cnnnpus de mnncoser{dp - uvigo.gal · coma o sapo común (bufo bufo) só se aproximan ós puntos de...

26
OFICINA DT MTDIO AMBITNTE VICTRRECTORADO DT PLANIFICACION UNIVERSIDADE DE VIGO CnnnPUS DEMnncosEr{Dp

Upload: trinhdiep

Post on 27-Nov-2018

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

OFICINA DT MTDIO AMBITNTE

VICTRRECTORADO DT PLANIFICACION

UNIVERSIDADE DE VIGO

CnnnPUS DE MnncosEr{Dp

Page 2: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ffi*x& ffi&w&T*mxY&*am z*x ** Wmr**x*m**Autoras Alejandra Nieto Román e PatriciaMartínez LeyendaDebuxos Patricia Martínez LeyendaColaboradores Gustavo CochónRodríguez e Alfredo Justo FernándezDepósito legal VG - 422 - 2003@ Universidade de Vigo, 2003

Page 3: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

iYwffiffiwffiwwwmO campus Lagoas-Marcosende con-centra a meirande parte dos centros efacultades da Universidade de Vigo.Está situado na panoquia de Zamáns,a 15 km da cidade de Vigo. Localízasena ladeira sur da bacía alta do ríoZamáns, nunhas altitudes entre os 390e os 485 metros.A propia paisaxe do campus sufriucambios moi notables dende o ano1991, de xeito que a súa conformaciónactual é resultado das diferentes modi-ficacións que se produciron a medidaque medraron en número os equipa-mentos e infraestructuras.Ata 1994 o ecosistema dominante nocampus era o piñeiral, aínda que neseano foron cortadas a meirande partedestas árbores. Esta grave perda, secadra evitable, marca un punto de infle-

xión na integridade ecolóxica desteespacio no que, ano tras ano, vangañando terreo os espacios urbaniza-dos. Co aterramento das brañas, luga-res asolagados onde se forma turba,perdéronse tamén daquela os que sendúbida eran os hábitats máis valiosos esingulares cos que contabamos.Aínda así, permanecen hábitats degrande interese nos que viven multitu-de de especies de flora e fauna. É poristo que a Oficina de Medio Ambiente(OMA), xa dende un principio, segueunha estratexia para protexer e fomen-ta-los valores naturais que conforman apaisaxe actual do campus, incluíndoacluacións relativas á restauración ecreación de hábitats.Esta estratexia de conservación com-pleméntase coa divulgación dos ele-

mentos naturais presentes no Campus.Nesta tendencia pódese engloba¡ tantoa información dispoñible na web daOMA, como a realización de xornadasde campo e itinerarios guiadcis nos quese pretende dar a coñecer á comunida-de universitaria a nosa natureza.Esta guía xorde como o seguinte pasodentro desta liña de divulgación. Conela esperamos espertalo interese poladiversidade biolóxica do campus e, asímesmo, deixar constancia destes valo-res para aproveitamento dos presentese futuros membros da nosa comuni-dade.

Page 4: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ruemñ*müs ffirrxetüems # de ribeirffi

Page 5: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

As lagoas e os cursos de auga sonespacios de grande interese ecolóxicoque destacan pola presencia decomunidades biolóxicas característi-cas.No campus as charcas e lagoas ocu-pan unha superficie de 1,2 hectáreas,das cales 0,7 conesponden a lagoasseminaturais. Entre as plantas acuáti-cas máis interesantes neste tipo dehábitats están a lentella de auga

(Lemna minor) e a espiga de auga(Potamogeton polygonifoli us). caracte-rizadas por presenta-las follas aboian-do na superficie. Nas maxes ou enzonas de escasa fondura podemos verespadana (Typha angustifolia), herbá-cea de ata 2 metros de altura, facil-mente recoñecible polas súas inflores-cencias en espiga de cor manón. Trá-tase dunha especie colonizadora quefixa moi rapidamente o substrato, axu-

dando á colmatación progresiva dasmasas de auga.Estes medios favorecen o establece-mento de comunidades de invertebra-dos que dependen da auga, en maiorou menor medida, para completa-loseu ciclo biolóxico. Son moicaracterís-ticos certos coleópteros acuáticoscoma os ditiscos (D¡rtiscus margina-f's), diversas especies de libeliñas(Libellula depressa, Synpetrum san-

Page 6: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

guineun) e cabaliños do demo(Calopteryx splendens). As larvasdestes insectos son activos depreda-dores en charcas e lagoas.Os anfibios son típicos representantesdestes hábitats xa que necesitan daauga para completa-lo seu ciclo bioló-xico aínda que, dependendo da espe-cie, varían no seu grao de dependen-cia do medio. Algúns, coma a ra verde(Rana perezi) vanse atopar sempreperto da auga, en tanto que outroscoma o sapo común (Bufo bufo) só seaproximan ós puntos de auga para areproducción. En canto ós réptiles vin-culados a estas masas de auga desta-can a cobra de auga (Natrix maura) ea cobra de colar (Natrix nafn|. Estasserpes aliméntanse de invertebrados,pequenos peixes e anfibios. Se benpolo seu deseño e coloración podenaparentar ser perigosas son totalmen-te inofensivas.Asociadas a estes hábitats atopamos

aves coma o lavanco (Anas platykyn- Lagarto das silvas . Lacerta schreihricfros/, xunto con outras quecomo a lavandeira branca(Motacilla alba) e alavandeira real (Motaci-lla cinerea) quese alimentan ;ffir. -:

nas beiras --

das lagoas. En prima- jffveraeveránéposibleobservar andoriñas (Hirundo rustica)cazando mosquitos .ó atardecer, eocasionalmente pódense ver taménoutras especies coma o bilurico aline-gro (Tringa ochropus), visitante na súaviaxe migratoria de outono.Os regatos presentes no carnpusposúen unha lonxitude total de 2.000m, á beira dos que podemos atoparpequenas masas de bosques, sendo aárbore máis característica o amieiro(Atnus gtutino.sal acompañado de sal-gueiros (Salix atrocinereal e abeleiras(Corylus avellana). Tamén se atopan

6

outras especies plantadasseguindo as pautas do plan de revexe-tación do campus, como son: freixos(Fraxinus angustifolia), lamagueiros(Populus nEral, biduevos (Betulaalba) e pradairos (Acer pseudoplata-nus/. Estas especies, que necesitansolos frescos, húmidos ou mesmoasolagados, forman o denominadobosque de ribeira. Son formacións queaxudan a regula-lo caudal dos regatose reduci-la erosión e a mntaminación.Tamén proporcionan refuxio para a

Page 7: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

fauna e a flora representada por fentoscoma o fento real (Osmunda regalis),ciperáceas (Cyperus eragostis), plan-tas gabeadoras coma a hedra (Hede-ra helix)e a madreselva ou chuchamel(Lonicera peryclimenum)As maxes húmidas e sombreadasdas beiras dos ríos constitúen un hábi_tat favorable para cogumelos comoMitrula paludosa,liques coma os doxénero Peltigera, e briófitos coma Anf_hoceros agrestis, Lunularia uuciataou Pellia epiphylla. Aquí son comúnsanfibios coma o sapo raxado (Disco-

g/ossus galganoi)e réptiles coma olagarto das silvas (Lacerta schreibeii),do que destaca durante a épocareproduclora a cor azulada da cabezados machos.Os bosques de ribeira ofrecen refuxioe alimento a unha variada fauna orni_tolóxica con representantes coma apapuxa das amoras (Sylvia atricapi_lla), a carriza (Trogtodytes trogtody-les/, o ferreiriño real (parus major)e ofeneiriño azul (parus caeruleus).Un tipo especial de hábitats acuáticosson as minas de auga, galerías proce-

dentes de mananciais que saen óexterior por pequenas aberturas naterra. No campus atópanse cinco:dúas baixo a biblioteca central, unhaen Fontecoba e dúas na pradería deVilariñ0. Asociada a este hábitat vive asaramaganta (Chioglossa lusitanica),especie que vive e se reproduce nasparedes das minas. Sobre esta espe_cie ehdémica do noroeste ibéricosábese moi pouco, en parle debido ósseus hábitos cavernícolas. A súa con-servación está ameazada pola reduc_ción e a destrucción do hábitat.

Page 8: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Tordo charloTurdus viscivorus

Prederie

Page 9: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Son hábitats constituídos por espe-cies herbáceas, orixinados polaacción humana ou do gando. Localí-zanse na banda de menor altitude docampus ocupando unha superficieaproximada de 3 hectáreas.É complicado diferenciar tipos deprados por tratarse de comunidadesheteroxéneas, compostas por multi-tude de especies. De forma xeralpodemos caracterizalos en funcióndo tipo de aproveitamento e do graode encharcamento do solo. Así, oque está situado no lugar de Caño-teiras, entre Vilariño e o vial de cir-cunvalación, mantense gracias ópastoreo dun rebaño de ovellas dosveciños. Neste caso, o estercado eas pisadas producidas polo gandofavorecen o establecemento de espe-cies coma a chantaxe (Plantago lan-ceoata) e leitaregas diversas comoTaraxacum officinale e Sonchus ole-raceus.

Doutro lado temos prados húmidosmantidos mediante seitura. Nelesatopamos herbáceas típicas dezonas húmidas coma a aceda(Rumex acetosella), a menta (Mentarotundifolia)e a herba cana (Senecioaquathus). Outras especies comúnsneste prado son os botóns de ouro(Ranunculus spp.), a herba dos car-pinteiros (Achillea millefolium), prí-mulas (Pnmula vulgaris), violetas(Viola rivinianal, os amarelles ou nar-cisos (Narcissus cyclamineus e Nancissus bulbocodium) e a herba deSantiago (Senecio jacobea).No outono e inverno é posible atoparcogumelos, algúns comestibles de

,moita calidade coma a zarrola(Macrolepiota procera) e o cogumelodos lameiros (Agaricus campestris).Aínda que o outono é a estación doano na que aparecen máis especies,non é a única, xa que por exemplo, omatacandil (Coprinus comatus), de

Page 10: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

grande valor culinario, pódese ver Trilladeira

case todo o ano. MicrotussPP'

Nestes prados tamén é frecuenteatopar bolboretas; entre as que des-tacan, por ser doadas de identificar, opavón real (lnachis tbl, cun caracte-rístico deseño de "ollo" en cada á emais a bolboreta branca da col (Pie'

ris brassicae), de cor clara con man-chas negras nos ápices das ás.lrlas zonas destes prados máispróximas ós cursos de auga,en enclaves relativamente "'f "húmidos e con certa cobertu-ra vexetal, son comúns anfibioscoma o xa citado sapo raxado ouréptiles coma o escáncer común(Anguis fragilis). Estas dúas especiespoden levar a confusión xa que oaspecto exterior do sapo raxado émáis semellante a unha ra cá unsapo e, pola outra banda, o escáncercomún posúe aspeclo de cobra,malia tratarse dun saurio sen patas.

X e r a l m e n t eo b s e r v a rmamíferos écomplicado,obstante a súa pre-sencia pode ser detectada medianterastros coma pegadas ou excremen-tos. Así, é frecuente atopar na super-ficie do prado os montículos de terra

r o

realizados polas tou-pas (Talpa occidentalis) e a trilladeira(Microtus spp.).

No relativo ás aves pódense ato-par especies sedentarias, bandos

de estorniños negros (Sturnus uni-colof e o tordo charlo (Iurdus vlscÉvorus), e outras que son só invernan-tes coma a pica dos prados (Anthuspratensis) e a becacina (Gallinagogallinago).

n0nsúa

Page 11: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

li rr.l

lCienc¡as 9¡Xurídicas eldo Traballo

MI atos

Page 12: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Papuxa do matoSylvia undata

Os matos están compostos porplantas leñosas arbustivas que ocupansolos pobres ou pouco desenvolvidos.Existe unha grande diversidade nacomposición dos matos, aínda que nocampus pódense distinguir fundamen-talmente tres tipos, a toxeira-uceira, auceira-xaral e as xesleiras. En concre-to, ocupan unha superficie de 24 hec-táreas, sendo a zona de protecciónarqueolóxica situada por riba da resi-

dencia de estudiantes a mancha conti-nua de maior superficie.0 toxeira-uceira é un tipo de matocaracterístico de toda a rexión atlánti-ca europea, constituído principalmentepor varias especies de toxos (U/exeuropaeus, U. galiie U. micranthus) euces coma a queiruga de tres follas(Erica cinerea), a queiruga de cruz(Calluna vulgaris), a queiruga maior(Daboecia cantabrica), e a queiruga

t 2

menor (Erica umbellata), aparecendotamén outras especies coma a xenista(Genista triacanthos) e o tomentelo dopaís (Thymus caespititius). As uces ouqueirugas aparecen en zonas pobresen nutrientes. Pola contra, o toxoocupa solos máis evolucionados, con-tribuíndo á súa formación ó fixar nitró-xeno atmosférico.A uceira-xaral constitúe un tipo demato característico de zonas con clima

Page 13: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

continental'e mediterráneo. Está locali-zado na zona baixa do campus, próxi-mo a Marcosende, e acompañando asqueirugas (Erica cinerea, E. umbelata,Calluna vulgaris e Daboecia cantabri-ca) atópanse as carpazas (Cistus psi-losepalus e Halimiun alyssoides).As xesteiras caracterízanse pola domi-nancia da xesta amarela (Cytisus stria-tus/. Pode alcanzar os 4 m de altura.As rochas e a superficie dos matos ató-panse comunmente recubertas porliques, entre os que destacan Parmelia

conspersa, Parmelia revoluta, a cascade pena (Lasallia pustulata)e diversasespecies do xénero Rhizocarpon, quemedran directamente sobre a superficieda rocha. Outros, como Cladonia rangi-formls, viven nas fendas das rochas ousobre musgos.En zonas de solos lixeiros e ben drena-dos abunda un escaravello co dorsoverde brillante sobre o que destacanalgunhas manchas claras, denominadocicindela común (Cicindela campestris).Deslizándose rapidamente entre avexetación pódense atopar réptilescomo o esgonzo común (Chalcidesstriatus), a víbora de Seoane (Viperaseoanei) e o lagarto arnal (Timon lepi-dus).As aves máis abundantes son peque-nos paseriformes coma a papuxa domato (Sylva undata), a azulenta (Pru-nella modulansl, a cotovía pequena(Lullula arborea), o liñaceiro (Cardueliscannabina), a escribenta riscada

(Emberiza cia) e o chasco (Saxicola tor-quak). Destaca entre elas unha aveque cría no chan do toxal chamada ave-noiteira cincenta (Caprimulgus europa-eus), só presente en primavera e verán,e que se alimenta de insectos ó tempoque voa coa boca aberta.Entre os mamiferos presentes nesteshábitats destaca o coello (Oryctolaguscun'rculus), moi abundante no campus,e tamén é doado atopar rasüos deraposo (Vulpes vulpes). Tamén é fre-cuente dar con greas de cabalos(Equus caballus) en estado de semili-berdade, pastando nos terreos do cam-pus. A súa presencia axuda a mante-los pastos e ademais constitúen un ele-mento culturalde grande valor, como sepode constatar pola celebración tódolosanos do curro do monte do Galiñeiro,onde se xuntan os cabalos para cortár-lle-las crinas e para marca-los poldrosnacidos ese ano.

:."YM

www

t 3

Page 14: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ffimmffimffiffiwffirmml¿ t

Page 15: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

O bosque climácico da meirandeparte de Galicia é o bosque caducifo-lio dominado por especies do xéneroQuercus. Ademais, e dependendo dasúa localización xeográfica, acompá-ñano outras especies en proporciónsvariables coma bidueiros (Betulaatba), pradairos, pereiras bravas(Pyrus communls/, estripeiros (Crata-egus monogyna/, loureiros (Laurusnobilis), sanguiños (Frangula alnus) eabeleiras, entre outros. Lamentable-mente, nesta parte de Galicia escasa-mente quedan uns poucos fragmen-tos deste hábitat, bastante degrada-dos.No campus podemos distinguir atacatro carballeiras incipientes compos-tas por árbores transplantadas, porcarballos (Quercus robur) xa existen-tes e como resultado da recuperaciónnatural. Están localizadas na zona deFontecoba (perto da residencia deestudiantes), por baixo da Facultade

de Ciencias, e na zona próxima ó altode San Cosme, sendo esta últimaresultado da substitución natural decarballos nun piñeiral de repoboación.En conxunto supoñen unha superficiede 5 hecláreas. Para observar exem-plares adultos de carballos podemosdirixirnos ás proximidades de Vilariñoonde se conservan varios de bo tama-ño. Neles é posible atopar sobre ascortizas musgos coma Hypnumcupressiforme e Ulota crispa.Entre a follaxe do chan das carballei-ras pódense achar píntegas (Sala-

mandra salamandra), anfibios de mar-cado carácter terrestre e de hábitospreferentemente nocturnos. Tamén éposible atopar mamíferos, moicomúns en Galicia, coma a donicela(Mustela nivalis), o rato de campo(Apodemus sylvaticus) e o ourizocacho ( Eri n aceu s e u rop ae u s).Nestes hábitats do campus son fre-cuentes aves coma o paporrubio (Erd-hacus rubecula), a rula (Streptopeliaturtur), o gaio (Garrulus glandarius), oferreiriño azul, o feneiriño real. e aavelaiona (Strix aluco).

t 5

Page 16: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Circunvalación,_:-s:O plan de revexetación do campus pre-tende incrementa-la superficie ocupa-da por hábitats forestais, empregandoexclusivamente árbores e arbustospropios da vexetación natural"de Gali-cia. O tipo de vexetación que lle cones-ponde ás diferentes zonas do campusvén determinado pola interacción dedúas variables básicas: orientaciÓn ealtitude. Ademais, en certas zonasescollidas, a combinación de árbores earbustos inspírase nos principais tiposde bosque de Galicia. Nalgúns casospartiuse de zonas con escasa vexeta-ción arbórea, constituídas en maiormedida por matos, e noutros, reforzá-ronse áreas onde xa existía certa

ffiffim*€ffiKffi ffmffiffiffiffmffiw #w ffiffiwffi ffiffiffiffiffi*,wml ó

Page 17: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

cobertura arbórea, principalmente decaóallo. En conxunto ocupan unhasuperficie de t hectáreas.Entre as novas zonas forestais crea-das podemos sinalar:

A carballeira meridionalRepresenta a carballeira da Galiciacon clima máis cálido e temperado. Ocarballo e, en menor medida o reboloou cerquiño (Quercus pyrenaica), vanacompañados de loureiro. Localízasepor debaixo da E.T.S de EnxeñeirosIndustriais.

O sobreiralEn zonas temperadas de Galicia, conclima oceánico suave, podemos ato-par actualmente bosquetes domina-dos pola sobreira ou corticeira (Ouer-cus suber) e por arbustos coma oérbedo (Arbutus unedo). Estas forma-cións aparecen representadas á beirada carballeira meridional.

A devesaÉ representativa dos bosques natu-rais de montaña de Galicia. Inclúeespecies coma o bidueiro, o capudre

(Sorbus aucuparia), o acivro (//exaquifolium)e o teixo (Taxus baccata).Pode ser atopada nas proximidadesda residencia de estudiantes.

0s soutosSon formacións de castiñeiros (Casta-nea sativa). O seu cultivo posúe unhagrande importancia histórica debido óvalor dos froitos e da madeira. Estesbosque seminaturais están represen-tados no campus na valgada inferior áFacultade de Filoloxía e Traducción,contra Vilariñ0.

t 7

Page 18: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ir1$,u!i-."'

,Ciencias

I

Os piñeirais son o resultado da políti-ca forestal acometida en Galiciadende mediados do século XX. Nocaso do campus, trátase de piñeiro dopaís (Prnus pinaster), especie ampla-mente distribuída na nosa terra poloseu emprego en plantacións para aobtención de madeira barata. Ocupanunha supedicie de 13 ha e as maioresextensións están localizadas na entra-da norte do campus, e fronte ás insta-lacións deportivas.Neste tipo de formacións arbóreas defollaxe pouco densa aparecen no soto-bosque o fento (Pteridium aquilinum),o toxo e diversas especies de queiru-gas.Nos piñeirais atópanse moitas espe-cies de cogumelos, algúns moi apre-ciados culinariamente coma os nísca-ros (Lactarius deliciosud e os boletosffiffiffiw&rmffim

t a

Page 19: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ou ándoas (Boletus edulis). Taménson abundantes a ándoa miúda (Sur'-llus bovinus), as bombas de tinguir(Pisolithus arhizus) empregadas comotintura, diversas especies de Russulae, sobre os tocos, aparece o cogume-lo da risa (Gymnopilus spectabilis).Nas cortizas obsérvanse liques comaEvernia prunastri, Parmelia caperata,diversas especies do xénero Usnea, emusgos coma Hypnum cupressiformeou Homalothecium sericeum.Nos piñeiros podemos atopar inverte-brados coma a mosca-serpe (RhapFdia notata)ou a procesionaria (Thau-metopoea pityocqmpa). As eirugasdesta especie son altamente urtican-tes e reciben o seu nome debido a queó abandona-los niños desprázansepolo chan unha detrás das outras,coma en procesión, buscando un

lugar onde entenarse para a meta-morfose. Pode estar parasitada por unf ungo vermell o (Cordyceps militaris).O esquío (Sciurus vulgaris)é o mamí-fero máis doado de observar nestespiñeirais. Esta especie ten recoloniza-do toda Galicia nas últimas décadas,sendo agora relativamente abundante.En outono e primavera son máis doa-dos de observar, se ben durante todoo ano podemos atopar no chan do

piñeiral indicadores da súa presenciacoma restos de pinas comidas,Entre a avifauna propia destas masasarbóreas destacan especies coma ofeneiriño negro (Parus ater), o feneiri-ño cristado (Parus cristatus), o pimpín(Fringilla coelebs)e o verderolo (Car-duelis chloris). Durante a primavera,en ocasións, pódense escoitar os tam-borileos do peto real (Dendrocoposmajor).

t 9

Page 20: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

t f t a l r 1 a a a

Hab¡tats Ul'banos20

Page 21: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Constitúen os hábitats formados polasedificacións e os xardíns que as rode-an, supoñendo unha extensión totalde 66 hectáreas.En xeral constitúen hábitats depaupe-rados. Non obstante, o espacio axardi-nado que rodea a Facultade de Filolo-xía e Traducción alberga un grandenúmero de especies ornamentaiscoma a camelia (Camellia japonica), arobinia ou falsa acacia (Robinia pseu-doacacia), o ciprés dos pantanos(Taxodium distichum), a magnoliacomún (Magnolia grandiflora), a 4lietovermello (Picea abies), o xenebreirocomún (Juniperus communis) e o lou:reiro real (Frunus laurocerasus). '

Esta zona ten unha especial riquezade liques, briófitos e cogumelos pois,debido a súa idade, tanto as árborescomo a zona en xeral está ben esta-blecida. Entre os cogumelos que seooden achar nesta zona están o brin-cabois /Amanita muscaria var. formo-

sa) ou a Lac-caria lateritia, baixo coní- ...feras, e a ándoa de 1

Pé de mosca (Lecci- iei¡idji:::;

num oxidabile)e o Lac-tarius pubescens aparecen unicamen-te baixo exemplares de bidueiros.Entre os liques destacan Physciasemipinnata, Parmelia caperata e Par-motrema austrosinense, que aparecesó no sur de Pontevedra e, entre osbriófitos, hepáticas coma Frullaniadilatata e brións coma Pogonatumaloides, Bryum capillare, Bryumargenteum, así como diversas espe-cies de Polytrichum.Tamén é interesante a fauna que podeser atopada nestas zonas urbanas xaque as edificacións son empregadaspor diversas especies de formigas(Formica spp., Mirmica spp.) e os pei-

Lagarto arnalTimon lepida

xiños de prata (Lepidesma saccharina).Entre as aves podemos achar espe-cies como o rabinubio (Phoenicurusochruros), a lavandeira branca, omerlo (Iurdus merula), a pega (Picapica) e o pardal (Passer domesticus).En primavera pódense escoitar xiríns(Serinus serinus), verderolos e, nosarbustos, carrizas. Entre os réptiles omáis frecuente é a lagartixa galega(Podarcis bocagei).

2 l

Page 22: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

&rr#dmr#s

Os anedores do campus están consti-tuídos por un mosaico de paisaxes,composto por piñeirais, eucaliptais,aldeas con praderíras e cultivos e monlebaixo. Cara ó noroeste existe un exten-so piñeiral perlencente ás Comunida-des de Montes e Man Común de Beadee Zamáns e á Entidade Local Menor deBembrive. Por esta zona pasa un roteirode percurso curto (P.R-G 05) marcadocon bandas amarelas e brancas, quediscone ó longo do río Eifonso e queenlaza co roteiro de percurso longo(G.R.53), marcado con bandas verme-llas e brancas, que percorre os límitesdo municipio vigués dende Saiáns,pasando pola Ganida e Puxeiros, ata AMadroa. Os eucaliptais están no oeste esueste, en tanto que no sur, está o valde Zamáns con prados e cultivos.Dende o campus podemos ve{o monteGaliñeiro, de 706 metros de altitude,situado na confluencia dos municipios

22

Page 23: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

de Vigo, 0 Poniño e Gondomar e limi-tando tamén co Parque Natural doMonte Aloia. A vexetación máis caracte-rística nel está composta por matos detoxeira-uceira, na parte alta. En canto ávexetación arbórea, a maioría son plan-tacións de piñeiros e eucaliptos situa-das nas partes medias e baixas, aíndaque se poden atopar algúns rodais decarballos mesturados con algúns casti-ñeiros, cerquiños e acivros. Entre afauna atópanse anfibios coma o limpa-fontes común (Triturus boscai) e avescoma a tartaraña cincenta (Circuspygargus).Dende o Galiñeiro tamén é visible unhazona húmida de grande relevanciacomo son as Gándaras de Budiñ0,situadas entre o monte de Faro Budiñoe a serra do Galiñeiro, no concello doPoniñ0, Están formadas por distintaslagoas e brañas nas que podemos ato-par moitas especies acuáticas, desta-

cando réptiles como o sapoconchocomún (Emys orbicutaris) que manténnesta zona unha das súas últimas colo-nias en Galicia, e a nidificación de avesc0m0 a cerceta común (Anas crecca).Se miramos cara ó oeste podemosapreciar unhas boas vistas da ría deVigo e as lllas Cíes, que forman partedo Parque Nacional marítimo{enestredas lllas Atlánticas de Galicia. En 1980foron declaradas Parque Natural e en2002 declaráronse Parque Nacional. Nonovo Parque Nacional inclúense osarquipélagos das lllas Cíes, Ons eOnza, Sálvora e illotes de seu arredor.así como as illas de Cortegada, Malvei-ras e outras illas próximas. En total, oParque ten una extensión de 1.1gS hec-táreas tenestres e 7.138 hectáreasmariñas, correspondendo ás lllas Cíesunha superficie de 2.658 hectáreasmaiitimas e 433 hectáreas lerrestres.O arquipélago das lllas Cíes ten unha

,"tru\

WW,e

"+.ilfu

Eucafipto . Eucalyptus globulus

disposicién norte-sur na entrada da ríade Vigo e está formado por tres illas: ado Norte ou Monteagudo, a do Medio oudo Faro, a Sur ou San Martiño e unhaserie de illotes menores. Destacadaimportancia teñen as súas colonias denidificación de aves mariñas coma agaivota patiamarela (Larus cachinnans)0u 0 corvo mariño cristado (phalacroco-rax aristotelis), e a súa vexetación dunarde grande valor ecolóxico.

,

*

2g

Page 24: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

ffiffiffiffiffiAcer pseudoplatanus (Pradairo) 6, 1 5 Hedera heli* (Hedra\ - 7 Quercus pvrenaica (cgrquiño) - 1Z' 23

W,?s Quercusrobr.¡r(9arballo) 15, 17, 23

@com¡nl z1 Quercussuber(Sgbreira). . 17

@ ls, tz Ranunculusspp.(Botónsdeouro) -9

@ ,, u Eobinapser¡&acaa (Robiniaouhlsaacacia) 21

@etl I Eumexacefosel/a(Aceda). 9

@nttnl zl ۇ/xafroclnerea(S_algueiro) 6

@ g. s_enecrb?quaficus(Herbacqlna) 9

@ g geneclo racobea (Herba de santiagol 9

@t 9 spnghusoleraceus I

@ z gorbusaucupana(Capudre) 17

@ ?l braxacumofficinale I

@ 18 laxodrumdjstlchu.4(ciprésdospantanos) 21

@ 9 T?xusbaccataffeixo\ . . ..17-

@ 0 rhvmus caespif.ifrus.(Iomelteló.do país) 12

@o..ugd s lypha anggst/o/ra (Espadana) 5

@,, ,? Ulexgatii(Toxo\ 12

@reatl z1 Wmicranthus[]xo\ 12

@ lg ulexeuropaeus(Tgxo\ 12

@ ts violariviniana(violeta\ .9

24

Page 25: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

Aganars carpesfib (Cogumelo dos lameiros) 9 Lunularia cruciata . 7

Arnaritam.Mriavar.&nnosanjBri@q 3! M?crolepiota procera(Zarrota) I

COGUMELOS, BRIOFITOS E LIQUES

Frullania dilatataGymnqplus.lpect¿blis (Cogumelo da risa) 19 Pogonatum aloidesHomalothecium sericeum 19 PolvtrichumHvpnum cuaressiforme 15,19 RhizocarqonLaccaria lateritia 21 RussulaLactarius deliciosus (Níscaro) 18 Suillus bovinusLactarius pubescens 21 Ulota crit

ffimffiffiffi

21 Parmelia conspersa 13 ¡NVERJEBRADoS21 Parmelia revoluta 1313 Parmotremaaustrosinense 21 Calopter]¿rsplende.ns (Cabaliño do demo) 5

7_ Crbindela campesfns (Cicindela común) 13

!_ DvÍscus margrnaÍ,s (Ditisco) 57 Formica spp. (Formioa) 21

Prbolrthus arhLus (Bombas de tinguir) 19 /nachrs io (Pavón) 1021 tepj@21 llbellu/a depressa (Libeliña) 513 Mirmica spp. Formiga\ 2119 Piens brasslcae (Bolboreta bnnca da col) 1019 Fhaprda nofafa(Mosca-serpe) 1915 Sympetrum sanguineum (libeliña) 5

Anthoceros aqrestis 7 Mitrula paludosa 7Boletus eduÍs (Ándoa) 19 Parmelia caperata 19, 21Brvum areenteumBrvum caoillareCladonia ranoiformisCoprinus comatus (Matacandil) 9 Pellia epiphyllaCordvceps militaris 19 PeltigeraEvernia prunastri 19 Phvscia semipitsemiDinnata

Lasa//ra pusfu/ata (Casca de pena) 13 Usnea 1 I Thaumehpoea pdj,ocampa (Procesionaria) 19

Page 26: CnnnPUS DE MnncosEr{Dp - uvigo.gal · coma o sapo común (Bufo bufo) só se aproximan ós puntos de auga para a reproducción. En canto ós réptiles vin- ... No outono e inverno

OFICINA DE MEDIO AMBIENTE

VTCSRRECTORADO DE PLANIFICACTÓN

UI{IVERSIDADE DE VIGO