comunicación á prensa

1
O alumnado de 1º de bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo asistirán a clase o 25N de loito polas mulleres asasinadas A ONU declarou como Día Internacional para a erradicación da violencia machista o 25 de novembro. Para colaborar nesta loita e porque o machismo mata, os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo van realizar unha serie de tarefas. Así, ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro terán lugar no IES Félix Muriel unha serie de actividades, que o alumnado realizará en horario extraescolar, entre as cales se encontran a colocación de poemas contra o machismo, obtidos da obra de Carlos Negro, Masculino singular, no vestíbulo do instituto; ou a distribución de noticias e imaxes da prensa cotiá arredor da violencia de xénero. Tamén se está levando a cabo a construcción dun muro de tixolos na entrada do instituto onde posteriormente o alumnado escribirá un poema de Carlos Negro que trata o tema dos micromachismos, o caldo de cultivo da violencia machista e que simboliza todos os prexuízos sexistas que amontoamos arredor da muller. A parte, xa en horario escolar, o alumnado participará nun obradoiro organizado polo concello contra a violencia machista, que terá lugar o martes 22 de novembro. Xa para rematar, o propio día 25 terá lugar unha lectura de dous textos creados polo alumnado de bacharelato e a proxección dun video arredor da violencia machista, así como a lectura por parte do alcalde de Rianxo diante do muro dos prexuízos sexistas, do Manifesto realizado por parte dos alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato ao longo de toda a semana. Neste Manifesto o alumnado reivindica a igualdade de xénero e a fin de tantos prexuízos partindo do máis famoso manifesto da Literatura galega nacido a mans dun rianxeiro, o manifesto Máis Alá de Manuel Antonio.

Upload: marlou

Post on 16-Apr-2017

174 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Comunicación á prensa

O alumnado de 1º de bacharelato do IES FélixMuriel de Rianxo asistirán a clase o 25N de loitopolas mulleres asasinadas

A ONU declarou como Día Internacional para a erradicación da violenciamachista o 25 de novembro. Para colaborar nesta loita e porque o machismo mata,os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo vanrealizar unha serie de tarefas.

Así, ao longo da semana do 21 ao 25 de novembroterán lugar no IES Félix Muriel unha serie de actividades,que o alumnado realizará en horario extraescolar, entre ascales se encontran a colocación de poemas contra omachismo, obtidos da obra de Carlos Negro, Masculinosingular, no vestíbulo do instituto; ou a distribución denoticias e imaxes da prensa cotiá arredor da violencia dexénero. Tamén se está levando a cabo a construcción dunmuro de tixolos na entrada do instituto ondeposteriormente o alumnado escribirá un poema de CarlosNegro que trata o tema dos micromachismos, o caldo decultivo da violencia machista e que simboliza todos os

prexuízos sexistas que amontoamos arredor damuller.

A parte, xa en horario escolar, o alumnadoparticipará nun obradoiro organizado polo concellocontra a violencia machista, que terá lugar omartes 22 de novembro. Xa para rematar, o propiodía 25 terá lugar unha lectura de dous textoscreados polo alumnado de bacharelato e aproxección dun video arredor da violenciamachista, así como a lectura por parte do alcaldede Rianxo diante do muro dos prexuízos sexistas,do Manifesto realizado por parte dos alumnos ealumnas de primeiro de bacharelato ao longo detoda a semana. Neste Manifesto o alumnadoreivindica a igualdade de xénero e a fin de tantosprexuízos partindo do máis famoso manifesto daLiteratura galega nacido a mans dun rianxeiro, o manifesto Máis Alá de ManuelAntonio.