cn 6ºprimaria. unidad 3. a reproducion
TRANSCRIPT
TEMA 3. A REPRODUCIÓN
AS ETAPAS DA VIDA Infancia: abarca desde o nacemento ata os 12
anos. Durante os primeros anos os nen@s crecen rapidamente e adquiren múltiples habilidades.
Adolescencia: dende os 12 ata os 19 anos. Entre os 11-15 anos ten lugar a puberdade, etapa na que os aparatos reprodutores dos nen@s alcanzan a súa madurez e capacidade fértil. Tamén hay diferenzas claras entre nenos e naenas.
Idade adulta: dende os 19 ata o fin da vida. Divídese en: xuventude, madurez e ancianidade.
CARACTERES SEXUAIS
PRIMARIOS: Son os órganos reprodutores femenino e masculino. Dende o nacemento estes órganos xa están formados.
SECUNDARIOS: son diferenzas físicas entre os homes e as mulleres que se fan máis evidentes durante a pubertade. Aparece peluxe na pube e nas axilas. Cambios específicos: Nos rapaces: a voz vólvese máis grave, anchean
os ombros, a noz faise máis evidente e no seu rostro comeza a crecer o bigote e a barba
Nas rapazas: desenvólvense as mamas e as suas cadeiras van ancheando.
APARATO REPRODUTOR MASCULINO
Formado polos seguintes órganos: Testículos: son dous órganos que se
encontran fóra da cavidade abdominal, cubertos por un repregamento de pel chamado escroto. Prodúcense os espermatozoides que son as células reprodutoras masculinas.
Conductos deferentes: son dos condutos moi finos que recollen os espermatozoides dos testículos e os transporta ata a uretra.
Vesículas seminais: son dúas glándulas situadas detrás da vexiga urinaria. Estas vesículas producen o liquido seminal e vérteno na uretra.
APARATO REPRODUTOR MASCULINO
Formado polos seguintes órganos: Uretra: é un conduto no que desemboca os
condutos deferentes. A través dela os espermatozoides saen ao exterior. A uretra tamén comunica a vexiga urinaria co exterior. A través dela saen do corpo tanto os espermatozoides como a urina.
Pene: é a parte máis externa do aparato reprodutor masculino. No seu interior atópase a uretra.
APARATO REPRODUTOR MASCULINOTESTÍCULO
S
CONDUTOS
DEFERENTES
VESÍCULAS SEMINAIS
URETRA
PENE
APARATO REPRODUTOR
FEMININO Formado polos seguintes órganos:
Ovarios: son dous órganos do tamaño dunha améndoa. Nelas prodúcense e maduran os óvulos, que son as células reprodutoras femininas.
Trompas de falopio: son dous condutos que comunican os ovarios co útero.
Útero: é unha cavidade cunhas grosas paredes musculares. Nel desenvólvse o futuro bebe.
APARATO REPRODUTOR
FEMININO Formado polos seguintes órganos:
VAXINA: é o condutoque cominca o útero co exterior.
VULVA: é o órgano externo do aparato reprodutor feminino. Está formada por uns repregamentos de pel que protexen a entrada da vaxina.
APARATO REPRODUTOR
FEMININOOVARIOS
TROMPAS DE
FALOPIO
ÚTERO
VAXINA VULVA
AS CÉLULAS SEXUAIS E A
FECUNDACIÓN Grazas a función de reprodución os seres
humanos orixinamos outros seres semellantes a nós.
Os seres humanos temos un tipo de reprodución sexual. Isto significa que é necesario que se produxa a unión de duas células sexuais, unha feminina e outra masculina.
É dicir, un óvulo e un espermatozoide. Este momento da reprodución recibe o nome de fecundación.
CÉLULAS SEXUAISESPERMATOZOI
DES
Son células reprodutoras masculinas.
O seu tamaño é moi pequeno e nelas pódense diferenciar entre: cabeza, pescozo e cola (gracias a esto poden moverse)
Comenzan a formarse nos testículos durante a puberdade
ÓVULOS
Son as células reprodutoras femininas.
Teñen forma arredondada, o seu tamaño é moito maior ca o dos espermatozoides e non teñen capacidade de moverse.
Estas células maduran na puberdade e a partir dese momento estarán preparadas para ser fecundadas
CÉLULAS SEXUAISESPERMATOZOI
DES ÓVULOS
A FECUNDACIÓN Cada 28 días, aproximadamente, un ovario
libera un óvulo que é arrastrado a través das trompas de falopio cara o útero. Se durante ese percorrido o óvulo se encontra cun espermatozoido, pode ser fecundado.
A fecundación prodúcese cando o espermatozoide alcanza o óvulo e consegue entrar nel.
O óvulo fecundado ou cigoto comeza a dividirse e recibe o nome de embrión.
Cando o embrión chega ao útero físaxe nas súas paredes para seguir crecendo.
O EMBARAZO E O PARTO: FORMACIÓN
DA PLACENTA Durante as primeiras fases do desenvolvemento
do embrión créase un tecido na parede do útero onde se produciu a implantación chamada placenta.
Encárgase de captar o osíxeno e os nutrientes do sangue da nai.
O cordón umbilical une a placenta co bebé e a través del viaxan os nutrientes e osíxeno.
Ao mesmo tempo que se desenvolve a placenta se forma a bolsa amniótica que no seu interior está o líquido amniótico que rodea e protexe o bebe.
De embrión a feto: Primeiro trimestre
Durante os dous primeiros meses o cerebro do bebé comeza a desenvolverse, o seu corazón latexa e aparecen uns pequenos vultos que serán os seus brazos e as súas pernas.
Ao final deste trimestre o embrión recibe o nome de feto. Xa ten formados os órganos que comenzan a funcionar excepto os pulmóns, que se estrearán no parto.
De embrión a feto: Segundo trimestre
Neste período o feto xa pode oír, chupa o debo, abre e cerra os ollos, e a súa nai comeza a sentir como se move.
De embrión a feto: Terceiro trimestre
O feto crece e gaña peso, de modo que, durante o oitavo mes pesa xa entre dous quilos e medio e tres quilos.
Os seus órganos maduradon polo que está listo para poder vivir fóra do ventre materno.
Os bebés que nacen antes dese momento considéranse prematuros e normalmente necesitan coidados especiais despois do parto.
O EMBARAZO E O PARTO: O PARTO
É o momento do nacemento do bebé e desenvólvese en tres etapas: Dilatación: a zona do útero que se une á vaxina
dilátase pouco a pouco ata alcanzar un diámetro duns 10 centímetros. Prodúcense contraccións ritmicas que empuxan o feto cara á vaxina.
Expulsión: consiste na saída do feto ao exterior a través da vaxina. Cando o bebé sae ao exterior a persoa que atende o parto corta o cordón umbilical. Despois duns segundos o bebé inspira aire por primeira vez e chora.
Libramento: última fase do parto. Nela prodúcese a saída da placenta ao exterior