decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · celebracións,...

5
Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Upload: others

Post on 12-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que,

Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles en Nadal

Page 2: Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que,

Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que, aferrándonos á tradición, afanámonos en obsequiar aos nosos ache-gados con presentes materiais que, en moitas ocasións, traen consigo un conside-rable dispendio de recursos e que, máis pronto que tarde, acaban converténdose en residuos que deben ser xestionados convenientemente a �n de evitar, ou alome-nos minimizar, o seu negativo impacto ambiental.

Cun pouco de creatividade e imaxinación podemos romper esta tendencia. A clave reside na mesura, a prudencia, o equilibrio e a racionalidade. Porque o recoñece-mento e admiración cara ás persoas da nosa contorna non se mide unicamente polo importe económico do artigo que adquirimos ex profeso para elas, senón polo agarimo que o envolve. Que sexa compatible coa protección do medio ambiente e co noso peto constitúen importantes criterios a ter en conta, e se, ademais, do mesmo se derivan bene�cios sociais, estaremos ante o agasallo perfecto.

Page 3: Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que,

1

3

4

5

2

Re�exionaAntes de executar unha compra concreta, é conveniente pensar detidamente nas características da persoa á que vai dirixida o noso agasallo e ter en conta as súas necesidades, gustos e afeccións. De nada serve regalar por regalar; un xesto que denota escasa consideración cara ao outro, que unica-

mente supón malgaste e tan só provocará apatía.

Diferenza entre consumo e consumismoMentres que o consumo asóciase á satisfacción de determinadas necesidades, o consumismo vai ligado unicamente á publicidade e a presións sociais que, máis pronto que tarde, acaban por facer mella no noso orzamento, xerando unha gran frustración.

Pon �n ao usar e tirarOu, o que é o mesmo, pon �n ao modo de vida lineal imperante e contribúe a avanzar cara á econo-

mía circular, onde o repetido aproveitamento dos produtos constitúe o seu máximo expoñente, adquirindo aquí todo o seu sentido a redución, a reutilización e a reciclaxe. Agasallos de calidade,

con longo percorrido e útiles no tempo. A “alargascencia” (alargar a vida das cousas) imponse.

Compra en tendas locais e sostiblesAs pequenas tendas do teu barrio ou pobo poden ser unha magní�ca opción. Tamén o son os mercados tradicionais e os establecementos de segunda man con �ns sociais. Se regalas comida, prioriza os artigos de tempada e os procedentes da agricultura ecolóxica.

Ollo co envoltorio e o envaseOpta por produtos a granel, co menor envase e envoltorio posible. Foxe dos sobre-empaquetados.

Os cartóns, papeis, plásticos, bolsas e accesorios múltiples que adornan ata o in�nito os nosos agasallos, acaban de inmediato no cubo do lixo. Evítaos na medida do posible e, se es o destinatario dos mesmos, aproveita os materiais para outros usos ou, no seu caso, gárdaos para envolver obxec-

tos en próximas ocasións.

Page 4: Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que,

6

7

8

9

10

Os agasallos non teñen por que ser únicamente obxectosUnha viaxe, unha saída de aventura, unha entrada para ver aos equipos deportivos favoritos, para o

cine, para o teatro, para un museo... Non tes por que regalar, unicamente, obxectos. Tamén podes regalar experiencias, diversión, entretemento e, sobre todo, recordos entre familia, amigos, parellas.

Presume das túas habilidadesTodos gardamos importantes habilidades. Poténciaas e fai gala das mesmas. O debuxo, a pintura, a composición, a escritura e as manualidades, entre outras, poden converterse nos máis importantes agasallos, xa que atesouran un gran esforzo e a capacidade de facelos singulares, orixinais e únicos.

Xoguetes: os xustos e cargados de valoresO xogo constitúe un dereito e elemento educativo imprescindible para o correcto desenvolvemen-to dos nenos. Pero non se trata de abrumalos con multitude de xoguetes caros e so�sticados. Debe

pensarse nos gustos e preferencias dos pequenos e, sobre todo, no valor pedagóxico do agasallo, que debe aportar tamén coñecementos. Os xoguetes artesanais constitúen unha boa alternativa. E

os xoguetes que os teus �llos xa non usen, dóaos a nenos sen recursos. Faralos felices.

Cada residuo no seu sitioInevitablemente, os agasallos xeran residuos que é necesario tratar coas maiores garantías. Recorda depositar cada material no seu contedor.

Un novo paradigma para o resto do anoOs bos hábitos ambientais e sociais non deben circunscribirse unicamente ao Nadal. Mantenos ao

longo de todo o ano. Regala solidariedade, civismo, ecoloxía… Contribúe a crear conciencia ambiental. En de�nitiva, contribúe a facer o mellor agasallo para todos: un mundo mellor.

Page 5: Decálogo de boas prácticas para facer agasallos sostibles ... regalos... · Celebracións, felicitacións e agasallos, moitos agasallos. O Nadal constitúe a época do ano na que,

SOGAMA

Tlf.: 981 698 500Fax: 981 686 064

Morzós, 10 bajo · 15187 San Román · EncrobasCerceda (A Coruña)

www.sogama.gal