cómo facer o teu xabón caseiro
TRANSCRIPT
Normas de Seguridade:
• A sosa cáustica é un material reactivo inestable altamente corrosivo e irritante no contacto coa pel e mucosas
• Empregar anteollos, luvas de caucho e mascarilla cando se manexe a sosa cáustica
• Manipulación do xabón con luvas• Verter a sosa cáustica na auga e nunca a inversa • Utilizar envases resistentes a calor• No caso de contacto accidental lavarse con abundante auga.
Método en frío
• O método en frío é o sistema máis simple e inmediato. Para obter un bo xabón é necesario:
- Pesar con coidado os ingredientes xa que a mínima diferenza pode arruinalo todo.
- Prestar atención á temperatura
- Manter illado o xabón durante as primeiras horas de fabricalo
• Graxa base:
- 735 gramos de aceite de oliva
- 250 gramos de aceite de coco
- 15 gramos de cera de abellas
• Para a mestura cáustica: - 139 gramos de sosa
cáustica - 300 gramos de auga
• Outros ingredientes: - 15-20 ml. de aceite
esencial
1. Preparar o espazo de traballo
O mellor lugar para a elaboración do produto é a cociña xa que ten a man todo o que necesite. Recorde empregar luvas, mascarilla e anteollos
1. Preparación da solución cáustica. Preparar en recipientes separados resistentes a calor
cantidades de sosa cáustica e auga. Podería servir a garrafa de pírex para preparar café.
Despois disto vertemos a sosa cáustica na auga revolvendo para disolvela ben. A temperatura da auga pronto chegará aos 70 ºC. Cóbrese o envase e colócase noutro lugar onde poida arrefriar.
1. Preparación do material graxo .
Poñer o aceite de oliva e o aceite de coco nunha ola de aceiro inoxidable. Derretemos a cera de abella e engadímola ao aceite. Quentamos a fogo mínimo ata derreter o composto. Manter sempre a temperatura baixa.
1. Solución cáustica sobre material graxo.
Medimos a temperaturas da mestura cáustica e do material graxa xa deben chegar aos 45ºC. Despois disto vertemos a solución cáustica no material graxo para que se incorpore podemos empregar aparellos eléctricos como un batedor.
1. O punto xusto. Cando mesturemos o composto notaremos que o xabón
cambia de consistencia poñéndose cada vez máis branco e cremoso. Acabado isto collemos unha espátula de madeira e mesturamos velozmente o aceite esencial ou calquera aditivo como (color, flores secas , etc.)
1. Tempo de curación.
Vertemos o xabón nun molde de forma cadrada ou rectangular que supere a altura do futuro xabón. Despois de 24-48 horas poderá sacalo e cortalo para embalalo. Despois de 4 ou 5 semanas o xabón xa estará listo.