ccss. 6º primaria. tema 6. o diñeiro e o consumo
TRANSCRIPT
![Page 1: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/1.jpg)
O DIÑEIRO E O CONSUMOCIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016
![Page 2: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/2.jpg)
CÓMO APARECEU O DIÑEIRO?
O diñeiro é un medio de intercambio aceptada polas sociedades para comprar bens e para pagar servizos. Antes practicábase o troco, e dicir, intercambio de bens ou fabricaban por outros e así poder cubrir ás necesidades.
Hoxe en día, o diñeiro é fiduciario, é dicir, non corresponde a unha cantidade de ouro nin a ningún valor real. Son os gobernos os que deciden canto valen as moedas e billetes.
![Page 3: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/3.jpg)
PARA QUE SERVE O DIÑEIRO?
O diñeiro ten as seguintes funcións: Úsase para indicar o valor das cousas. Serve para comprar cousas O diñeiro pódese aforrar para usalo máis adiante.
![Page 4: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/4.jpg)
QUE É O CONSUMO?
O consumo é a adquisición de bens e servizos.
Distintas finalidades de consumo:
Primeira necesidade Comodidade e benestar
![Page 5: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/5.jpg)
Durante o ano compramos bens ou usamos servizos indispensables para cubrir as nosas necesidades básicas. Estes son adquisicións e servizos de primeira necesidade.
Vivimos nunha sociedade de consumo onde compramos artigos moitas veces que non cobren as necesidades básicas. Son adquisicións que nos achegan comodidade ou benestar.
![Page 6: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/6.jpg)
Debemos recordar que o consumo axuda á economia dun pais, pois as empresas producen e dan empregos.
O consumo excesivo é ben perigoso xa que provoca o esgotamento dos recursos empregados para a produción e ten efectos negativos sobre o medio causados pola contaminación das fábricas.
![Page 7: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/7.jpg)
EN QUE GASTAMOS O DIÑEIRO?
As persoas deben calcular que facer co diñeiro que gañan. A elaboración dun presuposto de gastos axuda a non gastar mas do que se ingresa e a non endebedarse.
Diferentes tipos de gastos: Gastos fixos Gastos variables Gastos inesperados
![Page 8: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/8.jpg)
GASTOS FIXOS
Son gastos que xa coñecemos, sabemos canto diñeiro suman e cando debemos de pagarlos.
Por exemplo: Renda da casa Recibo do teléfono Recibo da luz
![Page 9: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/9.jpg)
GASTOS VARIABLES
Son aqueles que cambian cada mes e só podemos calculalos de forma aproximada.
Por exemplo: Facer un viaxe Ir a un concerto
![Page 10: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/10.jpg)
GASTOS INESPERADOS
Son aqueles que non podemos prever con antelación.
Por exemplo: Reparación dun electrodoméstico
![Page 11: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/11.jpg)
QUE FAGO CO QUE NON GASTO?
Se ingresamos máis do que gastamos podemos aforrar para afrontar un futuro gasto inesperado. Hai dous tipos de aforro:
Doméstico: é o diñeiro gardado na casa. É bo para os gastos próximos.
Bancario: cando depositamos o diñeiro no banco.
![Page 12: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/12.jpg)
AS EMPRESAS
É unha organización creada para producir bens e servizos que obtén diso beneficios económicos.
Tipos de empresa: Pequenas e medianas empresas (PEME): Son
organizacións de reducido tamaño con menos de 250 traballadores. Poden ser: empresas familiares, cooperativas e algunhas sociedades limitadas
Grandes empresas: agrupan máis de 250 traballadores e establécense en distintos países coñecidas como multinacionais.
![Page 13: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/13.jpg)
RESPONSABILIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS
A empresa… Axuda ao enriquecemento da sociedade. Axuda ao desenvolvemento dos seus traballadores.
![Page 14: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/14.jpg)
PUBLICIDADE COMERCIAL
É toda acción que unha empresa realiza para que o público coñeza os seus produtos e para lograr aumentar a demanda deles.
Utilízanse mensaxes en diferentes soportes, tamén é moi importante o soporte que se elixa.
A publicidade supón un custo para as empresas
![Page 15: CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo](https://reader034.vdocuments.net/reader034/viewer/2022051122/58ea79bb1a28ab0c0b8b5223/html5/thumbnails/15.jpg)
IMPORTANCIA DA PUBLICIDADE
As empresas tamén teñen unha responsabilidade social cos seus anuncios xa que chegan a millóns e millóns de persoas.
Por iso deben de coidar o contido, o horario e os valores que queren mostrar