento dese conti-nuum, cando aprendemos a falar aprende-mos unha maneira de pensar o mundo.Velaquí o profundo significado antropolóxi-co que tén unha lingua; velaí tamén en quéconsiste o «círculo máxico que traza cadalingua ó redor do pobo que a fala» (idea deHumboldt que Piñeiro suscribe).7

45

7 Antón Santamarina, "Piñeiro e a lingüística", en Homenaxe a RamónPiñeiro, A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991, pp. 144-145.

Page 46: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

46

1973.- Escribe o prólogo ó libro de Eduardo Menéndez-Valdés Golpe, Separatismo y unidad (una unifica-ción histórica), publicado en Madrid pola editorialSeminarios y Ediciones.

1974.- Publica o libro Olladas no futuro na editorialGalaxia. Nestas páxinas recompila un conxuntode corenta e oito traballos sobre temas moi varia-dos, aínda que todos relacionados con Galicia epublicados na prensa entre 1949 e 1973. Nelesfiguran as súas ideas ó redor da obra ou da per-sonalidade dalgunhas das figuras máis senlleirasda nosa cultura (Rosalía, Castelao, OteroPedrayo, etc); outros tratan temas circunstan-ciais da realidade galega (ben na súa dimensióncultural: a lingua, o pensamento, etc., ben na súadimensión social: a emigración, contraposiciónaldeán/cidadán, etc., pero tamén na súa dimen-sión económica: a técnica, a industrialización,etc.). Pechan o libro un grupo de traballos quereflicten impresións sobre a situación espiritualde Europa.

...Pódese dicir que a vida política deRamón Piñeiro é unha responsabilidadegaleguista permanente posta de manifestoen cada momento de xeito distinto segundoas circunstancias, ás que sempre está aten-to e ás que sempre valora polo miúdo.

Nos tempos do franquismo encetouunha batalla cultural que pretendía facer dogaleguismo un imperativo ético dos galegos.A eficiencia desta política probouse poloauxe que acadou o galeguismo nos anos 60 e70 en comparanza cos anos da República.

Page 47: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

47

Coa chegada da democracia, e dianteda posibilidade de instaurar a Autonomíaen Galicia, a responsabilidade plásmase endiversas actuacións, que respondía á inten-ción de que as discrepancias entre partidosse estableceran por riba da aceptación dasbases nas que se fundamente a pervivenciae o futuro do país. Pensaba que, se non haiconsenso nesta aceptación, os desacordosserán radicais, alonxarán ós partidos e illa-rán máis as súas posicións, dificultando odiálogo naqueles temas nos que cabería aconfrontación. Quería que non houbera naAutonomía, como houbo noutrora, partidosinimigos do galeguismo e da galeguización.El sabía ben que a loita partidaria nonpodía facerse sobre do idioma ou a culturagalega, se non era co grave risco de desesta-bilizar a Autonomía e disgregar o país.Partindo do que debe ser común a todo opobo, pode facerse rexurdir Galicia coaaportación, entón xa si, da visión particula-rista de cada grupo.

Toda a súa vida loitou Piñeiro paraconseguir que tódalas forzas políticas, eco-nómicas e sociais recoñecesen as señas deidentidade de Galicia e reivindicasen osseus dereitos como pobo. E loitou con talforza, entrega e convencemento que, comotén dito Fole, fixo conciencia da concienciade Galicia.8

1975.- Publica "Saudade e Sociedade, dimensións doHome", texto correspondente á conferencia pro-nunciada na Aula de Cultura de Vigo nese mesmoano dentro dun ciclo organizado por ÁlvaroCunqueiro sobre "Galicia e o home galego".

8 Benxamín Casal, "A política como un deber", en Homenaxe aRamón Piñeiro, A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991, p. 156.

Page 48: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

48

1977.- Na súa casa de Santiago, o día 18 de febreiro, reú-nese con Lorenzo Varela, Díaz Pardo, CelestinoFernández de la Vega, Valentín Paz Andrade,Luís Seoane e Xosé Luis Rodríguez Pardo parafundar a Sociedade Anónima Instituto Galego deInformación, que en 1978 convocaba a primeiraxuntanza de accionistas. A idea partira deLorenzo Varela, pero Ramón Piñeiro participoumoi activamente na configuración e orientacióndo proxecto, que, convertido en institución cultu-ral galega, ten a súa sede en terreos de SanMarcos, preto de Santiago.

Ramón Piñeiro é un dos asinantes do "Mani-festo dos 29" no que se demanda un pacto galegopara que os partidos que conseguisen representa-ción parlamentaria nas Cortes aceptaran o com-promiso de defender os intereses de Galicia esituala ó nivel das nacionalidades históricas vascae catalana, asumindo (se fora posible) o federa-lismo como forma de configuración política donovo Estado democrático que ía xurdir das elec-cións xerais do mes de xuño.

O 15 de xuño celébranse as primeiras elec-cións democráticas. O Partido Socialista Galegofacía un chamamento para que se constituíseunha candidatura unitaria formada por aquelespartidos que aceptaban o federalismo e solicitabao apoio de Ramón Piñeiro e outros intelectuaisgaleguistas, que asinan un documento atendendoaquela petición. Finalmente as conversas fraca-san e os galeguistas acuden sós ás eleccións parao Congreso, formando parte dunha candidaturaconxunta ó Senado apoiada polo Partido PopularGalego, Partido Socialista Galego, Federación

Page 49: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Socialista Galega-PSOE, Partido Comunista eMovemento Comunista de Galicia. RamónPiñeiro acepta figurar nas listas xunto con outrospersoeiros galeguistas como Francisco Fernándezdel Riego, Valentín Paz Andrade, Celso EmilioFerreiro e Isaac Díaz Pardo. Os resultados sonmoi desalentadores para os galeguistas, pois sóValentín Paz Andrade consegue o escano polaprovincia de Pontevedra.

Asiste como convidado de honra, ó XV Con-greso Internacional de Filoloxía Románica en Riode Janeiro.

1978.- A nova Constitución é aprobada en referendo.Debido á presión de vascos e cataláns, consagrabano seu texto un modelo de Estado denominadoAutonómico, que distaba o mesmo da fórmulafederal que dunha simple descentralización admi-nistrativa, pero que depositaba unha amplísimacapacidade lexislativa nos futuros parlamentosdas tres nacionalidades históricas (Galicia, Cata-luña e País Vasco). A elaboración dos Estatutoscorrespondíalles ás Asembleas de Parlamentariosdas respectivas Comunidades Autónomas, e logodebería ser aprobada polas Cortes e posterior-mente sometida a referendo.

Apróbanse os estatutos da Fundación OteroPedrayo, redactados provisionalmente por RamónPiñeiro e Agustín Sixto Seco e posteriormentecomentados nas reunións de Galaxia. A Funda-ción foi declarada «de interese cultural privado» óano seguinte e no 1980 fanse públicos os Estatu-tos.

49

Page 50: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

50

1979.- Apróbanse os Estatutos vasco e catalán, pero notrámite parlamentario de discusión do Estatutogalego nas Cortes, a UCD iniciou unha políticaentorpecedora, pois o Goberno sentiu medo áxeneralización do proceso autonómico e ó agraviocomparativo que supuña o feito de que a vía cons-titucional de acceso ó autogoberno fose distintapara as "nacionalidades" que para as "rexións". Asdúas forzas políticas dominantes no Parlamento,UCD e PSOE, decidiron iniciar un recorte dascompetencias de tódalas demais comunidades;deste xeito o caso galego, que xa tiña aprobado oEstatuto no 1936 e polo tanto posuía o dereito óautogoberno como Cataluña e o País Vasco, seríaempregado como límite, rebaixando previamenteo seu nivel de competencias. No mes de novembroinfórmase da vontade do Goberno de introducirun artigo co que diminuír o nivel competencial doEstatuto de Galicia, ata daquela moi similar óvasco e ó catalán.

O 21 de novembro os galeguistas, encabeza-dos por Ramón Piñeiro e contando co apoio dal-gúns intelectuais independentes, elaboran unmanifesto en contra da introducción dese artigo32, apartado 4º, que pretendía introducirse naConstitución. O escrito foi coñecido como o mani-festo «da aldraxe» e foi dirixido á opinión pública.O documento formula unha protesta pola rebaixade competencias que amosaba o texto autonómicopara Galicia que estaba a elaborar a comisiónmixta constitucional (Asemblea de parlamenta-rios galegos). Co apoio de 27 sinaturas o escritoconsegue que se rectifique o texto estatutario de

Page 51: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

51

Galicia, que é obxecto dunha puntual reforma–non sen numerosos atrancos e problemas– quemellora a súa redacción inicial.

1980.- Precisamente para sacar adiante o EstatutoGalego autonómico coas máximas competencias ecomo grupo que estudiase e analizase a situacióne futuro de Galicia nos planos cultural, econó-mico, político e social, nace a formación coñecidacomo Realidade Galega. O 10 de marzo aparece oprimeiro manifesto do grupo de estudios Reali-dade Galega, asociación integrada por sesenta esete membros (intelectuais e profesionais, encabe-zados por Ramón Piñeiro) e constituída uns mesesantes como resposta á situación de desconcertoque producira o proceso estatutario galego. Omanifesto titulado «Ante o referendum» apareceupublicado en La Voz de Galicia o día 10 de marzo.Nel o grupo expresaba que "o erro cometido nasCortes, e recoñecido oficialmente, deberá ser recti-ficado antes do referendo mediante negociación cospartidos interesados na autonomía". Esta negocia-ción desenvolveuse no outono dese mesmo ano etivo como resultado a subscrición dun pacto quesupuña unha reforma do Estatuto: desaparece apolémica disposición transitoria terceira, querecortaba considerablemente as competencias danosa Comunidade e mellorou a redacción do artigo30, co que se afastaba a pantasma dunha supedi-tación de importantes materias de tipo económico(agricultura, pesca, gandería e minería) ós órga-nos do poder central. O 21 de nadal foi aprobado enreferendo o Estatuto que faría posible o autogo-berno de Galicia. O texto estatutario adquire

Page 52: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

rango de Lei Orgánica 1/1981 con data de 6 deabril de 1981.

Participa no coloquio “Tradición, actualidadee futuro do galego” celebrado en Tréveris.

Viaxa a Bos Aires e Montevideo convidadopolas comunidades galegas. Presentado por Car-los Zubillaga Barrera, pronuncia diversas confe-rencias.

1981.- No outono celébranse as primeiras elecciónsautonómicas para a constitución do primeiroParlamento galego. O galeguismo só podía aca-dar representación parlamentaria cunha dasforzas, o Bloque Nacionalista Galego (BNG), poloque quedaban sen referencia os galeguistas quenon se identificaban coa ideoloxía deste grupopolítico. A única solución era lograr que as forzaspolíticas maioritarias en Galicia o asumisen den-tro da dinámica constitucional; por esa razónRamón Piñeiro, xunto con outros tres galeguistas–Benxamín Casal, Alfredo Conde e Carlos Casa-res– decide aceptar a invitación do Partido Socia-lista de Galicia (PSOE) e presentarse como inde-pendente nas súas listas. Consulta previamenteesta decisión ós compañeiros galeguistas –nunhaxuntanza celebrada en Trasalba–, que apoianpor unanimidade a súa participación na citadacandidatura. Pero, certamente, o feito provocouunha forte polémica entre sectores do naciona-lismo; a crítica fíxose pública nun documento quefoi asinado polos máis discrepantes e apareceuno xornal La Voz de Galicia o 30 de xullo destemesmo ano.

52

Page 53: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Sae elixido parlamentario pola Coruña e cola-bora moi activamente na redacción da Lei de Nor-malización Lingüística. Deixará o Parlamento órematar a lexislatura en 1985.

1983.-Ramón Piñeiro é o primeiro presidente do Conselloda Cultura Galega, institución creada pola lei8/1983 do 8 de xullo. Foi elixido en votación secre-ta dos membros do Consello o 3 de novembro desemesmo ano e resultará reelixido en outubro de1989. Na súa primeira intervención (31-I-1984) áfronte da nova institución subliña que o Consellodeberá planificar o seu traballo para que o pobogalego recupere "a plenitude da súa personalidadea partir da súa recuperación cultural". Á súamorte, en 1990, sucédelle no cargo o profesor e eru-dito galeguista Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Asiste en Lisboa, como convidado especial, óCongreso Internacional sobre “ A situación da Lin-gua Portuguesa no mundo”

1984.- Aparece na editorial Galaxia o seu libro Filosofíada saudade, no que se reúnen catro traballospublicados xa anteriormente e outro inédito aíndaque fora dado a coñecer como conferencia.

O 21 de novembro a Generalitat de Catalunyaconcedeulle a Creu de Sant Jordi "pola fecundatarefa realizada na defensa e divulgación da lin-gua, a cultura e a identidade de Galicia".

1985.- É galardoado pola Xunta de Galicia coa Meda-lla Castelao. No acto, celebrado no Concello daCoruña, é galardoado tamén o seu amigo Fran-cisco Fernández del Riego, que fala en nome dospremiados.

53

Page 54: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

54

Participa no Congreso Internacional “Rosa-lía de Castro e o seu tempo”, celebrado en San-tiago de Compostela.

1989.- No mes de outubro é reelixido para un novomandato de catro anos no Consello da CulturaGalega.

1990.- Gaña o Premio Fernández Latorre de xornalismoconvocado por La Voz de Galicia. O historiadordo xornal, Fernández Santander, comenta o feitosen esquecer que por razóns de saúde o galardo-ado non puido recoller o premio:

El premio Fernández Latorre de esteaño, ya en su 32 edición, es concedido, porunanimidad, al intelectual galleguistaRamón Piñeiro por «su aportación comointelectual y pensador en el último mediosiglo de nuestro país». Desgraciadamente,Piñeiro, cuya salud estaba muy deteriora-da a causa de un cáncer de páncreas, nopodrá recoger el premio, pues fallecerámeses después, por lo que lo recogió suhermana. Piñeiro es, además, un veteranocolaborador del periódico, ya desde lostiempos del franquismo. Su peripecia vital,marcada por un galleguismo didáctico y eldeseo de pasar siempre desapercibido, fueseguida siempre por La Voz con gran admi-ración. El fallo del jurado, que estuvo pre-sidido por Santiago Rey, fue por unanimi-dad...9

9 Carlos Fernández Santander, La Voz de Galicia. Crónica de unperiódico (1882-1992) tomo II, A Coruña: Ed. do Castro, 1994, p.400.

Page 55: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

55

Por encargo da Real Academia Galega fai aedición do libro Luis Pimentel10 no que escribeun limiar sobre a vida e obra do poeta lugués –doque foi amigo e ó que admiraba pola súa purezalírica– e fai unha escolma da súa obra poética engalego e castelán.

Participa no libro Luís Pimentel. (1895-1958).Unha fotobiografía, conmemorativo do poeta lugués(homenaxeado no Día das Letras daquel ano 1990)co artigo "Lembrando a Luís Pimentel".

Promove, no Consello da Cultura, a colec-ción de Clásicos traducidos ó galego, coleccióniniciada coa publicación de A Ilíada de Homero.

Recibe a Insignia de Ouro da Universidadede Santiago de Compostela de mans do RectorCarlos Pajares.

En xaneiro morre Isabel López García, a súamuller e compañeira inseparable durante tantosanos.

O día 27 de agosto finou Ramón PiñeiroLópez na súa casa da rúa de Xelmírez, enSantiago de Compostela.

...Adoitaba dicir, sobre todo nos últi-mos meses da súa vida, que se sentía unhapersoa moi recompensada, pois aínda quenon fixera case nada do que lle gustaríafacer, moitos dos seus soños convertéranseen realidade: a editorial Galaxia, a revistaGrial, a recuperación dos dereitos políticosde Galicia, a dignificación social da lingua,a extensión do galeguismo... A todo esto

10 Luís Pimentel, A Coruña: Publicacións da R.A.G, 1990.

Page 56: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

56

engadía sempre, no plano estrictamentepersoal, o cariño do cal se vía rodeado, osmoitos amigos que tiña e mesmo un anxo dagarda que o levaba protexido ó longo de todaa súa vida e que o seguía protexendo,segundo adoitaba dicir con humor.

Non se explicaba as moitas deferen-cias que os demais tiñan con el nin o respe-to con que o trataban a maior parte das per-soas que o coñecían. Tampouco era cons-ciente do enorme poder de que gozaba,baseado unicamente na súa autoridademoral e no seu prestixio persoal. Nunca outilizou en beneficio propio e preferiu vivircon modestia, algo que por outra parte sin-tonizaba moi ben coa súa maneira de ser ecoa tradición campesiña de onde procedía.Nacido nunha pequena aldea luguesa, con-servaba a mentalidade dun home do campo,o que incluía o mesmo a concepción da hos-pitalidade que converteu o seu fogar nunhacasa aberta a coñecidos e descoñecidos, queo sentido da cautela, tan acusado que olevaba a someter a un implacable e pruden-te labor de análise calquera proposta antesde aceptala.

Poucas persoas teñen exercido unhainfluencia tan fonda sobre o seu país contan poucos medios. Sen bens de fortuna,xunto con media ducia de amigos creoualgunhas das empresas culturais máis sóli-das e efectivas de todas cantas se levaron acabo na Galicia do século XX. Sen unhaorganización política na que apoiarse, con-tribuíu como poucos á progresiva galeguiza-ción de tódalas forzas políticas parlamenta-rias e axudou a resolver con discreción e senafán de protagonismo de ningún tipo seriosatrancos que coutaban o desenvolvementonormal das institucións autonómicas. Quen

Page 57: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

precisou da súa axuda contou sempre con elsen pedir nunca nada a cambio, movido sópolo seu ideal galeguista, que foi o centro dasúa vida11.

1991.- Un ano despois do seu pasamento, a revista Grialpublica o seu número 111 (xullo-setembro de1991) en homenaxe a Ramón Piñeiro baixo o títu-lo Da miña acordanza. Reúne este volume un con-xunto de escritos do homenaxeado: memorias,cartas, textos e documentos políticos.

Neste mesmo ano aparecen Ramón Piñeiro:unha vida por Galicia, de Carlos Casares, e ovolume colectivo Homenaxe a Ramón Piñeiro,ámbolos dous publicados pola Fundación CaixaGalicia.

1994.- O día 24 de marzo ten lugar a inauguración oficialdo Centro Ramón Piñeiro de Investigacións Lin-güísticas e Literarias, dependente da Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria. Conmotivo da súa inauguración preséntase o libroLembranza de Ramón Piñeiro, editado polo mesmoCentro Ramón Piñeiro, que reúne discursos deMarina Mayoral, Domingo García-Sabell, CarlosCasares e Manuel Fraga.

2000.- A Editorial Galaxia convoca o I Premio RamónPiñeiro de ensaio.

2002.- Publícase, en edición ó coidado de Carlos Casares,o libro Ramón Piñeiro: Da miña acordanza (Memo-rias) en coedición da Editorial Galaxia e a Funda-

57

11 Carlos Casares, "Ramón Piñeiro", en Homenaxe a Ramón Piñeiro,A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991, pp. 12-13.

Page 58: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

58

ción Caixa Galicia. Nestas páxinas (publicadas enparte en 1991, no nº 111 da revista Grial, mono-gráfico dedicado a Ramón Piñeiro) temos un per-corrido biográfico que vai –ó fío da memoria domesmo Ramón Piñeiro– dende os anos de nenezata os comezos da década de 1980.

2003.- O día 28 de novembro o Centro Ramón Piñeiro faiunha homenaxe a Ramón Piñeiro e ConstantinoGarcía, este último, coordinador científico doCentro ata o ano 2002. Preséntanse os CadernosRamón Piñeiro –os tres primeiros números– e oCD-Rom “Conversa con Ramón Piñeiro”, realiza-do por Manuel Rico Verea. Ten lugar a entrega doPremio Centro Ramón Piñeiro de ensaio breve

Page 59: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

59

convocado por vez primeira.

Bibliografía consultada

AA.VV., Homenaxe a Ramón Piñeiro, A Coruña:Fundación Caixa Galicia, 1991.

Casares, Carlos, Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia,A Coruña: Fundación Caixa Galicia, 1991.

———— Ramón Piñeiro, Santiago de Compos-tela: Centro de Investigacións Lingüísticas e Litera-rias Ramón Piñeiro, 1996 [Publicación que consta delibro e vídeo].

———— Ramón Piñeiro, Santiago de Compos-tela: Dirección Xeral de Promoción Cultural , 1996[Publicación que consta de libro e vídeo].

———— (ed.), Da miña acordanza. (Memorias),Vigo: Galaxia / Fundación Caixa Galicia, 2002.

Franco Grande, Xosé Luís, Os anos escuros, I. A resis-tencia cultural da xeración da Noite (1954-60),Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1985.

Mourelle de Lema, Manuel (ed.), Ramón Piñeiro y sucircunstancia, Madrid: GRUGALMA, 1993(Colección Aula Abierta, 3) [Colaboracións deCarlos A. Baliñas, Xosé L. Barreiro Rivas, IsaacDíaz Pardo, Marino Dónega, Mª VictoriaFernández España, Antonio Fraguas, Domingo

Page 60: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

60

García-Sabell e Manuel Mourelle de Lema].

Piñeiro, Ramón, "Da miña acordanza", en Grial, tomoXXIX, nº 111, 1991.

———— "Documentos políticos", en Grial, tomoXXIX, nº 111, 1991.

———— "Cartas", en Grial, tomo XXIX, nº 111,1991.

Mato, Mª Isabel, Ramón Piñeiro, Lugo: El Progreso,2003.

Page 61: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

61

2. Cartas

Page 62: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 63: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.1 Arredor das cartas1 de RamónPiñeiro.

Se foron moitos os interlocutores de Ramón Piñeiroarredor da famosa "mesa camilla" da pequena sala docuarto piso do número quince da rúa Xelmírez deSantiago de Compostela, onde a cotío se exercitaba aarte socrática do diálogo, non foron menos numerosos osdestinatarios das súas cartas. Efectivamente, non é esa-xerado falar da fecundidade epistolar de Ramón Piñeiro,autor dun "inmenso epistolario, acumulado día a díadurante moitos anos"2.

63

1 Reunimos aquí un breve conxunto de cartas de Ramón Piñeiro, quefixo da carta unha habitual forma de comunicación e de expresiónpersoal. Trátase en tódolos casos de cartas particulares –inéditas ataagora mesmo– e son, dende logo, unha parte mínima das moitísimasque deixou escritas. Non hai, nesta nosa breve recompilación, pre-tensión ningunha agás contribuír á divulgación do epistolario de donRamón con estas mostras puntuais.Debe constar aquí a nosa gratitude ós que, con absoluta xenerosida-de, cederon estes textos epistolares que agora publicamos (ManuelMaría, Claudio Rodríguez Fer, Carlos Zubillaga Barrera e PilarVázquez Cuesta mandáronos directamente). Noutros casos como osde Avilés de Taramancos ou Eduardo Moreiras, chegaron da man deLuís Avilés e Luz Pozo respectivamente. O noso amigo Xosé LuísAxeitos forneceunos as de Rafael Dieste. As de Luís Pimentel e a súadona, Pilar Cayón, chegáronos da man de Claudio Rodríguez Fer. Asde Carlos Casares tivémolas por xentileza da Fundación CarlosCasares. A todos, a nosa gratitude.2 Carlos Casares (sen sinatura), "Introducción" en Grial, nº 111, Vigo,xullo-setembro de 1992, pp. 335-339 [Número especial titulado Damiña acordanza, dedicado a Ramón Piñeiro].

Page 64: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

64

A súa xenerosidade no cultivo do xénero epistolar e,sobre todo, o alto interese de moitas das súas mostrasdeterminou a atención dalgúns que tentaron fixar asclaves internas e externas –expresión e contido– destaimportante parcela dos escritos piñeirianos. Así, SuárezPicallo fala dunha "impronta persoal" dos escritos dePiñeiro ("un mesmo estilo, un mesmo xeito de discorrer,unha mesma espléndida linguaxe, e a mesma idea cen-tral")3 pero sen especificar os trazos definitorios dos ele-mentos integrantes de tal "impronta". Cinguíndose con-cretamente ás cartas, Carlos Casares estima que sonescritos reveladores de "distintos aspectos da súa perso-nalidade", marcada en concreto por

a preocupación sincera polos amigos,(...) a lealdade e a lucidez na formulacióndo xuízo crítico (...) ou a reflexión espontá-nea, pero sempre fonda e penetrante, res-pecto das cuestións relacionadas coa activi-dade cultural ou artística.4

Noutra ocasión, o mesmo Carlos Casares, que tantoe tan fondamente tratou a Piñeiro, deixou escrito queeste pensara escribir

catro libros de cartas, que pensabadirixir, respectivamente, ós galeguistas dopasado, a amigos contemporáneos, a ami-gos mozos e a personaxes imaxinarios5

3 Ramón Suárez Picallo, "Carta de Ramón Suárez Picallo", en Grial,nº 11, Vigo, xullo-setembro de 1991, p. 400.4 Art. cit., pp. 5-6.5 Carlos, Casares, "Limiar" en Ramón Piñeiro: Cartas para os ami-gos, Santiago de Compostela: Editorial Compostela / El CorreoGallego, 1992 (Biblioteca 114, nº 13, p. 5).

Page 65: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

65

Como acontece con certa frecuencia o proxecto que-dou niso mesmo, en proxecto. Sen embargo, coa parte xapublicada do epistolario piñeiriano estima Casares quea frecuentación deste xénero por Piñeiro debeuse ó"carácter familiar"6 que en tempos pasados tivo a cultu-ra galega, circunstancia que precisaba dunha formaexpresivo-comunicativa como a da carta. Non é necesa-rio precisar que o devir histórico e cotián da culturagalega é asunto unha e outra vez reiterado nos textosepistolares do fundador de Galaxia.

Foi Darío Villanueva quen, partindo da relacióndiálogo-carta (a carta sería unha "sorte de conversaindirecta" como apuntaba Erasmo) puxo de relevo o"socratismo epistolar de Piñeiro" e, así mesmo, a súacrenza na "natureza dialóxica do home". Alto valor lite-rario, funcionalidade impresiva ou perlocutiva, instru-mento de revelación da verdade que se quere compartir,ámbito de liberdade expresiva serían outros tantos tra-zos deses "aparellos socráticos" que son as cartas deRamón Piñeiro.7

Home de reflexión, non podía Ramón Piñeiro senónreparar –e facelo reflexivamente– nun xénero no quesemella se mover como peixe na auga. Tal reflexión apa-rece, por exemplo, na súa "Carta a Pedro Abuín". Dastres maneiras de dialogar e das dúas maneiras de enten-der a cultura, "onde define a carta como "un diálogo adistancia, un diálogo no que un dos interlocutores está

6 Op. cit., pp. 5-6.7 Darío Villanueva, "A carta socrática de Ramón Piñeiro", en BoletínGalego de Literatura, nº 11, Santiago de Compostela, maio de 1994,pp. 67-70. [Reproducido en Grial, nº 146, Vigo, abril-xuño de 2000,pp. 179-182].

Page 66: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

66

presente só espiritoalmente e fala en silencio"8 , para, acontinuación situala en posición central ou intermediarespecto das tres maneiras de dialogar:

O diálogo epistolar semella que venter algo dos outros dous (o diálogo oral e osilandeiro diálogo dos espíritos), pois noné un parolar entre persoas nin unha con-versa entre espíritos: é o dialogar entreunha persoa e mailo espírito de outra.Marca o límite das posibilidades comuni-cativas do home, pois alén del está o reinoultrahumán do puro espírito, que é tamén,o reino do puro silencio.9

A partir desta formulación do propio Piñeiro, esta-blece Ramón López Vázquez a seguinte deducción:

Isto permite que tal forma de comu-nicación emane da intimidade de quen aescribe e camiñe á do que ha de recibila; éun tributo á liberdade humana que vai,coma todo en Ramón Piñeiro, de dentro afóra, conservando sempre os sinais pro-pios da raíz sentimental da que abrolla.Non é un intranscendente parolar a dis-tancia e por escrito entre dous. Por iso ameirande parte delas están destinadas axulgar asuntos humanos referidos aosgalegos. A antropoloxía galega ten nacorrespondencia de Piñeiro unha fonte de

8 Ramón Piñeiro "Carta a Pedro Abuín", en Olladas no futuro, Vigo:Galaxia, 1974, p. 40.9 Op. cit. p. 338.

Page 67: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

información necesaria para calquera ana-lítica existencial.10

É probable que fora Francisco Fernández del Riegoo destinatario do maior epistolario11 privado de RamónPiñeiro, que entre os anos 1948 e 1970 lle escribiu ó seuamigo Paco varios centos de cartas. Dispoñemos agoradun total de 405 desas cartas, seleccionadas polo mesmoFernández del Riego "entre a chea delas que figura nonoso arquivo" e que saen da cronoloxía fixada polo edi-tor, quen suprimiu "aspectos secundarios de tipo parti-cular ou familiar" que figuraban nos orixinais.12

Limitadas pola supresión dos elementos pertencen-tes á esfera da privacidade, estas cartas testemuñan o"celo co que Ramón Piñeiro se entregou á tarefa de labo-rar por Galicia, pola súa cultura, pola súa lingua, axu-dando a crear novos órganos de opinión". Son cartas–continúa a dicir o seu destinatario– "sinceras, entraña-bles" polas que é constante "o entrecruce de literatura epolítica" e polas que "desfilan vellos e novos amigos".13

Estamos, con seguridade, diante dun documento doque foi a historia e, sobre todo, a intrahistoria de Galiciano cultural e no político, no literario e no lingüístico etamén no terreo das relacións persoais de intelectuais eescritores na Galicia dunha ampla posguerra (1948-1970), coas súas luces e as súas sombras. Xorde nestas

67

10 Ramón López Vázquez, "Para unha sistemática de Ramón Piñeiro",en Cadernos Ramón Piñeiro, nº 1, Santiago de Compostela, 2003, p. 6411 Francisco Fernández del Riego, Un epistolario de Ramón Piñeiro,Vigo: Galaxia, 2000.12 Op. cit., pp. 7-10.13 Ibidem.

Page 68: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

liñas manuscritas o perfil humano –sentimental ou ide-olóxico– de quen escribe, pero é aínda superior a súacontribución informativa, a súa dimensión de contextointerno, persoal e vivido de feitos e acontecementos. Endefinitiva, a primacía do valor referencial está comple-mentada co plano expresivo-emotivo no que asomantrazos caracterizadores da persoa e da personalidade deRamón Piñeiro.

Nesta imprecisa e parcial procura das claves dascartas de Ramón Piñeiro pode ter algunha significacióna cabeceira dunha misiva que lle envía Rodolfo Pradadesde Bos Aires con data de 12-II-1976:

Recibín a súa preciada carta do 3deste mes, carta que, pola súa extensión eos razonamentos que contén, é moi deagradecer (...)

Epístola tan razoada, é moi propiade quen, como vostede, adoita manexar,con rigurosidade, os argumentos nos eidosda filosofía...14

Dúas observacións semellan aquí pertinentes. Aprimeira é o emprego indistinto dos termos carta e epís-tola. Haberá que acudir ó sempre memorable ensaio dePedro Salinas en defensa da carta –"Defensa de la cartamisiva y de la correspondencia epistolar"– para lem-brar as diferencias entre unha e outra. Poderemos esta-blecer entón a condición de epístolas de certos escritosque o mesmo Ramón Piñeiro chama cartas e que, fórado "círculo social mínimo de la carta: dos personas (...)

68

14 "Correspondencia con Rodolfo Prada", en Grial, nº 111, tomo XXIX,Vigo, xullo-setembro de 1991, p. 417.

Page 69: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

69

el número de la perfecta intimidad" –como deixou escri-to Salinas–15 son textos que teñen un único destinatarioindividualizado e inmediato pero, en última instancia,posúen un segundo destinatario plural e público e poriso o autor as publica pensando sobre todo nun deter-minado círculo de lectores-destinatarios interesadospor Galicia, por saber de Galicia.

Se temos en conta certas cartas de Piñeiro que elmesmo deu á publicidade en Grial ou en Olladas nofuturo (e que reproduciu en máis dunha ocasión), non édubidosa a súa condición de verdadeiras epístolas, porrazóns de extensión, de estilo, de estructuración argu-mentativa e de lingoaxe, nin tampouco a súa clara filia-ción na literatura epistolar que abrangue o sermón, asátira, o discurso propagandístico, a narración ou oensaio con moi notable restricción da intimidade. Podefalar entón, xustificadamente, Rodolfo Prada da epísto-la "tan razoada" que lle enviara Piñeiro e aínda desta-ca nela a capacidade argumentativa do seu interlocutor,forxado intelectualmente nos estudios de Filosofía.

Cómpre volver ó ensaio citado de Pedro Salinasporque varias das súas observacións resultan de utili-dade para coñecer algunhas peculiaridades das cartas(e epístolas) de Ramón Piñeiro. Desas observacións quedeixamos á curiosidade intelectual do lector, salienta-remos unha: "Hombre que acaba una carta sabe de síun poco más de lo que sabía antes; sabe lo que quierecomunicar al otro ser". E iso é así, entre outras razóns,porque "la primera claridad de la carta, es para el quela escribe".16

15 Pedro Salinas, "Defensa de la carta misiva y de la corresponden-cia epistolar", en El defensor, Madrid: Alianza Editorial, 1967, p. 36.16 Op. cit., p. 35.

Page 70: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

70

As cartas de Ramón Piñeiro son, sen dúbida, unhavía ou instrumento de autocoñecemento e son, así, reve-ladoras do seu pensar e sentir íntimos, do seu ideariopolítico-cultural e, sobre todo, da súa particular formade entender Galicia e das estratexias da súa loita perso-al no presente e no futuro que soña para o país. É nestadimensión de coñecemento da intimidade ou da privaci-dade do emisor na que teima Pedro Salinas, que rexeitaa consideración da carta como conversa privada e, enconsecuencia, se manifesta contrario "a ese concepto dela carta que la tiene por una conversación a distancia",pois "cartearse... no es hablarse".17

Cando se faga un estudio en profundidade das car-tas de Ramón Piñeiro haberá que distinguir, primeira-mente, entre as epístolas, que el mesmo fixo públicas eque son misivas de certa extensión cunha linguaxe benformalizada, e aquelas cartas, certamente máis breves,de expresividade máis cotiá, non pensadas para a súapublicación. Haberá tamén que matizar, paralelamente,na cuestión do destinatario directo (individual) e indi-recto (supraindividual) e no predominio das funciónsreferencial ou expresivo-emotiva. E, seguramente, habe-rá que estar de acordo en dúas consideracións: comoescritor, por enriba da súa producción ensaística e dosseus artigos de prensa, Ramón Piñeiro foi un autor decartas; a carta foi o seu fundamental instrumento derelación, expresión e comunicación. En segundo lugar,esa producción epistolar –cartas, epístolas– é o mellorvehículo para coñecer a Ramón Piñeiro en profundidadee saber, en consecuencia, cómo entendeu o galeguismo equé Galicia preconizou nos tempos difíciles que lle tocouvivir.

17 Op. cit. pp. 29-30.

Page 71: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.2. Cartas a Antón Avilés de Taramancos:

Compostela, 11-IX-60

Benquerido Avilés de Taramancos:

Cando pasei pola Cruña a fin de agosto, os rapacesinformáronme de que te tiñas marchado para Noia. Nonsei por qué, a noticia prodúxome unha íntima ledicia.Moitas veces me lembraba de ti e sempre tiña a impre-sión de que a frivolidade ambiental coruñesa non eraboa pra o teu esprito, de seu tan san. Temía que, cotempo, chegase a te desmoralizar. Agora vexo que o teuradical instinto campesiño levoute de novo á terra. Euque tamén son campesiño sei ben o que eso siñifica. Poreso estou ledo.

O que me contas na tua carta emocionoume fonda-mente. O día que en todalas vilas da nosa terra haxa unfato de mozos coma ise de Noia, o rumo da vida galegacambiará totalmente. Non é moito soñar o confiar en queas novas xeneracións darán ises núcleos de rapaces lea-les. Nós vivimos e traballamos con esa única espranza.O futuro da terra está nas nosas mans. Nós sabemos queson mans firmes, nobres, xenerosas, que saberán abrirvieiros novos pra o noso pobo.

Sinto ben non ter ningún amigo ou conocido enSuiza, pois gustaríame moito poderche atender esa peti-ción. Hei pescudar entre os amigos. Si aparece algúnque teña alí persoas conocidas, de contado cho comuni-carei.

71

Page 72: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Dispón sempre como queiras e recibe unha apertaforte e cordial do teu amigo certo.

Ramón Piñeiro.

***

Compostela, 23 de marzal do 1961

Meu querido Avilés:

Hoxe póñoche unhas liñas pra che facer unha enco-menda lingüística en relación co vocabulario da curti-ción de coiros, industria tradicional nesas terras noie-sas. Verás, trátase do seguinte: o profesor J. L. Pensado,que está traballando sobre temas do noso idioma, e quelle interesan porque tamén il é galego, ten aitualmenteentre mans un traballo sobre as palabras GOLDRAR,GOLDREIRO e GOLDRO. O alemán Spitzer fai derivarGOLDRAR de COLORARE. Pensado anda dándolle vol-tas a todolos problemas etimolóxicos e semánticos rela-cioados con esas palabras e derivados.

Eu fixen pescudas en Pontedeume e máis enAllariz, onde o noso bó amigo Pepe Nogueiras ten unhaimportante industria de curtición. Il mesmo aconsellou-me que pescudara tamén pola zona de Noia e indicoumeo nome de José Fernández Juanatey (Pepito Rubico),inda que polo visto ahí hai así como trinta fábricas decurtume. Queríamos saber istes datos:

1) ¿Emprégase entre os curtidores o verbo GOL-DRAR?

2) ¿Hai algunha sustanza que se chame GOLDROou GOLDROS?

72

Page 73: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

3) ¿Úsase a palabra GOLDREIRO pra desiñar ócurtidor?

Conviña que fixeses unha pescuda fonda sobre oparticular, falando con varios curtidores. Tamén depaso, conviña que recolleses todo o vocabulario relacioa-do coa operación ou coa industria do curtume. Refíromeó vocabulario galego, pois os nomes técnicos das máqui-nas non interesan. Si fas o favor envíasme os datos querecollas.

Mándoche un programa da leitura que onte se fixoen Fonseca de Orestes do rapaciño lugués, estudante de2º de Filosofía, Arcadio López-Casanova. Houbo moitaxente e resultou espléndidamente ben. Aituou brillante-mente a nosa amiga Merche.

Estivo eiquí tres ou catro días o poeta do Caurel.Viña coa irmá ó médico. Traguía o seu novo libro Elexíasdo Caurel, que é bó.

¿Que é da túa vida?

Unha forte aperta do teu amigo e irmán.

Ramón Piñeiro.

***

Compostela, 20-VI-61

Meu querido Avilés:

Acabo de recibir a tua carta, que pódesmo crer,emocionoume fondamente, pois comprendo plena e cra-rísimamente a tua situación de ánimo. Tanto máis a

73

Page 74: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

comprendo canto que, no meu interior, moitas veces melembraba de ti e matinaba na desgracia que era que tetiveses que marchar da terra. Faleino reiteradamentecon Paco del Riego, faleino por carta co Caamaño–ambos te estiman moi sinceramente–, faleino infinida-de de veces cos rapaces novos que agora inician as mes-mas arelas nosas. Si o país fora dono de sí, os seus fillosnon deberían sentir a necesidade de se marcharen polomundo contra a sua vontade. Haberá que lamentarmoito a tua marcha i a dos homes de lei coma ti.Preocúpame moito eso.

Foi unha gran pena que ti non lle tiveras escrito aDomingo –ou a min– con anterioridade a víredes á con-sulta. Si lle tiveras posto unhas liñas previas espricán-dolle o teu interés, sin duda terías acadado o "éisito"moral que percurabas. Non sei o que ocurríu, pro figúro-me que funcionou o mecanismo moral da clínica. Teñenque facer así por mor de regularizar o traballo, que alí émoito. Cando algún amigo coma ti quer tratar algúnproblema médico con Domingo, o habitual é escribirlleantes pra que conte con il. Os mesmos enfermos que nonson amigos e acuden a il en relación estritamente profe-sional, piden previamente a data da consulta. No teucaso as cousas aínda se compricaban máis –non contan-do contigo– polo feito de ser problema de especialista,según me dixeches, co cal o propio médico-axudante xao desviou espontáneamente. A cousa é ben lamentábelporque o que ti lles querías demostrar ós teus familiarespuidéchelo conquerir doadamente. Podes estar ben certode que Domingo te aprecia de verdade e con moito gustote tería compracido. Precisamente il é un home de cora-zón xeneroso. Xa ves, o teu amigo Claudio, o pintor coru-ñés, apareceulle un día na clínica. Consultouno, facili-toulle que o operasen da vesícula e atendeuno cordialí-

74

Page 75: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

simamente, sin que se coñeceran nin foran amigos conanterioridade. Figúrate si non te atendería con gusto ati, que te conoce persoalmente e te estima.

Ora, vexo que estás un pouco abafado polas cir-cunstancias que niste intre te fustigan. Non te deixesvencer polo desánimo. Ti eres aínda moi novo e tes unesprito de cerne rexo. Pouco importa que as circunstan-cias miúdas que te arrodean non esteñan ó teu nivel. Tites que crer en ti mesmo. No máis íntimo da tua con-cencia sabes que os reproches que che se fan teñen unvalor puramente aparente. Sabes ben que, na verdadeesencial das cousas, ti non fuches un trangalleiro irres-ponsábel.

A tua eisistencia ten un senso fondo e nobre, ó ser-vicio dun ideal xeneroso. Certo que eso non se pode com-prender no ámbito reducido e concretísimo do mediofamiliar. Pero ti sabes tamén que esa incompresión é for-zosa, porque iles móvense nun nivel de problemas moidistinto. Pola superior perspeitiva do teu punto de vistana vida, tes que aceptar e perdoar esa incomprensión.Mais de ningún xeito che está permitido sucumbir a ela.Ti estás, en conciencia, moi seguro da tua verdade. E,mesmo por eso, porque crés no valor supremo da verda-de que sintes dentro de ti, tes que crér tamén en timesmo.

Terás, sin dúbida, unha sensación neboenta de soe-dade e de fracaso; pro esa sensación é puramente sub-xetiva. Non corresponde á realidade dos feitos. Ti nonestás soio. Tes moitos e bós amigos que te conocen, quete comprenden e que te estiman. Ti eres unha parteviva, acesa e valiosa da Galicia aitual. As migalladas davida familiar e cotián non poden anular a realidade i asiñificación dise feito.

75

Page 76: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Tes que vencer esta crisis íntima. Tes que ocupar oposto honroso que che corresponde na groriosa i esfor-zada empresa de facer que o noso sofrido pobo recobre aconcencia de si mesmo e acade o nivel histórico propio donoso tempo. Temos moito que facer pra conquerir que osnosos campesiños e mariñeiros cheguen a vivir coa diñi-dade que lles compre como europeos do século XX. Tiben sabes que si nós non nos entregamos á empresa, ilesseguirán indefensos e abandoados e terán que seguirpercurando na emigración a única posibilidade deredención. Somos poucos os que sentimos o imperativomoral da empresa. Ti eres un diles. Un dos millores.Non podes sentirte vencido en plena mocedade.Necesitámoste. A terra percisa de ti.

Desexo saber os teus sentimentos e pensamentos.Agardo que me escribas.

Saúdos de Isabel. Unha aperta moi forte do teuamigo certo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 1-III-62

Benquerido e lembrado Avilés:

Non sabes canto me alegrou a tua carta. Eu pre-guntaba decote a todolos noieses que conozo qué noticiastuas chegaban. Pouco me decían. Mais ou menos o queeu xa sabía: que estabas en Bogotá. Agora xa sei queestás ben e matinando no retorno trunfante. ¡Gran

76

Page 77: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

cousa esa! Cando un guerreiro coma ti pensa rexamentena victoria, seguro que a acada. Celebrarémola xuntoseiquí na miña casa.

O panorama ambiental que me describes é abondoesterrecente. Non é que me solprenda moito, pro nondeixa de me impresionar a sua realidade como esperien-cia permanente.

Alégrome que bateses ahí con un escultor compos-telán. A enerxía espritoal de dous artistas pode facermoitos milagres a prol da terra.

Os poetas están istes días moi enredados coasMinervales, que serán o sábado. Na poesía galega foronpremiados Franco Grande, Arcadio e mais BernardinoGraña. Na castelán, Arcadio, Salvador e máis PérezFuentes. O sábado estarán de protagonistas na festatrovadoresca do Hostal. Salvador e máis Auricho Pensanescribirche.

Xa sabes que o Caamaño veuse prá Cruña. Vai cáse-que todolos sábados a Noia. O Paco, en cambio, foise praMéxico. Pola Merche sabemos dil.

Nistes días terá que se adxudicar o "PremioGalicia", establecido pola Fundación March para o escri-tor vivo cuia obra máis teña contribuído á eisaltaciónliteraria de Galicia. Xa te podes supor que todo o paísconsidera que ise premio correspóndelle, sin posibel dis-cusión, a D. Ramón Otero Pedrayo.

Acabamos de sacar Cousas, de Castelao, que estabatotalmente esgotado, e preparamos o segundo tomo daserie de dibuxos titulada Cousas da vida. Nistes díasestamos rematando co terceiro tomo do Diccionario deD. Eladio, ó que lle engadimos un Apéndice con cinco

77

Page 78: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

milleiros de voces vivas e localizadas e outro castelán-galego.

Xa nos terás ó tanto da tua vida e milagres.Queremos saber de ti.

Moitos saúdos de Isabel e unha forte e cordial aper-ta do teu amigo e irmán.

Ramón Piñeiro

78

Page 79: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.3. Cartas a Carlos Casares.

Compostela, 4-IV-1965

Benquerido Carlos:

De volta de Lugo, a onde fun pra asistir a un home-naxe que lle fixeron a Luis Pimentel, atópome eiquí coatua carta. Non che contestei antes por mor da ausencialuguesa.

Xa vexo que estás mergullado nunha crisis anímicamáis ou menos semellante a algunha anterior de que metes falado. Non te alarmes. Mira, cando se ten unha vidainterior moi intensa –como ti, de certo, tes–, de vez encando prodúcense esta especie de crisis en que un sesinte como abatido e confuso. Eu tamén che teño pasadopor esa esperiencia. Pro eso é pasaxeiro. Xa verás comoa fe íntima, a que nace das raíces máis fondas do teu ser,acenderá de novo a sua chama e devolveralle a quentu-ra do entusiasmo ó teu ánimo. Canto máis, que te nece-sitamos. Ti estás chamado a ser un dos grandes renova-dores da prosa galega. Ademáis, pois que eres home demoi sinceira convicción relixiosa, tes que axudar á nece-saria anovación espritoal do catolicismo galego. Entreoutras cousas, por exemplo, traducindo á nosa língoa –álíngoa do pobo– as principás oraciós da Liturxia. ¿Quénsenón un poeta pode facelo acaídamente?

Fálasme, outravolta, da fascinación que che produ-ce a "praxis" do marxismo. Non dubido que así é. Contodo, si non estou equivocado, non é ise o camiño que

79

Page 80: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

mellor cadra ó teu verdadeiro ser. Eu véxote a ti dema-siado "humán", demasiado "cristián" pra te poderesidentificar sin daño coa dialéitica impersoal da "praxis"marxista. A fascinación prodúcese por un erro de pers-peitiva, pois reparas na súa "eficiencia" esterna máisque no seu costo en valores humás. Naturalmente, eurespeito os teus puntos de vista. Todo o que che digo noné por te contradecir nin por discutir as tuas opiniós,senón, máis ben, por che espoñer coa máis amistosalealtade o meu parecer.

O importante, de momento, é que non te abandoesó desánimo. Si pra o curso que ven ves a Compostela,como pensas, o mellor será que falemos co noso comúnamigo Nogueira e xa verás como che axuda a combatiresas crisis si é que voltan. Xa ves que tamén lle axudouó Arcadio. Non tes porqué rillalas ti soliño.

Non sabes canto me alegrou a noticia de que mati-nas escribir catro contos. Debes escribilos, claro que si.E publicalos.

Escríbeme e cóntame como vas de ánimos.

Lembranzas de Isabel. Unha aperta forte e cordialdo teu amigo

Ramón

***

Compostela, 29-IV-1968

Benquerido Carlos:

Acabo de recibir a tua carta, que me emocionou fon-damente. Escríboche co corazón conmovido polas cousas

80

Page 81: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

que nela me contas. Xa sabía, si, do labor dos cregos doRibeiro. Bastante xente me falou diles, sempre conadmiración e loubanza. Pro a túa carta é moi distinta,porque me fixo talmente vivir a maravillosa xornada quenela me contas. Con xente así, podemos confiar no futu-ro dos nosos compañeiros. Ó cabo de moitos séculos deservidume espritoal –ademáis das outras–, van atoparmans amigas que, xunto coa benzón, lles ofrecen axudafraterna. De ahí xurdirá unha Galicia nova, diñificadapolo cristianismo verdadeiro, o que cré na caridade, naxusticia, na libertade como supremos bens temporás dohome.

Mándoche o libro de Emilio. Sei que che ha intere-sar. Si fas o favor, cando publiques o comentario non dei-xes de me mandar o recorte do artigo, en primeiro lugarpra o ler e logo pra llo mandar ó autor do libro, que nadalle interesa tanto como os comentarios que se fagan enGalicia.

Non sabes canto me alegro de saber que estás ani-mado e que escribes. Lémbrome moito de ti e sempreteño preocupación por saber si escribes ou non, si estásanimado ou non. Ti tes que escribir moito, non só porqueescribes con verdadeiro talento literario –que xa seríadabondo– senón porque contas con unha gran riquezaespritoal que debe dar froitos pra todos nós.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón.

***

81

Page 82: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Benquerido Carlos:

Aguardamos que xa estea ben o Cristian e que reineplena e leda tranquilidade nese fogar.

Alegreime moito de que lograses unha solución asi-sada e xusta para os premios. De se deixar levar polocamiño das consideracións persoais máis que das litera-rias, o prestixio do premio –único valor que ten– resen-tiríase rápidamente. Nun premio literario de puro pres-tixio compre rexirse por normas éticas moi serias, poisdo contrario o valor do premio esmigállase de contado.

Mándoche o enderezo que me pediches, que é este:

Joaquina Conde, viuda de Silvio SantiagoPlaza de Orense, 9 -1º, La CoruñaApertas nosas para todos

Ramón

82

Page 83: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.4. Carta a Pilar Cayón Fernández.18

Compostela, 2-II-1961

Querida amiga Pilar:

Recibí tu carta. Ya sabía por Celestino que estabasanimada a venir el día del homenaje a Luis. Tan prontocomo esté señalada la fecha te la comunicaré. Creo queresultará muy bien. Les falta solamente la autorizacióndel Rector, para celebrarlo en el Paraninfo. El homenajeestá promovido por los jóvenes poetas universitarios(Arcadio López Casanova, Marina Mayoral, Jorge Ricoy,Francisco J. Carro, Salvador García-Bodaño), lo que leda un carácter altamente simpático. Yo los trato muchoa todos ellos y te puedo asegurar que sienten unhahonda devoción por la poesía de Luis. El lucense ArcadioLópez Casanova, que no llegó a tratar personalmente aLuis, fue el que más entusiasmo puso en la organizaciónde este homenaje. También la mindoniense MarinalMayoral –una jovencita de gran sensibilidad y muchoespíritu –tiene vivo interés en el homenaje. Y lo mismoel compostelano Salvador García-Bodaño, a quien le pre-miaron en la Coruña un hermosísimo poema dedicado aPimentel. Y todos los demás.

En este homenaje hablará Filgueira Valverde. Loschicos habían pensado inicialmente en Celestino, des-pués de Cunqueiro y por fin tuvieron que designar aFilgueira, porque Moreno Báez quería que fuese un

83

18 Dona de Luís Pimentel

Page 84: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

catedrático el que hablase. Filgueira lo hará bien, estoyseguro.

Como ves, todos los poetas gallegos jóvenes sientenentusiasmo por Luis. Este entusiasmo seguirá.

Mandé a Ínsula una reseña de Barco sin luces.Supongo que no tardará en salir.

Ya te tendré al tanto de todo lo relativo al homena-je.

Saludos de Isabel y muy cordiales de tu buen amigo

Ramón

P.D./ Arcadio López Casanova tenía pensado publi-car un artículo en El Progreso reclamando el homenajeque Lugo le debe a Luís, pero ya se que se le adelanta-ron los del Círculo de las Artes.

Le mandé un ejemplar de Barco sin luces al poetaargentino Víctor Luis Molinari y él me mandó a mí unartículo sobre Luis. Se publicará en La Noche y ya te lomandaré. También me mandó un poema de adhesión alhomenaje que leerán allí.

84

Page 85: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.5. Cartas a Rafael Dieste:

Compostela, 30-VI-1971

Querido Rafael:

Coido que terás no teu poder copia da proposta queo Filgueira, o Carballo e mais eu enviamos á Academiacon miras á unificación morfolóxica da lingua, propostaque se discutirá na sesión do día 4.

Unha copia desta proposta démoslla a IsidoroMillán –académico electo e competente lingüista–, quen,despois de téremos enviado a nosa proposta á Academia,suxeriu unhas modificacións moi interesantes ao textoda Norma 2. Pedinlle que as formulase por escrito e pro-metinlle cursalas oficialmente, pois con toda sincerida-de penso que acraran, precisan e melloran o texto danosa proposta nese punto concreto.

Como conoces o texto da proposta e non o da enmen-da de Millán, coidei interesante enviarche unha copia,por si consideras oportuno pronunciarte sobor do seucontido. A min paréceme que a distinción entre os pro-cedentes de -ile e os procedentes de -bile é acraradora;que nos primeiros, efectivamente, é a posición do acentoa que regula a formación do plural; que nos segundos –omesmo que ocurríu cos grupos PL-, CL-, FL- inicial–producíronse históricamente tres solucións: -bel, -bre, -ble. E que, o máis prudente, dende o punto de vista"lexislativo" académico, é non forzar normas ríxidas.Nesta etapa inicial da unificación compre proceder con

85

Page 86: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

discreto eclecticismo e agardar a unha etapa máis avan-zada do desenvolvemento literario da lingua para darnormas máis definitivas. Por eso me parece atinada aenmenda do Millán.

Como ves, o problema da lingua vai cobrandoimportancia crecente. Boa falta fai.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón Piñeiro

OBSERVACIÓNS ÁS NORMAS

2. Na norma 2, adhírome ás dúas primeiras frases,e, a seguida delas, propoño:

"Os polisílabos sustitúen, xeneralmente, -l por -is:casal, casais; animal, animáis; papel, papéis; cadril,cadrís; español, españois; azul, azúis.

Mais no caso dos adxectivos polisílabos do galegoactual correspondentes aos do latín en -ilis e -bilis, eque, polo máis común fóronlle tomados en préstamo tar-deiramente por vía culta, obraráse da segunite forma:

a) Nos porcedentes do latín -ilis, que teñan dado íloxítono, o plural ateráse ao patrón de cadril,cadrís e diráse: civil, civís; febril, febrís; xentil,xentís; pueril, puerís; hostil, hostís. Cando, polacontra, o final -il non leve acento, o plural acomo-daráse ao patrón do latín, e diráse: áxil, áxiles;fácil, fáciles; fráxil, fráxiles; hábil, hábiles; débil,débiles; estéril, estériles; útil, útiles.

b) Nos procedentes do latín –bilis (amabilis, horribi-lis, inmobilis, solubilis), incorporados os máis

86

Page 87: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

deles, como semicultismos, aos idiomas hispáni-cos no intre renacentista, distínguense tres axei-tamentos en galego: 1) o primitivo, de perdura-ción da vocal postónica e perda da final, que seconsolidou no portugués: amável, horrivel, imó-vel, solúvel; 2) interrumpida a continuidade dogalego escrito e esmorecidos estes adxectivos nafala viva, no periodo postrenacentista, pasaron aela, ás veces, con perda da postónica, cal no casa-telán, propendéndose a trocar en -BR- o grupo -BL- resultante, refugado pola base articulatoria,asegún a analoxía de dobre: por exempro, nobre,endebre, e ainda amabre, posibre, e formas seme-llantes; 3) na época actual, rexurdida a linguaescrita como vehículo de pensamento abstracto ede cultura, aconséllase o uso destes adxectivos,cando se fagan precisos co grupo secundario -BL-, conforme á analoxía dos cultismos da Norma 5:amable, horrible, inmoble, soluble.

Non embargantes, permítese e recoméndase a con-servación das solucións 1) e 2), nos casos en que veñanrespaldadas polo uso popular xeneralizado ou dos bósescritores: por exemplo, nobre, endebre, e outros.

***

Compostela, 12-VII-1972

Benquerido Rafael:

Andabamos a voltas coa idea de nos xuntar coFermín Penzol en Vigo, na sua Fundación, para celebrá-remos de maneira sinxela e cordial o seu retorno aGalicia con motivo da xubilación.

87

Page 88: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

O Cilistro apuntaba a data do 22 como acaída paraeles, que tiñan que se trasladar desde Lugo a Vigo. Mas,nos mesmos días en que nós falabamos en Sada do librogalego o Fermín estaba en Santiago nas mans dos médi-cos, que lle diagnosticaron un tumor de vexiga –nadasabemos aínda da sua benignidade ou malignidade– emandárono a Barcelona para ser operado. Con estemotivo, o plan da xuntanza viguesa quedou anulado.Tratábase de lle entregar un libro feito para el –que tan-tos libros nos entregóu a todos–, e decidimos entregarllode contado e sin xuntanza algunha. Por ser o máisamigo, eu mesmo llo entreguei en nome de todos.

Xa está internado no sanatorio. Eu falei con el porteléfono e atopeino sereno e animado. Coido que o ope-rarán nestes días. Aínda temos a espranza de que setrate dun tumor benigno.

Eu aínda non falara contigo da xuntanza viguesa–en realidade só tiña falado con catro ou cinco persoas–,mas por si algunha destas persoas che falóu, por eso chequero espricar todo o ocurrido. Agora, en lugar de pen-sáremos en organizar a xuntanza viguesa estamos agar-dando novas de Barcelona.

Teño ganas de botar unha parrafada contigo.Calquera tarde que me cadre axeitada achégome ahí echámote.

Saúdos a Carmen e de Isabel para os dous. Para tiunha forte aperta de

Ramón

***

88

Page 89: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 28-III-1973

Querido Rafael:

Resulta que a "Iª Mostra de Teatro en Galego" cele-brarase en Ribadavia a mediados de maio –coincidindocoas datas próximas ao día das Letras Galegas–. Penseique os amigos de Ribadeo que concurrirán alí co "A fies-tra valdeira", teñen tempo de asimilar as indicaciónsque lle queiras facer para mellorar a representación.Eles estimarancho ben, como é natural. Son rapacesnovos, cheos de entusiasmo e de boa vontade.

Unha aperta forte e cordial do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 2-IV-1973

Querido Rafael:

O meu amigo José Luís Abellán acaba de me escri-bir decíndome que vai vir tres días a Santiago paratomar parte nun "Coloquio de folósofos jóvenes" que esteano se celebrará eiquí os días 15-16-17 deste mes. O JoséLuís Abellán é profesor de Historia da FilosofíaHispanoamericana na Universidade Autónoma deMadrid e autor de varios libros interesantes relaciona-dos coa sua especialidade. Entre as cousas que querelevar a cabo neste viaxe a Galicia figura unha entrevis-ta contigo, e pídeme que a concerte eu. Como nunha oca-sión en que coincidimos os dous en Toledo xa me falara

89

Page 90: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

de ti, sei pouco máis ou menos o que che quere pedir.Trátase desto:

Andan a preparar unha Historia da literatura espa-ñola no exilio, entendendo o conceito "española" na suapluralidade real: castellana, galega, catalana, euskérica.Para a galega déronlle o teu nome, e pensa pedirche esacolaboración. Tamén quere, con tal motivo, conocertepersoalmente. Por eso non che escribíu nin se valeu deningún intermediario, pois como tiña que vir a Galiciaquería aproveitar a oportunidade para te conocer.

Dos tres días de permanencia en Galicia, o primeiro–o domingo 15– estará ocupado. Os días 16 ou 17 desexaentrevistarse contigo, estando disposto a ir á Coruñapara o encontro.

Eu anticípoche todo esto e dentro de algúns díaschamareite por teléfono para nos poñéremos de acordo.

Unha forte aperta do teu amigo

Ramón

90

Page 91: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.6. Cartas a Manuel María:

Santiago, 18-4-1951

Meu querido amigo:

Recibín fai tempo a tua carta. Dende entón xa fun evoltei de Vigo e trouxen o teu Advento, que che levarei encanto vaia aí. Estiven un día con Cuña, que me dixo queche iba a escribir un d-istes días. Tamén Paco recibíucarta túa e pensa escribirche, soio que ista tempada estáamolado con unha doenza alérxica que sempre o atacanas primaveiras.

Xa saberás que traen a Olano pra La Noche. Coidoque virá en Maio.

O primeiro número de Cuadernos xa está impresoi-están agardando a que chegue o libro de Cabanillaspra lanzar os dous á rúa. A min inda non mo mandaron,mais conto recibilo n-ista semán. O segundo número irádedicado á pintura galega, que iste ano está de aituali-dade por mor da exposición de Bos Aires. Por certo queistes días están os pintores a rematar os preparativos.

Agradézoche moito que lle me entregues ista cartaadxunta a Ánxel Xohan, pois eu non sei as súas señaspra mandarlla direitamente a il. Canto máis axiña llaentregues, millor é.

91

Page 92: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Os de ‘Benito Soto’ xa publicaron a Musa Alemá.Agora coido que van publicar un libro de Leal Insua.

Unha aperta do teu amigo

Ramón

***

Compostela, 27-4-53

Querido Manoel María:

Recibín a tua carta felicitándome pol-o daAcademia. Agradézoche a felicitación pol-o que ten derefrexo da túa natural cordialidade, inda que o motivo,n-iste caso, non pode ser máis intrascendente. Xúrocheque non hei de caer na tentación de poñer, debaixo domeu nome, "de la Real Academia Gallega". Estou deacordo contigo en que ise "Real" organismo percisa dealento vivificador. O que xa non atopo tan atinado é queimaxines que a miña hipotética incorporación ó gruponada reducido, por certo, dos numerarios, poderíainfluir pouco nin moito na vida asmática da Academia.Outros contemporáneos meus xa che están dentro, i-euvexo que máis ben foxen de alí pra que non-os coma acousa. Cando comencedes a chegar a ela vós os queagora sodes rapaces, que coincidirá co-a desaparicióndos fósiles que hoxe abundan n-ela, será cando verda-deiramente se renovará o pulso da nosa Academia.Mentres, o único bó que se pode facer é traballar, cantomáis e máis seriamente, millor, e non preocuparnosmoito d-ela.

Hoxe mesmo falei co Borobó. Facía moito tempo quenon-o vía, porque estivo na cama co gripe. Pergunteille

92

Page 93: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

pol-a xestión que che prometera facer e díxome que indanon tivera boa ocasión por mor da sua doenza, maissemella disposto a cumprir a promesa.

Xa soupera de voso viaxe conxunto a Vilalba porqueveu a noticia nos xornás. Alégrome moito de que o pase-des tan animadamente como vexo que o ides pasando.

Novoneyra está eiquí, mais está hospitalizado e moipoucas veces o vexo. Teño no meu poder o seu libro OsEidos, que é, pra o meu ver, un libro verdadeiramentefermoso.

Inda non vin a antoloxía de Varela Jácome. Vexoque ti xa a conoces e témome que teñas razón nos xui-cios que fas, inda que o ton correspóndase co-a fogaxepropia dos mozos.

En xeneral, tanto en Galicia como en Portugal fixe-ron xuicios semellantes ós teus no tocante á Escolma depoesía galega. Quizáis teñas razón ó botar de menosunha meirande mostra de poesía de escarnio e mal-dicer. Ten en conta que ise é un mal caraiterístico detodal-as antoloxías que se fixeron. Pol-a nosa banda,temos mentes de o reparar oportunamente e adicarlle ótema toda a importancia que ten de seu.

O libro de Fole sairá axiña e quedará moi ben.Estou moi ledo co-a súa publicación.

Ocupareime de que recibas o exemprar de Vamosque acaba de saír.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón

***

93

Page 94: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 24-XI-1953

Querido poeta amigo:

Recibín fai días a tua carta. Xa tiña conocementodo teu viaxe a Ourense e dos éisitos que alí tiveches. Oprimeiro en mo comunicar foi D. Ramón e dispois variosamigos meus de Ourense. Como é natural, alegreimemoito de que tiveras tanto éisito, incruso ó tratares deun tema tan pouco familiar como os "esmaltes". Estouseguro de que ise teu contaito cos rapaces de Ourenserepetirase e alongarase a outros pobos de Galicia sem-pre co mesmo éisito. Xa sabes que os poetas sempre ato-pan amigos en todas partes.

Xa estarei ó tanto de todo o tocante ó concurso poé-tico do Ano Santo. Cando se teñan noticias certas, escri-bireiche de contado con detalles concretos.

Non podo crer que os teus pulos poéticos afoguenen prosa xurídica. Inda que leves tempo sin ganas deescribires versos, cando menos o penses poñeraste aescribir un libro novo. Pol-o de pronto xa é un bó sinalque teñas o proieito de facer o "Poema do Pórtico daGroria" pra engadir ó "Poema a Compostela".

Coido que o traslado a Lugo do gran poeta doCaurel será pra ti un bó motivo de ledicia, xa que, sendocomo sodes os dous poetas novos de máis folgo lírico quetemos en Galicia, a convivencia que xa comenzáradesno servicio do Rey será estimulante pra os dous. Sobretodo agora que afrontades o conquerimento da "inde-pendencia económica" por camiños alleos ós da poesía,como é inevitabel e máis aínda nistes tempos. Agorateredes que pasar por isa nova "Parga". Igual que sou-péstedes sobrepoñervos alí, tamén eiquí vos habedes de

94

Page 95: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

sobrepoñer sen dano pra o voso alento poético. Xa veráscomo o teu pesimismo ha de ser momentáneo.

¿Que tal vai o “Cancioneiro do Caurel-Xistral”?

Unha aperta moi forte do teu bo amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 21-1-54

Meu querido amigo:

Acabo de me enterar de unha boa noticia que chequero comunicar de contado. O Centro Galego de BosAires acordou editar algúns dos libros premiados alá, i-entre os escollidos pra seren publicados figura o teulibro de versos. Como podes supoñer, eu alégrome moitode que o editen.

¿Que tal vai o teu "Poema do Miño"? Sería unhapena que non tiveras folgos dabondo pra lle dar unhaperfeición formal a tono coa grandeza do tema. Ben seique o pulo emocional non che ha de faltar, mais nistecaso non abonda con soio a emoción. Compre que opoema teña o ritmo solemne e tranquilo, quizáis monó-tono, do Miño mesmo no seu decorrer, e isto non-o aca-darás sin o concurso da forma.

Inda non che enviei o libro de D. Ramón que mepediras cando estiven ahí. Ando bastante atafegado evai pasando o tempo sin poder atender a certas peque-

95

Page 96: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

nas cousas que teño pendentes, entre ilas o teu encar-go. Calquera día mándocho.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Santiago de Compostela, 30-V-66

Benquerido Manuel María:

Acabo de recibir a tua carta. Certamente que esti-ven ahí unhas horas co matrimonio Prada. Ibamos deOurense pra Lugo e fomos por Monforte pra xantar coCesáreo. Fomos direitiños á sua casa e somentes saímosuns momentos pra ver o castelo –fomos no coche–.Tanto o Cesáreo, como o Prada, como eu tiñamos inte-rés en che telefonear. O que ocurríu foi que a Cristinapreparounos un xantar bastante mellor que os quepapaba o Conde de Lemos e demoramos nil todo otempo que merecía, que era moito. Logo viñeron unsfamiliares do Prada e, como é moi natural, animáronsenunha conversa familiar. Resultado: cando nos decata-mos era moi tarde e tiñamos que saír pra Lugo sinperda de tempo, pro o Prada considerou obrigado queentraramos na casa dos seus parentes, cousa que fixe-mos, e alí fixéronnos merendar. Cando chegamos aLugo atopámonos con que non había hotel onde aloxarao matrimonio Prada. Menos mal que habilitaron unhahabitación no desván do Paramés e puideron quedaralí. Como ise día ibamos unicamente a xantar coCesáreo, o Prada tiña mentes de que volveríamos outro

96

Page 97: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

día a Monforte, pois tiña interés en te ver e, ademáis,quería xantar cos seus parentes. As cousas complicá-ronse e non se puido realizar ise programa.

Comprendo ben o incómodo que che resultará terobra inédita nun caixón e na cabeza. A min pásame ocontrario: non teño tempo nin acougo pra escribir.Tamén eso é incómodo, pódesmo crér. Por unha cousaou por outra, todos tropezamos con dificultás. Perofalemos da tua obra que é, en realidade, o que a ti cheinteresa. Eu tiña enviado a Vigo, hai tempo, Os aluga-dos, con destino ao Grial. Logo recibín a derradeiranarración que me enviaches, que tardei moito tempo enpoder ler porque tuven demasiadas ocupaciós, entreelas numerosos viaxes. Agora mesmo estou preparandoun viaxe de 3 meses aos EE.UU. Pero, como che decía,tardei en ler a tua terceira narración. Atopo que é máisfroxa que as anteriores, sin apenas interés. Candopubricamos a primeira, pasouche o que a Celso Emiliocos seus versos, recibiches felicitaciós por motivosextra-literarios. Sin duda que eso te animou –cousa, poroutra banda, moi humana– e acentuaches os motivos detal tipo de aprobaciós ao escribires a nova noveliña. Namiña opinión é literariamente moi feble, inda que señaideoloxicamente máis socialista. Pra incluir nun libronon resulta.

Como eu estarei fora deica mediados do setembro,a peza teatral de que falas pódeslla enviar a Paco por siresulta oportuna pra algún dos números próisimos doGrial.

¡Feliz ti, querido Manuel María, que tes tempo pramaxinar i escribir obras e máis obras!

97

Page 98: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Saúdos garimosos pra os dous de toda esta familia.Pra ti unha forte e cordial aperta do teu amigo

Ramón

P.D.: Aínda non vin o libro do Novoneira.

***

98

Page 99: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.7. Carta a Manuel Meilán.19

Compostela, 21 de xaneiro de 1964

Sr. D. M. MeilánMontevideo

Meu querido amigo:

Recibín a súa carta. Tamén eu lle desexo, pra vos-tedes i os seus, un ano cheo de venturanzas, e, de paso,confiemos en que o novo ano seña xeneroso pra todos.

Sí, recolleuse o moblaxe de doña Gala i está deposi-tado nunha casa en Padrón en agarda de o poder insta-lar no Museo. O amigo Mosquera fai con nós o mesmoque con vostedes: escúdase na saúde pra ir alongando asituación. Penso que xa chegóu ó límite e que tardarápouco en facer crisis. Verdadeiramente agotouse todo omarxe posible de tolerancia coa súa alegada doenza dosnervios. O ambiente é cada día máis firme, dentro e forado Patronato, no senso de non continuar máis tempo así.Xa empezan a atacalo públicamente.

99

19 Manuel Meilán (1904-1994). Natural de Lugo, onde sendo aíndarapaz participou no congreso das Irmandades da Fala desta cidade.Emigrou a Arxentina en 1922 e alí participou en diversas institu-cións da colectividade galega e mesmo publicou diversas colabora-cións nas revistas Galicia e Céltiga. Dende 1934 residiu no Uruguai,onde traballou coma redactor de Raza Celta. Tamén colaborou con OIrmandiño na primeira época e dirixiu temporalmente Guieiro.

Page 100: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Pola miña parte teño grandes desexos de que seacrare todo e se proceda á reorgaización do Patronato.Agardo poder verme libre desta preocupación no sucesi-vo. Xa se decata de que hai demasiado que facer noseidos de Galaxia e da orientación da mocedade prapoder atender a máis cousas.

Por unha carta de G. Durán xa sabía da fundacióndo Patronato. Xa me decía que o nomearan segredario eamostrábase cheo de entusiasmo. Eu conózoo ben por-que convivimos moi intimamente en situacións difíciles.Estou seguro de que fará un bo labor.

Na ‘Penzol’ siguen sendo segredario o Ramiro. Contodo, agora trasladóu del Riego o seu despacho pra alí e,con tal motivo, comenzóu a funcionar sistemáticamente.Están alí 4 licenciadas en Letras facendo o ficheiro doslibros e documentos. Mentres non rematen de fichar ecrasificar todo non pode funcionar a institución en cantocentro de estudo. De todolos xeitos, agora é cousa depouco, porque avanzan a bo ritmo.

Os bispos de Galicia fixeron unha falcatruada tre-menda na aplicación dos acordos conciliares en favor daliturxia en lingua vernácula, pois decidiron considerarcomo lingua "vernácula" de Galicia o castelán, o mesmoque si estiveramos en Burgos ou en Toledo.

Con saúdos pra todolos amigos, reciba unha forte ecordial aperta de

Ramón Piñeiro

***

100

Page 101: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.8. Cartas a Eduardo Moreiras:

Compostela, 7-VI-1970

Sr. D. Eduardo Moreiras, Vigo

Querido amigo Moreiras:

Hai xa algún tempo que a sua filla me entregou oorixinal do seu libro de poemas Os nobres carreiros.Como nos parece un bon libro, decidimos publicalo.Confirmarame, xa que logo, os seus desexos de o pubri-car en Galaxia.

O libro xa está en poder do Paco del Riego, que équen lle dará realidade á publicación.

Perdoe que non lle teña escrito antes nin lle escribamáis de vagar. Ocurre que estou en vísperas de saír paraos EE. UU. por unha tempada e eso ocasióname moitosatafegos apremiantes. Á volta xa falaremos.

Unha cordial aperta do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

101

Page 102: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 19-VI-1972

Querido Eduardo:

Acabo de recibir carta de Rodrigues Lapa agrade-céndome un libro que lle mandei –Sátira e invectiva en laEspaña Medieval–, de Kenneth R. Scholberg, que se refi-re frecuentemente á edición que fixo o Lapa das Cantigasd’Escarnho e Mal-dizer–, e na carta hai un párrafo quefala de ti. Práceme copiarcho:

"A propósito da Galiza: ando a ler, con muito inte-resse e até apaixonado alvoroço, o diário de EduardoMoreiras, Follas de vagar. O homem e a paisagem galegaresaltam de súas páginas impressionantemente verda-deiros. Apontei algúns pedaços, que são trechos de anto-logia. Quem é esse homem, onde mora, o que fez até aquí?Agradéço-lhe que me informe con abundancia".

Alégrome moito de che comunicar este xuicio do granRodrigues Lapa.

Unha cordial aperta do teu amigo

Ramón

Lugo, 22-XII-1973

Benquerido Eduardo:

En Santiago recibín a tua carta que moito agradezo.Emocionoume esa solidaridade silenciosa que nela setransparenta. Probas de amistade sincera como esta tuaforon os únicos privilexios que teño acadado na vida. Seiben que son os máis valiosos e non os cambiaría por nada.

Desde a capital do Alto Miño, na que siguen vivas

102

Page 103: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

tantas e tantas lembranzas do noso común amigo LuísPimentel, desexo para ti e para os teus unhas Boas Festase as mellores venturanzas no novo ano.

Unha forte e cordial aperta do teu amigo certo

Ramón Piñeiro

Estes días vexo ao Fole, que está moi ledo porque vaisaír un novo libro de contos que lle publican os deCastrelos. Tamén atopei na rúa ao caurelán Novoneira,que ten preparada unha segunda parte de Eidos.

***

Compostela, 1-IV-1974

Querido Eduardo:

Alegroume moito a tua carta, tanto porque nela sereflexa a tua leda emoción dediante de Primaveira no Lorxa editada como pola boa noticia de que escribiches unhanovela de tema urbán, qeu estará lista para acudir aoconcurso de Galaxia.

Sí, tense falado da "imposibilidade" dunha narrativagalega de tema e ambiente urbán porque a "nosa" bur-guesía urbana non fala galego. Persoalmente coido quesemellante opinión é moi pouco fundada e padece o erro,tan frecuente na crítica contemporánea, de xuzgar os pro-blemas da creación literaria con criterios superficialmen-te sociolóxicos. O escritor galego pode tratar todolostemas. Cunqueiro escribíu en excelente galego unha exce-lente narración "bretona". E Shakespeare expresa admi-rablemente en galego todo o tráxico mundo cortesán-feu-

103

Page 104: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

dal inglés no Macbeth traducido por F. Pérez Barreiro. Naxente que fala de literatura e de arte bótase de ver unhaverdadeira intoxicación intelectual de seudo-socioloxíaque deturpa a comprensión do fenómeno literario e artís-tico no que teñen de pulo orixinal e creador.

Bon, os escritores de verdadeira persoalidade orixi-nal rematarán por facer pouco caso de tales andrómenase seguirán adiante. Como fas ti.

Gracias pola tua carta. Unha forte aperta cordial de

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 2-V-1974

Querido Eduardo:

Recibín o exemplar de Poesía Galega Contemporánea,cinguida escolma realizada polo González Garcés. A imaxeque nela se ofrece da nosa poesía contemporánea é, desdelogo, dignísima. Os seis poetas que figuran no corpo daantoloxía son certamente imprescindibles, si ben, paraque a imaxe fora máis completa eu engadiría a AmadoCarballo, a Bouza Brey e máis a Díaz Castro. En todocaso, nesto das antoloxías cada un ten o seu criterio e oGarcés, experto na materia, ten direito a ter o seu. Nin-guén lle poderá negar –nin discutir siquera– que os seisincluídos tiñan que ser incluídos. No tocante ao Apéndice,quizáis haxa mais marxen á discusión.

Gracias polo exemplar. Unha forte aperta de

Ramón Piñeiro

104

Page 105: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 4-XII-1974

Benquerido Eduardo:

A proposta de que che falaba era para académico deNúmero, porque xa eres Correspondente. Por certo quepara o artellamento reglamentario da proposta convíña-nos saber o teu segundo apelido. Non deixes de me porunhas liñas comunicándomo.

Alégrame saber que estás con tan espléndido pulocreador. Unha novela rematada e un novo libro no tearson proba de fondo alento na tua pluma.

Claro que non é posible cadrar á man tenta os poe-mas cos relatos nese libro mixto de prosa e verso queestás a escribir. O que ocurre é que, ao levaren os poe-mas fasquía de xornal, quizáis poderás ensarillalos norelato sin demasiada discordancia. Ti tes un bo tino esalvarás ben as dificultades da empresa.

Unha cordial aperta do teu amigo

Ramón

***

105

Page 106: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 107: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.9. Cartas a Luís Pimentel.

Madrid, 28-3-1943

Querido Luís:

Hace días te escribí recordándote que sin tener unacopia del original no conseguiríamos el presupuestopara la edición de tu libro. Hoy te escribo de nuevo parahablarte del mismo asunto.

Muy pronto empezará a publicarse una nuevacolección dedicada exclusivamente a la poesía que sellamará "Adonais". En ella tratan de recoger toda laproducción nueva que por su calidad puede representaruna continuación del movimiento poético anterior a laguerra. Se iniciará con un libro de un poeta andaluz lla-mado Morales. Uno de los inspiradores de la colecciónes Vicente Aleixandre. Como ellos mismos se encargande la edición de las obras y como la orientación de lacolección responde a un criterio de pura selección lite-raria, considero que sería un medio bastante aceptablede publicar tu libro incluyéndolo en la colección. Si túcompartes esta opinión podría tratarse el asunto. Yoestoy invitado por unos amigos míos de San Sebastiána ir dentro de unos días a ver a Aleixandre y en esa oca-sión procuraré informarme más detalladamente de losproyectos que tienen para el caso de que puedan intere-sarte.

107

Page 108: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Recuerdos a Fole y a Celestino y un abrazo para tide tu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 28-10-1954

Querido Luís:

En Vigo atopeime fai catro días co poeta ManuelMaría e deume algunhas noticias de todos vós. Pol-omenos sei que seguides vivos.

Hoxe escríboche para te informar do seguinte: oCentro Galego de Caracas acordou adicar un númeroextraordinario da sua revista a Otero Pedrayo. Será unnúmero-homenaxe no que participarán escritores portu-gueses, galegos e castelás, cada grupo na súa língoa. Osorganizadores do número enviáronnos xa a lista de cola-boradores, na que ven incluído o teu nome. A serie dosmédicos é bastante ilustre: Marañón, Rof Carballo,García Sabell e máis ti.

Desexan ter todos os traballos listos no mes denovembro. Como non son cousas longas, pódeselles com-placer. Ti perteneces, naturalmente, ó grupo dos colabo-radores en língoa galega. Xa sabes que podes dispoñerlibérrimamente da miña axuda, caso de que a precisa-res.

O libro de Novoneyra xa está, por fin, na imprenta.Conto que salia neste ano 1954.

108

Page 109: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

O teu amigo Souto vai expoñer na Habana e logovirá pasar unha longa tempada a Galicia, pois quer vera sua paisaxe nativa, que recorda –según di– co mesmodetalle e viveza con que recorda "a cara do seu pai". Nonperderá o contacto con México, onde ten, pol-o visto,espléndido mercado para os seus cadros.

Lin duas conferencias de Xesús Bal. Nunha delasfala de ti e de Evaristo Correa, lembrando a fundaciónda revista Ronsel. A outra trata do "alalá" e máis da"muiñeira" como cara e crus de espiritoalidade galega.

¿Fixeches moitos poemas novos?

¿Cando pubricaremos en Galaxia un libro teu depoemas galegos?

Unha aperta moi forte do teu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 11-XII-1954

Meu querido Luís:

Recibín o teu poema. Quérome apresurar a decircheque é realmente bó. Que eu seipa, é o millor poema quenunca se fixo sobre Rosalía. Refrexa unha visión sutil,finísima, da imaxe espiritoal de Rosalía ¡Que gran penaque non te animes a publicar un libro de poemas gale-gos! Causaría unha gran sensación. E agora que o ene-migo Aparicio e outros tan poderosos coma íl teñenteima con perseguir o noso idioma, os poetas –sobre todo

109

Page 110: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

os bós poetas– sodes quen millor o pode defender. Unlibro de poemas galegos de Pimentel tería máis impor-tanza e máis trascendencia en defensa da língoa galegaque todas cantas medidas restrictivas e prohibitivaspoida aplicar Aparicio.

Non deixes de pensar nisto, pois sendo como eres omáis alto poeta que hoxe alenta en Galicia, a tua voznon pode permanecer muda diante da persecución doidioma. Os verdadeiros poetas –que hai poucos, moi pou-cos– tedes o don divino de que a vosa palabra podes des-truír por si sola todal-as ruindades das xenreiras políti-cas.

Eu pensaba todo isto baixo a forte impresión emoti-va que me produxo a leitura do teu poema. Por iso chodigo.

Xa sabes que, no meu pasado, fíxose unha últimaxestión en Madrid para sacar o número de Ínsula adica-do ás letras galegas, que estaba estancado na censura. Oenemigo Aparicio negouse rotunda e categóricamente.Como eu irei pol-o Nadal, xa falaremos longamente.

Unha aperta moi forte do teu amigo

Piñeiro

110

Page 111: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.10. Cartas a Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.

Compostela, 13-VII- 1979

Benqueridos Carme e Claudio:

Acaba de chegar a vosa postal salmantina e leva-mos unha grande alegría ao saber que as oposicións vosvan ben. Confiamos en que seguirán indo ben deica ofinal porque vós sempre tomástedes en serio a carreira etedes unha preparación pouco común. Certo que nasoposicións pode intervir o azar en favor ou en contra,pero estou seguro de que a vós tenvos simpatía.

Estes días tiveron aquí uns cursos para profesores eviñeron tomar parte neles o Carlos Peregrín Otero, oFrancisco Rico e máis o Gonzalo Sobejano. Quedaronencantados co Peregrín.

Coido que no próximo consello de ministros aproba-rase o decreto de bilingüismo para Galicia, que comen-zará a aplicarse no próximo curso.

Alégranos saber que axiña vos veremos por aquí.Celebraremos xuntos o voso éxito ¿non si?

Unha forte e cordial aperta de

Ramón

***

111

Page 112: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 12-IV-1981

Benquerido Claudio:

Ímoslle adicar o próximo número de Grial ao ÁlvaroCunqueiro. Sería ben que ti ampliaras o teu artigo sobrea poesía cunqueiriana aparecido no Suplemento da Voze comentaras o conxunto da súa obra poética¿Paréceche?

O malo, como sempre ocurre nestas cousas, é a pre-mura de tempo. Convíñame telo antes de maio. Paraganar tempo, pódesllo enviar directamente a Paco delRiego –c/ Dr. Canaval, 32-4º–.

A morte sigue roldando a nosa cultura. Oito díasdespois de enterráremos ao Álvaro en Mondoñedo, pere-grinamos a Castropol para enterrar a Fermín Penzol.Resulta demasiado para poder conservar a serenidadedo ánimo.

Apertas para os dous

Ramón

***

Compostela, 11-XI-1983

Benqueridos Carmen, Claudio e Mariña:

Recibín a vosa carta que nos alegrou moito aos tres.Tiñamos noticia do nacemento da nena e de que tivera-des bastante atafegados, porque nos informou Matildedas preocupacións maternais de Carme e de que estive-

112

Page 113: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

rades moi ocupados. Desde logo, antes de nada quere-mos darvos os parabéns polo arrequecemento familiar eesperamos coñecer axiña á naipela.

Agradezo de corazón a vosa felicitación pola elec-ción para presidir o Consello da Cultura. A pura verda-de é que fixen o posible por non ser do Consello debido aque teño xa demasiados compromisos –e non poucosanos–, pero non o puiden evitar. Ao cabo, terminei depresidente. Trátase dunha institución independente esin funcións de goberno, pero que ten a responsabilida-de, establecida no Estatuto, de se ocupar da conserva-ción e promoción da nosa cultura. Tratarei de cumplir aresponsabilidade que se me encomendou o mellor quepoida.

O libro dos Cinepoemas espero lelo o domingo si nonxurde algunha complicación, porque levo unha tempadasin acougo.

Como vexo que escribides desde Lugo eu tamén vosescribo ahí. Apertas nosas para os tres

Ramón

***

Compostela 8-III-1985

Benqueridos Claudio e Carmen:

O húmero escachado xa empezou a soldar, eso si,axudado por anelos e cravos metálicos que terman del.A man, como vedes, comenza os primeiros tanteos paraescribir de novo, inda que polo de agora está moi atari-

113

Page 114: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

ñante. Pero é cuestión de tempo, pois o proceso xeral darecuperación vaise producindo normalmente.

Graciñas polo libro e pola separata. Cando melloreo tempo teredes que vir os tres pasar un día con nós.

Apertas nosas para os dous e bicos para Mariña:

Ramón

***

Compostela, 14-XII-1986

Querido Claudio:

O primeiro número de Grial do novo ano queremosadicárllelo ó Celestino e mais ó Fole, os dous queridosamigos que sempre botaremos en falta. Por seres ti,ademáis de lugués como el e amigo devoto por el corres-pondido, un dos máis serios estudiosos da sua obra lite-raria, queremos que nese número non falte a tua cola-boración. Podes tratar o tema que queiras. O único pro-blema é que nos compre ter os orixinais a mediados dexaneiro, quer decir, dentro dun mes. Como cadra coasvacacións escolares, confío en que disporás de tempopara escribilo.

Aínda non sabemos si poderemos ir a Lugo agora noNadal. Si imos farei por vos ver.

Apertas garimosas para os tres de

Ramón Piñeiro

Boas festas de Nadal e feliz Aninovo.

114

Page 115: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.11. Cartas a Pilar Vázquez Cuesta.

Compostela, 13-II-71

Querida Pilarín:

Chegoume a tua carta cando eu marchaba aCoímbra, pois tivemos alá unha Semana CulturalGalego-Portuguesa patrocinada pola Universidade emáis pola Academia Galega. Organizárona con motivoda aparición da segunda edición das Cantigas deEscarnho e de Mal Dizer, preparada por RodriguesLapa. Portugueses falaron o propio Lapa, o OrlandoRibeiro e máis o Piel (portugués, ou mellor, galego-por-tugués honoris causa), e galego o Carballo Calero e máiseu, porque o Lorenzo, que o tiñan incluído, non puido ir.Con tal motivo houbo tamén unha exposición do librogalego, que resultóu ben e producíu bastante sorpresa.Tiven ocasión de conocer persoalmente ao Cintra, cousaque me alegróu moito.

As novas que me dás relativas á experiencia dastuas aulas galegas énchenme de alegría. Coido que tenunha positiva importancia o feito de que ahí os poñas encomunicación direita co noso mundo cultural. Dime si túpersoalmente precisas algunha cousa de eiquí. Porexemplo, hai uns meses sacamos a Gramática Gallegade Marcial Valladares, que estaba inédita. Non sei si ates ou si che interesa (está datada, no manuscrito, en1892).

115

Page 116: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Cando teñas os materiáis poéticos de Curros pódes-mos mandar pra o Grial. Non deixa de ser interesantepublicalos.

Agradézoche moito a xentileza de pensares en minpra ise Colóquio lisboeta encol da Xeración do 70. Ora,teño que che confesar honestamente que non só non sonespecialista nesa Xeración literaria senón que son poucoconocedor dela. Por eso é moito máis prudente que noninclúas o meu nome. Repito que che agradezo moi since-ramente que pensaras en min, pro a verdade é que nonestaría xustificada a miña presencia no Colóquio (salvocomo ouvinte para aprender). Pensaba escribirche antesniste sentido, pro ao voltáremos de Coimbra apañéiunha gripe e tiven que gardar cama e, oito días deausencia en Portugal e oito días de cama coa gripe, com-plicáronme sobexamente o traballo.

Levei disgusto coa oposición do Lorenzo. Foi penaque il non aituara con máis pulo inicialmente. De certoque ten poucas condicións temperamentáis de opositor.Sentino moito. Menos mal que non veu moi desanimado.

Xa hai ben tempo que non imos por Madrid. Candovaiamos chamarémoste pra botáremos unha boa parra-fada.

Apertas de Isabel e miñas pra vós as tres

Ramón

P.D.: Non sabía que Dona Emilia tiña tanto entu-siasmo pola cultura portuguesa. Interesoume o teu tra-ballo.

***

116

Page 117: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 31-I-72

Benquerida Pilarín:

Acabo de recibir a tua carta e mais as fotos, lem-branza da tua visita primaveral a Compostela. Dareilleunha das copias ao Carro cando veña por eiquí.

Hoxe estará ahí o Carballo iniciando o seu concur-so. Confío en que non haberá grandes dificultades parael, porque ten obra, ten preparación, ten dotes expositi-vas e vai ser xuzgado por un tribunal solvente. Nesascondicións, a cadeira debe de ser para el. Eu irei ahícando sexan os exercicios, que supoño serán dentro dedez días, así que xa nos veremos.

Dende logo que no Grial publicaremos un comenta-rio sobre a tua Gramática.

A cifra de estudiantes de Literatura Galega é real-mente notábel. De seguir así –en Barcelona tamén sonmoitos– dentro de algúns anos a xente culta irá tendounha idea máis real da cultura española e da sua plura-lidade.

Hoxe recibín unha mensaxe do Celso Cunha recla-mando os derradeiros números do Grial.

O xoven poeta que coñeciches eiquí na casa cháma-se Salvador García-Bodaño e é autor dun libro editadona colección Salnés que se titula Ao pé de cada hora. Siqueredes establecer contacto con el, o enderezo é este:Calderería, 50 -Santiago de Compostela.

Sei que hai eiquí un grupo teatral de rapaces queestán en contacto co Carro. No caso de que che interesendetalles sobre o particular, podémoslle preguntar a este.

117

Page 118: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Bon, xa falaremos de todo esto dentro de pouco.

Saudades nosas para tua nai e mais a Paloma. Parati unha cordial aperta dos teus amigos

Isabel Ramón

***

Compostela, 18-VI-76

Querida Pilarín:

Recibín a separata da tua comunicación ao XCongreso de Lingüística y Filología Románica, na quetomas por base a Maxina ou a filla espúrea, de M.Valladares.

Agradézoche de veras a xentileza de me mandaresa separata. Ben sabes que todas as tuas cousas me inte-resan, e as de tema galego de maneira moi especial.

Este inverno non tiven ocasión de ir por Madrid, asíque non puiden botar unha parrafada contigo. Esperoque ao estares en Salamanca teremos máis ocasións denos ver.

Saúdos de Isabel e meus para as tres. Para ti uncordial abrazo de

Ramón

118

Page 119: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

2.11. Cartas a Carlos Zubillaga Barrera.20

Presentaciónpor Carlos Zubillaga Barrera

A comienzos de la década de 1960 se constituyeronen Buenos Aires y en Montevideo sendos núcleos dejóvenes descendientes de gallegos que asumieron unamodalidad institucional similar: la Asociación Argentinade Hijos de Gallegos (en la que actuaron Antonio PérezPrado, Ricardo Palmás Casal, Elsa Fernández, AlbertoAbalos, Pepe Reinoso, y cuyo primer profesor de lenguagallega fuera Eduardo Blanco Amor) y la AsociaciónUruguaya de Hijos de Gallegos (a la que me integré, yque centró su primer actividad en un seminario sobreSempre en Galicia de Castelao). Las dos Asociacionesmantuvieron frecuentes contactos y se abocaron aemprendimientos comunes (conferencias, exposiciones,acciones de reivindicación lingüística, ediciones). Laargentina publicó en 1962, en su sello editorial "AlénMar", Dos Ensayos sobre la Saudade de Ramón Piñeiro,en versión castellana de Celestino de la Vega. Fue pre-cisamente este acercamiento a la obra de Piñeiro, quepretextó mi primer contacto epistolar. El nexo –diríamás bien, el incitador– fue Antonio Pérez Prado (médi-co argentino bautizado en Galicia, amigo entrañable y

119

20 Carlos Zubillaga Barrera foi o coordinador do Instituto de CienciasHistóricas e director do Departamento de Historiología enMontevideo

Page 120: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

ensayista finísimo), quien una y otra vez me escribiósugiriendo ("exigiendo") la comunicación con Piñeiro.Desde su radicación en Inglaterra (más precisamente,en Sheffield), donde acrecentaba su formación comohematólogo, Antonio me instaba: "Insisto en mi pedido:tienes que escribir hoy mismo a Piñeiro, contarle nues-tra charla montevideana y entrar así, súbitamente, enese mundo del que formas parte ya. Es necesario quecuenten contigo y es necesario que tú pases a formarparte viva del sistema cultural gallego". Un tanto teme-roso por lo que consideraba una relación epistolar asi-métrica, demoré en atender el reclamo de mi amigoargentino. Pero Pérez Prado no cejó: "Le has escrito aPiñeiro? Es preciso que lo hagas cuanto antes. [...] dilede tus proyectos, opiniones y esperanzas. Yo iré porGalicia el año que viene y quiero que entonces tú estés–como un recuerdo y como un amigo epistolar, almenos– en las sabrosas charlas que me prometo conRamón". Tanto empeño tuvo por fin su reconocimiento,y un día me decidí a escribirle a Piñeiro, valido de unpretexto: hacerle llegar el boletín de la AsociaciónUruguaya de Hijos de Gallegos (que se llamaba "Nós") yun ejemplar de mi breve poemario Para la tierra presen-tida (que prologara el argentino Víctor Luis Molinari).

La respuesta de Piñeiro me anonadó: un generosojuicio sobre mi producción, acompañado de un itinerariovirtual por esa tierra presentida desde la lejanía riopla-tense, en cuyo recorrido se ofrecía como humilde cicero-ne. Todo ello en el marco de una comunicación cordial,como de viejos amigos, que acicateaba la continuidad delvínculo, incorporando ciertas señas de identidad com-partidas. A partir de esa carta fechada en Compostela el20 de marzo de 1965, durante diecisiete años intercam-biamos sin regularidad cronológica (a veces mediando

120

Page 121: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

largos períodos de mutuo silencio) misivas de naturale-za y extensión variables. Para mi tarea en torno a lostemas y a las inquietudes de la vida gallega, realizadaen un contexto no siempre propicio (pues la acción des-plegada por la representación diplomática españolahasta la muerte de Franco fue francamente hostil cuan-do no artera, frente a cualquier labor de entonacióngalleguista), esas comunicaciones con Piñeiro fueronalgo así como el nutriente de un pensamiento crítico,que no por ello abandonaba la recuperación emocionalde las raíces. No toda esa correspondencia me llegaba deCompostela; a veces Piñeiro aprovechaba sus "cruces delAtlántico" para hablar largo y tendido sobre la realidadpeninsular y gallega, sin cortapisas ("Aproveito o estaraquí –decía en comunicación desde Middlebury,Vermont- pra lle falar con craridade da situación de alí;pois que eiquí non hai censura postal española”).

Vinimos a conocernos personalmente recién en juliode 1980, en oportunidad de la visita que Piñeiro hizo aMontevideo, invitado por el Patronato da CulturaGalega de Uruguay para participar en las Xornadasjacobeas de ese año. A partir de entonces las comunica-ciones epistolares adquirieron un cariz más personal(Piñeiro comenzó a tutearme, sin que lograra la recípro-ca porque me apocaba la distancia, no precisamentegeneracional), sin que se redujeran –empero– las saga-ces apreciaciones políticas sobre Galicia y su destinoautonómico.

Atesoré este puñado de cartas como un testimoniofervoroso de mis vínculos tempranos (tempranos paramí, se entiende) con la Galicia "interior", en años toda-vía cargados de incertidumbre. El reclamo de LuisAlonso Girgado vino a sacar de mi archivo esos testimo-

121

Page 122: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

nios que, probablemente, ayuden a entender mejor latenacidad de una prédica y las peculiaridades de su inci-dencia intergeneracional, lograda mediante una disposi-ción al diálogo sin imposición magistral.

Montevideo, junio de 2003.

Compostela, 20-III-65

122

Page 123: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 20-III-65

Sr. D. Carlos A. Zubillaga BarreraMontevideo

Meu caro amigo:

Co novo número de Nós chegoume o seu libriño depoemas “Para la tierra presentida”. Foi unha grata sor-presa, que a leitura convertíu en sutil emoción. O seulibro, tan breve, tan sobrio, tan intensamente íntimo,conmoveume profundamente. Algúns poemas –"Raízlucense", "Rosalía", "Destino", por exemplo– teñen iseinterno fervor de unha oración. En realidade todo o librover ser coma unha oración na que arde unha purísima fena terra e no pobo da súa estirpe materna. Tan sincera,tan vibrante, tan viva é esa fe que ún síntese estremeci-do por un pulo fraternal e quixera acompañalo de conta-do polas veigas, polas serras e polas praias luguesas. Elevalo a carón de Meira, a ver nacer o Miño nun tran-quilo e contínuo agurgullar entre as espadanas i os xun-cos. I ás romarías de Cospeito, ás de San Lucas deMondoñedo, ó San Froilán de Lugo. E convidalo a comertroitas do Neira, perdices do Incio, xamón do Caurel,queixo de San Simón, marisco das Rías Altas, i a beberviño de Amandi e augardente de Portomarín. E tamén,claro, a pasear plácidamente polas murallas de Lugo,polas que tanto e tanto teño andado e platicado con LuisPimentel, con Ánxel Fole, con Carballo Calero, conCelestino F. de la Vega, con Manuel María, con Arcadio

123

Page 124: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

López-Casanova.

En fin, meu amigo, moito lle agradezo o envío doseu libro i a xentil adicatoria que nil escribiu. Despois deo ler, vostede pasou a formar parte, por direito propio,da constelación dos meus grandes amigos lugueses.

O novo número de Nós é unha confirmación máis darigorosa puxanza que trae esa Galicia moza que naceu emedra lonxe da metrópoli.

Prégolle saúde no meu nome á Dra. Virginia Eirín,que tan diáfana e tan elegantemente comentou o temada saudade.

Conte coa amistade certa e reciba unha cordialaperta de

Ramón Piñeiro

***

Santiago de Compostela, 12-V-66

Sr. D. Carlos A. Zubillaga BarreraBernardo Susviela 4437Montevideo

Querido amigo Zubillaga:

Acabo de recibir e de ler o seu traballo sobre"Castelao no arte galego", craro e asisado de conceito emoi elegantemente escrito. Estou completamente deacordo con vostede en que o núcleo esencial da persoali-

124

Page 125: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

dade de Castelao hai que o percurar na sua vocaciónartística, pero coidando moito de non disociar esta voca-ción radical da súa non menos radical sensibilidademoral. En Castelao resultan ben máis fracas as teoríasestéticas –en xeral máis ben superficiás– que as convic-ciós éticas. O Castelao artista –coido– está sempre óservicio expresivo do Castelao moralista. Tal é o segredoda súa "popularidade".

Penso que o seu traballo é unha excelente introduc-ción ao conocemento do Castelao artista. Con razón oxurado lle outorgou o premio por unanimidade. A miñacordial noraboa.

Xa vexo que siguen adiante con entusiasmo noesforzo por difundir e prestixiar a cultura galega ahí noUruguay. Traballos como iste seu que veño de ler, pres-tixian a nosa cultura ahí, eiquí i en todas partes. Pranós é emocionante ver como a nosa tradición culturalreflorece tan vigorosamente nos galegos que naceronlonxe de Galicia.

Agradézolle moito o exemplar que me enviou do seutraballo. Sería comenente que enviasen un á FundaciónPenzol –Policarpo Sanz, 24, 1º Vigo–.

Unha forte e cordial aperta do seu amigo

Ramón Piñeiro

P.D.: Si lle quere enviar un exemplar a LópezNogueira –pois xa vexo que fai referencia a un traballodil aparecido no Grial–, as señas son estas: Dr. J. M.López Nogueira, Dr. Teijeiro, 35, 2º, Santiago deCompostela.

***

125

Page 126: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 3-III-67

Querido Zubillaga:

Recibín o seu libro Artigas y los Derechos Humanos,premiado e publicado polo Comité Central Israelita doUruguay. Foi unha sorpresa moi grata porque non sabíado premio.

Xa vexo que ten unha clara vocación polos estudioshistóricos. Os seus traballos demóstrano brillantemen-te, i os premios conqueridos reconónceno con paralelabrillantez.

Iste seu libro non deixa de ser bastante emocionan-te pra un leitor español dos nosos días, porque a sus-tanza doutrinal que tan claramente resplandece nassuas páxinas padeceu entre nós, nas derradeiras déca-das, escarño abafante. Non só estaba ausente das nor-mas vixentes senon que, como mera idea, era delictiva.

A miña noraboa sincera polo premio. A miña grati-tude cordial polo exemplar adicado que me enviou.

Unha forte e cordial aperta do seu amigo certo

Ramón Piñeiro

P.D.: ¿Cando virá á terra?

***

126

Page 127: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Compostela, 8-V-67

Benquerido amigo:

Acabo de recibir a sua carta. Dende logo, candoregresei dos EE.UU., entre as cousas que me agardabaneiquí estaba o seu libro sobre Los gallegos en el Uruguay.Por certo que lle escribín con ise motivo. Sin duda seperdeu esa carta.

Iste vran voltarei ós EE.UU., nesta ocasión a dar uncurso sobre o pensamento de Unamuno. Marcharei amediados de xuño e botarei por alá dous meses e medio.Como durante o curso terei vagar, xa lle escribirei dendealí sobre os problemas que trata na sua carta.

Unha forte e cordial aperta do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Middlebury CollegeMiddlebury, Vermont, 15-VII-67

Benquerido Zubillaga:

Xa estou de novo por terras de New England, certa-mente moi semellantes ás galegas. Tan semellantes quenin Isabel –a miña muller– nin eu temos a menor posi-bilidade de sentir morriña. Nesta ocasión encomendá-ronme un curso sobre o pensamento de Unamuno i outrosobre os ensaístas do Século de Ouro. Xa temos por eiquíbos amigos e dise xeito todo resulta bastante grato. Aprimeiros de setembro retornaremos a Galicia.

127

Page 128: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Aproveito o estar aquí pra lle falar con craridade dasituación de alí, pois eiquí non hai censura postal "espa-ñola".

Como sabe, dende hai 15 anos nós viñemos orien-tando o noso labor galeguista no plano xeral da cultura.Era a única zona de penetración "política" que nos eraposible abordar con froito, pola profunda inhibición deconcencia coleitiva dediante de todo prantexamentodireitamente político. Os refrexos do terror represivoconstituían unha muralla infranqueable, a máis sólidacouraza con que contóu o réxime franquista.Naturalmente, iniciar unha batalla político-culturaldestinada a atraer, e logo orientar, á conciencia galega,tiña que ser a moi longo plazo. Inda que as dificultadeseran abraiantes, tendo fe nas ideas e no país as perspei-tivas tiñan que ser fecundas. Confiados nesta verdade,tiramos pra diante. Agora que xa pasaron 15 anos ecomenzan a verse os froitos, comprobamos que o esforzoresultou positivo. En primeiro lugar logramos restaurare vigorizar o prestixio da nosa cultura; en segundolugar, renovamos a sua vitalidade intrínseca; en tercei-ro lugar, a través da aitividade cultural déuselle novavida á persoalidade coleitiva de Galicia, que foi reco-brando a concencia de auto-estimación; en cuarto lugar,logramos penetrar na Universidade, na que hoxe se insi-na oficialmente a língoa e a literatura galegas; en quin-to lugar, iniciamos a penetración na Eirexa, que vaifacendo notorios progresos e pode siñificar un paso defi-nitivo en orde a conquerir un rápido prestixio social pranosa língoa nesas capas populares ás que non chega ainfluencia cultural. Todo esto son os primeiros froitos dabatalla galaxiana.

No plano máis direitamente político, a situación enGalicia é semellante á de toda España: profunda despo-

128

Page 129: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

litización popular. Toda a axitación política que de vezen cando se refrexa nos xornás, non pasa de ser obra denúcleos moi reducidos: pequenos núcleos de universita-rios, núcleos de católicos progresistas e débiles grupospolíticos da oposición. Todo esto, sumado, carece enabsoluto de forza pra influir no país aitualmente.Trátase máis ben de ir creando núcleos ideolóxicos quepoidan aituar con responsabilidade no futuro. E, niseorde de cousas, tamén en Galicia van xurdindo núcleose correntes políticas que se preparan pra o futuro.Xurdiu un socialismo galego que é autenticamente gale-go; xurdiu un marxismo galego –de liña leninista– quepretende ser galego e centra nise punto a súa propagan-da; xurdiu unha corrente cristiano-galeguista quecomenza a desplegar eficaz aitividade. Como ve, fóronsegaleguizando as correntes ideolóxicas do noso tempo etodas tratan de acadar expresión galega.

Tocante á política oficial, están agora nunha fase dereafirmación franquista a consecuencia do sorprendenteéisito que acadaron no referendum –que foi verídico– etratan de lles poñer atrancos ós monárquicos juanistas(de D. Juan, que son: Areilza, Garrigues, Castiella,Ridruejo, Satrústegui, Tierno, etc.). O éisito da movili-zación electoral tratan de o volver contra os juanistas,que pretendían unha política orientada á evoluciónmonárquica do réxime. Endureceron bastante a políticarepresiva, mesmo no plano legal. Non se sabe a ondequeren ir.

En relación con nós, desplegan gran aitividade praacadar a infiltración nas sociedades galegas da emigra-ción, que viñan sendo baluartes antifranquistas.Conqueriron a de Bos Aires. Agora móvense intensa esolapadamente en New York e mais en Caracas.

129

Page 130: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Teño moitas dúbidas de que se poida manter a loitanas vellas posiciós da guerra civil. Habería que renovaras posiciós de loita e levalas ó doble terreo en que estánplantexadas en Galicia: batalla político-cultural supra-partidista –que nos núcleos emigrados tería que tomara forma de apoio a Galaxia, á Academia Galega, áFundación Penzol, etc.–, e batalla partidista desde oscampos ideolóxicos concretos: socialismo democráticogalego, cristianismo democrático galego, etc. Ou seña,desplazar a batalla dende o campo do pasado ó do futu-ro.

Unha cordial aperta de seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 20-III-74

Querido amigo Zubillaga:

Recibín, certamente, o seu traballo para Grial.Unha chea de atafegos apremiantes e unha serie de via-xes que se me presentaron nos derradeiros tempos,desordenaron por completo a miña correspondencia.Sempre gostei de a ter ao día, mas agora foise amorean-do alarmantemente. Por eso demorei en lle escribir.

Publicaremos o seu traballo en Grial. Non lle podoanunciar en qué número porque temos bastantes cousasen turno, mas sairá dentro deste ano.

Sería interesante que viasen todo todo o publicadoahí á Fundación Penzol, pois é comenente que nas insti-

130

Page 131: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

tucións culturais de Galicia estea presente a obra que sefai na emigración. O enderezo é este: Fundación Penzol,Policarpo Sanz, 24, Vigo.

Unha aperta cordial do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 2-X-74

Benquerido amigo Zubillaga:

Recibín a súa carta do 18 de agosto e, hai oito días,o libro El problema nacional de Galicia que nela meanuncia. Agradézolle moi sinceramente que me enviaseun exemplar dedicado do libro, que lin con atención.Sería realmente interesante que se distribuise porGalicia, pois hoxeendía hai interés polo tema e faltanpublicacións manexables polos leitores. En realidade,nestes anos non dispuñan máis que do Sempre enGaliza, no que toda esta información aparece bastantedifusa, mentres que no seu libro ten a ventaxa de se cin-guir mais ao tema concreto do Estatuto e dos seus ante-cedentes históricos e de o presentar con unha estructu-ra mais sistematizada. O Sempre en Galiza está escritocon criterio mais doutrinal e El problema nacional deGalicia con criterio mais de historiador. Os dous son moiútiles, claro.

Como proba do interés que estes temas van desper-tando direille que hai poucos meses defendeuse naFacultade de Direito desta Universidade unha tese dedoutoramento sobre o Estatuto, tese concebida de manei-

131

Page 132: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

ra ben semellante ao seu libro, pois está dividida enduas partes, a primeira histórica e a segunda un estudoxurídico do Estatuto. O autor, que é un profesor univer-sitario amigo meu, díxome que a pensa publicar en gale-go.

No tocante a esa antoloxía de escritores uruguayosque se ocuparon de Galicia, sin dúbida que será intere-sante. No tocante ás posibilidades de edición en Galaxianon lle podo dar unha resposta firme porque eso teríaque ser discutido –e estudado, claro está– antes de opoder decidir. Con todo, pódolle decir que de inmediatoresultaría difícil porque a evolución da economía espa-ñola está provocando unha crise na industria editorialque impón un retraemento nos programas e un coidado-so aquilatamento na escolla dos libros a editar. Deicaagora viñemos preocupándonos máis de editar libros deinterés cultural que libros de interés "comercial", mas aoreducirse a capacidade adquisitiva da xente e disminuirna mesma proporción a venta de libros, teremos quemedir ben a receptividade do mercado libreiro. Esta rea-lidade xa nos obrigou a postergar algunhas edicións quetiñamos previstas. Como lle digo, esta é unha opiniónprovisional.

De todolos xeitos, pensando no interés do seu libro,eu penso que si lle engade aos escritores uruguayos osarxentinos –polo menos uns cuantos–, seguramenteresultaría doado que editasen o libro en Buenos Aires,por exemplo, o Instituto Argentino de Cultura Gallega.Mesmo sería de gran oportunidade para eles o facéreno,coido.

Sigo co meirande interés o seu labor de investiga-ción.

132

Page 133: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Xa me decato da situación e das perspectivas inme-diatas da situación política que atravesan. A nosa estánunha fase pre-crítica.

Unha forte e cordial aperta do seu amigo certo:

Ramón Piñeiro

P.D.: Mándolle por correo aéreo a separata dun tra-balliño que apareceu hai algún tempo nunha revista deMadrid interesada en dar a conocer a fisonomía históri-ca do rexionalismo galego. Como o espacio se limitaba adez holandesas, o traballo é demasiado sintético e con-densado. Naturalmente, para vostede non contén nadanovo, pois todo o que eu digo, díceo vostede mellor no seulibro. Mándollo como simple lembranza amistosa.

***

Compostela, 13-II-75

Sr. D. Carlos A. Zubillaga BarreraAvda. 18 de julio 2095. Ap. 101Montevideo

Benquerido amigo:

Recibín o seu Catálogo de la Exposición del libro yde la prensa gallega en el Uruguay. Agradézolle a súaxentileza ao preocuparse de mo enviar.

Eu acabo de sacar un libro que se titula Olladas nofuturo e mándolle un exemplar para corresponder míni-

133

Page 134: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

mamente aos que vostede me ten enviado. E, sobre todo,como prenda cordial de amistade.

Por aquí as cousas semellan internamente movedi-zas. Xa veremos como evolucionan.

Unha aperta cordial do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 20-II-75

Benquerido amigo:

Recibín o exemplar que me enviou do Catálogo doLibro e da Prensa Galega no Uruguay. Pola miña bandatéñolle enviado un libro meu que acaba de saír no que serecollen traballos publicados en diversos xornais e revis-tas ao longo de moitos anos.

Tocante ao que me fala de Daniel, eu comparto asua opinión –e suscríboa– de que, neste caso, o funda-mental é a lealtade ao homenaxeado. Polo que a suavida representa de exemplo moral, temos o deber de res-peitar a sua autenticidade na mesma medida en que elmesmo a mantivo. Ben sabemos que lle custou durossacrificios, o que aínda fai para nós mais respeitable asúa exemplaridade. Coido que nós, os que nos sentimosidentificados con el, non podemos favorecer ningún con-fusionismo. Digo esto porque aquí os confusionismosparten de varios campos ideolóxicos e estamos tratandode salvaguardar a imaxe verdadeira.

134

Page 135: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Da boa fe da comisión non hai dúbida, mas coidoque se desenvolven nunha liña de inxenuidade que con-duce inevitablemente ao confusionismo. Un confusionis-mo que o interesado refugaría.

Unha aperta cordial do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 24-III-80

Sr. D. Carlos A. Zubillaga Barrerac/ 18 de julio, 2095. Apto. 101Montevideo

Benquerido amigo:

Hai poucos días estivo aquí en Santiago a nosaamiga común Virxinia Eirín, que me deu algunhasnovas de por ahí.

Hoxe escríbolle porque un amigo noso, licenciado enCiencia Política e Socioloxía pola UniversidadeComplutense de Madrid, que defenderá a súa tese dedoutoramento dentro dun par de meses naquela mesmaUniversidade, precisa unha certa axuda de algún profe-sor de Montevideo ou Buenos Aires para acadar unhabeca do Ministerio de Universidades español para facerahí nas terras platenses investigacións encol do desen-volvemento galeguista.

Este amigo fixo a sua tese sobre As mocedades gale-guistas nos anos 30, tese que dirixe o profesor Luis

135

Page 136: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

González Seara. Esa tese será defendida en breve prazo.Ao autor interésalle moito o tema e pretende, unha vezaprobada a tese, proseguir a sua investigación sobre asactividades galeguistas na Galicia da emigración. Paraeso pensa solicitar unha beca do Ministerio deUniversidades, pero entre os papeles que ten que pre-sentar coa solicitude figura unha declaración dun profe-sor universitario de ahí na que diga que acepta dirixir asinvestigacións que faga ahí o becario.

¿Haberá algún profesor amigo que estea disposto alle facilitar ese papel? Sin el non se pode tramitar a soli-citude.

O noso amigo chámase Argimiro Rojo Salgado, énatural da provincia de Ourense e fixo os seus estudosuniversitarios pensando en que poidan servirlle para serútil a Galicia. É persoa seria, traballadora e con profun-do sentido da responsabilidade. É fillo de campesinosmodestos.

Si pode conseguir que dispoña dese papel para unirá solicitude da beca, agradézolle moito que o consiga. Seiben que o merece.

Terá que presentar a solicitude no mes de abril, asíque, de ser factible, necesitaríamos a declaración o máisaxiña posible. Abonda con que nun papel impreso daFacultade ou da Cátedra declare que acepta dirixir ostraballos de investigación de D. Argimiro Rojo Salgadosobre o desenvolvemento do galeguismo nas terras doPlata. Esa declaración, firmada e sellada, xunto con uncertificado do título de Doutor e algún outro papel,teñen que acompañar a solicitude da beca.

Eu non sei si vostede ensina na Universidade, por-que nese caso sería a persona máis indicada para orien-tar a investigación deste mozo.

136

Page 137: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Espero as súas novas e agradézolle de corazón todoo que poida facer.

Unha forte e cordial aperta do seu amigo

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 8-IX-80

Benquerido Carlos:

De regreso desas terras tiven que me mergullarnunha chea de atafegos urxentes que se foran amorean-do durante a ausencia. Agora vaise restablecendo oritmo normal e veñen á mente as lembranzas do impre-visto viaxe, pois a verdade é que nunca pensei chegar aMontevideo e Buenos Aires, inda que desde neno soupenda súa existencia polo eco da emigración.

Foi para min unha sorpresa moi grata que fose vos-tede o elexido para facer a presentación da miña pri-meira actuación pública nas terras platenses. Sóupenoahí mesmo, poucas horas antes do acto. E cando chega-mos ao lugar da conferencia, as primeiras persoas queme presentaron foron mesmamente os seus pais.

Tanto en Montevideo como en Buenos Aires, oambiente que nos rodeou foi sumamente cordial.Verdadeiramente, foi unha experiencia privilexiada enon poderemos esquencela.

Nestas derradeiras semanas comenzou a se pór enmarcha o noso proceso autonómico, paralizado durantemeses pola torsión que lle impuxera a U.C.D. ao noso

137

Page 138: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Estatuto e mais polo repudio profundo do noso pobo aese trato discriminatorio. Ao cabo, a U.C.D. recoñece oseu erro e promove negociacións cos partidos autono-mistas para chegar a un consenso sobre o noso Estatutoa base de recabar idéntico nivel autonómico que o alcan-zado por Cataluña e Euzkadi. Os catro partidos princi-pais xa están de acordo en principio para iniciar asnegociacións, que confío en que sexan positivas e bas-tante rápidas. Nese caso, para o outono seguramente sepode celebrar o referendum e no 81 pode funcionar anosa autonomía.

Como se trata dun momento decisivo para o nosopaís, todos nós –aínda os que non pertencemos aos par-tidos– estamos implicados neste proceso e, dun xeito oudoutro, temos que axudar a que vaia por bó camiño. Eusentirei unha grande alegría si dentro de uns meses,posta en marcha a nosa Autonomía, podo retirarme dapolítica e concentrarme plenamente no mundo cultural.Xa veremos. Poder ler tranquilamente é unha vellaarela que me gustaría acadar antes de que a esclerose afaga inútil.

Apertas nosas para os dous

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 24-I-82

Benquerido amigo Carlos:

Recibín a sua carta. Hoxe mesmo mándolle porcorreo un pequeno libro sobre as eleccións galegas desde

138

Page 139: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

o 77, no que figuran abundantes datos e tamén diversospuntos de vista interpretativos dos mesmos. Por correomarítimo mándolle outros libros que foron saíndo sobreo mesmo tema, de xeito que teña o material relativo aGalicia que precisa para o seu traballo.

Xa lle mandarei a información persoal que me pideen pasando estes primeiros momentos da posta en mar-cha da Autonomía. Polo de agora non se presentan malas cousas, pero xa veremos como evolucionan.

Si da Fundación Guggenheim me piden opiniónsobre o seu proxecto de investigación, contestareilles sindemora e con moito gusto.

Saúdos a Diana e de Isabel para os dous. Para síunha forte aperta de

Ramón Piñeiro

***

Compostela, 4-III-82

Benquerido Carlos:

Hoxe mesmo enviei á Fundación Guggenheim oinforme que me pediron relacionado coa tua solicitudede beca. Semella ben interesante o teu plan de investi-gación e supoño que cha concederán, porque ademaisten o interés da súa novedade no mundo hispánico.

Mandeiche por correo aéreo algunhas publicaciónssobre a imaxe político-electoral de Galicia. ODepartamento de Dereito Político da Universidade

139

Page 140: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

tamén fixo un estudo en equipo sobre eses problemas,pero aínda non se publicou. Cando o publiquen xa choenviarei.

Cando teña un pouco de vagar xa che escribireisobre o panorama da nosa Autonomía.

Apertas nosas para os dous

Ramón Piñeiro

140

Page 141: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das

Este número 2 dos Cadernos Ramón

Piñeiro rematouse de imprentar no

obradoiro de Gráficas ATV, en

Santiago de Compostela, o día 22 de

novembro de 2003, festividade de

Santa Icía.

Page 142: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 143: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das
Page 144: CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, - cirp.es · CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO, II (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas Luís Alonso Girgado ... das