copia de juan pechuán cv esp - csmgalicia.com · juan pechuán mestre de Óboe durante a súa...
TRANSCRIPT
JuanPechuán MESTRE DE ÓBOE
Durante a súa época como estudante, ten as súas primeiras experiencias
en orquestra sinfónica. En 2003 e durante 6 anos como membro da Joven
Orquesta de la Generalitat Valenciana, de 2007 a 2009 na Orquesta
Filarmonica de la Universidad de Valencia e en 2009 na Orquesta de
RTVE.
No 2011 consigue un Trial como Óboe Solista coa London Symphony
Orchestra, coa que tivo oportunidade de traballar durante dous anos,
tocar en salas recoñecidas como o Lyncoln Center de Nueva York,
Barbican Center e Royal Albert Hall de Londres, entre outras; e gravando
numerosos CDs e Bandas Sonoras nos estudos Abbey Road.
Como primeiro óboe solista actuou na Konzerthausochester de Berlin
(contrato dun ano e medio como 1er Óboe), Orquesta Mozart de Bologna,
Deutsche Symphony Orchester Berlin, Royal Schotish National
Orchestra, Opera del teatro Regio de Torino, Opera de Frankfurt, etc.
tendo a oportunidade de traballar con directores como Sir Simon Rattle,
Claudio Abbado, Zubin Metha, Sir Colin Davis, Bernard Haitink, Herbert
Blomstedt, Donald Runnicles, Michael Tilson Thomas, Valery Gergiev
ou Christian Thielemmann.
Como concertista actuou con numerosas orquestras, salientando a
actuación na Berliner Philharmoniker, acompañado pola Das Symphony
Orchester Berlin, o Palau de les Arts de Valencia xunto á JOGV, ou a
interpretación do concerto de Strauss xunto á Deutsche Oper de Berlin.
Combina o seu traballo como Óboe Solista na orquestra da Deutsche
Oper Berlin con recitais de música de cámara e colaboracións asiduas
como primeiro óboe na Gewandhaus Orchester de Leipzig, a Berliner
Philharmoniker, a Staatskapelle de Dresden e a Orquesta do festival de
Bayreuth, así como de mestre na ESMAR de Valencia.
Historial Académico
Juan PechuánComeza os seus estudos enValencia e continúa a súaformación na Karajan AcademyBerliner Philharmoniker conJonathan Kelly.
Durante a súa traxectoriatocoucon prestixiosas orquestrascomo a BerlinerPhilharmoniker, a GewandhausOrchester de Leipzig ou aLondon Symphony Orchestra
É actualmente óboe solista naorquestra da Deutsche OperBerlin e mestre na ESMAR deValencia.
Experiencia
Nacido en Valencia, realiza alí os seus estudos con Miguel Morella e Francisco
Salanova, obtendo o Premio Final de carreira e o premio Euterpe á Mellor
Traxectoria Musical Valenciana.
Posteriormente continúa a súa formación na Karajan Academy Berliner
Philharmoniker con Jonathan Kelly e recibindo clases de todos os membros
desta orquestra (Albrecht Mayer, Andreas Wittmann, Christoph Hartmann e
Dominik Wollenweber). Esta academia ademais lle dou a oportunidade de
tocar coa orquestra asiduamente e durante dous anos.