como buscar artigos dentro dunha revista en dialnet · dialnet recupera todas as revistas onde...
TRANSCRIPT
Biblioteca da ETSA da UDC
COMO BUSCAR ARTIGOS DENTRO DUNHA REVISTA EN DIALNET
O caso de Chipperfield
Primaveira 2014
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
QUE IMOS VER NESTE TITORIAL
CASO PRÁCTICO
BÚSQUEDA DE ARTIGOS SOBRE CHIPPERFIELD DENTRO DAS REVISTAS “EL CROQUIS” E “AV”
Imos aprender como buscar artigos dentro dunha revista
en DIALNET
Biblioteca da ETSA da UDC
Dialnet é a principal porta de entrada ás revistas científicas hispanas. Atópanse recollidas todas as revistas españolas de carácter científico.
A súa orixe parte da Universidade da Rioja, aínda que actualmente existen máis de 70 entidades colaboradoras
¡É un recurso gratuito! O podedes consultar na biblioteca, na casa ou dende calquera sitio.
http://dialnet.unirioja.es/
DIALNET
A Biblioteca da UDC é unha das entidades colaboradoras do proxecto. É dicir, nós tamén engadimos contidos. 3
Indiza máis de 4 millóns de artigos!!
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
PASO I
Dende a páxina principal debemos premer na pestana “Buscar” para acceder á busca avanzada
Desta forma actívase unha frecha na parte dereita da caixa de busca.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
PASO II
Premendo agora na frecha ábrese a busca avanzada. Seleccionaremos como tipo de documento “Artículos de revista”.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
PASO III
Seleccionando “Artículos de revistas” o buscador abre unha nova caixa para que podamos engadir o nome da revista.
Agora cubrimos as caixas de busca correspondentes. Ollo cos nomes das revistas!
No caso de “El croquis” non aparece se engadimos o artigo. As veces teremos pois que facer varias probas. Seleccionaremos o nome da revista que apareza debaixo da caixa e premeremos en buscar.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
LISTAXE DE RESULTADOS
Neste caso atopáronse 60 resultados. Todos eles, artigos pertencentes á Revista “El Croquis”.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
CASO DA REVISTA AV
No caso da revista AV, Dialnet recupera todas as revistas onde atopa esta cadea. Ademáis, temos distintas publicacións cun nome similar: “AV” e “AV proyectos”.
Dialnet permite seleccionar 1, 2 ou máis revistas da listaxe, premendo en cada unha delas. Nós, coma exemplo, imos escoller as dúas primeiras.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
LISTAXE DE RESULTADOS
Neste caso atopáronse 57 resultados. Todos eles, artigos pertencentes ben a “AV” (monografías) ou ben a “AV proyectos”.
Biblioteca da ETSA da UDC LISTAXE DE
RESULTADOS
Primaveira 2014
Dialnet tamén permite facer varias buscas a distintas revistas e ir seleccionando aquelas que nos interesen, aparecendo os resultados conxuntos. Neste exemplo fixemos un busca de “Chipperfield” dentro de “El Croquis” e “AV”.
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
CONSELLO
Edificio Toyota (1990-1991)
Debido a que moitos artigos non teñen resumo e só indizan polo título, lembrade que para o caso de edificios concretos é importante realizar varias buscas alternativas para non deixar ningún artigo sen recuperar: • Polo nome da obra (en
español e en inglés) co nome do arquitecto.
• Polo nome só do edificio (español e inglés)
• Polo nome só do arquitecto.
David Chipperfield
Biblioteca da ETSA da UDC
Primaveira 2014
Como vedes, Dialnet ofrece unha forma moi sinxela para buscar
artigos de revista dentro das publicacións do voso interese.
Para resolver calquera dúbida sobre o funcionamento tanto de Dialnet coma de Google Scholar ou Avery non dubidedes en preguntar
na Biblioteca.
Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
981167000 (5001) https://www.facebook.com/pages/Biblioteca-da-Escola-
T%C3%A9cnica-Superior-de-Arquitectura-UDC/156480721081896
RESUMO