consellos para crear bos lectores

2
CONSELLOS PARA CREAR BOS LECTORES BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP ELADIA MARIÑO CABANAS Bibliografía: “Con la lectura ganamos altura”. Goberno de Navarra. Departamento de Educación. “Con la lectura ganamos altura 2”.Goberno de Navarra. Departamento de Educación. Enquisa de hábitos de lectura Blitz. Goberno de Navarra. Departamento de Educación. “ Contamos moito”. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. VISÍTANOS EN: http://centros.edu.xunta.es/ceipeladiamarino (páxina web do centro) http://libroucho.blogspot.com (blogue das actividades da Biblioteca Escolar) http://aslecturasdelibroucho.blogspot.com (blogue de recomendacións de lectura)

Upload: teresa-neira

Post on 18-Feb-2016

226 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

CONSELLOS PARA LER

TRANSCRIPT

Page 1: CONSELLOS PARA CREAR BOS LECTORES

CONSELLOS PARA CREAR

BOS LECTORES

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP ELADIA MARIÑO

CABANAS

Bibliografía:

“Con la lectura ganamos altura”. Goberno de Navarra. Departamento de Educación.

“Con la lectura ganamos altura 2”.Goberno de Navarra. Departamento de Educación.

Enquisa de hábitos de lectura Blitz. Goberno de Navarra. Departamento de Educación.

“ Contamos moito”. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

VISÍTANOS EN: http://centros.edu.xunta.es/ceipeladiamarino

(páxina web do centro)

http://libroucho.blogspot.com (blogue das actividades da Biblioteca Escolar)

http://aslecturasdelibroucho.blogspot.com (blogue de recomendacións de lectura)

Page 2: CONSELLOS PARA CREAR BOS LECTORES

Queridas familias: Queremos animarvos a que fomentedes o gusto pola lectura e a escritura entre os vosos fillos e fillas. É moi importante que, desde pequenos, desenrolen estas capacidades, xa que son a base sobre a que se asentan as demais aprendizaxes.

SITUACIÓNS LECTORAS DA VIDA COTIDIANA QUE NOS PODEN SERVIR PARA FOMENTAR O COSTUME DE LER E ESCRIBIR:

Cada vez que saímos á rúa: ás veces necesitamos ler para orientarnos, para localizar o lugar ao que queremos ir, para saber os horarios dos establecementos,…

Se imos facer unha viaxe: os horarios, os mapas, os carteis, información sobre os lugares que imos visitar,…

Comunicándonos cos demais: cartas, notas ou recados, felicitacións, invitacións,…

Indo de compras: lista do que temos que comprar, folletos, precios, rótulos, ticket despois da compra, etiquetas, tallas, modelos,…

Nas comidas: menús da semana, etiquetas dos productos, datas de caducidade, cartas dos restaurantes, receitas,…

Cando queremos recordar: na axenda ou no calendario as datas importantes, os teléfonos ou enderezos, os lugares das fotos,…

Cando buscamos información: nun dicionario, enciclopedia, no índice dun libro, en internet,…

Para coñecer a actualidade: nos periódicos, revistas,… Xogando: compoñendo palabras con letras móviles, inventando

contos, lendo as instrucións dos xogos,… E disfrutando: cunha biblioteca na casa ou na propia habitación

cos seus libros favoritos, acudindo á Bibloteca Municipal a buscar libros,…

Xa vedes que hai moitísimas situacións… … APROVEITÁDEAS!!

SOMOS UNHA FAMILIA COMPROMETIDA COA LECTURA?

ENQUISA SOBRE OS HÁBITOS DE LECTURA:

Si non

1 Anima á lectura incluso antes de que o seu fillo/a aprenda a ler.

2 Conta contos, recita rimas, le en voz alta aos seus fillos/as

3 Da exemplo lendo libros, revistas, periódicos e transmite aos seus fillos/as condutas lectoras.

4 Acompaña aos seus fillos/as a visitar exposicións. Asiste a sesións de títeres, espectáculos culturais,… para ir afinando a sensibilidade e imaxinación dos seus pequenos.

5 Comparte e comenta as lecturas cos seus fillos/as.

6 Acompaña aos seus fillos/as aos lugares onde están os libros (librarías, bibliotecas,…) para miralos, seleccionalos xuntos e anima a que acudan á biblioteca do colexio.

7 Fomenta e coida a biblioteca familiar ou persoal e dedica na súa casa un espacio para ela.

8 Valora e le, cos seus fillos/as, as publicacións que fan no colexio.

9 Comprende que a compra dun libro, non é algo excepcional, e que en datas sinaladas non debe faltar.

10 Comparte cos seus fillos/as, ademais, programas de televisión, películas, xogos,...

Agora, conta todos os SI

Se tedes mais de 5 respostas afirmativas: SEGUIDE ASÍ!!

Se tedes menos de 5 respostas afirmativas, intentade cumplir algunha das nosas

recomendacións. Moita sorte!!