cambados venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

17
Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Upload: others

Post on 11-Nov-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

CambadosVenres, 5 de xuño de 201518:00 horas

Page 2: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

A tí, meu CAMBADOS, probe e fidalgo e soñador, que ó cantareiro

són dos pinales e ó agarimo dos teus pazos lexendarios, dormes

deitado ó sol, á veira do mar.

Estas fermosas palabras abren o poemario Vento mareiro, publicado na Ha-

bana en 1915 e da autoría de Ramón Cabanillas. Con elas, o escritor quere

homenaxear a vila onde naceu un 3 de xuño de 1876 cando, segundo conta

Ricardo Carballo Calero, chovía a Deus dar auga. Por forza, pois, tiñan que

ser Cambados e o mes de San Xoán –lugar e mes do seu nacemento– os que

acollesen o concerto No bico un cantar dedicado a Ramón Cabanillas. O co-

ñecido como poeta da Raza non podía contar con mellor festa para o seu ani-

versario ca un coro de máis de trescentas cincuenta nenas e nenos a cantar

os seus versos dende a vella pedra de Fefiñáns para se estender polo mar de

Arousa ata Cuba, onde foron publicados os seus primeiros poemas, grazas

ao pulo da colonia emigrada. A pegada de Cambados –a pedra fidalga, os pi-

ñeirais, o porto, os areais– é indeleble nunha extensa obra poética na que

cultivou a poesía intimista, costumista, relixiosa, narrativa e tamén cívica en

títulos como Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917), Na noite estre-

lecida (1926), O Mariscal (1926) ou A rosa de cen follas (1927).

A querenza pola tradición popular de Ramón Cabanillas aparece reflectida

en Antífona da cantiga (1951), unha escolma de coplas populares. No seu li-

miar afirma “Cando o pobo recolle unha copla de pruma erudita trastócalle

as verbas que non se axustan ó seu xenio e engádelle os xiros e a maneira

que responden cabalmente ó seu sentir […]. Estas imposicións populares in-

fluiron de modo abondoso na nosa producción literaria e inspiraron moitas

composicións dos nosos poetas que as grosaron e porfillaron con amor ver-

dadeiro. É esto porque o pobo somentes acolle con ledicia as que llegan ó

seu corazón pol-os craros e limpos vieiros do sentimento cando os decires

PRESENTACIÓN

Cabanilla

s

Page 3: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

acertan a refrexar luces da alma e están labrados na enxebre e prefunda can-

teira da fala”. Xaora, Ramón Cabanillas había estar ben feliz cos seus versos

convertidos en cancións nas gorxas de máis de trescentas cincuenta nenas

e nenos de conservatorios de toda Galicia que se xuntan por iniciativa do

Consello da Cultura Galega e da Consellería de Cultura, Educación e Orde-

nación Universitaria. Dirixida por Maximino Zumalave e co acompañamento

dos metais de Hércules Brass, a rapazada fará vibrar a vila cambadesa da

man de obras musicais tan insignes como Pregaria, Era un piniño novo, Aure-

ana do Sil e Fala unha laverca, esta última é unha obra de encarga á compo-

sitora Margarita Viso Soto e de estrea absoluta.

Logo das anteriores edicións de No bico un cantar que cantaron a Rosalía

e Curros Enríquez e cen anos despois da publicación de Vento mareiro, os ver-

sos de Ramón Cabanillas ecoarán nas mainas ondas da ría:

Desque se puña o sol, paso a pasiño,

derrengados baixábamos da ermida.

Pérolas sombrizosas espalladas

na bandexa da ría,

Sálvora, Ons, Arousa, Rúa, Noro

a roxa luz dos fachos encendían.

Nesta ocasión, serán as voces luminosas das nenas e nenos as que se con-

verterán en fachos acesos na ría para honrar o legado do poeta de Camba-

dos.

Cabanilla

s O AuTORRamón Cabanillas é o autor dos primeiros poemas do programa.“Era un piniño novo” e “As areas de ouro” foron publicados en Arosa de cen follas en 1927. “Alma da nobre terriña celta” apareceupor primeira vez en Vento mareiro en 1915 e “Fala unha laverca”vería a luz en 1926 no libro Da terra asoballada. Finalmente, opoema “Maio longo” pertence á obra Follas novas (1880) de Rosalíade Castro.

OS COmPOSITORESAs obras musicais Maio longo e Pregaria foron compostas para voze piano por José Baldomir, quen dedicou esta última a José Mos-quera Pérez, o “vello dos contos”. Eduardo Rodríguez-Losada Re-bellón compuxo Era un piniño novo e Frederic Mompou creou a par-titura de Aureana do Sil. Juan Durán realizou os arranxos musicaispara coro de nenos e sexteto de metais de todas elas. MargaritaViso creou por encargo a composición Fala unha laverca. Esta é asúa estrea absoluta.

A mANTEdORARosa Aneiros

O dIRECTORMaximino Zumalave Caneda

OS INTéRPRETESO quinteto Hércules Brass está formado por Alejandro Vázquez(trompeta), Víctor Manuel Vilariño (trompeta), Javier González(trompa), Esteban Méndez (trombón) e Rodrigo Rodríguez (tuba).Nesta ocasión estarán acompañados por Martín Naveira (trompaconvidado).

As nenas e nenos que participan na actividade pertencen aosCMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra,Santiago e Vigo e á Escola Municipal de Música de Cambados.

ORgANIzANConsello da Cultura GalegaXunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria

COlAbORANConcello de CambadosVegalsa-Eroski

Page 4: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Galliard BattagliaCanzona Aeciopicam

S. Scheidt

PregariaJosé baldomir

Era un piniño novoEduardo Rodríguez-losada Rebellón

Aureana do Sil Frederic mompou

Fanfarria Rhaptosodya No.1 P. dukas/J. Viceiro

Fala unha lavercamargarita Viso

Maio longoJosé baldomir

P R O g R A m A

Page 5: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Alma da nobreterriña celtaque os nosos eidosgardando estás,

alenta os tristesfillos leyalesque en vida en mortetras de ti van.

Crava nas cumes, verte nos valeso vello credod-esta rexión:

Nosas costumes,noso dereito,a nosa falay-o noso Dios1.

1 Ramón Cabanillas: Vento mareiro, A Habana, Imprenta Artística Concordia y Campanario, 1915.

Page 6: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

IV

Era un piniño novo que naceraá veira do camiño.A roda cantareirade un carro campesíotumbóuno de un tropezo

e deixóuno abatido.

A tua man compasivaendereitóu o pinoe cubréulle as raíces

e escoróuno, tremente de agarimo.

(Era unha bocanoite das que fumosouír cantar na fonte o reiseñor…

¡Ou, que pino lanzalera entón noso amor!)

O piniño está forte.¡Crecéu que mete medo!¡Até funga un pouquiñosi o abanea o vento!

Contáronme os paxaros,veciños do rueiro,que pasa horas e horas

bendecindo a tua man e o teu relembro.

(¿Qué roda traicioneira lle dou voltaa aquel pino lanzal do noso amor?¡Ai! ¡Si souperas…! ¡Inda canta e chora no loureiro da fonte o reiseñor…!)2

2 Ramón Cabanillas: A rosa de cen follas, Mondariz, Balneario, 1927.Cabanilla

s

Page 7: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas
Page 8: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

XXVIII

As areas de ouro,aureana do Sil,son as bágoas acedasque me fas chorar ti.

Si queres ouro fino,aureana do Sil,abre o meu corazón: tes de atopalo alí*.

Co-as que collas no río,aureana do Sil,mercarás, cando moito,un amor infeliz.

Para dar c-un cariñoverdadeiro, has de virenxoitar os meus ollos,aureana do Sil!3

* A segunda estrofa deste poema non figura nas edicións consultadas de A rosa de cen follas do autor cambadés.En cambio, aparece no volume Doce canciones gallegas dedicadas a Antonio Fernández Cid (Deputación de Ou-rense, 1952), que recolle unha ducia de pezas de poetas galegos musicadas por importantes compositores domomento. No caso da canción titulada “Aureana do Sil” musicada por Frederic Mompou constan, tanto nopoema como na partitura, estes versos atribuídos a Ramón Cabanillas.

3 Ramón Cabanillas: A rosa de cen follas, Mondariz, Balneario, 1927.

Page 9: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Fala unha laverca…

¡O sol! ¡O sol! ¡Que ledo! ¡Que doirado!¡Está a rir e a bailar!

Vou espelir as azas decontado e ireino saudar:

¡Ei! Bo día, meu amo! ¡Seica ardemos…!¡Di que non… que está ben…!¡No… pois a cara non llo dá! ¡Cos demos!

¡Ben acesa que a ten!¡Ai que fresquiña a ágoa do regueiro!

¡Como bule a brilar!¡Dá ledicia meter nela o peteiro

e beber a fartar!Canda pinga é unha bágoa que de noite

chorou Noso Señor.¡Vou brincar! ¡Vou cantar! ¡Quero que escoite

que lle estimo o favor!

[…]

¡Din-din! ¡Din-din! A campaíña chama polas miñas irmáns.

¡E as palanquinas inda están na cama a rente das sabáns!

[…]

¡Ei, preguiceiras, mala caste! ¡Arriba!¡Arriba, que si non…!

¡Alá vou eu…! ¡Erguédevos a escape!¿Que andades a faguer?

¡Comerá a que máis grans atrapeque aquí é chegar e encher!

¡Que bo é o mundo! ¡Que groria! Que dozura!¡Que bendición de Dios!

¡E toda esta alegría e esta fartura…!¡Todo! ¡Todo pra nós!

¡O centeo! ¡A ágoa dóce! ¡O sol locente!¡Esto si que é vivir!

E todo para as lavercas tan somente;pra comer e pra rir!

¡¡E anda na terra inda, moi ergueito con aire de señor,

un becho de dous pés, falando a eitoDe Xusticia e de Amor e de Dereito

e dun mundo mellor!!4

4 Ramón Cabanillas: Da terra asoballada, 1926 (Edición de Xosé Ramón Pena, Vigo, Xerais, 1994).Cabanilla

s

Page 10: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas
Page 11: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas
Page 12: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

maio longo

Maio longo… maio longo,todo cuberto de rosas,para algún telas de morte;para outros telas de vodas.Maio longo, maio longo,fuches curto para min:veu contigo a miña dicha,volveu contigo a fuxir5.

5 Rosalía de Castro: Follas novas, A Habana, La Propaganda Literaria, 1880.

Page 13: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

JOSé bAldOmIR ROdRÍguEz

Nado na Coruña en 1867, este músico e compositor foi discípulo do mestre MarcialTorres del Adalid e coñecido principalmente polas súas producións para canto epiano sobre textos de poetas galegos. Exerceu como director dos orfeóns O Eco eO Brigantino; da orquestra Sociedad Bretón de los Herreros e dos coros e orquestradas Hijas de María. Durante máis de trinta anos impartiu a clase especial de conxuntoe masas corais da Escola de Belas Artes da Coruña. En 1906, iniciou unha longa xirapor numerosas cidades de España, Portugal e Francia, o que contribuíu á difusióndos máis insignes poetas galegos. Foi nomeado académico de número da AcademiaProvincial de Belas Artes (1905), académico correspondente da Real Academia deBelas Artes de San Fernando (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941),onde ocupou a vacante do crítico de arte e notable folclorista lugués Indalecio VarelaLenzano. Entre as súas composicións salienta a ópera A Virxe do Cristal, sobre o texto–adaptado por Cabanillas– da lenda de Curros Enríquez; a zarzuela Santos e meigas,con libreto de Linares Rivas, que alcanzou no teatro madrileño da Zarzuela 137 re-presentacións consecutivas; e máis de 40 melodías que adoitan interpretarse tantona versión de voz e piano coma na coral sobre poemas de autores senlleiros comoRosalía de Castro, Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas ou Curros Enríquez.

Fonte: Gran Enciclopedia Galega

EduARdO ROdRÍguEz-lOSAdA REbEllÓN

Naceu na Coruña o 2 de marzo de 1886 e faleceu nesa mesma cidade o 2 de novem-bro de 1973. Aínda que a súa maior afección foi a de músico e compositor, na pri-meira etapa da súa vida dedicouse ao seu traballo como arquitecto, título que obtivona Escola Superior de Arquitectura de Madrid en 1911. A partir de 1940 diminuíu asúa actividade arquitectónica para centrarse na musical. De formación autodidacta,a súa creación posúe unha grande influencia de Wagner, pero a existencia de músicade cámara, de catro sinfonías, dun concerto e de dúas sonatas demostra a súa ele-vada formación e o coñecemento dos grandes mestres, entre eles Beethoven. A súaprodución comprende numerosos títulos en diferente eidos. No referente á músicaescénica é autor das óperas ¡Ultreya!, El monte de las Ánimas e O Mariscal, ademaisdas pezas de ballet El diablo mundo e La Santa Compaña. Realizou tamén diversaspezas de música orquestral, ás que hai que sumar varias obras de música de cámara,creacións para piano e obras para canto e piano nas que musicou poemas de autoresgalegos como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Ramón Cabanillas. Precisamen-te, a súa ópera O Mariscal, drama sobre a vida de Pardo de Cela, con texto de RamónCabanillas e Antón Vilar Ponte, é unha das súas obras máis coñecidas.

Fonte: Gran Enciclopedia Galega

OS

CO

mP

OS

ITO

RE

SRAmÓN CAbANIllAS

Naceu en Fefiñáns (Cambados, Pontevedra) o 3 de xuño de 1876. Logo marchou aSantiago, onde foi seminarista e se formou en Latín e Filosofía. De regreso a Cam-bados, desempeñou diferentes labores burocráticos antes de emigrar a Cuba en1910, probablemente polas presións ás que estaba sometido polo seu republicanis-mo e anticaciquismo. Na Habana participou na actividade cultural do colectivo emi-grante galego e comezou a escribir na nosa lingua, alentado por José Fontenla Leal.Na revista Suevia viu a luz en 1910 o seu primeiro poema, “Lonxe”, e logo aparece-rían os libros No desterro. Visións gallegas (1913) e Vento mareiro (1915). Consagradoxa como poeta agrarista e combativo, regresou a Galicia e continuou a escribir e par-ticipar en tarefas culturais e contestatarias da época. En 1920 ingresa na Real Aca-demia Galega e, logo dunha tempada en Madrid, na que funda a primeira revista in-fantil en galego, As Roladas, volve a Galicia, onde traballa como administrador doxornal Galicia. Diario de Vigo de Valentín Paz-Andrade e publica Na noite estrelecida,O bendito San Amaro, O Mariscal e As romaxes de Nosa Señora da Franqueira. Apuntesdun ofrecido. Co estalido da Guerra Civil marchou a Valencia e foi requirido polos me-dios antifascistas galegos para colaborar nas súas empresas culturais. Unha vez re-matada a contenda, traballou como secretario en diversos concellos galegos e viviuen Madrid antes de regresar de xeito definitivo a Cambados e converterse nun refe-rente para o grupo xeracional de Galaxia. Morreu en 1959, cando xa recibira múlti-ples homenaxes. En 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento, dedicóuselleo Día das Letras Galegas. No seu legado poético fican obras senlleiras da literaturagalega como A rosa de cen follas, Vento mareiro, Da terra asoballada, No desterro,Na noite estrelecida, O bendito San Amaro, Camiños no tempo, Versos de alleas terrase de tempos idos ou O Mariscal.

Fonte: Gran Enciclopedia Galega

O A

uTO

R

Page 14: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

FREdERIC mOmPOu

Recoñecido compositor catalán, nace en Barcelona en 1893 e morre tamén en Bar-celona en 1987. En plena formación pianística co mestre Pere Serra, descobre a mú-sica do seu tempo na Sala Mozart de Barcelona ao escoitar un recital de GabrielFauré que esperta a súa vea compositora. Pasan dous anos ata que atopa o seu acor-de propio: un acorde metálico que lembra o familiar toque de campás da FundiciónDencausse do seu avó, e comeza a súa vocación creativa.

Viaxa por primeira vez en 1911 a París, onde traballa con Ferdinand Motte--Lacroix, quen será, co paso dos anos, o seu principal propagandista ao estrear assúas obras. Regresa a Barcelona e compón Impressions Intimes, Pessebres, Escenesd’infants, Suburbis, Cants Màgics... Trata con outros músicos cataláns novos: Blan-cafort, Toldrà, Gerhard, etc., que despois crearán o Grup dels Vuit ou CompositorsIndependents de Catalunya, con B. Samper, A. Grau, Lamote de Grignon e Joan Gi-bert Camins.

O seu gran recoñecemento público é en París cando F. Motte-Lacroix, o seu mes-tre, estrea obras súas no concerto do 15 de abril de 1921, con grande éxito de crítica.Logo virá unha crise creativa, provocada pola nova música, particularmente a Escolade Viena. Esta crise remata nos anos corenta xa de regreso definitivo en Barcelona.

O mundo musical de Mompou é un mundo con abundancia de cores, soños eimaxes, toda a pegada da Cataluña que rodea a Mompou. A súa obra foi, sobre todo,para piano, debido á súa formación como concertista, con algunhas das súas pezastamén para outros instrumentos e, moi especialmente, para a voz humana, da quefoi un gran cultivador. Algunhas cancións súas acadaron fama mundial. Dende 1958foi profesor de composición dos cursos de verán Música en Compostela. Débese sa-lientar a composición Suite en Compostela (1962) e esta Aureana do Sil (1951), a súaúnica canción galega con texto de Cabanillas.

Fonte: Fundación Frederic Mompou

mARgARITA VISO SOTO

Realiza estudos no Conservatorio da Coruña: de piano con Jeannette Romero, decanto con María Luisa Nache e de harmonía e contrapunto con Roxelio Groba. Pos-teriormente amplíaos por libre con Carlos López García-Picos (composición), EdithPicht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).

A súa actividade musical abrangue diversos campos: musicoloxía, interpretación,composición, docencia e edición.

Leva a cabo diversos traballos de investigación sobre os compositores galegosdo pasado. As súas publicacións máis importantes neste eido son as Mélodies pour

chant et piano. Cantares Viejos y Nuevos de Galicia, de Marcial del Adalid, e a óperaInés e Bianca, do mesmo autor, en colaboración con Juan Durán.

Desenvolve a súa actividade interpretativa como pianista sempre ao servizo damúsica galega.

É autora de diversas composicións principalmente dedicadas á voz e piano (Au-sencias, Os soños na gaiola, Five English Art Songs) e á música de cámara (Troubled,Little suite, Nilal, Cúmulo, Elexía, Scherzo e Muiñeira). É profesora por oposición deSolfexo e Teoría da Música dende o ano 1986 e pianista acompañante dende o ano1998. Exerce o seu labor docente no Conservatorio Profesional de Música da Co-ruña.

Crea en 1997 a editorial VISO, dedicada á música de compositores galegos ou re-lacionados con Galicia (Adalid, Torres, Smith, Berea, Piñeiro, Pereiro, Durán, Almei-da, Chané, Paredes, Viso), que leva publicados máis de 50 títulos.

Na actualidade é presidenta da Asociación Galega de Compositores.

Fonte: Vento que zoa (www.consellodacultura.gal)

Page 15: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

ROSA ANEIROS

Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da CulturaGalega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 pre-sentou a súa primeira novela, Eu de maior quero ser, á que seguiron Corazóns amole-cidos en salitre (2002), Resistencia (Xerais, 2003, Premio Arzobispo San Clemente,2003), O xardín da media lúa (2004), Veu visitarme o mar (Xerais, 2004), Ás de bolbo-reta (Xerais, 2009, Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fer-venzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2009 e Premio The White Ravens [Interna-tionale Jugend Bibliothek], 2010), Sol de Inverno (Xerais, 2009, Premio Xerais deNovela 2009 e Premio Fervenzas Literarias a Mellor portada adultos 2009).

A súa última obra literaria é a triloxía que narra a intrépida viaxe de Leo A., unperiplo por distintas cidades do mundo que lle permite descubrir que as cousas nonsempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores. A triloxía, integra-da polos títulos Ámote Leo A. Destino xalundes (Xerais, 2013), Ámote Leo A. Estaciónde tránsito (Xerais, 2014) e Ámote Leo A. Terminal de chegadas (Xerais, 2014), foi ga-lardoada co Premio Libro do Ano Infantil e Xuvenil 2013, outorgado pola Federaciónde Libreiros de Galicia.

O d

IRE

CTO

R

A m

AN

TE

dO

RA mAXImINO zumAlAVE

Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid,Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González,John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario deSantiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da OrquestraSinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia,formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musi-cais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais deMúsica en Compostela. Con Maximino Zumalave actuaron solistas como J. Achúca-rro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom,V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmáns Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha,A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano,I. Vermillion e F. P. Zimmermann, entre outros. Frecuente e moi especial é a súa co-laboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.

Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Or-questra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica dePraga, Orquestra da Ópera Nacional de Sofía, Nacional de Lille, Sinfónica de Odense,Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester (Eindhoven), Orkest van het Oosten(Enschede), English Baroque Soloist, Bach Collegium, Nacional de España, Sinfónicade Madrid, Ciudad de Barcelona, Sinfónica de Tenerife ou a Orquesta Ciudad de Gra-nada, entre outras.

Foi invitado a participar en xurados e a presidir importantes certames e premiosinternacionais.

Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, Gar-cía Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo, coidando especialmente asprimeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Buíde,Durán, Macías, Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. O seu compromiso coa cultura deGalicia transcende alén da música: Torrente Ballester envíalle unha obra “lamentan-do que no pueda ser una sinfonía” e a poetisa Eva Veiga escribe:

...Maximino,que coas súas mans do silencioarrincaa máis pura poesía,no espacio fuxidíano corazón eterna.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña. En febreiro de 1995 foi elixido académico de número da Real Academia Galega

de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. Dende 2010, é membro do Plenario, coor-dinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega e,dende 2014, forma parte da Comisión Executiva desta institución. En xuño de 2008o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

Page 16: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Organizan

Consello da Cultura Galega

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Colaboran

Concello de Cambados

Vegalsa-Eroski

Agradecementos

Conservatorio Profesional de Música da Coruña

Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol

Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo

Conservatorio Profesional de Música de Ourense

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra

Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela

Conservatorio Profesional de Música de Vigo

Escola Municipal de Música de Cambados

gráficaImago Mundi

ImprimeGráficas Brial

Depósito LegalC 000-2015

HéRCulES bRASS

Hércules Brass somos 5 músicos, utilizamos 4 instrumentos diferentes (trompeta,trompa, trombón e tuba), procedemos de 3 provincias distintas, pensámolo todo 2veces e temos 1 denominador común, adoramos a música!

Dende ben pequeniños vivimos rodeados de músicos, a nosa primeira meta foidebutar coa banda de música da nosa localidade e dende aquela temos claro quenos queremos dedicar á música. Despois de anos de formación en Galicia e no es-tranxeiro, na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, na Escola de Altos EstudosMusicais de Santiago de Compostela e na Joven Orquesta Nacional de España(JONDE), formamos o noso proxecto, Hércules Brass Quinteto de metais. Unhaaposta pola boa música, alta calidade a través dun traballo refinado. Grazas a estadedicación, actuamos no 30 aniversario da JONDE, no Festival Spanish Brass Alzira2013 e no Festival Ticino Musica 2013. E, como solistas, coa Orquestra Nova da Sin-fónica de Galicia, coa Banda Unión Musical de Meaño,coa Banda Municipal da Co-ruña e coa Orquestra Sinfónica de Galicia estreando o espectáculo “Historia do Quin-teto Triste e a Bruxa Anónima”. Dende agosto de 2014, organizamos o FestivalHércules Brass Celanova.

Hoxe temos un colaborador de excepción, Martín Naveira, gran amigo e mellor mú-sico.Alejandro Vázquez, trompetaVíctor Manuel Vilariño, trompetaJavier González, trompaMartín Naveira*, trompa convidadoEsteban Méndez, trombónRodrigo Rodríguez, tuba

OS

IN

RP

RE

TE

S

Page 17: Cambados Venres, 5 de xuño de 2015 18:00 horas

Cabanilla

s