consello de goberno do 9 de abril de 2003 - inicio - usc€¦ · 1 consello de goberno ... del...

26
1 Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 Resumo da reunión elaborado pola Secretaría Xeral O 9 de abril de 2003, entre as 10:20 e as 21:20 horas reuniuse o Consello de Goberno da Universidade, no Salón Rectoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), baixo a presidencia do Excmo. e Magfo. Sr. Rector, para tratar os seguintes asuntos, e co resultado que se a continuación se resume: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. Aprobouse por asentimento a acta da reunión do 19 de febreiro de 2003, logo de corrixir no texto enviado coa convocatoria uns erros advertidos, e de introducir uns engadidos propostos por algúns membros do Consello. 2. Informe do Sr. Rector O rector informou que deixaran de formar parte do Consello de Goberno o prof. Dr. D. Francisco Maseda Eimil, que dirixía o IBADER e representaba ós Institutos de Investigación, por pasar á situación de servicios especiais ó ser nomeado director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible; e o prof. Dr. D. Jesús Varela Zapata, por perder a condición de decano da Facultade de Humanidades. O rector agradeceulles os servicios prestados, e recordou que os postos vacantes deberán ser cubertos mediante nova elección, que debería facerse conxuntamente logo de que o IBADER elixa director. Lamentou o pasamento do prof. Dr. D. Manuel Alonso Olea (doutor honoris causa), e do prof. Dr. D. Ricardo Vázquez Pernas, profesor xubilado do Departamento de Bioquímica. Informou do nomeamento de don Benigno Carril Pérez como secretario do Consello Social, en substitución de dona Covadonga Toca Carús; e felicitou ó nomeado e agradeceu á secretaria saínte os servicios prestados. Informou así mesmo do nomeamento do prof. Dr. D. José Carlos de Miguel Domínguez como membro do Consello científico do Centro de Estudios Cooperativos da USC en representación do Consello de Goberno. Informou dos avances no proceso de converxencia ó Espacio Europeo de Ensinanza Superior. Informou que na sesión do Claustro Universitario do 27 de maio aprobáranse as liñas xerais do orzamento 2003; elixíranse os membros da Comisións de Normalización Lingüística e da Comisión de Asesoramento e Axuda ó Valedor da Comunidade Universitaria; adscribírase a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas á Escola Técnica Superior de Enxeñería; e presentáranse o informe do Valedor, e un informe económico. Informou das datas de investidura previstas para algúns dos doutores honoris causa aprobados: Jürgen Untermann (proposto polo Departamento de Latín e Grego), o 9 de maio; Ignacio Ramonet (proposto polo Dpto. de Ciencias da Comunicación), o 26 de xuño; e James P. Griffin e John Corcoran (ambos propostos polo Dpto. de Lóxica e Filosofía Moral), o 8 de outubro. Finalmente, deu conta dos profesores da USC propostos á ANECA en responsta á súa solicitude de profesores de recoñecido prestixio para formar parte dos Comités Avaliadores do Programa de Avaliación do Profesorado; así como dos criterios empregados para seleccionalos. Neste senso insistiu

Upload: ngotu

Post on 05-Aug-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

1

Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 Resumo da reunión elaborado pola Secretaría Xeral

O 9 de abril de 2003, entre as 10:20 e as 21:20 horas reuniuse o Consello de Goberno da Universidade, no Salón Rectoral do Colexio de San Xerome (Santiago de Compostela), baixo a presidencia do Excmo. e Magfo. Sr. Rector, para tratar os seguintes asuntos, e co resultado que se a continuación se resume: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

Aprobouse por asentimento a acta da reunión do 19 de febreiro de 2003, logo de corrixir no texto enviado coa convocatoria uns erros advertidos, e de introducir uns engadidos propostos por algúns membros do Consello. 2. Informe do Sr. Rector

O rector informou que deixaran de formar parte do Consello de Goberno o prof. Dr. D. Francisco Maseda Eimil, que dirixía o IBADER e representaba ós Institutos de Investigación, por pasar á situación de servicios especiais ó ser nomeado director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible; e o prof. Dr. D. Jesús Varela Zapata, por perder a condición de decano da Facultade de Humanidades. O rector agradeceulles os servicios prestados, e recordou que os postos vacantes deberán ser cubertos mediante nova elección, que debería facerse conxuntamente logo de que o IBADER elixa director.

Lamentou o pasamento do prof. Dr. D. Manuel Alonso Olea (doutor honoris causa), e do prof. Dr. D. Ricardo Vázquez Pernas, profesor xubilado do Departamento de Bioquímica.

Informou do nomeamento de don Benigno Carril Pérez como secretario do Consello Social, en

substitución de dona Covadonga Toca Carús; e felicitou ó nomeado e agradeceu á secretaria saínte os servicios prestados. Informou así mesmo do nomeamento do prof. Dr. D. José Carlos de Miguel Domínguez como membro do Consello científico do Centro de Estudios Cooperativos da USC en representación do Consello de Goberno.

Informou dos avances no proceso de converxencia ó Espacio Europeo de Ensinanza Superior. Informou que na sesión do Claustro Universitario do 27 de maio aprobáranse as liñas xerais do

orzamento 2003; elixíranse os membros da Comisións de Normalización Lingüística e da Comisión de Asesoramento e Axuda ó Valedor da Comunidade Universitaria; adscribírase a titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas á Escola Técnica Superior de Enxeñería; e presentáranse o informe do Valedor, e un informe económico.

Informou das datas de investidura previstas para algúns dos doutores honoris causa aprobados:

Jürgen Untermann (proposto polo Departamento de Latín e Grego), o 9 de maio; Ignacio Ramonet (proposto polo Dpto. de Ciencias da Comunicación), o 26 de xuño; e James P. Griffin e John Corcoran (ambos propostos polo Dpto. de Lóxica e Filosofía Moral), o 8 de outubro.

Finalmente, deu conta dos profesores da USC propostos á ANECA en responsta á súa solicitude

de profesores de recoñecido prestixio para formar parte dos Comités Avaliadores do Programa de Avaliación do Profesorado; así como dos criterios empregados para seleccionalos. Neste senso insistiu

Page 2: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

2

en que era unha proposta reducida que obviamente representaba só unha parte dos profesores con méritos relevantes como para integrala. Varios membros do Consello de Goberno agradeceron a información subministrada e fixeron observacións e preguntas en relación con este punto. 3. Informe dos Vicerrectores, do Xerente e do Secretario Xeral Informe do Secretario Xeral

Informou sobre os seguintes nomeamentos e ceses: - Foi elixido Decano da Facultade de Humanidades o prof. Dr. D. Alexandre Veiga

Rodríguez, quen substitúe ó prof. Dr. D. Jesús Varela Zapata. - Foi elixido director da Escola Universitaria de Formación do Profesorado o prof. Dr. D.

Modesto Aníbal Rodríguez Neira, quen substitúe ó prof. Dr. Eugenio M. Otero Urtaza. - Foi elixida directora do Departamento de Filoloxía Alemana a prof. Dra. dona Irene Doval

Reixa, quen substitúe ó prof. Dr. D. Carlos Rosende Buján López. - Foi reelixido director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e

Lingüística Xeral o prof. Dr. D. Luis Iglesias Feijoo. Deu conta tamén da concesión da insignia de ouro da Universidade á profa. Dra. dona María

del Socorro Ortega Romero, profesora xubilada de Historia da Arte. Informe do vicerrector de Organización Académica e Profesorado

Informou sobre o proceso de converxencia no Espacio Europeo de Ensino Superior, e en particular sobre a adaptación ó sistema de créditos ECTS. Neste senso deu conta da elaboración dunha enquisa entre o profesorado para determinar o tipo de dedicación adecuado a actividades docentes no novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 4. Proxecto de orzamento 2003

O vicerrector de Economía e Financiamento presentou o proxecto de orzamento para 2003,

elaborado de acordo coas liñas xerais aprobadas polo Claustro Universitario o 27 de marzo. Explicou que estes orzamentos están condicionados pola vixencia en 2003 do Acordo de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia, e pola evolución dispar nos últimos anos entre os ingresos asociados ó número de alumnos e os gastos, particularmente polo incremento dos gastos de persoal derivados da especial retribución por quinquenios, trienios, promocións, etc. Neste senso indicou que a reducción dos recursos dispoñibles para aplicar á docencia, a investigación e a outras labores propias da Universidade facía necesario, para afrontar accións de interese para a USC para o desenvolvemento das súas funcións básicas, incluír nos orzamentos a previsión dunha operación financeira de endebedamento de 9,5 millóns de euros, que no seu momento levará aparellada un plan de actuación. O vicerrector insistiu en que os orzamentos presentados puñan de manifesto a necesidade dun novo Acordo de Financiamento que aporte á Universidade os recursos necesarios para cumprir coa súa función na sociedade. Así mesmo expuxo os eixes principais da distribución dos gastos, e indicou que estes orzamentos non prevén os criterios de reparto das partidas destinadas a centros e departamentos, que deberían ser revisados polas comisións competentes do Consello de Goberno conxuntamente cos decanos e directores de centros e de departamentos.

Varios membros do Consello do Goberno interviñeron para pedir aclaracións ou facer suxestións

relativas ó Proxecto presentado, que foron contestadas polo rector e o vicerrector. Un representante

Page 3: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

3

dos directores de Departamento pediu que constara en acta a súa preocupación e desconformidade por que non houbera unha partida específica para os novos edificios da Facultade de Medicina e Odontoloxía e da Escola de Enfermería; e por non ter o Consello de Goberno coñecemento deses proxectos. O rector explicou que aínda se estaba en conversas previas coas Administracións e cos equipos decanais dos centros afectados, e que se daría información cando houbese unha base de información máis abundante para extender o proceso de definición das actuacións a desenvolver. Pola súa parte, o vicerrector indicou que só se incluíran no orzamento os gastos relativos ó Campus de Ciencias da Saúde que se prevía executar en 2003, precisamente para evitar que se estaban asociados a créditos da operación de Galeras e eses gastos non se executaban este ano, eses créditos xa non poidesen aplicarse en anos sucesivos ó devandito Campus. Un representante do PAS pediu incluír unha crítica ó equipo de goberno anterior, e incrementar o control de gastos nos investimentos. O vicerrector respondeulle que as actuacións pasadas non tiñan lugar nos orzamentos para 2003, tendo en conta ademais que o Claustro rexeitara incorporalas nas liñas xerais; e que era compromiso do equipo rectoral mellorar o control e a eficiencia do gasto. Outro representante do PAS propuxo reducir os gastos protocolarios e suprimir a subvención á empresa Unixest pola explotación da Casa de Europa; e logo da explicación ofrecida polo rector e o vicerrector, que suliñaron que se fixera un esforzo por reducir os gastos menos necesarios, retirou a súa proposta se o espíritu de reducción quedaba claro.

Logo da intervención doutros membros do Consello de Goberno, o presidente someteu a

aprobación o Proxecto de orzamento 2003, para ser proposto ó Consello Social. O documento foi aprobado con 28 votos a favor, 1 en contra e 9 abstencións; e será difundido polo vicerrectorado de Economía e Financiamento.

A reunión interrompeuse ás 13:47 horas e foi reiniciada ás 16:45 horas.

5. Desafectación das parcelas de propiedade da USC en Galeras. Expediente de reparcelación

OE-5 O vicerrector de Economía e Financiamento informou sobre o expediente de reparcelación das

parcelas de propiedade da USC na rúa de Galeras, pactado coa Tesorería da Seguridade Social e co Concello de Santiago de Compostela, como un paso necesario para levar a cabo os compromisos adoptados no seu momento entre as tres Administracións. Seguidamente o Xerente informou sobre a necesidade de desafectar as citadas parcelas ó fin docente ó que estaban destinadas, para convertelas en propiedades de natureza patrimonial que a USC poderá no seu momento allear.

Tras unha breve petición de aclaracións por algúns membros do Consello de Goberno, este

aprobou por asentimento tanto a desafectación como a reparcelación, e acordou propoñelos ó Consello Social para a súa aprobación. 6. Plan de estudio do título de Licenciado en Dereito

O vicerrector de Organización Académica e Profesorado deu conta da tramitación deste plan de

estudios, e das posibilidades do profesorado da USC para levalo a cabo. Explicou que a Comisión de organización académica do Claustro Universitario informara o plan positivamente, e que podería haber algúns erros materiais que serían corrixidos polos servicios do vicerrectorado, se o Consello de Goberno así o autorizaba. A decana da Facultade de Dereito defendeu o plan polas súas vantaxes para a Facultade e a USC, especialmente no contexto da converxencia europea; e solicitou que se corrixisen

Page 4: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

4

algúns erros que especificou, e os que se puidesen detectar na lingua ou nos cómputos. Varios membros do Consello de Goberno interesáronse por aspectos do plan, en particular sobre a aplicación en bloque proposta pola Xunta de Facultade de Dereito. O vicerrector e a decana defenderon esta opción pola experiencia doutros centros e polos inconvenientes dunha adaptación progresiva en coexistencia coa converxencia europea, tendo en conta que as condicións de validación de créditos que foron adoptadas facilitan ós alumnos a transición ó novo plan.

O plan foi aprobado por asentimento, coa abstención expresa dun membro do Consello. O rector

quixo expresar a súa satisfacción pola aprobación dun plan que substitúe o vixente dende 1953, e agradeceu especialmente á decana da Facultade de Dereito, e ó seu equipo, o esforzo dedicado a esta renovación. O plan poderase consultar na web da USC unha vez corrixidos os erros detectados. 7. Plan de estudio do título de Licenciado en Comunicación Audiovisual

O vicerrector de Organización Académica e Profesorado explicou as características deste plan,

elaborado por unha comisión mixta coa Universidade de Vigo, coa que se impartirá conxuntamente a titulación. Informou do convenio coa Universidade de Vigo que se presentaba a aprobación, para regular os aspectos máis urxentes para implantar a titulación o vindeiro curso, tales como a vinculación dos estudiantes ás respectivas universidades e o proceso de matrícula. O vicerrector solicitou, e foi aceptado, que foran admitidas unhas alegacións do Departamento de Electrónica e Computación, relativas á vinculación ou inclusión das Áreas de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores e de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial con certas materias da licenciatura; pois tales alegacións non puideran ser tidas en conta pola comisión elaboradora por non ter chegado o proxecto a tempo á Facultade de Física, e foran informadas favorablemente polo presidente desta comisión. Así mesmo un representante dos directores de Departamento solicitou, e foi aceptado, que se aceptasen as alegacións feitas pola Área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada para asociala tamén ás materias “Guión e Edición Audiovisual” e “Análise do Guión e Adaptación Cinematográfica”. O vicerrector recordou que a vinculación das materias a áreas era unha competencia posterior dos centros, e no plan so figuraba orientativamente para estimar as súas necesidades de profesorado.

Tras varias observacións e comentarios dos membros do Consello de Goberno, aprobouse por

asentimento o plan proposto coas modificacións comentadas. O plan poderase consultar na web da USC unha vez corrixidos os erros detectados.

8. Plan de estudio do título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas

O vicerrector de Organización Académica e Profesorado presentou o plan, que foi explicado

tamén polo prof. Dr. D. Alberto Bugarín Diz, secretario da comisión elaboradora, que fora invitado a asistir ó Consello de Goberno con este fin. Algúns membros do Consello de Goberno fixeron preguntas e observacións sobre o proxecto presentado.

O plan foi aprobado por asentimento unha vez aceptada a solicitude de incrementar de 65 a 75 o

número máximo de créditos que por estudios realizados no marco de convenios internacionais. O plan poderase consultar na web da USC unha vez corrixidos os erros detectados. 9. Plan de estudio do título de Enxeñeiro Técnico en Topografía e 10. Plan de estudio do título de Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas, especialidade de

Transportes e Servicios Urbanos

Page 5: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

5

O vicerrector adxunto de Organización Académica e Servicios á Comunidade Universitaria, que

presidira as comisións elaboradora destes plans, expuxo as súas características. Defendeu o incremento da troncalidade como tendencia xeral nestes estudios. Propuxo, e foi aceptado, que o descriptor da materia “Programación Informática Aplicada á Topografía” fose “Estructura de datos. Programación”. Outros membros do Consello de Goberno solicitaron novas modificacións de descritores e créditos nalgunhas materias, que foron rexeitadas polo exceso de créditos que requirían nalgunhas materias. Tamén se pediu a ampliación no futuro das materias optativas, e a asignación das materias preferiblemente a Áreas xa existente na USC.

Ambos planes foron aprobados por asentimento. Os textos poderanse consultar na web da USC

unha vez corrixidos os erros detectados.

11. Extinción progresiva da titulación propia Graduado Superior en Tecnoloxías da

Información e da Comunicación A proposta do vicerrector de Organización Académica e Profesorado, debido a implantación na

USC do título de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas, acordouse por asentimento aprobar, e propoñer ó Consello Social, a extinción progresiva da titulación propia Graduado Superior en Tecnoloxías da Información e da Comunicación; de xeito que no curso 2003-2004 non se abra a matrícula para o primeiro curso da titulación. O rector xustificou esta decisión por considerar procedente que o profesorado de dita titulación se implicase na impartición da nova titulación de Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas. 12. Informe sobre o Plan de Optimización Enerxética

Debido á hora e á ausencia de moitos membros do Consello de Dirección previsiblemente interesados no informe, decidiuse adiar de novo a súa presentación a unha vindeira reunión, para a que se solicitou que se enviara con antelación información sobre o plan orixinal.

13. Regulamento do Centro de Linguas Modernas

A proposta do vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, aprobouse por asentimento o cambio de denominación do Instituto de Idiomas da USC polo de Centro de Linguas Modernas, así como o seu regulamento. O vicerrector presentou este regulamento como unha ocasión para renovar a estructura do servicio e relanzar as súas actividades. O texto do regulamento figura ó final deste resumo.

14. Comisión de coordinación do proceso de converxencia europea na USC

O vicerrector de Organización Académica e Profesorado expuxo a necesidade de crear unha comisión que reflexionara sobre os obxectivos de formación das distintas titulacións universitarias e sobre os procesos de ensino-aprendizaxe implicados, no contexto do proceso de integración do sistema universitario español no espacio europeo de ensino superior.

Page 6: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

6

Co obxectivo de promover e coordinar este proceso, e logo de debater a súa composición, o Consello de Goberno acordou por asentimento crear unha Comisión de Coordinación do Proceso de Converxencia Europea coa seguinte composición: vicerrector de Organización Académica e Profesorado; vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente; vicerrector de Calidade e Planificación Estratéxica; vicerrector adxunto de Organización Académica e Servicios á Comunidade Universitaria; asesor do Vicerrectorado de Organización Académica e Profesorado para temas de Organización Académica; o Secretario Xeral Adxunto; a Xefa de Servicio de Xestión da Oferta e Programación Académica; o Xefe da Oficina de Relacións Exteriores; o Xefe de Servicio de Xestión Académica; un representante por centro (25+3); seis estudiantes de 1º e 2º ciclo (representantes dos estudiantes de 1º e 2º ciclo no Consello de Goberno); dous estudiantes de 3º ciclo (representantes dos estudiantes de 3º ciclo no Consello de Goberno); e un membro do PAS (representante do PAS no Consello de Goberno).

Esta Comisión terá como funcións: -Promover a difusión entre a comunidade universitaria da información dispoñible sobre o proceso de Converxencia no Espacio Europeo de Educación Superior.; -Promover e coordinar os debates sobre os distintos elementos implicados no proceso de Converxencia.; -Coordinar os traballos a levar a cabo nos centros para o desenvolvemento do proceso de Converxencia.; -Recoller as opinións da comunidade universitaria sobre os distintos aspectos implicados no proceso de Converxencia; e -Propoñer ó Consello de Goberno medidas que posibiliten conseguir os obxectivos do proceso de Converxencia nas mellores condicións posibles.

15. Transformación dunha praza de Axudante

A proposta da Comisión de Organización Académica e Profesorado, en conformidade co acordado cos sindicatos, aprobouse por asentimento crear unha praza de contratado doutor na Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado, e cubrila directamente con contrato de interinidade por vacante o 30.03.03, amortizando a praza de Axudante AX-U2: F054. Esta amortización producirá efectos no momento en que o correspondente concurso sexa resolto e o candidato asine o contrato. 16. Tramos de docencia 2002

O vicerrector de Organización Académica e Profesorado informou das solicitudes de avaliación docente presentadas en relación co ano 2002, así como do informe que recibiran da COAP. Acordouse por asentimento conceder e denegar esta avaliación segundo o informe da COAP con tres excepcións debidas á revisións no cómputo do tempo solicitado e na aplicación das normas do Rexistro.

17. Comisións de servicio

A proposta da Comisión de Organización Académica e Profesorado, aprobouse por asentimento conceder unha comisión de servicio ó profesor Dr. D. José Manuel Cotos Yáñez, profesor titular de universidade do Departamento de Electrónica e Computación, para a incorporación como subdirector xeral de Planificación e Prospectiva da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, na Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Page 7: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

7

18. Cursos de posgrao

O vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente explicou que os promotores do Curso de especialización en vendas que se ía presentar ó Consello de Goberno para a súa aprobación decidiran retirar a súa proposta. Así mesmo propuxo a actualización de taxas dos cursos de Posgrao e Formación Continua, para facer posible unha oferta formativa coa maior calidade posible, dotándoa dos medios formativos axeitados a tal fin, e buscando que esta oferta formativa sexa impartida polo profesorado, propio ou alleo, da mais alta cualificación profesional, co incremento de custos que iso implica. Tamén informou de que a USC contratara, a través dos propios cursos, unha póliza de seguros que cubre un seguro básico de accidentes e un seguro de accidentes en viaxes por un período de 12 meses, cun custe variable dependendo da nacionalidade do alumno (alumnos de nacionalidade española: 19,53 euros; alumnos doutros países europeos: 79,53 euros; alumnos do resto do mundo: 115,53 euros).

A proposta do vicerrector, o Consello de Goberno acordou aprobar, e propoñer ó Consello Social, como prezo máximo por crédito dos cursos de Posgrao e Formación Continua a cantidade de cento vinte (120) euros, solicitada pola Comisión de Posgrao. 19. Convenios

Aprobáronse ou ratificáronse por asentimento os seguintes convenios:

1. Convenio de Colaboración entre a USC, Microsoft Ibérica e Professional Training para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

2. Convenio de Colaboración entre a USC, Caixa Galicia e Professional Training para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

3. Convenio de Colaboración entre a USC, Fundación R e Professional Training para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

4. Convenio de Colaboración entre a USC, Ace Holding SGPS S.A. e Professional Training para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

5. Convenio de Colaboración entre a USC, Coremain e Professional Training para o desenvolvemento de actividades relacionadas coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións.

6. Convenio de Colaboración entre a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a USC para o deseño do modelo de datos para a toma de decisións e automatización de procesos.

7. Convenio de colaboración entre a Consellería de Emigración e a USC para a realización de publicacións sobre emigración.

Page 8: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

8

8. Convenio de cooperación entre o Instituto Galego de Estatística e a USC sobre concreción das actividades susceptibles de ser recoñecidas como créditos de libre configuración curricular

9. Convenio coa Universidade de Minho (Portugal)

10. Convenio coa Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO-Sede Ecuador).

11. Convenio coa Universidade Nacional de Loja

12. Convenio entre a USC e a Estación Experimental de Pastos e Forraxes “Indio Hatuey” de Cuba.

13. Convenio entre a USC e a Universidade de Maryland (Baltimore)

14. Protocolo de intencións relativo ós Programas de Intercambio de Estudiantes entre Ritsumeikan Asia Pacific University e a USC

15. Prórroga do Convenio de Colaboración coa Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para a predicción das floracións fitoplanctónicas tóxicas e/ou nocivas e o estudio dos procesos hidrográficos que favorecen o seu desenvolvemento na CA de Galicia.

16. Prórroga do convenio de colaboración subscrito entre Televisión de Galicia SA o 14 de xullo de 2001

17. Protocolo de intencións para formalizar un convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e USC para financiar un edificio tecnolóxico (NEXUS) do parque científico-Tecnolóxico da USC

18. Addenda ó Convenio Lugo Cultural entre a Excma. Deputación de Lugo, o Excmo. Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Caixa Galicia-Claudio San Martín

19. Convenio entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e a USC para a Catalogación do Patrimonio Cinematográfico Galego.

20. Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a USC para a realización dun Plan de Formación Continua dos comunicadores no ámbito de Galicia.

Remitidos polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

21. Convenio de colaboración entre USC e ACISAT en actividades de Formação e Assistência Técnica e Científica

22. Convenio de Colaboración entre a USC e a “Fundación Española de Estudios Sociales y Sanitarios”

23. Convenio de colaboración entre as tres Universidades de Galicia para a realización de programas interuniversitarios de doutoramento

Page 9: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

9

24. Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (Usc) e a Universidade de Castilla-la Mancha (UCLM) para a realización do programa de doutoramento interuniversitario en dereito tributario europeo.

O vicerrector de Comunicación e Proxección Exterior deu conta das seguintes actualizacións asinadas:

1. Convenio entre a USC e a Universidade Católica de Valparaíso, Chile (Actualización do Convenio Marco).

2. Convenio co Instituto Latinoamericano e do Caribe de Planificación Económica e Social, Chile. (Actualización do Convenio Marco)

3. Convenio coa Universidade Federal de Pelotas (Actualización do Convenio Marco).

4. Acordo Marco de Colaboración para a realización de actividades de investigación e formación en industrias lácteas (Modificáronse as partes asinantes).

5. Addenda ó Acordo Marco de Colaboración para a realización de actividades de investigación e formación en industrias lácteas (Modificáronse as partes asinantes).

6. Acordo de Cooperación Académica, Científica e Cultural entre a Universidade de Costa Rica e a USC. (Actualización do Convenio Marco)

Así mesmo aprobáronse por asentimento os seguintes convenios ou contratos autorizados pola Comisión Permanente do CITT o 26 de marzo de 2003:

1. 2003/CE006. Mellora da calidade do leite. Leche de Galicia, S.A. Eduardo Alfonso Yus Respaldiza. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

2. 2003/CP010. Plan estratéxico de Santiago de Compostela: Dirección Executiva. Concello de Santiago de Compostela Luis Antonio Caramés Vieítez. Dpto. de Economía Aplicada

3. 2003/CE011. Colaboración na realización do Plan de Marketing Estratéxico de Turismo para Santiago de Compostela. ROS Development & Planning S.L. Rubén Camilo Lois González. Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

4. 2003/CE014. Deseño e análises estatístico para a actualización e renovación das bases de datos do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa. Fase I. U.T.E. TRANOGAR César Andrés Sánchez Sellero. Dpto. de Estatística e Investigación Operativa

5. 2003/CE015. Estudio do potencial de reciclado agronómico para mezclas entre diferentes productos residuais e encalantes CEDICAL. CEDIE, S.A. Avelino Núñez Delgado. Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola

Page 10: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

10

6. 2003/CP016. Soporte en vectorización e paralelización de códigos executables en superordenadores (ano 2002-2003). Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) Francisco Manuel Fernández Rivera. Instituto de Informática

7. 2003/CE026. Estudio de mecanismos de acción de ET-743 y aplidina. PHARMA MAR, S.A. Celia María Pombo Ramos. Dpto. de Fisioloxía

8. 2003/CE027. Análise de leite pasteurizada, nata y yogur. PULEVA FOOD, S.L. José Luis Rodríguez Otero. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

9. 2003/CE028. Asesoramento e asistencia técnica no control de salubridade de moluscos (Prórroga 2003). Asociación gallega de empresarios depuradores de moluscos Óscar García Martín. Instituto de Acuicultura

10. 2003/CP048. Actividades formativas en Administración Local (2003). Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Milagros María Otero Parga. Dpto. de Dereito Público Especial

11. 2003/CE060. Contrato de primeira opción para licencia de patente: Procedimiento para a valoración de lodos procedentes de sistemas de tratamento de augas residuais e cenizas de combustión madereras (P200200443). AGROAMB PRODALT, S.L. Avelino Núñez Delgado. Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola

12. 2003/CE069. Desenvolvemento dun modelo de xestión interna. Conservas de Burela, S.A. Santiago Buide Díaz. Dpto. de Economía Financieira e Contabilidade

13. 2003/CP074. Participación da USC no proxecto: Mellora da producción, diversificación e selección de novos materiais de mellora de xudía (Phaseolus) para as zonas productoras de Galicia. CSIC Misión Biológica de Galicia María Josefina Hernández Nistal. Dpto. de Bioloxía Vexetal

14. 2003/CE088. Síntese e avaliación do potencial farmacolóxico da clavizepina e anólogos. PRÓRROGA do contrato 98/CE032. JANSSEN-CILAG S.A. Domingo Domínguez Francisco. Dpto. de Química Orgánica

15. 2003/CP098. Desenvolvemento da rede de auga de chuvia para a caracterización da deposición húmida de Galicia. Consellería de Medio Ambiente. Carlos Herrero Latorre. Dpto. de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

16. 2003/CP106. Plan de actuación para técnicos culturais da administración local da provincia da Coruña: INTEREA. Diputación Provincial de A Coruña. Antonio Caride Gómez. Dpto. de Teoría e Historia da Educación

Page 11: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

11

17. 2002/CP476. Contribución española ó desenvolvemento do convenio mundial para preveni-la desertificación. I.- Rede de cuencas e parcelas experimentais de seguemento e avaliación da erosión e a desertificación da USC (2002-2004). Ministerio de Medio Ambiente-D. G. Conservación deNaturaleza Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

18. 2002/CP477. Apoio tecnolóxico e desenvolvemento de actividades de formación e investigación no ámbito da encefalopatía esponxiforme bovina. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais Ángel María Carracedo Álvarez. Instituto de Medicina Legal

19. 2002/CE488. Fomento da Investigación ortopédica no área de biomateriais de aplicación na cirugía ortopédica. Zimmer, SA José Couceiro Follente. Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos

20. 2002/CE491. Estudio das correntes mariñas na ría do Ferrol para o desenvolvemento de simulacións en tempo acelerado e tempo real da entrada de buques de GNL con destino á terminal de GNL en Galicia (Mugardos). Regasificadora del Noroeste, S.A. Vicente Pérez Villar. Dpto. de Física da Materia Condensada

21. 2003/CE131. Asistencia técnica para a supervisión das labores de clasificación e archivo do fondo documental do Monte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Finalmente, deuse conta dos seguintes contratos ou convenios xestionados pola CITT, conformados no seu caso ó modelo de convenios-tipo aprobado polo Consello de Goberno:

1. 2003/CE005. Caracterización purga DGC de la UPT de Compostilla II. ENDESA Generación Francisco Guitián Rivera. Instituto de Cerámica

2. 2003/CP012. Asistencia técnica para a promoción da cidade entre os decisión makers e foros de profesionais do sector cinematográfico e para atender as demandas das productoras á hora de escoller escenarios para a grabación de curtametraxes e rodaxes publicitario. Concello de Santiago de Compostela Marcelo Antonio Martínez Hermida. Dpto. de Ciencias da Comunicación

3. 2003/CP013. Desarrollo de nuevas técnicas en el campo del diagnóstico genético en enfermedades humanas (Prórroga VII). FUNDACIÓN INSTITUTO GALEGO DE OFTALMOLOXÍA Ángel María Carracedo Álvarez. Instituto de Medicina Legal

4. 2003/CP021. Producción e seguimento das actividades culturais a desenvolver como preparación previa ó Xacobeo 2004 (Fase II). S.A. de Xestión do Plan Xacobeo José Manuel García Iglesias. Dpto. de Historia da Arte

Page 12: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

12

5. 2003/CP024. Asistencia para los trabajos de creación de un CD multimedia interactivo sobre la Guía sanitaria a bordo en formato dixital. Instituto Social de la Marina Carlos Hernández Sande. Instituto de Investigacións Tecnolóxicas

6. 2003/CP031. Estatística de gasto do turismo que pernocta en establecmentos hoteleiros en Galicia durante o 2003. Instituto Galego de Estatística. José Manuel Prada Sánchez Dpto. de Estatística e Investigación Operativa

7. 2003/CE032. Asesoramiento técnico relacionado con la síntesis de compuestos orgánicos de aplicación en la preparación de Principios Activos Farmaceúticos (Tercera Prórroga). Medichem, S.A. Gabriel Tojo Suárez. Dpto. de Química Orgánica

8. 2003/CE035. Limited Pacs. (Prórroga) Agfa-Gevaert, S.A. Juan José Vidal Carreira. Dpto. de Psiquiatría, Saúde Pública, Radioloxía e Medicina Física

9. 2003/CP036. Realización dos controis organolépticos en productos procedentes da pesca o marisqueo e a acuicultura. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos María de los Ángeles Romero Rodríguez. Dpto. de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

10. 2003/CE037. Ampliación do contrato de Avaliación e Corrección do Impacto Arqueolóxico do Plano Estratéxico de Ineuropa Eólica do Xistral (Lugo). ACCIONA EÓLICA DE GALICIA, S.A. Marco Virgilio García Quintela. Instituto de Investigacións Tecnolóxicas

11. 2003/CE038. Asesoramento e asistencia técnica no control de calidade da Empresa. Ano 2003. CELEGA, S.L. José Luis Rodríguez Otero. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

12. 2003/CP050. Aplicación do ´Programa para deixar de fumar´ no Concello de Ferrol. Concello de Ferrol Elisardo María Ignacio Becoña Iglesias. Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía

13. 2003/CE051. Identificación del genotipo para TNF Beta (Segunda Prórroga). Química Farmacéutica Bayer Santiago Rodríguez-Segade Villamarín. Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular

14. 2003/CE052. Utilidad clínica de TPS en pacientes diabéticos (Segunda Prórroga). DPC-DIPESA, S.A. Santiago Rodríguez-Segade Villamarín. Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular

Page 13: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

13

15. 2003/CE053. Efecto de los diferentes tratamientos de reducción del colesterol sobre los componentes de la Lipoproteína (a). (Segunda prórroga). Roche Diagnostica, S.L. Santiago Rodríguez-Segade Villamarín. Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular

16. 2003/CE054. Análises de augas e peixes e controis de estirenos. INSUIÑA, S.L. Rafael Cela Torrijos. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

17. 2003/CE061. Contribución a la caracterización de las explotaciones agrarias, en el marco de la elaboración del Libro Blanco de la Agricultura y el Desarrollo Rural. TRAGSATEC Edelmiro López Iglesias. Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

18. 2003/CE063. Realización de actividades de apoyo tecnológico. Ganadería Priégola Juan Francisco Méndez Dónega. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

19. 2003/CP071. Investigación e edición crítica comentada do que constituirá os volúmenes XVI e XVII das Actas do antigo Reino de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo Antonio Eiras Roel. Dpto. de Historia Medieval e Moderna

20. 2003/CE073. Niveles plasmáticos de pentosidina en pacientes diabéticos: un producto final de glicación avanzada (AGE) - Año 2003 (Prórroga). Menarini Diagnosticos, S.A. Santiago Rodríguez-Segade Villamarín. Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular

21. 2003/CE076. Control de recepción e dupuración de moluscos bivalvos vivos. Dolores Otero Chousa, S.L. Joaquín Garrido Vázquez. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

22. 2003/CE081. Effect of novel anticonvulsant BIA 2-093 on seizures induced by picrotoxin ad latrunculin-A microdialysis in the hippocampus of freely moving rats. Portela & CIA, S.A. Germán Sierra Marcuño. Dpto. de Bioquímica e Bioloxía Molecular

23. 2003/CE082. Control de hixiene e producción de productos lácteos e cárnicos. Comercial Val do Tamuxe José Luis Rodríguez Otero. Instituto de Investigacións e Análise Alimentario

24. 2003/CE085. Convenio de colaboración entre Unión Fenosa e a Universidade de Santiago de Compostela para o desnevolvemento dun programa de conferencias denominado Claves para comunicar mellor no Século XXI. Unión Fenosa José López García. Dpto. de Ciencias da Comunicación

25. 2003/CE090. Estudio do medio natural da lagoa de Mera (Concello de Oleiros) e a súa área de influencia. Oficina de Planeamiento, SA Antonio Segura Iglesias. Dpto. de Bioloxía Vexetal

Page 14: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

14

26. 2003/CE091. Convenio entre Grantecan, S.A. y la Universidad de Santiago de Compostela para el uso de un dispositivo simulador de errores de pistón en telescopios segmentados. GRAN TELESCOPIO DE CANARIAS, S.A. Salvador Jorge Bara Viñas. Dpto. de Física Aplicada

27. 2003/CE092. Estudio de las patologías de la piedra de la Iglesia Parroquial de Santiago de Pontedeume. Consejo de Pastoral Parroquial de Pontedeume Benita María Silva Hermo. Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola

28. 2003/CP097. Actividades formativas en administración local. Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais Milagros María Otero Parga. Dpto. de Dereito Público Especial

29. 2003/CE113. Asistencia Técnica entre la USC y Pascual Silva S.A. durante el año 2003. Programa de control de calidad de la ternera gallega. Pascual Silva, S.A. Alberto Cepeda Sáez. Dpto. de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

30. 2003/CE118. Convenio Marco de colaboración para la realización de iniciativas conjuntas para el desarrollo de la sociedad de la información. TELEFÓNICA, S.A. Eduardo García-Rodeja Gayoso. Vicerrectorado de Investigación

31. 2003/CE129 Acordo entre Telefónica S.A. e a USC para a constitución da Cátedra de Telemedicina

32. 2003/CE123. Estudio da corrección de déficit de Selenio na dieta mediante a suplementación de especies químicas biodiponibles para mellorar o seu aporte de forma natural a través de leite. FEIRACO,SCL María del Pilar Bermejo Barrera. Dpto. de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía

33. 2003/CP124. Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Vicente Peña Saavedra. Dpto. de Teoría e Historia da Educación

34. 2003/CP130 Convenio coa Consellería de Medio Ambiente sobre aplicación da Lei de prevención e control integrados da contaminación

35. 2002/CE481. O Municipalismo do século XXI. Análise sobor da viabilidade técnica para a fusión dos municipios galegos a partir do exemplo da Comarca do Deza. Caixa Galicia Román Rodríguez González. Dpto. de Xeografía

36. 2002/CG496. Modelización matemática y simulación por ordenador de electrodos, coladas y procesos de purificación en la industria del silicio. Ferroatlántica, S.L. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela. Dpto. de Matemática Aplicada

Page 15: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

15

37. 2002/CG497. Análise estatístico de variables estáticas e dinámicas relacionadas co funcionamento eléctrico e os sistemas de colada en fornos de ferroaleacións. Ferroatlántica I+D Wenceslao González Manteiga. Dpto. de Estatística e Investigación Operativa

38. 2002/CG498. Medida e análises de armónicos en un forno de obtención de silicio metalúrxico. Ferroatlántica, S.L. José Rivas Rey. Dpto. de Física Aplicada

39. 2003/CU011. Interpretación ante a cámara. G-CONTA ASESORÍA Y GESTIÓN DE EMPRESAS S.L. Francisco Javier Vaz Guerrero. Dpto. de Ciencias da Comunicación

40. Convenio de Colaboración entre o SERGAS e a USC para un programa de cooperación e desenvolvemento dos bancos de tecidos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e do Instituto Universitario de Ortopedia.

41. Convenio de colaboración coa Consellería de Sanidade e para o estudio da prevalencia da enfermidade de Alzheimer e outras demencias na área sanitaria de Santiago de Compostela.

20. Incorporación ó Consello de goberno do IDEGA dun representante de Caixanova

Aprobouse por asentimento aceptar a proposta do Consello de Goberno do Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) de incorporar ó Consello de Goberno do Instituto un representante de Caixanova. 21. Asuntos de trámite O vicerrector de Organización Académica e Profesorado deu conta da relación de profesores con ano sabático no curso 2001-2002 que presentaran a Memoria do ano, conforme á normativa.

Foron aprobadas por asentimento as seguintes propostas de premios extraordinarios:

Premios extraordinarios de Doutoramento do curso 2001-2002:

Escola Politécnica Superior: D. Castor Muñoz Sobrino Facultade de Física: D. Manuel Vicente Lozano, dona Olalla Castro Alvaredo, D. José Ramón

Salgueiro Piñeiro, dona María Teresa Flores Arias e D. Alfredo González Pérez

Premios extraordinarios de Licenciatura do curso 2001-2002:

Facultade de Ciencias da Educación: dona Lorena Casal Otero, premio extraordinario en Pedagoxía

Facultade de Xeografía e Historia: dona Sonia María Fernández Pérez, premio extraordinario en Historia da Arte. O premio da Licenciatura de Historia foi declarado deserto.

Facultade de Medicina e Odontoloxía: don Rafael Carlos Vidal Pérez e dona María Elena Pérez Muñuzuri e

Page 16: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

16

Facultade de Bioloxía: deserto Facultade de Física: D. Fernando Rafael Pardo Seco e D. Mauricio Ruibal Acuña

Aprobáronse por asentimento as seguintes cesións de uso:

Cesión de uso dun local en planta soto, de 85 m2 (antiguo Decanato) no Edificio Praza de Mazarelos, en Santiago de Compostela á Fundación Ventura Figueroa.

Cesión de uso de tres mesas grandes e unha mesa pequena á Fundación Eugenio Granell en Santiago de Compostela.

Cesión de uso dun ordenador, unha mesa e sete cadeiras á Asociación para a promoción Social e Intercultural "Gondwana", en Santiago de Compostela.

22. Rogos e preguntas

O rector referiuse ós sucesos da véspera no Claustro Universitario da Universidade do País Vasco, e propuxo ó Consello de Goberno facer unha declaración institucional ó respecto, o cal foi aceptado co seguinte texto: "Ante os violentos incidentes causados por un grupo de persoas durante a sesión que o Claustro Universitario da Universidade do País Vasco dedicaba á elaboración dos seus Estatutos, a Universidade de Santiago de Compostela quere rexeitar enerxicamente estas actitudes e manifestar o seu apoio expreso á UPV/EHU e insistir no necesario desenvolvemento da normalidade democrática no marco da Universidade."

Seguidamente, varios membros do Consello de Goberno interviñeron sobre diversas cuestións: • Suxeriuse modificar a redacción dalgúns aspectos do tríptico informativo sobre o novo

procedemento para a xestión de convenios na USC. • Pediuse información sobre problemas na contratación de investigadores estranxeiros, e sobre o

programa Parga Pondal; e reclamouse que se reforzase o Servicio de Traducción. O vicerrector de Investigación e Innovación respondeu explicando a situación deste Servicio, as características da convocatoria Parga Pondal e as restriccións legais para contratar investigadores.

• Pediuse información sobre as Mencións de Calidade dos programas de doutoramento; e solicitouse ampliar a matrícula de terceiro ciclo ós alumnos que se licencian nas convocatorias de fin de carreira. O vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente informou que a USC presentara 30 programas de doutorado ás Mencións de Calidade, e anunciou unha próxima reunión co director da ANECA sobre o tema. Explicou tamén as dificultades legais para admitir nun programa de doutoramento alumnos que non cumpren os requisitos de admisión cando se abre o prazo de matrícula.

• Solicitouse que se reclame ós decanos e directores de centro que apliquen a xornada reducida de verán en todos os centros por igual; e pediuse información sobre a reestructuración da área de conserxería. O xerente respondeu que daría información sobre ambos aspectos.

• Solicitouse que a USC expresase o seu apio ós medios de comunicación españois que perderan xornalistas na guerra en Iraq; e propúxose estudiar a utilización na USC de software libre como medida de aforro.

• Preguntouse pola Casa do Estudiante en Lugo. A vicerrectora de Estudiantes informou que se reubicarían os espacios destinados ós Estudiantes; e o vicerrector de Coordinación do Campus de Lugo deu conta dos contactos mantidos co IGVS para a cesión dalgún local axeitado.

Page 17: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

17

ANEXO

REGULAMENTO INTERNO DO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM) DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Aprobado polo Consello de Goberno o 9 de abril de 2003)

Índice Art. 1: Definición

Art. 2: Obxectivos

Art. 3: Medios

Art. 4: Persoal

Art. 5: Órganos de Goberno e de Organización Académica do CLM

Art. 6: Consello do CLM

Art. 7: Seccións do CLM

Art. 8: O Director

Art. 9: O Secretario

Art. 10: O Delegado do CLM no Campus de Lugo

Art. 11: O Coordinador do Centro de Recursos de Idiomas (CRI)

Art. 12: O Coordinador de Sección

Art. 13: O persoal con funcións docentes

Art. 14: O alumnado

Art. 15: Actividades

Art. 16: Modificación do Regulamento Interno do CLM

Disposición final

Disposición transitoria

Page 18: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

18

REGULAMENTO INTERNO DO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM)

DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Art. 1: Definición O CLM, Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago (anteriormente Instituto de Idiomas, INID) é un servicio universitario para a docencia e divulgación de diversas linguas, integrado organicamente no Vicerrectorado de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da Universidade de Santiago de Compostela. Formará parte do CLM o Centro de Recursos de Idiomas (CRI), que se encargará da organización de módulos de autoaprendizaxe de linguas. Art. 2: Obxectivos Os obxectivos do CLM son os seguintes: 2.1. Organización e desenvolvemento de cursos de idiomas destinados á comunidade

universitaria e a todo interesado na apredizaxe de linguas. O número e carácter das linguas impartidas estará en relación cos intereses da Universidade, coas posibilidades do propio Centro, e coa demanda social das mesmas.

2.2. Organización de cursos de lingua española ou galega como lingua estranxeira. 2.3. Promoción e divulgación da cultura e civilización dos respectivos países. 2.4. Organización de exames internacionais (TOEFL, Goethe, DELE, ...) 2.5. Promoción a través dos organismos correspondentes de acordos con outros centros co

fin de coordinar programas de docencia de linguas e intercambio de profesores e alumnos.

2.6. Deseño, experimentación e avaliación de técnicas aplicadas ó ensino de linguas. 2.7. Organización e desenvolvemento de módulos de autoaprendizaxe a través do CRI

destinados á comunidade universitaria e outras persoas interesadas.

Page 19: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

19

2.8. Organización de probas de nivelación de coñecemento de linguas. Art. 3: Medios O CLM deberá contar cos medios técnicos, instrumentais e mobiliarios que sexan necesarios para o seu funcionamento. Art. 4: Persoal 4.1. O persoal do CLM será de dous tipos:

1) Persoal administrativo da Universidade adscrito ó CLM. 2) Persoal con funcións docentes.

4.2. O persoal con funcións docentes, pola súa banda, poderá ser de dous tipos:

a) con titulación universitaria superior, que desenvolve as súas funcións con duración indefinida na Universidade de Santiago de Compostela.

b) con titulación universitaria superior, con contrato temporal para satisfacer

necesidades concretas na actividade do CLM. 4.3. As condicións laborais do persoal docente do CLM estarán recollidas no marco do

convenio que lle afecte. Art. 5: Órganos de Goberno e de Organización Académica Os órganos de goberno do CLM son os seguintes:

1) Órganos de Goberno Colexiados: O Consello do CLM.

2) Órganos de Goberno Unipersoais: Vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC. Director. Secretario. Delegado do CLM no Campus de Lugo. Coordinador do CRI do CLM.

3) Postos de Organización Académica: Coordinador de Sección

Art. 6: Consello do CLM

Page 20: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

20

6.1. Existirá un Consello do CLM en calidade de órgano colexiado de goberno, e estará composto dos seguintes membros:

• Presidente: Vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente da USC ou persoa

en que delegue. • Secretario: Secretario do CLM. • Vocais: Director do CLM.

Delegado do CLM no Campus de Lugo. Coordinador do CRI do CLM. Decano da Facultade de Filoloxía. Un representante do persoal con funcións docentes, elixido entre o persoal recollido no artigo 4.2.a), por un período de catro anos. Un representante dos usuarios

6.2. Son competencias do Consello do CLM

a) Elaborar a proposta do Regulamento interno do CLM, que será aprobada polo Consello de Goberno.

b) Aprobar o plan de actividades do CLM.

c) Aprobar a memoria anual de actividades desenvolvidas, elaborada polo Director do

CLM.

d) Elaborar o proxecto de presuposto realizado polo Director co fin de presentalo ó órgano económico universitario correspondente.

e) Elaborar as propostas de persoal que se formulen, de acordo coas necesidades e

programas do CLM.

f) Aqueloutras funcións non encomendadas a outros órganos de goberno do CLM ou órganos de Goberno da Universidade no tocante ás actividades que lle son propias.

6.3. O Consello do CLM deberase reunir unha vez ó ano. Será convocado cando o

considere necesario o Presidente e/ou cando sexa solicitado, como mínimo, por un tercio dos seus membros.

6.4. O Secretario levantará acta de cada sesión do Consello. Cada acta aprobarase na

sesión seguinte. Os acordos do Consello tomaranse por maioría e terán carácter efectivo dende ese momento. Para a adopción de acordos requirirase a presencia dun mínimo de cinco membros do Consello, entre os cales deben estar o Presidente ou persoa en que delegue, o Secretario e o Director do CLM.

Art. 7: Seccións do CLM 7.1. O CLM terá tantas Seccións como linguas se impartan.

Page 21: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

21

7.2. A supervisión e control do desenvolvemento práctico e didáctico dos cursos impartidos por cada Sección estará a cargo do Coordinador de Sección.

Art. 8: O Director 8.1 O Director do CLM será nomeado polo Rector entre o persoal universitario. O cargo de

Director do CLM terá unha duración de catro anos, con posibilidade de renovación, cun máximo de dous mandatos continuados.

8.2. Serán funcións do Director do CLM:

a) Propoñer ó Rector o nomeamento do Secretario e do Delegado do CLM no Campus de Lugo e do coordinador do CRI.

b) Coordinar e dirixir as actividades do CLM, de acordo coas directrices aprobadas polo Consello de Goberno. c) Promover todas as iniciativas que considere pertinentes para o mellor funcionamento do CLM.

d) Exercer a coordinación do persoal adscrito ó CLM.

e) Elaborar unha memoria anual das actividades en colaboración cos Coordinadores das Seccións que presentará ó Consello do CLM para a súa aprobación.

f) Elaborar unha programación anual, en colaboración cos Coordinadores das Seccións, que presentará ó Consello do CLM.

g) Elaborar o proxecto de presuposto anual, en colaboración cos Coordinadores de Sección, que

presentará ó Consello do CLM. h) Propoñer ó Consello cantas ampliacións ou modificacións considere necesarias para o bo funcionamento do CLM. i) Autorizar os gastos correntes do CLM.

Art. 9: O Secretario 9.1. O CLM terá un Secretario nomeado polo Rector, a proposta do Director do CLM. 9.2. Serán funcións do Secretario:

a) Convocar o Consello do CLM por orde do seu Presidente, segundo o establecido no art. 6.3.

b) Levantar acta das sesións do Consello do CLM.

Page 22: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

22

c) Expedir e tramitar as certificacións do CLM. d) Coidar do arquivo e a documentación do CLM. e) Tramitar, con autorización do Director, todos cantos escritos de carácter

administrativo se lle encomenden. f) Coordinar e responzabilizarse do bo funcionamento de todas as actividades

académicas, en especial, do concernente a horarios e dependencias relacionadas cos cursos impartidos.

g) Facer público o horario de clases e titorías do persoal con funcións docentes do

CLM. h) Substituír ó Director en casos de vacante, ausencias ou enfermidade e, ademais

das súas funcións propias, exercer as que aquel delegue expresamente nel.

Art. 10: O Delegado do CLM no Campus de Lugo 10.1. O Delegado do CLM no Campus de Lugo será nomeado polo Rector entre o persoal con funcións docentes

do CLM en Lugo, a proposta do Director do CLM. O cargo do Delegado do CLM no Campus de Lugo terá unha duración de catro anos con posibilidade dunha renovación, cun máximo de dous mandatos continuados.

10. 2. Serán funcións do Delegado do CLM no Campus de Lugo: a) Coordinar e dirixir as actividades de acordo coas directrices aprobadas polo Consello de Goberno.

b) Garantir a correcta xestión dos trámites administrativos en coordinación e co apoio do persoal de administración e servicios do Campus de Lugo.

c) Promover iniciativas que considere pertinentes para o bo funcionamento do CLM en Lugo

d) Representar, por delegación do Director, ó CLM ante as autoridades correspondentes do Campus de Lugo.

e) Propoñer ó Director cantas ampliacións ou modificacións considere necesarias para o bo funcionamento do CLM no Campus de Lugo

f) Colaborar no presuposto anual do CLM no relativo ó Campus de Lugo. g) Colaborar co Director na elaboración da memoria anual das actividades realizadas polo CLM no

Campus de Lugo. h) Coordinar ó personal adscrito ó Campus de Lugo. Art. 11: O Coordinador do Centro de Recursos de Idiomas

Page 23: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

23

11.1. O Coordinador do Centro de Recursos de Idiomas (CRI) será nomeado entre o persoal docente do CLM, a proposta do Director do CLM. O cargo do Coordinador do CRI terá unha duración de catro anos con posibilidade de renovación, con un máximo de dous mandatos.

11. 2. Serán funcións do Coordinador do Centro de Recursos de Idiomas coordinar as seguintes accións: a) A supervisión e o control do desenvolvemento do CRI nos Campus de Compostela e

Lugo.

b) As propostas de adquisición, inventariado e mantemento dos fondos, dos manteriais e do equipamento do CRI.

c) O seguimento económico do presuposto do CRI.

d) A elaboración de documentos compartidos para usuarios.

e) A atención ás peticións de información sobre o CRI e ás relacións con entidades similares.

f) A elaboración dun horairo do CRI e dun sistema de titorías ou atención a usuarios.

g) A elaboración e mantemento dun sistema de préstamo para usuarios.

h) A publicidade e difusión do CRI a través das diversas canles de comunicación.

i) Convocar reunións periódicas co persoal con funcións docentes e persoal implicado no CRI para tratar con eles os obxectivos, programas e organización das actividades de cada curso.

j) Presentar ó Director unha memoria anual ó final de cada curso que dea conta da dinámica de uso do CRI e que contemple unha proposta para o curso seguinte.

Art. 12: Coordinador de Sección 12.1. Cada Sección terá un Coordinador, elixido entre o persoal con funcións docentes da

Sección e nomeado polo Director. O cargo do Coordinador de Sección terá unha duración de dous anos, con posibilidade de renovación. No caso de seccións cun só profesor, este ocuparáse da coordinación.

12.2. Serán funcións do Coordinador de Sección:

a) Impulsar, promover e coordinar as actividades académicas e extraacadémicas da propia Sección no Campus de Santiago e no Campus de Lugo.

b) Supervisar e controlar o desenvolvemento práctico e didáctico dos cursos que se imparten, e promover a actualización pedagóxica do persoal con funcións docentes.

c) Reunir periodicamente ós membros da Sección e tratar con eles os obxectivos, programas e organización de cada curso e o resto das tarefas que afecten á Sección.

d) Programar niveis, horarios e actividades, consensuados cos membros da Sección.

e) Facer o seguimento económico do presuposto da Sección.

Page 24: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

24

f) Coordinar a adquisición de materiais para a Sección.

g) Proveer ós membros da Sección do material necesario para o desenvolvemento das clases.

h) Coordinar os exames e a avaliación dos cursos.

i) Orientar ó persoal docente de recente contratación, bolseiros ou substitutos da Sección.

k) Asegurar a publicidade para a Sección.

l) Difundir a información de interese para a Sección entre os membros da mesma.

m) Colaborar co Director na elaboración dunha memoria anual que dea conta das actividades realizadas e contemple unha proposta para o curso seguinte.

Art. 13: O persoal con funcións docentes

13. 1. Ademais das funcións docentes, serán funcións do persoal con funcións docentes:

a) A orientación e asesoramento lingüístico e pedagóxico ós estudiantes a través de

titorías.

b) A planificación, desenvolvemento e avaliación dos programas dos cursos.

c) A elaboración e administración de probas de nivel.

d) A avaliación do alumnado e firma de actas.

e) A provisión e coidado dos medios e fondos materiais da Sección.

f) A elaboración e actualización de documentos para usuarios do CRI

g) A preparación e asistencia ás reunións xerais do CLM e das específicas da Sección.

h) O contacto permanente cos países da lingua que se imparte.

i) A participación en cursos de formación e actualización como poñente.

k) A participación en cursos de formación e actualización como asistente.

l) A participación na organización de xornadas, encontros e congresos.

m) A elaboración e publicación de materais didácticos

n) A administración de exames externos (DELE, Goethe, TOEFL, ...).

Art. 14: O alumnado

Page 25: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

25

14.1. Son estudiantes do CLM aquelas persoas que están matriculadas nos cursos e actividades convocados no Centro e aceptan as bases da convocatoria anual dos cursos do CLM.

14.2. Son dereitos específicos do estudiantado:

a) Recibir unha formación e unha docencia cualificada e actualizada, tanto nos seus contidos como nos seus métodos pedagóxicos.

a) Ser avaliado obxectivamente no seu rendemento académico.

b) Participar no control da calidade da docencia.

c) Recibir orientación educativa e administrativa a través do persoal dos servicios correspondentes.

14.3. Son deberes específicos do estudiantado:

a) Respectar o patrimonio do CLM e da USC e contribuír ó seu digno mantemento.

b) Cumprir as tarefas de estudio que lles correspondan na súa condición de estudiantes do CLM.

c) Asistir regularmente ás actividades lectivas programadas.

Art. 15: Actividades do CLM

15.1. Entre as actividades das Seccións do CLM de acordo cos obxectivos apuntados no artigo 2., figuran a organización e desenvolvemento de cursos que poderán ser dos seguintes tipos:

a) Cursos de linguas estranxeiras dirixidos ós membros da comunidade universitaria e a

tódolos interesados maiores de 16 anos.

b) Cursos de linguas, dirixidos a estudiantes procedentes de universidades estranxeiras e outras institucións.

15.2. Outras actividades do CLM desenvolveranse de acordo cos obxectivos apuntados no

artigo 2. Art. 16: Modificación do Regulamento Interno do CLM

O presente Regulamento poderá ser modificado por acordo de Consello de Goberno, por propia iniciativa ou a proposta do Consello do CLM.

Disposición final

Page 26: Consello de Goberno do 9 de abril de 2003 - Inicio - USC€¦ · 1 Consello de Goberno ... del Socorro Ortega Romero, ... novo sistema, para propoñelo ó Ministerio de Educación,

26

Este regulamento entrará en vigor o día seguinte á súa aprobación pola Consello de Goberno da Universidade.

Disposición transitoria Todas as referencias, competencias e funcións que con anterioridade cubría o Instituto de Idiomas da USC pasan a ser asumidas, a partir da aprobación do presente Regulamento, polo Centro de Linguas Modernas da USC.