cra de coristanco-santa comba...cra de coristanco – santa comba actividades de música para o 13...
TRANSCRIPT
CRA de Coristanco-Santa Comba
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 13 DE MAIO DO 2020
HORARIO ACTIVIDADE
09:00 Aséome e preparo o meu almorzo
10:00 Semana das Letras Galegas
Carvalho Calero : O mar
11:00 Aséome e preparo a miña merenda
12:00 Xogo libre/xogo só
13:00 Música
Aprendemos galego-portugués
14:00 Aséome, axudo a preparar a comida e
a pór a mesa
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS
LETRAS GALEGAS 2020 - CARBALHO CALERO O MAR
Boas nenos e nenas:
Como ben sabedes, este ano adícanselle as Letras Galegas a Carbalho Calero. Este escritor naceu en Ferrol, unha cidade con
gran tradición mariña.
Na aldea onde pasaba os veráns, Calero subía ao curuto máis alto para ver o mar, os barcos, os estaleiros... e soñaba con ser un
distinguido mariño que navegaba por todos os mares do mundo. Pero tamén escribe poemas e obras de teatro dende neno,
manifestando unha gran paixón polas letras.
Por tanto, nunca se converteu en mariño, como imaxinara de mozo, pero capitaneou o buque máis grande das nosas letras: a Historia
da literatura galega contemporánea.
A continuación vos deixamos uns versos do seu libro Futuro Condicional:
Sentados no peirao, abalando
os pés sobre o baleiro, sobre o mar
onde aboian cabezas de peixes coroados
de chíos de gaivotas
ti e máis eu, silandeiros.
Aquí tedes un mapa de Galicia, a ver se sodes capaces de situar nel a cidade de Ferrol onde naceu Carbalho Calero.
Ademais de escribir os nomes das 4 provincias e averiguar o nome do mar e do océano que bañan as nosas costas.
Este barquiño non ten quen o tripule. Pódeste debuxar dentro del como se foses un mariño, aoigual que soñaba Carbalho Calero cando era pequeno.
No mar e océano que bañan as nosas costas e que supoñemos, xa averiguastes como se chaman, habitan un montón de peixes e outros
animais mariños moi diversos. Aquí vos deixamos unha canción moi interesante titulada “Peixiños do mar” de Magín Blanco para que
escoitedes.
https://www.youtube.com/watch?v=9cvq46dJyFA
Nesta canción nomeanse 32 animais do mundo mariño. Coñecédelos todos?
De seguido deixamos algúns, a ver se sodes capaces de escribir o seu nome debaixo de cada un deles. Ánimo!
CRA de Coristanco – Santa Comba
Actividades de música para o 13 de maio do 2020
Ola queridas alumnas e alumnos!
Aproveitando que xa está aquí o Día das Letras Galegas e que está dedicado a Carvalho
Calero, voltamos a fixarnos nas palabras que veñen de Portugal.
Sabes como se di “primavera” en portugués? Pois dise “primavera”, coma nós!
Sabes como se di “bolboreta” en portugués? Pois dise “borboleta”, moi parecido a como o
facemos nós.
E sabes o que é un “gafanhoto”? Seguro que non. A ver se o adiviñas?
https://www.youtube.com/watch?v=O3ZGMz2m4Tg
“Todos os animais son diferentes. Cada un ten a súa forma e a súa cor.” A ver se dás
cantado esta canción. Estou seguro que entenderás case todo! Pero antes, outra pequena adiviña
sobre o portugués:
Sabes como se dí “branco” en portugués? Pois dise “branco”, coma nós!
E... a ver se adivinhas como se di “negro” no país veciño. Tes unha pista importante na canción!
https://www.youtube.com/watch?v=D7pkcS7HT2w
Sabías que o idioma portugués tamén se fala en Brasil? Aquí vos traio unha pequena
canción que vén deste país. Un pouquiño de rock nunca vén mal! Esta é un pouco máis difícil, pero
a ver se entendes algunha frase. Seguro que si!
Deixo aquí algunha pista:
PEGAR quere dicir COLLER
ARRUMAR quere dicir ORDENAR
ESCOVAR quere dicir CEPILLAR
https://www.youtube.com/watch?v=59Izjl7wYu0
Un saúdo e ata a semana que vén!