cataventos 2008
DESCRIPTION
Revista Escolar CEIP SACO E ARCE Toén-OurenseTRANSCRIPT
Imax
e: M
arta
Alén
Xosé Mª Álvarez N azón de Breogán Aniversario de Tintín Arrolos A compostaxe As carrilanas
NESTE Nº
http://centros.edu.xunta.es/ceipsacoearce/cataventos
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 2
EDITORIAL Durante este curso participamos nos Proxectos de Voz Natura. O título do noso era “Xardín Botánico”. Pretendemos, co noso viveiro, ir repoboando o monte anexo ao colexo, tamén convertir a escombreira onde aparcan os buses escolares nun xardín do rocalla. Non traballamos sos, contamos coa axuda da Consellería do Medio Rural, así coma do Concello de Toén. A ÁRBORE
Son de carne, Non me firas Nin me queimes Que me doe o corazón... Se me miras e me observas Con puntual atención Verás, que en min, todo é Beleza, fortaleza e tesón.
Son da chuvia e Son do vento... Se cortas as miñas raíces: ¡Fires os meus sentimentos!. Eu para ti son guía Faro na escuridade: Non estragues a miña vida Nin me coartes a liberdade.
Son da terra e Das estrelas; Son protección e refuxo De moitas almas en vela. Apértame cando as túas forzas Nunha esquina te abandonen; E dareiche savia nova Para que a túa vida mellore.
Eu dareiche paz, amor, Agarimo e protección, Beleza, serenidade, Fortaleza e tesón. Pepe Conde Suárez
sumario 2 Editorial
3,4,5 Letras Galegas 6,7,10,11 Os mais pequenos
12 Música
9 Refráns 13,25,38,39,46,47 Cómic
8,14-17,32,41,42 Días distintos 18,19,30,31,34-37 Obradoiro das letras
20,21 Cociña
22-24 Medio Ambiente 26-29,49 Monográficos
33 Entrevista
43 Deportes 44 Xogos Tradicionais
40,45,48-51 Humor e xogos
Ola amigos/as, Quero agradecervos o voso traballo, o grande interese na realizaci ón da r evista e por levar a cabo, con éxito, as actividades desenvolvidas no centro. Aproveito para recoñecer o gran labor da ANPA do colexio, especi almente a Helena. T amén dar as gr azas a Isabel, por compartir con nós os seus coñecementos nas artes plásticas .
Un bico. Efrén
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 3
Este Ano dedícase O día das Letras Galegas A José María Blázquez Que foi un gran poeta.
Nacín aló en Tui Moi preto da fronteira E antes de ter bigote Xa escribira algúns poemas
Recitado: María Álvarez, Lucía, Estela e Alba. Deseño Prema e Cipriano
O merlo poeta A Descuberta da terra Imos ao Campo
Año Pitaño O carro dos nenos Polo laranxal
Fomos seis irmáns E seis foron os fillos Que tiven coa miña dona ¡Casualidades do destino! Editei moitos libros E tamén algún escribín Como “Roseira do teu mencer” Que llo dediquei a Colorín Fun mestre, editor Tamén locutor e poeta Por falar ata falei Nunha emisora inglesa A miña Dona María Luísa dediqueille “Canle Segredo” Pero tamén escribín outros poemas que de seguido nomearemos: Arco da vella Era un airiño soave A cometa
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 4
Xosé María Álvarez Blázquez escribiu un arrolo para a súa filla Colorín que dicía así: Durme meniña/Durme meu ben/Túa nai ten sono,/Teu pai tamén ... A nós para durmir tamén nos cantaban anainas. Ímosvos ofrecer unha escolma de arrolos. Vós tedes que recoñecernos nas fotos, tampouco cambiamos tanto ...
Arrurrú coa tranca no cu Arrará coa tranca para acá Arrirí batinche “eiqui” Arrurú, coa tranca no cu Morreron os vellos E quedamos eu e tu Andrés Santos.
Errurrú, errurrú, errurrú (bis) Duérmete mi niño que tengo que hacer lavar los pañales, planchar y coser. Daniel da Costa.
Dúrmete neno Dúrmete xa Que vai vir o coco E te comera Miguel Á., Enrique e Marta Morales
Dúrmete meniño Dúrmete meu sol Durme pedaciño Do meu corazón. Sheila
“Nouà màte ascultà aici Un concert pentru pisici Una sforie pe nas Si-acum doarme dusà Si din toatà ceata spusà Màte opt au mai ràmas.” Bianca
E ron-ron Xoaniño Antón Que o teu pai Vai no carbón Túa nai na leña seca. Logo che ha de dar a teta. Carmen Rubio. Teacher
Levántate Juana Y enciende una vela Y mira quien anda Por la carretera Son los angelitos Que andan de paseo Buscando a Andrea Para ir a la escuela. Andrea
Boas noites, meu ben Deixa xa de chorar, Ao arrolo da miña voz Quero verte repousar. Durme xa miña ilusión, Durme xa meu querer Cesará a miña dor Ó mirar o teu pracer. Carolina Álvarez
Onde deixaría o chupetiño
Dende o teu berce vexo A lúa chea Con cariña de pote Lúa serea. Miguel Álvarez
Niña chiquitita, Niña parrandera, Duérmete en tu cuna Toda la noche entera. Prema
Dorme luceiro lindo Dorme mentres eu velo, Que cantando todo o tempo Direiche o que te quero. Marta Alén
Xa teño ganas de dicir algunha palabriña…
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008
Efrén colocouse diante dos títulos de 4 libros de Álvarez Blázquez. Es quen de descubrilos?
A pega rabilonga Canle Segredo
Roseira do teu mencer
Poemas de ti e de min
OS BOLECHAS leron “Roseira do teu Mencer” e fórono pasando de man en man. ¿Cal dos Bolechas o tivo primeiro? Para averigualo tendes que ver a orde en que o foron pasando.
A min deumo Pili e eu deillo a Sonia.
A min deumo Carlos e eu deillo a Loli. A min deumo
Braulio e eu paseillo a Pili A min deumo
Loli.
A min pasoumo Tatá e eu deillo a Carlos
A min deumo Sonia e eu paseillo a Chispa Eu deillo a
Tatá.
5
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 6
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 8
Andrea Álvarez. 5º E.P. Debuxo M arta Alén 6º.
O día 3 de outubro fixemos mosto no colexo. Non estabamos solos, Efrén botounos unha man. So pisaron os rapaces e as rapazas de infantil xa que non tiñamos botas do noso número. O primeiro que fixemos foi botar as uvas, que trouxeramos, nun tinallo e ir pisando. Debía ser moi divertido porque se rían moito aínda que algúns tiñan un pouco de vergonza. Ó acabar de pisar as uvas saíu o mosto de cor verdosa e probámolo. Tiña bo sabor, estaba ben doce. Durante unhas semanas, coidamos do mosto, incluso viñeron uns avós a trasfegar. A entrada do colexo se converteu nunha adega.
IMOS DE VENDIMA CON EFRÉN
Hoxe empeza a vendima
E non teño quen me veña axudar Voulle dicir a Efrén
A ver se me bota unha man.
Xa comecei a vendima e teño moitas uvas
pero o meu amigo Efrén non me deixa ningunha.
Xa acabei a vendima Con moi poucas uvas
Porque Efrén é un lambón E comeu un montón.
E ata aquí vos podo contar
E si vos gustou ou non Moito non me vai importar Xa que o pasei fenomenal.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 9
Recollidos por Andrés Santos Valdés. 3º E.P.
“En xaneiro o porco no fumeiro.” “Auga no mes de xaneiro mata o fumeiro.” “Por san Blas os días pequenos xa quedan atrás.”
“A vella e a vaca en marzo estiran a pata.” “En abril augas mil.”
“Marzo pelarzo, Abril lluvioso, Sacan a mayo florido y hermoso.” “O mes de abril e de maio son a chave de todo o ano.”
“En xullo arder, tempo de patacas coller.”
“No mes de abril, ten que parar a xugada 15 días nil” “Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro”
“Se o arco da vella se pon diante pica os bois e tira padiante.” “Outono chegar prados verdear.”
“As castañas no Nadal saben ben pero pártense mal”.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 10
Coa música dos Lunnis “Buenas noches”. Nós, os alumnos de infantil, inventámoslle esta letra:
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 12
Fermín, Brayan, Jessica, Yago, Anxo, Diego, Adrian, Cristián e Ana María.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 14
Educación Infantil: 5 anos
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 15
No mundo encantado Do Mago de Oz
Cada Arma Trocaron Por unha flor.
No mundo encantado Do Mago de Oz Todos acordaron
Dicindo a unha voz: ¡Se queremos armas...
Que sexan de CARTÓN! Culturas, razas
Costumes, relixións Aquí Todos conviven
Sen Importar a cor No mundo encantado
Do Mago de Oz Esfórzanse todos Xuntos
POR UN MUNDO MELLOR
Miguel Cruz, Águeda e Martí n coas súas camisetas pacíficas.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 16
O esquío EFRÉN, transformado en MAGO DE OZ, é un gran viaxeiro. Viaxa que te viaxa, chegou a o país co “ DES- DIANTE”. - Pero que clase de país é este?- preguntoulle a alguén que tomaba o fresco debaixo dunha árbore. O cidadán , sen dicir palabra, sacou do seu peto unha navalla e ensinoulla, ben aberta, sobre a palma da man.. - Ve isto? - É unha navalla. - Non señor. Trabúcase. Isto é unha “desnavalla”, é dicir, unha navalla con des- diante. Serve para facerlle medrar a punta ao lapis cando está gastada. - Abraiante,-dixo Efrén- ¿Qué máis? - Logo temos unha “desespada”;é dicir, unha espada con des- diante. Serve para coller leitugas na horta. Hai quen a emprega para cortar o pelo, limar as unllas, como chave mestra, como abrecartas, coma unidade de medida... - Impresionante…¿Que máis temos? - Temos unha “despistola”; é dicir, unha pistola con des- diante. Serve para acender o lume, disparar confeti, para facer un “pirsin”, para taladrar paredes, dar a saída nunha carreira, disparar fogos de artificio ou coma vaporizador de perfume. - Magnífico. Temos algo máis?. Por suposto, temos unha “descopeta”; é dicir, unha escopeta con des- diante. Serve para botar sementes, como telescopio, para aspirar follas, substituír o pé da mesa, dar sombra, coma tendedeiro, e algún pirata a ten empregado de perna de pao ... Deslumbrante. Pode haber algo máis neste país tan marabilloso?. - Si, moitas cousas máis. Temos un ”descanón”, que é un canón con des- diante e serve para plantar unha árbore, de percheiro, lanza- balóns, apaga incendios, para facer neve, túneles ou para facerte voar. Soprendente. E todas estas “desarmas”, a que nos levarían?
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 17
- Está moi claro, se nós fabricamos estas desarmas é porque temos un obxectivo moi claro no noso mundo: “facer a desguerra” - ¡Que intelixentes sodes neste país!. Un país con desguerra sería un país no que os problemas se solucionarían falando. Un país perfecto, sen maldade porque non habería pelexas. - E nós, en Toén , ¿Cómo poderiamos comezar a “desguerra”? - O primeiro sería entregar todas as armas de guerra… - ¿Estaría toda a xente disposta a facelo? - Sempre haberá alguén que se resista… por iso propóñoche que fagades un trato:
“cambiade armas por flores”. -Así o faremos. E ... así o fixemos: - Nós, os rapaces infantil entregamos os nosos tiracroios para que se transformen en destiracroios para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”. - Nós, os rapaces 1º e 2º entregamos as nosas espadas para que se transformen en desespadas para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”. - Nós, os rapaces 3º e 4º entregamos as nosas
pistolas para que se transformen en despistolas para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”. - E Nós, os rapaces 5º e 6º entregamos os nosos arcos e frechas para que se transformen en desarcos e desfrechas para axudar a facer que no noso mundo haxa “desguerras”.
-Ben, amigos, recibide cada un unha flor, polas vosas armas……..
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 18
Grafía: Raúl, Alba, Lucía. Ilustracións: Martín.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 19
Adaptación de 1º Ciclo
Todos saben como comezou o conto da chicharra e a formiga, pero poucos saben como verdadeiramente acabou. Esta é a historia tal e como realmente sucedeu. Durante o verán as formigas afanábanse recollendo alimento para o inverno, mentres a chicharra entretíñase cantando e sacando fermosas notas do seu violín . Pero o inverno chegou, as formigas recolléronse no seu formigueiro e a chicharra, tremendo de frío, vagaba polo campo sen saber onde guarecerse. Morta de frío e fame, a chicharra foi buscar auxilio a casa das formigas. - Para outra vez procura traballar máis e cantar menos –díxolle a raíña, ó tempo que as outras formigas a abrigaban e lle daban unha boa cunca de leite para que entrase en calor. Pasou o tempo, chegou un novo verán e a chicharra, escarmentada, traballaba coma se fose unha formiga máis, recollendo alimento para o inverno. Pero entón sucedeu algo inesperado. As formigas, acostumadas a traballar con música, sentían que lles faltaba algo e cada vez facían a súas tarefas con máis desgana e tristeza. Ata que un día, fartas daquela situación, decidiron negarse a traballar.
En medio daquel caos, as formigas máis vellas decidiron ir a ver a Raíña e plantexarlle a situación Tras moito debate, chegaron a unha solución: a chicharra poría a música e, a cambio, elas
daríanlle alimento e refuxio cando chegase o cru inverno. E así foi como retornou a paz o formigueiro. Aquel inverno celebráronse alí os máis grandes bailes e festas que se lembran en toda a bisbarra.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 20
1. RECEITAS DE AMORAS INGREDIENTES:
500 gr de moras 400 gr de azucre 2 culleradas de zume de limón
ELABORACIÓN:
Mesturar as moras co azucre e o limón. Deixar repousar dúas horas a temperatura ambiente e logo ferver durante corenta e cinco minutos a lume forte…Deixar arrefriar.
-Carolina Álvarez Álvarez e Miguel Álvarez, 5º-
2. MARMELADA DE TOMATE INGREDIENTES:
2 kgr de tomates 1 kgr de azucre
1 limón 1 vaso de coñac
ELABORACIÓN: Introdúcense os tomates en auga fervendo para quitarlles a pel e a semente. Bótaselle o zume de limón e a casca e misturámolo todo. Engádese a coñac e logo ponse a ferver deica que espese. Cando xa estea espeso pasámoslle o pasapuré. Deixalo arrefriar e logo envasámolo e metémolo no frigorífico. -Prema Narayama e Borja Martínez Varela, 5º-
3. CHARLLOTE DE CASTAÑAS
INGREDIENTES: ½ kgr de castañas 100 gr de fariña 50 gr de azucre 5 ovos 1 vaso de leite 1 cunca de tona
PREPARACIÓN:
Cócense as castañas e quítaselle a pel. Pásanse por un pasapuré e engádeselle o vaso do leite, o azucre, a fariña e as xemas dos ovos. Cando todo estea misturado, engádenselle as claras montadas a punto de neve. Bótase todo nun molde e métese no forno para que coza lentamente. Cando xa estea feito, sacámolo e cúbrese coa tona e xa está li sto para comelo…. -Jennifer López Morais, 6º-
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 22
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008
Miguel Ángel
Debuxos Carolina Álvarez e Miguel Ángel Melo
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 24
Sheila Rodríguez e Miguel Ángel Melo. 4º E.P.
O compost é un abono natural que se pode empregar para o xardín, horta ou plantas de interior. É moi beneficioso porque as terras tratadas con fertilizantes químicos, acaban perdendo a súa productividade.
¿Qué precisamos para facer compost?
- Un composteiro - Unha forca ou outra ferramenta para voltear - Auga - Residuos de cociña (Restos de froita, verdura, mondas de patacas, pousos
de café, té, pó da aspiradora, cáscaras de ovo, restos de pan, …) - Residuos vexetais (restos de poda, ramiñas, follas, secas, céspede, restos
de maleza, serrín …)
O composteiro
É un recipiente onde se botan os residuos orgánicos para transformalos en compost.
¿Onde Colocamos o composteiro?
É mellor colocalo sobre o chan (non sobre o cemento), sobre unha capa de ramas e follas; por exemplo, debaixo dunha árbore de folla caduca, que permite que teña sombra durante o verán e sol durante o inverno.
¿Como se fai o compost? • Botar unha capa de toxos picados, restos de
poda ou outro tipo de restos vexetais. • Botar unha capa de residuos da cociña. • Ir intercalando capas de ramas cortadas, follas
secas e herba da poda entre os restos de comida para que o aire circule con maior facilidade polo interior.
• Para que o proceso comece canto antes, podemos empregar terra, esterco, unha pouca cal ou ortigas.
• Remexer a parte superior unha ou dúas veces á semana.
• Humedecelo cando se vexa que está seco. Ten que estar húmido pero non empapado. Se vemos que ten moita auga, podemos engadir serrín, panos de mesa …
• O compost estará maduro ao cabo de 5 meses e poderemos retiralo pola parte inferior do composteiro.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 26
Andrea Álvarez e Marta Alén. 3º Ciclo de E.P.
O Himno Galego ven de cumprir 100 anos. Foi entoado por primeira vez na Habana o 20 de decembro de 1907. Pascual Veiga musicou o poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal . EDUARDO PONDAL
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 27
Carolina Álvarez
O 20 de decembro de 1907, en A Habana (Cuba) entoouse por primeira vez o Himno Galego: partitura composta por Pascual Veiga e coa letra do poema “Os Pinos” de Eduardo Pondal.
O poema fala da paisaxe, dos bosques, das inxustizas e desigualdades do pobo galego, da revolución... Tamén dos celtas, nosos antepasados. O POBO CELTA Era un pobo bélico, dedicado á agricultura, á minería e á gandería. Os celtas vivían en aldeas amuralladas chamados castros, con casas circulares de pedra
e teitos de madeira. Os seus guerreiros eran valerosos, en caso de necesidade tamén loitaban as mulleres. Preferían morrer antes que ser derrotados e tiñan o costume de cortar a cabeza dos inimigos como proba de valor. BREOGHAN Era un rei celta que fundou a cidade de Brigantia (A Coruña), na que reconstrúe a torre dun antigo faro que pasaría a chamarse Tor Breoghán, e na actualidade Torre de Hércules.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 28
Marta Alén 6º distintos nomes que recibe un hórreo:
Hórreo, canastro, cabaceiro, cacipo, cabana, cabozo, palleira, panera, espigueira, canico, piorno, garai, garaia, pâtul, garea, cacipo... Os hórreos ou canastros son os graneiros onde se meten os productos, que se queren conservar: cabazos, carne, cebolas, allos, noces, millo... O millo consérvase en lugares ventilados. Na actualidade manipúlase quimicamente para que poida
crecer en calquera clima. Con el podemos obter varios productos: fariña, palomitas, aceite, cristais de coches irrompibles, explosivos, alcohol, doces, etc. Antigamente un bo hórreo nunha casa, era símbolo de familia rica. Ás follas do millo que se gardaba no canastro, metíanse nunha funda de tea e cando secaban usábanse para facer
colchóns. Os carozos do millo, tamén nos serven para fabricar combustible ou corchos. Os tellados dos hórreos de palla e lousas chamábanse colmos. Os canastros en Portugal pódense chamar espigueiros ou caniços entre outros nomes.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 29
Marta Alén
Construímos un cabaceiro de varas. Este gran canastro localízase en Toén
Participamos nun obradoiro de Hórreos da man de
Arturo Fernández.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 32
SOS. INCENDIO!!! Noticia escrita polos alumnos/as de 2º Ciclo
O mércores 16 de Abril, o informe meteorolóxico daba chuvia para Ourense, pero a chuvia chegou a Toén 3 horas tarde. Todo o día fixo sol e despois de comer levantouse un vento do sur bastante forte. Comezamos a ver fume e unhas chamas moi altas, estabamos asustados. O caso foi que o fume se fixo cada vez mais espeso, asomámonos á ventá da clase de música e vimos o incendio. Don Pepe chamou rapidamente ao 112 e chegaron de contado os bombeiros e o helicóptero.
As chamas cada vez eran máis grandes, e o vento facía que se estendera mais o lume.
TIVEMOS QUE DESALOXAR O COLEXIO!
Sobre seis e media quedou apagado o lume e un pouco máis tarde empezou a chover. A terra e as árbores quedaron negras e chamuscadas. Todos os nenos e nenas comentaban que non querían que ardera o colexo, outros choraban co medo, algúns querían
saír fóra para velo de cerca pero non lles deixaron. O único que se salvou da queima a parte do cole, foi o viveiro que está na parte de abaixo, a plantación de árbores do ano pasado.
Só nos queda seguir plantando árbores no monte, manténdoo limpo e repoboar coas árbores que resistan mais os efectos do lume como os carballos e as sobreiras.
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 33
Daniel Da Costa entrevista ao seu tío que traballa en “Granitos del Val”
¿Qué mineral extraen na canteira? Granito Está moi fondo? Non, está a ras da terra Hai unha soa clase ou hai varias? Hai varias clases: hai granito de cor gris, rosa, mais amarelo… Que usos se lle poden dar? Normalmente emprégase para a construcción de casas, para poñer nas rúas… Como se extrae a pedra? Extráese mediante perforación e voladura. Que máquinas se empregan? Empregánse máquinas de perforar, cadeas, rodas… Para que serve cada unha? As máquinas de perforar serven para facer buratos. As máquinas de cadeas serven para arrancar o escombro. As máquinas de rodas serven para transportar o granito dun lado a outro. Como se fan os adoquíns? Córtase a pedra en tiras e pásase por unha cinta onde se corta en cachos mais pequenos. Para que se usan? Para revestir as rúas Fabrican outro tipo de materiais? Cales? Tamén se fabrican pedras para recubrir as fachadas das casas, para facer os cierres ou muros, grava e area de varios grosores para mesturar co cemento … Para que se usan? Para a contrucción de casas, edificios , estradas, aceras… Traballa moita xente na canteira? Traballan mais de 50 persoas Que oficios hai? Hai canteiros, perforistas, camioneiros, cortadores de pedra …
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 34
Este libro gustoume porque ten moito misterio e tamén humor. Adrián é un mensaxeiro que so quere axudar ás persoas. Andrés
A historia desenvólvese baixo o mar. Gústame moito porque hai moitas aventuras. Miguel Ángel
O merlo comparte cos rapaces os figos da figueira. É un libro de poesía, gustoume moito. Marta Morales
Este libro gustoume porque a neve deixa todo de cor branca. Os rapaces pintaron toda a cidade porque a xente non lle gustaba ver a cidade triste. Sheila
Este libro é moi interesante porque ríste moito. É de aventuras divertidas e emocionantes. Conta as tolerías de Don Quíxote. Enrique Arce
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 35
A Historia dunha Lata: Unha lata caeu no prado
onde pastaba a vaca, por iso comezan a falar. A lata aproveita para contarlle toda a súa vida, e así a vaca coñece a vida na cidade. Carola
Shadomancer 2. La maldición de Salamander
Street: Recoméndoche este libro porque é moi entretido e de moito terror, maxia negra, sangue e desesperación. Gustarache!!! Marta
Si quieres pasar miedo: Recoméndocho por que é de medo, misterio e pasas moito repelus. Gustarache tanto que desexarás lelo unha e outra vez. Andrea
El conde Drácula en Australia: É un libro moi entretido, ensina que na túa vida tes que ser ti mesmo e divertirte. Anímote a que o leas, vaiche a encantar. Prema
Naruto ¡Aspirantes! Este cómic gustoume moito. Naruto ten que facer un exame, e non o estudou, pásao mal pero ao final, arrísgase e aproba. Miguel
Kika Superbruja y la momia El libro me gustó mucho porque es divertido. Kika vive muchas aventuras con una momia en las pirámides de Egipto. Borja
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 44
MUGARES O xoguete tradicional do pobo de Mugares era a carrilana, coas que os nosos pais se divertían botando carreiras e os nosos avós facéndoas e probándoas. As carreiras facíanse na estrada de Mugares a Moreiro e rematando nas canteiras dos
irmáns Cortiñas. Comenzaban dándolle un pulo e logo xa ían collendo velocidade costa abaixo....Algúns facían trampas saíndo de primeiros para botar auga para que os demais esvararan.
-Martín e Miguel, 5º
FREIXENDO A carrilana é un xogo de antes e de agora, aínda que, só se coñece nos pobos...Sería un xoguete imposible nas cidades. As carrilanas modificáronse moito. Antigamente todas se manexaban cos pés e agora xa as hai cun guiadoiro ou volante. Outro avance é o dos freos. Antes freábase cos zocos e agora incorporóuselle un cable que frea as rodas de atrás....Xa non falemos das velocidades...Agora case corren como os coches de fórmula 1...Antes os camiños eran moi penosos e sufrían moitos desgastes e atrancos...
- Carola, 5º-
COMO SE CONSTRÚEN
1. Faise unha base de madeira adaptada á medida dunha persoa
2. Por debaixo desta base métenselle 2
eixes para logo encaixar 4 rodas de madeira
3. As rodas poden ir forradas con goma ou cun flexe metálico.
4. O freo faise cun pau que se mete de
lado por un burato que se fai na carrilana, no costado dereito,. Cando frea, tiras polo pau cara arriba e este arrástrase polo chan e para a carrilana.
5. Tunéase a carrilana como máis nos guste e xa está lista para correr..
-Marta Alén-
“CATAVENTOS” Revista Escolar C.E.I.P Saco e Arce de Toén 2008 45
Nós os alumnos e alumnas de 5º e 6º do colexo, iniciamos unha campaña para a Prevención do Fracaso Escolar. Para iso contamos co Nenum Habilis. El vainos dar
uns consellos para conseguir o Éxito Escolar. E... nunca, nunca, nunca imitedes ao Nenum Disaster. ¡Ánimo!
O Nenum Habilis atende e traballa na clase O Nenum Disaster xoga e distráese
O Nenum Habilis é ordenado e constante O Nenum Disaster é desordenado
O Nenum Habilis fai sempre as tarefas. O Nenum Disaster esquéceas ou non as fai