castiñeiro (castanea sativa)

25
Castiñeiro castañeiro (Castanea sativa) castaño chestnut châtaignier castanheiro

Upload: monadela

Post on 24-May-2015

110 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro castañeiro

(Castanea sativa)castañochestnut

châtaigniercastanheiro

Page 2: Castiñeiro (Castanea sativa)

CLASEAnxiospermasORDEFagalesFAMILIAFagáceas

Page 3: Castiñeiro (Castanea sativa)

Copa cónica nos exemplares novos e esférica nos máis vellos que pode acadar os 30 m de altura.É unha árbore orixinaria de Asia Menor que se difundiu por Galiza desde tempos moi antigos e, en especial en tempos dos romanos.

Page 4: Castiñeiro (Castanea sativa)

O toro é robusto coas ponlas fortes e case horizontais. A tona é gris lisa nos novos, e logo vaise gretando e escurecendo.

Page 5: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro co toro modificado polas podas.

Page 6: Castiñeiro (Castanea sativa)

FOLLASSimples, alternas, en forma de lanza coa beira dentada (15 x 5 cm), de cor verde brillante polo dereito e cubertas de pelo moi fino polo revés, cos nervos moi marcados. O peciolo é cilíndrico e curto (1-2 cm).

Page 7: Castiñeiro (Castanea sativa)

FLORESSon unisexuais e aparecen en amentos longos (25 a 32 cm ) ocupados maiormente por flores masculinas de cor amarela, formados por masas de estames libres. Algúns amentos levan na base as flores femininas, formadas por varios ovarios agrupados no interior dunha cuberta espiñenta de cor verde.Florece de maio a xuño.Polinízase polo vento.

Page 8: Castiñeiro (Castanea sativa)

FROITOSAquenios (castañas). Desenvólvense no interior dunha cúpula espiñenta (ourizo) que se abre cando madura, entre setembro e novembro, para deixalas libres.

Page 9: Castiñeiro (Castanea sativa)

CICLO ANUAL-CASTIÑEIROFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 10: Castiñeiro (Castanea sativa)

Os soutos son os bosques de castiñeiros e na actualidade ocupan en Galicia arredor de 30.000 ha, sobre todo nas provincia de Ourense e Lugo, a maioría de plantación.Os castiñeiros bravos atópanse mesturados con outras especies en moitos bosques naturais por todo o territorio galego.Os soutos diminuíron polo mal da tinta, producido por un fungo (Phitophtora cinnamoni) que afectou gravemente aos castiñeiros. Na actualidade estanse a introducir variedades híbridas resistentes.

Page 11: Castiñeiro (Castanea sativa)

A castaña recóllese no outono, entre setembro e novembro, segundo a variedade.Primeiro recóllense as que caen de xeito natural e logo varéase o castiñeiro para tirar os ourizos.

Page 12: Castiñeiro (Castanea sativa)

USOSA madeira é moi apreciada en ebanistería por que é dura, ten un bo acabado e resiste ben a couza e a rela.As ponlas novas fendidas úsanse para facer cestos. As castañas como alimento de persoas e animais. Os soutos son ademais bos produtores de cogomelos (boletus, rúsulas, cantarelos...).

Na actualidade Galicia produce, cada ano, máis de 8.000 toneladas de castañas, un 60% da que se comercializa en España.

Page 13: Castiñeiro (Castanea sativa)

A castaña foi un elemento importante da alimentación das persoas e os animais de Galicia ata que se extenderon o cultivo da pataca e o millo. Botábanse no caldo, cocíanse con auga ou con leite, asábanse, facíase puré, conservábanse secas...A amplia extensión do cultivo deu lugar á aparición de moitas variedades (hai 143 rexistradas) que se distinguen pola época de maduración, o tamaño, o sabor, a facilidade para desprenderse da tona...Os produtores véndenas en verde, pero hai empresas que as preparan, envasan e conservan de diferentes maneiras: conxeladas, confitadas (marrón glacé, en almibre), secas, moídas (fariñas para repostería). Tamén se fan licores.

Page 14: Castiñeiro (Castanea sativa)

Nas zonas onde está moi extendido o cultivo da castaña existen aparellos e instalacións específicos relacionados co seu aproveitamento: ouriceiras, onde se amorean os ourizos para que abran; e sequeiros, onde se secan, para que se conserven e se desprendan da tona.

Ouriceira na Fonsagrada.

Page 15: Castiñeiro (Castanea sativa)

Sequeiro en San Estevo de Ribas de Sil.

Page 16: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiros de Quintela de Catasós. (Lalín-Pontevedra). Posiblemene plantados a mediados do século XIX. Miden entre 33 e 35 m de altura. Declarados únicos pola FAO en 1954 por ter o fuste máis alto de Europa e actualmente están declarados Monumento Natural.

Page 17: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozabales en Manzaneda (Ourense). É o de maior perímetro de Galicia, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995.

Page 18: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro da Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives-Ourense). O toro ten un gran oco e a copa está moi mermada. Supera os 500 anos e ten 11 m de perímetro.

Page 19: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro de Cerdedelo. (Laza-Ourense)

Page 20: Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro da Capela. Baamonde (Begonte-Lugo). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde, no seu interior ten unha talla da Virxe do Rosario. O especial cariño que lle tiña a xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral, impediron que fose cortado cando se ampliau a estrada.

Page 21: Castiñeiro (Castanea sativa)

REFRÁNS:

-O que non sabe mañas non come castañas.-A castaña no agosto quer beber e no setembro comer.-A castaña no Nadal sabe ben e parte mal.-A castaña e o besugo en febreiro non ten zugo.-Temperá é a castaña que por setembre regaña.-Non quero peral, quero castañeiro, para ter castañas para o ano enteiro.

CANTIGAS

Indo polo souto abaixoatopei un ouriciño,tres castañiñas me deupara ti meu queridiño.

Non chas quero, non chas quero,castañas do teu magosto, Non chas quero, non chas quero,que me cheiran ao chamosco.

A castaña no ourizoeu ben sei o que che fai;se é que stá verde, amadura,e despois de madura cai.

Santo que estás no canizobota castañas abaixo,que anque non teño mantelo,apáñochas no refaixo.

Page 22: Castiñeiro (Castanea sativa)

TRADICIÓNS:O magosto é unha festa que se celebra en novembro de longa tradición en Ourense. Ten unha orixe moi antiga relacionada co ciclo das colleitas. Ásanse e cómense as castañas xógase e cántase.Hai a crenza de que despois da festa as ánimas van quentarse ás brasas das fogueiras e hai que deixarlles algunhas castañas para elas.

Page 23: Castiñeiro (Castanea sativa)

Aparellos para asar castañas

Page 24: Castiñeiro (Castanea sativa)

Bandoxo das castañas

asadeiros das castañas(Museo de Vilar-O Courel)

Page 25: Castiñeiro (Castanea sativa)

ESCOLMA LITERARIA

VEO o tempo morno do OutonoOs días son tardes longasO aire é unha cousa...

Todo ten ise xeito:os tesosos camiños que se vanno serán do valos soutosalumados d’ouroeu quedo ollando ó mofo...

Uxío Novoneyra (OS EIDOS)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet